Post on 28-Mar-2016
description
transcript
IES Isidro Parga Pondal. Muiño da Pintura, 4. Tel: 981 75 68 08- FAX
981 75 68 09 – 15100 Carballo. A Coruña.
E-mail: ies.parga.pondal@edu.xunta.es
2011
ORIENTACIÓN 3º DE ESO
Página 2
1. INTRODUCCIÓN
A Dirección do Instituto, o equipo de profesores, e de maneira especial os
titores de 3° de ESO e o Departamento de Orientación, estamos interesados
en que, cando remates este curso, teñas unha idea clara e realista do que
queres facer no futuro, a curto e medio prazo. O programa titorial que estás
a desenvolver en estas páxinas, ten esa finalidade.Este caderno ten un
carácter orientativo. Nel atoparás unha descrición básica das distintas
alternativas que terás ó remata-la ESO ( co título de Graduado ou sen el )
2. A ESO E DESPOIS… QUE ?
A ) SE TES O TÍTULO DE GRADUADO EN ESO
Tes as seguintes opcións: Bacharelato
A Formación Profesional Específica
As Ensinanzas de Réxime Especial
B) SE NON TES O TÍTULO DE GRADUADO EN ESO
Segues a ter varias posibilidades
Programas de Cualificación Profesional Inicial ( PCPI )
A Ensinanza de Persoas Adultas
Acceder ós Ciclos Formativos de Grao Medio, mediante proba e con 17
anos .
C ) OUTRAS ALTERNATIVAS
A Formación Ocupacional
A Formación non regrada
Incorporarse ó mundo laboral
3. O BACHARELATO
3.1 Como está organizado
É a última etapa da Educación Secundaria, non é obrigatoria e a súa
duración é de dous cursos académicos. Tal e como establece o Decreto (
126/2008) , que regula destas ensinanzas poderás escoller entre tres
modalidades diferentes que están pensadas para atender tanto á diversidade
de estudios posteriores como á variedade de intereses, capacidades e
aptitudes de cada quen. As tres modalidades son:
Página 3
Ciencias e Tecnoloxía
Humanidades e Ciencias Sociais
Artes
Dentro de cada modalidade hai opcións, itinerarios.Na modalidade que
escollas cursarás materias de tres tipos: comúns, propias de modalidade e
optativas.
Poderás permanecer escolarizado no bacharelato durante catro cursos
académicos.
Repetirán 1° curso os alumnos que teñan avaliación negativa en máis de
dúas materias.
No bacharelato hai probas extraordinarias en setembro das materias nas que
non se obtiveron calificación positiva.
Os alumnos que ó término do 2º curso tiveran avaliación negativa en
algunhas materias, poderán matricularse delas sen necesidade de cursar de
novo, as materias suspensas
3.2 ¿Qué son os itinerairos?
As ensinanzas do Bacharelato permítenche cursar estes estudios en función
das túas preferencias: escoller unha modalidade entre tres previstas, unha
opción dentro de cada modalidade e unhas determinadas optativas.
Estas sucesivas eleccións configuran o teu itinerario persoal. É necesario,
entón, que teñas unha idea clara do que queres para poder deseñar o
itinerario máis acorde coas túas preferencias e necesidades.
Estes itinerarios vanse configurando dende que inicias 4° , por eso é moi
importante que fagas unha elección correcta das materias optativas que vas
atopar neste curso, tendo en conta o mesmo tempo a modalidade que queres
cursar no bacharelato.
