Post on 25-Mar-2018
transcript
Uxío Novoneyra nace en Parada de Moreda, no corazón da
Serra do Courel, o 19 de xaneiro de 1930.
En 1945 transládase a Lugo para estudar o bacharelato onde
coñece ao seu compañeiro de xeración Manuel María.
En 1947 a autora noiesa María Mariño marcha a vivir ao Courel,
con quen Uxío establecerá unha gran amizade que deixará unha
profunda pegada na obra de ambos os dous.
O neno Uxío Novoneyra.
De 1949 a 1951 está en Madrid. Acode como ouvinte ás
clases de Filosofía e Letras e comeza a escribir en castelán.
Inicia tamén a súa actividade de “decidor” de poesía.
No ano 1952 regresa a Galicia e fai o servizo militar en
Santiago de Compostela. Coincide de novo co seu amigo
Manuel María e entra en contacto con figuras como o
ensaísta e ideólogo Ramón Piñeiro, o pintor Carlos Maside e
o patriarca don Ramón Otero Pedrayo. Todos eles terán
gran influencia na futura obra de Uxío Novoneyra.
Con Ramón Piñeiro.
De 1953 a 1962 permanece no Courel debendo gardar
repouso debido a unha pleuresía. Este tempo de soidade,
reflexión e profunda relación coa terra marcará xa para sempre
o seu carácter.
Escribe o libro Os eidos (Galaxia, Vigo, 1955). A obra, escrita
entre 1952 e 1954, está dedicada a Carlos Maside e Ramón
Piñeiro. Este último é o autor do prólogo.
Manuel María, María Mariño e Uxío Novoneyra.
Volve a Madrid no ano 1962 onde permanecerá ata
1966. Traballa na radio e na televisión, asiste ás tertulias
do café Gijón e relaciónase cos membros do grupo Brais
Pinto: Reimundo Patiño, Ramón Lourenzo, Xosé
Fernández Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Escribe Elegías de Madrid, que xunto con Primera verdad
y tiempo con nombres e Elegías del Caurel conforman o
libro editado en Madrid en versión bilingüe Elegías del
Caurel y otros poemas en 1966.
En 1966 retorna ao Courel. Morre o seu pai e logo a súa nai. En
1973 casa con Elba Rei con quen terá tres fillos.
Cos poemas do ciclo courelao posteriores á publicación do
primeiro libro, escritos entre 1954 e 1957, xunto con outros máis
recentes e de marcado signo político, publica Os eidos 2 (Galaxia,
Vigo, 1974), ilustrado con debuxos de Laxeiro e dedicado á
memoria dos seus pais e de María Mariño.
Uxío Novoneyra , María Mariño, Saleta Goi, Manuel María e Roberto Pose.
Os eidos 2 leva o suxestivo subtítulo Libro de
olladas. Está organizado en seis partes, catro relativas
ao ciclo de os eidos: Serra aberta, Follas de cantigas,
Diario de enfermo e Don do silencio, e dúas de nome
cívico: Letanía de Galicia e outros poemas e O Laxeiro
pintor dunha Galicia.
En 1979 publica Poemas caligráficos. Na obra aparecen
conxugadas as dimensións política e gráfico-visual. O limiar Signos
no vento, signos no tempo é de Reimundo Patiño. Contén citas de
Luís Seoane e un debuxo de Patiño. Tamén un álbum fotográfico de
Novoneyra no Courel e con Elba.
O libro divídise en dúas partes: Vietnam canto e Poemas caligráficos.
Uxío Novoneyra e Elba Rei.
No ano 1985, Edicións Xerais publica unha recompilación
ampliada de Os eidos. Libro do Courel que inclúe unha escolma
de comentarios críticos, un glosario, un poema caligráfico, tres
retratos seus, ilustracións diversas e ata unha partitura musical.
Afincado definitivamente en Santiago de Compostela, exerce a
presidencia da Asociación de Escritores en Lingua Galega dende
1982 ata a súa morte en 1999.
Na segunda metade da década dos oitenta comeza
unha reagrupación temática da súa obra: Muller pra
lonxe (1986) recolle os seus poemas eróticos e
amorosos. Do Courel a Compostela (1988) recolle as
composicións de temática política, acompañadas
dunha escolma de textos críticos de varios autores,
fotografías, etc. Tamén unha versión bilingüe galego-
éuscaro da serie courelá, Bazterrak/Os eidos I e II.
