Post on 23-Jun-2020
transcript
ADDENDA PROXECTO LINGÜÍSTICO DO CENTRO
CURSO 2015-16
IES DE SANXENXO
2
Contenido
A. MEMORIA DEPARTAMENTO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CURSO 2014-15 3
B.- DECISIÓN DO CENTRO EDUCATIVO RESPECTO DA LINGUA EN QUE SE IMPARTIRÁN AS MATERIAS 25
C.-ACTIVIDADES DO EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROPOSTAS PARA O CURSO 2015-16. 26
3
A. MEMORIA DEPARTAMENTO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CURSO 2014-15.
ACTIVIDADE 1: Club de Lectura
Actividade Obxectivos que pretende cubrir
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Club de Lectura X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
Todo o curso Realizado Dinamización Lingua Galega Biblioteca
800 € (posúe orzamento
propio)
Libros
No desenvolvemento desta actividade traballouse coa obra de Roberto Salgueiro. Un grupo de 4º ESO preparou a obra “Memorias de Helena e María” e outro grupo de 1º ESO preparou a obra “Valentino Rufini e Akil Pillabán de viaxe a Milán”. Estas obras foron representadas no Pazo Emilia Pardo Bazán o xoves 11 de xuño de 2015 coa presenza do autor das mesmas. Ó finalizar a representación fíxose entrega dos premios do X Certame Literario (Actividade 11 deste proxecto).
4
ACTIVIDADE 2: Día Internacional das Persoas Xordas
Actividade Obxectivos que pretende cubrir
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Día Internacional das Persoas Xordas X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
1º e 2º trimestre Realizado Dinamización Matemáticas Lengua Española Bioloxía e Xeoloxía Física e Química Grupo de traballo (PFPP)
120 € Conferencia, cartolina, cola, cinta adhesiva,…
Os alumnos de 1º ESO construíron un montón de palabras en galego, empregando o alfabeto dactilolóxico. Foron expostas nunha mesa na entrada do centro.
Un grupo de alumnos de Recreos Alternativos realizaron unha maqueta en 3D coa palabra “CEREBRO” en alfabeto dactilolóxico. Se ben a palabra elixida se escribe igual en galego e castelán, a elección fíxose pensando na Semana Cultural deste ano que levaba por título “A Percepción”.
O martes 24 de marzo, durante a Semana Cultural, organizouse un taller de lingua de signos para os alumnos de 1º ESO.
5
A maiores, os alumnos de 1º ESO traballaron o alfabeto Braille e fixeron un panel de benvida en galego que se expuxo na entrada do centro, coa idea de lembrarnos tamén das persoas invidentes.
6
ACTIVIDADE 3: Magosto e Samaín
Actividade Obxectivos que pretende cubrir
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Magosto e Samaín X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto
Material
5 de novembro Realizado Todos
100 € Premios para o concurso (vales actividades, pendrive), cartolinas, tóner, …
Pode verse unha ampla reportaxe na páxina do IES Sanxenxo (ficheiro adxunto)
(http://www.edu.xunta.es/centros/iessanxenxo/)
7
ACTIVIDADE 4: Mes da Ciencia en Galego
Actividade Obxectivos que pretende cubrir
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Mes da Ciencia en Galego X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
Novembro Realizado Dinamización Biblioteca Bioloxía e Xeoloxía Física e Química Matemáticas
0
Esta actividade comezouse realmente en outubro coa exposición dos premios Nobel de Física, Química e Fisioloxía ou Medicina. Fíxose un cartel, coa tradución ó galego, da mención que a Academia dos premios Nobel facía con cada unha das especialidades agasalladas. Xa no mes de novembro, os diferentes departamentos fixeron exposicións nos laboratorios de Ciencias (Bichos, experimentos variados), aulas de Matemáticas (xogos matemáticos) e Biblioteca. (Non recollemos imaxes destas exposicións: este foi un dos primeiros proxectos de Dinamización da Lingua e non nos decatamos de facer fotografías para adxuntar na memoria nin na páxina web). Tamén se realizou unha videoconferencia con Fernando Abilleira, enxeñeiro da NASA . Trátase dun científico con orixes galegas, se ben hai que mencionar que a videoconferencia houbo que realizala en castelán para evitar posibles dificultades de comprensión, debido a que o científico leva moito tempo vivindo en Estados Unidos. En vista do realizado, o título desta actividade podería renomearse como “Mes da ciencia en galego, e por galegos”.
