Post on 18-Aug-2020
transcript
Territorios a examen: trabajos de ordenación territorial = Territorios a
exame: traballos de ordenación territorial / edición a cargo de Rafael
Crecente Maseda, Urbano Fra Paleo. - Santiago de Compostela:
Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e
Intercambio Científico, 2012 244 p. ; 24 cm. – (Cursos e congresos da
Universidade de Santiago de Compostela ; 211)
D.L. LU 42-2012. – ISBN: 978-84-9887-853-0 1. Ordenación do territorio – Galicia 2. Urbanismo − Galicia 3. Solo,
Utilización do − Galicia I. Crecente Maseda, Rafael, ed. lit. II. Fra Paleo,
Urbano, 1961 - , ed. lit. I. Universidade de Santiago de
Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed.
352(461.1)
630*6(461.1):711.14
711.14(461.1)
© Universidade de Santiago de Compostela, 2012
Edita Servizo de Publicacións e Intercambio Científico
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
usc.es/publicacions
Imprime
Librería Troll
Dep. Legal LU 42-2012
ISBN 978-84-9887-853-0
Índice
Agradecimientos 7
Introducción 11
O impacto do pagamento único en Galiza 17
Fátima Docío e María do Mar Pérez
Caracterización dos procesos de repoboación forestal posteriores á
entrada de Galicia na Unión Europea
41
Beatriz Guimarey e Eduardo Corbelle
A utilización do espazo polas explotacións gandeiras. Estudio da
comarca da Terra Chá, Lugo
57
Manuel Giménez, Eduardo Corbelle e Francisco J. Ónega
A consideración dos asentamentos rurais nos procesos de xestión
de terras: o caso da concentración parcelaria e a ordenación de
núcleos rurais
71
Nieves Pérez ,Rafael Crecente e Francisco J. Ónega
El entorno inmediato del núcleo en el planeamiento rural.
Delimitación como área de transición para aplicar la concentración
parcelaria
91
Vasco Barbosa, Eduardo Corbelle y J. Ambrosio Ferreira
Estudio da utilización de información catastral para a elaboración
das bases definitivas nos procesos de concentración parcelaria en
Galicia
115
Dorinda Sarmiento, Francisco J. Ónega e David Miranda
Una introducción al Modelado Basado en Agentes para la
simulación de cambios de usos del suelo
135
Jeanneth M. Galvez, Eduardo Corbelle e Andrés García
Sintaxis espacial de la ciudad de Lugo 155
José L. de la Barrera y Urbano Fra
Escenarios de riesgo de incendio actuales y potenciales en el
Municipio de Lugo
177
Ivonne M. González y Urbano Fra
Predición de incendios forestais. Análise do índice de risco e
metodoloxía alternativa
203
Iván Sánchez, Urbano Fra e Enrique Fernández
Escenarios actuais e potenciais de risco de inundación costeira na
área metropolitana de A Coruña
225
Xurxo Loureiro e Urbano Fra
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
225
Escenarios actuais e potenciais de risco de
inundación costeira na área metropolitana
de A Coruña
Xurxo Loureiro40 e Urbano Fra
Laboratorio do Territorio (LaboraTe), Universidade de Santiago de Compostela
Resumo A combinación nas áreas costeiras de procesos naturais como tormentas, mareas,
erosión ou tsunamis coa demanda crecente de solo para actividades humanas tales como ocio, comercio ou uso residencial, fan destas áreas un lugar de elevado
risco de inundación e complexidade para a planificación. É esperable que o cambio climático agrave o proceso coa subida do nivel do mar. Neste traballo
realizouse a construción de escenarios de risco de inundación costeira empregando a análise morfolóxica e o mapa de axentes implicados, contribuíndo
á resolución dos problemas de ordenación. Os escenarios futuros obtidos foron
semellantes ao actual e bastante semellantes entre si, revelando unha situación relativamente estable no tempo. Por outro lado o método de análise morfolóxica
revélase moi dependente da valoración experta á hora de obter conclusións.
Palabras clave análise morfolóxica, escenario, inundación costeira
Abstract The combination of multiple natural hazards in coastal areas such as storms, high
tides, erosion and tidal waves with an increasing demand for land for activities
such as recreation, industrial, commercial and residential land use, is progressively increasing the flood risk of coastal communities. These processes
are further aggravated by climate change and sea level rise. This work aims to build risk scenarios of coastal flooding by using morphological analysis, as well as
stakeholder analysis, supporting decision making in coastal zone planning. Future scenarios look similar to the current situation and quite similar among them,
revealing a fairly stable context over time. On the other hand, morphological
analysis revealed its high dependence on expert assessment and value assignment to obtain conclusive results.
Keywords coastal flooding, morphological analysis, scenario
40 xurxoloureiro@mundo-r.com
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
226
1. Introdución
A área metropolitana de A Coruña é unha ampla área urbana que, aínda
que non está constituída como entidade xurídica -polo que o número de
concellos varía segundo a análise considerada- é un interesante espazo
para o estudio dos procesos urbanos e de interacción costeira. Para esta
análise consideráronse os concellos da Coruña, Oleiros, Culleredo,
Cambre e Arteixo, que suman unha poboación de 362.210 habitantes,
segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (2010).
Como consecuencia do éxodo rural e doutros procesos migratorios, esta
área ven sufrindo nos últimos anos un crecemento demográfico e urbano
continuado, que exerce unha forte presión sobre o solo como recurso e da
lugar a procesos de suburbanización nos concellos veciños, creando unha
área urbana difusa ao redor da cidade da Coruña que leva a ocupar
extensas franxas de terreo costeiro (Dalda et al., 2006). Parello a isto,
estanse a desenvolver múltiples actividades económicas relacionadas co
medio costeiro e mariño. É o caso das actividades extractivas, como a
pesca de baixura e marisqueo; de ocio, como turismo de praia, pesca
deportiva ou turismo cultural, asociado a elementos do patrimonio
histórico como a Torre de Hércules, o castelo de San Antón, o Sanatorio
de Oza (todas na cidade da Coruña), o Castelo de Sta. Cruz en Oleiros
ou a Ponte romana do Temple (entre Culleredo e Cambre); ou actividade
comercial e industrial, con varios polígonos de gran dimensión e
instalacións industriais singulares moi importantes, e cunhas
infraestruturas portuarias orientadas á actividade turística, pesqueira e
comercial, na actualidade en proceso de expansión co porto exterior á ría.
