Post on 14-Jun-2020
transcript
1
Cambiode sentido
Nome
Este manual pertence a
Autoescola
Enderezo
Localidade
Tel.
Provincia
C.P.
2
Cambiode sentido
pax. 41Por que isto e Interesante para ti?
Mira o que lles pasou a mozos/as coma ti
pax. 62
Edita: Consellería de SanidadeServizo Galego de SaúdeSubdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencias
COORDINACIÓN
Cid González, AuroraMorán Iglesias, Jesús
AUTORES
González Martínez, PatriciaIsorna Folgar, ManuelPlatas Domínguez, Lydia
Deseño e realización:Krissola diseño, S.L
D.L.:
INDICE
3
OUTRAS DR G SDrogas e outras substancias
3
5Normativa
pax. 44
pax.30
pax.24
pax.14
pax.13
Para calcular a cantidade de alcohol que consomes
Velocidade de eliminacion
Calorias
Accidentes
Risco ao mesturar alcohol con outras drogas
Como afecta a conducion o abuso das principais drogas?
MEDIC MENT S
Risco ao mesturar medicacions con alcohol
Medicamentos e conducion
4Que facer se un amigo/a •acostuma beber en exceso?
Recomendacions•
Estratexias para afrontar •a presion de grupo
pax. 36
Vexamos se tes a capacidade para resistir a presion ...
1
O alcohol é o protagonista de máis da metade dos accidentes de tráfico e a primeira causa de morte de mozos entre os 18 e 24 anos.
O alcohol non é o único factor de risco nos accidentes de tráfico. Acabar de obter o per-miso de circulación aumenta o risco de sufrir un accidente de tráfico ata dez veces máis que se tes experiencia; e isto débese á falta de práctica e a sobrevalorar as propias habilidades.
Unha de cada catro mortes
relacionadas cos acci-
dentes de tráfico dáse
en menores de 25 anos.De cada tres mozos mortos en
accidentes de tráfico en que
intervén o alcohol, dous eran
acompañantes.
Alguns datos que che interesan
Non só aumenta o risco de accidentes
de tráfico, senón que contribúe a que
a gravidade das lesións sexa maior.
Por que isto e Interesante para ti?
Alguns datos que che interesan
Así mesmo, conducir baixo os
efectos doutras drogas multiplica
os riscos de sufrir accidentes
6
Mira o que lles pasou a mozos/as coma ti
2
7
8
9
10
A que che soa
Cres que a ti tamen che pode pasar?
Mozos
,
Alco
hol,
Accid
ente
s,
Noite,
Traf
ico,
Morto
s,
Cond
ucion
,
Fin de
seman
a,
Ferid
os,
Risc
o
...?
11
•
POR CERTO,
cantos accidentes pensas ter nos primeiros cinco anos de carne?, e graves?
Mozos
,
Alco
hol,
Accid
ente
s,
Noite,
Traf
ico,
Morto
s,
Cond
ucion
,
Fin de
seman
a,
Ferid
os,
Risc
o
Todas as persoas somos, en principio, diferentes, aínda que a maioría de nós compartimos, en relación con determinados temas, o que se chama A ILUSIÓN DE INVULNERABILIDADE, que é a sensación que posúe un suxeito ou conxunto de suxeitos que se cre menos vulnerable con respecto aos demais a padecer unha determinada enfermidade, accidente de tráfico, depre-sión, SIDA...
os accidentados sempre son os outrosA evidencia amosa que a xente que se cre invulnerable a algo (no noso caso, aos accidentes de tráfico) é menos probable que se implique en condutas preventivas que aquela que se sente vulnerable. A XENTE COA ILUSIÓN DE INVULNERABILIDADE TEN MÁIS CONDUTAS TEMERARIAS. Exemplos:
Non poñer o casco• Non poñer o cinto• Non respectar os límites de velocidade• Conducir vehículos sen ITV• E, por suposto, conducir baixo os efectos do alcohol, haxix, cocaína...•
12
3
13
14
Na nosa cultura, tomar bebidas con alcohol é tan habitual que, a miúdo, esquecemos que as sensacións que produce se deben a que é unha droga que afecta o sistema nervioso.
O alcohol (etanol) é unha droga depresora do sistema nervioso central que, incluso en pequenas doses, diminúe a axilidade mental e a coordinación motora.
Bebidas fermentadas: a
fermentación é un proceso
natural mediante o cal unha
froita ou un gran (uva,
mazá, cebada, etc.) se
converte en bebida alcohólica.
Este proceso precisa dunhas deter-
minadas condicións que transfor-
man o azucre da froita nunha serie
de substancias, entre elas o alcohol
etílico ou etanol. A graduación non
pasa dos 16 graos. Son bebidas
fermentadas a cervexa, a sidra, o
viño, etc.
