Louredo Cortegada

Post on 14-Mar-2016

225 views 8 download

description

Realizado por......de 5ºA

transcript

San Xoán de Louredo é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro, a 345 metros sobor o nivel do mar.

No ano 2007 tiña 123 habitantes, dos cales 60 eran homes e 63 eran mulleres, cunha maioría deles con idades superiores a 50 anos.

Orixes Esta aldea de Louredo procede dun Castro

Celta, localizado no Monte Chanduzal, máis tarde romanizado.

O topónimo de Louredo ven de Loureiro. Esta parroquia tivo varios nomes: primeiro Villa Laurarios, no 817 chamouse Laureda, en 951 Lauretum.

Patrimonio

En Louredo hai unha inscultura de máis de 70.000 anos de antiguedade, coñecida como o coto da Ferradura.

Patrimonio II

Tamén Louredo tivo un Castelo pertencente ó Rey Alfonso IX do cal non quedan restos, dícese que cas pedras do castelo fixéronse as casas alí existentes.

Patrimonio

Existe un Pazo, o cal foi construido por don Pedro Álvarez de Puga, patrono e Sr. de Louredo, Poulo e Meréns.

Festas

Celebra as súas festas patronais na honra a San Xoán o día 24 de xuño.

HistoriaExisten indicios da existencia dunha vía romana non oficial (tal vez a vía XV que ía cara Castromao, Celanova) , que comunicaría o val do Arnoia con Zaparín (en ambas localidades atopáronse aras romanas, en Arnoia unha a Xúpiter e o Sol e en Zaparín unha a Ceceaigis).

Suponse que o lugar foi habitado na alta idade Media por colonos do mosteiro de Celanova que ó chegar ó lugar o atoparon a monte cheo de loureiros, polo que o chamaron "Louredo", logo o lugar sería subforado ó liñaxe dos Puga, xunto con Meréns e Poulo, aínda que se apunta a que un dos membros desa familia aristocrática arrapañou con eses territorios aló polo século XV e logo ficaría para sempre en mans deles ata ben entrado o século XX

Mosteiro de Celanova

Historia II

O pazo de Louredo, pertencente ós Puga é do século XVI, e pertenceu ós Puga como casa de Meréns-Louredo (non confundir coa casa da Torre de Louredo, que é en Toén) que logo os labregos irianlle mercando (do cal se conserva o topónimo tabolado = dividir en pequenas partes) no NE da aldea, tamén se conserva unha capela no lugar de Louredo, así como un cruceiro do XVIII no lugar da Torre, outro de mellor factura artesanal no lugar do Pireiro e un peto de ánimas en Louredo, cerca de onde se atopan os restos da escola Pía doada por un Indiano a finais do XIX.

Historia

Durante a guerra de Independencia (1808-1814) o seu límite co río Arnoia na corga dos Confurcos formou parte da zona por onde pasou o xeneral Loison tentando varrer a oposición dos guerrilleiros no seu camiño cara Allariz, así como lugar de paso de varias partidas carlistas cara finais do século XIX, como a de Mateo Guillade (morto en Escudeiros, Ramirás).

Igrexa parroquial

De 1906 construída por Daniel Vázquez Gulías. No seu interior atópase unha talla de Xesuscristo con brazos móbiles e unha talla románica da Virxe en pedra

O campo

Aínda se traballa a terra

O campo Críanse os animas

E algúns aparecen sen máis:

A xente

Traballa no campo, aínda que son vellos

Os meus avós

A xente Traballa, pero tamén se divirte e vive feliz