Post on 09-Dec-2018
transcript
XXXII REUNIÓN DE ESTUDOS REGIONALES
DESARROLLO DE REGIONES Y EUROREGIONES. EL DESAFÍO DEL CAMBIO RURAL
DESIGUALDADE E DESENVOLVEMENTO NOS PAÍSES DA UE(15).
Análise empírica baseada no ECHP (1994-01)1
Angela Troitiño Cobas Dpto Economía Cuantitativa
Universidade de Santiago de Compostela e-mail: ectroiti@usc.es
RESUME
O obxectivo principal deste artigo é o de analizar a evolución da desigualdade na distribución persoal da renda nos países da UE(15) así como aproximarnos á relación que puidera existir entre nivel de desigualdade e nivel de renda no ámbito espacial e temporal que nos permite a base de datos manexada (ECHP, 1994-01). A variable sobre a que traballamos e concluímos resultados é a renda dispoñible equivalente dos fogares en paridades. Realizamos unha primeira aproximación calculando as porcentaxes de poboación por intervalos definidos sobre a renda media europea. Completamos dita análise calculando algúns dos índices de desigualdade de mellores propiedades (Gini, Atkinson 1 e Theil 0). Achegámonos á relación entre desigualdade e desenvolvemento tentando identificar o tipo e a intensidade da asociación, así como tratando de ver até que punto os datos apoian a hipótese de Kuznets.
Observamos a existencia dunha relación negativa entre desigualdade e nivel de renda, tanto no conxunto da UE15 como nalgúns dos seus países membros. En termos xerais, os países do sur de Europa (menos desenvolvidos) amósanse como os máis desigualitarios. Non obstante, os máis desenvolvidos (aproximando o desenvolvemento polo nivel de renda media) non sempre resultan ser os menos desigualitarios, feito que evidencia a necesidade de estender a análise a outras variables (desenvolvemento do estado do benestar, modelo de crecemento económico, etc) que con toda seguridade están a xogar un papel relevante.
Palabras clave: cuantificación da desigualdade, desigualdade-desenvolvemento, aplicación empírica, países UE(15).
1 Traballo nado dentro do proxecto de investigación “Desigualdades interrexionais e intra-rexionais en España: o papel da diversidade estrutural e institucional na evolución das disparidades rexionais” coa financiación da Secretaría Xeral de I+D da Xunta de Galicia (PGIDT02CSO20102PR).
1. INTRODUCCIÓN
Unha cuestión que está a suscitar un grande interese no campo
socioeconómico é a da relación entre desenvolvemento e desigualdade, non só en
canto a cómo o crecemento económico afecta á desigualdade senón tamén no eido
de cómo a desigualdade pode afectar ó crecemento. Neste traballo tentaremos
achegar algunha luz sobre a relación entre nivel de desigualdade e nivel de
desenvolvemento (aproximado polo nivel medio de renda) nos países da UE(15). En
definitiva, trataremos de achar respostas a preguntas como as seguintes: Que
países da UE posúen os maiores niveis de renda dispoñible e cales posúen os
menores niveis? Cal foi a súa evolución no período 1994-01? Que países da UE son
os máis igualitarios e cales os máis desigualitarios? Como evolucionou a
desigualdade no período analizado? Existe relación entre nivel de renda e
desigualdade a nivel dos países da UE? É esta negativa ou positiva? Compórtase do
mesmo xeito en todos os países?
Os microdatos cos que traballamos proceden do Panel de Fogares da UE (ECHP)2
que, segundo a súa propia metodoloxía, ten como obxectivo xeral “poñer á
disposición da Comisión Europea un instrumento de observación estatística para o
estudo e seguimento do nivel de vida, as condicións do mercado de traballo e a
cohesión social, en relación cos requirimentos de información das políticas activas
da UE nestes ámbitos e cos seus efectos para a poboación”. O período temporal
que abrangue o panel é dende o ano 1994 ó 2001, ámbolos dous incluídos. Compre
dicir que, malia constituír na actualidade unha das mellores fontes de microdatos
no ámbito da UE (quizais a mellor por estar coordinada dende o inicio polo
EUROSTAT, achegando información homoxénea para os diferentes países e rexións
da UE), non por iso é infalible.3 Entre as súas debilidades, ademais dos problemas
de non resposta, de atrición, de imputacións, etc que, en maior ou menor grao,
afectan ás bases de datos obtidas por mostraxe, o panel non recolle os inmigrantes
e fogares de inmigrantes que se constituíron a partir do ano 1994. En teoría o panel
reflicte os cambios demográficos da poboación europea, manténdose representativo
ó longo do tempo (1994-01); non obstante o feito de non incluír a inmigración
2 European Community Household Panel (ECHP) UDB 1994-2001, version of December 2003.
3 Avalían a fiabilidade do panel, entre outros, os traballos de Peracchi (2002), Andrés e Mercader (2001), etc.
posterior a 1994 supón deixar á marxe da mostra unha pequena parte da
poboación que cada vez é máis importante en número e que posúe unhas
características propias diferenciadoras.
En canto á metodoloxía, a variable da que partimos é a renda dispoñible dos
fogares. Agora ben, dado que esta vén dada en unidades monetarias diferentes nos
distintos países, homoxeneizámola en canto ó seu poder de compra aplicando
paridades de poder adquisitivo. Asemade, para conquerir unha variable que
represente o ‘ben-estar’ económico dos membros dos fogares, consideramos
adecuado transformar as rendas dispoñibles a través dalgunha escala de
equivalencias que teña en conta tanto o tamaño como as economías de escala dos
fogares. Para isto aplicamos a escala de equivalencias da OCDE modificada. Así
pois, a variable sobre a que traballamos e concluímos resultados é a renda
dispoñible equivalente dos fogares en paridades. Isto é, rendas libres de impostos e
expresadas en paridades, que teñen en conta as economías de escala e o tamaño
dos fogares, polo que podemos tomalas como indicadores do poder adquisitivo dos
fogares con independencia do país ó que pertenzan.
Por outra parte, á hora de analizar a desigualdade na distribución da renda,
realizamos unha primeira aproximación calculando as porcentaxes de poboación por
intervalos de renda definidos en función da media do conxunto. Completamos dita
análise calculando algúns dos índices de desigualdade de mellores propiedades. En
concreto, o índice de Gini, o índice de Atkinson con coeficiente de aversión á
desigualdade α =1 e o índice Theil 0.4 Dada a existencia dun número relativamente
grande de medidas que poderiamos empregar, a selección das tres citadas foi feita
baseándonos fundamentalmente nas boas propiedades que cumpren.5 Neste senso,
cabe destacar que o índice de Gini é un dos máis coñecidos, que o índice de Theil
permite realizar a descomposición da desigualdade en termos de grupos
poboacionais, e que o índice de Atkinson posúe unha intuitiva interpretación en
4 Para o cálculo destas medidas, ademáis dos paquetes infomáticos SPSS e EXCEL, manexamos o programa “DAD: A Software for Distributive Analysis / Analyse Distributive” de Jean-Yves Duclos, Abdelkrim Araar and Carl Fortin. MIMAP programme, International Development Research Centre, Government of Canada, and CIRPÉE, Université Laval.