Bebidas destiladas: obté-
ñense por un proceso artificial
destilando unha bebida
fermentada. Este procede-
mento consiste en separar,
por medio de calor, unha
substancia volátil (alcohol) doutras máis
fixas, arrefriando logo o vapor para redu-
cilo novamente a líquido. Desta maneira,
pódese aumentar a concentración de
alcohol puro. A graduación pode chegar
aos 56 graos. Entre estas bebidas están
o whisky, o ron, a augardente, etc.
O alcohol absórbese no estómago e no
intestino, pasando ao sangue, que o
distribúe por todo o organismo dando
lugar a uns efectos relacionados co
nivel de alcoholemia. Elimínase de
forma lenta e constante polo fígado
(90%), os ouriños, a sudoración e
a respiración (10%).Inxerido alcanza as MAIORES
CONCENTRACIÓNS EN
SANGUE entre os 30 e os
90 minutos desde que se
toma.
As bebidas que conteñen alcohol son de dous tipos:
Se bebes, seria interesante que coneceses...
15
O alcohol pódese adulterar de moitas
formas; unha delas é con alcohol metílico
(metanol), que pode dar unha intoxicación
grave, mesmo mortal. Por iso non se
deben mercar bebidas alcohólicas na
rúa nin en postos ambulantes sen
garantías.
O alcohol absórbese no estómago e no
intestino, pasando ao sangue, que o
distribúe por todo o organismo dando
lugar a uns efectos relacionados co
nivel de alcoholemia. Elimínase de
forma lenta e constante polo fígado
(90%), os ouriños, a sudoración e
a respiración (10%).Inxerido alcanza as MAIORES
CONCENTRACIÓNS EN
SANGUE entre os 30 e os
90 minutos desde que se
toma.
Se bebes, seria interesante que coneceses...
16
Para calcular a cantidade de alcohol que consomes, ímolo pasar a unidades.
Efectos do alcohol
en funcion da cantidade e da graduacion da bebida.
Para saber a cantidade de alcohol puro dunha bebida podes utilizar a fórmula seguinte:
Recorda: se bebes alcohol non inxiras máis de 3 unidades ao día (30 gramos) se es home e de 2 unidades ao día (20 gramos) se es muller.
g alcohol =capacidade en ml x Gº alcohol
x 0,8100
g alcohol =500 x 12
x 0,8 = 48 g alcohol puro100
Exemplo: en media botella de viño de 1 litro de 12º, cantos gramos de alcohol puro hai?
USO DO ALCOHOL ABUSO DO ALCOHOL
Homes ata 30 g/día 40-45 g/día
ata 168 g/semana 280-290 g/semana
Mulleres ata 20 g/día ata 25 g/día
ata 112 g/semana 168-175 g/semana
10 g de alcohol
Unha cana cervexa
Un litro cervexa
Un cuba-libre
Unha copa licor
1 1/2 3 2unidade unidade unidade unidade
1 unidade = 10 g de alcohol
17
Se despois dun mes ou dous segues a beber tanto como antes, pensa que podes ter un problema.
Calcula agora o nivel de alcoholemia que tiñas o sábado pasado segundo a cantida-de de alcohol que inxeriches:(se non bebes, calcula o nivel de alcoholemia dun mozo de 20 anos que bebeu 3 cubatas e dúas cervexas):
Bebida inxerida Unidades de alcohol
Total unidades inxeridas
Leva o diario para controlar os teus hábitos de bebida durante dúas semanas, polo menos.
