Marzo

Post on 24-May-2015

377 views 0 download

transcript

Marzo é o terceiro mes do ano no calendario gregoriano e ten 31 días.O seu nome deriva do latín Martius en honra ao deus romano da guerra, No calendario romano era o primeiro mes do ano.

abruñeiro

A pedra de marzo é a augamariña e a flor o narciso.

Florecen: verdura, nabicol, grelos, pampullos, lamium, violetas, xestas, chícharos, fabóns, tulipáns, lirios, azaleas, cartuchos, aros, leiteiras, claudieiras, estripos, pexegueiros, pereiras, árbores do amor, plátanos, liquidámbar, carballos, glicinias, chopos, magnolias, cereais de inverno, patacas...

magnolia

azaleas

loureiro

marmeleiro

piñeiro: flores masculinas

cerdeira

glicinia

pexegueiro

flores de freixo

flores de chopo

masculinas

femininas

Maduran os froitos dos salgueiros, limoeiros, fabóns...

salgueiro

Agroman os fentos do monte, os ambroíños, as vides, os carballos...

carballo

ambroíños

fentos xuncos

cedro

Comezan a pañarse as patacas do cedo. Remátase de atar a viña e cávase

Saen as rans, os ourizos, os lagartosVeñen as anduriñas, as bubelas...Emparéllanse as xoaniñas e os saposVense os primeiros coelliños, volboretas..

pardais

merlo

temperatura máxima

(ºC)

temperatura mínima

(ºC)

temperatura media

(ºC)

humidade

media (%)

velocidade do

vento(km/h)

chuvia

total (l)

día chuviamáxima (l/m2)

diaschuvi

a

16,2 9,5 12,5 73 17,8 87,6 23,8(15) 14

O TEMPO

-Xaneiro xeadeiro, febreiro ventisqueiro, marzo pardo, abril mollado e maio claro, valen máis que os bois e o carro.-Vaite febreiro cos teus vinteoito, se chegas a ter máis catro non queda can nin gato, deixa que aí ven o meu irmán marzo que vos ha poñer os cornos no regazo.-Marzo, marzán, pola mañán cara de risa (de rosa, de porco, de lobo), pola tarde cara de can.

-O sol de marzo queima á dama no pazo.-Marzo amarzador, se un día é malo, o outro é peor.-Marzo maieiro, marzo marceiro.-O vintecinco de marzo entra a merenda e mais o descanso.-A ovella vella en marzo aleda.-Cando marzo é ventarrón, abril é chuviscón.

-Cobra no marzal, neve no San Xoán.-Nas tardes de marzo, recolle o teu gando.-Cando febreiro non febreirea, marzo marcea.-Marzo ventoso e abril chuvioso fan a maio fermoso.-Marzo iguarzo.-No marzo aínda hai lama no pazo.

-Se queres ter bo banastro corta os bimbios no marzo-No marzo abrigo, mozas e pan de trigo (ou millo)-Se no marzo ves tronar, arromba cubas e lagar-Nas tardes de marzo recolle o teu gando

-Quen no marzo non poda a súa viña perde a vendima-Quen en marzo non poda perde a vendima toda-Poda no marzo, vendima no regazo-A viña do bo amo pódase no marzo, a viña do ruín pódase no abril

1 de marzo

de 1972declárase o

primeiro parque nacional do

mundo: Yellowstone

(EE.UU.)

5 de marzo

día mundial da eficiencia enerxética

6 de marzo de

1869Dmitri Mendeléyev

presenta a súa primera táboa

periódica á Sociedade Química

de Rusia.

6 de marzo de

1899Bayer rexistra a

aspirina

6-8 de marzofestas de Antroido

10 de marzo de

1876Alexander Graham

Bell realiza con éxito a súa primera proba de teléfono

10 de marzo de

1982os nove planetas

alinéanse no mesmo lado en relación ao Sol

(Sizigia)

11 de marzo de

2011Terremoto en Xapón de magnitude 8,9 grados a 130 km de la costa provoca un tsunami que anega a costa noreste do país.

Todos os territorios costeiros del Pacífico

son postos en alerta de tsunami.

La Voz de Galicia, 11-3-2011

14 de marzo de

1879nace Albert Einstein

premio Nobel de Física en 1921

O 20 de marzo de 1916 publica a súa

teoría Xeral da Relatividade

14 de marzo de

1980morre o naturalista Félix Rodríguez de

la Fuente

21 de marzo

Comeza a primavera no

hemisferio norte e o outono no hemisferio sur

21 de marzoSemana

Mundial da eliminación

da discriminació

n racial

22 de marzo día mundial da auga

23 de marzo

Día Meteorolóxico Mundial

31 de marzo de

1727morre Isaac Newton

científico, físico, filósofo, alquimista

e matemático inglés.

31 de marzo de

1889inaugúrase a torre

Eiffel en París

FOTOS: Alumnado 1º ESO, Adela Leiro, Luchi Leiro, Mon Daporta, InternetDEBUXOS: Mon DaportaMARZO 2011