Post on 14-Mar-2016
description
transcript
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
1
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL ccuurrssoo 22001111//22001122
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
2
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
3
INDICE ............................................................................................... 3
PRESENTACIÓN................................................................................ 5
A NOSA ESCOLA ............................................................................. 6
MADRE TRINIDAD – POLO SEU FROITO A COÑECEMOS ........ 10
LEMA ............................................................................................... 13
OBXECTIVOS .................................................................................. 14
COMUNIDADE EDUCATIVA ......................................................... 16
ORGANIGRAMA ........................................................................... 21
CONSELLO ESCOLAR ................................................................... 22
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS................................................... 23
ORGANIZACIÓN: DISTRIBUCIÓN HORARIOS ............................ 24
ORGANIZACIÓN: CALENDARIO ESCOLAR .............................. 25
ORGANIZACIÓN: CALENDARIO PASTORAL ............................. 27
ORGANIZACIÓN: ACTIVIDADES CULTURAIS ............................. 29
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: OBRADOIROS ................ 30
ORGANIZACIÓN: CALENDARIO AVALIACIÓNS ...................... 34
NORMAS DE CONVIVENCIA ....................................................... 35
EPÍLOGO......................................................................................... 37
ÍNDICE
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
4
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
5
“Víchelo?”
“Ao instante abríronselle os ollos e recoñecéronno”
(Lc 24, 31)
Benvidos a todos e cada un dos que formades a Comunidade Educa-
tiva de Madre de Díos: Alumnos/as, familias, persoal docente e non
docente.
A todos e a cada un deséxovos que ao longo deste curso poidamos
facer vida o lema que nos acompañará cada día “Víchelo?”.
Que como aos discípulos de Emaús se nos abran os ollos do corazón,
para ver” máis ala “, para recoñecer a Xesús no pequeno, no sinxelo,
no cotián e que isto encha os nosos corazóns de ledicia.
Oxalá que cando rematemos o curso e nos pregunten: Víchelo?, poi-
damos contestar co corazón cheo de ledicia: “Sí, vinno e camiña ao
meu carón”.
Moitas grazas a todos e cada un por estardes unidos e elixir camiñar
xuntos ao longo deste curso 2011/2012.
Que teñades un curso cheo de “detalles por descubrir”, cheo do
Deus da Vida, o Deus das pequenas cousas.
Que teñas un curso repleto de “detalles por descubrir”, repleto do De-
us da Vida, o Deus das cousas pequenas.
Feliz curso e un cordial saúdo.
Sor Isabel López
.
PRESENTACIÓN
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
6
A proposta Educativa equivale ao Ideario ou carácter propio, que
guía e orienta todas as intervencións educativas do Centro en cada
un dos niveis. Aquí ven recollida soamente nas súas liñas esenciais.
Queremos que esta Proposta sexa o punto de referencia para exerci-
cio das distintas funcións e competencias das persoas que forman
parte da Comunidade Educativa.
1. PRINCIPIOS E CRITERIOS DA ACCIÓN EDUCATIVA “MADRE DE DIOS”.
O colexio “Madre de Dios” basea a súa proposta educativa nas se-
guintes criterios:
- É unha escola aberta a todos, e en colaboración coas familias.
- Coloca ao alumno/a no centro do feito educativo.
- Educa evanxelizando e evanxeliza educando con espiritualida-de propia: Eucarística, Franciscana e Mariana.
- Preséntase como familia educadora.
- Centro ao servizo da persoa e da sociedade.
- Fai realidade a participación corresponsable, activa e coordi-
nada.
2. O PROCESO EDUCATIVO
Como centro ao servizo da persoa e da sociedade,recoñecemos o
dereito a educación de toda persoa e a nosa educación esta ao
servizo do home e da sociedade plural fundada na dignidade de ca-
da persoa.
O noso estilo é de apertura, sinxeleza e ledicia no servizo. Acollemos a
todos e dámolo todo por quen máis nos necesita. Partimos de que o
educando é o principal artífice da súa propia educación, polo que
ante os retos previsibles que poden xurdirlles no futuro, esta é a nosa
liña pedagóxica :
A NOSA ESCOLA
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
7
- Cultiva de forma harmónica, gradual e adaptada a idade de
todos os compoñentes da personalidade humana: intelec-
tuais, evolutivos, afectivos, estéticos, físicos.
- Pon en práctica unha pedagoxía personalizada e de acom-pañamento que ten en conta o educando como é e aco-
modámonos as características da súa propia individualidade.
