Post on 14-Oct-2018
transcript
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 1 de 45
ÍNDICE
Introdución .................................................................................................................. 3
1 Avaliacións de riscos ................................................................................................... 4
1.1 Avaliacións iniciais ................................................................................................... 4
1.1.1. Avaliacións iniciais ............................................................................................... 4
1.1.2 Actualización das avaliacións iniciais ................................................................... 5
1.1.3 Avaliación do risco psicosocial ........................................................................... 7
1.2 Avaliacións específicas ............................................................................................. 8
1.2.1 Avaliacións específicas derivadas da actividade preventiva ................................. 8
1.2.2 Posta en conformidade de equipos de traballo ...................................................... 9
1.2.3 Avaliación específica dos axentes biolóxicos ...................................................... 10
2 Plans emerxencia e plans de autoprotección ............................................................. 11
2.1 Actividades dos plans de autoprotección .................................................................. 11
2.1.1 Alcance ………………………………………………………………………… 11
2.1.2 Contido dos plans de autoprotección .................................................................... 11
2.1.3 Actividades de mantemento dos plans de autoprotección...................................... 12
2.2 Elaboración de plans de autoprotección .................................................................... 13
2.3 Revisión e mantemento de plans de autoprotección ………................................ 14
2.3.1 Revisión de plans de autoprotección .................................................................. 15
2.3.2 Mantemento de plans de autoprotección ……………………………………… 17
2.4 Plans de Emerxencia................................................................................................... 19
2.4.1 Elaboración de plans de emerxencia …………………………………………….. 20
2.4.2 Revisión de plans de emerxencia …………………………………………………. 21
2.4.3 Mantemento de plans de emerxencia ........................................................................ 22
3 Información e formación ............................................................................................ 23
4 Medidas de control e seguimento da actividade preventiva ................................... 24
4.1 Implantación das medidas de control ........................................................................ 24
4.2 Controis periódicos. Inspeccións de seguridade, observacións do traballo e
controis ambientais ………………………………………………………………… 25
5 Documentación ........................................................................................................... 27
6 Sistema voluntario de xestión de seguridade e saúde laboral. OHSAS 18001 ….. 28
7 Implantación do plan de prevención de riscos laborais …………………………. 30
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 2 de 45
8 Sistema de xestión ambiental. ISO 14001 ………………………………………… 31
9 Outras actividades preventivas .................................................................................. 32
9.1 Xestión de accidentes de traballo e enfermidades profesionais ..…………………. 32
9.2 Xestión de equipos de protección individual ……………………………………… 33
9.3 Protección da maternidade ………………………………………………………… 34
9.4 Protección de persoal especialmente sensible ……………………………………... 35
9.5 Coordinación de actividades empresariais ………………………………………… 36
9.6 Proxectos e adquisicións …………………………………………………………... 37
9.7 Desinfección, desinsectación e desratización …………………………………….. 38
9.8 Xestión de comunicacións de riscos laborais ……………………………………… 39
9.9 Outras actividades preventivas ……………………………………………………. 40
10 Actividades específicas das áreas do SPR ….…………………………………….... 41
10.1 Área de Seguridade ................................................................................................... 42
10.2 Servizo de Vixilancia da Saúde ................................................................................. 43
10.3 Servizo de Protección Radiolóxica ........................................................................... 44
10.4 Unidade de Xestión de Residuos ............................................................................... 45
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 3 de 45
INTRODUCIÓN
O Real Decreto 39/1997 que aproba o regulamento dos servizos de prevención dispón que a
empresa deberá elaborar anualmente e manter a disposición das autoridades laborais e sanitarias
competentes a programación anual do servizo de prevención.
Asemade, a Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais dispón que o Comité de Seguridade e
Saúde (en adiante CSS) está facultado para coñecer e informar a programación anual do servizo de
prevención.
De acordo coa normativa de aplicación vixente é obxecto do presente documento:
Dar cumprimento ao disposto na Lei 31/1995 e no Real Decreto 39/1997 respecto da
elaboración da Programación anual do Servizo de Prevención de Riscos da USC (en adiante
SPR).
Relacionar as actuacións máis relevantes a realizar polo SPR no ano 2017.
Presentar ao CSS, para o seu coñecemento e consulta, a programación de actividades do
SPR correspondentes ao ano 2017.
Poñer a disposición das autoridades laborais e sanitarias competentes a programación de
actividades do SPR correspondentes ao ano 2017.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 4 de 45
1. AVALIACIÓNS DE RISCOS
1.1. AVALIACIÓNS INICIAIS
1.1.1. Avaliacións iniciais
O SPR realizará as avaliacións iniciais de novos centros que inicien as súas actividades no ano 2017, de
acordo co establecido no “procedemento de avaliación de riscos e implantación das medidas de
control”.
A realización de avaliacións iniciais de centros de nova construción implicará reducir a realización de
actualizacións de avaliacións iniciais programadas no punto 1.1.2., de xeito que o tempo total dedicado
á realización de avaliacións iniciais e actualizacións de avaliacións iniciais sexa o requirido para os
centros relacionados nese punto 1.1.2.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 5 de 45
1.1.2. Actualización das avaliacións iniciais
As avaliacións de riscos actualizaranse de acordo co previsto na normativa de aplicación e no
“procedemento de avaliación de riscos e implantación das medidas de control”. Este mesmo
procedemento establece os criterios a ter en conta para priorizar as actualizacións das avaliacións de
riscos:
As obrigas de actualización ou revisión das avaliacións iniciais recollidas na Lei 31/1995 de
prevención de riscos laborais e no Real Decreto 39/1997 do regulamento dos servizos de
prevención.