Como resultado desta concentración de capital físico, particularmente
infraestruturas e bens de produción e consumo, existe unha
concentración de elementos vulnerables que pode dar lugar a importantes
danos en caso de futuros desastres (Fra, 2010). Complementariamente, a
atracción das paisaxes costeiras produce unha intensa presión urbanística
sobre a liña de costa en toda a área metropolitana. Como consecuencia
destas actividades estase a producir a progresiva urbanización da costa
con fins residenciais, industriais e comerciais; destacando o polígono
industrial de Arteixo (un dos maiores da comarca e contiguo ao novo
porto exterior), a refinería de petróleo e a central térmica de Sabón,
situados dentro dunha franxa costeira de menos de dous kilómetros de
anchura. En canto ás infraestruturas costeiras, ademais das instalacións
portuarias, destaca o paseo marítimo da cidade, cunha función de ocio e
apertura da cidade ao mar, pero tamén unha importante vía de
comunicación intraurbana.
Estes procesos teñen lugar nunha área sometida a procesos
xeomorfolóxicos, xeolóxicos e climáticos como erosión, tormentas ou
mareas que poden causar inundacións, derrubamentos, ou incluso
tsunamis como o de Lisboa de 1755, de grao 1 na escala Soloviev-
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
227
Imamura, que tivo un efecto moi pequeno, dado que nesa época a
ocupación humana da franxa costeira era moi baixa (Amaré et al., 2005).
Deste xeito, as situacións máis críticas e frecuentes son producidas pola
combinación de mar de vento, ondas xeradas por vento local, e mar de
fondo, con ondas xeradas mar adentro por grandes sistemas de baixas
presións que se desprazan cara á costa (Taboada, 2010). A combinación
de mareas altas e fortes precipitacións nas concas da lugar a inundacións
costeiras e nas desembocaduras dos ríos. En Galicia, a zona entre Fisterra
e Estaca de Bares é a que ten unha enerxía de ondaxe máis elevada,
especialmente en eventos extremos (Medina e Méndez, 2006). A
combinación das mareas meteorolóxicas coas mareas astronómicas e o
aumento do nivel do mar polo cambio climático, pode dar lugar na
cornixa galega e no norte das Illas Canarias a incrementos maiores da
cota de inundación que no resto do litoral español, prevéndose, nun
horizonte de 50 anos, un aumento de 35 cm fronte a 20 cm no
Mediterráneo (Medina e Méndez, 2006). Así, téñense estimado
incrementos do nivel do mar fronte á ría da Coruña de 2,25 cm por
década, significativamente máis elevado que tralo rebote posglacial (Rosón et al., 2009). Segundo o Informe de la Biodiversidad prevése un
retroceso da liña de costa no noroeste de España de 15 metros ata 2050
(Jiménez, 2011). Os procesos que dan lugar a estes fenómenos en Galicia
son as borrascas orixinadas no Atlántico Norte, aínda que tamén poden
chegar á costa restos de ciclóns tropicais (Hortensia en 1984, Gordon en
2006), ou producirse fenómenos de cicloxénese explosiva como o ciclón
extratropical Klaus de 2009 (Fra, 2010).
Este risco encaixa no tipo de problemas perversos (wicked problems) que
identificaron Rittel e Webber (1973). Trátase de problemas difíciles ou
imposibles de resolver debido á incompleta información e contraditoria
evolución, difíciles de recoñecer, e con complexas interdependencias
entre os diferentes elementos que o forman. Estes problemas xorden da
combinación de factores naturais e humanos, e están especialmente
asociados á concorrencia de variados procesos sociais, acadando así un
elevado grao de complexidade.
A xestión do risco de desastres é definida como “un proceso sistemático
que produce unha gama de medidas asociadas á mitigación do risco, á
preparación para emerxencias, á resposta ao impacto e á recuperación de
desastres, e que contribúe á seguridade das comunidades e do medio
ambiente e ao mesmo tempo a prácticas de xestión de risco e boas
prácticas de xestión”. (Britton, 2005). A xestión de riscos multiperigo é
un problema aínda mais complexo que require do coñecemento experto e
experiencia nun amplo rango de disciplinas, á vez que tecnoloxía que
poida organizar o coñecemento nun proceso de diálogo participativo.
Con este fin tense desenvolto a análise morfolóxica (Zwicky, 1969).
O principal obxectivo deste traballo é a construción de escenarios para o
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
228
risco de inundación costeira na área metropolitana de A Coruña, para
facilitar a busca de solucións ao problema definido. Subsidiariamente,
identificaranse os actores implicados, as interrelacións, os intereses e
funcións específicas, e os factores e procesos que incrementan a
vulnerabilidade e o risco, para servir de base á hora de abordar a solución
dos problemas existentes. Finalmente, tamén se van a explorar escenarios
alternativos futuros de exposición ao perigo.
2. Metodoloxía
Para elaborar o mapa de axentes implicados o primeiro paso foi realizar
unha listaxe dos axentes, baseada nas fontes documentais dos propios
axentes ou organismos susceptibles de intervir no ámbito costeiro, así
como no estudio de casos. Para identificalos tratouse de responder ás
seguintes preguntas: ¿a quen iría para aprender máis do tema tratado?,
¿quen define as regras de xogo?, ¿quen ten un coñecemento
particularmente importante e recursos en relación ao tema? ¿quen ten
relacións con outros actores en relación ao tema? (Zimmermann e
Maenling, 2007), que se poden sintetizar en dúas: ¿quen pode producir
algún cambio?, ¿quen se pode ver afectado por algún cambio?
Algunhas empresas e organismos públicos foron diferenciados como
axentes individuais debido á súa importancia económica, á superficie de
solo ocupada ou á elevada ocupación da liña costeira (por exemplo a
refinería de petróleo). Nos concellos non se desglosou máis que o nivel
das áreas de urbanismo e de turismo, por ser as máis importantes en
canto a afectación costeira. Esta información foi completada con
entrevistas a diferentes axentes clave, que cubrisen a maior parte do
espectro de actividades e competencias na área de estudio. Realizáronse
entrevistas con axentes tales como Demarcación de Costas de Galicia,
Autoridade Portuaria da Coruña, CEIDA (Centro de Extensión
Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), Escola de
Arquitectura da Universidade da Coruña, e un arquitecto especializado
en urbanismo.
