Post on 21-Mar-2016
description
transcript
CPI DE PANXÓN DO PEDERNAL Á FUSIÓN
2012-13
BALANCE ENERXÉTICO DO CPI DE PANXÓN
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
BALANCE ENERXÉTICO DO CPI DE PANXÓN
Os departamentos de Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e
Tecnoloxía do CPI de Panxón elaboraron o seguinte informe de balance enerxético
dentro do proxecto “DO PEDERNAL Á FUSIÓN”. Como o noso centro comparte
instalacións co CEE de Panxón e non se poden separar os consumos de electricidade,
gas-óleo de calefacción e propano, os cálculos referidos ás emisións de CO2 as tivemos
que facer en conxunto.
O traballo foi dividido en bloques:
1- Cálculo das emisións procedentes dos vehículos da comunidade educativa
dos dous centros.
2- Cálculo das emisións procedentes do consumo enerxético dos edificios.
3- Estudio da tendencia de redución de emisións no período 2007-2012. Este
apartado abrangue só as emisión do punto 2.
4- Conclusións.
1- Cálculo das emisións procedentes dos vehículos da comunidade educativa dos dous centros.
Como parte deste estudio, os alumnos de 1º ESO, divididos en varios grupos de
traballo, elaboraron un material centrado, principalmente, en dous aspectos:
1. Cálculo das emisións de CO2 de todos os vehículos do centro; o que
abrangue tanto ao profesorado, como ao persoal non docente (coidador,
conserxe, persoal de limpeza, administrativa e informático) e aos
alumnos.
2. Estudio da antigüidade dos vehículos do centro.
Ademais, e como complemento a este traballo, tense recompilado información
sobre:
1. Técnicas de condución eficiente.
2. Impacto sobre o medio ambiente das emisións de CO2.
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
¿De que xeito levamos a cabo todo este traballo?
En primeiro lugar realizamos a recollida de datos para o seu posterior
tratamento. Para isto, deseñamos unhas fichas que foron entregadas, tanto aos
profesores, como ao persoal non docente e aos alumnos para que as encheran. No
caso deste último grupo, esas fichas foron cubertas na súa maioría polos pais.
Nome:
Modelo do vehículo:
Tipo de combustible:
quilómetros percorridos cada día:
(Dende casa ao colexio; ida e volta)
Consumo de combustible (litros/100 km)
Matrícula:
Comparte coche:
SI NON
Modelo de ficha de recollida de datos
Hai que destacar que a recollida de datos resultou bastante complicada,
especialmente, polo feito de que non sempre se anotaron de xeito correcto os datos
máis importantes; a saber:
1. Para o cálculo das emisións de CO2 : Tipo de combustible, quilómetros
percorridos e consumo medio de combustible.
2. Para o estudio da antigüidade dos vehículos: Matrícula.
Se un fixa a súa mirada nas táboas onde de recollen os datos, non aparecen
todos os individuos implicados no estudio. Isto é así porque:
1. Moitos dos alumnos, así como a conserxe, desprázanse ao centro, ben
andando, ou ben en autobús; polo cal non os tivemos en conta. Se ben
fixemos máis adiante o cálculo das emisións de CO2 producidas polo
transporte escolar.
2. Algúns alumnos teñen irmáns no centro e comparten vehículo para
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
desprazarse.
3. Algunhas das fichas, como xa se sinalou anteriormente, non tiñan todos
os datos, o estes eran incorrectos.
Unha vez recollidos os datos, dous dos grupos de traballo comezaron a realizar
os cálculos e análises correspondentes.
CÁLCULO DE EMISIÓNS DE CO2.
Para o cálculo das emisións de CO2 tomáronse como referencia os datos
ofrecidos polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía:
http://www.idae.es/coches2/); así, para calcular as emisións de CO2 consideramos
como mellor opción o consumo medio de combustible e non os quilómetros
percorridos. A este respecto hai que dicir que algunhas “calculadoras ecolóxicas” que
podemos atopar en Internet fan os seus cálculos en función dos quilómetros
percorridos. No noso caso, cremos que é máis preciso, como xa comentamos,
empregar o consumo medio de combustible.
