1º ESO
OBXECTIVOS MÍNIMOS
• Analiza e identifica as formas de representación do noso planeta
utilizando datos de coordenadas xeográficas.
• Describir o medio físico europeo.
• Situar no mapa de Europa as principais unidades e elementos do relevo
continental.
• Coñecer, describir e situar no mapa, os grandes conxuntos
bioclimáticos que conforman o espazo xeográfico europeo.
• Coñecer os principais espazos naturais de Europa.
• Manexar diferentes representacións cartográficas e as súas escalas.
• Localizar no mapamundi, as principais unidades do relevo mundial e os
grandes ríos.
• Localizar no globo terráqueo, as grandes zonas climáticas e identificar
as súas características.
• Analizar a acción do ser humano sobre o medio e as súas
consecuencias.
• Comprender e explicar o proceso de hominización.
• Analizar os principais acontecementos da historia da humanidade,
situándoos nos distintos períodos históricos.
• Datar os diferentes períodos históricos situándoos en diferentes eixes
cronolóxicos.
• Coñecer os primeiros ritos relixiosos.
• Coñecer e describir as características da vida humana en cada período
histórico.
• Describir a organización socioeconómica das civilizacións, despois do
neolítico.
• Comprender a diacronía e sincronía de diferentes culturas.
• Recoñecer a importancia do descubrimento da escritura.
• Comprender e explicar os principais trazos das culturas grega e
romana.
MATERIAL CADERNO Caderno de tarefas en tamaño A4 de folla
cuadriculada
LIBRO DE TEXTO Xeografía e Historia, Serie descubre, editorial
Obradoiro Santillana.
TEMPORALIZACIÓN1ª AVALIACIÓN Temas 7, 8, 9 e 10
2ª AVALIACIÓN Temas 11, 1, 2 e 3
3ª AVALIACIÓN Temas 4 e 5. O tema 6 estudarase repartido nas 3 avaliacións
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES Un exame por unidade didáctica
MODELO DE EXAME
- Preguntas de verdadeiro ou falso.
- Definición de conceptos.
- Relacionar conceptos..
- Mapas.
- Preguntas curtas (para expoñer un
razoamento sobre a cuestión prantexada )
- Cuestión práctica (mapa histórico, gráfica,
etc.)
- Tamén poderá haber exames tipo test
- Análise e resume de textos.
EXERCICIOS DE CLASE Cualificaranse os exercicios feitos en clase e
en casa. De non facelos terase un negativo,
que descontará, en proporción das tarefas
encomendadas, ata un máximo de 1 punto na
nota final de cada avaliación.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES 70% da nota da avaliación.
EXERCICIOS Cada negativo do control de traballo diario
descontará 0’25 puntos da nota do
comportamento.
CADERNO 20 % da nota de avaliación
COMPORTAMENTO 10 % da nota de avaliación
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
De cada avaliación suspensa haberá unha recuperación. En xuño haberá
unha recuperación final na que os que teñan unha avaliación aínda suspensa
examinaranse dela, se se teñen 2 ou máis haberá que recuperar a totalidade da
materia. As recuperacións son probas extraordinarias polo que é preciso sacar
polo menos un 5 para superalas.
A nota final será a media das 3 avaliacións, contando o aprobado na
recuperación como un 5 á hora de facer a media final.
O alumnado que no mes de xuño teña suspensa a materia de Xeografía
e Historia do 1º curso da ESO deberá realizar no verán un plan de recuperación
estival que lle será entregado polo profesor. No mes de setembro deberá
presentarse ao exame de recuperación. O traballo de recuperación
representará o 20% do aprobado e o exame o 80%.
Un 0 en algunha das dúas partes suporá o suspenso da materia na proba
extraordinaria de setembro.
2º ESO
OBXECTIVOS MÍNIMOS
Analizar as características da Alta Idade Media en Europa.
Analizar as consecuencias da organización feudal.
Afondar nos aspectos socio-económicos, políticos e culturais no contexto da
evolución dos reinos cristiáns e musulmáns..
Analizar o proceso de conquistas e a repoboación dos reinos cristiáns na
Península Ibérica.
Establecer relacións entre os procesos de conquistas e repoboación dos reinos
cristiáns e al-Ándalus.
Apreciar o valor da arte na Idade Media e as súas diferentes funcións.
