Post on 11-Feb-2019
transcript
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CONCELLO DE VILALBA
SEPARATA N. 07
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
ÍNDICE
1. DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DO TRAZADO ........................................................................................................... 1
1.1. DESCRICIÓN DA PROPOSTA................................................................................................................................... 1
1.2. XUSTIFICACIÓN DA PROPOSTA DO CAMIÑO ......................................................................................................... 1
1.2.1. O CAMIÑO NA CARTOGRAFÍA HISTÓRICA ........................................................................................................ 1
1.2.2. PROPOSTAS ANTERIORES DE TRAZADO ............................................................................................................ 4
2. ESTADO DE CONSERVACIÓN DO CAMIÑO E CALIDADE AMBIENTAL ........................................................................ 5
3. DESCRICIÓN E CRITERIOS DE PROTECCIÓN DO ÁMBITO DO TERRITORIO HISTÓRICO ............................................. 5
4. ELEMENTOS PATRIMONIAIS VINCULADOS AO CAMIÑO DE SANTIAGO ................................................................... 7
5. ANEXO FOTOGRÁFICO .............................................................................................................................................. 9
6. ANEXO PLANOS ....................................................................................................................................................... 23
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 1
1. DESCRICIÓN E XUSTIFICACIÓN DO TRAZADO
1.1. DESCRICIÓN DA PROPOSTA
Descrición do trazado
O trazado do Camiño do Norte no concello de Vilalba transcorre polas parroquias de San Bartolomé de Corbelle, Santa María de Carballido, Santiago de Goiriz, Santa María de Vilalba, Santiago de Sancobade, Santiago de Boizán, San Xoán de Alba, Santa María da Torre e San Bartolomé de Insua.
Tramo Rego de Santa Baia ‐ Vilalba
Cincocentos metros tras pasar o núcleo de San Xoán de Castromaior, no concello de Abadín, e tras cruzar o rego de Santa Baia o Camiño do Norte entra no concello de Vilalba, nunha paisaxe de prados e terreos de cultivo. Un quilómetro despois de entrar no termo municipal o camiño atravesa o rega das Leiras e continúa cara ás Galanas, lugar en que o camiño cruza a estrada N‐634. O trazado do camiño continúa durante mais de seis quilómetros polo sur da estrada nunha paisaxe chá na que os prados e os agros altérnanse con pequenas zonas de bosque. Neste treito o camiño atravesa os lugares denominados Alto de Mantiñán, Monte Botelo e Muiños. Entre o Alto de Mantiñán e o Monte Botelo o camiño atravesa o río do Batán pola interesante ponte de Mantiñán. Mais adiante pasa xunto ao núcleo de O Fontao e o do Campo do Cristo. Nas proximidades deste núcleo o camiño volve á estrada N‐634 no lugar no que se atopa a igrexa de Santiago de Goiriz, para logo continuar pola beiravía da estrada durante case seiscentos metros. O camiño segue por unha pista que vai polo norte da estrada, ao sur dos núcleos de Fontoria e As Casas Novas, na proximidade deste último núcleo a pista pola que transcorría a ruta crúzase con outra que vai en dirección suroeste e que tras percorrer un mil douscentos metros volve á estrada N‐634 xunto ao Polígono Industrial Sete Pontes. O camiño segue pola beiravía bordeando o polígono polo sur, e pasando xunto ao albergue de peregrinos de Vilalba. Ao chegar á rotonda que hai no encontro entre a LU‐861 e a N‐634 o percorrido segue polo chamado camiño de Camporredondo, que tras un quilómetro se encontra coa rúa da Pravia, que sirve de entrada ao núcleo urbano de Vilalba.
O trazado entra no antigo recinto murado de Vilalba pola rúa de Porta Décima e, tras cruzar a praza de Santa María, sae pola rúa Concepción Arenal e tras atravesalas rúas Manuel Mato, travesía de San Juán a Cidade de Betanzos, sae da cidade pola travesía do Matadero, que continúa no Camiño Pasos e na rúa Conde Pallarés, que leva á ponte que cruza o río Mandeo.