Página 4
4º ESO
Materias Comúns
Lingua Castelá e Literatura
Lingua Galega e Literatura
Educa Física
Matemáticas
Ciencias Sociais
Ética
Inglés/ Francés ( escoller unha )
Relixión/Atención Educativa ( escoller unha )
MATERIAS TRONCAIS Marcar dúas materias no bloque
elexido
DÚAS OPTATIVAS Numerar por orde de
preferencia
A) Física e Química o Tecnoloxía o Bioloxía e Xeoloxía o Educación Plástica e
Visual
- 2ª Lingua Estranxeira - Biosaúde -Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras ( se non se cursou en 3º de ESO - Cultura Clásica ( se non se cursou en 3º de ESO - Latín - Informática - Bioloxía e Xeoloxía - Tecnoloxía - Física e Química - Educación Plástica e Visual - Música
B) Latín: o 2ª Lingua Estranxeira o Informática o Música
Página 5
1º BACHARELATO
Materias Comúns Ciencias para o Mundo Contemporaneo
Educación Física
Filosofía e Cidadanía
Lingua Galega e Literatura
Linga Castelá e Literatura
Inglés/ Francés ( escoller unha )
Relixión/Atención Educativa ( escoller unha )
MATERIA PROPIAS DE MODALIDADE
Escoller dúas OPTATIVAS
Elexir por orde de preferencia
CIE
NC
IAS
E T
EC
NO
LO
XÍA
Matemáticas I
o Biología e Xeoloxía o Debuxo Técnico I o Física e Química o Tecnoloxía Industrial I
o ANTROPOLIXÍA o BIOLOXÍA E XEOLOXÍA o CULTURA AUDIOVISUAL o DEBUXO TÉCNICO I o ECONOMÍA o FÍSICA E QUÍMICA o GREGO I o LATIN I o MATEMÁTICAS APLICADAS
ÁS CC. SS. o MÚSICA o Sª LINGUA ESTRANXEIRA o TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I o TEC.INFORM. E COMU.
HU
MA
NID
AD
ES
E C
IEN
CIA
S S
OC
IAIS
Hª MUNDO CONTEMPORANEO
o Economía o Grego I o Latín I o Matemáticas aplicadas
CC SS I
Página 6
RELACIÓN ENTRE AS MATERIAS TRONCAIS DE 4º E AS
MODALIDADES DE BACHARELATO
OPCÍÓN DE BACHARELATO MATERIAS DE 4º
ARTÍSTICO Educación Plástica e Visual
Música
CIENCIAS Física e Química
Bioloxía e Xeoloxía
Biosaúde
TECNOLOXÍA Tecnoloxía
Física e Química
Educación Plástica e Visual
HUMANIDADES Latín
Cultura Clásica
CIENCIAS SOCIAIS As que mellor respondan ós teus
intereses ou gustos
4. FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA
A formación profesional é un conxunto de accións formativas, durante un
período máximo de dous cursos, que te capacitan para o exercicio dunha
profesión e te preparan para o acceso ao emprego.
A formación profesional ordénase segundo un grupo de ocupacións:
familias profesionais que configuran un sector económico e concorren
nunha mesma actividade productiva ( comuniciación, imaxe e son,
electricidade e electrónica, actividades marítimo pesqueiras ....)
As familias profesionais están constituídas por ciclos formativos co
obxectivo de formar profesionais de cada sector profesional con maís
capacitación e cualificación. Cada ciclo formativo comprende un conxunto
de módulos profesionais de formación teórica e práctica. Actualmente
existen 142 ciclos formativos organizados en 26 familias profesionais.
