Post on 20-Jul-2015
transcript
25 anos da BEUP na UDC
Índice:
Presentación ................................................................................................... 1
Antes da UDC ................................................................................................. 1
Na UDC ........................................................................................................... 3
A BEUP ...
... avanza .............................................................................................. 4
... crece ................................................................................................. 5
... mellora ............................................................................................. 6
... cara ao futuro ................................................................................... 7
A historia da BEUP en imaxes ......................................................................... 9
Selos ..................................................................................................... 9
Soportes ............................................................................................... 10
Tarefas ................................................................................................. 12
Espazos ................................................................................................. 16
Evolución da BEUP e da E. U. Politécnica na rede .......................................... 16
A web da EUP ....................................................................................... 16
A web da BEUP ..................................................................................... 20
A BEUP nas redes sociais ...................................................................... 22
Exposición presencial ..................................................................................... 22
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 1
25 anos da BEUP na UDC
Presentación
A conmemoración dos 25 anos da UDC, preséntase como unha boa ocasión para observar o
desenvolvemento da biblioteca da Escola Universitaria Politécnica ao longo de esta etapa.
Desde os primeiros pasos na nova Universidade ata hoxe en día, integrada nunha Universidade
consolidada e que segue avanzando con ela cara ao futuro.
Veremos, a través desta pequena exposición, a evolución que supuxo o paso dunha biblioteca
tradicional, onde o papel era o material básico e os servizos eran practicamente presenciais, a
unha biblioteca híbrida onde conviven fondos e servizos tradicionais con outros electrónicos e
virtuais.
O futuro non o podemos prever, pero a biblioteca debe seguir a cumprir a súa misión dentro
da Universidade: “dar soporte á docencia, á aprendizaxe, á investigación e á formación integral
do seu estudantado e profesorado en particular, e de todas as persoas en xeral. Para isto
facilita o acceso e a difusión dos recursos de información, xestiona espazos, equipamentos e
servizos, e colabora nos procesos de transformar a información en coñecemento”. Ademais,
deberá adaptarse aos novos plans de ensino, ás novas necesidades de información, cada vez
máis apoiadas nas tecnoloxías, para mellorar o servizo tentando adiantarse ás perspectivas
informativas dos nosos usuarios.
Antes da UDC
A Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, naceu no 1966 cando se implantaron os estudos de
Enxeñaría Técnica Naval. Mais do comezo da biblioteca non coñecemos a data exacta, os
primeiros bibliotecarios da Escola situaban o 1967 como o ano de inicio. O que si é seguro é
que o primeiro traballo de fin de carreira se presentou en 1969, o que suporía o inicio da
colección. Nesa época a Escola non tiña edificio propio e a docencia impartíase no Instituto
Concepción Arenal.
En xuño de 1972, en virtude da nova Lei xeral de educación, as escolas de enxeñaría intégranse
nas universidades como escolas universitarias e é por isto que pasou a depender da
Universidade de Santiago co nome de Escola Universitaria e a biblioteca a partir de entón será
Biblioteca Universitaria.
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 2
A biblioteca conta co seu propio local no novo edificio da Escola, que comeza a funcionar no
curso 1972-1973. Situado no primeiro andar dispón dunha ampla sala con 100 postos de
lectura. Os libros e revistas gárdanse en vitrinas da propia sala ou no depósito. A atención ao
público realízase a través dunha xanela no mesmo depósito.
En 1974 establécese a Comisión de Padroado como órgano de conexión entre a sociedade e a
Escola, con personalidade xurídica e patrimonio propio. Desde o ano 1975 esta Comisión
asígnalle á biblioteca un orzamento anual.
A primeira normativa da Biblioteca foi aprobada nunha reunión do Claustro da Escola o 18 de
decembro de 1974. Regula sobre: os libros (o pedido, o selado, o rexistro, as fichas, a
colocación nos andeis, a facturación, uso e relacións de libros para publicitar) e as revistas
(subscrición, selado, ficha, colocación, uso, encadernación). Hai outra normativa sobre
horarios de apertura, préstamos, usuarios e sancións que se amplía cunhas instrucións de
marzo de 1980 para a fotocopiadora.
