Post on 30-Jan-2021
transcript
1
SITUACIÓN DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS EN GALICIA E ACTUACIÓNS
2009
2
ACTUACIÓNS 2009
1. Estatísticas de bibliotecas
O día 9 de marzo finalizou o prazo de recollida dos datos da estatística 2008 mediante a
cobertura directa na ferramenta informática habilitada na páxina web do Soportal da Rede de
Bibliotecas de Galicia (http://www.rbgalicia.org/enquisa/index.php).
Resultados:
Bibliotecas que cubriron estatística en prazo: 291 puntos de servizo, 283 no
ano 2007.
Puntos de servizo que NON cubriron a enquisa: 51 puntos de servizo, 8 puntos
de servizo menos que no 2008
Dado que a calidade dos datos é moi baixa, estáse a facer unha corrección e depuración
exhaustiva dos datos, paso previo ao envío ao Ministerio e a súa publicación no portal da Rede
de bbiliotecas.
Ige: entregada ao IGE a metodoloxía de recollida e depuración de datos estatísticos, de tal
xeito que as estatísticas sexan tamén as estatísticas IGE.
Mapa de bibliotecas
1. Elaborados os estándares bibliotecarios a cumplir para poder falar de biblioteca pública.
Os estándares definen, en función do número de habitantes e das características do
concello, os requerimentos en servizos e recursos que deben ofrecer as bibliotecas.
2. Iniciouse a elaboración do Mapa coa recollida de datos do Censo de bibliotecas, unha
vez fixados uns mínimos para poder falar de biblioteca. Esta previsto finalice o 28 de
febreiro.
Lei de bibliotecas:
1. Entrégase o último borrador da nova lei de bibliotecas.
2. O borrador previo foi entregado no Consello do Libro e a Lectura (5 de febreiro de
2009) e no Consello de Bibliotecas (27 de marzo do 2009)
2. Formación e información:
Cursos programados no ano 2009: recollen as demandas de formación do persoal das
bibliotecas e as recomendación do Consello do Libro e a Lectura de dar a coñecer os
servizos ofertados na Rede de Bibliotecas e de achegamento as distintas localidades:
Xestión TIC Proceso técnico Animación Recursos da Rede
de Bibliotecas de
Galicia
5 cursos 3 cursos 3 cursos 4 cursos 5 cursos
Especializados Aproveitamento En liña En varias
localidades
Recursos da Rede
de Bibliotecas de
Galicia
5 cursos 1 curso (5
edicións)
2 cursos 1 curso (5
edicións)
2 cursos (1 deles
con 5 edicións)
http://www.rbgalicia.org/enquisa/index.php
3
CURSOS
A xestión dos proxectos nas bibliotecas
Xestión de recursos humanos
Deseño e análise de enquisas de usuarios de bibliotecas
Construción, instalación e equipamento dunha biblioteca
Deseño e creación de espazos interiores en bibliotecas
Xestión de comitecas
Os mozos e as bibliotecas: algo máis ca unha relación casual
As bibliotecas e os hábitos lectores
Promoción da lectura
Arquitectura da información
Ferramentas colaborativas da web 2.0
As bibliotecas dixitais
Recursos electrónicos: catalogación, normalización e proceso técnico
Técnicas avanzadas de indización analítica e de resumo de documentos
Ferramentas web 2.0 na Rede de Bibliotecas de Galicia: metabuscador, recursos OAI, opacs
cognitivos, browsing e clustering, koha, portal infantil. (5 edicións)
Orzamento dos cursos: 63.976,34
EGAP: a Egap aporta 25.000 euros.
Alumnos que participan: 420
. Grupos de traballo Ministerio-CCAA: o Servizo de Bibliotecas segue participar nos grupos
de traballo e asistiu a reunión do Consejo de Cooperación Bibliotecaria en Córdoba.