Os ciclos formativos poden ser de grao medio ou de grao superior, e a súa
duración é de 2000 horas, cun máximo de dous cursos académicos. Tanto
Página 7
os de grao medio como os de grao superior inclúen un módulo de
formación en centros de traballo ( FCT ), de duración comprendida entre
tres e seis meses, para o que se dispón de axudas económicas
Co ciclo de grao medio acádase o título de TECNICO na profesión
correspondente. NON DA ACCESO DIRECTO ÓS CICLOS DE
GRAO SUPERIOR
Como consecuencia da implantación dunha nova lei educativa, a lei
orgánica de educación ( LOE, Lei2/2006 ) conleva , entre outras cousas,
modificación nos novos currículos dos títulos Formación Profesional e de
acordo co novo Marco Europeo de Cualilficacións ( 2006 ) teremos 5
niveles de cualificación:
1. Nivel I: corresponde cos Programas de
cualificación profesional inicial
2. Nivel II: Ciclos de Grao Medio
3. Nivel III: Ciclos de Grao Superior
4. Nivel IV: Ensinanzas de Grao
5. Nivel V: Ensinanzas de Post-Grao
Ciclos de grao medio
ACTIVIDADES AGRARIAS
Traballos forestais e de
conservación do medio natural
Xardinería
Explotacións gandeiras
Explotacións agrícolas
intensivas
Explotacións agrarias
extensivas
ACTIVIDADES FÍSICAS E
DEPORTIVAS
Conducción de actividades
físicas e deportivas
ACTIVIDADES MARÍTIMO-
PESQUEIRAS
Pesca e transporte marítimo
Operación, control e
mantemento de máquinas e
instalacións do buque
Operacións de cultivo acuícola Mergullo a media profundidade
ADMINISTRACIÓN
Xestión Administrativa
Página 8
ARTES GRÁFICAS
Preimpresión en artes gráficasI
Impresión en artes gráficas
COMERCIO E MARKETING
Comercio
COMUNICACIÓN, IMAXE E
SON
Laboratorio de imaxe
EDIFICACIÓN E OBRA
CIVIL
Acabados en construcción
ELECTRICIDADE E
ELECTRÓNICA
Equipos e instalación
electrotécnicas
Equipos electrónicos de
consumo
FABRICACIÓN MECÁNICA
Mecanizado
Soldadura e Calderería
HOSTELERÍA E TURISMO
Servicios de restaurante e bar
Pastelería e Panadería
Cociña
IMAXE PERSOAL
Perruquería
Estética persoal decorativa
INDUSTIRIAS
ALIMENTARIAS
Elaboración de viños e
outras bebidas
Panificación e repostería
Conserveira vexetal,
cárnica e de peixe
MADEIRA E MOBLE
Fabricación a medida e
instalación de carpintería e
moble
MANTEMENTO DE
VEHÍCULOS
AUTROPOPULSADOS
Electromecánica de
vehículos
Carrocería
MANTEMENTO E
SERVICIOS Á
PRODUCCIÓN
Instalación e mantemento
electromecánico de
maquinaria e conducción
de liñas
Montaxe e mantemento de
instalacións de frío,
climatización e producción
de calor
Página 9
QUÍMICA
Laboratorio SANIDADE
Farmacia
Coidados auxiliares de
enfermería
TEXTIL, CONFECCIÓN E
PEL
Confección
SERVIZOS
SOCIOCULTURAIS E Á
COMUNIDADE
.Atención Sociosanitaria
VIDRO E CERÁMICA
Operación de fabricación de
productos cerámicos
INFORMÁTICA
Explotacións de sistemas
informáticos
No curso 2008/09 implantáronse os seguintes novos títulos:
Técnico en emerxencias sanitarias
Técnico en panadería, repostaría e confeitaría
Técnico en mecanizado
Técnico en cociña e gastronomía
No curso 2009/10 implantáronse os seguintes novos títulos:
Técnico en Instalacións eléctricas e automáticas
Técnico en Soldadura e Calderería
Técnico en Servizos de Restauración
Técnico en Sistemas Informáticos e redes
Técnico en Farmacia e Parafarmacia
Técnico en Carrozaría
Técnico en aceites de oliva e viños
Técnico en confección e moda
No curso 2010/11 implantáronse os seguintes novos títulos:
Técnico en produción agroecolóxica
Técnico en agropecuária
Técnico en instalacións de comunicación
Página 10
Estructura dos novos títulos: Cada ciclo está formado por un conxunto de
módulos ( materias ) e cada un de estes módulos vai asociado a varias
unidades de competencia profesionais, que no caso de ciclos de grao medio
poden ser de Nivel I ou de Nivel II, de tal xeito que se algún alumno ten
cursado un PC PI, pode ter convalidada algunha destas unidades de nivel I,
se gardan equivalencia.
Todos os ciclos tanto medios como superiores teñen os seguintes módulos:
Formación e Orientación Laboral, Formación en Centros de Traballo
( FCT) e unicamente éstos non van asociados a unidades de competencia
profesional
5. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
5.1 Artes plásticas e deseño
Comprenden estudios relacionados coas artes aplicadas, oficios artísticos,
diversas modalidades de deseño e conservación e restauración de bens
culturais.