Estas entrevistas permitiron coñecer a perspectiva dos axentes sobre os
parámetros determinados, e identificar o seu papel presente e nun futuro
inmediato. A entrevista estivo orientada aos temas de interese, con
preguntas abertas, e deixando fluír a conversa sobre competencias,
funcións, intereses, capacidade de decisión, problemas, cambio climático
e efectos derivados, ou grao de afectación dos problemas.
Os métodos de análise de actores céntranse en clasificar aos actores e
definir as interaccións existentes entre os mesmos. Neste proceso poden
ser empregadas tres perspectivas teóricas: análise en rede, onde se
examinan as interaccións entre os diferentes actores; de percepción, onde
se analizan as ideas e coñecementos de cada actor sobre o tema; ou de
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
229
recursos, onde se analizan os medios que os actores teñen para influír no
obxecto de estudio (Hermans, 2005). Neste traballo utilizamos o enfoque
de análise en rede e dos recursos, pola maior facilidade de estudio,
ademais de ter en conta a dimensión competencial.
O primeiro paso foi listar os axentes, identificando competencias,
funcións e intereses no ámbito de estudio para logo agrupalos por
afinidades de intereses e capacidade de decisión-actuación sobre o ámbito
costeiro. Nunha segunda fase realizouse unha valoración dos axentes en
función da lexitimación, recursos dispoñibles e grao de relacións con
outros axentes, coa fin de identificar os axentes clave, que son os que
dispoñen de máis competencias, recursos e relacións para enfrontarse ao
problema (Zimmermann e Maenling, 2007), con influencia significativa
na toma de decisións e no grao e modo de participación doutros axentes.
Para establecer as relacións definíronse tres funcións:
Lexitimación: definida pola posición institucional e dereitos
adscritos ou recoñecidos.
Recursos: capital humano que proporciona coñecemento,
experiencia e capacidades, e recursos materiais e financieiros.
Conexións: capital social que se reflexa no número e calidade
das relacións con outros actores ou dependencia de actores clave.
Con esta información realizouse unha matriz de axentes, funcións,
recursos dos que dispoñen e relacións con outros axentes, así como unha
valoración da relación (Zimmermann e Maenling, 2007). Os actores
foron agrupados no mapa en función da fortaleza. Son considerados
axentes clave os que posúen unha fortaleza en dúas ou máis categorías,
pois teñen lexitimación, recursos ou relacións con outros axentes
suficientemente importantes como para enfrontarse á resolución dos
problemas existentes (Zimmermann e Maenling, 2007).
A metodoloxía utilizada para a análise de escenarios consistiu na
aplicación da análise morfolóxica (AM), desenvolta por Fritz Zwicky
como alternativa aos métodos formais (matemáticos) e causais,
baseándose nos procesos de xuízo de valor e coherencia interna (método
non-bayesiano). A AM é un método para investigar o conxunto de
posibles relacións ou configuracións de problemas complexos. Segue
unha serie de fases (Ritchey, 2010) que pasan pola formulación concisa
do problema; a localización e análise de tódolos parámetros importantes
na solución, identificando rangos de valores para cada parámetro; a
síntese nunha matriz multidimensional que contén tódalas posibles
solucións, o exame e avaliación das solucións da matriz respecto aos
propósitos que deben ser acadados; e, finalmente, a identificación das
solucións óptimas.
Ten a vantaxe de ser un método que garante un tratamento sistemático e
completo da información; permite o descubrimento de novas relacións e
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
230
parámetros non considerados inicialmente, especialmente nas condicións
límite dos factores considerados, e demanda que os parámetros e
condicións subxacentes estean ben definidos (Ritchey, 2010). Por outra
banda permite seguir o proceso, facéndoo rastreable e reproducible.
(Ritchey, 2006a). O estudo dos riscos naturais presenta unha serie de
problemas metodolóxicos asociados á complexidade estrutural, coa
intervención de múltiples factores non cuantificables cunha forte
dimensión social, política e cognitiva, no que as incertidumes inherentes
non poden ser reducidas nin completamente definidas (Ritchey, 2006a),
que fan que a AM sexa un método aplicable afín.
Para a realización da análise contouse co apoio do programa informático
Scenario Analysis Tool Suite v1.6 desenvolto pola Defence Science and
Technology Organisation (DSTO), do Departamento de Defensa do
Goberno de Australia. O soporte informático permite tratar dúas das
limitacións máis importantes da análise morfolóxica: o risco de esquecer
algunha compoñente ou configuración esencial, e o grande número de
posibilidades de combinación ou escenarios, que poden sobrepasar a
capacidade de análise do usuario (Nguyen e Dunn, 2009).
Na terminoloxía do programa denomínase dimensións aos parámetros
que van influír no problema especificado. Cada dimensión posúe
diferentes niveis (denominados valores, factores, estados ou
configuracións), que se combinan para obter os diferentes escenarios. Así,
un escenario está caracterizado por unha configuración específica de
dimensións, habendo tantos escenarios como combinacións. Ao
conxunto de tódalas configuracións denomínase espazo morfolóxico.
O proceso comeza coa introdución da cuestión que define o problema e
que orientará todo o proceso posterior que foi formulada nos termos de
¿Considérase o risco de inundación costeira e outros problemas como a
erosión, derivados de eventos extremos ou eventos de orixe xeolóxica
(tsunamis), e agravado polo cambio climático, na planificación e proceso
de urbanización da zona costeira na área metropolitana da Coruña?
Deste modo elaborouse o espazo morfolóxico (Táboa 1) que describe as
dimensións e estados do problema.
Táboa 1. Espazo morfolóxico do escenario.