8
9
ACTIVIDADE 5: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Actividade Obxectivos que pretende cubrir
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
25 novembro Rematado Dinamización Orientación Lingua Galega Tecnoloxía Biblioteca Actividades complementarias
20 € Tóner, fotocopias, premios (pendrive, invitación para actividades)
Entre outras actividades, realizouse un concurso de mensaxes con formato tuit contra a violencia de xénero. Na páxina web do centro recóllese o texto dos tuits finalistas así como un videoclip feito polos alumnos e alumnas autores deses tuits.
10
ACTIVIDADE 6: Panxoliñas no centro de DÍA
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Panxoliñas no Centro de Día X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
19 de decembro Realizado Dinamización Música
0 €
Nas fotografías non aparecen os anciás por non parecer apropiado. Para os alumnos e o profesor de Música foi unha experiencia extraordinaria, polo cariño amosado polos anciás e a dirección do centro DÍA.
11
ACTIVIDADE 7: Día escolar da Non Violencia e a Paz
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Día Escolar da Non Violencia e a Paz X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
30 xaneiro (aprazado ó 2 de febreiro por mal tempo)
Realizado Dinamización Lingua Galega Tecnoloxía Orientación Lingua Inglesa Música Bioloxía Física
70 € Botella de helio, globos, bobinas de cordel.
Todo o centro participou, escribindo mensaxes de paz en galego (permitiuse que nalgún caso se fixeran en inglés e castelán cando os titores eran de dita materia e dadas as características da celebración). Editouse un videoclip que pode verse na páxina do centro.
12
ACTIVIDADE 8: Entroido
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Entroido X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto
Material
13 de febreiro Rematado Todos
100 € Premios para os concursos (pendrive, vales para actividades escolares), cartolinas, papel de cores, plásticos, cola, pintura,…
Pode verse unha ampla reportaxe na páxina do IES Sanxenxo (http://www.edu.xunta.es/centros/iessanxenxo/).
Resultou unha actividade moi bonita posto que a maioría do claustro estaba implicado, e máis da metade do
profesorado disfrazouse e acompañou ó alumnado.
13
ACTIVIDADE 9: Día Internacional da Muller
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Día Internacional da Muller X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
8 de marzo Realizado Dinamización Lingua Galega
0 €
A continuación achegamos copia da conmemoración, que foi enviada a todo o alumnado do centro.
14
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA
(8 DE MARZO de 2015)
IES SANXENXO Dende o IES Sanxenxo informámolos do seguinte:
Actos previstos para o luns, 9 de marzo (dende as 12:25 ata as 14:55): - Presentación do Día da Muller Traballadora (alumnas de 4 ESO B).
- Presentación en Power Point realizada por David Landín (4 ESO A): “As mulleres e a Informática” .
- Entrevistas con mulleres traballadoras da zona: pendente de confirmación.
- Visualización de (fragmentos) da película “A condesa rebelde” baseada na vida de Emilia Pardo Bazán,
e traballo dunha unidade didáctica relacionada con dita película.
Outras actividades (nas que solicitamos a colaboración do alumnado e familias): Exposición fotográfica Como parte dos actos previstos para a celebración do Día da Muller Traballadora o luns 9 de marzo no IES Sanxenxo, preténdese facer unha exposición de imaxes que amosen o papel activo das mulleres en diferentes oficios e traballos (aínda que moitos deles non fosen recoñecidos como tales durante moito tempo). Departamentos organizadores: Dinamización da Lingua, Lingua Galega, Biblioteca. Obxectivo: Os alumnos, alumnas, nais e pais que desexen colaborar poden enviarnos fotos nas que se vexa a mulleres da familia traballando, coa idea de amosar a realidade da nosa contorna. Poden ser fotos recentes ou ser fotos das fotos que teñades nun álbum familiar (estas serían as máis interesantes, sobre todo se son de hai anos). Data de entrega: as fotos serán entregadas antes do mércores día 4 de marzo. Xeito de entrega:
- As fotos enviaranse ó seguinte enderezo de correo electrónico: biblioiessanxenxo@gmail.com
Ou pódenas traer os alumnos/as ó centro nun pendrive.