A estructura é a mesma que a da FPE: ciclos formativos de grao medio e
superior, de xeito que despois da ESO podes acceder ós ciclos formativos
de grao medio, e despois do bacharelato podes acceder ós ciclos formativos
de grao superior, aínda que só terán acceso directo os alumnos que cursasen
o bacharelato de artes, o resto dos alumnos deberán facer unha proba que
valorará as súas aptitudes artísticas e que consiste básicamente na
realización de debuxos e bosquexos sobre temas propostos.
Os centros nos que se imparten estas ensinanzas son as escolas de artes
plásticas e deseño, que en Galicia, se atopan en A Coruña, Santiago, Lugo,
Ourense, Vigo e Ferrol ( estas dúas últimas de titularidade privada ).
Página 11
Os ciclos que se imparten nestes centros son:
ARTES APLICADAS DA
ESCULTURA
- CS Artes aplicadas da
escultura
- CS Artes aplicadas de
madeira
- CM Ebanistería artística
- CM Dourado e policromía
artísticos
ARTES APLICADAS Á
INDUMENTARIA
- CS Estilismo e
Indumentaria
- CS Modelismo de
Indumentaria
ARTES APLICADAS AO LIBRO
-CS Gravado e técnicas de
estampación
-CM Serigrafía artística
CERÁMICA ARTÍSTICA
-CS Cerámica artística
DESEÑO GRÁFICO
- CS Gráfica publicitaria
- CS Ilustración
- CS Fotografía artística
DESEÑO INDUSTRIAL
- CS Moblaxe
DESEÑO DE INTERIORES
- CS Arquitectura efémera
- CS Proxectos e dirección
de obras de decoración
XOIERÍA DE ARTE
- CS Xoiería artística
- CM Procedementos de
xoiería artística
Página 12
5.2 Música e Danza
Estas ensinanzas comprenden 3 graos:
A) Elemental
Teñen unha duración de 4 anos
A idade para realizalos é de 8 ata ós 14 anos
O rematar os estudios facilítase unha certificación
Accédese mediante proba
B) Profesional
Comprende 3 ciclos de 2 cursos cada un
Accédese mediante proba
C) Superior
Comprende un só ciclo de 4 ou 5 anos de duración
Accédese estando en posesión do título de bacharel, ter superados os
estudios correspondentes ó terceiro ciclo de grao medio e superar
unha proba específica para cada especialidade
5.3 Ensinanzas de idiomas
O estudio dos idiomas pódesse relizar a través dunha carreira universitaria
ou nas Escolas de Idiomas .
.
A idade mínima para cursar estas ensinanzas é de 16, excepto para aqueles
alumnos que durante o 1º ciclo de ESO, que tiveran como primeira lengua
estranxeira unha lengua diferente á que queren estudiar
Un alumno que remate o bacharelato non tería que facer o nivel básico e
entraría directamente no nivel intermedio e a maiores tamén podería facer
unha proba de clasificación para entrar noutro curso máis avanzado.
Nestas escolas a ordenacións das ensinanzas que entrou en vigor no curso
2007/08 , estructúranse en tres niveis , con dous cursos en cada un, sendo a
Equivalencia no Marco Europeo de Referencia das Lenguas:
Página 13
EQUIVALENCIA NO MARCO EUROPEO DE REFERENCIA DAS LINGUAS
NIVEL BÁSICO Básico 1 A 1
Básico 2 A 2
NIVEL INTERMEDIO Intermedio 1 B 1
Intermedio 2
NIVEL AVANZADO Avanzado 1 B 2
Avanzado 2
5.4 Estudos superiores
1. Estudos de conservación e restauración de bens culturais
Son estudos superiores encamiñados á formación de profesionais no
mundo da restauración e conservación. En Galicia impártense as
especialidades de pintura, escultura e arqueoloxía, cunha duración de
tres anos, dos que o primeiro curso é común ás tres especialidades. A
titulación que se obtén ao remate destas ensinanzas é equivalente, para
todos os efectos, a unha diplomatura universitaria. Estes estudos
impártense en Galicia só na Escola Superior emprazada en Pontevedra.