Acceso gratuido dende a páxina de internet http://132.203.59.36:83/
5 Existe unha extensa bibliografía sobre medidas de desigualdade, propiedades e ordenación de distribucións. En Troitiño (2000) realizamos unha ampla revisión da mesma, analizando as características que cumpren as medidas que aquí empregamos e que as diferencian como as de mellores propiedades.
termos de benestar social, podendo interpretalo como a perda de benestar que
provoca a desigualdade. Por exemplo, se o valor do índice de Atkinson é 0,25
indicaríanos que só co 75% da renda total, baixo unha distribución igualitaria,
poderiamos acadar un benestar social idéntico ó que achega a renda actual. É dicir,
o índice de Atkinson estanos a indicar a perda de benestar social debida á
existencia de desigualdade.
De seguido escomenzamos o noso estudo cuantificando, en primeiro lugar, os
niveis medios de renda equivalente nos países da UE así como a súa evolución no
período 1994-01. Seguimos coa análise da desigualdade personal na distribución da
renda, da súa evolución e da relación entre desigualdade e desenvolvemento,
aproximando o último polo nivel medio de renda dispoñible.
2. NIVEIS E EVOLUCIÓN DA RENDA MEDIA PARA O TOTAL DA
UE15 E POR PAÍSES
En primeiro lugar queremos situar os países da UE en canto ó seu grao de
desenvolvemento, aproximando este polo nivel medio de renda dispoñible. Somos
conscientes de que o desenvolvemento dun país implica moito máis có crecemento
da súa renda per cápita; sen embargo, con vistas ó que aquí nos propoñemos
tomaremos como válida esta aproximación económica.
Na táboa 1 preséntanse as rendas medias dispoñibles dos países da UE para os
anos do período 1994-01 así como para o conxunto da UE6 e no gráfico 1 amósase
a evolución das mesmas (ordenando os países segundo a renda media do ano
2001) 7.
6 A base de datos ECHP non achega información sobre Suecia, Finlandia e Austria para os primeiros tres, dous e un anos respectivamente. Luxemburgo conta con dúas bases de datos, a enquisa orixinal ECHP para 1994 e a ECHP baseada na enquisa nacional PSELL para 1995-01; comparando os resultados de ambas, xórdennos dúbidas sobre a súa homoxeneidade, polo que optamos por traballar só coa segunda.
Tendo en conta as deficiencias anteriormente citadas -exclusión de Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95), Austria (1994) e Luxemburgo (1994)-, cabe supoñer que a renda media da UE no ano 1994 estea subvalorada, en especial por ter excluído a Luxemburgo, país cunha renda media moi superior á media da UE. De feito, se empregamos a enquisa orixinal ECHP para Luxemburgo no ano 1994, a renda media da UE pasa de 10543 a 10724 (manténdose excluídos Suecia, Finlandia e Austria). Así mesmo, é previsible que as rendas medias da UE para os anos 1995 e 1996 estean algo sobrevaloradas debido á exclusión de Finlandia e Suecia, países cunha renda media dispoñible algo inferior á media.
7 Luxemburgo amosa niveis medios moi superiores ós restantes países polo que optamos por excluílo do gráfico co obxecto de divisar mellor (nunha maior escala) as diferenzas entre os restantes países.
Táboa 1: Renda media dispoñible equivalente en paridades, período 1994-01
1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001
Portugal 7226 7672 7798 8237 8620 9129 9569 10565
Grecia 7460 7953 8300 8772 9396 9483 10343 10546
España 8858 8889 9191 9677 10104 10604 11789 12776
Italia 9749 10408 10490 10673 11280 11896 12662 12779
Irlanda 9512 10888 11695 11854 13406 13149 13220 14366
Finlandia 11337 11824 12109 12533 12933 13970
Suecia 11900 12324 12418 12856 14040
UE * 10543* 11685* 11862* 12408 12979 13408 14109 14979
Holanda 12038 12316 12910 13445 14285 15218 15252 15549
Francia 13087 13177 13388 13551 14453 15151 15179 16189
Reino Unido 11982 13197 12793 14296 15120 14794 15964 17272
Alemaña 13444 13371 14010 14583 14947 15398 16475 17812
Austria 14274 14178 14406 14517 15009 16353 17146
Dinamarca 12852 13835 14220 15245 15664 16439 17369 17823
Bélxica 14054 14296 14384 15241 15793 16661 16893 17785
Luxemburgo 21670** 21524 21798 23008 23223 23924 25976 27336
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP
(*) Excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95) e Austria (1994) e Luxemburgo (1994).
(**) Empregando unha base de datos diferente (a enquisa orixinal ECHP) da empregada para o resto dos anos (adaptación da enquisa nacional PSELL).
Gráfico 1: Niveis e evolución da renda media dispoñible, período 1994-01.
6000
8000
10000
12000
14000
16000
18000
1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001
DinamarcaAlemania
Bélxica
Reino Unido
Austria
Francia
Holanda
UE (*)
Irlanda
Suecia
Finlandia
Italia
España
Portugal
Grecia
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP (*) Excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95) e Austria (1994) e Luxemburgo (1994).
Como xa supoñiamos, os menores niveis de renda dispoñible danse nos países do
sur de Europa. A pesares de que o crecemento da renda nestes países no período
1994-01 acadou as cotas máis altas da UE, no ano 2001 as rendas medias de
Portugal e Grecia aínda se atopaban un 30% por debaixo da media da UE, e España
e Italia un 15%. Curiosamente, algúns países do norte tamén amosan rendas
medias algo inferiores ás do conxunto da UE, Finlandia e Suecia ó redor dun 6,5% e
Irlanda un 4% a pesares de ter experimentado a maior taxa de crecemento anual
acumulativa da Unión no período estudado. Os restantes países da UE15 gozan de
niveis de renda dispoñible superiores dende un 4% a un 19% máis, agás
Luxemburgo cunha renda media moi distante (un 82% superior no ano 2001).