- As fotos serán nomeadas do seguinte xeito (para poder organizalas mellor):
curso do alumno/a−nome e apelido do alumno/a−número de foto (só se entrega máis dunha) −parentesco
entre a persoa da foto e o alumno/a
Exemplo (alumno que entrega 2 fotos): Exemplo (alumno que entrega 1 foto):
1ESO-Luís Pimentel-1-avoa 3ESO-Xurxo Mariño-tía
1ESO-Luís Pimentel-2-nai
Enquisa sobre os traballos da muller na nosa comarca Coa pretensión de analizar a evolución do papel da muller no ámbito laboral da nosa comarca nos últimos anos, faremos unha enquisa para a que necesitaremos os seguintes datos (preguntade na casa): Parentesco (nai/avoa/bisavoa), lugar de nacemento, data de nacemento e oficio.
Grazas pola colaboración.
15
Marisé Domínguez Bouzada (modista) foi a muller invitada para falar do seu traballo. Previamente visualizouse unha entrevista feita por Fernando Búa (alumno de 1ºESO) á súa avoa (Peregrina (Gina) Bouzada Montes), unha costureira das de antes, e nai da invitada (Marisé). A entrevista (audio) pode escoitarse na páxina web do centro, e pode lerse na revista escolar. É de destacar a calidade humana e profesional de Gina. Merece a pena escoitala.
Fíxose unha exposición fotográfica amosando a mulleres de familiares dos membros da comunidade escolar en diferentes actividades laborais.
Tamén se realizou unha enquisa sobre os traballos das mulleres da nosa comarca nos últimos 100 anos. Para iso requeriuse a participación de todo o alumnado do centro. Analizáronse preto de 300 enquisas con case 1000 datos. A análise e interpretación das enquisas pode lerse nun excelente artigo escrito pola profesora Moncha Neira, de Lingua Galega, e publicado na revista escolar.Este argigo será subido proximamente á páxina web. A xeito de resumo amósase o seguinte gráfico.
16
ACTIVIDADE 10: Semana cultural
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Semana cultural X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
23-27 de marzo Realizado Todos
1000 € Obradoiros, autocares-transporte
Trátase dunha actividade interdisciplinar na que participaron tódolos departamentos. O Departamento de Dinamización implicouse no fomento da realización de cartaces en galego.
17
Pode verse máis información na páxina web e na revista escolar.
ACTIVIDADE 11: Celebración do X Certame Literario
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Celebración do X Certame Literario X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
Pendente de decidir
Realizado Dinamización Lingua Galega
600 € Autocares-transporte, tóner, fotocopias, papel.
No certame literario, ademais do alumnado propio do noso centro, participou tamén alumnado do Colexio Plurilingüe Abrente, CEIP Nantes, CEIP Portonovo e CEIP Florida.
18
19
ACTIVIDADE 12: Día das Letras Galegas
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Día das Letras Galegas X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
15 de maio (pendende de confirmar)
Realizado Dinamización Lingua Galega Extraescolares
200 € Material de oficina
Conmemorouse o Día das Letras Galegas facendo unha homenaxe a Filgueira Valverde. Fíxose unha exposición de cartaces do homenaxeado e o alumnado traballou coas Unidades Didácticas. A maiores, o instituto convertiuse nunha “cidade las letras galegas” con Rúas, Ruelas, Prazas, e Casas. As Rúas (corredores) facían referencia a diferentes etapas na historia da Lingua Galega, e as Casas (aulas) homenaxeaban a unha selección de autores galegos.