Fixemos os cálculos en táboas, primeiro coas emisión diarias por grupos
(profesores, persoal non docente e alumnos), e finalmente coas emisións totais.
Amosamos a continuación esas táboas:
Modelo do vehículo Combusble Percorrido
(km) Consumo (l/100 km)
Consumo diario (l) F.C.
Emisiones CO2 (Kg/día)
CITROEN C5 D 30 7,5 2,25 2,6 5,850
VW GOLF 1.6 G 30 4,5 1,35 2,3 3,105
FORD FOCUS 1.6 TDCI D 54 5,3 2,862 2,6 7,441
BMW – 520i G 72 8 5,76 2,3 13,248
PEUGEOT 205 Junior D G 26 6 1,56 2,3 3,588
HONDA 150 c.c. G 38 3 1,14 2,3 2,622
OPEL CORSA 1.2 80 CV G 20 6,5 1,3 2,3 2,990
OPEL ZAFIRA 1.8 16 V G 40 8 3,2 2,3 7,360
VW GOLF 1.9 TDI D 0,3 4,9 0,0147 2,6 0,038
RENAULT CLIO 1.2 G 4 6 0,24 2,3 0,552
VW GOLF D 0 5,5 0 2,6 0,000
VW PASSAT D 32 7 2,24 2,6 5,824 TOYOTA COROLLA VERSO D 30 7 2,1 2,6 5,460
CITROEN C4 D 14 4,8 0,672 2,6 1,747
VW GOLF G 40 7 2,8 2,3 6,440
OPEL ZAFIRA 1.9 CDTI D 30 7 2,1 2,6 5,460
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
CITROEN ZX FAMILIAR 75 CV D 30 7 2,1 2,6 5,460
PEUGEOT 307 D 32 7 2,24 2,6 5,824
VW GOLF D 72 5 3,6 2,6 9,360
CITROEN C3 D 10 5 0,5 2,6 1,300
SEAT LEÓN D 30 5,8 1,74 2,6 4,524 CITROEN XSARA PICASSO D 88 5 4,4 2,6 11,440
RENAULT KANGOO D 10 6 0,6 2,6 1,560
RENAULT CLIO G 14 7,6 1,064 2,3 2,447
TOTAL 113,641
Táboa de cálculos do profesorado
Modelo do vehículo Combustible Percorrido
(km) Consumo (l/100 km)
Consumo diario (l) F.C
Emisións CO2 (kg/día)
SEAT IBIZA 1.9 D D 30 5 1,5 2,6 3,9
SEAT LEÓN TDI D 50 6,4 3,2 2,6 8,32
FORD FIESTA G 4 10 0,4 2,3 0,92
RENAULT MEGANE D 10 5 0,5 2,6 1,3
MINI G 80 7,6 6,08 2,3 13,984
MERCEDES C D 10 5,3 0,53 2,6 1,378
TOTAL 29,802
Táboa de cálculos do persoal non docente
Modelo do vehículo Combustibl
e Percorrido
(km) Consumo (l/100 km)
Consumo diario (l) F.C
Emisións CO2 (kg/día)
VW JETTA D 6,3 10 0,63 2,6 1,638
RENAULT TWINGO G 2,5 3 0,075 2,3 0,173
VW GOLF G 6 6 0,36 2,3 0,828
FORD FOCUS D 3 6,5 0,195 2,6 0,507
TOYOTA YARIS D 8 5,5 0,44 2,6 1,144
RENAULT SCENIC D 14 15 2,1 2,6 5,460
CITROEN C3 PICASSO D 4 5 0,2 2,6 0,520
OPEL VECTRA D 1 5 0,05 2,6 0,130
OPEL VECTRA D 15 22 3,3 2,6 8,580
SEAT LEÓN D 7 6 0,42 2,6 1,092
TOYOTA COROLLA VERSO D 12 6,5 0,78 2,6 2,028
CITROEN PICASSO D 2 6 0,12 2,6 0,312
CITROEN ZX D 10 10 1 2,6 2,600
PEUGEOT 308 D 6 17 1,02 2,6 2,652
DACIA DUSTER G 1,5 16 0,24 2,3 0,552
TOYOTA AURIS D 4 5,5 0,22 2,6 0,572
CITROEN ZX BREAK D 6 6 0,36 2,6 0,936
DACIA SANDERO D 15 6 0,9 2,6 2,340
DISCOVERY D 9 10 0,9 2,6 2,340
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