Diario de unidades
1 unidade = ou ou Semana unidades TotalLuns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Sábado
Domingo
Total semanal
Anota: os días que non bebiches . As unidades que tomaches os días que bebiches
BEBIDA HOMES MULLERES
TIPO nº d
e vas
os
60 kg
70 kg
80 kg
50 kg
60 kg
70 kg
Cerveza lata 33 cl
1 0,4 0,3 0,2 0,5 0,5 0,4
2 0,7 0,6 0,5 1,0 0,8 0,7
3 1.0 0,8 0,7 1,5 1,2 1,1
Vino Cava 100 ml
1 0,3 0,2 0,2 0,4 0,3 0,2
2 0,5 0,4 0,4 0,7 0,6 0,5
3 0,7 0,6 0,6 1,1 0,9 0,8
Aperitivos 70 ml
1 0,3 0,2 0,2 0,4 0,3 0,2
2 0,5 0,4 0,4 0,7 0,6 0,5
3 0,7 0,6 0,6 1,0 0,8 0,7
Licores 45 ml
1 0,2 0,2 0,1 0,3 0,2 0,2
2 0,5 0,4 0,3 0,6 0,5 0,4
3 0,6 0,5 0,4 0,9 0,8 0,7
Brandy 45 ml
1 0,3 0,3 0,2 0,5 0,4 0,4
2 0,7 0,6 0,5 1,0 0,8 0,7
3 1,0 0,9 0,8 1,5 1,3 1,1
Combinados 70 ml
1 0,5 0,4 0,4 0,8 0,6 0,5
2 1,0 0,9 0,8 1,5 1,3 1,1
3 1,6 1,3 1,2 2,3 1,9 1,7
< 0,3 g/l Poden poñerse ao volante todos os condutores0,31 a 0,5 g/l Todos os condutores menos os noveis e profesionais> 0,5 g/l Ningún condutor pode poñerse ao volante
18
231
Lembra: o alcohol elimínase a unha velocidade de 7-8 gramos de alcohol por hora (para unha persoa de 70 kg), polo cal, o alcohol dun botello de
cervexa tarda algo máis dunha hora en eliminarse. Non existe ningún método eficaz para acelerar ou modificar o tempo deste proceso
Velocidade de
eliminacion
Peso: HOME de 75 kg
Cana de cervexa 1 h 2 h 3 hLata de cervexa 1 h 30´ 3 h 4 h 30´Vaso de viño 1 h 2 h 3 hCalimocho 1 h 2 h 3 hCopa licor/cubata 1 h 4 h 6 hChopiño licor froitas 1 h 2 h 3 hBotella licor 24 h 48 h 72 h
HOMES
Peso: MULLERES de 60 kg
Cana de cervexa 1 h 15´ 2 h 30´ 3 h 45´Lata de cervexa 1 h 50´ 3 h 40´ 5 h 30´Vaso de viño 1 h 15´ 2 h 30´ 3 h 45´Calimocho 1 h 15´ 2 h 30´ 3 h 45´Copa licor/cubata 2 h 30´ 5 h 7 h 30´Chopiño licor froitas 1 h 15´ 2 h 30´ 3 h 45´Botella licor 30 h 60 h 90 h
MULLERES
19
Ademais, o alcohol ten calorías. Imos coñecer que can-tidade de calorías levan as bebidas máis consumidas:
BEBIDA CANTIDADE CALORÍASCana de cervexa 250 100Lata de cervexa 330 132Vaso de viño 125 97Calimocho 250* + 60 146Copa de licor 60 140Cubata 250* + 60 240Chopiño licor froitas 60 230Botella licor 700 1.650* cantidade de refresco (Coca-Cola, Kas, etc.)
As calorías diarias recomendadas son 2.000.
Calcula agora cantas calorías inxeriches a pasada semana por mor do alcohol.
Bebida inxerida Calorías
Total calorías inxeridas
ml
Calorias
1 g alcohol = 7kcal
20
Non existe unha única solución para reducir os accidentes en que vos vedes implicados os mozos e mozas. En moitos casos non son causa dunha falta de coñecemento das leis e nor-mativas de tráfico ou dunha falta de habilidades básicas para manexar o vehículo. A cuestión é máis complexa e o problema parece estar máis en función das características evolutivas da mocidade, tales como:
• A propensión a asumir riscos.• A percepción de invulnerabilidade persoal.
• A susceptibilidade ante a presión de grupo.• A tendencia a construír un mito persoal (as experiencias positivas ou negativas son
únicas e, en certo sentido, incomprensibles ou incomunicables para os adultos).• A fabulación sobre unha potencial audiencia imaxinativa (a mocidade pode realizar de-
terminadas accións de marcado carácter exhibicionista pensando na admiración que poida xerar entre os seus iguais).• A experiencia moi limitada na condución.• As actitudes arriscadas en canto ao consumo de drogas no marco da movida nocturna.
• A distorsión na percepción do risco en relación con diversos temas relacionados co tráfico.
• A vida nocturna implica des-prazamentos en vehículo
propio (38%) ou dos amigos (51,5%).• A mobilidade de locais e zonas é moi alta; o
30% dos mozos afirma percorrer longas distancias
nas súas saídas.• O 51% dos mozos recoñece
ter conducido nalgún momento baixo os efectos do alcohol e
outras drogas.
Accidentes
21
Aquí non hai sumas que vallan.A medida que aumenta a taxa de alcoholemia, o risco de accidente multiplícase.
Concentración de alcohol no sangue Efectos O risco de accidente
multiplícase
0,15-0,3Diminución de reflexos. • Dificultade para manter a condución rectilínea.• Falsa apreciación das distancias.•
x 1,5Inicio risco
0,3-0,5 Perturbación dos movementos. • Subestimación da velocidade.•
x 2Risco
0,5-0,8Ralentización da capacidade de reacción.• Alteración dos reflexos.• Diminución da percepción do risco.• Euforia.•
x 5Alarma
0,8-1,5
Perturbación xeral do comportamento.• Estado de embriaguez importante.• Problemas serios de coordinación.• Diminución notable da percepción do risco.• Falta de control de movementos.• Perda de visión.•
x 9Condución perigosa
1,5-3,0
Embriaguez notoria acompañada de confusión • e efectos narcóticos.Axitación psicomotriz.• Vista dobre.• Actitude titubeante e nada segura.•
x 20Condución altamente
perigosa
Maior de 3,0
Pode desembocar nun coma.• Progresiva inconsciencia.• Desaparición de reflexos, parálise, hipotermia.•
x 40Condución imposible
Mira quen te leva...