20
Unha vez asignadas as Rúas coas Casas, os departamentos de Lingua Galega, Extraescolares e Dinamización elaboraron máis de 20 fichas con actividades para que os alumnos (en parellas) tiveran que xogar a detectives e atopar certo autor, completar un texto dos que aparecían nos carteis das casas,… Todo isto estaba orientado a que os alumnos tiveran que percorrer a maior parte dos autores seleccionados e distribuídos por todo o centro. Participou nesta actividade todo o alumnado de 1º e 2º ESO (o alumnado de 3º e 4º ESO tiña actividades previstas fora do centro). Resultou unha actividade moi atractiva. Os carteis cos nomes das casas e rúas permaneceron no centro ata final de curso.
21
22
ACTIVIDADE 13: Revista Aquelar
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Revista Aquelar X X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
Todo o curso Realizado Dinamización Biblioteca Lingua Galega Tecnoloxía
1700 € Impresión da revista
Este ano editouse o número 14 da Revista do IES Sanxenxo. Trátase dun exemplar de 96 páxinas que se imprime e se entrega como agasallo a tódolos membros da comunidade escolar.
23
ACTIVIDADE 14: Videoconferencia da presentación da película en lingua galega “A Esmorga”
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Videoconferencia presentación “A Esmorga”
X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
19 de novembro Feito Dinamización Biblioteca Lingua Galega
0 €
O IES Sanxenxo participou, xunto con outros centros, na videoconferencia de presentación da película “A Esmorga”.
24
ACTIVIDADE 15: Elaboración de carteis e anuncios a favor da Lingua Galega
1 Contorno
2 Profesorado
3 Alumnado
4 Centro
Elaboración de carteis e anuncios a favor do galego
X X X
Temporización Estado actual Departamentos implicados
Importe gasto Material
Todo o curso Realizado Dinamización Biblioteca Grupo de traballo (PFPP) Persoal de limpeza
40 € Cartolinas, tóner, papel, cola, pinceis, palillos…
No cartel amósase un caldeiro cheo de moléculas de auga feitas con papel de aluminio, palillos e cinta de cores. Un grupo de alumnos e alumnas de Recreos Alternativos construíu preto de 80 moléculas de H2O, aprenderon a composición, xeometría e propiedades da auga, así como o código de cores para representar os diferentes átomos que constitúen as moléculas. A interpretación da maqueta deixámoslla a aqueles que lean estas liñas (non queremos estragar a maxia dunha metáfora). Os que participamos na elaboración deste proxecto quedamos moi, moi satisfeitos. Debemos destacar especialmente a colaboración das señoras da limpeza, coidando a boa conservación da maqueta ó permitirnos crear un “charco” nun curruncho á entrada do centro. Estaba prevista a realización doutros carteis deste tipo, pero o inicio do segundo proxecto coincidiu coa data na que se nos comunicaba a denegación do diñeiro do proxecto de Dinamización. Desanimámonos totalmente e decidimos aparcar as ideas para mellores momentos.