En canto á evolución no período 1994-01, Irlanda (6.1%), Portugal (5.6%), España
e Reino Unido (5.4%), Grecia (5.1%) e Dinamarca (4.8%) constitúen os países que
experimentaron os maiores incrementos. Os países con menores taxas foron
Francia e Austria (3.1%) e Bélxica e Luxemburgo (3.4%). Así pois, en termos
xerais, os países menos desenvolvidos atópanse entre os que máis incrementaron a
súa renda (agás Italia) e os máis desenvolvidos (agás o Reino Unido e Dinamarca)
pertencen ó grupo dos que menos medraron.
Gráfico 2: Taxa media anual de crecemento da renda disponible no período 1994-01.
0 1 2 3 4 5 6 7taxa media anual acumulativa en % (período 1994-01)
FranciaAustriaBélxica
HolandaItalia
Luxemb.Alemania
SueciaFinlandia
DinamarcaGrecia
ReinoUnidoEspaña
PortugalIrlanda
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP
Seleccionando só España e o total da UE, os niveis de renda dispoñible equivalente
en España son aínda claramente inferiores ós da UE, a pesares de ter aumentado o
seu poder adquisitivo a un ritmo superior ó da UE. España medrou algo máis ca UE8
no conxunto do período, pero tal crecemento non foi uniforme, combinando unha
ausencia de crecemento ó inicio (que implicou un distanciamento da UE) cun
crecemento máis acelerado nos últimos anos que supón un novo proceso de
acercamento ou converxencia cara a media europea.
Agora ben, malia que sexa habitual empregar a renda media dun país como
indicador do nivel de desenvolvemento económico do mesmo, o benestar que
proporciona tal agregado non é independente da súa distribución. Tanto
socialmente como en termos económicos non só importa o “tamaño da tarta” senón
tamén cál é o “reparto” da mesma. Así pois, de seguido trataremos de medir cuan
desigualitaria é a distribución da renda dentro de cada país e, posteriormente,
achegarémonos ó estudo da relación entre ambos fenómenos.
3. NIVEIS E EVOLUCIÓN DA DESIGUADADE PARA O TOTAL DA
UE15 E POR PAÍSES
Nas últimas catro décadas os estudos sobre a desigualdade na distribución da renda
acadaron un peso crecente na investigación económica e social. Os traballos
pioneiros de Dalton (1920), Theil (1967), Atkinson (1970), Sen (1973), etc,
sentaron as bases para o desenvolvemento dunha extensa bibliografía tanto
teórica como empírica (Dasgupta, Sen and Starrett (1973), Rothschild and Stiglitz
(1973), Kolm (1976 a, b), Ruiz-Castillo (1987), Foster and Shorrocks (1988),
Chakravarty (1990), Lambert (1993), Pena Trapero (1996), Champernowne and
Cowell (1998), Atkinson e Bourguignon (2000), Gradín e Del Río (2001),
Bourguignon and Morrisson (2002), Smeeding and Rainwater (2002), Atkinson
(2003), Moran (2004), Moisala (2004), etc).
8 A taxa media anual de crecemento da renda media dispoñible para o total da UE15 no período 1994-01 podemos valorar que estivo ó redor do 4,5%. Non é posible indicar un valor exacto dado que non dispoñemos de información para Suecia, Finlandia, Austria e Luxemburgo no ano 1994. Partindo da exclusión destes 4 países no ano 1994, a taxa media anual acumulativa da UE no período 1994-01 é igual a 5,1% (evidentemente a taxa parece estar sobrevalorada debido a que a renda media da UE suponse infravalorada no ano 1994, en especial pola exclusión de Luxemburgo). Incluíndo Luxemburgo no ano 1994 (empregando outra base de datos que achega o panel para este país), a taxa anual de crecemento da UE no período pasa a ser do 4,9%. Calculando a taxa media para o período 1995-01 (lembremos que no ano 1995 aínda non contamos cos datos de Suecia e Finlandia con rendas medias algo inferiores á media da UE), o crecemento promedio anual é do 4,2%.
Unha primeira aproximación ó estudo da desigualdade na distribución da renda,
pódese obter calculando as porcentaxes de poboación por intervalos de renda. No
gráfico 3 achegamos estas para o ano 2001, definindo os intervalos de renda en
función da renda media dispoñible da UE15, tal que o primeiro intervalo inclúe a
poboación con renda inferior ó 50% da media europea, o segundo recolle a
proporción de poboación con renda entre o 50% e o 100% da media, e así
sucesivamente. Os países aparecen ordenados segundo a porcentaxe de poboación
que está entre o 50% e o 150% da media europea no ano 2001.
Gráfico 3: Porcentaxes de poboación por intervalos de renda definidos en función da renda media europea. Ano 2001.
0% 10% 20% 30% 40% 50% 60% 70% 80% 90% 100%
LuxemburgoPortugal
GreciaEspaña
Reino UnidoUE
IrlandaItalia
FranciaAlemania
BélxicaAustria
DinamarcaHolanda
FinlandiaSuecia
(0 - 50) %
(50 - 100)%
(100 - 150)%
(150 - ...)%
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP.
Como podemos ver, os países do sur da UE destacan polas súas maiores
porcentaxes de poboación nos primeiros tramos de renda e menores nos últimos,
indicativo dos seus menores niveis de renda. De feito, se definiramos unha liña de
pobreza común para toda a UE9, a % de pobres no conxunto da UE sería do 17%,
figurando os países do sur xunto con Irlanda como os únicos con niveis de pobreza
superiores á media, destacando Portugal cun 44% e Grecia cun 38% de poboación
9 Habitualmente as liñas de pobreza defínense como unha porcentaxe (50% ou 60%) da media ou mediana da distribución da renda dun determinado país. Sen embargo, dado que traballamos coas rendas dos diferentes países expresadas en paridades e, asemade, supoñendo que a UE ten por obxectivo non só a integración económica senón tamén social, o feito de establecer unha liña de pobreza común para toda a UE parécenos un proposta lóxica. Un artigo interesante ó respecto é o de Kangas e Ritakallio (2004).
Considerando como liña de pobreza o 50% da renda media da UE, as porcentaxes de pobres en cada país (proporción de poboación que cae baixo a liña) virían dadas polo primeiro tramo das barras do gráfico 3.
baixo a liña de pobreza. No polo oposto aparece Luxemburgo, con máis da metade
da súa poboación por enriba do 150% da media europea.
En canto á desigualdade, cabe esperar que os países máis igualitarios posúan
menores proporcións de poboación nos intervalos extremos e maiores nos centrais.
Así pois, se observamos as porcentaxes de poboación con renda entre o 50% e o
150% da media europea, vemos como son os países nórdicos seguidos dos de
centroeuropa os que posúen as maiores porcentaxes de poboación nos intervalos
centrais e, en especial, Suecia e Finlandia. Pola contra, son os países do sur
seguidos polo Reino Unido e Irlanda os que presentan as menores porcentaxes.