Comprender os efectos da crise da Baixa Idade Media na análise das
consecuencias económicas e sociais que derivan dela.
Describir as características concretas do medio físico de España e de Galicia.
Localizar no mapa de España e de Galicia as principais unidades e elementos
do relevo.
Coñecer, describir e situar no mapa, os grandes conxuntos bioclimáticos que
conforman o espazo xeográfico español e galego.
Coñecer os riscos naturais e problemas medioambientais de España, e os
principais espazos naturais protexidos de España e de Galicia.
Afondar na análise da poboación, movementos migratorios, características e
evolución.
Identificar como se organiza o territorio español e galego.
Analizar as grandes zonas urbanas, a densidade da poboación e as migracións
no comentario de mapas do mundo.
Identificar os proles e as contras do proceso de urbanización en Europa.
Coñecer os países do mundo e as súas capitais.
MATERIAL CADERNO Caderno de traballo persoal do alumno, para a
realización de exercicios, apuntes, etc.
LIBRO DE TEXTO Xeografía e Historia. Serie Descubre.
Proxecto Saber Facer. Ed. Santillana.
TEMPORALIZACIÓN1ª AVALIACIÓN Temas 1 ao 5
2ª AVALIACIÓN Temas 6 ao 8
3ª AVALIACIÓN Temas 9 a0 11
NÚMERO DE EXAMES Un exame por unidade didáctica, ou ás veces por cada dúas.
- Preguntas de verdadeiro ou falso.
- Definición de conceptos.
- Relacionar conceptos..
- Mapas.
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN MODELO DE EXAME
- Preguntas curtas (para expoñer un
razoamento sobre a cuestión plantexada)
- Preguntas de desenvolvemento
- Cuestións prácticas (mapa histórico, gráfica,
etc.)
- Análise e resume de textos.
- Tamén poderá haber exames tipo test
EXERCICIOS DE CLASE
Cualificaranse os exercicios feitos en clase e
na casa. No caderno faranse os exercicios
(anotando o tema, a páxina do libro no que
están e o número destes, integrando na
resposta a pregunta realizada) e os apuntes
ou esquemas que se realicen. Os cadernos
serán revisados antes de cada avaliación.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBALEXAMES
70% a media dos exames realizados en cada
trimestre (non se fará media por debaixo do 4).
Nas recuperacións, tanto de tema como de
avaliación, a nota máxima será 5..
EXERCICIOS 10 % da nota de avaliación. 10 % a exposición
dun traballo por trimestre.
CADERNO 10 % da nota de avaliación
COMPORTAMENTO 10 % da nota de avaliación
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Antes de cada avaliación aos alumnos e alumnas daráselle a
oportunidade de recuperar os exames suspensos durante ese trimestre.En
xuño poderá realizarse un exame de recuperación das avaliacións suspensas
só o alumnado que teña amosado interese.
O alumnado que no mes de xuño teña suspensa a materia de CCSS
tanto do 1º como do 2º curso da ESO deberá realizar no verán un plan de
recuperación estival que lle será entregado pola profesora. No mes de
setembro deberá presentarse ao exame de recuperación. O traballo de
recuperación representará o 20% do aprobado e o exame o 80%.
3º ESO NON BILINGÜE
OBXECTIVOS MÍNIMOS
• Diferenciar os diversos sectores económicos europeos.
• Coñecer as características dos diversos tipos de sistemas económicos.
• Comprender a idea de «desenvolvemento sostible» e as súas
implicacións.
• Localizar e identificar os recursos agrarios e naturais no mapa mundial.
• Identificar a distribución desigual das rexións industrializadas no mundo.
• Comparar os datos do peso do sector terciario dun país fronte aos do
sector primario e secundario e extraer conclusións.
• Identificar o papel de grandes cidades mundiais como dinamizadoras da
economía das súas rexións.
• Recoñecer os principais accidentes xeográficos de cada continente.
• Coñecer os países do mundo, as súas capitais e a súa localización no
mapa.
• Tomar conciencia do problema da perda de biodiversidade terrestre e
das causas e consecuencias do cambio climático.
• Entender o concepto de globalización.
• Tomar sensibilidade perante os efectos da globalización.
• Entender os retos aos que se enfrontan os países desenvolvidos.