A primeira data que aparece no Libro Rexistro de monografías é o 1977, aínda que hai 152
libros anteriores. As principais materias destes fondos son enxeñaría naval, química,
matemáticas, física, debuxo, etc. O 30 de abril de 1978 destínase 4.000 pesetas en concepto
de bolsas de biblioteca a dúas persoas.
O primeiro Regulamento da biblioteca da Universidade de Santiago aprobouse en Xunta de
Goberno o día 31 de xaneiro de 1985 e establécese como unha normativa única que rexerá de
maneira igualitaria a todas as bibliotecas dependentes desta Universidade.
O nome de Escola Universitaria Politécnica (EUP) asígnaselle en 1987, curso 1988-1989, co
inicio dos estudos de primeiro curso de Enxeñaría Técnica Industrial, especialidades en
Electricidade e en Automática e Electrónica. A biblioteca amplía as materias do fondo
bibliográfico con libros de electrónica, automática, electricidade, informática,
telecomunicacións, etc.
O inicio de libre acceso producirase no curso 1988-1989, ao establecerse un pequeno fondo de
acceso directo para consultas puntuais constituído por normas técnicas, dicionarios,
enciclopedias, etc. A colección nese momento estaba formada por 2.431 monografías, 107
títulos de publicacións periódicas (13 subscricións, 13 doazóns e 81 pechadas), 481 traballos de
fin de carreira, normas, etc.
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 3
Na UDC
A Universidade da Coruña foi creada pola Lei 11/1989 do 20 de xullo, de ordenación do
sistema universitario de Galicia. A Universidade da Coruña estrutúrase territorialmente no
campus de A Coruña e no campus de Ferrol.
O Decreto 3/1990, de 11 de xaneiro, de segregación de centros e servizos da Universidade de
Santiago de Compostela e da súa integración nas novas universidades da Coruña e de Vigo
establece que a EU Politécnica queda segregada da Universidade de Santiago de Compostela e
que se incorpora á Universidade da Coruña.
A Biblioteca da Escola Universitaria Politécnica queda apartada da Biblioteca Universitaria de
Santiago e a partir dese momento comeza unha nova etapa.
O organigrama do persoal rompe por riba, ao deixar de depender da dirección da biblioteca
universitaria de Santiago. Os directores de bibliotecas de centro farano directamente do
Vicerreitorado, ademais dos respectivos directores ou decanos dos centros. Cesan
temporalmente os servizos que estaban centralizados na Biblioteca Xeral de Santiago como
información bibliográfica, fotodocumentación e préstamo interbibliotecario.
A UDC desde o principio preocúpase pola biblioteca e moi pronto comézase falar do sistema
bibliotecario da Universidade da Coruña. Aos poucos meses da súa creación convócase a
primeira Comisión de Biblioteca que se celebrou o 4 de xuño de 1990 para tratar os seguintes
temas: os orzamentos dedicados ás bibliotecas e á súa distribución, os criterios para as
subscricións de revistas, os criterios para facer o seguimento das adquisicións de libros, a
convocatoria de bolseiros das bibliotecas e a automatización. As seguintes comisións
celebraranse nos meses de xullo e outubro do mesmo ano para tratar as novas subscricións de
publicacións periódicas, as solicitudes de persoal e as peticións de infraestruturas para as
bibliotecas. Entre os principais acordos están a asignación dun orzamento extraordinario para
as subscricións a publicacións periódicas e a súa repartición para cada centro. No tema de
persoal, infórmase favorablemente a contratación de catro axudantes, da necesidade dun
facultativo, da contratación dun administrativo por centro, ademais da convocatoria 14 bolsas
por un período de tres meses.
Nestas primeiras comisións, obsérvase a vontade do Reitorado por dotar ás bibliotecas de
orzamentos e de persoal, de iniciar a automatización e, o máis importante, de establecer o
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 4
sistema bibliotecario. A Comisión do 22 de febreiro de 1991, entre outros temas, trata do
Regulamento do Servizo de Bibliotecas para dotalas dun marco legal.
avanza
… en lexislación
O primeiro regulamento de bibliotecas da UDC é o Regulamento do Servizo de Bibliotecas da
Universidade da Coruña, aprobado pola Xunta de Goberno na súa sesión do día 21 de xullo de
2000, que establece o marco legal que rexerá o servizo. Estruturado en VI títulos e 14 artigos
(Título I: Definición, obxectivos e funcións. Título II. Estrutura. Título III. Organización. Título IV.