Tramo Vilalba – A Carreira
O camiño continúa pasando xunto aos lugares de O Coto e O Covo, para mais adiante cruzar a autovía Transcantábrica A‐8 e despois atravesar o río de Timaz. A ruta segue en dirección sueste pasando polos núcleos de Ponte Rodríguez e Gabín. Continúa en dirección sur pola zona chamada A Camposa, un quilometro e medio despois de Gabín pasa polo lugar de As Turbelas. Un pouco mais adiante, na zona chamada As Penas, volve a cruzarse ca autovía A‐8. Ao outro lado da autovía pasa xunto ao núcleo da Estrada, para continuar pola beiravía da estrada N‐634, pasando xunto á igrexa de San Xoán de Alba. Uns cento corenta metros despois da igrexa o trazado segue por un camiño que vai pola esquerda da estrada permanecendo mais ou menos paralelo a ela durante mais de dous mil catrocentos metros. Neste treito o camiño pasa xunto aos núcleos de Corralmior, Pedrouzos e Goiriz. Pasado Goiriz o percorrido volve a cruzar a estrada N‐634 seguindo a pista que leva a Saa, antes de chegar ao núcleo o trazado desvíase á dereita para volver a cruzar a estrada e a continuación a autovía. Tras cruzar a ponte medieval sobre o río Labrada o camiño pasa polo núcleo de Ponte de Saa, para volver a cruzar a A‐8 e a N‐634 e continuar pola zona chamada A Carreira ata chegar ao linde co veciño concello de Guitiriz.
Trazado con vestixios históricos saída de Vilalba rúa Conde Pallarés
Á saída de Vilalba despois de que a rúa Conde Pallarés cruce o río Madanela se inicia un antigo tramo do camiño en estado de abandono na actualidade. A traza de este treito, de aproximadamente catrocentos cincuenta metros, é aínda claramente identificable sobre terreo e segue sendo de titularidade pública en toda a súa lonxitude. Séguese o criterio de manter como trazado do camiño o trazado sinalizado na actualidade pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, que segue un sendeiro paralelo cen metros mais ao oeste, e delimitar o tramo de camiño perdido como trazado con vestixios históricos, tendo en conta qua dada a facilidade da súa recuperación, cando esta se produza poderá pasar a formar parte do trazado do camiño.
1.2. XUSTIFICACIÓN DA PROPOSTA DO CAMIÑO
A proposta de trazado do camiño parte das informacións históricas sobre as rutas utilizados polos peregrinos que arribaban aos portos cantábricos e seguían o camiño a pé cara a Santiago de Compostela. Entre as varias descricións do camiño realizadas por peregrinos a través da historia a que refire con maior detalle o trazado do camiño Norte é a realizada polo peregrino francés Jean Pierre Racq, que fixo a súa viaxe a Santiago no ano 1790. No seu texto se indica o paso polos seguintes lugares identificables na cartografía histórica: Ribadeo, Mondoñedo, Vilalba, Parga, Grixalba, San Bartolomé de la Mota e Sta. Igrexa (quizá unha referencia as dúas igrexas de Sabugueira xunto a A Lavacolla). As referencias ás edificacións e outros elementos vinculados ao camiño, como poden ser os hospitais de peregrinos establecidos ao longo do seu percorrido, serven para establecer e corroborar o seu trazado. Do mesmo xeito a relación co fenómeno da peregrinación dalgúns topónimos e microtopónimos permiten confirmar zonas e puntos de paso do camiño.
Para a definición da traza pártese da análise da cartografía histórica, sobre a que é posible identificar os antigos camiños reais, cuxo trazado pódese considerar herdeiro do dos antigos camiños de longo percorrido utilizados dende finais da Idade Media.
Nun seguinte paso realizase aproximación mais precisa, buscando a identificación dos trazados históricos no viario aínda existente na actualidade. Isto realízase mediante o estudo das fotografías aéreas do voo dos anos 1956‐57 (Voo Americano) e a súa comparación cas fotografías aéreas actuais e os planos catastrais actuais e históricos, nos que é posible identificar camiños perdidos que seguen sendo de propiedade pública ou formas do parcelario que denotan a presenza de antigos trazados.
A delimitación definitiva da traza levase a cabo trala comprobación sobre o terreo das hipótese formuladas con anterioridade. Para isto levouse a cabo unha intensa labor de traballo de campo, que inclúe a documentación fotográfica do territorio que percorre o camiño e a recompilación de testemuñas dos veciños dos lugares da súa contorna, mediante metodoloxía etnográfica.