Dimensión Configuración
Variación do nivel do mar
(M)
Variación segundo os modelos existentes, que ten como consecuencia un retroceso na liña costeira
M1-Sen variación apreciable do nivel do mar M2-Subida do nivel seguindo a tendencia dos últimos 100 anos (2 mm/ano) M3-Subida producindo un retroceso segundo a estimación do Informe da Biodiversidade: 24 cm/ano ata
2050. (Jiménez, 2011)
Dominios-competencia da Reducción ou ampliación tanto cuantitativa como cualitativa
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
231
zona costeira (D) D1-Redución do dominio público marítimo-terrestre D2-Mantemento dos 100 m de dominio marítimo-terrestre D3-Ampliación do dominio público marítimo-terrestre
Coordinación das
administracións (C)
Evolución do grao de coordinación, en canto a cooperación durante un proceso puntual ou continuo, tanto internamente como con outros departamentos ou administracións
C1-Menor coordinación C2-Igual coordinación que ata o de agora C3-Maior coordinación
Cumprimento das funcións
das administracións (F)
Fortalecemento das funcións da administración: empoderamento, competencias, presión cara o cumprimento das
normas
F1-Menor cumprimento das competencias F2-Grao de cumprimento como o actual F3-Cumprimento estrito das normas
Grao de percepción do risco
(R)
R1-Ausencia de percepción do risco R2-Percepción media do risco R3-Percepción alta do risco
Demanda de paisaxe na zona
costeira (P)
P1-Decrece a tendencia actual P2-Estable, seguindo a actual tendencia P3-Reforzase a tendencia actual
Patrón de asentamento da
poboación (A)
A1-Estable: reforzamento da dispersión A2-Tendencia á concentración nos núcleos existentes
Demanda de solo urbanizable
na zona costeira (U)
U1-Baixa (espazos de ocio con escasas infraestruturas e con parques ou zonas verdes)
U2-Media (residencial baixa densidade, vivendas unifamiliares) U3-Alta (solo industrial-comercial, residencial de alta densidade)
Construción de
infraestruturas costeiras (N)
N1-Grandes infraestruturas costeiras (grandes portos, recheo de diques) N2-Infraestruturas de pesca e recreo (pequenos portos, portos deportivos) N3-Infraestruturas costeiras para ocio e urbanizacións (recheo de areais, paseos marítimos)
A variación do nivel do mar foi considerada tendo en conta diferentes
niveis en función dos modelos (Jiménez, 2011) (Rosón et al., 2009)
(Medina e Méndez, 2006) e a percepción do fenómeno, tomando valor
nulo (cando non é apreciable pola poboación); unha subida seguindo a
tendencia do último século (apreciable pola poboación, pero non de xeito
alarmante), e unha subida do nivel do mar que produciría un retroceso na
costa de 15 metros en 2050 (Jiménez, 2011). A dimensión dominio
público marítimo-terrestre foi considerada tanto desde o punto de vista
cuantitativo, cun aumento da distancia considerada, como cualitativo,
cun aumento ou estancamento do grao de afectación. Dúas variables
cunha importante compoñente social e de gobernanza son as
relacionadas coa coordinación e grao de cumprimento das funcións da
administración, dado que teñen unha grande influencia nos escenarios
futuros pois determinan en gran medida a capacidade da sociedade de
facer fronte a posibles problemas. O grupo de dimensións relacionadas
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
232
coa percepción ou actitude da poboación en relación ao problema
identificado inclúe a percepción do risco e a demanda de paisaxe costeira,
relacionadas entre si en canto que un aumento da percepción do risco
diminuiría a demanda de paisaxe en primeira liña de costa. Finalmente,
as últimas tres dimensións consideradas son as referentes ao patrón de
asentamento poboacional, particularmente a demanda de infraestruturas
e solo urbanizable en zonas costeiras, oscilando entre unha urbanización
intensiva ou extensiva; e a creación de infraestruturas costeiras,
relacionadas co patrón de asentamento poboacional, coa demanda de
paisaxe costeira, co desenvolvemento urbano ou co grao de percepción do
risco.
Nunha segunda fase realizouse unha síntese, examinando as
interdependencias entre os factores para obter escenarios alternativos,
aplicando o enfoque Battelle (Battelle Approach). Primeiro elaborouse a
matriz de pares onde se emparellaron tódalas configuracións existentes,
asignando a cada parella un valor de 1 a 5 que expresa o grao de
compatibilidade entre os dous factores. Os pares con valor 1 son
eliminados en posteriores análises (Nguyen e Dunn, 2009). Neste estudio
asignouse valor 5 a pares compatibles ou claramente consecuentes (por
exemplo un ascenso importante do nivel do mar cun aumento na
percepción do risco), e o valor 1 a pares incompatibles que en ningún
caso (ou en case ningún caso) se darían conxuntamente. Os valores 2, 3 e
4 foron asignados a pares que poden concorrer pero que non son tan
interdependentes como nos casos anteriores, e que para que se produzan
necesitan doutros factores (por exemplo unha subida do nivel do mar
elevada, xunto a unha diminución do dominio público parecería
incompatibles e debería ser cun 1, sen embargo foi valorada cun 2 porque
pode ter lugar dado que a redución do dominio público pode darse en
función de factores alleos ao problema e, polo tanto, coexistir os dous
factores). Estas valoracións serán máis precisas canto mellor
coñecemento do problema se teña, polo que neste estudio foi realizada
empregando a información recompilada, as entrevistas realizadas e a
valoración persoal.
A última fase consistiu na composición de escenarios. Cada escenario
leva asociado un valor de compatibilidade medio (media dos valores de
compatibilidade da configuración que o integran), e un valor de
probabilidade medio (media das probabilidades das configuracións que o
integran). Por medio de dous parámetros de exclusión (número máximo
de pares con valor de compatibilidade 2, e mínimo valor da media de
compatibilidades do escenario), as combinacións de escenarios redúcense
para limitarse ás máis relevantes e obter un espazo de traballo manexable.
A cada escenario se lle asigna unha probabilidade condicionada, obtida
polo método bayesiano denominado Modified Goal Programming. Isto
serve para filtrar de novo os escenarios, rexeitando os que teñan
probabilidade 0 (Nguyen e Dunn, 2009). Finalmente realizouse unha
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
233
análise de conglomerados que permitiu formar grupos de escenarios
similares, e que permite obter os escenarios posibles (Nguyen et al.,
2008).
4. Resultados
Das entrevistas realizadas, da análise dos casos, así como da información
facilitada polos diferentes organismos identificáronse os seguintes axentes
e competencias.
1.Administración Xeral do Estado
1.1. Ministerio de Fomento. Secretaría de Estado de Transportes
1.1.1. Puertos del Estado. Financiamento e programas de
actuación e inversións para os portos do estado (caso do Porto
da Coruña). Coordinar as actuacións de tódolos portos do
Estado.
1.1.2. Autoridade Portuaria. Puerto de A Coruña. Ordenación
da zona de servizo e dos usos portuarios en coordinación coas
administracións competentes en materia de ordenación do
territorio e urbanismo. Xestión do dominio público portuario
(cedido tras posterior demarcación polo organismo estatal de
Costas) e dos sinais marítimos asociados. Planificar e programar
o desenvolvemento do porto acorde cos instrumentos de
ordenación do territorio e de planificación urbanística
aprobados; redactar e formular os plans especiais e de
ordenación da zona de servizo do porto, e proxectar e realizar as
obras necesarias no marco dos plans e programas aprobados.