25
B.- DECISIÓN DO CENTRO EDUCATIVO RESPECTO DA LINGUA EN QUE SE IMPARTIRÁN AS MATERIAS
1º ESO
Castelán Galego Inglés Francés
Lingua Castelá (4h) Matemáticas (5h) EPV (2h) EF (2h)
Lingua Galega (4h) Bioloxía (4h) CCSS (3h) LEC (1h) Valores/Rel (1h)
Inglés (3h) 2º idioma (2h)
TOTAL 13 HORAS TOTAL 13 HORAS TOTAL 3 TOTAL 2 HORAS
2º ESO
Castelán Galego Inglés Francés
Lingua Castelá (3h) Matemáticas (4h) Tecnoloxías (3h) EF (2h) Rel/At. ed. (1h)
Lingua Galega (3h) CCNN (3h) CCSS (3h) E. Cidadanía (2h) Música (2h)
Inglés (3h) 2º idioma (2h)
TOTAL 13 HORAS TOTAL 13 HORAS TOTAL 3 TOTAL 2 HORAS
3ºESO
Castelán Galego Inglés Francés
Lingua Castelá (3h) Matemáticas (4h) Tecnoloxías (2h) Música (2h) EPV (2h) EF (2h)
Bioloxía (2h) CCSS (3h) Lingua Galega (3h) Obradoiro I.E. (2h) F.Q. (2h) CuCa (2h) Valores/Rel (1h)
Inglés (3h) 2º idioma (2h)
TOTAL 15 HORAS TOTAL 15 HORAS TOTAL 3 HORAS TOTAL 2 HORAS
4º ESO
Castelán Galego Inglés Francés
Lingua Castelá (3h) Matemáticas (3h) Música (3h) F/Q (3h) Plástica (3h) Tecnoloxía (3h) At. Ed. (1h)
Lingua Galega (3h) EF (2h) Bioloxía (3h) CCSS (3h) Ética (1h) Latín (3h) Informática (3h) Relixión (1h)
Inglés (3h) 2º idioma (3h)
TOTAL 19 HORAS TOTAL 19 HORAS TOTAL 3 HORAS TOTAL 3 HORAS
26
En todos os cursos, fomentarase que na hora de titoría (non incluída no cómputo porque non é unha materia) se empregue a lingua galega por ser un momento idóneo para que os alumnos falen entre eles nun idioma que non teñen como lingua habitual de relación entre iguais. Igualmente, nas aulas de inglés, daráselle preferencia á lingua galega cando non sexan factibles as explicacións teóricas na lingua estranxeira .
C.-ACTIVIDADES DO EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA PROPOSTAS PARA O CURSO 2015-16.
As actividades programadas polo Departamento de Dinamización estarán relacionadas
maioritariamente coa temática seleccionada este curso para a semana cultural, que leva por título
“A importancia do xogo na educación”. Entre as actividades previstas están as seguintes:
1º TRIMESTRE:
Club de lectura
Esta actividade que se comezará no primeiro trimestre, realizarase durante todo o curso.
Nesta actividade preténdese que os alumnos realicen a lectura dunha selección de textos en
galego. Posteriormente, cada dúas ou tres semanas realizarase unha reunión os martes entre as
xornadas de mañá e tarde para comentar a obra traballada. O obxectivo final será manter unha
charla-coloquio co autor ou autora da obra, para coñecelo persoalmente e facer unha posta en
común dos aspectos máis destacables da peza literaria.
Gaceta informativa do IES Sanxenxo.
Preténdese elaborar unha gaceta con información lúdica, social, científica e cultural sobre
aspectos relacionados coa vida do instituto. A extensión da gaceta sería dunha folla tamaño A3 e
tería periodicidade quincenal.
Premios Nobel (5-12 outubro).
Nesta actividade farase un seguimento do anuncio dos premios Nobel, cunha tradución ó
galego das mencións ós premiados.
Magosto e Samaín.
-Asaranse castañas.
-Farase un concurso gastronómico, outro de decoración de cabazas e outro literario.
-Farase un concurso de karaoke no que os alumnos participantes traducirán ou
versionarán en galego algunha das cancións máis coñecidas. Preténdese que teñan carácter
27
humorístico e poden ir acompañadas de coreografías. O xurado terá en conta a orixinalidade da
letra, a coreografía e incluso o vestiario.
VII Día da ciencia en galego (data por determinar).
-Expoñeranse no taboleiro de Dinamización lingüística traballos de alumnos da ESO nos
que se mencionen achegas ou citas de científicos notables dos ámbitos de Matemáticas, Física,
Química, Bioloxía e Xeoloxía.
-Expoñeranse maquetas de experimentos científicos desenvolvidas por alumnos de
Recreos Alternativos, as realizadas por alumnos en cursos anteriores, ou incluso as realizadas por
profesores que queiran aportalas. Estas maquetas estarán relacionadas preferentemente co tema
da Semana Cultural deste curso académico (“A importancia do xogo na educación”), e irán
acompañadas dunha breve explicación en galego do seu funcionamento e da súa relevancia
científica.
Este proxecto pretende facerse en colaboración coa Biblioteca.
Día Internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro)
Aínda están sen fixar as actividades concretas.
