Post on 09-Mar-2016
description
transcript
Un programa de: Colabora:
FAMILIAS ACOLLEDORAS 2012: UN ANO EN IMAXES
Nestas sesións preparamos ás familias para
facer fronte as tarefas e retos que presenta o
acollemento.
Ao longo do ano nas catro provincias galegas
incorporáronse novas persoas acolledoras tras
pasar un proceso de valoración e formación.
FORMACIÓN BÁSICA PARA
NOVAS FAMILIAS ACOLLEDORAS
15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA
Realizáronse diferentes actividades para celebrar
este día: mesas informativas, accións divulgativas
en colexios e actividades en familia.
Para esta presentación contamos coa presenza da Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e a Secretaria Xeral de Política Social, Coro Piñeiro.
PRESENTACIÓN DA NOVA CAMPAÑA
ABRE OUTRA PORTA NO TEU CORAZÓN
Para a difusión do acollemento familiar empregamos
diferentes elementos como un conto, carteis, faldón s,
banners dixitais e folletos, co obxectivo de sumar no-
vas persoas que proporcionen un fogar a nenos e ne-
nas que temporalmente o necesitan.
En decembro realizamos
unha acción de difusión nas
provincias de Lugo e Ourense
chegando a 134.262 fogares
grazas á colaboración de Gas
Natural Fenosa.
Este conto realizouse para axudar os nenos e nenas a comprender a idea de vivir cunha familia distinta da súa. Nace da experiencia recollida polos profesionais de Cruz Vermella e grazas á colaboración desinteresada dun acolledor que realizou as ilustracións.
A busca de novas familias acolledoras por toda a xeografía galega iniciouse coa difusión deste conto que se regalou co xornal “La Voz de Galicia” o domingo 13 de maio grazas á implicación desta publicación co acolle-mento familiar.
Dende maio ata novembro O corazón de Lolo percorreu distintas localidades con accións de difusión, sesións informativas e contacontos dando a coñecer que hai nenos e nenas que necesitan temporalmente un novo fogar.
VILAGARCÍA DE AROUSA, 19 DE MAIO Comezamos...
RIBADEO, 26 DE MAIO
Percorrendo Galicia de sur a norte buscando novas familias
A CORUÑA
2 DE XUÑO
PONTEVEDRA
16 DE XUÑO
VERÍN, 23 DE XUÑO
RIVEIRA, 30 DE XUÑO
A GUARDA, 7 DE XULLO
VILALBA, 8 DE XULLO
CELANOVA
11 DE AGOSTO
ALLARIZ
2 DE SETEMBRO
BARBADÁS, 8 DE SETEMBRO
FERROL, 29 DE SETEMBRO
VIGO, 20 DE OUTUBRO
LUGO, 10 DE NOVEMBRO
OURENSE, 17 DE NOVEMBRO
Todo este percorrido buscando familias acolledoras foi posible coa colaboración do voluntariado das asembleas locais.
Moitas grazas a todos os que facedes posible que en Galicia nenos e nenas consigan o seu soño de vivir en famil ia.
BALNEARIO DE
AUGAS SANTAS
PANTÓN, LUGO
22 DE SETEMBRO
ENCONTRO AUTONÓMICO DE
FAMILIAS ACOLLEDORAS
Esta foi unha xornada lúdica pa-ra compartir en familia e inter-cambiar experiencias con outros acolledores.
Os nenos e nenas disfrutaron con diferentes actividades.
ESCOLA DE FORMACIÓN PARA
FAMILIAS ACOLLEDORAS
Un espazo de información, formación e reflexión dir ixido
tanto aos adultos como aos nenos e nenas das famil ias
acolledoras, que se pon en marcha co apoio da
Asociación Mil Futuros.
Taller Pásame o sal realizado en A Coruña e Santiago (6 e 20 de
outubro).
Taller O poder dos contos en Ourense (24 de novembro) e
Pontevedra (1 de decembro).
Seminario Que é a hiperactividade? en A Coruña (1 de decembro).
Taller Contoclub: monólogos para a mocidade , Lugo (17 de
novembro).
20 NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA INFANCIA
Todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir e medr ar en
familia por iso para celebrar este día fixéronse ac tividades
divulgativas e lúdicas sobre o acollemento familiar .
I ENCONTRO ESTATAL DE
FAMILIAS DE ACOLLIDA
CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA
Este foi o primeiro encontro de familias
acolledoras e profesionais da Cruz Vermella das
vinte provincias españolas nas que se
desenvolve o programa de acollemento familiar.
SANTIAGO DE COMPOSTELA,
29 DE NOVEMBRO
Un foro de coñecemento e intercambio de
experiencias entre as diferentes partes que
interveñen nos procesos de acollemento,
por un lado, profesionais dos Servizos So-
ciais dos concellos, dos Servizos de Protec-
ción de Menores da Xunta de Galicia ou de
centros privados, por outra lado, profesio-
nais dos equipos de acollemento familiar de
Cruz Vermella, e por suposto as propias
familias acolledoras .
www.acollementofamiliar.org 900 812 880