1.2. Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino. Dirección
General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar
1.2.1. Demarcación de Costas de Galicia. Desenvolvemento e
execución da política ambiental en materia de costas, coa
protección e conservación dos sistemas litorais e mariños,
realizando investimentos para a sustentabilidade, obras e
infraestruturas e a aplicación dos instrumentos xurídicos para a
protección do Dominio Público Marítimo-Terrestre, garantindo
a protección e conservación do mesmo e a participación
coordenada na xestión territorial da costa con outras
administracións (local, autonómica).
1.3. Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Observación,
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
234
captura de datos, predición e xeración de información meteorolóxica,
apoio na toma decisións.
1.4. Ministerio del Interior. Dirección General de la Policía y la
Guardia Civil
1.4.1. SEPRONA. Velar polo cumprimento das disposicións de
conservación da natureza e do medio ambiente. Comprobación
do estado de conservación dos recursos naturais, incluíndo os
marítimos e continentais.
1.5. Ministerio de Ciencia y Tecnología
1.5.1. Instituto Español de Oceanografía (IEO)– Centro
Oceanográfico de A Coruña. Monitorización dos recursos e
servizos ecosistémicos mariños e xeración de coñecemento
sobre o medio mariño, apoio na toma de decisións.
2. Administración autonómica
2.1. Consellería do Mar
2.1.1. Portos de Galicia. Planificación, construción,
explotación e conservación dos portos dependentes da Xunta de
Galicia. Na zona de estudio xestiona os portos de Lorbé, Sada,
O Portiño ou Suevos, de interese para pesca de baixura,
deportiva e embarcacións de recreo.
2.2. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
2.2.1. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
Avalía e controla a incidencia que sobre o medio ambiente
provoca a actividade humana.
2.2.2. Secretaría Xeral de Sostibilidade e Paisaxe. Elaboración
de estratexias e programas para contribuír ao desenvolvemento
sustentable, impulso de estratexias de desenvolvemento
sustentable, e a protección, xestión e ordenación da paisaxe
(catálogos da paisaxe, directrices da paisaxe, estudos de impacto
e integración paisaxística). Elaborar e tramitar as directrices de
ordenación do territorio e a programación da política de
ordenación do territorio do litoral, incluíndo o Plan de
Ordenación do Litoral (POL).
2.2.3. Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
235
Urbanismo. Dirixir e coordinar tódalas actuacións en materia
de ordenación do territorio e urbanismo e garantir o dereito
constitucional a unha vivenda digna nunha contorna de
calidade.
2.2.4. Augas de Galicia. Autorización das obras e instalacións
de verquidos dende terra ás augas do litoral galego e o exercicio
das funcións de policía sobre os mesmos. Competencias sobre
os ríos e cursos de auga fóra do ámbito competencial de costas.
2.2.5. Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
Instrumento de colaboración entre a Consellería de Medio
Ambiente e os concellos para mellorar a calidade da ordenación
urbanística. Inspección e vixiancia, reposición da legalidade
urbanística, potestade sancionadora, impugnación de licencias
ilegais, e asesoramento das administracións integradas na mesa.
2.2.6. Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Elaborar e
aprobar as normas polas que se establece a política da Xunta de
Galicia en materia de vivenda e solo, plans autonómicos de
vivenda e solo (elaboración, aprobación, execución), a
promoción e xestión inmobiliaria e a competitividade do sector.
2.2.7. XESTUR-Coruña. O IGVS, xunto coa Consellería de
Economía e Facenda e a Deputación Provincial da Coruña,
participa na empresa pública XESTUR, que se ocupa da
elaboración de estudos urbanísticos, adquisición de solo e
exercicio da actividade urbanizadora, promover a acción
edificatoria e xestión e explotación de obras e servizos
resultantes da urbanización.
2.3. Consellería de Cultura e Turismo
2.3.1. Secretaría Xeral para o Turismo. Regulación e
promoción do turismo.
2.3.2. Dirección Xeral do Patrimonio Cultural. Protección do
patrimonio cultural.
3. Administración local
3.1. Departamento de urbanismo. Concellería de Urbanismo e
Infraestruturas do concello da Coruña, Área de Urbanismo do
Concello de Arteixo, Área de Urbanismo do Concello de Culleredo,
Concellería de Obras Particulares e Medio Ambiente-Departamento
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
236
de Urbanismo do Concello de Oleiros, Concellería de Urbanismo do
Concello de Cambre. Xestión do solo e do patrimonio; estudo,
redación e tramitación do planeamento urbanístico; xestión do
planeamento e tramitación de expedientes e licencias urbanísticas.
3.2. Consorcio de Turismo y Congresos de A Coruña. Está
participado polo Concello da Coruña e o seu órgano Turismo da
Coruña, Consorcio das Mariñas, Consellería de Cultura e Turismo e
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Promoción turística da
Coruña e área metropolitana.
3.3. Protección civil. Xestión de emerxencias.
3.4. Servizo de bombeiros. Emerxencias.
4. Universidade da Coruña
4.1. Institutos e centros universitarios como: Instituto de Xeoloxía
Isidro Parga Pondal; CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e
Divulgación Ambiental de Galicia). As funcións destes organismos
pasan polo estudio ambiental, do territorio, de impacto ambiental, e
divulgación ambiental.
4.2. Facultade de Enxeñería de Camiños Canais e Portos,
Facultade de Bioloxía, de Dereito, de Socioloxía, e outras. O seu
coñecemento sobre diferentes ámbitos sirve de apoio á toma de
decisións por parte das administracións e á realización de estudos de
detalle.
5. Sociedade civil
5.1. Asociacións de veciños de barrios costeiros. Representan os
intereses dos movementos veciñais que pasan pola mellora da
calidade de vida nos barrios. A Federación de Asociacións de
Veciños da Coruña e Área Metropolitana representa ás asociacións
de veciños aglutinando intereses a maior escala reforzando o tecido
asociativo para contribuír ao benestar social e mellora da calidade de
vida.
5.2. Clubes náuticos. Real Club Náutico, Club Náutico de Oza O
Puntal ou o Club del Mar de San Amaro, entre outros. Fomentar e
estimular a iniciación e práctica do deporte de vela e outros deportes
do mar.
5.3. Movementos de defensa do medio ambiente e do patrimonio.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
237
Este grupo está formado polas asociacións que teñen como obxectivo
tanto a defensa do medio ambiente como a do patrimonio cultural
galego.