Luxemburgo constitúe un caso aparte polo seu alto nivel de renda. Resulta pois
que, do conxunto de países que teñen rendas medias inferiores ó conxunto da UE,
os países do sur destacan pola súa baixa participación nos intervalos centrais (signo
da súa alta desigualdade), na mentres que os do norte sitúanse no polo oposto
(indicativo da súa baixa desigualdade).
Para afondar máis na análise da desigualdade, calculamos algunhas das medidas
máis coñecidas e de mellores propiedades; en concreto, o índice de Gini, o índice
de Atkinson con parámetro de aversión á desigualdade α =1 e o Theil 0.
Táboa 2: Índices de desigualdade para o total da UE
1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001
Gini 0.345* 0.341* 0.328* 0.317 0.315 0.316 0.310 0.310
Atk. 1 0.210* 0.203* 0.188* 0.183 0.177 0.163 0.160 0.168
Theil 0 0.236* 0.223* 0.205* 0.191 0.187 0.186 0.178 0.178
(*) Excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95), Austria (1994) e Luxemburgo (1994). Fonte: elaboración propia a partir do ECHP
Os resultados presentados na táboa 2 indícannos, con pequenas diferenzas en
función do índice utilizado, unha diminución da desigualdade comparando o final do
período co inicio, se ben a tendencia á baixa foi máis clara na primeira metade ca
na segunda.10
10 Dado que os datos para a primeira metade do período non son totalmente homoxéneos (non se inclúen os mesmos países en todos os anos), realizamos tamén a estimación dos índices tendo en conta só os 11 países dos que dispoñemos de información para todos os anos. Os índices estimados a partir dos 11 países non distan moito dos estimados tendo en conta todos os países dispoñibles. Así, por exemplo, se comparamos os índices calculados para a UE15 cos correspondentes á UE(11) en cada ano do período 1997-01 (período no que dispoñemos de información para todos os países), as diferenzas
O índice Theil 0 cumpre a propiedade de ser descompoñible aditivamente polo que
nos permite illar qué parte da desigualdade total da UE se debe á desigualdade
existente dentro dos países e qué parte se debe á desigualdade entre eles. Dos
correspondentes cálculos, podemos concluír que a desigualdade entre países supón
ó redor dun 14% da desigualdade total, manténdose bastante estable ó longo do
período.11 No gráfico 3 podemos ver tanto os niveis como a evolución no tempo de
ámbalas dúas compoñentes. En xeral, a desigualdade dentro dos países compórtase
de xeito similar á desigualdade total, isto é, diminúe ó longo do período con maior
intensidade ó principio. A desigualdade entre países non parece experimentar
cambios moi significativos, amosando un lixeiro aumento no ano 1995 e
posteriormente unha suave diminución.
Gráfico 4: Evolución da desigualdade inter e intra países (Theil 0)
0.00
0.04
0.08
0.12
0.16
0.20
0.24
1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001
Total UEintra paísesinter países
UE: excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95), Austria (1994) e Luxemburgo (1994).
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP
Por países, malia as diferenzas que loxicamente presentan os tres índices
seleccionados, en xeral, todos eles clasifican os países do sur como os máis
desigualitarios (case sempre con niveis superiores ós do conxunto da UE, agás
Italia), seguidos do Reino Unido e Irlanda. Os restantes países presentan niveis de
desigualdade inferiores ós do total da UE, destacando os nórdicos (Dinamarca,
maiores danse no ano 1997, sendo os índices de Atkinson 1 e Theil 0 da UE15 un 5% inferiores ós da UE(11) e o índice de Gini un 2% inferior. As diferenzas nos restantes anos son menores.
A diminución da desigualdade na UE(11) entre 1994 e 1997 é significativa a un nivel de confianza do 95%. E, dado que, o comportamento da desigualdade nos países excluídos non foi máis á alza do que nos anos posteriores, cabe esperar que no conxunto a UE15 a desigualdade tamén experimentara un comportamento á baixa. Na segunda metade do período, a diminución da desigualdade para a UE15 non é significativa (agás segundo o índice Atkinson 1).
11 Esta porcentaje redúcese ó 10% se excluímos os países para os que non dispoñemos de información para algún ano (Suecia, Finlandia, Austria e Luxemburgo).
0.02
0.04
1994 1996 1998 2000
inter países
Finlandia e Suecia) como os máis igualitarios. No gráfico 5 podemos ver a evolución
dos niveis de desigualdade medidos a través do índice Atkinson 1.
Gráfico 5: Evolución da desigualdade segundo o índice Atkinson 1. Período 1994-01
0,05
0,08
0,11
0,14
0,17
0,20
0,23
1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001
Portugal
España
Grecia
UE(*)
Reino Unido
Italia
Irlanda
Bélgica
Francia
Holanda
Luxemburgo
Alemania
Suecia
Austria
Finlandia
Dinamarca
(*) Excluíndo Suecia (1994-96), Finlandia (1994-95), Austria (1994) e Luxemburgo (1994).
Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP
Para facernos unha idea intuitiva do significado das diferenzas nos niveis de
desigualdade entre os países nórdicos e os do sur de Europa podemos botar man
da interpretación que en termos de benestar social ten o índice de Atkinson. Así, no
ano 2001, na mentres que nos países do sur así como no Reino Unido a perda de
benestar debida á desigualdade se cifra en máis do 15% (ata un 21% en Portugal)
–é dicir, se a renda estivera distribuída igualitariamente sería posible acadar un
nivel de benestar similar ó actual só co 85% (ou menos) da renda total-, nos países
nórdicos a perda de benestar debida á desigualdade é do 10% ou inferior.
En canto á evolución temporal, a maioría dos países tenderon a diminuir a súa
desigualdade, malia que non de forma homoxénea ó longo do tempo senón
combinando continuas baixadas e subidas que, nos diferentes países, nen se diron
ó mesmo tempo nen coa mesma intensidade. En resume, comparando os niveis de
desigualdade de principios e finais do período, os tres índices analizados conclúen
que Alemaña, Italia, Francia, Grecia e Austria diminuíron a súa desigualdade. A
conclusión non é unánime para Irlanda, Portugal e Reino Unido os cales reduciron a
súa desigualdade segundo algún destes índices, mentres que segundo outros non
presentan cambios significativos. Por outra parte, Suecia e Finlandia
experimentaron os maiores incrementos; non obstante, a pesares de ter
aumentado a súa desigualdade, a finais do período seguen a ser os países máis
igualitarios. Os cambios non foron significativos en Luxemburgo, Dinamarca,
Holanda e España.