A magnitude e características dos riscos identificados na avaliación inicial e o número de
traballadores e traballadoras expostos.
A antigüidade da avaliación inicial.
Outros que se estime oportuno considerar.
O SPR poderá decidir a substitución das actualizacións propostas por outras que se estimara
necesario priorizar, de acordo cos datos de que dispoña en materia de prevención de riscos laborais.
De acordo con todo o anteriormente apuntado, consideraranse a actualizar as avaliacións dos
seguintes centros:
Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega
Centro de Estudos Avanzados
Colexio Maior Fonseca
Colexio Maior Rodríguez Cadarso
Colexio Maior San Clemente
Escola Infantil Breogán
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais / Facultade de Relacións Laborais
Facultade de Dereito
Facultade de Farmacia
Facultade de Veterinaria
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 6 de 45
Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos
Laboratorio de Patrimonio, Paleoambiente e Paisaxe
Locais Sindicais
Residencia Universitaria Burgo das Nacións
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay
Residencia Universitaria Monte da Condesa
UXA Norte
Vicerreitoría do Campus de Lugo
Realizaranse a totalidade das avaliacións relacionadas anteriormente sempre e cando non se realicen
as avaliacións iniciais indicadas no punto 1.1.1. Se a dispoñibilidade de uso de novas edificacións
permite a súa avaliación inicial, esta realizarase en substitución de actualizacións programadas neste
punto.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 7 de 45
1.1.3. Avaliación do risco psicosocial
O CSS ten decidido actualizar a avaliación psicosocial inicial da USC aplicando a versión 2 do
cuestionario COPSOQGal21, versión galega do cuestionario COPSOQistas21, á súa vez versión
española do cuestionario CoQsoP de Copenhague.
De acordo co Manual do Método o Grupo de Traballo que se designe ao efecto levará a cabo as
actividades necesarias para realizar a avaliación psicosocial.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 8 de 45
1.2 AVALIACIÓNS ESPECÍFICAS
1.2.1. Avaliacións específicas derivadas da actividade preventiva
Dentro da planificación da actividade preventiva da USC, tendo en conta que determinados postos
de traballo precisan dunha avaliación específica dada a súa complexidade ou imposibilidade de
análise directo, de acordo co “procedemento de avaliación de riscos e implantación de medidas de
control” realizaranse avaliacións específicas nos postos de traballo que presenten algunhas das
seguintes características:
Riscos en instalacións sometidas a regulamentacións de seguridade industrial e de prevención e
protección contra incendios.
Riscos en equipos que non poidan ser detectados na observación directa do posto de traballo.
Riscos de axentes contaminantes físicos ou químicos que requiran de medicións específicas para
determinar o risco existente para o persoal exposto.
Determinados postos, ou determinadas tarefas, que precisen someterse a estudios específicos
dos riscos ergonómicos e psicosociais.
Necesidade de efectuar controis periódicos das condicións de traballo e/ou actividade dos
traballadores/ras, se así se determinara na avaliación inicial.
En xeral, cando a valoración do risco requira recorrer á realización de medicións, análises ou
ensaios especializados.
Sempre que a avaliación inicial determine a necesidade de realizar unha avaliación específica.
A requirimento de Xerencia ou do responsable do centro ou servizo ao que pertence o posto de
traballo.
Como consecuencia da recepción de comunicado de risco que a criterio do SPR requira dunha
avaliación específica.
Motivada por resultados obtidos nas actividades de vixilancia da saúde.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 9 de 45
1.2.2. Posta en conformidade de equipos de traballo
Os equipos de traballo postos a disposición de traballadores/ras deben garantir a súa seguridade e
saúde ao ser utilizados. Para iso, o Real Decreto 1215/1997 recolle as condicións mínimas que
deben reunir os equipos de traballo, existindo tamén, segundo o equipo de que se trate, disposicións
legais ou regulamentos específicos de aplicación.
Para garantir a seguridade e a saúde do persoal que utilice equipos de traballo, estes deberán pois
someterse ás comprobacións pertinentes e ás actuacións que sexan precisas para a súa adecuación á
normativa xeral e específica de aplicación, requirindo esta posta en conformidade da realización de
avaliacións específicas.
Durante 2017 realizaranse as avaliacións específicas de equipos de traballo que se determinen nas
avaliacións iniciais de riscos e as súas actualizacións. Tamén se realizará a avaliación de posta en
conformidade de equipos de traballo con ocasión da recepción de comunicados de riscos,
investigación de accidentes ou resultado de actividades de vixilancia da saúde.
En relacións cos equipos de traballo dos que xa se ten realizado a súa avaliación de posta en
conformidade, unha vez notificada polos centros a implantación das medidas correctoras propostas,
O SPR levará a cabo as seguintes actuacións:
Comprobación da implantación das medidas propostas.
Emisión de informe de verificación.
Emisión do Documento de Adecuación ao Real Decreto 1215/1997.
Informe de avaliación. No caso en que os equipos continúen presentando non conformidades.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 10 de 45
1.2.3. Avaliación específica de axentes biolóxicos
A adopción de medidas de prevención e protección respecto dos axentes biolóxicos esixe a súa
previa clasificación e avaliación a efectos de determinar o seu nivel de risco, medidas de control e
normas de traballo que procedan.