6. Sector privado
6.1. Confrarías de pescadores. Representantes da actividade
pesqueira, para incrementar o beneficio económico da pesca,
marisqueo e acuicultura.
6.1.1. Confraría da Coruña. Abarca a zona do porto da
Coruña. Inclúe o colectivo de mariscadores da ría do Burgo.
6.1.2. Confraría de Lorbé. Os seus intereses están centrados no
porto de Lorbé, principalmente adicado ás bateas de mexillóns e
á pesca de baixura.
6.2. Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña.
Representa os intereses das empresas, presta servizos de información,
asesoramento, formación, promoción, e internacionalización. Ten
representación nos seguintes organismos, entre outros: Autoridade
Portuaria da Coruña, Consejo de Navegación y Puertos, Comisión
de Puertos de Galicia, Consorcio de Turismo e Congresos. O seu
maior interese é potenciar as infraestruturas portuarias acorde ao
crecemento económico da área.
6.3. Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A
Coruña. Defende o desenvolvemento das súas actividades e de xeito
transversal do turismo na área. Representa aos locais de ocio, como
bares, restaurantes e hoteis de toda a provincia.
6.4. Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI). Defende
intereses orientados á promoción turística de Galicia.
6.5. APROINCO (Asociación Provincial de Promotores
Inmobiliarios). Defende os intereses económicos en canto ao
desenvolvemento de novas promocións urbanísticas, incluíndo a liña
costeira.
6.6. Refinería REPSOL YPF. Ten interese nas infraestruturas
portuarias que lle serven de comunicación coas redes internacionais
para abastecerse e comercializar os seus produtos. Tamén ocupa
parte da liña costeira tanto en actividades de transporte como no
propio procesado da materia prima, servíndose tamén do mar para
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
238
realizar verquidos.
6.7. Central térmica de Sabón. Gas Natural FENOSA. Ocupa,
como a refinería, terreos na liña costeira, ademáis de verquer augas
residuais no medio mariño. Posúe unha infraestrutura costeira, un
encoro, que lle serve para os seus procesos industriais. Ten interese
tamén nas infraestruturas portuarias para o abastecemento de materia
prima.
6.8. Asociación de Empresarios Polígono de Sabón. Representa ás
empresas radicadas no polígono, defendendo os intereses comúns na
mellora das infraestruturas.
6.9. Empresa Ártabra. Ubicada na zona costeira como as outras
industrias citadas. Adicada á produción de compoñentes para
piensos de alimentación animal.
Táboa 2. Clasificación dos axentes segundo a influencia á hora de tomar decisións.
Axentes con capacidade lexisladora Axentes con capacidade xestora-executora
(a nivel público)
Sec. Xeral de Sostibilidade e Paisaxe Sec. Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) Áreas municipais de urbanismo
Augas de Galicia Xestur-Coruña Demarcación de Costas de Galicia Puertos del Estado Autoridade Portuaria da Coruña Portos de Galicia Área municipal de Urbanismo
Axentes que constitúen grupos de presión ou teñen competencias de execución a nivel
público ou privado
Secretaría Xeral para o Turismo Dirección Xeral do Patrimonio Cultural Consorcio de Turismo y Congresos da Coruña Clubes Náuticos Confrarías de Pescadores Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería da Coruña APROINCO Central Térmica de Sabón Asociación de Empresarios de Sabón
Protección Civil Bombeiros Asociación de Veciños dos Barrios Costeiros Grupos de defensa do Medio Ambiente e do Patrimonio Cámara de Comercio de A Coruña Asoc. Galega de Axencias de Viaxe Respol-YPF Empresa Ártabra
Axentes que proporcionan apoio á toma de
decisións (información)
Axentes con capacidade sancionadora e de
vixiancia
AEMET Instituto Oceanográfico-A Coruña Instituto de Xeoloxía Laboratorio de Estudios Territoriais
SEPRONA Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Axencia de protección da Legalidade Urbanística
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
239
Seguindo a metodoloxía antes descrita elaboráronse mapas de axentes
clasificados por intereses comúns, por tipo de decisión ou segundo o seu
grao de lexitimación, recursos dispoñibles ou de relacións (Táboas 2 e 3).
Táboa 3. Clasificación dos axentes segundo o tipo de intereses.
Interese: mellora-ampliación de
infraestruturas portuarias asociadas á
industria, áreas industriais e vías de
comunicación asociadas
Mellora e ampliación de infraestruturas
portuarias orientadas ao turismo,
infraestruturas turísticas (mellora de
praias, paseos)
Puertos del Estado Autoridade portuaria da Coruña Portos de Galicia Repsol-YPF Central Térmica de Sabón Asociación Empresarios Sabón Empresa Ártabra Cámara de Comercio de A Coruña Xestur Coruña
Secretaría Xeral para o Turismo Asociac. Provincial de Empresarios de Hostelería da Coruña Asociación Galega de Axencias de Viaxes Puertos del Estado Autoridade Portuaria A Coruña Portos de Galicia Consorcio de Turismo y Congresos de A Coruña Clubes Náuticos Cámara de Comercio de A Coruña
Interese na urbanización da área costeira,
tanto con destino residencial como
industrial
Interese na sostibilidade ou científico
Xestur Coruña Áreas municipais de Urbanismo Asociación de Veciños de Barrios costeiros Cámara de Comercio da Coruña APROINCO
Secretaría Xeral de Sostibilidade e Paisaxe Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo Laboratorio de Estudos Territoriais AEMET Instituto de Xeoloxía Instituto Oceanográfico da Coruña
Ínterese na conservación e protección Interese na defensa da legalidade
Demarcación de Costas de Galicia Augas de Galicia Grupos de defensa do MA e patrimonio Dirección Xeral do Patrimonio Cultural
Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental Secretaría Xeral de Sostibilidade e Paisaxe
Demarcación de Costas de Galicia SEPRONA Augas de Galicia
Os actores foron valorados coa puntuación LRR (Lexitimación,
Recursos, Relacións) e posteriormente clasificados (Figura 1). Esta
clasificación permite diferenciar axentes clave (alta puntuación nos tres
factores) e axentes destacados (alta puntuación en dous factores). Así, por
exemplo, a Autoridade Portuaria da Coruña foi valorada cun grao alto en
canto a lexitimación, posto que ten competencias exclusivas en xestión e
realización de actividades nas zonas portuarias e áreas de influencia;
tamén foi valorada con alta puntuación no apartado de recursos, pola súa
capacidade de xestión e polo importante orzamento que manexa; así
como no apartado relacións, polos contactos que mantén con múltiples
organismos tanto locais como nacionais.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
240
Con respecto á análise morfolóxica, realizouse unha avaliación do grao
de compatibilidade entre pares de factores (Táboa 4), xunto coas
probabilidades asignadas a cada factor, a partir das dimensións e estados
previamente definidos (Táboa 1).