Usuarios. Título V. Orzamentos e adquisicións. Título VI. Reforma de Regulamento), supuxo a
ordenación do Sistema Bibliotecario da Universidade da Coruña.
Hoxe está vixente o segundo Regulamento de organización e funcionamento do Servizo de
Biblioteca dá UDC, aprobado en Consello de Goberno do 22 de maio de 2008, que define o
Servizo como unha unidade funcional de xestión de recursos de información que dá soporte ao
estudo, á docencia e á investigación, mediante a adquisición, a organización e o procesamento
dos fondos bibliográficos e documentais co fin de poñelos a disposición dos usuarios.
… en orzamentos e fondos
O aumento orzamentario que se produciu no ano 1990 e que se mantivo nos anos posteriores,
traduciuse nun crecemento exponencial da colección, formada principalmente por
monografías e publicacións periódicas en papel.
Na actualidade a biblioteca é híbrida, e nela convive a información en soporte tradicional con
información en soporte electrónico. Serve de ponte para o acceso a coleccións remotas de
libros e revistas electrónicas, repositorios, bases de datos e calquera información libre na rede.
… en informatización
En 1991 apróbase a compra de dous módulos do programa Sabini: catalogación e clasificación
e autoridades e tesauros. As bibliotecas dótanse de equipos informáticos e impártense cursos
ao persoal para a utilización do dito programa. Con iso, iníciase o proceso de automatización
das bibliotecas. A catalogación en liña das novas adquisicións e o control de autoridades
normalizadas en formato MARC, suporán a base do catálogo colectivo da UDC.
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 5
Posteriormente informatizaranse os rexistros bibliográficos de maneira retrospectiva, ata
completar a informatización total do fondo.
Coa adquisición do programa de xestión bibliotecaria VTLS en 1995, automatízase a xestión da
circulación (préstamo, reclamacións, reservas, etc.).
A automatización da xestión das adquisicións non chegará ata implantación do actual
programa de bibliotecas, Millennium, no mes de abril do ano 2006.
… en docencia
A adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior supuxo por parte da biblioteca a
obrigación de proporcionar novos servizos de apoio á docencia e á investigación para axudar á
implantación das novas metodoloxías de ensino sustentadas nas TICs: axudar ao estudantado a
acceder aos recursos de información que necesita para lograr a súa aprendizaxe autónoma e
formar contemplando a alfabetización informacional como base da aprendizaxe de todos os
membros da comunidade universitaria
crece
… o fondo
No ano 1990 o fondo bibliográfico da BEUP estaba constituído por 4.251 monografías e 210
publicacións periódicas. O fondo a 31 de decembro de 2013 constaba de 41.637 monografías,
562 publicacións periódicas (das cales 89 recíbense na actualidade), 3.611 rexistros de material
non librario e electrónico, ademais da enorme cantidade de recursos aos que se pode acceder
a través da Biblioteca Central.
… o espazo
En 1997 realízanse as obras de ampliación e mellora na biblioteca. O aumento da superficie
permitiu unha notable mellora no servizo: aos usuarios polo crecemento de espazos e ao
persoal bibliotecario xa que se lle dotou dun despacho para realizar as tarefas técnicas.
Durante a execución destas obras foi necesario trasladar o fondo a un depósito temporal. Alí
preparouse todo o material bibliográfico con novas signaturas que permitiron a adaptación
dos libros, que ata ese momento estaban no depósito, á nova disposición en acceso directo.
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 6
A maioría das monografías distribúense nos novos andeis da sala de lectura cunha ordenación
por materias. Resérvase unha zona exclusiva para formar unha hemeroteca con andeis
expositores, nos que se situarán as revistas por orde alfabética, e con mesas de consulta
propias. Aumenta o número de postos de lectura que pasan de 100 a 195. Colócase un amplo
mostrador de atención ao público que facilita a relación co persoal bibliotecario. Os planos da
biblioteca e a cartelaría facilitan o contacto dos usuarios co material do seu interese. Os
OPACSs substitúen aos antigos ficheiros. O arco antifurto (adquirido en 1994) permite ademais
de controlar o material, recontar as entradas e saídas dos usuarios.
A sala polivalente é o último local incorporado á biblioteca. Foi cedido pola Escola en 2012, e
serve para traballar en grupo, facer reunións e mesmo exposicións da biblioteca.