PEUGEOT 306 D 4 7 0,28 2,6 0,728
HIUNDAY I40 G 10 5 0,5 2,3 1,150 CITROEN C4 GRAND PICASSO D 8 6 0,48 2,6 1,248
D 8 7 0,56 2,6 1,456
AUDI A3 1.9 TDI D 4 6 0,24 2,6 0,624
CITROEN SAXO 1.5 D 8 6,5 0,52 2,6 1,352
FORD FIESTA G 1,5 5,5 0,0825 2,3 0,190
CITROEN BERLINGO D 1,5 6 0,09 2,6 0,234
DAEWO G 10 5 0,5 2,3 1,150
CITROEN C5 D 4 6 0,24 2,6 0,624
NISSAN QASHQAI 1.5 D D 5 6,7 0,335 2,6 0,871
VW TOURAN D 0,7 4,6 0,0322 2,6 0,084
FORD MONDEO 2.0 DCI D 3 5,7 0,171 2,6 0,445
RENAULT CLIO D 1,5 5 0,075 2,6 0,195
TOTAL 44,754
Táboa de cálculos dos alumnos
Emisións CO2 (kg/día) Emisións totais CO2 (kg)
PROFESORES 113,641 19659,86186
PERSOAL NON DOCENTE 29,802 5155,746
ALUMNOS 44,754 7742,37
TOTAL 32557,97547
Táboa de cálculos totais
Finalmente tivemos que engadir os cálculos referidos ás emisións de CO2 do:
1. Persoal do CEE de Panxón. Neste caso fixemos unha estimación a
partires dos datos manexados no CPI de Panxón.
2. Transporte en autobús. Para facer este cálculo nos tivemos que por en
contacto coa empresa que realiza o servizo de transporte escolar para
que nos facilitaran os datos que nos permitiran rematar todos os
cálculos.
Amosamos na seguinte táboa os cálculos totais de emisións tendo en
conta estes dous últimos puntos:
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
Táboa de cálculo de emisións totais
Análise da antigüidade dos vehículos.
Para realizar unha análise da antigüidade vehículos, a partires do dato da
matrícula do mesmo, puidemos coñecer o seu mes e ano de matriculación. Escollemos
dúas páxinas en Internet para facer este cálculo:
http://www.ecoches.es/index.php?a=matriculas.html
http://www.dieselogasolina.com/fecha-de-matriculacion-de-vehiculos-por-
matricula.html
Fixéronse os cálculos, tanto da antigüidade do vehículo como do seu ano de
matriculación, obtendo os seguintes resultados:
Amosamos, como complemento a estes resultados, unhas gráficas onde se
pode apreciar con maior claridade os resultados obtidos:
Emisións CO 2 (Kg) VEHÍCULOS CPI 32557,975 VEHÍCULOS CEE 36759,005 TRANSPORTE AUTOBÚS 5397,6
TOTAL 74714,580
MEDIA ANTIGÜIDADE MEDIA ANOS
9,521 2003,055
Á vista dos resultados das medias e destas dúas gráficas, que son
practicamente inversas, podemos concluír que o parque automobilístico do centro é
bastante disperso, no que á súa antigüidade se refire, aínda que se pode dicir que non
é excesivamente lonxevo, concentrándose a meirande parte dos automóbiles nos dez
ou doce últimos anos.