1.2.1. O CAMIÑO NA CARTOGRAFÍA HISTÓRICA
Os referentes principais para a definición do trazado dos camiños polos que transcorría o Camiño Norte dende a idade Moderna son a Carta Geométrica de Galicia de Domingo Fontán, do ano 1845 e os planos provinciais de Lugo e A Coruña de Pascual Madoz dos anos 1864 e 1865 respectivamente. Nestes planos recóllense con precisión os camiños que no tempo de Fontán aínda atopábanse en uso e que en liñas xerais coincidirían cos trazados dos camiños fixados dende finais da Idade Media.
Como documento anterior á Carta de Domingo Fontán que contribúe a corroborar a validez dos planos antes sinalados utilizase o Plano do Bispado de Mondoñedo do ano 1764 realizado por José
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 2
Cornide no que figura con precisión o trazado do Camiño entre Ribadeo e Grixalba, no concello de Sobrado.
Outro plano histórico de interese para a definición deste tramo do camiño e o de Tomás López do ano 1784, que aínda que se trata de dun traballo de gabinete baseado en informacións procedentes de diversas fontes, entre elas José Cornide, ven a corroborar e a matizar as informacións aportadas por outros autores.
Plano do Bispado de Mondoñedo de José Cornide (1764)
O camiño que comunica Mondoñedo e Vilalba recollido neste plano pasa por La Enfesta, Gontán, Castromaior e Goiriz.
Entre Villalba e Vaamonde (Baamonde) figura o trazado dun camiño que vai paralelo ao río Ladra ao seu oeste. Neste tramo aparece próximo ao camiño o topónimo de Alba.
Plano do Bispado de Mondoñedo de José Cornide (1764)
Mapa Xeográfico do Reino de Galicia de Tomás López (1784)
O trazado entre Mondoñedo e Vilalba sae de Mondoñedo en dirección suroeste, indicándose como puntos de paso ou próximos ao camiño: Cesuras, Galgoa, La Infesta, Gontán, Abadín , Candia, Catromaior, Corbelle, Goyriz (Goiriz) e S. Cobade (Sancovade), en realidade ao sueste de Vilalba.
O trazado segue á saída de Vilalba o do camiño que vai a Betanzos, despois de cruzar o río Ladra, aínda próximo á cidade, o trazado desvíase por outro camiño que leva a Baamonde. Este camiño segue un trazado paralelo polo oeste ao curso do río Ladra, figurando como núcleos de paso: Castro, Alba, Pedrouzas e Pígara. Entre Alba e Pedrouzas aparece sinalado o paso sobre o río Labrada como “Puente de los Pazos”(Ponte de Sa), en realidade ao sur de Pedrouzas.
Mapa Xeográfico do Reino de Galicia de Tomás López (1784)
Carta Geométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845)
Na saída de Mondoñedo en dirección a Vilalba aparecen dous camiños o que bordea a Pena da boca polo sur, que en liñas xerais corresponderíase ca actual estrada N‐634, e o que vai polo oeste pola Cuesta de la Enfesta. Estos dous camiños encóntranse pouco antes de chegar Gontán, para seguir como un camiño único que pasa por Abadín, Candia, Castromayor e Goiriz ata chegar a Vilalba.
Da documentación cartográfica anterior a Fontán se deduce que o camiño mais antigo de comunicación entre Mondoñedo e Gontán é o que vai pola Enfesta, namentres que o trazado que pasa próximo a Sasdónigas é de construción mais recente.
Entre Vilalba e Baamonde aparece un camiño cun trazado paralelo ao do curso do río Labra situado ao seu lado oeste. O camiño pasa por Alba e deixa ao leste de Torre, Insoa e Pígara. O camiño atravesa o río Labrada pola ponte de Sá e termina en Mesón de Baamonde.
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 3
Carta Geométrica de Galicia de Domingo Fontán (1845)
Plano de Lugo de Francisco Coello y Pascual Madoz (1864)
Ao igual que na Carta de Domingo Fontán na saída de Mondoñedo cara ao sur aparecen dous camiños, o primeiro vai polo suroeste da Pena de la Boca e pasa por Prado, Sasdónigas, Pereces e Gontán de Abajo. O segundo vai pola Cuesta de la Infesta para unirse ao camiño anterior en Gontán. O camiño continúa por Abadín, Francés, Castromayor, Martiñán, Goiriz, lugar no que se fai referencia a un Cruceiro de San Roque, e Vilalba.