- Desenvolvemos un traballo intelectual serio e rigoroso onde o
educando chega ao máximo das súas posibilidades.
- Favorecemos o dominio das distintas vías de comunicación
como vehículo de entendemento entre as distintas culturas.
- Desenvolvemos o seu aspecto afectivo-volitivo, favorecendo
as distintas formas de traballo en equipo e, a través delas, a
cooperación ,a solidariedade, e o propio crecemento.
- Desenvolvemos o seu sentido crítico.
- Educamos para o ocio e o tempo libre.
3. O ESTILO DO COLEXIO MADRE DE DIOS
O colexio “Madre de Dios” vive e transmite a súa labor educativa co
espírito de Madre Trinidad Carreras Hitos, que se caracteriza por:
- Espírito Eucarístico, dende a xenerosidade, fraternidade, entrega e servizo.
- Espírito mariano, dende a dispoñibilidade e a entrega.
- Espírito Franciscano, dende a sinxeleza, proximidade, soli-dariedade e ledicia.
- A oferta respectuosa dunha experiencia de fe.
- As propostas de compromiso cristián.
4. ACTUAMOS COMO COMUNIDADE EDUCATIVO-PASTORAL
Comprometémonos na construción e maduración da comunidade
Educativo-Pastoral:
- Comunidade, porque implica, en clima de familia, ao alum-
nado, ás familias e aos educadores.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
8
- Educativa, porque axuda a madurar a cada un dos seus
membros.
- Pastoral, porque acompaña cara o encontro con Xesucristo.
5. O PROFESORADO NA COMUNIDADE EDUCATIVA
O traballo dos mestres e mestras desenvólvese na Comunidade Edu-
cativo –Pastoral. A súa palabra, testemuño, alento, axuda, consello,
corrección amigable e experiencia son claves no desenvolvemento
do proceso educativo. Entre os aspectos máis significativos do profe-
sorado da nosa escola destacamos:
- A profesionalidade.
- A colaboración.
- A coherencia persoal.
- A actitude educativa e a sensibilidade polos nenos/as.
- Unha forte simpatía cara Madre Trinidad.
- A capacidade de educar dende o positivo.
- A apertura e a transcendencia.
Os profesores e profesoras da nosa escola :
- Son ante todo educadores.
- Establecen unha relación franca e de colaboración cos com-pañeiros e compañeiras.
- Desempeñan un papel decisivo na aplicación e avaliación do Proxecto Educativo.
- Corresponsabilízanse activamente na xestión do centro.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
9
Por e para todo iso a nosa escola convértese nunha entidade perme-
able aos cambios que a sociedade está demandando e todo iso tra-
ballado dende:
- Unha nova forma de entender a intelixencia: no marco das in-telixencias múltiples
- Espertar o potencial e atender a diversidade dende a base: estimulación temperá.
- Multiplicando o noso potencial creativo: aprendizaxe coope-rativo
- Aprendizaxe baseada en problemas e en proxectos interdis-ciplinares
- Aprendizaxe experencial: a intelixencia ao servizo da creati-vidade e da responsabilidade.
- Aprender a pensar para aprender a aprender: destrezas do pensamento.
- Centro en pastoral: con intelixencia espiritual.
- Construír o propio camiño de aprendizaxe e crecemento:
portfolio.
Neste curso estamos a por en marcha unha proposta pedagóxica
innovadora cuxo principal obxectivo é facer reais as matemáticas
para que os/as alumnos/as aprendan as habilidades necesarias para
entender o proceso matemático como algo útil e práctico; e que as
estratexias que están utilizando na clase seranlle de utilidade nas súas
propias vidas: ENTUSIASMAT.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
10
Naceu o 28 de xaneiro de 1879 en Monachil (Granada), e foi bautiza-
da co nome de Mercedes
Mercedes distinguíase polo seu carácter vivo e impetuoso; o seu di-
namismo e creatividade faranse presentes en moitos momentos da
súa vida, pero ao tempo chamaba a atención o seu bo
xuízo e seriedade.
O encontro de Mercedes co Señor, o día de
Pentecostes de 1886 foi decisivo na súa vi-
da; a Eucaristía foi o eixe de seu existir. Á
Adoración de Xesús Eucaristía, e a impul-
sar esta paixón nas almas, dedicouse
con todas as súas forzas e artes. Desde
nena motivaba a outros nenos, repartín-
dolles chocolate que collía á súa nai,
para levalo á catequese e á visita ao
Santísimo.