Figura 1. Clasificación dos axentes implicados por importancia.
Táboa 4. Matriz de pares e probabilidades de ocorrencia de cada configuración.
M1 M2 M3 D1 D2 D3 C1 C2 C3 F1 F2 F3 R1 R2 R3 P1 P2 P3 A1 A2 U1 U2 U3 N1 N2 N3
M1 1 1 1
M2 1 1 1
M3 1 1 1
D1 3 3 2 1 1 1
D2 5 4 4 1 1 1
D3 1 3 5 1 1 1
C1 4 3 2 2 3 2 1 1 1
C2 4 3 3 2 4 2 1 1 1
C3 2 3 5 2 2 4 1 1 1
F1 3 2 3 5 3 2 4 3 2 1 1 1
F2 4 3 3 2 4 3 2 5 2 1 1 1
F3 3 4 5 2 3 4 3 3 4 1 1 1
R1 4 4 1 2 4 3 4 4 4 4 2 4 1 1 1
R2 1 2 5 3 2 2 4 3 2 3 3 2 1 1 1
R3 1 2 5 4 3 2 5 3 2 2 4 2 1 1 1
P1 2 2 5 2 3 4 2 3 3 2 2 4 2 3 4 1 1 1
P2 5 4 3 4 3 2 5 3 2 3 4 2 4 3 1 1 1 1
P3 4 4 2 5 2 1 3 4 2 4 3 2 5 4 3 1 1 1
A1 3 3 3 4 3 2 5 3 2 4 5 3 5 4 2 2 4 5 1 1
A2 2 2 5 2 3 5 2 2 3 3 1 3 1 2 4 5 3 2 1 1
U1 4 4 4 5 5 5 5 5 4 2 5 5 5 5 4 4 5 5 5 5 1 1 1
U2 4 4 3 5 3 2 5 4 3 3 5 2 5 4 2 3 4 5 5 4 1 1 1
U3 5 4 3 5 3 2 4 4 3 4 5 2 5 4 3 3 4 5 3 5 1 1 1
N1 5 5 5 5 5 3 4 5 5 4 5 4 4 4 5 5 3 4 3 5 2 3 5 1 1 1
N2 4 4 3 5 4 2 3 4 5 3 5 4 5 4 3 3 5 5 5 4 5 4 3 1 1 1
N3 5 4 3 5 5 5 4 4 5 3 4 5 5 5 4 3 4 5 5 5 5 4 2 1 1 1
M1 M2 M3 D1 D2 D3 C1 C2 C3 F1 F2 F3 R1 R2 R3 P1 P2 P3 A1 A2 U1 U2 U3 N1 N2 N3
1.0 0.4 0.5 0.1 0.5 0.4 0.2 0.5 0.3 0.2 0.6 0.2 0.4 0.3 0.3 0.2 0.4 0.4 0.4 0.6 0.3 0.3 0.4 0.2 0.4 0.4
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
241
Posteriormente filtráronse os escenarios por medio de dos umbrais: 4
casos con valor 2 como máximo e 4,1 de valor medio como
compatibilidade mínima. O filtrado reduciu o mapa –de 13122 posibles- a
36 escenarios, que foron sometidos a análise de conglomerados. Deste
modo obtivéronse 3 familias de escenarios representativos das solucións
posibles (Táboa 5). Un número maior non aportaba nova información,
terían probabilidades excesivamente baixas, e estarían conformados por
un pequeno número de escenarios. Tres escenarios cobren os casos
extremos e un caso de transición, que facilita a posterior análise.
Táboa 5. Grupos de escenarios posibles.
Cluster Escenario representativo Compatibilidade
media
Probabilidade
(%)
1 M1D2C2F2R1P3A1U1N3 4,147 81,7
2 M2D2C2F2R1P2A1U1N2 4,167 11,3 3 M2D2C2F2R1P3A1U1N3 4,250 7
O grupo 1 está definido polas seguintes condicións: unha variación
inapreciable do nivel do mar, un mantemento dos 100 m de dominio
público marítimo-terrestre, igual nivel de coordinación das
administracións, un grao de cumprimento das funcións da administración
similar, unha falta de percepción do risco por parte dos cidadáns, un
reforzamento da demanda de paisaxe costeira, igual poboamento
disperso, un nivel de urbanización baixo (espazos de ocio, escasas
infraestruturas) e a creación de infraestruturas costeiras de ocio e
pequenas urbanizacións (recheos de areais, paseos marítimos).
O grupo 2 non difire moito do anterior, contemplando unha subida do
nivel do mar seguindo a tendencia do último século, reducido incremento
da demanda de paisaxe costeira e a continuidade da creación de
infraestruturas de pesca e recreo na costa. O grupo 3, ademais da subida
do nivel do mar, coincide coa primeira nun reforzamento da demanda de
paisaxe costeira e a creación de infraestruturas costeiras adicadas ao ocio.
5. Conclusións
O mapa de actores na franxa costeira é moi complexo polo seu carácter
de área de contacto entre distintos ecosistemas e de heteroxéneas
actividades humanas, no que están presentes unha grande cantidade de
axentes con moi diversos intereses. Os axentes clave das administracións
que poden liderar un eventual proceso de cambio son a Autoridade
Portuaria da Coruña-Puertos del Estado, a Demarcación de Costas de
Galicia, Portos de Galicia, as áreas de urbanismo dos concellos e as
Secretarías Xerais de Ordenación do Territorio e Urbanismo e de
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
242
Sostibilidade e Paisaxe. Teñen as competencias legais, dispoñibilidade de
recursos financeiros e humanos e un alto grao de relacións institucionais
cos restantes axentes implicados. Deste modo sería desexable unha maior
coordinación entre estes axentes, tanto no intercambio de información
como de cooperación no desenvolvemento de iniciativas comúns.
