Unha guía de cambados plurilingüe (2)

Post on 24-May-2015

418 views 6 download

description

unha guía do pobo no que vivimos feita polos profes e alumnado do IES Francisco Asorey

transcript

UNHA GUÍA DE CAMBADOS

PLURILINGÜE

• Pensamos en facer unha pequena Guía de Cambados que servise para mostrar aos visitantes non galegos a riqueza histórica e artística da nosa vila.

• E aquí está esta guía en castelán-inglés, pero onde tamén hai galego e búlgaro!

• Colaboramos moitos profesores e profesoras e alumnos e alumnas do Centro, pero especialmente os de

Sociais Bilingüe

• Do deseño de portada e contraportada encargouse:

MANUEL BUSTO profe de plástica en Vilanova de Arousa

Nas fotos colaboraron moitos alumnos e alumnas e creo que algunha nai. Algunhas fixéronas pola súa conta, outras fomos de excursión fotográfica

En Sta Mariña cos alumnos de 1º BACH. bilingüe

En Santomé con 4º ESO bilingüe

Finalmente as fotos que utilizamos foron de: Martín Franco,

Miguel Carballa

Sandra Romero

Aleksei Nogueira

Marta Charlín

Na maquetación traballaron os alumnos de TICs de Ricardo Paredes. Nos puidemos usar os seus traballos

porque logo a imprenta pediunos outro programa informático, pero sacamos ideas para o formato

definitivo.

Luis López, profe de Plástica traballou no deseño do plano que vai na páxina central. Andrea Falcón creo

que colaborou especialmente.

Maribel Iglesias e Adela Leiro fixemos texto e montaxe

Ellie Blanco e Mercedes Barco corrixiron os textos

Esta pequena guía turística que se vos ofrece nace con vocación plurilingüe. Neste mundo globalizado no que vivimos a diversidade lingüística reflicte a diversidade cultural, e as linguas foron creadas para entendernos e non para enfrontarnos. A diversidade do alumnado do noso Centro educativo mostra xa a sociedade de mestizaxe que temos. É un obxectivo prioritario para nós os docentes que o noso alumnado desenvolva habilidades que lles permitan desenvolverse mellor neste mundo noso cada vez máis diverso e máis plurilingüe. Aquí hai algunas testemuñas sobre Cambados, de alumnos e alumnas que chegaron dende lugares lonxanos e hoxe son xa cambadeses.

Cambados, xuño de 2012