Aínda moi nena, en xullo de 1887, sufriu unha gran perda, morría a súa
nai. A morte foi precedida dunha despedida en que a boa nai enco-
mendaba aos seus pequenos á protección da Virxe Nai. “Non vos dei-
xo orfos, díxolles, sinalando un cadro de María, aí tedes á que desde
hoxe coidará de vós e será a vosa nai. " Esta vivencia quedou grava-
da en Mercedes e, desde os seus oito anos, non a abandonará xa-
mais.
Fíxalles a entrada para o día 28 de xullo de 1893, no convento de S.
Antón, polos seus desexos de vida contemplativa e penitente. Desde
o comezo sométese ás austeridades da Regra e a longos tempos de
oración. O 21 de Novembro de 1896, na festa da Presentación de Ma-
ría, toma o hábito e recibe o nome de Sor Trinidad del Purísimo Cora-
zón de María.
11 de abril de 1925: Saen para Chauchina as doce Relixiosas, presidi-
das pola M. Trinidad. Elas constituían a primeira Comunidade de Ca-
puchinas Adoradoras.
MADRE TRINIDAD. polo seu froito a coñecemos
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
11
1934: Funda en Braga, ao norte de Portugal. Alí estableceu o Novicia-
do.
1936: Funda en Porto.
1937: Ábrese a casa de Ourense.
1939: Fundación en Granada.
1942: Funda en Laveiras en Portugal.
1943: Fundación en Lisboa
1944: Funda en Madrid, onde establece o Noviciado para España, e
no 1954 trasládase tamén aquí, desde Lisboa, a Casa Xeral da Con-
gregación.
1945: Fundación en Bilbao.
1947: Funda outra Comunidades en Italia e Madrid, que despois se
pechan.
1948: Envía tres Relixiosas a fundar en México.
1949: Funda en Viana do Alentejo, Portugal. É a última Comunidade
en vida da M. Trinidad.
Aos trece anos da súa morte, o 11 de abril de 1962, o seu corpo, que
se descubriu incorrupto, é trasladado á Casa Xeral, en Madrid. Alí está
colocado xunto a Xesús Eucaristía.
Na actualidade, as Relixiosas están presentes en Portugal, Angola,
Cabo Verde, México, Perú, Venezuela, Timor e España.
Durante o curso pasado celebramos o Ano Xubilar de Madre Trinidad,
en todos os colexios da Congregación das Escravas da Stma. Eucaris-
tía e da Nai de Deus. Tendo en conta que concluíu o proceso dioce-
sano.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
12
Ao longo de todo o ano (cuxa apertura tivo lugar o catro de outubro
de 2008 en Madrid e que conclúe o catro de outubro de 2009 en Ber-
ja), continuouse na busca de Grazas recibidas dela para lograr a súa
beatificación e consecuente
Canonización.
DATAS IMPORTANTES PARA A
CONGREGACIÓN:
1 de Xaneiro: Festa da Nai de
Deus.
6 de Xaneiro: Festa da Ado-
ración dos Reis.
10 de Xaneiro: Aprobación
da Constitución (1949)
28 de Xaneiro: Aniversario do
nacemento de N. M. T.
19 – 20 de Marzo: Inscrición
da Fundación (1925).
15 de Abril: Data da morte de Madre Trinidad (1949)
28 de Xullo: Aniversario da entrada á vida relixiosa.
15 de Setembro: A nosa Señora das Dores.
4 de Outubro: San Francisco de Asís.
26 de Novembro: Data da súa profesión relixiosa.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
13
Quen non escoitou algunha vez iso de "hai que saber apreciar os pe-
quenos detalles de cada día"... Parece que Deus é un experto en
"pequenos detalles". Si, deses que enchen a nosa vida e poden verse
a diario. Pero só poden verse se estamos ben atentos. Comezamos un novo curso que estará repleto de oportunidades, de
detalles, de traballo, de compañeiros, de nenos/as, de pais e nais, de
desgustos e de alegrías... Non sería xusto para todos que isto pasase
pola nosa vida como se nada, porque en cada irmán, en cada com-
pañeiro, en cada
alumno e en ca-
da traballo temos
a oportunidade
de encontrarnos
con esa brisa
suave que carac-
teriza ao Deus da
Vida, aquel que
fai da rutina algo
extraordinario e
marabilloso.