Con ocasión da realización das avaliacións iniciais, ou das súas actualizacións, o SPR levará a cabo
a avaliación específica dos axentes biolóxicos presentes neses centros.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 11 de 45
2. PLANS DE EMERXENCIA E PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
Para cumprimento do establecido a tal efecto na Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, todos
os centros da USC contarán, como mínimo, co seu correspondente Plan de Emerxencia.
Os centros da USC para os que lle sexa de aplicación o Real Decreto 393/2007 que aproba a Norma
Básica de Autoprotección contarán con Plan de Autoprotección. Algúns centros da USC poderán
contar con plan de autoprotección aínda que, polas súas características, non sexa legalmente
esixible de acordo co disposto a tal efecto no Real Decreto 393/2007 que aproba a Norma Básica de
Autoprotección.
2.1. ACTIVIDADES DOS PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
O plan de autoprotección é o documento que establece o marco orgánico e funcional previsto para
un centro, establecemento, espazo, instalación ou dependencia, co obxecto de previr e controlar os
riscos sobre as persoas e os bens e dar resposta adecuada ás posibles situacións de emerxencia, na
zona baixo responsabilidade do titular da actividade, garantindo a integración destas actuacións co
sistema público de protección civil.
O plan de autoprotección aborda a identificación e avaliación dos riscos, as accións e medidas
necesarias para a súa prevención e control e as medidas de protección e outras actuacións a adoptar
no caso de emerxencia.
2.1.1. Alcance
Será de aplicación a Norma Básica de Autoprotección (R.D. 393/2007) a todas as actividades,
centros, establecementos, espazos, instalacións e dependencias da USC para as que se elabore o
plan de autoprotección.
2.1.2. Contido dos plans de autoprotección
O contido axústase ao establecido no Anexo II do R.D. 393/2007, de 23 de marzo, polo que se
aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados
a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia.
Incluirá todos os procedementos e protocolos necesarios para reflectir as actuacións preventivas e
de resposta ante unha emerxencia.
Os criterios para a elaboración, implantación, mantemento, vixencia, actualización e revisión dos
plans de autoprotección serán os que se establecen no R.D. 393/2007, de 23 de marzo, polo que se
aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados
a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 12 de 45
2.1.3. Actividades de mantemento dos plans de autoprotección
Visitas ao centro e toma de datos.
Revisión e actualización dos documentos do plan de autoprotección
Actualización da formación e información dos integrantes dos equipos de emerxencia:
- Exposición do plan de autoprotección.
- Inventario, análise e avaliación dos riscos.
- Medidas e medios de autoprotección.
- Identificación e clasificación das emerxencias.
- Procedementos de actuación ante emerxencias.
- Identificación e funcións das persoas e equipos que levarán a cabo a posta en marcha do
plan e os procedementos de actuación ante emerxencias.
- Outras actividades formativas.
Reunión preparatoria de simulacro de emerxencia.
Realización de simulacro de emerxencia.
Reunión posterior á realización do simulacro (análise e avaliación).
Informe sobre a realización do simulacro de emerxencia
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 13 de 45
2.2. ELABORACIÓN DE PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
No ano 2017 está previsto informar en CSS a elaboración e implantación dos plans de
autoprotección dos seguintes centros:
LASER-PET
Pavillón de Servizos
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 14 de 45
2.3. REVISIÓN E MANTEMENTO DE PLANS DE AUTOPROTECCIÓN
De acordo coa Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, ademais de analizar as posibles
situacións de emerxencia e adoptar as medidas necesarias en materia de primeiros auxilios, loita
contra incendios e evacuación, existe a obriga de designar o persoal que leve á práctica estas
medidas e comprobar periodicamente o seu correcto funcionamento.
O cumprimento da lexislación esixe renovar, ou actualizar, os distintos equipos de emerxencia,
formar aos novos integrantes dos equipos e actualizar a formación dos que xa os integraban e, para
comprobar o seu funcionamento, realizar o correspondente simulacro.
O mantemento dos plans de autoprotección realizarase de acordo co establecido no Real Decreto
393/2007, de 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros,
establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de
emerxencia.
En 2017 está previsto informar en CSS as actividades de revisión e mantemento dos plans de
autoprotección que se relacionan nos seguintes apartados.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 15 de 45
2.3.1. Revisión de plans de autoprotección
Informaranse en CSS as actividades de formación, simulacro e revisión do documento dos plans de
autoprotección dos seguintes centros:
Aulario Roberto Novoa Santos
Biblioteca Concepción Arenal
CACTUS Santiago
Casa Jimena y Elisa Fernández de la Vega
CIQUS
CITIUS
Colexio de Fonseca (Biblioteca Xeral)
Colexio Maior Fonseca
Colexio Maior Rodríguez Cadarso
Colexio Maior San Clemente
Departamento de Física de Partículas (RUMC)
Departamento de Física Electrónica e Computación (RUMC)
Facultade de Ciencias (dous edificios)
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)
Facultade de Formación do Profesorado
Facultade de Medicina e Odontoloxía (Medicina)
Facultade de Medicina e Odontoloxía (Odontoloxía)
Instalacións Deportivas
Instituto de Acuicultura
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 16 de 45
Museo de Historia Natural Luis Iglesias
Vicerreitoría do Campus de Lugo
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 17 de 45
2.3.2. Mantemento de plans de autoprotección
Informaranse en CSS as actividades de formación e simulacro dos plans de autoprotección dos
seguintes centros:
Almacén de Residuos
Arquivo Histórico
Biblioteca Intercentros/UXA/Vicexerencia (Lugo)
CACTUS Lugo
Casa da Balconada
CIBUS
CIMUS
Colexio San Xerome (Reitoría)
Departamento de Física de Partículas (RUMC)
Emprendia
Escola Infantil Breogán
Escola Politécnica Superior
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Facultade de Bioloxía
Facultade de Ciencias da Comunicación
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Facultade de Ciencias Políticas/Relacións Laborais
Facultade de Dereito
Facultade de Enfermería
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 18 de 45
Facultade de Farmacia
Facultade de Filoloxía
Facultade de Filosofía
Facultade de Física
Facultade de Humanidades e Aulario
Facultade de Matemáticas
Facultade de Óptica e Optometría
Facultade de Psicoloxía
Facultade de Química
Facultade de Veterinaria
Facultade de Xeografía e Historia
Instituto de Cerámica
Instituto de Investigacións e Análises Alimentaria
Instituto de Investigacións Tecnolóxicas
Laboratorio de Radiofísica
Pavillón Estudantil
Residencia Universitaria Burgo das Nacións
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay
Residencia Universitaria Monte da Condesa
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 19 de 45
2.4. PLANS DE EMERXENCIA
Algúns centros, dadas as súas características e polo feito de non ser esixido polo Real Decreto
393/2007, contan cun Plan de Emerxencia para poder cumprir igualmente co establecido a tal efecto
na Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 20 de 45
2.4.1. Elaboración de plans de emerxencia
En 2017 consultarase en CSS a elaboración e implantación dos plans de emerxencia de centros que
entren en funcionamento.
