Post on 30-May-2020
transcript
A actividade económica é o conxunto de labores destinados a obter bens ou servizos para satisfacer as
necesidades das persoas e das sociedades. Consta de tres fases: produción, comercialización e consumo.
A comercialización consiste na distribución e venda dos bens e servizos producidos. Consta de dúas fases:
venda por xunto (ou venda ao por maior): é a que realizan os comerciantes por xunto (empresas
maioristas), que adquiren grandes cantidades de mercadorías directamente aos produtores para
vendelas aos comerciantes polo miúdo.
venda polo miúdo (ou venda ao por menor): é a venda realizada polos comerciantes polo miúdo
(minoristas)-, que compran pequenas cantidades de produto aos comerciantes por xunto, para vendelos
ao consumidor en tendas, mercados, supermercados, etc.
O consumo é a compra de bens e servizos que permiten ao usuario satisfacer as súas necesidades.
Os bens poden ser:
non duradeiros: alimentos, bebidas...
duradeiros: automóbiles, electrodomésticos...
A produción de bens combina os recursos naturais, a técnica e o traballo. Os bens producidos poden ser:
Bens de consumo ou finais: satisfán directamente as necesidades dos consumidores.
Exemplos: comida, bebida, televisor, coche, casa...
Bens de produción ou intermedios: empregados para a produción doutros bens de consumo.
Exemplos: maquinaria industrial, tractor, grúa, forno industrial, máquina de coser, ordenador...
A prestación de servizos inclúe, por exemplo, a sanidade, os transportes, a educación...
* Un ben é un produto material destinado a satisfacer unha necesidade. Pode almacenarse.
* Un servizo é un ben inmaterial, unha secuencia de accións que realizan persoas ou empresas, e que
deben ser consumidas no momento e lugar da súa produción.
2.- Os factores de produción e os axentes económicos.
O capital é o conxunto de recursos que se empregan para producir todo
tipo de bens ou servizos. Pode ser de tres tipos:
Capital físico: o terreo, os edificios, as instalacións, os equipos, a
maquinaria, as materias primas...
Capital financeiro: o diñeiro necesario para iniciar o proceso de
produción, o que as empresas manteñen en caixa ou en contas
bancarias, e os activos financeiros (accións, bonos...).
Capital humano: empresarios e empregados (a formación profesional
do cadro de persoal dunha empresa).
3.- Os sectores económicos.
Sector consiste en actividades
Primario
Sector económico que abrangue as actividades relacionadas coa
obtención e produción de alimentos para o consumo humano e
animal, e materias primas para a industria.
agricultura
gandaría
pesca
silvicultura
Secundario
Sector económico que comprende os procesos e técnicas que
transforman as materias primas en produtos elaborados (destinados
ao consumo directo) ou produtos semielaborados (destinados a un
novo proceso de transformación), utilizando unha fonte de enerxía.
industria
minaría
produción de enerxía
construción
Terciario
Rama das actividades económicas que se encarga de distribuír os
bens materiais obtidos nos sectores primario e secundario, e de
producir os bens non materiais demandados pola sociedade
(servizos).
comercio
transportes
sanidade
educación
comunicación…
terciario banal
comprende traballos que esixen pouca preparación e están
mal remunerados. Os profesionais deste sector non
precisan de moita formación.
servizos domésticos
servizos de limpeza
venda ambulante
terciario superior
ou cuaternario
comprende actividades relacionadas coa xestión e
distribución da información, investigación, innovación
económica, social e cultural. Os profesionais deben ter un
alto nivel de formación e reciben salarios elevados.
biotecnoloxía
microelectrónica
TIC
I+D+i
4.- Os sistemas económicos.
Sistema económico capitalista Sistema económico socialista
A actividade económica está regulada polo mercado, no que
participan libremente as empresas e os consumidores. A actividade económica está organizada polo Estado.
A propiedade dos medios de produción (capital, terra,
máquinas, etc.) e das empresas é privada.
O Estado é o propietario dos medios de produción e das
empresas. A propiedade privada é moi reducida.
O mercado é o que decide o que hai que producir, o que
controla a distribución dos bens e o que fixa os prezos dos
produtos e os salarios.
O Estado decide o que hai que producir, controla a
distribución dos bens e fixa os prezos dos produtos e os
salarios dos traballadores.
Coñécese tamén como economía de mercado Coñécese tamén como economía planificada ou centralizada.
Está vixente en practicamente todos os países, agás Cuba,
Corea do Norte ou China.
Xurdiu na Unión Soviética tras a revolución rusa de 1917;
hoxe está practicamente desaparecido.
Mercado Conxunto de operacións de compravenda dun ben ou dun servizo.
Lugar onde se compran e se venden os bens ou servizos.
Oferta Cantidade de bens e servizos dispoñibles para ser consumidos. Depende das empresas ou produtores, que
colocan no mercado os produtos que fabrican e compiten entre elas para ofrecelos ao mellor prezo.
Demanda Cantidade de bens e servizos que a poboación ten intención de consumir. Depende dos consumidores, que
solicitan no mercado os produtos que necesitan e deciden o prezo que están dispostos a pagar por eles.
Prezo Valor final dun ben ou servizo, resultante do equilibrio existente entre oferta e demanda.
Inflación
Crecemento xeneralizado e sostido dos prezos dos bens e servizos dun país. Supón a redución do valor do
diñeiro, pois para adquirir un produto hai que pagar cada vez máis, polo que diminúe o poder adquisitivo.
Causas: crecemento do diñeiro en circulación, que favorece unha maior demanda / aumento do custo dos
factores de produción (materias primas, enerxía, salarios...) que as empresas trasladan aos consumidores/
desequilibrio entre oferta e demanda das mercadorías...
8.- O mercado laboral
Menores de 16 anos
Persoas con
16 anos
ou maiores
poboación
activa
ocupados
traballadores por conta propia
traballadores
por conta allea
con contrato indefinido
con contrato temporal
desempregados
sen experiencia
parados de longa duración
poboación
inactiva
estudantes
persoas que se ocupan do fogar
xubilados ou prexubilados
incapacitados para traballar
persoas que non queren traballar ou viven das súas rendas
persoas que realizan traballos sociais ou benéficos non
remunerados
España,
ano 2011
Poboación ≧ de 16 anos Poboación ocupada Poboación desempregada
38.508.200 17.807.500 5.276.300
Taxa de
actividade
poboación activa x 100 / poboación de 16 anos e máis
poboación activa = poboación ocupada + poboación desempregada
17.807.500 + 5.276.300 = 23.083.800
23.083.800 x 100 / 38.508.200 = 59,95%
Taxa de
paro
parados x 100 / poboación activa
5.276.300 x 100 / 23.083.800 = 22,86%