Post on 26-Mar-2016
description
transcript
Érase que se era unha fermosacastaña de cor marrón,moi brilante, grande e fachendosa.Chamabase Uxía.
Un día, como ía ten estirada,ao cruzar a rúa, atropelounaun coche.
Rápidamente chamaron ao061 e unha ambulancialevouna ao hospital.
Rompéranlle dúas costelase tivo que gardar camadurante 1 mes.
Pasado ese tempo, ao empezar a camiñar doínllemoito as costas e tivo que andar encorvada ecun caxato. Púxose moi triste xaque sempre lle gustou camiñarErguida e moi dereitiña.
Un día no parque atopou outra castaña que ía encadeira de rodas e que xa a tiña visto máis vecespero que nunca lle falara porque Uxía semprefachendaba do ben que sabía camiñar e non separaba coas castañas que non fosen dereitiñas eben feitas.
Preguntoulle:- Como te chamas?- Chámome Xulia – contestou.
-E por que vas en cadeira derodas?- Porque uns rapaces quesaían da escola, por rifarentre eles, colléronme dunha árbore e
batíronme contra o chan.Uxía sentiu moita pena ao ver a desfeita quefixeran con ela.
Entón díxolle:- -Queres que sexamos
amigas?- -Dacordo! – contestou.
Dende entón, Uxía comezoua fixarse máis nas demaiscastañas, pero non en comoeran por fora, senón no queagochaban no seu interior.
E colorín colorado, este conto está rematado.