O trazado do camiño entre Vilalba e Baamonde vai polo oeste do río Labra. Á saída de Vilalba o camiño pasa polo lugar chamado Penas Corbeiras, vai polo leste de Boizán e pasa por Alba. O trazado pasa ao oeste de Torre e de Insóa, cruza o río Labrada por Puente Sáa e continúa ata Baamonde. No plano aparece outro camiño ao leste do anterior, mais próximo ao río Labra. Este camiño desvíase do que vai a Baamonde antes de chegar á Ponte de Saa e pasa por Insóa e Pígara ata chegar a Puente de Arriba, ao leste de Pacio.
Plano de Lugo de Francisco Coello e Pascual Madoz (1864)
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 4
1.2.2. PROPOSTAS ANTERIORES DE TRAZADO
Trazado entre a praza de Santa María e o camiño Pasos
O trazado que figura no expediente posto a exposición pública pola Xunta de Galicia no ano 1997 segue un trazado entre a praza de Santa María e o camiño Pasos, á saída da vila de Mondoñedo, que vai pola rúa Conde Pallarés. O trazado proposto adoita o trazado sinalizado pola Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, que segue a travesía Matadero.
Variación do trazado do Camiño á saída de Vilalba
Trazado do Camiño coincidente co trazado Xabeo
Trazado Xunta de Galicia 1997
Tramo Ponte de Saa – A Carreira
Entre Ponde de Saa e A Carreira proponse a recuperación dun tramo de camiño tradicional delimitado por peches de lousas fincadas no terreo, como alternativa ao trazado que figura no expediente posto a exposición pública pola Xunta de Galicia no ano 1997 e ao sinalado pola Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, que utilizan un tramo de pista asfaltada. O paso da autopista A‐8 realizase baixo un viaducto, polo que non supón un problema para o trazado proposto.
Variación do trazado do camiño entre Ponte de Saa e A Carreira
Trazado do Camiño
Trazado Xunta de Galicia 1997 Coincidente con trazado S.A. Plan Xacobeo
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 5
2. ESTADO DE CONSERVACIÓN DO CAMIÑO E CALIDADE AMBIENTAL
Plano de calidade ambiental do Camiño
No seguinte plano representase mediante un código de cores a avaliación da calidade ambiental de cada un dos tramos do Camiño. Os factores que se tiveron en conta para a realización de dita avaliación foron: a calidade da paisaxe inmediato ao Camiño; a percepción que dende el se ten da paisaxe afastada e o seu nivel de calidade; o arborado e a vexetación vinculada ao Camiño; a calidade das edificacións do seu entorno; o grado de conservación da configuración tradicional da traza e por último a existencia de elementos ou circunstancias que poidan supoñer un impacto sobre o Camiño ou a súa contorna.
Valoración da calidade ambiental do Camiño no Concello de Vilalba
Moi Boa
Boa
Media
Mala
Moi mala
3. DESCRICIÓN E CRITERIOS DE PROTECCIÓN DO ÁMBITO DO TERRITORIO HISTÓRICO
Os criterios para a delimitación do ámbito do territorio histórico do Camiño de Santiago Norte baséanse na necesidade de protexer os elementos vinculados ao Camiño no seu entorno mais próximo. Os valos e noiros que definen os seus límites; a vexetación vinculada ao Camiño: aliñacións de árbores, bosques autóctonos; os sistemas de cultivos: agras, prados, cos elementos a eles asociados: socalcos, valos, noiros; as construcións tradicionais: vivendas, hórreos, palleiras e construcións adxectivas en xeral, capelas, igrexas, muíños, etc.; os espazos públicos vinculados ao Camiño: espazos comunitarios dos núcleos, campos da festa, carballeiras, atrios das igrexas e, en xeral, calquera outro elemento de valor relacionado coa traza do Camiño. Por outra banda esta delimitación ten por obxecto a protección da paisaxe inmediato ao Camiño e das vistas sobre a paisaxe mais afastado.