• Tomar conciencia dos problemas que ocasiona o subdesenvolvemento.
• Comprender o significado histórico da etapa do Renacemento en
Europa.
• Relacionar a concepción do humanismo e o legado dos artistas e
científicos do Renacemento con etapas anteriores e posteriores.
• Identificar o reinado dos Reis Católicos como unha etapa de transición
entre a Idade Media e a Idade Moderna.
• Coñecer os procesos de conquista e colonización, e as súas
consecuencias.
• Comprender a diferenza entre os reinos medievais e as monarquías
modernas.
• Coñecer as características das políticas internas e as relacións
exteriores dos séculos XVI e XVII en Europa.
• Apreciar a importancia da arte barroca en Europa e en América.
MATERIAL CADERNO A avaliación do caderno farase cara ao final
de cada avaliación, aínda que o/a profesor/a
fará un seguimento ao longo do trimestre.
LIBRO DE TEXTO Xeografía e Historia. Serie Descubre. Proxecto
Saber Facer. Ed. Santillana.
TEMPORALIZACIÓN1ª AVALIACIÓN Temas 9 ao 12
2ª AVALIACIÓN Temas 1 ao 5
3ª AVALIACIÓN Temas 6 ao 8
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES
Probas escritas, que serán con carácter xeral
unha por unidade didáctica
MODELO DE EXAME
Non hai un modelo de exame fixo.
EXERCICIOS DE CLASE
Valórase tanto o traballo na clase como o do casa.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES ◦70% a media dos exames realizados en
cada trimestre (non se fará media por debaixo
do 4). Nas recuperacións, tanto de tema como
de avaliación, a nota máxima será 5.
EXERCICIOS ◦10% o traballo (tanto na casa coma na aula)
CADERNO ◦10% o comportamento (respectar as normas
de clase e ter unha actitude colaboradora e
positiva cara a materia)
COMPORTAMENTO ◦10% caderno (ter o caderno completo,
ordenado e ben presentado)
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Todo o alumnado que nunha avaliación obteña unha nota inferior a 5
deberá facer unha proba escrita sobre tódolos contidos traballados nesa
avaliación. Considérase que terá superada a avaliación se na proba de
recuperación obtén unha cualificación mínima de 5 puntos.
Aquel alumnado que suspenda a materia na convocatoria de xuño terá
que presentarse á proba extraordinaria de setembro segundo os
seguintes criterios:
- Facer unha proba escrita da que a nota obtida será o 80% da nota final.
- Presentar un caderno con actividades de recuperación (Plan estival) que
representará o 20 % na nota final.
- Unha cualificación de 0 en algunha das dúas partes da proba suporá a
non superación da materia, independentemente da nota conseguida na
outra parte.
3º ESO BILINGÜE
OBXECTIVOS MÍNIMOS
• Diferenciar os diversos sectores económicos europeos.
• Coñecer as características dos diversos tipos de sistemas económicos.
• Comprender a idea de «desenvolvemento sostible» e as súas
implicacións.
• Localizar e identificar os recursos agrarios e naturais no mapa mundial.
• Identificar a distribución desigual das rexións industrializadas no mundo.
• Comparar os datos do peso do sector terciario dun país fronte aos do
sector primario e secundario e extraer conclusións.
• Identificar o papel de grandes cidades mundiais como dinamizadoras da
economía das súas rexións.
• Recoñecer os principais accidentes xeográficos de cada continente.
• Coñecer os países do mundo, as súas capitais e a súa localización no
mapa.
• Tomar conciencia do problema da perda de biodiversidade terrestre e
das causas e consecuencias do cambio climático.
• Entender o concepto de globalización.
• Tomar sensibilidade perante os efectos da globalización.
• Entender os retos aos que se enfrontan os países desenvolvidos.
• Tomar conciencia dos problemas que ocasiona o subdesenvolvemento.
• Comprender o significado histórico da etapa do Renacemento en
Europa.
• Relacionar a concepción do humanismo e o legado dos artistas e
científicos do Renacemento con etapas anteriores e posteriores.
• Identificar o reinado dos Reis Católicos como unha etapa de transición
entre a Idade Media e a Idade Moderna.
• Coñecer os procesos de conquista e colonización, e as súas
consecuencias.
• Comprender a diferenza entre os reinos medievais e as monarquías
modernas.
