Post on 25-Jun-2020
transcript
CREADORA: Ana, unha mestra
de AL con ilusión
OS CONTOS NOS PODEN LEVAR A MUNDOS
EXTRAORDINARIOS, FACENDO QUE A NOSA MENTE
VIAXE A OUTRAS REALIDADES.
AQUÍ REMATA A HISTORIA DA NOSA
REALIDADE, PERO AÍNDA TEREMOS MOITO QUE
VIVIR. O MELLOR É FACELO CON ILUSIÓN, ÁNIMO E
MOITA MOITA IMAXINACIÓN.
Licencia: CC (NC-ND)
Estas actividades están pensadas para cada un dos cursos, pero
podedes facer as que máis vos gusten e podédelas compartir no
correo do centro para así, unha vez volvamos á escola, poder
xuntalas e amosalas a todos. Pois cada un de vós vivides esta
situación de diferentes maneiras e podemos aprender todos de
todos. Ánimovos a facelo!
1º ciclo de Primaria (1º e 2º)
- Ponlle un TÍTULO ao conto, facéndoo como un cartel publicitario.- Debúxate como o heroe desta historia, xunto co teu compañeiro de aventuras (pode ser quen ti queiras). - Escribe ou debuxa todas as ideas que se te ocorran para poder derrotar ao virus.- Grava un vídeo contándolle a Ania como te sentes, qué emociónssentes cando escoitas falar de Coronavirus. - Conta cómo foi a túa primeira semana de confinamento, qué fixeches, a qué xogaches. Podes gravarte tamén. - Fai marionetas de papel (cun debuxo dos protagonistas e o vilán sobre un pau de madeira ou cuberto onde se poda suxeitalo) e dramatiza a historia. - Inventa un final para este conto. Podes escribilo ou debuxalo, e explica qué sucede nese final. - Pensa nas palabras SOLIDARIEDADE, CALMA, PACIENCA e RESPONSABILIDADE. Primeiro contesta: qué son para ti, despoispregúntalle a un adulto o que significa, busca o seu significado no dicionario ou na rede e, finalmente, fai un debuxo sobre situacións ondeas sentes. - Inventa unha canción, un poema, un baile… Exprésate!
2º ciclo (3º e 4º)
- Realiza unha noticia, cun titular, un resumo, un debuxo comofotografía e un breve texto, contando o que sucede no conto.- Podes facer outra noticia final, onde contes qué pasa ao final doconto.- Fai como se foses un presentador da tele. Informa da situación quese está vivindo, qué recomendacións lles das aos cidadáns deHumancity, entrevista a alguen… Todo isto podes facelo cun guiónescrito, a entrevista a algún familiar… Podes gravarte en vídeo ecompartilo.- Conta cómo foi a túa primeira semana de confinamento, quéfixeches, a qué xogaches. Podes gravarte tamén.- Deseña un folleto informativo sobre cómo protexernos deCoronavirus. Canto máis creativo mellor.- Realiza unha pequena obra de teatro, sendo ti o protagonista. Podesfacela da historia de Ania ou inventar a túa propia.
- Fai un emocionómetro, con todas as emocións que coñezas. Despois,sitúa estas situacións no sentimento que che transmite:
•Oír falar do Coronavirus.•Estar na casa e non poder saír.•Gozar de máis tempo en familia.•Dedicarlle tempo a cousas que nunca antes fixeches.
-Pensa nas palabras SOLIDARIEDADE, CALMA, PACIENCA eRESPONSABILIDADE. Primeiro contesta: qué son para ti, despoispregúntalle a un adulto o que significa, busca o seu significado nodicionario ou na rede e, finalmente, fai un debuxo sobre situaciónsonde as sentes.
- Inventa unha canción, un poema, un baile… Exprésate!
3º ciclo (5º e 6º)
- Elabora un final para esta historia.- Realiza unha entrevista: pensa nas preguntas, nas túas dúbidassobre toda esta situación e failla a un familiar adulto. Anota as súasopinións e finalmente, escribe as túas conclusións.- Deseña un guión teatral, ben sexa da historia ou cuns protagonistasdiferentes, con diálogos e narracións. Despois podes dramatizala costeus irmáns, pais, ou ti só. Ponlle imaxinación. Podes gravarte ecompartilo.- Conta cómo foi a túa primeira semana de confinamento, quéfixeches, a qué xogaches. Podes gravarte tamén.- Elabora unha noticia sobre esta situación. Despois fai depresentador de noticias da tele: para isto podes elaborar carteisinformativos sobre o que é o Coronavirus, qué medidas hai que tomarpara evitalo, cómo podemos derrotalo… Amosándoo na túapresentación.- Pensa nas palabras SOLIDARIEDADE, CALMA, PACIENCA eRESPONSABILIDADE. Primeiro contesta: qué son para ti, despoispregúntalle a un adulto o que significa, busca o seu significado nodicionario ou na rede e, finalmente, fai un debuxo sobre situaciónsonde as sentes.- Inventa unha canción, un poema, un baile… Exprésate!