Post on 25-Jul-2015
transcript
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
1
Un
Entroido
de conto
Adiviñas
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
2
1
Adiviña cal é a cor Da carapucha
Da nena do conto que o lobo devorou.
2
A miña porta é a cheminea E o meu avión a vasoira, Cando soñas ben durmido, Estou no cuarto contigo .
3
Unha madrasta Que é moi mala. Unha mazá
Que senta fatal. De amor un bico Vaina salvar.
4
Moito barrer, moito fregar E a súas irmás traxes arranxar;
Pero ao fin, xa verás Nun gran palacio casará.
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
3
5
Que si! Que me medra o nariz,
Ao mentir. Pobre de min!
6
Este personaxe pequeniño Foi de barriga en barriga. Se ti non sabes que é Busca quen cho diga!
7
Unha bruxa mala A durmir cen anos Me condenou.
Un valente príncipe Desfixo o feitizo Co seu amor.
8
O lobo enganou ao primeiro O lobo enganou ao segundo,
Non puido co terceiro A que conto me refiro?
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
4
9 De sete irmáns que eran, A seis comeu o lobo, E so se salvou un
Que se agachou dentro dun reloxo. 10
Frega que frega Tanto refregou,
Que un día da lámpada O xenio escapou.
11
Coas súas botas e o sombreiro, Coa súa astucia nada máis,
Ao fillo do muiñeiro converteu En Marqués de Carabás.
12
Aquela xove doncela Era unha moza moi bela Que namorou dun feo.
Crelo? Créoo.
13
Dous irmáns Moi, moi sans,
E algunha bruxa que intente Aos dous botar o dente.
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
5
14
Tan pequeno como o polgar, Ou máis pequeno aínda, E, sen embargo, gañaría Ao ogro daquel lugar.
15
Un pirata capitán Que leva na man un gancho; O crocodilo no seu afán
Quere convertilo en rancho.
16 O dono foi muiñeiro
E levou as roupas rachadas; El ía moi aquelado
Coas botas recen mercadas. 17
Que era un desastre dicía O seu antipático veciño,
Pero el, valente, Seguía o seu camiño.
18
Era un tipo moi delgado Un fidalgo cabaleiro,
Co seu cabalo, Rocinante, Sancho Panza, o escudeiro.
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
6
19
Tres irmáns ben sonrrosados Que quere comer un lobo Pero o lobo é tan bobo
Que saen moi ben parados. 20
Coma un garavanzo a remollo, Ese é o protagonista; Para seguirlle a pegada Hai que ter moi bo ollo.
21
Caíalle a baba Cos seus corenta ladróns
Cos que agachaba na súa cova Tesouros a montóns .
22
Unha ra, Tiña un lazo moi bonito.
Unha ra, Tiña un gato por marido.
Unha ra, Tiña moita presunción.
E o marido da ra, Tiña moi mala intención.
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
7
23 Por mentirán,
Chégalle o nariz ao chan. 24
No reino máis pequeno, un príncipe que é neno. Ten unha flor, ben gardada;
Unha ovella debuxada. 25
A nena vermella Da cesta dos meles.
Tiburcio famento regañaba os dentes: Eu polo longo,
Ti polo carreiro... Mentireiro!
26
Vén tocando Tiruliro, Rilla-rilla leva ao río;
Manda-manda non lle paga, non lle deu o prometido. Tiruliro toca un vals,
Pés queridos van detrás. Manda-manda solta o ouro E aquí remata o conto.
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
8
27
Quen me dera coma ela Ir polo mar Poza fonda;
Logo saír peitear Os cabelos nunha rocha; Beber do sol e da sal... Quen me dera coma ela Mariñeiros namorar!
28
Fada enfadada, Voa e non é boa; Vella, non é bela. Anda polo aire
Cunha cousa que lle varre. 29
Túnica branca que espantas, Saba da cama que andas Pola noite pola casa,
Ouveando coma o demo Co u-u, a meter medo.
Se non marchas de contado Métote no prelavado!
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
9
30
Pata de piñeiro, Man de ferro, matachín;
Un ollo con cortina E no ombreiro Un falangueiro.
31
Homiños, princesas, Un demo cornecho Asoman á fiestra. Ven nenos bonitos... A vida que eu teño Pendura dun fío.
32
Tes prata? Da gata. Tes ouro? Do mouro.
A cousa que resulta Queda dita na pregunta.
33
Ten dous dentes afiados E anda voando.
Non é Dumbo, o elefante; É un mangante.
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
10
34 Casa de palla non quero, Que má leva o vento.
Casa de rama non quero, Que má leva o vento. Esta casa, si que si;
Que sopre, Que sopre,
Que heime de rir. E o que sopraba
Marchaba fungando Porque lle ardía A punta do rabo.
35 Que abra! Que abra! Non quero,
Que ten patas suxas E mánchame a casa.
Que abra! Que abra!
A voz non me gusta; Cando fala asusta.
Que abra! Que abra!,
Que son a mamá Ai!
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
11
SOLUCIÓNS
1.- VERMELLO 2.-A BRUXA
3.-BRANCANEVES 4.-CINCENTA 5.-PINOCHO
6.-GARAVANCIÑO 7.-A BELA DURMINTE
8.-OS TRES PORQUIÑOS 9.-OS SETE CABRITIÑOS
10.-ALADIN 11.-O GATO CON BOTAS 12.-A BELA E A BESTA 13.-HANSEL E GRETEL
14.-PULGARCIÑO 15.-CAPITÁN GARFO
16.-O GATO CON BOTAS 17.-O XASTRE VALENTE
18.-DON QUIXOTE DA MANCHA
EDLG CEIP BERGANTIÑOS. CARBALLO
12
19.-OS TRES PORQUIÑOS 20.-GARAVANCIÑO
21.-ALI BABÁ 22.-A RATIÑA PRESUMIDA
23.-PINOCHO 24.-O PRINCIPIÑO
25.-CARAPUCHIÑA VERMELLA 26.-O FRAUTISTA DE HAMELÍN
27.-A SEREA 28.-A BRUXA
29.-A PANTASMA 30.-O PIRATA
31.-OS MONICREQUES 32.-O TESOURO 33.-DRÁCULA
34.-OS TRES PORQUIÑOS 35.-A CABRA, AS CABUXIÑAS E O LOBO