Elaboraranse os plans de emerxencia dos seguintes centros:
Casa da Cuncha
Centro de Linguas Modernas
Locais Sindicais
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 21 de 45
2.4.2. Revisión de plans de emerxencia
Informaranse en CSS as actividades de formación e simulacro e actualización da documentación
dos plans de emerxencia dos seguintes centros:
Almacén Xeral
Área de Infraestruturas. Chalet Campus Vida
Auditorio
Casa Gradín (Publicacións)
Estación de Bioloxía Mariña A Graña
Igrexa
Instituto da Lingua Galega (ILGA)
Instituto de Ciencias da Educacion
Instituto de Ortopedia
Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe
Observatorio Astronómico
Terceiro Ciclo
UXA Norte
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 22 de 45
2.4.3. Mantemento de plans de emerxencia
Informaranse en CSS as actividades de formación e simulacro dos plans de emerxencia dos
seguintes centros:
Animalario Xeral
Aula de Produtos Lácteos
Casa de Europa
Centro de Estudos Avanzados
Estación Científica O Caurel
Estación Hidrobiolóxica do Encoro do Con
IBADER
Servizo de Normalización Lingüística
Servizo de Prevención de Riscos
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 23 de 45
3. INFORMACIÓN E FORMACIÓN
Para cumprimento da obriga de información sobre os riscos detectados nas avaliacións e as medidas
de prevención e protección a adoptar, os traballadores/ras serán axeitadamente informados polas
persoas responsables dos distintos centros, servizos e unidades nas que se realicen avaliacións de
riscos, de acordo co disposto no “procedemento de avaliación de riscos e implantación das medidas
de control”.
Para acreditación da realización desta tarefa informativa o SPR procederá ao rexistro das
certificacións remitidas polos responsables dos distintos postos de traballo obxecto de avaliación.
Dando cumprimento ao artigo 19 da Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais é obxectivo da
USC impartir ao seu persoal unha formación en materia preventiva que sexa suficiente e axeitada
para garantir a protección da súa seguridade e saúde.
Para cumprimento deste obxectivo elabórase e sométese a consulta do CSS un Plan Anual de
Formación en materia de prevención de riscos laborais que ten en consideración as características
dos distintos postos de traballo, as súas funcións e os riscos laborais identificados nas
correspondentes avaliacións.
Aínda que o SPR elabora un programa anual de actividades de formación en materia de prevención
de riscos laborais, a xestión concreta da maior parte destas accións corresponde á Xerencia da USC
e á Vicerreitoría do Profesorado que, a través dos seus servizos de Planificación e Programación,
integran a formación en materia de prevención de riscos laborais no conxunto da súa xestión.
O “plan de formación en prevención de riscos laborais” para 2017, a aprobar por Xerencia previa
consulta en CSS, figura nun documento aparte da presente programación.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 24 de 45
4. MEDIDAS DE CONTROL E SEGUEMENTO DA ACTIVIDADE PREVENTIVA
4.1. IMPLANTACIÓN DAS MEDIDAS DE CONTROL
Para a implantación das medidas de control propostas nas avaliacións de riscos, o SPR executa e
participa na aplicación das medidas que son da súa competencia e exerce as súas funcións de apoio
e asesoramento para que as persoas e órganos con responsabilidades na materia poidan levar a cabo
o seu cometido.
A implantación das medidas de control priorizarase en función do resultado da valoración dos
riscos. Xunto coa valoración de cada un dos riscos identificados, o SPR incorporará á propia
avaliación de riscos unha proposta da persoa ou unidade responsable á que compete a execución das
medidas de control.
Independentemente da realización das inspeccións de seguridade, observacións do traballo e
controis periódicos que procedan, requirirase das direccións dos centros e servizos avaliados, e
unidades responsables da execución das medidas de control, a confirmación de que as medidas
foron efectivamente aplicadas.