Tes mil oportuni-
dades de atopar-
te co Señor du-
rante este ano,
de abrir os teus
ollos ao que che
rodea, ao que tes
ao lado, e aos
que tamén ti ex-
plicas as escritu-
ras. Non vaias perderte todo iso por non ter os ollos ben abertos ou por
non levar os lentes axeitados.
LEMA
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
14
OBXECTIVOS
OBXECTIVO XERAL: Recoñecermos o gran Tesouro que Deus puxo no
mundo para compartilo e dar vida aos demais.
OBXECTIVOS PARA PROFESORES/AS: Aceptar a cada un/unha coas súas dife-
rencia favorecendo as relacións entre os
membros da comunidade educativa.
Promover e coidar actitudes de respecto,
tolerancia, flexibilidade contribuíndo así á
adquisición de habilidades sociais.
OBXECTIVO PARA ALUMNOS/AS:
Practicar e explorar sentimentos de admira-
ción, corresponsabilidade e coidado da na-
tureza e o seu entorno, así como de con-
templación e silencio.
Desenvolver e canalizar vínculos empáticos
coas outras persoas, en situacións de inxusti-
za, superación, cooperación...
OBXECTIVO PARA A FAMILIA Coñecer, valorar e situar a integración das familias no
proxecto educativo, mantendo unha actitude de pro-
ximidade, escoita e cooperación.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
15
EDUCACIÓN INFANTIL
Desenvolver física ,intelectual,afectivo ,social,moral
e relixiosamente aos nosos nenos/as a través de expe-
riencias,actividades e sobre todo do xogo.
Aumentar o seu interese por explorar, descubrir, coñe-
cer,
experimentar, resolver.
Ser independentes, estar seguros de si mesmos, ser ca-
paces de convivir con outras persoas en harmonía.
Desenvolver unha axeitada competencia lingüística.
EDUCACIÓN PRIMARIA
Proporcionar aos nosos alumnos/as unha educación que lles
permita:
Adquirir habilidades culturais básicas relativas a expre-
sión e comprensión oral, a lectura, escritura e ao cálcu-
lo, así como habilidades que lles permitan desenvolver-
se física, intelectual, moral e relixiosamente.
Desenvolver habilidades sociais, hábitos de traballo e
estudo, sentido artístico, creativo e afectivo.
Adquirir progresivamente unha boa competencia lingü-
ística en inglés.
Pondo especial énfase na atención á diversidade, atención
individualizada e previndo as posibles dificultades de aprendi-
zaxe.
OBXECTIVOS POR ETAPAS
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
16
ÓRGANOS UNIPERSOAIS
Sor Isabel López Ramos
DIRECTORA TITULAR. É a representante da Entidade Titular no Centro.
(horas de visita: previa chamada ao centro escolar).
Mª. Remedios Forneiro Cruz
DIRECTORA PEDAGÓXICA. É a responsable de dirixir e coordinar a ac-
ción educativa do centro escolar. (horas de visita: previa chamada
ao centro escolar).
Sonia Ramos Bravo
ADMINISTRADOR. É o responsable da xestión económica do centro
escolar. (horas de visita: previa chamada ao centro escolar).
María José González Ruído
SECRETARIA. É a responsable de atención ao público amais das labo-
res propias do seu cargo. (horario Secretaría: 9:00 a 13:00 h.).
TITORES/AS
Educación Infantil Belén González Lovelle
1º de Primaria Ana Escudero Sabuz
2º de Primaria Ana Escudero sabuz
3º de Primaria Isabel de Aguiar Fernández
4º de Primaria Pilar Vázquez Casasnovas
5º de Primaria Laura Villar Domínguez
6º de Primaria Alberto Domínguez Fernández
(horario titorías: luns ás 17:00 h. previo aviso)
COMUNIDADE EDUCATIVA
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
17
A TITORIA NA AULA
A titoría é unha labor pedagóxica encamiñada a tutela, acompaña-
mento e seguimento do alumnado coa intención de lograr unha for-
mación integral tendo en conta as súas características e necesidades
persoais.
As actuacións prioritarias da TITORIA concrétanse no PPT que forma
parte do proxecto Educativo do centro, sendo as funcións máis impor-
tantes:
- A inserción do neno ou nena no grupo de compañeiros
- A adaptación escolar
- A prevención de dificultades
- A vinculación do colexio coa familia
A titoría desenvolvese ao longo do ano de maneira transversal en to-
das as áreas e de xeito especifico nunha sesión semanal na que se
traballará a adquisición de valores que contribúan ó pleno desenvol-
vemento da personalidade de cada alumno facendo posible a con-
vivencia e mellorando a sociedade.