0
2
1
An
tigü
edad
0 1 20
1
2
3
4
5
6
7
8n
º d
e ve
híc
ulo
s
1 1
3
0123456789
Nº
de
veh
ícu
los
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán Tfnos: 986 365 963 – e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
Á vista dos resultados das medias e destas dúas gráficas, que son
practicamente inversas, podemos concluír que o parque automobilístico do centro é
bastante disperso, no que á súa antigüidade se refire, aínda que se pode dicir que non
é excesivamente lonxevo, concentrándose a meirande parte dos automóbiles nos dez
3
7
4
7
4 4
5
2
6
2
6
2
3
1
2 3 4 5 6 7 8 9
10
11
12
13
14
15
Estudio sobre a antigüidade dos vehículos
2 2
4
1 1
3
54
3
6
2
8
1
Ano de matriculación
Estudio da data de matriculación dos vehículos
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra
– 986 365 964 Fax: 986 366 313 mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
Á vista dos resultados das medias e destas dúas gráficas, que son
practicamente inversas, podemos concluír que o parque automobilístico do centro é
bastante disperso, no que á súa antigüidade se refire, aínda que se pode dicir que non
é excesivamente lonxevo, concentrándose a meirande parte dos automóbiles nos dez
1 1
4
2 2
3
1 1
15
16
17
18
19
20
22
29
Estudio sobre a antigüidade dos vehículos
1
56
8
32 2
Estudio da data de matriculación dos vehículos
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
Técnicas de condución eficiente
Como xa comentamos ao principio, un terceiro grupo de traballo realizou o
traballo de procura e recompilación de información sobre as técnicas de condución
eficientes que detallamos a continuación:
1. ARRANQUE E POSTA EN MARCHA:
• Arrancar o motor sen pisar o acelerador.
• Nos motores de gasolina, iniciar a marcha inmediatamente despois do
arranque.
• Nos motores diésel, agardar uns segundos antes de comezar a marcha.
2. PRIMEIRA MARCHA:
• Usala só para o inicio da marcha; cambiar a segunda aos dous segundos ou seis
metros aproximadamente.
3. ACELERACIÓN E CAMBIOS DE MARCHA:
Segundo as revolucións:
• Nos motores de gasolina: entre as 2.000 e 2.500 revolucións/minuto.
• Nos motores diésel: entre as 1.500 e 2.000 revolucións/minuto.
Segundo a velocidade:
• Segunda: aos dous segundos ou aos seis metros.
• Terceira: a partires de 30 quilómetros/hora.
• Cuarta: a partires de 40 quilómetros/hora.
• Quinta: por enriba de 50 quilómetros/hora.
Acelerar trala realización do cambio.
4. EMPREGO DAS MARCHAS:
• Circular o más posible en marchas longas e a baixas revolucións; o coche
consume menos combustible.
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
• En cidade, sempre que sexa posible, ir en cuarta ou en quinta, respectando
sempre os límites de velocidade.
5. VELOCIDADE DE CIRCULACIÓN:
• Mantela o máis uniforme posible; buscar fluidez na circulación, evitando
freadas, aceleracións e cambios de marchas innecesarios. O sistema de control
de velocidade de cruceiro ("cruise control") é útil para una condución suave e
constante.
• Moderala; o consumo de carburante crece en función da velocidade elevada ao
cadrado. É dicir, un incremento de velocidade do 20% (de 100 a 120
quilómetros/hora), significa un aumento do 44% no consumo.
6. DECELERACIÓN:
• Levantar o pé do acelerador e deixar rodar o vehículo coa marcha engrenada
nese instante.
• Frear de forma suave.
• Reducir de marcha o máis tarde posible, con especial atención nas baixadas.
7. DETENCIÓN:
• Sempre que a velocidade e o espazo o permitan, deter o coche sen reducir
previamente de marcha.
8. PARADAS:
• En paradas prolongadas (de máis un minuto), é recomendable apagar o motor. 9. ANTICIPACIÓN E PREVISIÓN:
• Conducir sempre cunha axeitada distancia de seguridade e un amplo campo de
visión que permita ver dous ou tres vehículos por diante.
• No intre en que se detecte un obstáculo ou unha redución da velocidade de
circulación na vía, levantar o pé do acelerador para anticipar as seguintes
manobras.
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
10. SEGURIDADE:
• Na meirande parte das situacións, aplicar as regras da condución eficiente
contribúe ao aumento da seguridade vial.
• Pero obviamente existen circunstancias que requiren accións específicas
distintas, para que a seguridade non se vexa afectada.
11. MANTEMENTO DO VEHÍCULO
Así mesmo, é imprescindible o correcto mantemento do vehículo para aforrar no
consumo de combustible , por ende, protexer o medio ambiente. Neste sentido, o
Real Automóvil Club de Cataluña (RACC) aconsella:
• Comprobar a presión dos pneumáticos. Como dato orientativo, unha perda de
presión de 0,3 bares respecto á recomendada polo fabricante supón un
aumento do consumo de carburante de arredor do 3%.