As certificacións de execución das medidas de control, emitidas polos responsables da súa
aplicación, serán arquivadas polo SPR.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 25 de 45
4.2. CONTROIS PERIÓDICOS. INSPECCIÓN DE SEGURIDADE, OBSERVACIÓNS DO
TRABALLO E CONTROIS AMBIENTAIS
O SPR realizará controis periódicos das condicións de traballo e da actividade dos traballadores/ras
para detectar situacións potencialmente perigosas, verificar a idoneidade das medidas de prevención
e protección e garantir os comportamentos seguros e a mellora continua das condicións de traballo.
Este control periódico exercitarase a través de dous tipos de actuacións: as inspeccións de
seguridade e as observacións de traballo. De todos os xeitos ambas as dúas poderán realizarse de
forma conxunta aproveitando unha única visita ao lugar de traballo en cuestión.
As inspeccións de seguridade son visitas ou percorridos para detectar condicións perigosas
existentes en lugares, instalacións ou equipos de traballo. Mediante as inspeccións de seguridade
identifícanse estados dos lugares de traballo, instalacións e equipos de traballo que puideran
contribuír a que se produza un accidente: deficiente organización, instalacións ou equipos
inadecuados ou deteriorados, etc.
As observacións do traballo permiten controlar as actuacións do persoal no desempeño das súas
funcións, co obxecto de asegurarse de que o traballo se realiza de xeito seguro e conforme aos
procedementos e instrucións que sexan de aplicación. As observacións do traballo proporcionan
datos sobre o grao de cumprimento das normas de seguridade e a súa idoneidade. Tamén detectan
hábitos e actuacións inseguras, identifican necesidades específicas de formación e miden a
efectividade da formación impartida.
Realizaranse este tipo de controis periódicos nos centros que contan cun sistema de xestión de
seguridade e saúde implantado de acordo cos requisitos da especificación OHSAS 18001:2007:
Colexio Maior Fonseca
Colexio Maior Rodríguez Cadarso
Colexio Maior San Clemente
Escola Infantil Breogán
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Instituto de Cerámica
Residencia Universitaria Burgo das Nacións
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay
Residencia Universitaria Monte da Condesa
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 26 de 45
O SPR planificará a realización doutras inspeccións de seguridade e/ou observacións do traballo en
función dos datos que teña en relación coa seguridade e saúde laboral en centros e lugares de
traballo da USC.
O SPR realizará visitas de seguridade e/ou observacións do traballo con ocasión da recepción de
“comunicados de risco” que impliquen visitar centros ou lugares de traballo aos efectos de
comprobación, valoración e adopción de medidas de prevención e protección.
Os “comunicados de risco” recibidos e os datos dos resultados das actividades de vixilancia da
saúde, tamén poderán dar lugar a realización de controis ambientais en centros e lugares de traballo,
aos efectos de comprobación, valoración e proposta de medidas de prevención e protección.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 27 de 45
5. DOCUMENTACIÓN
De acordo coas esixencias da Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, Real Decreto 39/1997
do regulamento dos servizos de prevención e Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da
prevención de riscos laborais, a USC conta cunha “política de prevención de riscos laborais” e cun
“plan de prevención de riscos laborais”, que constitúe o sistema de xestión da prevención de riscos
laborais da USC.
Con ocasión da implantación da especificación OHSAS 18001 nalgúns dos seus centros, a USC
completou a documentación necesaria para o desenvolvemento da actividade preventiva: manual,
procedementos, instrucións, programas específicos e formatos para rexistros das actividades
efectuadas. O SPR continuará en 2017 coas revisións que procedan da documentación do Sistema
de Xestión de acordo cos resultados da revisión do Sistema, auditorías e seguimento da
implantación.
Tamén estarán sometidas á continua observación da súa vixencia e revisión por parte do SPR as
normas de prevención de riscos internas da USC.
Ao mesmo tempo, o SPR elaborará toda a documentación que require a práctica das actividades de
prevención de riscos nos distintos centros da USC, así como os informes, plans, programacións e
memoria.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 28 de 45
6. SISTEMA VOLUNTARIO DE XESTIÓN DA SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL. OHSAS 18001
O SPR levará a cabo as actividades necesarias para asegurar o mantemento do sistema de xestión de
seguridade e saúde laboral certificado de acordo cos requisitos da especificación OHSAS
18001:2007 nos seguintes centros:
Colexio Maior Fonseca
Colexio Maior Rodríguez Cadarso
Colexio Maior San Clemente
Escola Infantil Breogán
Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Instituto de Cerámica
Residencia Universitaria Burgo das Nacións
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay
Residencia Universitaria Monte da Condesa
De entre as tarefas a desenvolver para mantemento deste Sistema cabe relacionar, entre as que
serían específicas e diferenciadas respecto das realizadas nos demais centros da USC, as seguintes:
Requisitos legais e outros requisitos voluntariamente asumidos. Identificación periódica,
comunicación a partes interesadas e verificación e avaliación do seu cumprimento
Programa. Plantexamento de obxectivos e metas voluntarios, para mellora continua do Sistema
e seguimento e avaliación da súa consecución.
Formación. Identificación de novas necesidades formativas, elaboración de programa específico
de formación para o Sistema e implementación e avaliación das accións formativas
programadas.
Comunicación. Xestión e rexistro das comunicacións de entrada e saída relacionadas co
Sistema.
Consulta. Sometemento a consulta do CSS e/ou delegados/das de prevención da documentación
e actuacións con repercusión en materia de seguridade e saúde laboral.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 29 de 45
Documentación. Actualización e revisión da documentación do Sistema e control dos rexistros
xerados polas actividades preventivas.