ESPECIALISTAS
Educación Física Alberto Domínguez Fernández
Orientadora Laura Fernández López
Inglés Laura Villar Domínguez
Música Javier Domínguez Pérez
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
18
ÓRGANOS DE COORDINACIÓN EDUCATIVA
Claustro de mestres/as
Integrado pola totalidade dos profesores/as do centro é o órgano de
participación destes no colexio.
Departamento de Pastoral
É o grupo de persoas responsables da animación, coordinación e
execución de todo o referente á acción evanxelizadora e á pastoral
do centro.
Responsable do departamento: Isabel López Ramos
Departamento de Orientación
É o estrutura organizativa responsable de coordinar a Orientación
Educativa, da Atención a alumnos e alumnas con Necesidades Edu-
cativas Especiais, do seguimento do proceso de ensino do profesora-
do, da acción titorial e do asesoramento ás familias.
Responsable do departamento: Laura Fernández López
Departamento de Normalización Lingüística
É a estrutura encargada do uso activo do galego en tódolos ámbitos
do colexio, tanto dende o aspecto educativo como de comunica-
ción interna ou externa do propio centro.
Responsable do departamento: Mª Remedios Forneiro Cruz
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
19
Coordinación de Educación Infantil
É a estrutura encargada do promover, organizar, coordinar e controlar
no seu conxunto a tarefa educativa da etapa.
Responsable do departamento: Belén González Lovelle
Coordinación de Educación Primaria
É a estrutura encargada do promover, organizar, coordinar e controlar
no seu conxunto a tarefa educativa da etapa.
Responsable do departamento: Ana Escudero Sabuz
Coordinación de Seccións Bilingües
É a estrutura encargada do promover, organizar e coordinar a com-
petencia plurilingüe no noso centro como un compoñente básico de
formación.
Responsable do departamento: Laura Villar Domínguez
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
20
Coordinación Abalar
É a estrutura encargada do promover, organizar, coordinar e afianzar
os manexos das TIC no centro escolar como un compoñente mais de
formación.
Responsable do departamento: Alberto Domínguez Fernández
Departamento de Innovación
Coa necesidade de adaptarse as demandas do que a sociedade
está a pedirlle a educación e entendendo que esta demanda po-
demos e debemos levala a cabo, creouse dito departamento coa
finalidade de implantar os cambios pedagóxicos, didácticos e pasto-
rais necesarios para chegar a sermos a escola innovadora que se re-
colle no PEI ( Proxecto Educativo Institucional).
Responsable do departamento: A Dirección
Focos Estratéxicos deste curso:
- EntusiasMAT ( en Ed. Infantil e inicio no 1º e 2º ciclo)
- Seccións Bilingües (2º ciclo)
- Estimulación Temperá ( Ed. Infantil)
- Proxecto por IM (intelixencias múltiples) un por trimestre para
todos os cursos
- Portfolio na área das linguas.
- Formación permanente do profesorado.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
21
ORGANIGRAMA
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
22
É o máximo órgano de participación de toda a Comunidade
Educativa no Centro.
COMPOÑENTES:
DIRECTORA TITULAR
Sor Isabel López Ramos
REPRESENTANTES DA TITULARIDADE
Sor Pilar Rodríguez
Sor Angustias Vaquero
DIRECTORA PEDAGÓXICA
Mª Remedios Forneiro Cruz
ADMINISTRACIÓN
Sonia Ramos Bravo
REPRESENTANTES DO PROFESORADO
Ana EScudero Sabuz
Belén González Lovelle
Mª Pilar Vázquez Casasnovas
Laaura Villar Domínguez
REPRESENTANTES DAS FAMILIAS
Elena Sáez Sáez
Cristina Villasante
Flora Varela
REPRESENTANTE DO PERSOAL NON DOCENTE
Mª José González
CONSELLO ESCOLAR
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
23
COMEDOR ESCOLAR
cociña Dolores Blanco Cid
TRANSPORTE ESCOLAR
compañía Autocares ALFER
SEGURO ESCOLAR
compañía Allianz
SANIDADE
responsable Sonia Ramos Bravo
servizos Botiquín de primeiros auxilios
RISCOS LABORAIS
responsable Alberto Domínguez Fernández
membros Luis Paz
LIMPEZA
empresa LINORSA
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
24
HORARIO DE CLASES HABITUAL
De 9:00 a 13:00 h. da mañá
De 15:00 a 17:00 h. da tarde
De 13:00 a 14:00 h. xantar
De 13:40 a 14:45 h. sesta para Educación Infantil
HORARIO DE CLASES EN XUÑO E SETEMBRO(1)
De 9:00 a 13:40 h. da mañá
De 13:40 a 14:30 h. xantar
HORARIO DE PERMANENCIA PROFESORADO
De 17:00 h a 18:00 h da tarde, os luns, martes e mércores.