De cada 3 mozos/as mortos en accidentes por influencia do alcohol 2 eran acompañantes
22
Risco ao
mesturar
alcohol con
outras drogas
+
23
+
Cannabis As doses altas de ambas as dúas poden producir: vómitos, • mareos, boca seca e ideación paranoide. É a peor combinación para conducir ou realizar calquera • actividade complexa.
AnfetaminasSpeed
Diminución da sensación dos efectos do alcohol e aumento • dos efectos adversos, cunha resaca terrible. Perda de inhibicións e aumento da agresividade. • Risco de relacións sexuais non preventivas.•
Extase Aumento do risco de deshidratación. • Maior risco de ataques de pánico e acaloramento. • O baixón é máis intenso. • O alcohol está relacionado coas últimas mortes por éxtase.•
Cocaina Contrarréstanse os efectos, polo cal existe unha ansia por • consumir máis (aumento dos riscos). Aceleración intensa do corazón e risco de hemorraxia • cerebral.
BarbituricosTranquilizantes
Risco de sinerxía ou potenciación dos efectos depresivos • (ralentización do sistema cardíaco e depresión respiratoria, perda de coñecemento e risco serio de morte).
Heroina Potenciación dos efectos depresores. • Ralentización da respiración, do ritmo cardíaco e risco serio • de morte.
24
OUTRAS
25
DR G S
26
Drogas e outras
substancias
Droga Observacións Síntomas de intoxicación Síntomas de abstinencia
Cafeína. Intranquilidade, nerviosismo, • excitación.Insomnio.• Molestias gastrointestinais.• Contraccións musculares.• Arritmia cardíaca.• Axitación psicomotriz.•
Irritabilidade.• Dor de cabeza.• Letargo.•
Cannabis(cannabinoides)Grifa, haxix (herba)aceite, marihuana(chocolate).
Modo de administración: fumado.
Taquicardia.• Euforia; ás veces apatía.• Intensificación subxectiva das • percepcións.Irritación conxuntival.•
Irritabilidade, inquie-• tude.Nerviosismo.• Insomnio.• Tremores.•
27
Droga Observacións Síntomas de intoxicación Síntomas de abstinencia
Fenciciclidina“po de anxo”.
Modo de administración:fumada, inhalada,inxectada, oral.
Modificación dos movementos • oculares.Aumento da presión arterial e da • frecuencia cardíaca.Trastornos de coordinación e de • equilibrio.Euforia, ansiedade e axitación • psicomotriz.Modificacións perceptivas.•
Tremores.• Temor.•
AlucinóxenosLSD; naturais(psilocibina emescalina) esintéticos (STP, MDA).
Modo de administración:inxectado, oral.
Alteracións perceptivas: Intensi-• ficación subxectiva, cambio de sensacións e irrealidade.Dilatación das pupilas, visión • borrosa.Taquicardias e palpitacións.• Tremores e incoordinación.•
Barbitúricos,sedantes ehipnóticos.
Modo de administración:oral, inxectado.
Inestabilidade emocional.• Agresividade e irritabilidade.• Alteracións na coordinación e no • equilibrio.Deterioración da atención e da • memoria.
Náuseas e vómitos.• Malestar ou cansazo.• Taquicardia, sudoración • e elevación da tensión arterial.Ansiedade, tremores.• Estado de ánimo depri-• mido ou irritabilidade.
Opiáceos;exemplo: morfina,codeína,heroína,metadona,pentazocina.
Uso farmacolóxico:como analxésico eno tratamento da tose.Modo de administración:nasal (inhalado),inxectado, oral.
Euforia e outros cambios do estado • de ánimo (por exemplo, apatía).Atraso psicomotor.• Constrición da pupila (o cal pode • diminuír a agudeza visual).
Lagrimexo.• Dilatación pupilar.• Sudoración,• Diarrea, aumento da • tensión arterial.Febre.• Insomnio.•
Anfetamínicose similares.
Modo de administración:oral, inxectado.
Axitación psicomotriz.• Euforia, ideas de grandiosidade.• Taquicardia e aumento da presión • arterial.Calafríos, sudoración.• Náuseas e vómitos.• Dilatación pupilar.•
Estado de ánimo • depresivo.Fatiga.• Alteracións do sono.•
Cocaína.Como sulfato,clorhidrato,“crack”, etc.