Acceden directamente os alumnos que teñasn un ciclo superior de Artes
Plásticas e con unha proba específica os que teñan o título de bacharel
2. Estudos superiores de deseño
Os estudos superiores de deseño están encamiñados á formación de
profesionais no mundo do deseño nas especialidades de moda,
interiores, productos e deseño gráfico. Teñen unha duración de tres
anos, dos que o primeiro curso é común ás catro especialidades. A
titulación que se obtén é a dunha diplomatura universitaria. Estes
estudios impártense dende o ano académico 2005/06 nos seguintes
centros:
- Escola de arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela: Deseño de
moda e Deseño de productos.
Página 14
- Escola de arte Pablo Picasso da Coruña: Deseño de interiores e Deseño
gráfico.
- Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño gráfico e Deseño de
Interiores.
- Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño gráfico e Deseño de
interiores.
Acceden directamente os alumnos que teñasn un ciclo superior de Artes
Plásticas e con unha proba específica os que teñan o título de bacharel.
5.5 Ensinanzas deportivas
Teñen como finalidade a formación de adestradores, monitores e técnicos
na ensinanza dos deportes. Os ciclos que se impaten en Galicia son:
a) Técnico Deportivo en fútbol
b) Técnico Deportivo en fútbol sala
c) Técnico Deportivo en atletismo
d) Técnico Deportivo balonmano
e) Técnico Deportivo en baloncesto
f) Técnico Deportivo Superior en fútbol
g) Técnico Deportivo Superior en atletismo
PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL
( PCPI ) Son os programas que veñen a sustituir os antigos Programas de Garantía
Social ( PGS ) e supoñen unha vía para obter cualificación que facilite a
inserción no mundo do traballo.
A diferencia dos PGS, están organizados en dous cursos académicos. O 1º
curso terías que cursar o módulos obrigatorios que se estructuran en
módulos específicos e que están referidos as unidades de competencia
correspondentes as cualificacións de nivel 1 e a formación en centros de
traballo ( FCT ) e por outra banda os módulos formativos de carácter
xeral que melloran a competencia para poñelo en camiño de preparación,
para o ano seguinte estudiar os módulos voluntarios que conducen á
obtención do título de Graduado en ESO. Estos módulos voluntarios teñen
a mesma estructura da Educación Secundaria de Adultos cos seguintes
ámbitos:
Página 15
- Ámbito Social
- Ámbito de comunicación
- Ámbito científico-tecnolóxico
Outra finalidade dos módulos formativos de carácter xeral é a preparación
para as Probas de acceso a ciclos de grao medio que se celebra todos os
anos a principios de xuño.
Para poder cursar os módulos voluntarios tes que ter aprobado os
obrigatorios.
Os requisitos de acceso aos PCPI son:
- Non ter o título de graduado en ESO
- Non ter cursado con anterioridade outro PCPI
- Con carácter xeral: alumnado entre 16-19 anos cumridos no ano de
inicio de programa e excepcionalmente alumnado de 15 anos, que teña
cursado 2º de ESO e ter repetido unha vez
8. AS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS
Se non acadaches os obxetivos da ESO, e tes 18 anos podes cursar estas
ensinanzas ou excepcionalmente poderán matricularse menores desta idade
cando necesiten estar escolarizados para a realización dun contrato de
formación ou por ter un contrato de traballo . O ensino básico para as
persoas adultas organízase en tres niveis: Nivel I, Nivel II e Nivel III,
dentro dos cales podemos facer a seguinte clasificación:
A) ENSINANZAS BÁSICAS OFICIAIS
Nivel I ou de alfabetización, para adquirir as técnicas básicas de
lectura, escritura e cálculo
Nivel II ou de consolidación de coñecementos e técnicas
instrumentais. Está distribuído en trs módulos trimestrais
B) ENSINANZAS CONDUCENTES Á OBTENCIÓN DO TÍTULO DE
GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA
O Nivel III organízase en catro módulos. Comprende dous anos
académicos e os módulos están distribuídos do seguinte xeito:
Primeiro ano:
Módulo 1 ( primeiro cuadrimestre )
Módulo 2 ( segundo cuadrimestre )
Segundo ano:
Módulo 3 ( primeiro cuadrimestre )
Página 16
Módulo 4 ( segundo cuadrimestre )
No noso Instituto podes facer o módulo 3 e 4
ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO
MEDIANTE PROBA
Pódese acceder a un ciclo formativo de grao medio mediante unha proba
con 17 anos que se leva a cabo todos os anos no mes de Xuño. A proba
estructúrase en tres partes:
1. Parte sociolingüística: Lingua Castelá-Lingua Galega-Ciencias
Sociais.