Para a realización da delimitación pártese dunha banda a cada lado do Camiño dun ancho mínimo de cen metros que se adapta en función dos elementos a protexer. A delimitación pode verse incrementada para englobalas áreas de protección dos elementos patrimoniais próximos ao Camiño, as delimitacións dos núcleos de poboación polos que pasa ou que se atopan na súa contorna inmediata, e para incrementar a protección de determinadas zonas de interese ambiental, natural ou paisaxístico . Puntualmente en función das características do parcelario ou das edificacións situadas á beira do camiño a delimitación do ámbito de protección pode ter zonas mais estreitas, pero estas sempre terán un ancho superior ao da franxa de trinta metros de protección do contorno definida pola Lei 3/1996 de Protección dos Camiños de Santiago.
Co obxecto de que o perímetro do ámbito do territorio histórico sexa identificable de xeito sinxelo sobre o terreo, este sempre segue as liñas reflectidas nos planos do catastro: límites das parcelas, límites de estradas ou camiños, cursos fluviais, etc. Cando as características do parcelario non fan posible este tipo de delimitación utilízanse liñas que unen elementos identificables sobre o terreo, por exemplo a liña trazada entre dúas esquinas dos peches de fincas.
No concello de Vilalba o ámbito do territorio histórico abrangue partes do territorio das parroquias polas que pasa o Camiño: San Bartolomé de Corbelle, Santa María de Carballido, Santiago de Goiriz, Santa María de Vilalba, Santiago de Sancobade, Santiago de Boizán, San Xoán de Alba, Santa María da Torre e San Bartolomé de Insua.
Tramo Rego de Santa Baia ‐ Vilalba
Despois de cruzar o rego de Santa Baia o camiño entra nas terras do municipio de Vilalba. Nos primeiros setecentos metros o percorrido vai por un camiño de terra, bordeado de vexetación autóctona, que nalgúns tramos adoita a configuración dunha congostra. A
delimitación afecta ás parcelas situadas xunto ao camiño co obxecto de protexer o arborado existente nas súas beiras e, en xeral, as súas condicións ambientais.
Despois de este tramo de grande interese paisaxístico, o camiño atravesa a autoestrada A‐8 por un paso inferior e continúa ata o núcleo de Galanas. Nesta zona o ámbito de protección ampliase en dirección norte e oeste para englobar as delimitacións dos perímetros de protección do conxunto de Mámoas de Mantiñán. Do mesmo modo inclúese na delimitación o núcleo de Galanas.
Á entrada do camiño no núcleo, xunto á primeira casa, no interior da súa parcela, hai un cruceiro que pola súa posible vinculación co camiño debe ser obxecto dunha especial protección.
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 6
O camiño atravesa a estrada N‐634 polo oeste do núcleo e continúa por unha pista de grava ata a Ponte de Mantiñan. Este é un lugar de extraordinario valor, tanto pola magnífica ponte de tres arcos e impoñentes tallamares de orixe medieval, como pola vexetación arbórea que crece na contorna do río do Batán. A delimitación nesta zona busca garantir a preservación das condicións paisaxísticas deste tramo do río e da ponte histórica.
Entre a Ponte de Mantiñán e Goiriz hai un tramo de aproximadamente cinco quilómetros no que o camiño segue un trazado que vai polo sur da estrada N‐634. A ruta segue camiños chairos, en xeral de terra, abeirados por arborado autóctono.
Entre o río do Batán e A Cruz o ámbito do territorio histórico abrangue as mámoas dos Lagos e da Cruz, así como as propias edificacións do lugar de A Cruz.
Entre o paso do regato dos Muiños e Goiriz o trazado segue por camiños tradicionais de importante interese ambiental. A delimitación comprende en xeral as parcelas situadas á beira do camiño ou, cando estas son moi pequenas, as situadas no seu entorno mais próximo. A finalidade da protección é preservar as condicións paisaxísticas e ambientais, en especial o arborado autóctono formado maiormente por carballos, castiñeiros e bidueiros e os valos de laxes de xisto fitas na terra que delimitan as fincas. Do mesmo modo dentro da delimitación deste tramo quedan incluídos os lugares de A Mámoa, Aciveiro, O Fontao e Casa do Souto.
No Fontao, nas proximidades dun lugar chamado O Bolote, nun cruce de camiños hai un cruceiro no interior dunha finca que debe ser protexido, ademais de polo seu interese patrimonial, pola súa vinculación ao camiño.
En Goiriz o trazado volve a cruzar ao lado norte da estrada N‐634. Nesta zana o ámbito de protección vese ampliado de maneira considerable para abranguer os núcleos de Pígara e Goiriz, ao norte, e o Castro de Goiriz, ao sur. Dentro ampliación que engloba o perímetro de protección do castro quedan tamén incluídos os lugares de O Castro, O Outeiro, Riba do Vilar, Casa de Arriba, Fonteboa, A Casanova e A Cenlla.