Modo de administración:mascado (coqueo),tópico,inxectado,fumado.
Axitación psicomotriz,• Euforia, ideas de grandiosidade, • sensación de seguridade absoluta.Taquicardia e aumento da presión • arterial.Calafríos, sudoración.• Náuseas e vómitos.• Dilatación pupilar.•
Somnolencia.• Depresión.• Cambios do estado de • ánimo.
28
Non poderán circular polas vías os condutores que inxerisen ou incorporasen ao seu organismo drogas tóxicas ou estupefacientes, ou se atopen baixo os efectos de medicamentos ou doutras substancias que alteren o estado físico ou mental apropiado para facelo sen perigo.
Como afecta
a conducion
o abuso das
principais drogas?
29
Baixo os efectos do éxtase (MDMA)Pódense sufrir ilusións ópticas • (por exemplo flashes na periferia do campo visual) que poden levar a realizar manobras evasivas perigosas.Pódense experimentar períodos de maior • sensibilidade á luz (e, polo tanto, unha maior tendencia aos cegamentos ou episodios de visión borrosa).É máis difícil manter a concentración no tráfico, • o que pode levarnos a sufrir un accidente por distracción.Pódense sufrir episodios de depresión ou ansie-• dade moi perigosos durante a condución.Unha vez que desaparecen os síntomas, • pódese pasar por un período de esgotamento físico e mental.Podemos experimentar flash-backs ao volante, • que son episodios en que se reviven os efectos da droga varias horas despois de que esta deixase de producilos.
Baixo os efectos das anfetaminas
• Podemos comportarnos dunha forma impaciente ou impulsiva, polo
que é máis probable cometer erros ao volante.
Baixo os efectos do LSDExperiméntanse fortes distorsións na percep-• ción, mesmo verdadeiras alucinacións, o que fará que o comportamento ao volante sexa inadecuado e incomprensible para os demais usuarios da vía.Pódense sufrir alteracións emocionais, chegan-• do incluso a reaccionar dunha forma agresiva ante os eventos do tráfico. Tampouco é raro que apareza ansiedade ou mesmo pánico durante a condución.As alteracións experimentadas poden chegar a • prolongarse ata unhas 10-12 horas, polo que a capacidade para conducir non será a axeitada durante un longo período de tempo.Pódense producir flash-backs ao volante, que, • como definimos anteriormente, son períodos en que volven aparecer por sorpresa os efectos da droga algún tempo despois de que estes desaparecesen.
Baixo os efectos do cannabisAltérase a percepción do contorno do tráfico • (por exemplo, a visión das cores).Altérase a percepción do tempo e do espazo, • polo que se calculan peor as distancias.É máis difícil manter a concentración, polo que • hai unha maior probabilidade de sufrir unha distracción ao volante.Aumenta o tempo de reacción, • polo que se percorren máis metros antes de poder deter o vehículo ante unha emerxencia.Pódese experimentar • unha forte somnolencia ao volante.
Baixo os efectos da cocaína• O noso comportamento pode volverse máis
competitivo ou mesmo agresivo cos demais condutores.
• O noso comportamento pode volverse impulsivo e adoitan cometerse graves erros ao volante.
• Sobrevalóranse as propias capacidades ao volante e tolérase un maior nivel de risco.
• Cométense máis infraccións de tráfico e a condu-ción vólvese máis perigosa.
• Pódese alterar a percepción do contorno de tráfico.
• A capacidade para manter a concen-tración diminúe, polo que é máis
fácil sufrir unha distracción.• Se ademais se consome
alcohol, o risco de accidente é incluso maior que con calquera destas substancias por separado.
30
Conducir un vehículo ou camiñar poden verse afectados por un consumo non responsable de medicamentos.
O consumo continuo ou eventual de medicamentos mellora a calidade de vida sempre que se realice baixo control médico ou farmacéutico.
Non tomes medica-mentos por decisión
propia. Consulta sempre o teu médico
ou farmacéutico.
Toma a dose que che
indique o teu médico.
Non todas as persoas
necesitan a mesma
dose. Recorda que inxerir máis dun medica-
mento pode facilitar a aparición de efectos
adversos.
A inxestion descontrolada de medicamentos pode producir efectos adversos na tua seguridade viaria.
31
Ten precaución ao comezar un
tratamento ou ao cambiar de dose.
Le sempre o prospecto. Ante calquera
síntoma ou anomalía, consulta o teu
médico ou farmacéutico.
MEDIC MENT S
32
Os fármacos son substancias que, usadas de forma correcta, permiten o control e a curación de gran cantidade de procesos patolóxicos.
Non obstante, a pesar de que son ben coñecidos os seus aspectos positivos, non debemos esquecer que a maioría dos fárma-cos son substancias estrañas ao organismo humano e que, como tales, en ocasións poden producir efectos tóxicos.