• Utilizar pneumáticos ecolóxicos de baixa resistencia á rodadura.
• Levar os caudalímetros (medidores de masa de aire) en bo estado.
• Realizar as revisións que indica o fabricante.
• Controlar e substituír os filtros cando sexa necesario.
• Non empregar combustibles Premium.
• Revisar o consumo de carburante de forma periódica, xa que un incremento
anómalo pode ser síntoma dunha avaría grave.
• Levar sempre en bo estado o climatizador.
• Non sobrecargar el maleteiro.
Impacto sobre o medio ambiente das emisións de CO2
Polo xeral,o dióxido de carbono producido polos automóbiles, é o
contaminante que está causando en maior medida o quentamento global.
Durante os últimos 150 anos estas actividades enviaron á atmosfera unha
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
cantidade de CO2 abondo para aumentar os niveis deste por enriba de onde
estiveran durante centos de anos. A incidencia do consumo de enerxía no
transporte provoca serias consecuencias económicas e sociais, tales como:
efecto invernadoiro, empobrecemento da calidade de vida e dos servizos...
O quentamento global que sofre o planeta reflíctese principalmente
nun aumento gradual da temperatura ambiental,que produce, como feito
colateral,unha maior fusión nos casquetes glaciares e aumentando o nivel do
mar. É máis, produciría un aumento aproximado de 70 metros, producindo
aridez na terra e afectando ás actividades agropecuarias.
O transporte é o maior consumidor de enerxía e aínda utiliza en gran
medida combustibles non renovables. Na Terra prodúcese un efecto natural
de retención da calor grazas a algúns gases atmosféricos. O quentamento
produciríase mais rapidamente sobre terra firme que sobre os mares.
O cambio climático está ocasionado principalmente pola queima de
combustibles, que na súa combustión para producir enerxía liberan CO2 á
atmosfera. Denomínase efecto invernadoiro ao fenómeno polo cal
determinados gases, que son compoñentes da atmosfera , reteñen parte da
enerxía que a superficie emite por ser quentada pola radiación. O efecto
invernadoiro estase vendo acentuado na Terra pola emisión de certos gases,
como o dióxido de carbono e o metano, debido á actividade humana, sobre
todo polos automóbiles.
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
2.-Cálculo das emisións procedentes do consumo enerxético dos edificios.
Esta parte do traballo foi realizado polos alumnos de 3º de ESO, e consistiu en
recoller información en admisitración de tódolos consumos de Electricidade, Propano
e Gasóleo-C (calefacción) no CPI e o CEE de Panxón.
Preséntanse os datos de consumo recollido no periodo de 2007-2012, onde
queda patente a reducción dos consumos.
Dun xeito gráfico queda como:
2007 2008 2009 2010 2011 201250000
60000
70000
80000
90000
100000
110000
120000
Consumo de Electricidade
ano
kW.h
2007 2008 2009 2010 2011 20120
5000100001500020000250003000035000
Consumo de Propano
ano
Kg
ano kW·h gasoil (L) propano (kg)2007 113200 32033 24002008 111660 30001 24022009 108560 30000 26922010 105300 30001 13272011 102359 29999 12252012 96414 20000 1502
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
Compre destacar os seguintes aspectos:
• A baixada de consumo eléctrico que non de gasto, foi debido ás medidas de aforro de tipo individual de apagar ordenadores, luces, ter encargados alumnos en cada clase, para este tipo de cousas, e tamén que no CEE, a lavandería só traballa un día á semana.
• O consumo de propano só é para a cociña e a lavandería do CEE, polo que ao pechar ésta 4 días á semana, o consumo baixou tal como indican os datos
• Na baixada de gasoil (que se utiliza para calefacción), influiron varios aspectos, unha foi a instalación de válvulas termostáticas en cada radiador do CPI e ter un equipo de alumnos, vixiando que a regulación non se tocase. No CEE como a distribución non é por columnas como no CPI, fíxose agrupando zonas con termostatos, e válvulas de peche. Ademais se cambiaron ventanas nas zonas utilizadas e se pechou a calefacción nas zonas non utilizadas, (que antes non se podía facer). De tódolos xeitos coidamos que a baixada de consumo deberémola facer bianual a partir de agora xa que nos dará uns resultados mais fiabeis.