2. Parte Matemática: Matemáticas.
3. Parte científico-técnica:Ciencias da Natureza-Tecnoloxía
PROBA LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE
GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA
Poderán inscribirse nesta proba todos aqueles alumnos que teñan
cumpridos 18 anos o día anterior a data da celebración da proba.Contidos
da proba:
Ámbito de comunicación: Lingua Castelá-Lingua Galega-Idioma estranx.
Ámbito científico-tecnolóxico: Matemáticas-Ciencias da Natureza e
Tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e medio natural que se
recollen na área de Educación Física.
Ámbito Social: Ciencias Sociais,Xª e Hª-Educación para a Cidadanía-
Educación Plástica e Visual-Música
Este ano as probas celébraranse os días 14 de xuño e 9 de setembro
Página 17
9. ESTRATEXIAS PARA BUSCAR EMPREGO
A) AMIGOS E COÑECIDOS
Na nosa sociedade segue sendo un dos métodos máis eficaces de
colocación
Convén que comuniques á maioría da xente coñecida que desexas
traballar, que tes unha determinada preparación e que queres
preferentemente un determinado traballo
Podes pedir axuda, información.
B) OFICINAS DE EMPREGO DO SERVICIO GALEGO DE
COLOCACIÓN
Requisitos: Ter 16 anos e estar buscando un traballo
Finalidade: Que te chamen para un traballo, infor mación sobre
emprego, dereito a formación ocupacional, cobrar o desemprego ( no
caso de traballar anteriormente )
Rexistro na mesma: Cubrir a correspondente tarxeta aportando a
documentación correspondente ( NIF, titulacións e outros requisitos
que che pidan )
Deberes que contraes: Renovar a tarxeta periódicamente, presentarte
nas oficinas de emprego cando te citen, comunicarlles traballo obtido,
nova formación etc
Convén que te informes de : modelos de contratación, estatuto dos
traballadores, convenios colectivos, taboleiros das oficinas dos S.G.
De Colocación e canto interese che poidan facilitar.
B) Oferta pública de emprego
Consultando a miúdo nos documentos oficiais como o B.O.E.( Boletín
Oficial do Estado ), D.O.G. ( Diario Oficial de Galicia ) e B.O da
provincia, publicacións do concello etc.
D) Anuncios de prensa
Procurando seleccionar os estrictamente adaptados ó teu perfil profesional
Página 18
10. A OFERTA EDUCATIVA DA ZONA
A OFERTA EDUCATIVA DA ZONA C
ICL
OS
FO
RM
AT
IVO
S D
E G
RA
O M
ED
IO
IES Alfredo Brañas
CM Comercio
IES Monte Neme
CM Xestión Administrativa
CM Equipos electrónicos de consumo
CM Equipos e instalacións electrotécnicas
CM Mecanizado
EFAG Fonteboa
CM Explotacións agrarias extensivas
IES de Ponteceso CM Xestión Administrativa
CM Electromecánica de vehículos
IES Santa Comba
CM Xestión Administrativa
CM Equipos e instalacións electrotécnicas
IES Terra de Soneira ( Vimianzo )
CM Xestión Administrativa
CM Equipos e instalacións electrotécnicas
IES Máximino Romero de Lema (
Zas )
CM Explotación de sistemas informáticos
Página 19
Aconséllase que na casa se valoren ,as diferentes
alternativas, que contén este caderniño de información, de cara
a unha elección, o maís acorde posible cos interes, aptitudes ,
habilidades e capacidades de cada alumno. Unha vez analizado,
se pide que asinen o pai/ nai ou titor legal e se entregue ó titor
ou titora, para posteriormente ser devolto ó alumno/a.
Sinatura do pai/ nai ou titor legal