Por outra parte, a condución de vehículos e, en xeral, a manipulación de maquinaria é un feito complexo en que interveñen factores tan diversos como as propias condicións psicofísicas do condutor, as características do vehículo, etc. As circunstancias psicofísicas do individuo representan un papel primordial
na capacidade de condución e na aparición dos accidentes de tráfico. Son múltiples os aspectos que poden influír nesas aptitudes, sendo os fármacos un destes factores.
Os fármacos afectan de forma similar todos os individuos, aínda que potencialmente son máis perigosos entre os condutores profe-sionais ou habituais, xa que estes conducen durante máis horas.
Existen grandes grupos de fármacos e cada un deles ten distintos efectos sobre a condu-ción. Os efectos máis importantes que poden producir son os seguintes: fatiga, somnolen-cia, visión borrosa, diminución da atención e concentración, alteracións das capacidades auditiva e visual, reflexos lentos, reaccións tardías, mareos, lipotimias, etc.
Medicamentos
e conducion
33
Se estás a tratamento So
no
Eufo
ria
Mare
o
Hipo
tens
ión
Visió
n bor
rosa
Outro
s ef
ecto
s
As doresAnalxésicos•
Analxésicos • narcóticos*
Durmir e para os nervios
Ansiolíticos e • hipnóticos•
Alteracións da • coordinación
Antidepresivos•• Fatiga•
Antipsicóticos•• Discinesia•
Psicoestimulantes• Nerviosismo• Tremor•
A diabete Antidiabéticos• Hipoglicemia•
Os arrefriados, a tose e os bronquios
Antitusíxenos•
Antihistamínicos*• Ansiedade• Insomnio•
Antiinfecciosos•
A circulación Anticoagulantes e • antiagregantes
A circulación e a tensión
Vasodilatadores e • antihipertensivos
Outros
Anticolinérxicos• Confusión•
Anticonvulsivantes•• Ataxia•
Antiparkinsonianos•• Confusión• Redución de • reflexos
...Sobre a seguridade viariaEfectos da medicacion
34
+LEMBRA QUE:
O alcohol potencia os efectos dunha • gran cantidade de fármacos.Non te automediques.• Le o prospecto dos medicamentos.•
Risco ao
mesturar
medicacions
con alcohol
35
Se estás a tratamento Ma
ior s
edac
ión
Efec
tos
inde
sexa
bles
Efec
tos m
oi
inde
sexa
bles
As doresAnalxésicos• Analxésicos • narcóticos*
Durmir e para os nervios
Ansiolíticos e • hipnóticos•Antidepresivos•• • Antipsicóticos•• • Psicoestimulantes•
A diabeteAntidiabéticos•
Clorpropa-• mina
Os arrefriados, a tose e os bronquios
Antitusíxenos•
Antihistamínicos*•
Antiinfecciosos• Algúns•
A circulación Anticoagulantes e • antiagregantes
A circulación e a tensión
Vasodilatadores e • antihipertensivos
Outros
Anticolinérxicos•
Anticonvulsivantes••
Antiparkinsonianos••
...E con alcohol
GLOSARIOAtaxia e alteracións da coordinación: incapacidade do sistema nervioso de coordinar movementos musculares para conducir ou camiñar.
Autoprescrición: consumir medi-camentos sen prescrición médica e sen consello farmacéutico.
Discinesia: incoordinación de movementos voluntarios ou aparición de movementos involuntarios por efecto dunha enfermidade ou consumo dun medicamento.
Diminución dos reflexos e da atención: lentitude na resposta do corpo ás necesidades da condución ou da vía.
Efecto da idade: redución ou aumento descontrolado da efi-cacia dos medicamentos debido á idade. Aparición de efectos prexudiciais polo consumo de varios medicamentos. As doses deben ser adaptadas á idade do paciente.
Efectos anticolinérxicos: se-quidade de boca, visión borrosa e delirio.
Hipoglicemia: descenso da glicosa en sangue que orixina mareo, suor, tremor, dor de cabeza, visión dobre e que pode desencadear convulsións e perda de conciencia.
Interacción de medicamentos: alteración dos efectos dun fár-maco pola administración doutro, por alimentos ou por alcohol.
Mareo e vertixes: sensación de inestabilidade e movemento do corpo ou dos obxectos que nos rodean.
Polifarmacia: inxestión de varios medicamentos á vez, o que incrementa a posibilidade de efectos indesexables.
Sedación: redución da capaci-dade de atención e resposta do organismo.
Tremor: movementos involun-tarios alternantes que afectan calquera parte do corpo, dificul-tando a condución ou a marcha.
Visión borrosa: incapacidade para enfocar imaxes na nosa retina.