En termos xerais, as diminucións máis claras tiveron lugar a mediados dos anos
noventa, sendo algúns dos países de centroeuropa e a maioría dos países do sur os
que experimentaron as maiores caídas. España constituíu unha excepción a este
comportamento, incrementando a súa desigualdade na primeira metade do período
e tendendo a diminuíla na segunda, cun resultado neto de tendencia á baixa sen
que esta resultase estatisticamente significativa.
4. DESIGUALDADE E DESENVOLVEMENTO NOS PAÍSES DA UE
Aproximando o desenvolvemento pola renda media equivalente e medindo a
desigualdade a través de calquera dos índices sinalados, observamos que ambos
fenómenos se relacionan de forma negativa.
Táboa 3: Correlación entre renda media equivalente e desigualdade nos países da UE.
1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001
COEF. DE PEARSON
Gini -,716(*) -,732(**) -,661(*) -,559(*) -,524(*) -0,478 -0,472 -0,499
Atk. 1 -,656(*) -,778(**) -,713(**) -,628(*) -,600(*) -,564(*) -,547(*) -,575(*)
Theil 0 -,667(*) -,782(**) -,720(**) -,633(*) -,608(*) -,571(*) -,551(*) -,576(*)
COEF. TAU-b DE KENDALL
Gini -,564(*) -,675(**) -,714(**) -,505(**) -0,371 -,452(*) -,390(*) -,429(*)
Atk.1 -0,455 -,667(**) -,670(**) -,505(**) -,429(*) -,448(*) -,467(*) -,410(*)
Theil 0 -,477(*) -,667(**) -,670(**) -,505(**) -,429(*) -,448(*) -,478(*) -,421(*)
COEF. RHO DE SPEARMAN
Gini -,682(*) -,821(**) -,789(**) -,657(**) -0,5 -,565(*) -,514(*) -,561(*)
Atk.1 -0,536 -,824(**) -,745(**) -,671(**) -,568(*) -,586(*) -,629(*) -,571(*)
Theil 0 -0,556 -,824(**) -,745(**) -,671(**) -,568(*) -,586(*) -,634(*) -,581(*)
** Correlación significativa ao nivel 0,01 (bilateral). * Correlación significativa ao nivel 0,05 (bilateral). Fonte: elaboración propia a partir dos datos do ECHP
Como podemos ver na táboa 3, o coeficiente de correlación de Pearson, así como os
coeficientes de correlación por rangos de Kendall e Spearman, achegan niveis
significativos medio-altos de correlación negativa, o que nos está a indicar que,
polo menos dentro da UE e no período analizado, os países máis desenvolvidos
achegan menores niveis de desigualdade mentres que os menos desenvolvidos
amósanse como os máis desigualitarios. A intensidade da relación é algo máis forte
a mediados dos anos noventa, diminuíndo suavemente cara finais da década.
Constatada a existencia dunha relación negativa entre desigualdade e nivel de
renda, cabe preguntarse se dita relación se da nun só sentido ou en ambos os
dous. É o nivel de desenvolvemento económico o que condiciona a forma máis ou
menos desigualitaria na que se distribúe a renda? É a desigualdade a que pode
estar a condicionar o nivel de desenvolvemento? Condiciónanse mutuamente? Qué
factores determinan os niveis e tendencias da desigualdade na distribución da
renda? De qué xeito as desigualdades na renda inflúen sobre o desenvolvemento
económico?, etc. Constitúen estas cuestións que, malia ser propostas fai xa medio
século (Kuznets, 1955) e ter subscitado na actualidade unha extensa bibliografía ó
respecto (Aghion e Williamson (2000), Bourguignon e Morrisson (2002), Atkinson
(2003), Wade (2004), Cornia (2004), etc), aínda non conqueriron unha resposta
axeitada. Dende o noso punto de vista, desigualdade e desenvolvemento inflúense
mutuamente, pero tal relación é complexa e non doada de illar de moitas outras
variables como as políticas económicas e sociais aplicadas, o desenvolvemento do
estado do benestar, a cualificación do capital humano, o intercambio comercial, etc.
Neste traballo, máis que entrar no debate teórico, trataremos de achegar algunha
información empírica ao respecto analizando o comportamento conxunto da renda
media e a desigualdade nos países da UE.
No gráfico 6 obsérvase, a través da nube de puntos, a relación negativa entre nivel
de renda e desigualdade (medida a través do índice Theil 0) para o ano 2001, se
ben tamén se fai evidente que esta non é perfecta. Tratando de modelizar dita
relación, a función paramétrica que mellor se lle axusta é unha función cuadrática
(forma de U) cunha bondade do axuste que, sen ser desprezable, non é alta.12
Fixándonos na posición que ocupan os países, observamos que os únicos con niveis
de renda inferiores e de desigualdade superiores ós da UE son Portugal, Grecia e
España. Todos os demais teñen niveis de desigualdade inferiores ós da UE, pero
non todos desfrutan de rendas medias superiores. Italia, cun nivel de renda similar
12 Excluíndo Luxemburgo, o modelo cuadrático segue a ser o de maior bondade, acadando esta case que o mesmo valor.
ó de España amósase máis igualitaria. Suecia e Finlandia, con niveles de renda
pouco maiores ó español e aínda inferiores ós da UE, caracterízanse polo seu baixo
nivel de desigualdade. Xa con niveles de renda superiores á UE, Reino Unido
preséntase como o país máis desigualitario e Dinamarca como o máis igualitario.
Entre ambos, sitúanse en xeral os países de Centroeuropa. Un gao de desigualdade
similar ós anteriores e unha renda media moi superior definen a posición de
Luxemburgo.
Gráfico 6: Diagrama de dispersión e axuste cuadrático do índice Theil 0 sobre o nivel medio de renda. Ano 2001.
0,08
0,10
0,12
0,14
0,16
0,18
0,20
0,22
0,24
Thei
l 0, a
no 2
001
9000 12000 15000 18000 21000 24000 27000 30000Renda media equivalente en paridades, ano 2001
Grecia
Portugal
España
Italia
Finlandia
Suecia
Irlanda
UE
Holanda
Francia
Austria
Reino Unido
Bélxica
Alemania
Dinamarca
Luxemburgo
R2=0.546
Fonte: elaboración propia a partir do ECHP
As representacións para cada un dos anos do período 1994-01, sen ser moi
diferentes, si presentan algúns cambios, feito indicativo do distinto comportamento
que tiveron os diversos países nos anos analizados.
Estudamos a relación entre renda e desigualdade en cada país no período 1994-01
calculando inicialmente os coeficientes de correlación de Pearson. Obtemos
relacións significativas de intensidade bastante alta e signo negativo tanto no total
da UE como en Alemaña, España, Grecia, Italia e Portugal (neste último agás
segundo o índice de Gini). A correlación tamén é significativa e forte para Finlandia,
pero neste caso é de signo positivo (o nivel de desigualdade aumenta coa renda
media). Os restantes países achegan coeficientes non significativos, negativos en
xeral, agás Suecia e Luxemburgo.
