Fotoconto

Post on 27-Jul-2015

37 views 8 download

transcript

Os nenos e as nenas da biblioteca de Narón estaban lendo un libro sobre o fondo submarino e…

…ocorréuselles ir visitalo; así que foron ata a praia, onde atoparon …

…un simpático golfiño que lles indicou onde estaba agochado un submarino!!

Dentro do submarino atoparon un mapa do tesouro. E, o tesouro era…

…un marabilloso arco da vella! Que funcionaba como un tobogán que botaba chispas de cores ao baixar por el!!

No fondo había un mago cunha espada máxica ao que lle pediron que os levase en helicóptero á sabana, porque a eles lles encantaba viaxar e nunca alí estiveran.

Ao chegar á sabana, escoitaron un ruído estraño…

…era un dinosauro que berraba desconsoladamente porque se lle metera unha araña nun ollo!!

Os nenos e as nenas de Narón decidiron axudalo, pero como o dinosauro era tan alto, tiveron que facer unha torre humana para chegar ao seu ollo.

O dinosauro, agradecido, prestoulles o seu avión persoal para que puidesen ir ata unha praza na que había un parque con forma de barco pirata.

Alí, os nenos e as nenas xogaron un pouco pero como xa era tarde, decidiron volver á biblioteca.

Para volver, …

…tiñan que atravesar un campo cheo de flores que recolleron para adornar a biblioteca e para regalarlles a seus pais e nais.

Ao chegar á biblioteca, despedíronse dos seus amigos e amigas e quedaron de verse ao sábado seguinte para correr outra gran aventura.

ALEXANDRE RODRÍGUEZ GRANDAL

SABELA MANSO RICO

XIÁN MARTÍNEZ ANLLO

MAURO REY LAMELA

ARIEL CAO CASAL

ICÍA IZQUIERDO GONZÁLEZ

ANXO GARROTE PEREIRA

NOA ROMERO CALVO

AMALIA REY RICO

IRENE HERMIDA SÁNCHEZ

MARIO LOUREIRO ARDAO

MARCO CALVO MAURIZ

SARA PARDELLAS CANOSA

NOA DÍAZ GÓMEZ

MARTA MAROÑO LÓPEZ

ALBERTO ROMERO LÓPEZ

CAROLINA SAAVEDRA SANJURJO

ÁLVARO ANEIROS SUEIRAS

SANTIAGO MAROÑO LÓPEZ

ANDREA CABARCOS MEIZOSO

NOA ROMERO LÓPEZ

CARLA LORENZO DÍEZ

EDUARDO OLIVARES GÓMEZ

HUGO CALVO MAURIZ