A delimitación inclúe do mesmo modo a igrexa de Santiago de Goiriz e a capela de San Roque no Campo do Cristo.
Entre Goiriz e Vilalba o trazado vai por diversos camiños e pistas nos que os elementos mais salientables segue sendo o arborado autóctono e os peches de laxes fitas ás beiras do camiño.
Neste tramo a delimitación inclúe no ámbito de protección os núcleos e os lugares de Fontoira, As Casas Novas, Bidueiros, Casa do Caleao, Fontoria de Abaixo, Liñares e A Casilla.
Ao nordés das Casas Novas amplíase o ámbito de protección para incorporar o xacemento de As Casas Vellas.
Vilalba
A delimitación ao paso do camiño xunto ao Polígono Industrial de Vilalba limitase ás primeiras parcelas que dan fronte ao camiño, incluíndo a parcela na que se atopa o albergue de peregrinos. A finalidade da delimitación nesta zona é a adopción de medidas tendentes a atenuar o impacto das edificacións do polígono e das infraestruturas sobre o trazado.
Entre o polígono e o núcleo urbano o trazado segue o do camiño de Camporedondo. A delimitación deste treito busca a mellora das condicións do camiño mediante a realización de obras de acondicionamento e plantación de especies vexetais axeitadas.
No trazado que continúa polas rúas da Pravia e Porta Décima o ámbito de protección limítase ás parcelas que dan fronte ao camiño, excepto cando estas son demasiado pequenas, no caso en que se incorporan tamén as situadas en segundo lugar. A delimitación ten por obxecto protexer e mellorar as condición ambientais do trazado no interior do núcleo urbano.
No treito no que o camiño percorre o recinto medieval o ámbito do territorio histórico abrangue o perímetro da antiga cerca e as parcelas que dan fronte ás rúas situadas en torno a ala.
Á saída da vila realizase pola chamada travesía Matadero, comprendendo a delimitación as parcelas situadas entre esta vía e a rúa Conde Pallarés, polo leste, e es parcelas agrícolas situadas ao oeste dela.
Tramo Vilalba – A Carreira
No tramo comprendido entre Vilalba e Gabín a delimitación ten por obxecto protexer as condicións ambientais e paisaxísticas do entorno do camiño, en especial o arborado autóctono e os valos que definen a sección do camiño nalgúns tramos.
Á Saída de Vilalba, na zona no que o camiño cruza o río Madanela, a delimitación polo leste coincide ca prolongación da rúa Conde Pallarés na estrada N‐634. Polo oeste a delimitación abarca as fincas situadas xunto ao camiño. Nesta zona considerase de especial importancia protexer a vexetación de ribeira da contorna do río.
Mil catrocentos metros mais adiante, despois de pasar baixo un viaducto da autoestrada A‐8, o camiño cruza o río Trimaz nunha zona de interese paisaxístico, na que os bidueiros do entorno do río, os castiñeiros e carballos, situados ás beiras do camiño, e os valos formados por lousas fitas, requiren unha especial protección.
Dentro do ámbito de protección deste tramo quedan incluídos os núcleos e lugares de O Covo, Ponte Rodríguez, O Camiño, Sabugueiros e Gabín.
No treito comprendido entre Gabín e As Penas o ámbito de protección amplíase cara ao leste para incorporar a delimitación do castro de Cunca de Vixil. Do mesmo xeito queda incluído dentro do perímetro de protección o petróglifo da Pena Pequena, situado xunto ao camiño, e os lugares de As Turbelas e As Penas.
Nas penas o trazado atravesa a autoestrada A‐8 por un viaducto, continuando ao seu leste. O ámbito de protección neste punto incorpora os lugares de A Estrada e A Paiola.
Despois da Estrada o trazado segue durante douscentos metros pola beiravía da estrada N‐634, pasando xunto a igrexa parroquial de San Xoán de Alba, quedando esta e as edificacións situadas na súa contorna dentro do territorio histórico.
Entre Alba e Pedrouzos os elementos mais salientables seguen sendo o arborado autóctono e os valos que definen a sección do camiño. No treito queda incluído no ámbito da delimitación o lugar de Carralmaior.