* Nalgúns desaconséllase a condución durante o tratamento.• Nalgúns desaconséllase a condución ao comezo do tratamento ou tras o cambio de dose.
Efectos da medicacion
36
4
Vexamos se tes a capacidade para resistir a presion...
37
...para que este sabado
non se converta no derradeiro
38
razons para beber“axuda a ligar…”“axuda a vencer a timidez e dá confianza…”
“todo o mundo bebe…”“esquéceste dos problemas…”
“sénteste máis animado…”
Cando se lle pregunta á mocidade polas
adoitan responder o seguinte:
39
Se realmente tes inseguridade ou dificultades nas túas relacións cos demais, ten por seguro que o alcohol non vai “solucionar” esas dificultades (que, por outro lado, son moi normais), senón que ao día seguinte terás os mesmos problemas (e seguramente tamén dor de cabeza).
A adolescencia é desexo de independencia, rebeldía, identificación cos amigos/as e busca de novas sensacións. O patrón ou estilo de consumo de alcohol por unha parte da mocidade está centrado nas fins de semana, relacionado co ocio e co tempo de lecer e cun consumo máis compulsivo, buscando provocar a borracheira; ademais, é moi común entre a mocidade que o consumo de alcohol e outras drogas se faga en momentos grupais, nun ambiente compartido con outras persoas, onde o estilo do grupo marca moitas veces as decisións por encima das posturas persoais.
É moi importante que, se pensas beber, decidas tamén canto é o máximo que vas beber e te comprometas a cumprilo.
Recorda que...
• É importante que revises os teus propios motivos e razóns se decides beber, por enriba do que pensen ou fagan os demais.
• Non utilices o alcohol para afrontar “mellor” situacións difíciles.
40
Existen diferentes estratexias para intentar convencer ou persuadir a outro de algo que queremos. Unhas veces utilizámolas nós nas nosas relacións cos demais e outras veces sufrímolas por parte doutros. Entre as formas máis comúns de persuasión están as de retar, ridiculizar, ameazar, enganar, facer a pelota, insistir…
A que che soan estas frases?
É interesante que revises como é a túa forma de relacionarte co alcohol e as estratexias de presión que poidan estar funcionando no teu contorno. Moitas ve-ces utilízanse como argumentos chantaxes emocionais para así forzar a conduta doutra persoa. Sé crítico e rebélate se realmente non queres facer algo.
“A ver quen non é capaz de bebelo dun trago!” “Agora resulta que es un brando responsable que non bebe?”
“Se nos vas cortar o rollo e non vas beber, non volvemos quedar contigo; es un augafestas!”
“Pero se por tomares outra copa non che vai pasar nada, non vas dar positivo!”
“Pero co que molas, como non vas subir no coche porque bebín uns
tragos?” “Que si, que si, vamos pola última; non te botes
para atrás agora, unha máis!”
Reconeceste nalgunha destas actitudes?
41
Por sorte, tamén hai formas de enfrontarse a estas tácticas de presión e manterse con autonomía e criterio propio: repetir unha e outra vez o que queremos, sen irritarnos nin levantar a voz (táctica do disco raiado). Outra pode ser recoñecer parte dos motivos do outro, pero terminar dicindo a nosa intención. A forma de afrontar a presión de grupo ten moito que ver coa capacidade de recoñecer os nosos propios dereitos nas relacións interpersoais. Ten en conta que nas rela-cións cos demais e tamén en ámbitos de consumo de alcohol sempre tes dereito a:
Ter as túas pro-pias opinións e ideas
acerca do alcohol. Criticar e protestar por un
trato inxusto. Ignorar as presións dos demais.
Non xustificar a túa decisión de non beber ante os demais.
Irte só aínda que os demais insistan en que continúes.
Ademais, podes buscar alternativas para divertirte, como facer montañismo, ex-cursións, viaxes, deportes de aventura, tocar instrumentos musicais, escoitar música, ler, chatear, etc.; e, cando vas a festas ou discotecas, proba a cantidade de bebidas de sabores e moitísimas cores que hai sen alcohol.
Estratexias para afrontar a presion de grupo
tes dereito a dicir que NON E, sobre todo,
42
Que facer se un amigo/a acostuma beber en exceso ?
Evita rifarlle cando está intoxicado; non conseguirás nada, nin sequera escoitará e, en cambio, poderedes rematar enfadados para sempre.
Procura falar aberta e francamente sobre o tema, pero en privado.
Amósalle a túa preocupación pola súa saúde, sen sermóns nin ameazas.
Interésate polos motivos que ten para beber dese modo.
Escóitao atentamente e amósalle respecto, comprensión e apoio.
Trata de facelo reflexionar sobre o seu consumo e de enfrontalo aos problemas que lle ocasiona, propo-ñéndolle cambios saudables.Ofrécelle acompañalo ao médico
ou a un servizo de asesoramento para a mocidade sobre temas de drogas.