Este tempo dedícase a reunións, elaboración de traballo de apoio e
reforzo, axuda aos/ás que non van no autobús.
- Claustro de Profesores os primeiros martes de cada mes
- Reunións por Departamentos ou ciclos os martes restantes
1 Nos meses de xuño e setembro só hai media xornada de clase, con servizo de comedor incluído.
ORGANIZACIÓN: DISTRIBUCIÓN DOS HORARIOS
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
25
MES DATA
SETEMBRO 12 Comezo do Curso Escolar
OUTUBRO 5 Reunión cos pais/nais – titores/as
12 Día da “Virxe do Pilar”(2)
31 Día do Ensino
NOVEMBRO 1 Día de “Tódolos Santos”
2 Samaín e Hallowen
10 Magosto
11 Día do “San Martiño”
DECEMBRO do 1 ao 11 Constitución e Estatuto de Galicia
6 Día da “Constitución
8 Día da Inmaculada
21 Celebración do Nadal na escola
22 Inicio vacacións do Nadal
XANEIRO
9 Inicio das clases tralo Nadal
30 Día da “Paz”
FEBREIRO 17 Celebración do Entroido no colexio
do 20 ao22 Non lectivos polo Entroido
MARZO 8 Día da “Muller Traballadora”
do 12 ao 16 Semana da Prensa
15 Día dos “Dereitos do Consumidor”
Do 26 ao 31 Semana da ciencia
2 En negriña os días non lectivos
ORGANIZACIÓN: CALENDARIO ESCOLAR
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
26
MES DATA
ABRIL 2 ao 9 Vacacións de Semana Santa
7 Día Mundial da “Saúde”
23 Día do “Libro”
MAIO 1 Día do “Traballador”
3 Os Maios
9 Día de “Europa”
11,12 e 13 XIV Encontro Deportivo en Berja
do 10 ao 16 Semana das Letras Galegas
17 Día das “Letras Galegas”
XUÑO 5 Día Mundial do “Medio Ambiente”
Semana do teatro
21 Festa Fin de Curso
22 Derradeiro Día Lectivo 2011/12
Unha vez ao trimestre o alumnado de Educación Infantil e mailas súas
familias poderemos compartir unha merenda no colexio, que aprovei-
taremos para cambiar impresións ao tempo que fomentar un ache-
gamento entre o colexio e os pais. Ao longo do curso iremos fixando
estas datas.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
27
MES
DATA
SETEMBRO Celebración Inicio das clases
do 26 ao 30 Lema
OUTUBRO 4 San francisco de Asís
12 Virxe do Pilar
do 17 ao 23 Semana do “Domund”
Merenda Solidaria
20
27
28
Eucaristía
Convivencia 1º,2º e 3º
Convivencia 4º,5º e 6º
NOVEMBRO 1
27
Día de todos os Santos
Achegamento a Palabra: Salmos
Inicio do Advento
DECEMBRO 8
21
Inmaculada
Eucaristía de Nadal
XANEIRO do 23 ao 30 Semana da “Paz”
FEBREIRO 22 “Mércores de Cinza”
dende o 23 Preparación “Coresma” (até o 31 marzo)
ORGANIZACIÓN: CALENDARIO DE PASTORAL
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
28
MARZO até o 31 Preparación “Coresma”
ABRIL do 4 ao 8 Semana Santa
10 ao 14
16 ao 22
Proxecto Pascua
Semana Madre Trinidad
MAIO do 3 ao 31 Achegamento á Vida de María
2ª Convivencia 1º,2º e 3º
2ª Convivencia 4º,5º e 6º
31 Festa na honra á Virxe
XUÑO do 1 ao 4 Semana oracional “Corpus”
Eucaristía Fin de Curso
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
29
Esta relación de actividades poderá sufrir variacións en función das
propostas expostas polas entidades externas ao centro, é dicir, Con-
cello, Deputación, Entidades bancarias, Consellería de Educación,
etc.