. Grupos de traballo propios: os únicos grupo activo neste intre son o Grupo de traballo de
bibliografía (SIS) adicado a tarefa de elaboración dos boletíns de selección de novidades
infantís e de adultos e dos boletíns temáticos que determinan necesarios as bibliotecas e o
Grupo de Normalización.
SIS: 20.628 títulos avaliados, 10 bibliografías elaboradas, 7.825 documentos
seleccionados.
Normalización: revisión do Manual de procedemento de catalogación de monografías e
publicación do Manual de procedemento de asignación de encabezamentos de materia ás
obras de ficción.
. Convocatoria anual (DOG 8 abril 2009) de bolsas de formación en biblioteconomía
mediante a colaboración titoriada en diversos centros bibliotecarios, 31 bolseiros cada ano.
Convocadas por un periodo de 7 meses renovables (DOG 8 abril 2009). Resolta o 23 de xuño
de 2009, empezaron o 1 de agosto.
Centros: 4 bolseiros a cada Nodal, 1 a catedral, 1 ao Museo do Pobo Galego, 1 a BP de Ferrol e
4 na Biblioteca de Galicia.
4
3. Promoción do libro e da lectura:
Programas realizados no ano 2009:
. Circular anual informativa e guía de recursos. A Dirección Xeral enviou unha circular a
todas as entidades e axentes relacionados coa promoción do libro e da lectura na nosa
Comunidade Autónoma, informando das previsións relacionadas co calendario das letras e
outras actividades, co obxecto de que, de ser de interese dos destinatarios, foran tidas en
conta no momento de elaborar as programacións anuais.
. Letras Vivas: organizado en dúas seccións: Letras vivas creación e Letras vivas animación.
Programa 2009 convocado e resolto:
Letras vivas creación. Primeiro semestre
Nº de Solicitudes Nº de actividades
78 209
Entidades solicitantes
Bibliotecas Centros ensino
66 12
Letras vivas animación. Primeiro semestre
Solicitudes Actividades
81 438
Entidades solicitantes
Bibliotecas Centros ensino
68 13
Letras vivas creación. Segundo semestre
Nº de Solicitudes Nº de actividades
52 114
Entidades solicitantes
Bibliotecas
52
Letras vivas animación. Segundo semestre
Solicitudes Actividades
55 185
Entidades solicitantes
Bibliotecas
55
O calendario coas actuacións aparece no portal da rede; o calendario xérase automaticamente
cada vez que a biblioteca confirma a data de celebración.
5
. Exposicións itinerantes en empréstito: programa en execución.
Exposicións solicitadas:
Bernardino Graña 2
María Victoria Moreno 1
Plantando libros 2
De Medo 8
As Bases da Banda 6
A Banda Avanza 3
Un país dende as táboas, 125 anos de teatro
galego
1
Entidades solicitantes
Bibliotecas Centros ensino
15 8
A lista de centros aparece no portal da rede
. Bibliotecas ilustradas: no marco deste programa estáse a ilustrar a Biblioteca Pública Anxel
Casal.
Comparanza 2007-2008-2009
LV. Animación LV. Creación Exposicións
2007 85 actos 16
2008 46 solicitudes; 260
actos
32 solicitudes; 85 actos 45
2009 136 solicitudes, 555
actos
130 solicitudes, 323 actos 23
. Nova imaxe e creación dunha única plataforma web para Letras Vivas Creación e Animación:
a nova plataforma posibilita unha oferta visible permanente para os programadores e a
convocatoria puntual de realización de actividades en cofinanciamento.
No caso de Letras Vivas Creación, agora os creadores poden darse de alta na plataforma e
facer e manter as súas ofertas de actividades.
4. Mellora das coleccións bibliográficas:
1. Grupo de traballo de bibliografía (SIS): destaca a creación da base de datos de
recursos seleccionados o que permite:
Mellora do proceso técnico: menor carga de traballo na creación dos rexistros e menor
carga no proceso técnico de cada biblioteca ao poder descargar ditos rexistros.
Mellora na recuperación ao permitir multiples buscas o que posibilita unha maior
utilidade da ferramenta no proceso de selección de fondos a incorporar as bibliotecas.