Nos anos noventa dá a coñecer dúas publicacións de literatura
infantil, O cubil do xabarín e Gorgorín e Cabezón, dous contos de
aventuras protagonizados por rapaces e rapazas e ambientada no
Courel.
En 1994 publícase a súa última entrega poética individual, Poemas
da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras.
En 1995 publícase o poemario de temática compostelá e autoría
colectiva Camelio xaponés, que reúne en edición bilingüe galego-
nipona versos de Ayako Sugitani e de Novoneyra.
En 1997 publica unha nova entrega de literatura infantil, Ilda, o lobo,
o corzo e o xabarín. No 1997, dúas entregas poéticas, Betanzos:
Poema dos Caneiros e Estampas, e Onde só queda alguén pra
aguantar dos nomes. En 1998, o libro de conversas con Emilio Araúxo
Dos soños teimosos. En 1999, ano do seu falecemento, o libro
póstumo Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas
que recolle diversas mostras poéticas.
Letanía de Galicia
GALICIA digo eu / un di GALICIA GALICIA decimos todos GALICIA hastra os que calan din GALICIA e saben sabemos
GALICIA da door chora á forza GALICIA da tristura triste á forza GALICIA do silencio calada á forza GALICIA da fame emigrante á forza GALICIA vendada cega á forza GALICIA tapeada xorda á forza GALICIA atrelada queda á forza
libre pra servir libre pra servir libre pra non ser libre pra non ser libre pra morrer libre pra morrer libre pra fuxir libre pra fuxir
GALICIA labrega GALICIA nosa GALICIA mariñeira GALICIA nosa GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña GALICIA viva inda
recóllote da TERRA estás mui fonda recóllote do PUEBLO estás n’il toda recóllote da HISTORIA estás borosa
recóllote i érgote no verbo enteiro no verbo verdadeiro que fala o pueblo recóllote pros novos que vein con forza pros que inda non marcou a malla d’argola pros que saben que ti podes ser outra cousa pros que saben que o home pode ser outra cousa
sabemos que ti podes ser outra cousa sabemos que o home pode ser outra cousa
De tanto calar xa falo eu solo.
VIETNAM CANTO (fragmento)
CUMES CUMES CUMES CUMES COM´ESTES ECOEN UNHA VEZ POR CADA MORTE VIETNAMMMMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM VIETNAMMMMMMMMMMMMM Metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa está E calaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaar Hastr´o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSA un morto dous mortos tres / trinta mortos trescentos / tres mil mortos OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos tódalas os que se volven ceros 00000000000000000000000 baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á maquina difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón do monzón na lua do TEIT dá vergonza vivir dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA cándo remata un pobo? un pobo nace sempre no remata nunca nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca seino por vós pobo como o meu GALICIA pequeniña Sola cousa de todos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos mortos caindo polos teletipos luas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA
Terras outas e solas
¡TERRAS outas e soas! ¡Ucedo e ucedo! ¡Serras longas mouras! ¡Fontiñas outas Eu son esta cor de soidá... penedos carrozos escuros ¡Ancares soñados co lonxe! Fragas agros soutos e devesas! ¡Penas de Marco de Medio Mundo en ¡Labregos e pastoras [ringuileira do Candelo ás Moás! que solo vistes ¡Cimo da Devesa! istes tesos i estes vales! ¡Alto da Lucenza Formigueiros Montouto Pía-Páxaro Aturula a curuxa e canta o cuco Tesos cumes do Courel! ¡Pobso pobres medindo o tempo quedo que se para no cor e Ardidos de tristura mouros de queimados! [tornándose contra un vén cravarse no sitio onde máis se ¡Lor ruxindo polo val pecho! [sinte...
(de Os eidos)
Do Courel a Compostela
Os que así nos tein só tein noso os nosos nomes no censo, que astra a nosa suor sen alento se perde na terra. GALICIA, ¿será a miña xeración quen te salve? ¿Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas? ¡Non, a forza do noso amor non pode ser inútil!
(de Elexías do Caurel)