- Festas tradicionais como o Magosto, o Samaín, os Maios ou o
Entroido
- Participación nas campañas programadas por outras entida-
des e, nomeadamente, concello de Barbadás
- Visitas a museos, bibliotecas, etc.
- Festa da Lingua
- Día da árbore
- Campaña de Animación á Lectura
- Encontro Deportivo “Madre Trinidad”
- Excursión á Coruña “Festa Voz Natura”
- Visitas de personaxes de renome (escritores, contacontos, pro-
fesionais varios...)
- Almorzos e xantares saudables
- Excursión Fin de Curso (por concretar)
- Campaña de teatro con diversas representacións
- Día da ciencia en galego participando en videoconferencias
ORGANIZACIÓN: ACTIVIDADES CULTURAIS
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
30
INFORMÁTICA
Afianzar no manexo das TIC na idade
escolar, enfocada dende un punto de
vista pedagóxico e funcional. Utilizar
as Tics de forma creativa e construtiva
para favorecer a comunicación uni-
versal.
CIENCIA DIVERTIDA
O século XXI demanda cien-
tíficos e para logralos debe-
mos empezar coa prepara-
ción dende idades tempe-
rás. Por iso, dende os máis
pequenos ata os maiores
incursionan no mundo da
ciencia,das matemáticas e
da tecnoloxía con experi-
mentos sinxelos e diverti-
dos.Trabállase en catro ni-
veis base en atención as
idades: Xogamos a reciclar,
xogamos a ser científicos,
partimos ao descubrimento e
exploradores da ciencia.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS: OBRADOIROS
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
31
TEATRO
Achegar a experiencia teatral nestas
idades permítenos participar na aven-
tura de grupo, aprender a falar co
corpo e coa voz, pórse no lugar do
outro a través da interpretación de
diferentes personaxes; con isto avan-
zamos na conquista das competen-
cias lingüísticas, expresivas e sociais.
LECTURA (L. Galega, Españo-
la e Inglesa)
Fomento do gusto pola lec-
tura:
Traballamos a atención, a
escoita, a expresión oral e
escrita.
Realizamos coloquios e diá-
logos.
Traballamos a conversación
nos distintos idiomas.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
32
HÁBITOS SAUDABLES
Participación en proxectos ecolóxicos.
Compromiso e respecto polo entorno
e a recuperación creando espazos
para a aprendizaxe e o ocio: A nosa
horta.
Hábitos de hixiene
Fomentar actividades alternativas que
esperten intereses e afici´´ons múltiples
e enriquecedoras.
TÉCNICAS DE ESTUDO
Mellorar o seu método de
estudo. Saber organizarse
nas súas tarefas diarias e es-
tudo.
Facilitar o proceso de Memo-
rización.
Mellorar o seu rendemento
escolar.
Mellorar claramente resulta-
dos.
Adquirir unha serie de habili-
dades, técnicas e hábitos
para mellorar a velocidade e
a comprensión lectora
Disfrutar estudando
Economizar tempo para o
ocio
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
33
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
Minibasquet: competición
deportiva na que o alumna-
do participa na liga que or-
ganiza o pavillón de Ouren-
se.
Xogade: actividades depor-
tivas que organiza a conse-
llería de educación da Xun-
ta.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
34
As avaliacións teñen periodicidade trimestral, partindo dunha avalia-
ción inicial a comezo de curso no mes de setembro
1ª AVALIACIÓN - DECEMBRO
día 13– Xunta de Avaliación
día 20– Entrega das notas aos pais/titores(3)
día 21 – Entrega das notas aos nenos/as
2ª AVALIACIÓN - MARZO
día 20 - Xunta de Avaliación
día 29– Entrega das notas aos pais/titores
día 30 – Entrega das notas aos nenos/as
3ª AVALIACIÓN - XUÑO
día 12 – Xunta de Avaliación
día 22 – Entrega das notas aos pais/titores e nenos
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
- Probas escritas e orais que determinan o nivel de competen-
cia na expresión oral e escrita.
- Traballo diario de aula e máis na casa.
- Pulcritude na presentación de cadernos, traballos…
- Actitude cara as materias, mestres/as e compañeiros/as.
3 A entrega de notas farase sempre ao remate da última clase do día sinalado.
ORGANIZACIÓN: CALENDARIO DE AVALIACIÓNS
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
35
A finalidade destas normas é contribuír a crear un ambiente adecuado en
tódolos espazos que integran a vida diaria do centro, en el debemos incluír
dende o momento de espera polo autobús na propia parada como no traxec-
to até o colexio, no patio do centro e no comedor, etc., que axude e favoreza
o acadar unha educación integral.