• Coñecer as características das políticas internas e as relacións
exteriores dos séculos XVI e XVII en Europa.
• Apreciar a importancia da arte barroca en Europa e en América.
MATERIAL CADERNO Recoméndase Caderno de tarefas en tamaño
A4 de folla cuadriculada
LIBRO DE TEXTO “Geography and History 3” de Editorial
Santillana-Richmond.
TEMPORALIZACIÓN1ª AVALIACIÓN Unidades 1 a 5. Mapas de Galicia, España e
Europa físicos e políticos
2ª AVALIACIÓN Unidades 6 a 9 Mapas de América e África.
3ª AVALIACIÓN Unidades 10 a12 Mapas de Asía e Oceanía.
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES
2 por avaliación
MODELO DE EXAME
-Unha pregunta de verdadeiro ou falso (1
punto)
-Definición de conceptos (1 punto)
-Relacionar conceptos (1 punto)
-Localizar accidentes xeográficos (1'5 puntos)
-Localizar paises e capitais (1'5 puntos)
-Unha pregunta sobre os datos dunha gráfica,
fotografía, mapa (2 puntos).
-Unha pregunta de respostas múltiples para
elixir a correcta (2 puntos)
Responder a maior cantidade de preguntas
totalmente en inglés suporá a posibilidade de
obter unha cualificación máis alta no exame.
EXERCICIOS DE CLASE
Algún negativo por non facer traballos ou
deberes, este descontará 0'25 da nota final.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES A nota media dos exames é o 60 % da nota de
avaliación. Unha cualificación de 0 na media
dos exames ou no caderno de clase suporá o
suspenso na avaliación.
EXERCICIOS Os traballos voluntarios o restante 10 %.
CADERNO O caderno de clase é un 20 %
COMPORTAMENTO O comportamento e o traballo de clase outro
10 %
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Os alumnos que suspendan 1 avaliación poderán facer un exame de
recuperación da esma segundo modelo de exames plantexado. Se ao
final de curso alguén ten unha avaliación suspensa poderá facer unha
última recuperación da mesma. Ter dúas ou máis avaliacións suspensas
ao final de curso suporá que a recuperación final será de toda a materia
explicada no curso.
En setembro examinaranse todos aqueles non aprobados en xuño. Dadas
as características especiais do grupo o exame non será o mesmo que o
do resto de alumnado deste nivel. Ao alumnado coa materia pendente
para setembro facilitaráselle un Plan de Recuperación estival que
consistirá no seguinte:
-Realización das actividades propostas nun caderniño, que repasará os
contidos dados ao longo do curso. A puntuación obtida será un 20 % da
nota da proba extraordinaria.
-Un exame sobre a materia explicada ao longo do curso. A nota
representará o 80 % da cualificación de setembro.
-Un 0 en algun dos apartados anteriores supora o suspenso da materia,
independentemente da nota acadada no outro apartado.
4º ESO NON BILINGÜE
OBXECTIVOS MÍNIMOS
Analizar as características do «Antigo Réxime» desde distintas
perspectivas.
Reflexionar sobre os avances da revolución científica dos séculos XVII e
XVIII.
Analizar o movemento cultural e social en Europa e América coa
Ilustración.
Identificar e comprender os distintos procesos revolucionarios nos EEUU,
Francia, e España, afondando nos feitos que os motivaron, o seu alcance
e as súas limitacións.
Entender as causas da Revolución Francesa e describir os feitos máis
relevantes.
Comprender a evolución de España e Galicia a través dos cambios
económicos provocados pola industrialización do país, afondando nos
avances e sacrificios e/ou proles e contras deste proceso.
Afondar no imperialismo, a súa evolución, as potencias imperialistas e a
repartición de poderes no mundo.
Identificar os aspectos principais da interconexión entre a «Gran Guerra»
e a Revolución Rusa.
Identificar os avances científicos e tecnolóxicos do século XIX.
Analizar os acontecementos, fitos e procesos ocorridos no período de
entreguerras.
Afondar nas causas que provocaron o auxe dos fascismos.
Coñecer os feitos e contextos dos distintos acontecementos bélicos.
Identificar os feitos máis importantes da descolonización de posguerra no
século XX.
Identificar as bases do estado do «Welfare State» en Europa.
