Post on 10-Jul-2015
transcript
Galicia, pola súa situación e a diversidade de climas e solos, acolle unha boa variedade de bosques naturais.
É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acolle aos animais máis grandes da fauna galega.
BOSQUE CADUCIFOLIO
As fragas son fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Son os bosques naturais de maior diversidade.
Biduídos/bidueirais . Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.
Faiais: bosques de faias.En Galicia son pequenas masas forestais asociadas aos terreos calcários.
Faial de Fonteformosa (Pedrafita do Cebreiro)
Pequenas superficies arboradas que acompañan o percorrido dos ríos. Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de gran interese, algunhas protexidas.
BOSQUES DE RIBEIRA
Xilbarbeira (Ruscus aculeatus), vive ao abrigo das grandes árbores.
Cabrifollo, unha planta trepadoras.
A VIDA NO BOSQUE CADUCIFOLIO
As árbores vivas e mortas alimentan aos fungos que producen cogomelos para dispersar as súas esporas.
Aproveitando a humidade e buscando a luz os brións e os liques desenvólvense nas ponlas das árbores.
Rebentabois
O leirón (Glis glis) aliméntase dos froitos do bosque e aproveita os furados das árbores para agocharse e hibernar.
Gato bravo (Felix silvestris)
Bacalouras e vésporas
A pita do monte (Tetrao urogallus) está en perigo de extinción, pero aínda sobrevive nalgúns lugares dos Ancares.
Gabeador (Certhia ...). Gabea polos toros das árbores buscando alimento nas súas rendixas.
Ferreiro abelleiro (Pharus major), un paxaro insectivoro.
Atópanse na zona suroriental, máis seca. As árbores máis comúns son os rebolos, as sobreiras, as aciñeiras e os érvedos.FLORA: esteva, cantroxo, orquídeas, carrascos...FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, gato algario, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...
BOSQUE MEDITERRÁNEO
Orquídea(Orchis italica)
Esteva (Cistus ladanifer).
Cantroxo, arzaia (Lavandula stoechas).
A VIDA NO BOSQUE CADUCIFOLIO