2007 2008 2009 2010 2011 20120
5000
10000
15000
20000
25000
30000
35000
Consumo de Gasóil Calefacción
ano
Litr
os
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
3.- Estudio da tendencia de redución de emisións no período 2008-2012. Este apartado abrangue só as emisión do punto 2.
Tal como espricamos anteriormente, a obtención dos datos sobre o gas-óil de
calefacción habería que facela bianual, co fin de estimar a redución do consumo do
mesmo. Outro dato a ter en conta que ao ser o noso centro próximo ao mar, os
períodos de climas adversos fan que este consumo poda variar de ano a ano.
Atendendo ao impacto ambiental, imos calcular e representar a tendencia de
redución de emisións de CO2 e SO2 á atmosfera ao diminuír o consumo destas
enerxías, valores que se poden observar na seguinte táboa:
Os datos das proporcions foron sacadas das seguintes fontes: BOE (nº215 do
04/09/2010) Disposición 13704 en canto a contido de Xofre do Gasóil, e BOE núm. 45
(Jueves 21 febrero 2008) na Disposición 3173 referido á equivalencia dos kg de CO2
emitidos relacionados cos kWh consumidos. Os datos da emisión de CO2 a partir da
queima de gasoil de calefacción foron sacados dun estudio feito pola Consejería de
Industria de la Región de Murcia, en el plan “Energías Renovables. Ahorro y Eficiencia
Energética”, dentro do documento: Estrategias de Ahorro y Eficiencia Energética de
España (E4) , xa que o documento que se atopa nesta dirección:
http://www.idae.es/uploads/documentos/documentos_Factores_EP_CO2_2008_d7bc
8d56.pdf
non é accesible, a non ser que sexas persoa autorizada. O IDAE é o Instituto para a
diversificación e aforro da enerxía e pertence ao Ministerio de Industria, Enerxía e
Turismo.
anoKg CO2 de orixe Eléctrico
(1 kWh -0,62 kg de CO2)
Kg CO2-gasoil (1L Gasóil-
C – 2,6 kg CO2)
Kg CO2-propano (1kg
Propano – 3 kg CO2)
Kg SO2-gasoil (2000 mg de SO2
por cada kg de Gasóil-C)
2007 70184 83285,8 7200 57,6594
2008 69229,2 78002,6 7206 54,0018
2009 67307,2 78000 8076 54
2010 65286 78002,6 3981 54,0018
2011 63462,58 77997,4 3675 53,9982
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
A representación gráfica da nosa tendencia a redución de consumo queda como segue:
2007 2008 2009 2010 2011 20120
100020003000400050006000700080009000
Emisións CO2 - Propano
ano
kg d
e C
O2
2007 2008 2009 2010 2011 201254000560005800060000620006400066000680007000072000
Emisións CO2 - Eléctrico
ano
k g d
e C
O2
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
2007 2008 2009 2010 2011 20120
100002000030000400005000060000700008000090000
Emisións CO2 - Gasóil calefación
ano
kg d
e C
O2
2007 2008 2009 2010 2011 20120
10
20
30
40
50
60
70
Emisións SO2 - Gasóil calefación
ano
Kg
de
SO
2
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
Conclusións.
As conclusións ás que podemos chegar son:
Queda perfectamente claro que adoptando medidas de control, pódese aforrar nos
consumos enerxéticos.
- A instalación de mandos de control de temperatura dos radiadores fan que o gasto
en calefacción diminúa.
- O control por parte das patrullas ecolóxicas respecto das luces acesas no recreo e o
control do alumnado de apagalas cando non teñen clase nelas, da bos froitos.
- A disminución das emisións de CO2 por parte dos vehículos quedaría moi reducida se
tendemos a compartir viaxe, ou o que é o mesmo, a procurar enchelos para abaratar a
viaxe. Esta escusa do abaratamento quedaría reflectida nunha diminución do consumo
de combustibles e consecuentemente unha diminución das emisións de CO2, SO2 e
óxidos de nitróxeno (Nox).