Táboa 4: Correlación de Pearson entre renda media e desigualdade, por
países, no período 1994-01.
UE Alemaña Austria Bélxica Dinamarca España Finlandia Francia
Gini -,90(**) -,72(*) -0,64 -0,17 -0,54 -,78(*) ,91(*) -0,59
Atk.1 -,92(**) -,77(*) -0,56 -0,45 -0,44 -,71(*) ,91(*) -0,61
Theil -,92(**) -,76(*) -0,56 -0,44 -0,45 -,71(*) ,91(*) -0,60
Grecia Holanda Irlanda Italia Luxemb. Portugal Reino Unido Suecia
Gini -,86(**) -0,61 -0,51 -,92(**) 0,50 -0,50 -0,44 0,80
Atk.1 -,86(**) -0,57 -0,37 -,93(**) 0,46 -,74(*) -0,54 0,69
Theil -,85(**) -0,57 -0,36 -,93(**) 0,47 -,73(*) -0,54 0,69
(**) Correlación significativa ó nivel 0.01
(*) Correlación significativa ó nivel 0.05
Malia que a relación lineal observada entre desigualdade e renda media no
conxunto da UE así como en Alemaña e nos países mediterráneos é alta e
significativa, trataremos de ver se a intensidade da relación aínda é maior se temos
en conta outro tipo de relación que non sexa a lineal. Para isto, representamos os
diagramas de dispersión que nos amosan a evolución conxunta da desigualdade e
renda media para cada país ó longo do período analizado e tratamos de ver se é
posible atopar algún tipo de función que axuste adecuadamente o comportamento
da desigualdade en función do nivel medio de renda.
Escomenzando coa UE no seu conxunto, o gráfico 7 amósanos como a relación
entre desigualdade e renda media é case perfecta a través dunha función
cuadrática.13 O axuste cuadrático posúe unha bondade moi alta (R2=0.934)
indicándonos que para o total da UE na medida que a renda media se foi
incrementando ó longo do período 1994-2001 a desigualdade foi diminuíndo.
Fixémonos que a diminución da desigualdade é moito maior na primeira metade do
período ca na segunda, observándose no último ano un repunte da desigualdade
que podería ser indicio dun cambio de tendencia.14
13 Empregando como indicador o índice de Theil. Con calquera dos outros índices, os resultados son esencialmente os mesmos (os mellores modelos a axustar son o modelo cuadrático ou o cúbico, e a bondade do axuste ó redor do 90%).
14 Lembremos que nos tres primeiros anos non dispoñemos da totalidade dos 15 países da UE.
Gráfico 7: Evolución conxunta da desigualdade e renda media ó longo do período 1994-01 para o conxunto da UE.
0,17
0,18
0,19
0,20
0,21
0,22
0,23
0,24
10000 11000 12000 13000 14000 15000Renda media equivalente
1994
1995
1996
19971998 1999
2000 2001
ObservadaCuadrático
Theil 0
Axuste cuadrático, R2=0,934 , UE(15)
Fonte: elaboración propia a partir do ECHP
Analizando individualmente cada país, na maioría dos casos o axuste cuadrático
supera ó lineal. Ademais, naqueles países para os que o coeficiente de correlación
de Pearson non era significativo, tampouco se observa a existencia doutro tipo de
relación distinta á lineal que si o sexa. Así pois, os países que amosan unha relación
significativa na evolución temporal da desigualdade e o nivel de renda son: i)
Alemaña (axuste cuadrático, R2=0.925) e Italia (axuste cuadrático, R2=0.926) con
relacións cuadráticas moi similares á da UE ii) Portugal (axuste cuadrático,
R2=0.830), Grecia (axuste exponencial, R2=0.746) e España (axuste exponencial,
R2=0.524) e iii) Finlandia (axuste cuadrático, R2=0.838).15 En todos eles é posible
rexeitar a hipótese de independencia entre o nivel de renda e a desigualdade ó
nivel de significación 0.01 ou como moito ó nivel 0.05. Así mesmo, malia que a
bondade da regresión non indica o signo positivo ou negativo da relación, o
crecemento ou decrecemento da función si amosa o signo da asociación, polo que
baseándonos na representación podemos concluír, ó igual que a través do
coeficiente de Pearson, que a relación entre desiguadade e nivel de renda é
negativa en Alemaña, Italia, Portugal, Grecia e España e positiva en Finlandia.
15 No relativo a Grecia, España e Finlandia, se ben os axustes que se sinalan son os que achegan un R2 máis alto, hai que dicir que outro axustes (entre eles o lineal) son case igual de bos.
Tamén presenta unha relación positiva Suecia (axuste cuadrático, R2=0.910), malia
que neste caso só podemos rexeitar a independencia ó nivel de significación do
10%. Para este nivel, tamén Francia (axuste exponencial, R2=0.413) amosaría
unha relación negativa.
En canto ó resto dos países, malia que estatisticamente non se pode rexeitar a
hipótese de independencia a niveis de significación usuais, na maioría deles si se
pode observar graficamente unha relación negativa feble (ver gráfico A1 do anexo).
Gráfico 8: Evolución conxunta da desigualdade e renda media nalgúns países da UE para o período 1994-01. Axustes de funcións.
