Post on 29-Jul-2020
transcript
A CIVILIZACIÓN GREGA
1
1- Debuxa un mapa da Hélade e sitúa todos os lugares nomeados no
apartado 1 (páxinas 206-207) / (200-201)
Podes usar como modelo o mapa da páxina 202 /208. É mais grande e será
máis fácil para ti
A CIVILIZACIÓN GREGA
2
2- Facede un esquema que reflicta as diferentes etapas da historia de
Grecia. Inclúe a civilización cretense e a micénica. Non esquezas incluír datas
de inicio e final de cada etapa e os sucesos máis importantes. Se prefires fai
unha liña do tempo. En calquera caso, usa diferentes cores.
A CIVILIZACIÓN GREGA
3
3- A civilización cretense ou minoica desapareceu de repente e quedou na
memoria de mitos e lendas. Aquí tes un documental que recrea os últimos días
desta marabillosa cultura.
La Atlántida - El Fin De Un Mundo - El Nacimiento De Una Leyenda
https://www.documaniatv.com/historia/la-atlantida-el-fin-del-mundo-y-el-nacimiento-de-una-leyenda-
video_b4b68f413.html
A historia concreta que relata é imaxinaria pero o marco xeográfico, histórico
e a ambientación axústase a realidade, como poderás comprobar polas imaxes
das cuestións
• O filósofo Platón recolle o mito da Atlántida, que agora se pensa que ten
unha base real nesta civilización. Explica que di este mito.
• Sitúa no teu mapa a illa de Thera, tamén chamada agora Santorini
• O toro era un animal sagrado para esta civilización. A partir das imaxes
da película e deste fermoso fresco que se conservou, explica en que
consiste a cerimonia da taurocatapsia o salto do toro
A CIVILIZACIÓN GREGA
4
• Picasso sentiu unha grande admiración polo touro e por esta civilización.
Qué animal mitolóxico utilizou neste debuxo e nesta portada dunha
revista que lle encargaron?
• Cal vai ser a principal actividade económica dos minoicos?
fresco minoico
• As casas minoicas admiraron aos arqueólogos cando as atoparon polo seu
grado de desenvolvemento. Explica as súas características principais.
habitación dunha casa de Akrotiri rúa de Akrotiri
A CIVILIZACIÓN GREGA
5
• Os actores deste documental están moi ben caracterizados e elixidos,
tendo en conta as pinturas que se conservaron, nas que natureza e
persoas son os motivos principais. Explica como eran fisicamente
• A relixión estaba en mans das mulleres, como demostran as múltiples
pinturas, figuriñas, aneis atopados. Fíxate nas imaxes e explica cómo era
o típico traxe minoico.
A CIVILIZACIÓN GREGA
6
• Explica cómo foi a terrible explosión volcánica que destruíu non só a illa
de Thera, tamén Creta, e as consecuencias que tivo a explosión en todo o
Mediterráneo
• ¿Qué outro pobo substituíu aos minoicos no control do Mediterráneo?
• Se queres ver máis imaxes de Thera na actualidade e reconstrucións
podes consultar aquí.
https://historia.nationalgeographic.com.es/a/supervolcan-que-destruyo-thera_8670/7
• Thera agora é un dos destinos turísticos máis visitados de Grecia polo
seu paisaxe volcánico impactante, polos seus preciosos pobos e pola súa
riqueza arqueolóxica, a pesar de que é moi pequeniña: 20 km de longo por
6 de ancho