Non te responsabilices ti do que de-bería facer el ou ela para solucionar os seus problemas.Non aguantes eternamente,
ás veces cómpre poñer un ultimato.
Se é necesario actuar máis firmemente, ponte en contac-to cos seus familiares para que acudan a un especialista (despois de comunicarllo ao teu amigo/a).
43
Se vas conducir, non bebas alcohol. Pos en perigo a túa vida, a dos teus acompañantes, a doutros usuarios da vía.
Come pero nada salgado (darache máis sede). Bebe amodo e a grolos curtos. Non combines bebidas diferentes. Entre copa e copa bebe algo sen alcohol. Cando conduzas mantente alerta. A posibilidade dun encontro cunha persoa
que camiña ou conduce ebria é maior do que poidas supoñer. Usa o transporte público, ou un taxi; evitarache problemas. Non deixes conducir o teu amigo se bebeu. É un perigo para el, para os
acompañantes e para os usuarios da vía, sexan condutores ou peóns. Unha boa solución é establecer quendas cos amigos.
Non montes nun coche que vaia conducir alguén que bebeu. Se viaxas en coche, tenta que quen leve o coche sexa
alguén que conduza con prudencia.
Recomendacions
A nosa mensaxe é
Pasa do abuso do alcohol! pero...
Por favor, sigue estasse aínda así tes pensado tomar unhas copas de máis...
44
5
Normativa
45
LEI DE SEGURIDADE VIARIANo artigo 65 da lei tipifícase como infracción moi grave a condución de vehículos tras inxerir bebidas alcohólicas con taxas superiores ás establecidas e, en todo caso, a condución baixo os efectos de estupefacientes, psicotrópicos e calquera outra substancia de efectos análogos.
Tamén se tipifica como infracción moi grave incumprir a obriga que todos os condutores teñen de someterse ás probas de detección alcohólica.
Para estas infraccións moi graves a lei prevé a sanción de multa de 300 a 600 euros, impoñéndose ademais, en todo caso, a suspensión do permiso para conducir por un período de ata tres meses.
NO PERMISO POR PUNTOS O sistema de permiso para conducir por puntos fixa as seguintes perdas por este tipo de infraccións.
Conducir cunha taxa de alcohol superior á regula-mentariamente establecida:
Para taxas de máis de 0,50 mg/l de aire expirado para condutores en xeral ou máis de 0,30 mg/l para condutores profesionais e titulares de permisos de condución con menos de dous anos de antigüidade restaranse 6 puntos.
Para taxas superiores a 0,25 ata 0,50 (profesio-nais e titulares de permisos de condución con menos de dous anos de antigüidade máis de 0,15 ata 0,30 mg/l) restaranse 4 puntos.
Tamén se penaliza coa perda de 6 puntos o incumprimento da obriga de someterse ás probas de alcoholemia.
CÓDIGO PENAL O Código penal, no seu capítulo IV, en que se tipifican os delitos contra a seguridade del tráfico, recentemente reformado, establece as seguintes penas:
DELITO PENAS
ALCO
HOL
Taxas superiores a: - 0,60 mg/l en aire. - 1,2 g/l en sangue.
Prisión de tres a seis meses ou multa de seis a doce meses e traballos en beneficio da comunidade de 30 a 90 días, e privación do dereito a conducir entre un e catro anos.
Negativa a some-terse ás probas.
Prisión de seis meses a un ano e privación do dereito a conducir entre un e catro anos.
Taxas máximas de alcohol permitidas para conducir
CONDUTORES LÍMITE EN SANGUE*
LÍMITE EN AIRE EXPIRADO*
(1) Xeral 0,5 g/l 0,25 mg/l
(2) Profesionais 0,3 g/l 0,15 mg/l
(3) Noveis 0,3 g/l 0,15 mg/l
(1) Taxas máximas permitidas á poboación xeral de condutores. (2) Taxas máximas permitidas a condutores de vehículos destinados ao transporte de mercadorías cunha masa máxima autorizada superior a 3.500 kg, ao transporte de viaxeiros de máis de 9 prazas, ou de servizo público, ao escolar ou de menores, ao de mercadorías perigosas, servizos de urxencia e transportes especiais. (3) Taxas máximas aplicables a calquera condutor duran-te os 2 anos seguintes á obtención do permiso ou licenza que habilita para conducir.(*) As taxas obtidas por análises de sangue ou por aire expirado son equivalentes; tan só existe diferenza na obtención da mostra analizada.
Outra consecuencia é que, se tes un accidente cunha taxa de alcoholemia superior á permitida, as compañías aseguradoras do vehículo poden non facerse cargo dos danos ocasionados.
46
Cambiode sentido
47
Cambiode sentido
48
Cambiode sentido