0,10
0,12
0,14
0,16
0,18
0,20
Thei
l 0
13000 14000 15000 16000 17000 18000renda media dispoñible
1995
1994
1996
19971998
1999 2000 2001
axuste cuadrático, R2=0.925
ALEMANIA
0,22
0,23
0,24
0,25
0,26
0,27
0,28
0,29
Thei
l 0
7000 8000 9000 10000 11000renda media dispoñible
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
axuste cuadrático, R2=0.83PORTUGAL
0,19
0,20
0,21
0,22
0,23
0,24
0,25
Thei
l 0
9000 10000 11000 12000 13000renda media dispoñible
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
axuste exponencial, R2=0.524
ESPAÑA
0,16
0,17
0,18
0,19
0,20
0,21
0,22
0,23
0,24
Thei
l 0
10000 11000 12000 13000renda media dispoñible
1994
1995
1996
1997
1998
19992000
2001
ITALIAaxuste cuadrático R2=0.926
18
0,19
0,20
0,21
0,22
0,23
0,24
0,25
0,26
0,27Th
eil 0
7000 8000 9000 10000 11000renda media dispoñible
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
axuste exponencial, R2=0.746GRECIA
0,085
0,09
0,095
0,10
0,105
0,11
Thei
l 0
11000 11500 12000 12500 13000 13500 14000renda media dispoñible
19961997
1998
1999
2000
2001axuste cuadrático, R2=0.838
FINLANDIA
0,09
0,095
0,10
0,105
0,11
0,115
Thei
l 0
12000 12500 13000 13500 14000renda media dispoñible
1997
1998
1999
2000
2001
axuste cuadrático, R2=0.91SUECIA
0,12
0,14
0,16
0,18
0,20
0,22
0,24
Thei
l 0
13000 14000 15000 16000renda media dispoñible
1994
1995
1996
1997
1998
1999
20002001
axuste exponencial, R2=0.413FRANCIA
Fonte: elaboración propia a partir do ECHP
En xeral podemos ver que o modelo que acada unha maior bondade do
axuste é o cuadrático, seguido do exponencial. En calquera dos casos, podemos
atopar unha certa semellanza coa hipótese de Kuznets da U invertida. Kuznets
(1955) postulaba un incremento da desigualdade nas primeiras fases do
desenvolvemento dun país e, posteriormente (acadada certa madurez no
desenvolvemento), a desigualdade tendería a diminuír. Observado o
comportamento dos países europeos, podería semellar que nos atopamos a niveis
medio-altos de desenvolvemento e que os modelos cuadráticos e exponenciais
obtidos constitúen a cola superior da U invertida de Kuznets. Agora ben, o repunte
da desigualdade que algúns países están a amosar ó final do período tamén podería
estar a indicar un novo comportamento da desigualdade ante etapas máis
avanzadas do desenvolvemento.
19
En todo caso, realizada esta primeira aproximación descritiva da relación
entre desigualdade e nivel de desenvolvemento, novas cuestións piden ser
estudadas. Por exemplo, por qué os países do norte de Europa como Finlandia e
Suecia, contando cunha renda media dispoñible menor co Reino Unido ou outros
países de Centroeuropa, teñen unha distribución da renda moito máis igualitaria?
Por qué foron os países máis igualitarios os que sufriron os maiores incrementos da
desigualdade? Qué papel xoga o modelo económico de crecemento de cada país
sobre o comportamento da desigualdade? Qué papel xoga o nivel de
desenvolvemento do Estado do Benestar? Etc. Estas e outras cuestións forman
parte de campos de discusión abertos na actualidade sobre o que é preciso seguir a
estudar.
5. CONCLUSIÓNS
Como xa supoñiamos, os menores niveis de renda dispoñible danse nos países do
sur de Europa. A pesares de que o crecemento da renda nestes países no período
1994-01 acadou as cotas máis altas da UE, no ano 2001 as rendas medias de
Portugal e Grecia aínda se atopaban un 30% por debaixo da media da UE, e España
e Italia un 15%. Curiosamente, algúns países do norte tamén amosan rendas
medias algo inferiores ás do conxunto da UE, Finlandia e Suecia ó redor dun 6,5% e
Irlanda un 4% (a pesares de ter experimentado a maior taxa de crecemento anual
acumulativa da Unión no período estudado). Os restantes países gozan de niveis de
renda dispoñible superiores dende un 4% a un 19% máis ca media da UE15, agás
Luxemburgo cunha renda media moi distante (un 82% superior no ano 2001).
Definindo unha liña de pobreza común para toda a UE igual á metade da súa renda
media dispoñible no ano 2001, son os países do sur, xunto con Irlanda, os únicos
que amosan niveis de pobreza superiores ós da UE (17%), destacando Portugal cun
44% e Grecia cun 38%. España tería un 26% da súa poboación por debaixo da liña
de pobreza europea. Os índices de desigualdade clasifican os países do sur de
Europa como os máis desigualitarios (case sempre con niveis superiores ós do
conxunto da UE, agás Italia), seguidos do Reino Unido e Irlanda. Os restantes
países amosan niveis de desigualdade inferiores ós do conxunto, destacando os
nórdicos (Dinamarca, Finlandia e Suecia) como os máis igualitarios, a pesar de ter
sido os que experimentaron os incrementos da desigualdade máis claros do período
1994-01.
20
En canto á relación entre os niveis de desigualdade e desenvolvemento
(aproximado pola renda media dispoñible) observamos a existencia dunha relación
negativa e estatisticamente significativa no conxunto da UE. Isto indícanos que os
países menos desenvolvidos tenden a ter maiores niveis de desigualdade cós que
amosan maiores niveis de renda media.
Analizando a evolución conxunta da desigualdade e renda media para o total
da UE e, máis en concreto, o comportamento da primeira en función da segunda, o
axuste cuadrático achega unha alta bondade (R2=0.934), indicándonos que no
conxunto da UE a desigualdade foi diminuíndo na medida que a renda media foi
aumentando, con menor intensidade na segunda metade do período analizado e,
incluso, cun suave repunte da desigualdade cara ó final do mesmo que podería
estar apuntando un cambio de comportamento.
Tomando cada país de forma individual, poderiamos clasificar os mesmos en
tres grupos atendendo ó comportamento da desigualdade en función do nivel de
renda. Un primeiro grupo recolle os países que presentan unha relación negativa
entre ambas, estatisticamente significativa. A el pertencen os países de menor
renda e maior desigualdade, isto é, Portugal, Grecia, Italia e, en menor medida,
España que viron diminuír a súa desigualdade na medida que se incrementaba a
súa renda. A forma máis habitual de relación entre ambos fenómenos é a
cuadrática ou a exponencial, caracterizándose por unha diminución da desigualdade
máis pronunciada cando a renda media é máis baixa (primeiros anos do período) e
por un freo á diminución (ou incluso un repunte da mesma) cando as rendas son
máis altas (últimos anos do período). Tamén se inclúe neste grupo Alemaña e
Francia que, malia non formar parte dos países con maior desigualdade e menor
renda, si amosan unha relación negativa e estatisticamente significativa entre
desigualdade e renda. Un segundo grupo, menos numeroso, é o constituído por
Finlandia e Suecia, países que parten de niveis de desigualdade moi baixos e para
os que a desigualdade aumenta ó aumentar a renda. No derradeiro grupo
incluiriamos os restantes países, que malia presentar coeficientes de correlación
negativos, estes non son estatisticamente significativos.
Por último, sinalar a necesidade de ampliar o estudo cara a análise doutras
variables (desenvolvemento do estado do benestar, desemprego e relacións
comerciais, etc) que, de seguro, se relacionan tanto coa desigualdade como co
desenvolvemento. Outro punto pendente de estudar é o relativo á sensibilidade dos
resultados obtidos á non inclusión da inmigración dentro da mostra do ECHP a
partir de 1994.