… a colaboración
Primeiro a biblioteca formou parte de Mecano , Catálogo Colectivo de Hemerotecas Españolas
de Enxeñaría, Informática e Tecnoloxía. Esta era unha rede de bibliotecas orientada a
proporcionarse entre delas, fotocopias de artigos de revistas.
Posteriormente aumentou a cooperación bibliotecaria con outras bibliotecas universitarias a
través do catálogo colectivo de REBIUN que posiblilitou o acceso aos fondos das bibliotecas
universitarias españolas.
O baleirado de títulos de revistas en Dialnet, permite participar nesta plataforma que integra
recursos e servizos documentais.
Formar parte do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) serviu para ter
acceso a cantidade de material electrónico como libros, revistas e bases de datos, ademais de
apoio e formación.
melloran
Estes 25 anos da biblioteca supuxeron unha evolución continuada para adaptarse ás novas
tecnoloxías, aos novos sistemas de ensino e a unha diferente concepción do servizo.
… as tarefas
Pásase das fichas mecanografadas nunha máquina de escribir a introducir os datos
bibliográficos no computador. Con iso desaparece a tarefa da ordenación de fichas nos
catálogos de autores, materias, CDU e topográfico.
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 7
Da catalogación e clasificación orixinal, vaise evolucionando cara a unha catalogación
compartida, así moitas bibliotecas poden usar e adaptar ás súas necesidades os rexistros
bibliográficos orixinais do material xa catalogado por outra biblioteca.
As copias de seguridade diarias nas cintas “streamer” tamén desaparecen grazas aos
computadores en rede.
Os boletíns de novidades deixan de ser fotocopias de papel para ser unicamente electrónicos.
Os boletíns de sumarios tamén desaparecen pois o editor adoita facilitar o acceso electrónico.
Abandónase o libro rexistro ao recontarse automaticamente o material que se vai
introducindo no computador.
Os pedidos nun primeiro momento realizábanse por carta, posteriormente por fax e hoxe en
día fanse por correo-e ou directamente por FTP.
… os servizos
A relación co usuario non é unicamente directa ou por teléfono. O servizo de información ou
referencia solicítase, cada vez máis, a través das novas tecnoloxías. A través do ordenador
solicítase a adquisición dun libro, un préstamo interbibliotecario ou intercentros, a renovación
de préstamos, procuras bibliográficas, artigos de revistas ou calquera pregunta.
A formación de usuarios realízase de maneira presencial ou a través de cursos en rede. Os
materiais electrónicos docentes buscan a autosuficiencia dos usuarios na biblioteca. Os
principais materiais son guías e titoriais de axuda e autoformación no funcionamento da
biblioteca.
Outros materiais tratan sobre os recursos de información como guías temáticas, repositorios,
exposicións virtuais, boletíns electrónicos, bibliografías recomendadas…
cara ao futuro
A Biblioteca debe achegar valor e contribuír ás funcións da Universidade ao servizo da
sociedade.
Seguindo as liñas estratéxicas de REBIUN
- Organización, comunicación e liderado. O traballo en equipo e a comunicación entre o
persoal permítenos rendibilizar o traballo
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 8
- Aprendizaxe e investigación (CRAI). Mantemos a obrigación de seguir evolucionando
desde unha biblioteca cara un centro de recursos para a aprendizaxe e a investigación
(CRAI)
- Biblioteca dixital 2.0. Estamos presentes nas redes sociais
- Calidade nas bibliotecas universitarias. O noso servizo persegue permanentemente a
calidade total, o que nos obriga a buscar a satisfacción do usuario tentando
adiantarnos ás súas expectativas e necesidades.
A declaración de REBIUN, tras a súa XXI Asemblea anual, celebrada na Universidade de
Zaragoza os días 7 e 8 de novembro de 2013, quere facer chegar que […] novos obxectivos
nunha contorna cambiante no que a flexibilidade, a profesionalidade, a innovación, a
accesibilidade á información, a comunicación e a eficiencia contémplanse como eixos
inspiradores desta contorna. Perfílanse tamén novos retos e escenarios de actuación para
poder seguir cumprindo a misión que ten encomendada a Biblioteca na Institución e que a
comunidade universitaria necesita.
A Biblioteca quere seguir e continuar avanzando.