Non conformidades e accións correctoras/preventivas. Apertura, xestión, seguimento e peche de
non conformidades e accións correctoras/preventivas.
Avaliación de riscos. Actualizar as avaliacións de riscos.
Planificación preventiva. Actualizar, semestralmente, as planificación das medidas de control
dos riscos propostas nas avaliación de riscos.
Emerxencias. Actualizar os “plans de autoprotección” e actualizar as planificacións das medidas
correctoras propostas nos “informes de simulacro”.
Empresas externas. Identificación de novas contratacións, implementación da coordinación de
actividades empresariais e comunicación dos requisitos do Sistema.
Controis periódicos. Realización de controis periódicos, en cada un dos centros, das condicións
de traballo e das actividades dos traballadores/ras e planificación das medidas correctoras
propostas nos informes destes controis.
Mantemento de instalacións. Revisións periódicas de instalacións sometidas a regulamentación
industrial e seguimento do seu mantemento.
Auditorías. Seguimento da auditoría interna e da auditoría de certificación. Son obxecto de
auditoría: o SPR, o SVS e os propios centros certificados.
Implantación de accións correctoras derivadas de non conformidades de auditoría. Tanto da
interna como da de certificación.
Revisión do Sistema pola Dirección. Aportación de datos para a revisión do Sistema.
Programacións. Elaboración do “programa do sistema de xestión” e dos programas de
formación e auditorías.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 30 de 45
7. IMPLANTACIÓN DO PLAN DE PREVENCIÓN DE RISCOS
LABORAIS
Independentemente de que nove centros da USC, xa sinalados noutros apartados deste documento,
dispoñan dun sistema de xestión da seguridade e saúde laboral certificado acorde cos requisitos da
especificación OHSAS 18001, a USC conta cun sistema de xestión da seguridade e saúde laboral de
aplicación global no conxunto da organización que está definido no seu “plan de prevención de
riscos laborais”.
En 2017 o SPR continuará co proceso de implantación do “plan de prevención de riscos laborais”,
realizando accións formativas ou xornadas específicas eu reunións en centros, coa dirección e coas
persoas responsables das súas distintas áreas ou unidades, aos efectos de integrar as distintas
responsabilidades e funcións asignadas no “plan de prevención de riscos laborais” e nos
procedementos e instrucións.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 31 de 45
8. SISTEMA DE XESTIÓN AMBIENTAL. ISO 14001
O SPR ten certificado un Sistema de Xestión Ambiental segundo a Norma UNE-EN ISO
14001:2004.
Co compromiso da mellora continua, no ano 2017 corresponde ao SPR levar a cabo as seguintes
actividades de carácter xeral:
Continuar co mantemento do Sistema.
Acadar os obxectivos e metas propostos no programa de 2016.
Seguimento da Auditoría Interna.
Implantar medidas correctoras para tratamento de non conformidades detectadas en Auditoría
Interna.
Aportar información á Dirección para revisar o Sistema.
Elaborar o programa de obxectivos e metas para 2017.
Seguimento da Auditoría de Seguimento da Certificación.
Implantar medidas correctoras para tratamento de non conformidades detectadas en Auditoría
de Seguimento da Certificación.
Implantar as actuacións contidas na programación de 2016.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 32 de 45
9. OUTRAS ACTIVIDADES PREVENTIVAS
9.1. XESTIÓN DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS
Ademais da notificación oficial de accidentes de traballo con baixa e da relación de accidentes sen
baixa, na USC efectúase á investigación e o control estatístico dos accidentes e incidentes laborais.
O SPR realizará a investigación de accidentes e incidentes de acordo co establecido no
“procedemento de xestión de accidentes”.
Recibida no SPR a notificación de accidente ou incidente procederá a determinar as súas causas e
propoñerá as medidas correctoras que se estimen máis oportunas. A investigación de incidentes
relacionados coas radiacións ionizantes corresponderá ao Servizo de Protección Radiolóxica
Cos datos dos accidentes de traballo que cursen con baixa laboral, o SPR levará a cabo un control
estatístico que, ademais da súa clasificación, permita observar a evolución anual da sinistralidade na
USC.
Entre as funcións propias do Servizo de Vixilancia da Saúde estará a atención, en primeira
instancia, do persoal que sufra un accidente de traballo. De ser preciso, o Servizo de Vixilancia da
Saúde derivará á persoa accidentada á unidade ou especialista indicados.
O Servizo de Vixilancia da Saúde tamén leva a cabo a identificación de posibles enfermidades
profesionais e a súa notificación e investigación. A investigación das posibles enfermidades
profesionais pode dar lugar á realización de avaliacións específicas por parte do SPR.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 33 de 45
9.2. XESTIÓN DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
Desde o SPR levaranse a cabo as actuacións necesarias para garantir a protección dos
traballadores/ras mediante a utilización de equipos de protección individual, cando non é posible a
eliminación ou suficiente minoración dos riscos laborais mediante medios técnicos de protección
colectiva ou mediante medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo.
Para iso, desde o SPR realizaranse as seguintes actuacións:
Determinar, mediante a realización das avaliacións de ricos, os postos de traballo nos que debe
recorrerse á utilización de equipos de protección individual.
Determinar os equipos a utilizar en función dos riscos laborais dos que protexerse.
Elaborar “listados de equipos de protección individual” a utilizar en cada centro.
Asesorar aos responsables de centros e servizos na utilización do sistema informático de
adquisición de equipos a través da web.
Xestionar o sistema informático de adquisición de equipos a través da web.