21
BIBLIOGRAFÍA
AGHION, P. e WILLIAMSON, J.G. (2000): Growth, Inequality and Globalitation.
Theory, History and Policy. Cambridge University Press. Cambridge.
ANDRÉS, L. and MERCADER, M. (2001): “Sobre la fiabilidad de los datos de renta
en el Panel de Hogares de la Unión Europea (PHOGUE, 1994)”, Estadística
Española, vol43, nº 148, 241-280.
ATKINSON, A.B. (1970): “On the measurement of inequality”, Journal of Economic
Theory, vol.2, 244-263.
____ , (2003): “Income Inequality in OECD Countries: Data and
Explanations”, CESifo Working paper nº 881.
ATKINSON, A.B. and BOURGUIGNON, F. (eds) (2000): Handbook of Income
Distribution, North Holland, Amsterdam.
BOURGUIGNON, F. and MORRISSON, C. (2002) “Inequality among World Citizens:
1820-1992”, American Economic Review, vol 92, nº 4, p.727-744.
CHAKRAVARTY, S.R. (1990): Ethical social index numbers, Springer-Verlag,
Heidelberg, New York, London, Paris, Tokyo, Hong Kong.
CHAMPERNOWNE, D.G. and COWELL, F.A.. (1998): Economic Inequality and
Income Distribution, Cambridge University Press, United Kingdom.
CORNIA, G.A. (ed.) (2004): Inequality, growth, and poverty in an era of
liberalization and globalization. Oxford University Press. Oxford.
DALTON, H. (1920): “The measurement of the inequality of incomes”, Economic
Journal, nº 30, 348-361.
DASGUPTA, P., SEN, A. and STARRETT, D. (1973): “Notes on the measurement of
inequality”, Journal of Economic Theory, nº 6, 180-187.
DUCLOS, J-Y and ARAAR, A. (2004): Poverty and Equity: Measurement, Policy and
Estimation with DAD, Université Laval. Documents and theoretical Manuals,
http://132.203.59.36:83/
EUROSTAT (2003): European Community Household Panel (ECHP) UDB 1994-2001,
version of December 2003.
FOSTER, J.E. and SHORROCKS, A.F. (1988): “Inequality and Poverty orderings”,
European Economic Review, nº 32, 654-662.
GRADÍN, C, e DEL RÍO, C. (2001): Desigualdad, Pobreza y Polarización en la
Distribución de la Renta en Galicia. Monografía nº 11. Instituto de Estudos
Económicos de Galicia-Pedro Barrié de la Maza. A Coruña.
22
KANGAS, O. and RITAKALLIO, V-M. (2004): “Relative to What? Cross-national
Picture of European Poverty Measured by Regional, National and European
standards”, Luxembourg Income Study, Working paper nº 384.
KOLM, S-C. (1976a): “Unequal Inequalities I”, Journal of Economic Theory, vol. 12,
416-442.
____ , (1976b): “Unequal Inequalities II”, Journal of Economic Theory, nº 13,
82-111.
KUZNETS, S. (1955): “Economic growth and income inequality”. The American
Economic Review, vol. XLV, nº 1, 1-28.
LAMBERT, P.J. (1993): The Distribution and Redistribution of Income. A
Mathematical Analysis, Second edition, Manchester University Press, Manchester
and New York, 1993.
MOISALA, J. (2004): “Earnings in Europe. A Comparative Study on Wage and
Income Disparities in the European Union”, Labour Institute for Economic
Research, Discussion papers nº 202.
MORAN, T.P. (2004): “Bootstrapping the LIS: Statistical Inference and Patterns of
Inequality in the Global North”, Luxembourg Income Study (LIS), Working
paper nº 378.
PENA TRAPERO, B. (dir.) (1996): Distribución personal de la renta en España.
Pirámide. Madrid.
PERACCHI, F. (2002): “The European Community Household Panel: A review”,
Empirical Economics, vol 27, 63-90.
ROTHSCHILD, M. and STIGLITZ, J.E. (1973): “Some further results on the
measurement of inequality”, Journal of Economic Theory, nº 6, 188-204.
RUIZ-CASTILLO, J. (1987): La medición de la pobreza y de la desigualdad en
España, 1980-81. Estudos Económicos, nº 42. Banco de España.
SEN, A. (1973) : On economic inequality, Oxford University Press, Oxford.
___, (1992): Inequality re-examined, Oxford University Press, Oxford.
SMEEDING, T.M. and RAINWATER, L. (2002): “Comparing Living Standards across
Nations: Real Incomes at the Top, the Bottom and the Middle”, Social Policy
Research Centre (SPRC), Discussion paper nº 120.
THEIL, H. (1967): Economics and Information Theory, North-Holland Publishing
Company, Amsterdam.
TROITIÑO, A. (2000): A Medición da Desigualdade. Análise da Situación Galega no
marco do Estado das Autonomías, Doctoral Thesis, Department of Publications
and Scientific Exchange of the University of Santiago de Compostela, Spain.
WADE, R.H. (2004): “Is Globalization Reducing Poverty and Inequality?” World
Development, vol. 32, nº 4, 567-589.
23
ANEXO
Gráficos A1: Diagramas de dispersión da desigualdade e renda media por países. Período 1994-01 (agás Austria, 1995-01)
14000 15000 16000 17000renda_Austria
0,105
0,11
0,115
0,12
0,125
0,13
0,135
T0_A
ustri
a
95
96
97
98
99
00 01
AUSTRIA
14000 15000 16000 17000 18000renda_Bélxica
0,14
0,15
0,16
0,17
T0_B
elxi
ca
94
95
96
9798
99 00
01
BÉLXICA
12000 14000 16000 18000re nd a_D ina marca
0,07
0,075
0,08
0,085
0,09
0,095
T0_D
inam
arca
94
95 96
97
98 9900
01
D IN AMARC A
12000 13000 14000 15000 16000ren da _H olan da
0,11
0,12
0,13
0,14
0,15
0,16
0,17
0,18
T0_H
olan
da
94
9596
97 98
99
00
01
HO LAN DA
10000 12000 14000renda_ Ir landa
0,14
0,15
0,16
0,17
0,18
0,19
0,20
T0_I
rland
a
94
95 9697
98
99
00
01
IRLANDA
22000 24000 26000 28000renda_Luxemburgo
0,10
0,12
0,14
0,16
0,18T0
_Lux
embu
rgo
94
95
96 9798
9900 01
LUXEMBURGO
10000 12000 14000 16000 18000renda_ Reino Unido
0,16
0,17
0,18
0,19
0,20
0,21
T0_R
eino
Uni
do 94
95
96
97
9899 00
01
REINO UNIDO
Fonte: elaboración propia a partir do
ECHP
24