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 9
A historia da BEUP en imaxes
Selos
Mediante o selado a biblioteca fai patente a propiedade dos documentos que compoñen a súa
colección. Observando como cambian estes selos ao longo do tempo, vemos tamén os
sucesivos trocos na denominación da Escola:
Escola Técnica de Enxeñaría Naval - Biblioteca:
Escola Universitaria de Enxeñaría Técnica Naval - Biblioteca:
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 10
Escola Universitaria Politécnica - Biblioteca:
O selo que utiliza a biblioteca na actualidade: Biblioteca E.U. Politécnica
Os soportes de información
A colección da biblioteca está formada por documentos en todo tipo de soportes, dende os
máis tradicionais (en papel), ata os máis recentes (documentos electrónicos en rede), pasando
incluso por algúns xa con pouco ou nulo uso (películas de vídeo, microfichas...).
Botemos unha ollada desta evolución dos soportes ao longo do tempo:
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 11
Soporte tradicional: o papel. A biblioteca conta con máis de 40.000 monografías e máis de 500
títulos de revistas impresas.
Soportes en desuso: Películas, cintas, microfilms, disquetes.
Soportes en formato dixital: CD, DVD, USB, recursos en liña...
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 12
... a biblioteca deixa de ser o único lugar físico onde se gardan os materiais. Muda a súa
función de albergar os documentos pola de servir de punto de acceso (local ou remoto) á
información de calidade (gratuíta e/ou de pago) almacenada na rede.
.
Cambios nas tarefas
Nestes 25 anos tamén mudou o modo de realizar as tarefas e de prestar os servizos na
biblioteca. De traballar sempre sobre papel (solicitudes, libros rexistro...), téndese cada vez
máis a facer os procesos en formato dixital (préstamo, formularios de solicitude...). Vexamos
algúns exemplos gráficos:
Xa non se utiliza libro rexistro...
Imaxe: http://pixabay.com/es/negocio-cliente-nube-17686/
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 13
agora todo queda rexistrado informaticamente:
O catálogo antes estaba formado por fichas impresas alfabetizadas...
Actualmente está totalmente dixitalizado e consultable en liña dende calquera lugar a través
de: http://kmelot.biblioteca.udc.es
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 14
Pasouse das fichas en papel de préstamo a domicilio e as solicitudes impresas para préstamo
interbibliotecario a realizar todos estes procesos dun xeito automatizado:
O préstamo na actualidade realízase mediante a lectura do código de barras do libro e da
tarxeta do usuario:
Antigas papeletas e bolsillos de préstamo a domicilio
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 15
A automatización de moitos procesos, así como a aparición de Internet e dos formatos dixitais,
permitiu a ampliación das tarefas da biblioteca na formación e difusión dos fondos e/ou
actividades. Mediante a súa web a BEUP difunde material de diversos tipos neste sentido:
titoriais e guías de uso, guías temáticas, exposicións virtuais, boletíns de novidades...
Antigo formulario de préstamo interbibliotecario
Solicitude en liña de préstamo interbibliotecario
Guías, titoriais, exposicións … en: http://bibliotecaeup.cdf.udc.es
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 16
2014 42.000 libros, 562 revistas, 3.611 material non librario e electrónico. Recursos remotos.
1989 100 postos de lectura. Libros en depósito.
2014 196 postos. Documentos en acceso directo.
Hemeroteca
Sala polivalente
Opacs
Sección de novidades
A biblioteca crece...
Así como van crecendo os distintos tipos de soportes e as tarefas da biblioteca, co paso do
tempo vai crecendo tamén a colección, os espazos, os postos de lectura e os recursos dos que
dispón a biblioteca:
Crecemento do fondo:
1989 4.251 libros e 210 revistas.
Máis postos de lectura:
Novos espazos:
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 17
Evolución da Biblioteca e a Escola na rede.
No sitio web de Internet Archive, The WayBack Machine, podemos consultar como era unha
páxina web no pasado. A través desta ferramenta imos ver a evolución das webs da biblioteca
e da Escola dende a súa aparición ata a actualidade.
A web da EUP http://eup.cdf.udc.es
Decembro de 1998. É a primeira vez que atopamos o sitio arquivado. Vemos que figura como
última data de actualización o 6 de maio de 1997, polo que ese podería ser o ano no que se
estrea a web da Escola.
