Post on 29-Nov-2014
description
transcript
AS FORMAS NOMINAIS DO VERBO
O infinitivo achéganos o significado do verbo e representa como modelo a súa conxugación.
Pode desempeñar as mesmas función ca un substantivo,desempeñando as funcións propias deste (suxeito, CD, suplemento, CN): Soñar é necesario. E pode levar determinantes e modificadores: O seu fumar era compulsivo.
Pero tamén coma un verbo e por iso levar complementos: Quero comer mazás.
O INFINITIVO
CI CII CIII
AMAR TEMER PARTIR
O INFINITIVO CONXUGADO
En galego, igual ca no portugués, temos un infinitivo flexionado que se forma engadindo á forma invariable as desinencias de número e persoa.
AMAR TEMER PARTIR
amaramar-esamaramar-mosamar-desamar-en
temertemer-estemertemer-mostemer-destemer-en
partirpartir-espartirpartir-mospartir-despartir-en
O INFINITIVO CONXUGADOÚsase
Non se usa
1. Cando é o verbo auxiliado dunha perífrase verbal ou dun complexo verbal: Temos que coller o tren das 11 da noite.
2. Cando o infinitivo non ten suxeito: Iso é traballar para o aire.
3. Cando o verbo principal é modal (querer, poder, deber) e ten o mesmo suxeito: Queremos escoitar a túa versión.
4. Cando o infinitivo funciona de CD ou suplemento de verbos causativos (mandar, deixar, facer) ou de sentido (ver, oír, sentir): Deixaron de fumar.
5. Cando o infinitivo funciona como imperativo: A durmir.
6. Cando ten o mesmo suxeito que o verbo principal e vai situado tras del ou separado por unha preposición: Viñemos para xogar o partido.
O PARTICIPIO
O participio indica unha acción rematada. Fórmase engadindo o morfema aspectual –DO ao tema.
Funciona coma un adxectivo, por iso admite flexión de xénero e número e funciona de modificador do núcleo da frase nominal: Teño os zapapos estragados
Pero funciona tamén coma un verbo e leva complementos: Quedaron falados todos os asuntos, falados funciona de predicativo.
CI CII CIII
am-a-do tem-i-do part-i-do
OS PARTICIPIOS DUPLOSInfinitivo P Regular P
IrregularInfinitivo P Regular P Irregular
calmar calmado calmo volver volvido volto
cansar cansado canso comer comido comesto
ceibar ceibado ceibe disolver disolvido disolto
espertar espertado
esperto resolver resolvido resolto
enxugar enxugado
enxoito erguer erguido ergueito
gastar gastado gasto morrer morrido morto
murchar murchado
murcho prender prendido preso
pagar pagado pago romper rompido roto
soltar soltado solto toller tollido tollerito
nacer nacido nado tinxir tinguido tinto…
O XERUNDIO
O xerundio é a forma nominal do verbo que expresa acción no seu proceso. Fórmase engadindo o morfema aspectual –NDO ao tema.
Funcióna coma un verbo, e por iso leva complemetnos. Explicoumo movendo as mans.
Pero tamén funciona como adverbio. Eles estaban cantando.
CI CII CIII
amando temendo partindo
O infinitivo xerundial constrúese con a + infinitivo e podemos substituílo por un
xerundio: Marchou Marchou a correr a correr = Marchou = Marchou correndocorrendo.
AS PERÍFRASES VERBAIS
Son o conxunto formado por un verbo en forma conxugada (auxiliar) e outro en forma nominal (auxiliado: infinitivo, xerundio ou participio) entre os que pode aparecer un elemento de relación (preposición ou conxunción).
Forman unha unidade tanto pola súa función como polo su significado.
Vai nevar axiña >quere dicir “nevará axiña”, vai perde o significado de desprazamento.
Estrutura das perífrases:
Verbo auxiliar debo -- teño
Relacionantede -- que
Verbo auxiliadosaír -- comer
En forma persoalPerdeu o seu significado léxicoInformación gramatical de xº, nº, P
Non aparece semprePode ser preposición ou conxunción
•Forma non persoal•Información léxica
AS PERÍFRASES TEMPORAIS
TEMPORAIS
(perspectiva con que o falante contempla a acción)
FUTURIDADE(sen explicar o momento exacto)
IR + INF Vai sacar unha falta
INMINENCIA(futuridade inmediata)
ESTAR + PARA + INF Está para chover
QUERER + INF Quere saír o sol
HABER + (DE) + INF Houben de morrer co susto
AS PERÍFRASES MODAIS
MODAIS
(indican a actitude do emisor)
OBRIGACIÓN(necesidade de realizar unha acción)
DEBER + (DE) + INF Debo de pagar a luz
TER + QUE + INF Teñen que preparar a comida
HABER + QUE/DE + INF Han de comer todo
HIPÓTESE(acción posible)
HABER + (DE) + INF Han de ser os veciños
PODER + INF Poden ser as dúas da tarde
DÚBIDA DEBER + (DE) + INF Debe ser o raposo
AS PERÍFRASES ASPECTUAIS I
ASPECTUAIS
(refírense ao proceso da acción verbal)
IMPERFECTIVAS
(sinala acción non rematada)
ESTAR + A + INF Está a escribir unha novela
ANDAR + A + INF Anda a traballar na horta
LEVAR + XER Levan nadando vinte minutos
SEGUIR +XER Seguen falando dende a mañá
IR + XER Van cantando na procesión
PERFECTIVAS(sinala acción rematada)
ACABAR + DE + INF Acabamos de pintar
VIR + DE + INF Viñeron de amañar a bicicleta
DEIXAR + DE + INF Deixade de protestar
LEVAR + PART Leva segado unha leira
TER +PART Teñen comida a torta de mazá
AS PERÍFRASES ASPECTUAIS II
ASPECTUAIS
(refírense ao proceso da acción verbal)
INCOATIVAS
(sinala acción no comezo)
COMEZAR + A + INF Comezou a rir e non deu parado
BOTARSE + A + INF Botouse a andar cara a entrada
POÑERSE + A + INF Púxose a limpar o coche
DAR + EN + INF Deu en berrar polo fillo
ROMPER + A + INF Rompeu a lostregar á tardiña
TERMINATIVAS(a acción verbal sitúase no final
ACABAR + POR + INF Acabamos por chamala hoxe
VIR + A + INF Veu a saberse o que ocorrera
CHEGAR + A + INF Chegou a pedirlle perdón
REITERATIVAS(sinala unha repetición da acción)
VOLVER + A + INF Volveu mercar a mesma novela
TER + PART Tedes lidos moitos contos