Proporcionar información e formación sobre equipos de protección individual.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 34 de 45
9.3 PROTECCIÓN DA MATERNIDADE
Desde o SPR levaranse a cabo as actividades necesarias para garantir a saúde das traballadoras en
situación de embarazo ou parto recente e a do feto ou bebé lactante.
Con esa finalidade realizaranse as seguintes actuacións:
Informar ás traballadoras, no momento da súa incorporación á USC, das accións a realizar no
caso de atoparse en situación de maternidade.
O Servizo de Vixilancia da Saúde informará á traballadora que comunica a súa situación de
maternidade sobre os riscos xerais, específicos e prohibicións.
O Servizo de Vixilancia da Saúde valorará a posible exposición das traballadoras, no seu posto
de traballo, a riscos específicos para a maternidade.
Avaliar de xeito específico, de considerarse necesario polo Servizo de Vixilancia da Saúde, as
actividades laborais das traballadoras en situación de maternidade.
Informar ás traballadoras dos resultados das avaliacións específicas realizadas para valoración
do risco para a maternidade.
Propoñer adaptacións do posto de traballo de traballadoras en situación de maternidade.
Propoñer o cambio de posto de traballo de traballadoras en situación de maternidade.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 35 de 45
9.4. PROTECCIÓN DE PERSOAL ESPECIALMENTE SENSIBLE
A incorporación de persoal coa consideración de especialmente sensible a determinados factores de
riscos laborais implicará que o SPR revise a avaliación de riscos dos postos de traballo que vaian a
ocupar, de xeito que se teñan en consideración as características específicas deste persoal e se leven
a cabo as adaptacións pertinentes para o desempeño dos postos de traballo en condicións de
seguridade e saúde.
A práctica da vixilancia da saúde implica a determinación da aptitude dos traballadores/ras para o
desempeño da súa actividade profesional. As conclusións dos resultados dos recoñecementos
médicos que impliquen informes de aptitude coa valoración de “non apto” ou “apto con
restricións”, comunicaranse aos responsables dos postos de traballo en cuestión, para que non se
encomenden funcións que poidan poñer en perigo a seguridade ou saúde destes traballadores/ras.
As comunicacións do SPR de situacións de especial sensibilidade derivadas de informes de aptitude
coa valoración de “apto con restricións”, tamén representan propostas de adaptación de postos de
traballo na procura dun desempeño san e seguro das súas funcións.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 36 de 45
9.5. COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS
O SPR apoia na realización das actuacións que permitan cumprir co deber de coordinación de
actividades empresariais en materia de prevención de riscos laborais, asegurando que as actividades
realizadas por persoal de empresas externas ou autónomos en lugares de traballo da USC cumpran
coas medidas de seguridade e saúde establecidas na lexislación e nas propias normas internas da
USC.
Con esa finalidade, o SPR asesorará e realizará as seguintes actuacións:
Elaborar e aportar ás empresas externas a información relativa aos lugares de traballo da USC
sobre riscos laborais, medidas de prevención e protección a adoptar e medidas de emerxencia.
Requirir das empresas externas a información e documentación requirida pola normativa de
aplicación e pola propia instrución da USC.
Determinar os medios de coordinación a establecer.
Intercomunicarse coas empresas externas: intercambio de información, comunicación de
instrucións ou realización de reunións de coordinación.
Rexistrar e arquivar documentación relativa á coordinación de actividades empresariais.
Utilizar a aplicación informática destinada á xestión da coordinación de actividades
empresariais.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 37 de 45
9.6. PROXECTOS E ADQUISICIÓNS
Desde o SPR realizaranse actividades conducentes a asegurar na fase de deseño a adecuación dos
novos centros e dependencias de traballo, procurando o cumprimento da normativa de aplicación en
materia de prevención de riscos laborais.
Con esa finalidade o SPR poderá levar a cabo as seguintes actuacións:
Reunirse coas oficinas técnicas para valoración de pregos, anteproxectos e proxectos.
Analizar pregos, anteproxectos e proxectos.
Emitir informes aos “pregos de condicións técnicas particulares” e “anteproxectos de obra”.
Emitir informes previos á recepción de centros de nova construción ou acondicionamento.
Realizar as avaliacións iniciais de riscos dos centros de nova construción ou acondicionamento.
O SPR tamén levará a cabo actividades conducentes a asegurar que os equipos de traballo que se
adquiran sexan axeitados para o traballo a realizar e garanten a seguridade e a saúde dos
traballadores/ras que os utilicen, cumprindo cos requisitos esixidos pola normativa de carácter xeral
ou específica vixente e por calquera norma técnica que sexa de aplicación en cada caso.
Para iso, o SPR poderá emitir informes sobre adecuación de equipos de traballo e mobiliario á
normativa de aplicación e aos criterios ergonómicos.
Coa mesma finalidade preventiva, o SPR poderá asesorar e elaborar instrucións e normas de
seguridade para a adquisición e utilización de equipos de traballo e produtos químicos.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 38 de 45
9.7. DESINFECCIÓN, DESINSECTACIÓN E DESRATIZACIÓN
Desde o SPR realizaranse actividades conducentes a asegurar que as aplicacións de tratamentos de
desinfección, desinsectación e desratización se realicen coas medidas de seguridade necesarias para
garantir a seguridade e saúde do persoal da USC e persoal de empresas externas que desenvolvan a
súa actividade nos lugares de traballo nos que se realice a aplicación, así como dos posibles
usuarios e visitantes en xeral.