- A tenor dos datos, podemos estimar a cantidade de árbores que teríamos que ter
prantado para que absorberan totalmente o dióxido de carbono xerado no ano 2012 e
que estaría en torno dos 9.550.
Se facemos una comparativa entre os dous últimos anos, saen estas táboas
2011 Emisiones CO2 (Kg) 2012 Emisiones CO2 (Kg)
Vehículos CPI 32557,975 * 32557,975
Vehículos CEE 36759,005 * 36759,005
Autobuses 5397,6 * 5397,6
Electricidad 63462,58 59776,68
Gasoil 77997,4 52000,00
Propano 3675 4506,00
TOTAL 219849,56 190997,26
* ao non dispor dos datos, estimamos que o ano 2011 se fixeron as mesmas emisións.
Se cada árbore absobe 20 kg de CO2 por ano *, o que evitamos de emitir coa
reducción entre os anos 2012 e 2011, foron:
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
ANO 2011 Kg de CO2
ANO 2012 Kg de CO2
Diferencia Kg de CO2
219849,56 190997,26 28852,3
Polo que esa cantidade de reducción de kg de CO2 equivaldría a prantar 1442,615
árbores, ou por aproximacion, uns 1500 árbores. E dicir que o aforro dos dous últimos
anos, equivale ao CO2 que 1500 árbores houberan eliminado.
* Relación sacada de http://www.idae.es/boletines/boletin49/
De cara ao futuro pretendemos continuar nesa liña e para eso estamos a estudiar as
seguintes posibilidades:
1º) Dado que para diminuir mais o consumo eléctrico, non podemos cambiar a
maquinaria dos centros, (bombas, fornos, maquinaria de cociña, etc), só nos queda
incidir na racionalización do seu uso, e na iluminación. Nesta última estamos
estudiando as posibilidades. Un gran paso sería a substitución de todos os puntos de
iluminación, por lámpadas tipo led. Actualmente está en estudio esa posibilidade; xa
temos un presuposto con un aforro na iluminación por poñer un exemplo, só no
polideportivo do redor de 6000 Kw/h., e nas luces exteriores, de mais de 5500 Kw/h.
2º) Outro estudio no que estamos inmersos é na sustitución do Gasoleo para a
calefacción e o Propano para a cociña e lavandería, por Gas Natural. Isto implica a
sustitución da caldeira do CEE por unha de alto rendimento, cousa que xa implicaría
un aforro de combustible. Actualmente a Unidade Técnica da Xefatura Territorial de
Pontevedra da Consellería, ten un estudio no que está previsto o cambio desa caldeira
para o 2014, e logo xa poderíamos cambiar a Gas natural, co aforro debido ao maior
poder calorífico deste combustible, o aforro debido á caldeira que aproveita ó máximo
as calorías da combustión. (Na caldeira tradicional que temos, os gases de escape saen
a uns 300º C e nunha de alto rendimento a uns 50 º C, polo que esa diferencia de
calorías que escapan ao aire se aproveitan). Ademais só estaríamos botando ao
exterior CO2, eliminando o resto de gases contaminantes que emite a combustión do
C.P.I. de PANXÓN Camiño dos lagos Nº 1 36340 Nigrán- Pontevedra Tfnos: 986 365 963 – 986 365 964 Fax: 986 366 313 e-mail: cpi.panxon@edu.xunta.es
Gasoil. A todo isto hai que engadir, que no estudio está previsto a inclusión de placas
de enerxía solar para a auga quente das duchas, cociña etc..
De cumprir as expectativas, a reducción de consumos nos dous centros, sería
espectacular. E sen grandes inversións económicas, xa que que se poderían utilizar
sistemas de financiación, (tipo leasing), que tanto Gas natural como as empresas que
suministran leds, proporcionan. É dicir, pódese pagar pouco a pouco sen aumentar o
gasto, co aforro de Kw, e de Kg de combustible. Só ten un inconvinte, convencer á
administración, xa que para a burocracia administrativa un leasing é considerado como
unha compra ou adquisición de bens, e non pode superar unha cantidade que en
ámbolos dous casos a supera.