Cine Musical.
-Esta actividade vai dirixida a alumnos/as de 3º e 4º ESO e levarase a cabo no mes de
decembro.
Panxoliñas no centro de Día.
Un grupo de alumnos preparará unha serie de pezas musicais (preferentemente
composicións galegas) que serán interpretadas no Centro de Día que existe a carón do noso
Instituto.
2º TRIMESTRE:
Día da non violencia escolar e da Paz (30 de xaneiro).
Farase unha actividade que involucre a todo o alumnado. O curso pasado realizouse un
lanzamento de globos con mensaxes de paz. A actividade deste curso está pendente de decidir.
Celebración do entroido.
28
-Haberá baile e concurso de disfraces e tamén un concurso gastronómico. O tema deste
ano aínda está por concretar, pero estará relacionado co Proxecto Interdisciplinar adicado á “A
importancia do xogo na educación”.
-Farase un concurso de coplas de entroido que recitarán os alumnos e estará aberto a
tódolos cursos que queiran participar.
Día dos namorados (14 de febreiro):
-Realizarase un concurso de cantigas de amigo entre os alumnos, que deberán entregar
por escrito durante a semana anterior.
Día Internacional da Muller (8 de marzo):
-Lectura de textos coa muller como protagonista e exposición de traballados realizados
polos alumnos acerca de mulleres relacionadas coa cultura galega.
-Verase un vídeo no recreo relacionado coa polémica sobre o descubrimento da
estreptomicina e como a un dos descubridores (unha muller) se lle pide que renuncie ós dereitos
da patente por ser muller e estar predestinada a casarse e ter que deixar a investigación. Despois
de ver o vídeo establecerase un breve coloquio ó respecto. Esta celebración poderase relacionar
co día mundial da tuberculose (24 de marzo).
-Exposición de presentacións feitas por alumnos de 4º ESO sobre as achegas feitas por
mulleres científicas. Estas presentacións faranse para os alumnos de 1º ESO.
Día mundial da auga (22 de marzo):
-Tendo en conta a relación de Galicia coa auga, farase un concurso-exposición de fotos
relacionadas con Galicia e a auga en calquera das súas manifestacións ou estados (choiva, neve,
ríos, regatos,…). As fotos levarán un título-eslogan en galego e pretenderán concienciar da
necesidade de conservar un ben que para nós é relativamente abundante e saudable, pero que
non sucede o mesmo noutras partes do mundo.
3º TRIMESTRE
Celebración do XI certame literario :
A data está por determinar.
Celebración do día do libro:
29
Actividades pendentes de concretar.
Conmemoración do Día das Letras Galegas (17 de maio):
-Recitado de poemas ou textos breves de homenaxeados nas Letras Galegas.
-Exposición de cantigas ou historias de xente maior recompiladas polos alumnos. A
exposición será por escrito ou audiovisual segundo a información que poidan acadar os alumnos
de 4º ESO implicados.
Presentación de vídeos dobrados ó galego:
-Neste proxecto preténdese dobrar ó galego (voz e/ou subtítulos) diferentes vídeos de
características científicas ou literarias coa pretensión de difundir o galego como lingua de
comunicación artística e científica.
Semana cultural (14-18 de maio):
-Realización de talleres, conferencias, e actividades nas que se invitarán, entre outros, a
familiares do alumnado do centro.
Revista Aquelar.
-Incluirase na revista o material de mellor calidade realizado ó longo do curso.
Día da xente do mar (25 de xuño):
-Dado as características de vila mariñeira que ten Portonovo, e as influenzas tanto culturais
e económicas que vencellan Galicia ó mar e á xente que traballa nel, resulta preciso adicarlle un
tempo e un espazo no centro. Dado que o día previsto coincide co final de curso, poderá
adiantarse a celebración, na que se invitará a algún mariñeiro ou mariscadora (ou ambos a ser
posible) a darlles unha charla ós alumnos do centro, na que expliquen o seu traballo e o seu xeito
de vida. Daráselle preferencia a persoas que sexan familiares directos de alumnos do centro.