A partir de Pedrouzos o territorio histórico vese ampliado para incorporar a delimitación do castro de Lodeiro, situado ao leste do camiño, o petróglifo da Torre e os núcleos de Pedrouzos, Pena do Curro, Costián, Goiriz, A Torre, Pedrade. Tamén quedan dentro do ámbito de protección a igrexa parroquial de Santa María da Torre e a ermida de San Colas.
No núcleo de as Casas Novas o trazado atravesa a estrada N‐634, seguindo ao seu leste durante un pequeno treito no que o trazado vai por antigas congostras e tramos bordeados por grandes carballos de gran interese ambiental.
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 7
Ao chegar a Saa a delimitación amplíase cara ao leste, para incorporar o núcleo de O Rego, e cara ao oeste para incorporar o núcleo de Ponte de Saa. Neste punto o trazado volve a atravesar a estrada N‐634 e a autoestrada A‐8, para cruzar o río Labrada pola Ponte Vella, unha ponte medieval construído con laxas de lousa e cachotes que se prolonga de maneira pouco habitual para salvar as enchentes do río producidas pola chaira do terreo. Neste punto a protección inclúe, ademais da ponte, a vexetación de ribeira e as condición paisaxísticas da súa contorna.
Pasado Ponte de Saa o trazado volve a cruzar a autoestrada e a estrada, para continuar por un tramo de camiño delimitado por laxes de lousa ata chegar a límite co termo municipal de Guitiriz. Neste tramo a protección centrase nos elementos de configuran o camiño: as zarras de laxes aliñadas, nos elementos vexetais inmediatos e a preservación das vistas afastadas dos agros e do arborado da contorna do trazado. Dentro do ámbito de protección deste treito inclúese o lugar de Cardosa.
4. ELEMENTOS PATRIMONIAIS VINCULADOS AO CAMIÑO DE SANTIAGO
Elementos patrimoniais dentro do ámbito do territorio histórico
Denominación Lugar Parroquia Tipoloxía UTM x UTM y Mámoa de Martiñán 1 Corvelle Corvelle (San Bartolomé) Túmulo/Mámoa 616912 4799389 Mámoa de Martiñán 2 Corvelle Corvelle (San Bartolomé) Túmulo/Mámoa 616853 4799518 Mámoa de Martiñán 3/ Túmulo de Fornos Corvelle Corvelle (San Bartolomé) Túmulo/Mámoa 616861 4799839
Mámoa de Martiñán 4 Corvelle Corvelle (San Bartolomé) Túmulo/Mámoa 616922 4799513 Cruceiro de Martiñán I Corvelle Corvelle (San Bartolomé) Cruceiro 616448 4798696 Cruceiro de Martiñán 11 Corvelle Corvelle (San Bartolomé) Cruceiro 616837 4799220 Ponte de Martiñán Corvelle Corvelle (San Bartolomé) 616259 4798432 Mámoa da Cruz Carballido Carballido (Santa María) Túmulo/Mámoa 615145 4797960 O Castro de Goiriz Goiriz Goiriz (Santiago) Castro 611516 4796518 As Casas Vellas Goiriz Goiriz (Santiago) Varios/Outros 610362 4797510 Mámoa Goiriz Goiriz (Santiago) Túmulo/Mámoa 614421 4797107 Igrexa Parroquial de Santiago Goiriz Goiriz (Santiago) Relixioso 611482 4797164 Panteóns antigos do Cemiterio Goiriz Goiriz (Santiago) Outros 611506 4797186
Capela de Fátima Goiriz Goiriz (Santiago) Relixioso 611453 4797081 Casa Reitoral Goiriz Goiriz (Santiago) Relixioso 611505 4797139 Cruceiro da Capela de San Roque 11 Goiriz Goiriz (Santiago) Cruceiro 611479 4797128
Cruceiro da Igrexa Goiriz Goiriz (Santiago) Cruceiro 611453 4797249 Cruceiro de Pinguela Goiriz Goiriz (Santiago) Cruceiro 611673 4797209 Cruceiro de Porto do Vao Goiriz Goiriz (Santiago) Cruceiro 611278 4796370 Cruceiro de Fontoira I Goiriz Goiriz (Santiago) Cruceiro 610629 4797196 Cruceiro de Fontoira 11 Goiriz Goiriz (Santiago) Cruceiro 610744 4797161 Cruz de Ferro Goiriz Goiriz (Santiago) Cruceiro 609838 4797126 Cruceiro en Ver Goiriz Goiriz (Santiago) Cruceiro 613549 4797046 Torre da Fortaleza de Vilalba Vilalba Vilalba (Santa María) Castelo 606981 4794987 Cruceiro da Torre dos Andrade Vilalba Vilalba (Santa María) Cruceiro 606979 4794976