Con esa finalidade, de acordo co establecido na instrución da USC de “desinfección, desinsectación
e desratización”, o SPR levará a cabo ou asesorará as seguintes actuacións:
Requirir das empresas aplicadoras información e documentación sobre acreditacións da empresa
e do seu persoal para realización do tratamento, produtos a utilizar e as súas características,
método e protocolos de actuación e medidas de seguridade a adoptar.
Revisar a documentación aportada polas empresas aplicadoras.
Cumprir as medidas de seguridade establecidas nos protocolos de aplicación.
Emitir informes sobre a procedencia dos tratamentos.
Informar das medidas de seguridade a persoal dos centros tratados, persoal externo e visitantes.
Rexistrar e arquivar a documentación aportada por empresas aplicadoras.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 39 de 45
9.8. XESTIÓN DE COMUNICACIÓNS DE RISCOS LABORAIS
As distintas deficiencias, situacións de risco, suxestións ou propostas de mellora comunicadas polo
persoal da USC xestionaranse de acordo co disposto na “instrución de comunicación de riscos
laborais”.
Para iso, o SPR acusará recibo das comunicacións, valorará as actuacións a realizar para xestión dos
posibles riscos comunicados e determinará a realización dalgunha das seguintes actividades
preventivas:
Inspección de seguridade ou control ambiental das condicións de traballo.
Avaliación de riscos.
Comunicación ou informe para control da situación.
O SPR informará da xestión das comunicacións de riscos laborais recibidas nas reunións de CSS.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 40 de 45
9.9. OUTRAS ACTIVIDADES PREVENTIVAS
O SPR levará a cabo o resto das actividades preventivas que lle son asignadas no “plan de
prevención de riscos laborais” e nos distintos procedementos e instrucións que recollen as súas
responsabilidades e funcións en relación coas distintas actividades de prevención, de xeito que
cumpra co cometido establecido na normativa de prevención de riscos laborais para os servizos de
prevención: prestar o asesoramento e apoio técnico necesario para que a empresa poida cumprir coa
súa obriga de asegurar unhas condicións de traballo sans e seguras.
Entre todas estas tarefas, non detalladas anteriormente nesta programación, cabe sinalar:
Realización de informes en materia de prevención de riscos laborais
Elaboración da “memoria anual”.
Elaboración da “programación anual”.
Elaboración do “plan anual de formación en materia de prevención de riscos laborais”.
Elaboración do resto da documentación esixida pola normativa de aplicación.
Outras actividades relacionadas coa xestión ambiental.
Outras actividades relacionadas co sistema de xestión OHSAS 18001.
Reunións para posta e común e actuación interdisciplinar das distintas áreas do SPR.
Reunións específicas entre distintas áreas do SPR ou con outros servizos ou unidades da USC.
Asistencia ás reunións do CSS e apoio técnico a este órgano.
Actividades específicas das distintas áreas do SPR.
Outras actividades.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 41 de 45
10. ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DAS ÁREAS DO SPR
Desde cada unha das áreas que compoñen o SPR continuarase coas actividades preventivas
ordinarias, planificadas a partir da realización das avaliacións de riscos, de cara a aplicar as medidas
de prevención e protección necesarias para garantir a seguridade e saúde do persoal no desempeño
do seu traballo.
Sen ánimo de ser exhaustivos, relaciónanse de seguido algunhas desas actividades máis
significativas.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 42 de 45
10.1. ÁREA DE SEGURIDADE
O servizo de prevención propio da USC integra dúas das disciplinas de prevención de riscos
laborais: Seguridade e Medicina do Traballo; localizadas na Oficina de Xestión do SPR, no caso de
Seguridade e no Servizo de Vixilancia da Saúde, no caso de Medicina do Traballo.
Corresponderá á Área de Seguidade:
Elaboración, coordinación e supervisión da implantación de plans e programas de actuación
preventiva.
Elaboración, planificación, coordinación e supervisión das avaliacións de riscos.
Elaboración de plans de emerxencia e planificación, coordinación, implantación e supervisión
das actuacións que se deriven.
Control do cumprimento das medidas de prevención e protección de riscos.
Control da asignación e adquisición de equipos de protección individual.
Supervisión da xestión da sinalización de seguridade de centros e instalacións da USC.
Planificación, supervisión e coordinación de actividades preventivas de campo.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 43 de 45
10.2. SERVIZO DE VIXILANCIA DA SAÚDE
Medicina preventiva
o Recoñecementos médicos
o Estudios
Asistencia médica
o Consultas
o Accidentes
o Urxencias
Controis e análises
Tratamentos
Promoción da saúde
o Vacinacións
o Campañas de detección
Informes
Certificados
Distribución e reposición de caixas de urxencias
Asesoramento e formación
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 44 de 45
10.3. SERVIZO DE PROTECCIÓN RADIOLÓXICA
Vixilancia da radiación
o Xestión do material radioactivo
o Mantemento e actualización do Plan de Residuos Radioactivos
Controis
o Niveis
o Calidades
o Hermeticidades
o Equipos
o Perfís
Xestión da documentación
Xestión de arquivos
Planificación e seguimento das instalacións
Análise de incidentes
Actividades de formación e información
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
PROGRAMACIÓN DO SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS ANO 2017
Páxina 45 de 45
10.4. UNIDADE DE XESTIÓN DE RESIDUOS
Segregación e recollida de residuos
Tratamento de residuos por xestores autorizados
o Residuos químicos
o Residuos biolóxicos ou sanitarios
o Outros residuos
Outras actividades
o Accións de limpeza
o Medicións
o Asesoramento
o Colaboracións
o Formación