Sinalamos os seguintes puntos que debe coñecer todo o alumnado:
- A ASISTENCIA: é un medio importante que favorece o aproveitamento escolar
dos alumnos. Polo tanto toda ausencia debe ser xustificada por escrito.
- O RESPECTO aos demais e ao Centro escolar; como alumno/a deberás:
Coidar o mobiliario e as instalacións así como usar as papeleiras
Ser ordenado cos libros, mesas e obxectos persoais
Non permanezas nas aulas unha vez rematadas as clases
Entra en orde no comedor e nas aulas, falando sempre en ton moderado
No autocar respecta e obedece ao condutor e á persoa que os acom-
paña, cumprindo as súas indicacións. Son os representantes do cole igual
que os profesores/as.
No trato e no modo de dirixirte aos demais, sé educado/a e coida o VO-
CABULARIO, e nunca esquezas dicir GRAZAS e POR FAVOR.
A falta de respecto aos/ás compañeiros/as, profesores/as e persoal non
docente, será considerado FALTA GRAVE
As lambetadas son para a fin de semana.
Deixa os aseos limpos para que outro/a os poida empregar sen reparos
Coida do teu ASPECTO e do ASEO PERSOAL
Os corredores e as escaleiras, son lugares de paso; non debes permane-
cer neles. Evita en todo momento berros e carreiras, por respecto ao tra-
ballo que fan os demais.
INDUMENTARIA : o alumnado deberá asistir a clase coa roupa axeitada e de-
bidamente aseados ; nas clases de educación física o/a alumno/a non debe
esquecer o material deportivo para levar a cabo a actividade.
Queda prohibido usar aparellos multimedia no centro escolar (mp3 ou mp4,
móbiles, videoconsolas, etc.), co fin de favorecer a convivencia no centro, ao
tempo que o Colexio non se fará responsable da perda nin destes nin doutros
obxectos de valor. O non cumprimento desta regra supón FALTA GRAVE.
NORMAS DE CONVIVENCIA
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
36
No caso de calquera falta, informarase aos pais/titores para estudar xuntos o
castigo ou corrección oportuna. Se o/a neno/a incide na falta, será informado
o Consello Escolar.
ACTUACIÓNS FAMILIARES QUE INCIDEN FAVORABLEMENTE NO RENDEMENTO
DOS/AS ALUMNOS/AS
.Inculcando o sentido da responsabiliade
.Creando un clima familiar e motivador
.Concienciando os fillos de que o estudo esixe continuidade e esforzo
.Animándoos para que estuden todos os días
.Vixiando o seu traballo diario
.Valorando e salientando o esforzo e a dedicación dos seus fillos
.Controlando o tempo de televisión, xogos virtuais e Internet
.Inculcando o sentido da puntualidade
.Falando periodicamente co titor/a
.Mantendo cos fillos/as unha comunicación fluída
.Mostrándolles a preocupación da familia polo seu benestar e felicidade
A nova lei 4/2011 de convivencia recoñécelles aos alumnos dereitos e deberes
o mesmo que lle recoñece ás nais e pais ou titores legais unha serie de dereitos
pero tamén deberes que axudaran a coñecer, participar e apoiar as relacións
coa comunidade escolar.
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
37
EPÍLOGO
Cómo costa, a veces, atopar aquilo que buscamos, xorden preguntas que nos
poden orientar sen darnos conta que o temos mais cerca do que críamos.
A M. Trinidad comezou moi pronto esa busca transcendente, pouco a pouco
íase acercando, a súa mirada cravábase no Sagrario do seu pobo e alí...
“¡Que leda me sentía ao lado de Xesús,quería que todas as nenas viñeran co-
migo par que elas tamén participaran da miña felicidade...!”
Por ser fiel a esa chamada e loitar con todas as súas forzas foi capaz de che-
gar á Cima do seu Ideal e deixarnos impreso nas nosas almas e nas nosas vidas
o gran tesouro da Educación,moral e cristiá nos nosos nenos/as e mozos/as.
Saber discernir o camiño axeitado desde os primeiros anos, facer dos educan-
dos persoas comprometidas ( educadas) en valores para ser fermento que de
froitos na nosa sociedade. Persoas libres que saiban dar resposta coa súa pa-
labra e coa súa vida.
Sor Angustias
PPRROOGGRRAAMMAACCIIÓÓNN XXEERRAALL 22001111//22001122
38