Da Prehistoria á Idade Media

Post on 08-Jul-2015

275 views 5 download

transcript

Hai1.000.000

de anos 1000a. C.

409d. C.

1492

Da Prehistoria á Idade Media

A Prehistoria

A Prehistoria divídese en tres partes: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.

PALEOLÍTICO IDADE DOSMETAISNEOLÍTICO

O Paleolítico

Os primeiros seres humanos eran nómades e organizábanse en tribos. Utilizaban

ferramentas fabricadas con pedra e ósos.

O Neolítico

Os seres humanos comezaban a cultivar plantas e a domesticar animais. Construían as primeiras aldeas ou poboados e convertíanse en sedentarios. Fabricaban ferramentas de pedra puída, tecidos e vasillas de cerámica.

Produciuse a especialización do traballo.

A Idade dos Metais

Os homes e mulleres aprenderon a fabricar obxectos de metal: primeiro de cobre, máis tarde de bronce e finalmente, de ferro. Os

habitantes das cidades elixiron un xefe. Nesta etapa inventáronse a roda a vela e o arado.

Os primeiros artistas

Os primeiros artistas xurdiron no paleolítico. Neste período realizaban pinturas rupestres. No Neolítico representaban escenas da vida

cotiá. Na Idade dos Metais construíron monumentos megalíticos.

Os celtas e os iberos

Hai uns 3.000 anos, a Península estaba habitada por dous grupos de pobos: os celtas

e os iberos.

Os celtas

Os pobos celtas habitaban as terras da meseta e da costa atlántica da Península. Dedicábanse principalmente á gandaría e

eran especialistas na fabricación de obxectos de metal.

Os iberos

Os pobos iberos vivían na costa mediterránea, eran grandes comerciantes e utilizaban unha moeda propia para comprar e

vender. Os iberos coñecían a escritura.

Tartessos e os pobos conolizadores

Nesta época, existía no val do Guadalquivir un reino chamado Tartessos. O seu territorio

era moi rico en metais, como o ouro, a prata e o cobre.

Fenicios

Cara o século VII a.C., as riquezas de Tartessos atraeron os fencios, grandes comerciantes que chegaron desde Asia.

Gregos

Máis tarde cara o século VI a.C. chegaron os gregos á costa de Cataluña.

Cartaxineses

Despois, cara o século II a.C., viñeron desde o norte de África os cartaxineses e

establecéronse nas illas Baleares e no leste da Península.

Hispania romana

No ano 218 a.C., os romanos desembarcaron en Emporion e venceron e expulsaron aos

cartaxineses. Despois, conquistaron o resto da Península.

Hispania romana

As leis romanas implantáronse en todo o territorio e o latín substituíu ás linguas que se falaban na Península. Só sobreviviu unha

lingua prerromana: o éuscaro.

Hispania romana

No ano 380, o cristianismo converteuse na relixión oficial de todo o Imperio Romano.

Hispania romana

A sociedade organizouse en homes libres e escravos.

A arte romana

Os romanos eran grandes construtores e realizaron numerosos edificios e obras

públicas nas cidades.

Arte romana

Construíron templos, basílicas, anfiteatros, teatros, circos e termas. Tamén realizaron

acueductos, calzadas e pontes.

A Idade Media

No século V, os visigodos invadiron Hispania e formaron un reino con capital en Toledo.

Tres séculos despois, os musulmáns conquistaron o reino visigodo e crearon Al-

Ándalus.

A conquista musulmá

No ano 711, un exército de musulmáns venceu os visigodos e conquistou gran parte da

Península e as Illas Baleares. Chamáronlle a este territorio Al-Ándalus e estableceron a

súa capital en Córdoba.

A conquista musulmá

Neste tempo fundouse o reino Ástur do que máis tarde xurdiron o Reino de León e o reino

de Castela. Tamén se fundou o reino de Navarra, os Condados Cataláns e o reino de

Aragón.

O avance dos reinos cristiáns

En 1031, Al-Ándalus dividiuse en reinos de taifas e o cristianismo extendeuse. Chegaron desde África os almorábides e os almohades.

O avance dos reinos cristiáns

En 1137, formouse a Coroa de Aragón. O reino de Portugal independizouse do reino de León. En 1230, formouse a Coroa de Castela.

O final de Al-Ándalus

En 1212, Al-Ándalus quedou reducida ao territorio do reino nazarí de Granada. En

1492, os Reis Católicos, conquistaron o reino de Granada.

A sociedade e o arte

En Al-Ándalus convivían musulmáns, cristiáns e xudeus.

A sociedade e a arte

Nos reinos cristiáns a sociedade organizouse en privilexiados e non privilexiados.

A sociedade e o arte

Na Idade Media construíronse grandes edificios en dous estilos: románico e gótico.

FIN

Sandra Noya