Posibilita a avaliación, tanto do uso da bibliografía do SIS no proceso de adquisición de
fondos polas bibliotecas como na súa utilidade para aforrar traballo de catalogación.
2. Renovación e actualización das coleccións cos obxectivos de adecuar o seu tamaño
aos usuarios potenciais do punto de servizo. Neste programa participan as bibliotecas
nodais e as bibliotecas municipais que pertenzan á rede de bibliotecas de Galicia ou soliciten
6
a súa integración, estean automatizadas e cubran as estatísticas anuais.
2.1. As actuacións máis salientables desenvoltas ata agora son:
. Adquisición centralizada de publicacións periódicas, que se distribúen ás bibliotecas da
rede. O reparto faise a medida que chegan o almacen os números publicados.
O cadro coas bibliotecas e publicacións periódicas que reciben no portal da Rede de
Bibliotecas de Galicia.
. Distribución baixo demanda de fondos bibliográficos almacenados:
. Aberto o prazo de solicitude de libros almacenados. Derradeira convocatoria posto
que os exemplares que quedan no almacen son, na súa maioría, publicacións
institucionais non demandadas polas bibliotecas e das que se atopan exemplares na
Biblioteca Nacional de Galicia e nas bibliotecas nodais. A repartir: 83.927 exemplares
de 751 títulos. Xa resolto, estáse a facer o reparto.
. Aberto o prazo de solicitude do fondo de Cds e DVDs dos que dispón o almacén da
Rúa Aturuxo. A repartir: 22.101 exemplares de 384 títulos. Xa resolto, estáse a facer o reparto.
. Promoción do libro en galego: distribución dos libros adquiridos no programa de
Promoción do libro en galego. Xa resolto, estáse a facer o reparto.
. Cofinanciamento de fondos bibliográficos para a adquisición de novidades nas
bibliotecas municipais. Feito o plan de investimento e fixados os criterios (bibliotecas
integradas, que cubriran as estatísticas e que certifiquen ter orzamento para adquisición de
fondos para a biblioteca) asignarónse 423.119,59 euros a 92 bibliotecas municipais.
. No caso das Bibliotecas nodais, tendo en conta a situación de partida e a existencia
doutras bibliotecas públicas na cidade, establéceuse un plan de mellora das coleccións
bibliográficas que permite acadar o crecemento do 10% do fondo, tal e como recomendan
as Pautas IFLA/Unesco.
Dotación orzamentaria: 580.000 euros.
. Creación da Biblioteca electrónica. Os recursos adquiridos ou seleccionados en
2008/2009 xa están dispoñibles e accesibles dende calquera lugar, só coas claves de
usuario dunha biblioteca pública ou escolar.
. Deronse os primeiros pasos para a creación da Biblioteca Central de Préstamo (BCP)
que nace cos obxectivos de facilitar o acceso á colección e aos servizos das bibliotecas da
Rede (Préstamo Interbibliotecario…) e ser o centro de organización e envío das maletas
viaxeiras, e iniciaráse a creacción dunha colección centralizada de exemplares múltiples
para os clubs de lectura:
. Reunión dos fondos existentes nas Delegacións na Biblioteca Nacional de Galicia,
inicio do proceso de catalogación, adquisición de maletas...
. Feito o estudo para fixar as liñas que deben rexir a creación do fondo da BCP.
2.2. No ano 2009 iniciaron a súa andaina un programa complemetario do desenvolto ata
agora:
. Dotación de coleccións básicas de fondos audiovisuais e electrónicos as bibliotecas
nodais e a BP de Santiago Anxel Casal e de banda deseñada as bibliotecas municipais
integradas que certificaron orzamento para adquisicións no ano 2008.
Estado: feita a selección de audiovisuais e a selección de banda deseñada, a asignación de
orzamento (300.000 euros para audiovisuais e 719.172 euros para banda deseñada) en
cada programa e a asignación de orzamento a cada biblioteca municipal e feita a selección
dos títulos polas bibliotecas.