A seguinte imaxe que escollemos xa é do 2001, e vemos que o sitio cambia moito con respecto
á anterior versión:
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 18
En 2002 aparece unha nova interface, moi mellorada:
Outubro de 2006. A web non varía moito nestes anos, aínda que vai mudando a imaxe central
do sitio e os menús de navegación:
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 19
En 2007 atopamos o sitio da escola totalmente renovado:
Captura de pantalla de xullo de 2014. Esta é a interface dende 2010 e que continúa na
actualidade:
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 20
A web da BEUP http://biblioecaeup.cdf.udc.es
A páxina web é unha ferramenta imprescindible para a biblioteca, posto que constitúe o
principal punto de encontro virtual cos usuarios para acceder aos recursos electrónicos (bases
de datos, revistas en liña...) e a outros servizos como: instrumentos de formación, solicitudes
en liña, acceso á bibliografía recomendada e ás novidades bibliográficas...
A primeira vez que a nosa web aparece arquivada en Internet Archive é no ano 2003:
Na seguinte imaxe podemos ver como era a web en 2007. Malia que non presenta moitos
cambios, destacamos que xa integra a busca no catálogo dentro da propia interface:
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 21
En 2009 a web muda completamente de aspecto e vai introducindo novas seccións, como a de
“Actualidade”, con noticias de interese sobre a biblioteca, a Escola, a Universidade, eventos...
A aparencia da páxina en 2011 é practicamente a mesma, pero se nos detemos un pouco
observamos pequenos cambios importantes que tratan de facer a biblioteca máis social.
Figuran as ligazóns aos perfís da BEUP nas redes sociais e poden facerse consultas en liña a
través do chat.
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 22
Finalmente presentámosvos a web da BEUP na actualidade (xullo de 2014). Esta interface data
de 2012, cando se renovou totalmente o sitio, optando pola utilización do xestor de contidos
dinámico de entorno libre Joomla!, que, ademais de facer moito máis sinxelas as
actualizacións, permite manter o sitio simultaneamente en galego e castelán. Destacamos
tamén a inclusión periódica de exposicións virtuais de diversa temática e relacionadas cos
fondos da biblioteca. As redes sociais aumentan o seu espazo no sitio, incluíndose neste por
medio de widgets. Así mesmo, mantense a consulta a través do chat e engádense novos
formularios de solicitude en liña (buscas bibliográficas, reserva da sala polivalente,
suxestións...)
A BEUP nas redes sociais
A BEUP ten moi presente que as redes sociais son hoxe en día un instrumento clave para facer
chegar a información aos nosos usuarios. Por isto, contamos con perfís en Facebook, Twitter e
Slideshare.
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 23
A BEUP en Facebook, dende setembro de 2010 http://www.facebook.com/beup.ferrol
Perfil da biblioteca en Slideshare, creado en setembro de 2010, e utilizado para publicar e
compartir material formativo, exposicións virtuais... http://es.slideshare.net/beup
A BEUP tamén está presente en Twitter dende febreiro de 2011
http://www.twitter.com/beupferrol
Exposición virtual: 25 anos da BEUP na UDC 24
Coa información que a BEUP vai publicando diariamente nestes
medios elabórase un boletín quincenal de novas de interese
sobre a biblioteca, a universidade, eventos e outras noticias
sobre enxeñaría... Trátase de “A BEUP informa”. O primeiro
número data de decembro de 2012, e é posible subscribirse
para recibilo a través do correo electrónico.
Ata aquí chega esta historia resumida do percorrido da BEUP e a Escola pola rede. Esperamos
seguir avanzando tamén ao longo dos vindeiros anos para estar aínda máis presentes neste
mundo virtual, que cada vez acada máis importancia na nosa sociedade en xeral, e tamén no
eido académico no que nos encadramos como parte da universidade.
Exposición presencial
Paralelamente a esta exposición virtual, elaborouse unha exposición presencial que se pode
visitar na biblioteca da Escola Universitaria Politécnica do 1 ao 31 de decembro de 2014.
+ info en:
Escola Universitaria Politécnica. Biblioteca
Estrada de Aneiros s/n. 1º piso
C.P. 15405. Ferrol (A Coruña)
Teléfono: 981 337 400 Extensión 3044
E-mail: eup.bib@udc.es
Sitio web: http://bibliotecaeup.cdf.udc.es