Igrexa Parroquial de Santa María Vilalba Vilalba (Santa María) Relixioso 606957 4795049
Capela de San Roque Vilalba Vilalba (Santa María) Relixioso 606973 4794879 Casa da Cultura Vilalba Vilalba (Santa María) Civil 607070 4794951 Vivenda con galería, praza Suso Gayoso, 11 Vilalba Vilalba (Santa María) Civil 607028 4794948
Vivenda na Rúa Conde Paliares, 6 Vilalba Vilalba (Santa María) Civil 607012 4794934
Vivenda con escudo, Rúa Ferreira, 2, esquina Rúa da Pedra
Vilalba Vilalba (Santa María) Civil 606870 4794963
Vivenda na Rúa Manuel Mato, 2 Vilalba Vilalba (Santa María) Civil 606867 4794939
Vivenda na Rúa Betanzos 11 Vilalba Vilalba (Santa María) Civil 606830 4794912 Fonte, Praza Suso Gayoso Vilalba Vilalba (Santa María) Fonte 607057 4794943 Murallas Vilalba Vilalba (Santa María) Fortificación 606886 4794955 Ponte Rodríguez Mourence Mourence (San Xulián) Ponte 605635 4793463 Muíño de Pasos Sancobade Sancobade (Santiago) Muíño 606570 4794238 Muíño Rañedo Sancobade Sancobade (Santiago) Muíño 606589 4793710 Ponte de Pasos Sancobade Sancobade (Santiago) Ponte 606592 4794209 Petróglifo da Pena Pequena Boizán Boizán (Santiago) Petróglifo/Inscultura 604945 4792203 Vivendas en Ponte Rodríguez Boizán Boizán (Santiago) Casa tradicional 605596 4793440 Cruceiro de Ponte Rodrrguez Boizán Boizán (Santiago) Cruceiro 605611 4793438 Igrexa Parroquial de San Xoán Alba Alba (San Xoán) Relixioso 604790 4790722 Panteóns antigos do Cemiterio Alba Alba (San Xoán) Outros 604775 4790738
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 8
Denominación Lugar Parroquia Tipoloxía UTM x UTM y Casa Reitoral Alba Alba (San Xoán) Relixioso 604901 4790779 Petróglifo da Torre A Torre A Torre (Santa María) Petróglifo/Inscultura 604263 4789292 Torre A Torre A Torre (Santa María) Torre/Mota 604306 4789212 Castro de Lodeiro A Torre A Torre (Santa María) Castro 604257 4789395 Igrexa Parroquial de Santa María A Torre A Torre (Santa María) Relixioso 604330 4789225
Ermida de San Colás A Torre A Torre (Santa María) Relixioso 603937 4788996 Capela da casa de Pedrouzos A Torre A Torre (Santa María) Relixioso 603682 4789382 Casa‐Torre de Pedrouzos con capela A Torre A Torre (Santa María) Civil 603725 4789382
Casa da Ermida A Torre A Torre (Santa María) Casa tradicional 603866 4788982 Cruceiro de Pedrouzos A Torre A Torre (Santa María) Cruceiro 603689 4789379 Cruceiro no adro A Torre A Torre (Santa María) Cruceiro 604295 4789228 Vilar das Cociñas Insua Insua (San Bertolamé) Asentamento 603700 4787900 Ponte de Saa Insua Insua (San Bertolamé) Ponte 603131 4787840
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 9
5. ANEXO FOTOGRÁFICO
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 10
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 11
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 12
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 13
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 14
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 15
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 16
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 17
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 18
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 19
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 20
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA ‐VILALBA ‐ 21
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 22
DELIMITACIÓN DO TRAZADO E O ÁMBITO VINCULADO AO CAMIÑO NORTE
RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA
CAMIÑO NORTE RUTA DE PEREGRINACIÓN DA COSTA – VILALBA ‐ 23
6. ANEXO PLANOS