Bibliotecas municipais participantes: 89; orzamento asignado: 719.172,57 euros
7
Bibliotecas que seleccionaron comics: 76; orzamento solicitado: 517.951,32 euros
3. Convenio Ministerio de Cultura-Xunta de Galicia para a mellora das coleccións:
aportación do Ministerio no 2009: 1.257.937 euros.
5. Dotación de mobiliario
Adxudicouse un concurso por un importe de 203.803,9 € e diversas adquisicións de reposición
por un importe de 76.591,86 euros.
O equipamento adquirido por concurso é na súa maioría para equipar a Biblioteca Nodal de
Lugo, unha vez que o Ministerio finalizou as obras de remodelación da Biblioteca Nodal de
Lugo.
6. Equipamento informático e acceso a internet:
Bibliotecas nodais:
. Wifi: feita a instalación, estará operativa en todas as bibliotecas nodais nos vindeiros
días.
Internet nas bibliotecas: o Programa de soporte oferta soporte técnico no acceso á
internet e á biblioteca electrónica, destinado a dar servizos de acceso á internet aos equipos
de uso público dos que dispoña o servizo, con excepción dos equipos con convenio en vigor
con Red.es.
Actuacións:
. Bibliotecas coa plataforma (Rede.gal) plenamente operativa: 104.
. Bibliotecas en proceso de implantación da plataforma: 11.
A solicitude de participación neste programa está dispoñible permanentemente no portal da
rede de bibliotecas.
. Segue a proporcionarse o servizo de mantemento in situ das redes e conectividade
non VSAT dos 130 puntos de servizo nos que está vixente o convenio con Red.es para
a prestación do servizo Internet nas bibliotecas.
7. Impulso a un modelo de Biblioteca mediadora cualificada entre o usuario e as súas
necesidades informativas, educativas, de formación e de ocio, coas seguintes actuacións:
- Portal da rede: nova sede web da Rede de Bibliotecas, centrada nas políticas
bibliotecarias a desenvolver.
8
- Portal infantil e xuvenil: feita a consultoría e o estudo para o desenvolvemento dos
portais web infantil e xuvenil dirixidos ao público infantil e xuvenil, e tamén aos pais,
educadores... Neste intre, finalizados os iconos, xogos e contos interactivos, está en
fase de proba, e comenzará a instalarse no primeiro trimestre do ano vindeiro.
9
10
- Multibuscador lingüístico castelán-galego: motor de busca multilingüe mediante
enxeñería lingüística, para o obxecto de incorporar aos software de recuperación da
información das bibliotecas galegas funcionalidades de lematización, expansión
semántica e busca galego-castelán independente da lingua na que se faga a consulta.
Ano 2009: feito o tesauro galego, no 2009 estáse a traballar cos termos en portugués,
inglés e francés e iniciaráse a fase de implementación da busca multilingue no vindeiro
ano.
11
8. Automatización
Software de xestión: principiamos a fase de instalación do software 2.0 nas primeiras
bibliotecas públicas (bibliotecas municipais de Oleiros, Laxe, Ortigueira e San Xenxo), na
biblioteca da EGAP, e na base de datos do SIS.
Nas bibliotecas municipais da Coruña está feito o estudo de implantación e a parametrización
das políticas de catalogación e circulación; iniciaran a súa andaina nos primeiros meses de
2010.
Nas bibliotecas nodais e na Biblioteca do Museo do Pobo Galego estáse a parametrizar; está
prevista a súa implementación no primeiro trimestre de 2010.
Algungas das funcionalidades web 2.0 implementadas:
. Na busca: fuzzy, stemming, integración tesauros, integración multibuscador lingüístico
. Na exploración: navegación por directorios jerárquicos, nube de termos
(materias/descritores asignados pola biblioteca, etiquetas (tags) dos usuarios)
. Na visualización: facetas (é posible parametrizar que campos/subcampos MARC se
visualizan); ordenación por relevancia, mais prestados, novidades e alfabética
. No enriquecimento bibliográfico: captura, no momento da busca, e visualización de
contidos externos: Google, Amazón, Librarything...