Paralelamente hai un gran número de actores privados que tamén
dispoñen de importantes recursos humanos e financeiros, que lles permite
competir cos intereses doutros grupos, e particularmente cos intereses
públicos. A análise de axentes serviu, ademais de proporcionar
información básica para a análise morfolóxica que foi incorporada nas
valoracións subxectivas realizadas, para identificar axentes clave a
entrevistar.
A análise morfolóxica indica que, en xeral, os escenarios futuros non
mostran diferenzas importantes coa situación actual. É dicir, a situación
actual é estable, o que é preocupante no sentido de que non se está a
producirse unha reacción ante o risco de inundación costeira nin ante a
variación nas condicións como resultado do cambio climático. De feito os
grupos de escenarios alternativos son moi semellantes entre si, aínda que
mostren certa influencia dos criterios de valoración utilizados.
O grupo de escenarios 1 sintetiza unha situación moi probable e
semellante á actual. Preséntase como un escenario que responde ao
obxectivo de utilizar a área costeira como espazo de ocio e residencial,
polo valor paisaxístico, cunha ausencia de percepción do risco de
inundación costeira, ao igual que na actualidade. A reducida expansión
da urbanización costeira prevista permite inferir que a acumulación de
capital sufrirá un freo.
A segunda familia de escenarios é máis preocupante porque contempla
un modelo de urbanismo igualmente disperso cunha presión similar á
actual nunha situación de aumento do nivel do mar coa mesma tendencia
do último século, en ausencia de percepción do risco de inundación. É
posible que neste caso se acentúe o conflito de intereses ao aumentar
tanto a frecuencia como o alcance dos eventos estremos, que cuestionaría
o dominio público marítimo-terrestre actual alcanzando a zonas
urbanizadas e cuestionando a función ordenadora da administración. En
ambos escenarios prevése un grao de cumprimento da legalidade nos usos
do solo e de coordinación das administracións equivalente ao actual. Isto
supón unha capacidade reducida para facer fronte a posibles eventos.
Finalmente, cabe sinalar a escasa intervención da subida máxima do nivel
do mar nos escenarios finais. Isto é debido á pouca compatibilidade
media dos escenarios que inclúen este factor ou a contemplar un estado
de non variación, e fai pensar na necesidade de reducir as dimensións a
estados de probable subida do nivel ou de excluílo como factor, dando
por suposta esta condición nun escenario futuro.
Te r r i t o r i o s a e x a m e n . T r a b a j o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
243
Agradecementos
Unha parte das tarefas para realizar este traballo encádranse no Proxecto de
Investigación CSO2008-00560/GEOG, financiado no marco do VI Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica 2008-2011.
We are grateful to the Joint Operations Division, Defence Science and Technology Organisation (DSTO) of the Australia's Department of Defence, for
having facilitated us the access to the Scenario Analysis Tool Suite and its use for the elaboration of scenarios.
Bibliografía
Amaré, M.P., Orche, E., Puche. O. 2005. Efectos del terremoto de Lisboa
de 1 de Noviembre de 1755 en la antigua provincia de Tuy (Galicia).
Cuadernos Dieciocho, 6: 117-152.
Britton, N. 2005. Developing a framework for identifying sound practices in megacities. 1st International Conference on Urban Disaster Research, Kobe,
Japan, January 18-20, 2005.
Dalda, J.L., Docampo, M., e Harguindey, J. 2006. A cidade difusa en
Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
Fra, U. 2010. Incertidumbre en la tierra apacible. Los riesgos naturales en Galicia. En Riesgos naturales en Galicia. El encuentro entre naturaleza y
sociedad. U. Fra (ed.). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago
de Compostela. pp.1-12.
Hermans, L.M. 2005. Actors analysis for water resources management. Putting
the promise into practice. Delft: Eburon.
Instituto Galego de Estatística. 2010. Padrón municipal de habitantes 2010.
http://www.ige.eu
Jiménez, L.M. (dir.) 2011. Biodiversidad en España. Base de la sostenibilidad
ante el cambio global. Observatorio de la Sostenibilidad en España. Madrid:
Paraninfo.
Medina, R. e Méndez, F.J. 2006. Inundación costera originada por la dinámica marina. Revista Ingeniería y Territorio 74: 68-75.
Nguyen, M.T., Dunn, M. 2009. Some methods for scenario analysis in defence
strategic planning. Canberra: Joint Operations Division-Defence Science
and Technology Organisation-Departament of Defence.
Nguyen, M.T., Beck, J., Dilek, C., Dunn, M. e Newbold, G. 2008. Strategic planning tool suite: An approach of combining scenario analysis
methods. Canberra: Joint Operations Division-Defence Science and
Technology Organisation-Departament of Defence.
Te r r i t o r i o s a e x a m e . T r a b a l l o s d e O r d e n a c i ó n Te r r i t o r i a l
244
Ritchey, T. 2006a. Modelling multi-hazard disaster reduction strategies with
computer-aided morphological analysis. Proceedings of the 3rd International
ISCRAM Conference. B. van de Walle and M. Turoff (eds.). Newark: New
Jersey Institute of Technology.
Ritchey, T. 2010. General Morphological Analysis. A general method for non-
quantified modelling. Adapted from the paper Fritz Zwicky, Morphologie
and Policy Analysis, presented at the 16th EURO Conference on
Operational Analysis, Brussels, 1998.
Rittel, H.W.J., Webber, M.M. 1973. Dilemmas in a General Theory of Planning. Policy Sciences, 4: 155-169.
Rosón, G., Cabanas, J.M., Fernández, F., Herrera, J.L., Ruíz, M., Castro,
C.G., Piedracoba, S., Álvarez, X.A. 2009. Evidencias do cambio
climático na hidrografía e dinámica das rías e da plataforma galega. En
Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia. V. Pérez, M. Fernández
e J.L. Gómez (eds.). Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. pp. 287-
302.
Taboada, J.J. 2010. Riesgos asociados a fenómenos meteorológicos extremos. En Riesgos naturales en Galicia. El encuentro entre naturaleza y
sociedad. U. Fra (ed.). Santiago de Compostela: Universidade de Santiago
de Compostela. pp. 25-45.
Zimmermann, A., Maennling, C. 2007. Mainstream participation. Multi-
stakeholder management: Tools for stakeholder analysis: 10 building blocks for designing participatory systems of cooperation. En Promoting
participatory develoment in German development cooperation. Eschborn:
Deutsche Gesellschaft für Technische Zusammentarbeit (GTZ).
Zwicky, F. 1969. Discovery, invention, research - Through the morphological
approach. Toronto: The Macmillan Company.