. Opcións Mi biblioteca (etiquetas, listas, historial de lectura, avisos..), RSS, comentar e
puntuar, opcións de crear e exportar listas de seleccionados, avisos por sms...
12
13
Metabuscador: no 2010 empezará a implemetarse un metabuscador que posibilita a busca
non so nos repositorios OAI, catálogos de bibliotecas e recursos electrónicos a través dos
protocolos Z39.50, OAI... senón tamén na Wikipedia... O metabuscador, amais de permitir a
creación dun “catálogo colectivo virtual”, integrarase no SIGB o que permitirá recuperar, no
catálogo de cada biblioteca, os recursos físicos e os recursos electrónicos (wikipedia, Oaister,
recursos electrónicos adquiridos ou de acceso gratuito pero seleccionados polo SIS...)
9. Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico.
En colaboración co Ministerio de Cultura a través de convenio. En proceso
10. Sinalética, carteis...
Guías das bibliotecas nodais: elaboradas. Impresa a guía da BP Anxel Casal. As guías das
demais bibliotecas nodais imprimiránse no ano 2009.
Resolta a sinalética da Biblioteca Nodal da Coruña e instalada.
Feito o deseño das Maletas viaxeiras e entregadas.
Finalizada a sinalética da BP de Santiago:
Programa Textos na biblioteca: producidos e colocados na BP Anxel Casal os textos de
escritores galegos, que neles lembran a figura de Ánxel Casal e a da súa dona María
Miramontes, para decorar e enriquecer diversos lugares da biblioteca, conseguindo dese xeito
que a literatura formase parte do ámbito que acolle a literatura.
14
11. Resultados
Os datos estatísticos do ano 2009 empezarán a recollerse nos meses de xaneiro-febreiro, pero
pódese presentar un adianto da situación:
Rede de Bibliotecas de Galicia 2008
Préstamos totais 1.748.011
Provincia A Coruña 1.042.238
Provincia Lugo 272.365
Provincia Ourense 100.306
Provincia Pontevedra 333.102
Nodais, Santiago e Ferrol 2006 2007 2008 2009 (18
dec.)
Préstamos 348.353 409.050 737.312 766.143
15
Provincia da Coruña:
Nodal da
Coruña
2006 2008 2009(xaneiro-18 dec.)
Préstamos 101.812 155.091 133.767
Bms A Coruña 2008
Préstamos 348.350
B. Anxel
Casal de
Santiago
2008 (marzo-31
dec.)
2009 (xaneiro-18 dec.)
Préstamos 73.475 131.869
Ferrol 2008 2009(xaneiro-18 dec.)
Préstamos 49.183 55.633
Bms Oleiros 2008 2009
Préstamos 42.621 49.497
U
Bibliotecas Deputación 2008
Préstamos 38.182
M
Outras Bms 2008
Préstamos 270.512
Provincia de Lugo:
Nodal de Lugo 2006 2008 2009(xaneiro-18 dec.)
Préstamos 87.420 162.366 105.396
A biblioteca tivo o servizo pechado en distintas datos a causa das obras no edificio.
Bms Lugo 2008
Préstamos 48.819
Outras Bms 2008
Préstamos 118.150
16
Provincia de Ourense:
Nodal de
Ourense
2006 2008 2009(xaneiro-18 dec.)
Préstamos 66.995 62.989 74.816
Outras Bms 2008
Préstamos 25.490
Provincia de Pontevedra:
Nodal de
Pontevedra
2006 2007 2008 2009(xaneiro-18 dec.)
Préstamos 41646 47740 83.284 91.465
Central de
Vigo
2006 2007 2008 2009(xaneiro-18 dec.)
Préstamos 48.480 79.217 150.924 176.673
Outras Bms 2008
Préstamos 64.964