Analizar a Guerra Fría desde as relacións entre EE.UU. e a URSS.
Reflexionar sobre a evolución da ditadura en España e Galicia..
Analizar as causas e consecuencias do derrubamento da URSS.
Comprender o proceso de constitución da Unión Europea.
MATERIAL CADERNO Terá que ser levado “o día” e será revisado
polo profesor en calqueira momento do
proceso. Correctamente presentado, ordenado
e completo.
LIBRO DE TEXTO Historia. Serie Descubre. Proxecto Saber
Facer. Ed. Santillana.
TEMPORALIZACIÓN1ª AVALIACIÓN Do Antigo Réxime á I Guerra Mundial.
Segundo do libro de texto serían os 4
primeiros temas.
2ª AVALIACIÓN Dos Felices 20 e a revolución soviética ata a
Guerra Fría e a descolonización. Temas 5 ao 8
3ª AVALIACIÓN Do mundo de bloques á súa desaparición e
España no século XX. Temas 9 ao 12.
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES
2 por avaliación
MODELO DE EXAME
Obxectivas ou preguntas curtas para avaliar
feitos e conceptos.
Desenvolvemento de temas para avaliar a
capacidade de expresión, estructuración, uso
do vocabulario específico, argumentación
lóxica, actitudes .
Confección, análise, interpretación de mapas
históricos, gráficos, imaxes.. ,para avaliar as
destrezas adquiridas.
Comentario/ análise de textos
EXERCICIOS DE CLASE
Para unha valoración positiva do alumno/a, o
traballo en clases debe ser regular e mostra-
las actitudes indicadas nos obxectivos
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES 70% máximo (7 puntos)
EXERCICIOS 30% maximo (3 puntos)
Non se aplicará a suma media se nalgunha
das probas escritas no se acada a
cualificación de 3,5 sobre 8 ou se acaden
menos de 1 punto en actitude e traballo
persoal.
CADERNO
COMPORTAMENTO
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Serán mediante unhas actividades obrigatorias e un exame.
Faise un exame de recuperación e só un por cada período avaliativo
suspenso.
Poderá haber un exame final de graza en xuño, sempre que o alumno/a
tivera superado o apartado de traballo e actitude das respectivas
avaliacións e se tivera presentado a todas as probas de avaliación, agás
xustificación perfectamente documentada.
O alumnado cos bloque de contidos dunha avaliación sen recuperar,
tendo as restantes aprobadas, poderá facer un exame de graza no
mes de xuño sobre os contidos dese bloque non superado, sempre
que cumpra os requisitos anteriores.
Aquel alumnado que suspenda a materia na convocatoria de xuño terá
que presentarse á proba extraordinaria de setembro segundo os
seguintes criterios:
- Facer unha proba escrita da que a nota obtida será o 80% da nota
final.
- Presentar un caderno con actividades de recuperación (Plan estival)
que representará o 20 % na nota final.
- Unha cualificación de 0 en algunha das dúas partes da proba suporá
a non superación da materia, independentemente da nota conseguida na
outra parte.
4º ESO BILINGÜE
OBXECTIVOS MÍNIMOS
Analizar as características do «Antigo Réxime» desde distintas perspectivas.
Reflexionar sobre os avances da revolución científica dos séculos XVII e
XVIII.
Analizar o movemento cultural e social en Europa e América coa Ilustración.
Identificar e comprender os distintos procesos revolucionarios nos EEUU,
Francia, e España, afondando nos feitos que os motivaron, o seu alcance e as
súas limitacións.
Entender as causas da Revolución Francesa e describir os feitos máis
relevantes.
Comprender a evolución de España e Galicia a través dos cambios
económicos provocados pola industrialización do país, afondando nos
avances e sacrificios e/ou proles e contras deste proceso.
Afondar no imperialismo, a súa evolución, as potencias imperialistas e a
repartición de poderes no mundo.
Identificar os aspectos principais da interconexión entre a «Gran Guerra» e a
Revolución Rusa.
Identificar os avances científicos e tecnolóxicos do século XIX.
Analizar os acontecementos, fitos e procesos ocorridos no período de
entreguerras.
Afondar nas causas que provocaron o auxe dos fascismos.
Coñecer os feitos e contextos dos distintos acontecementos bélicos.
Identificar os feitos máis importantes da descolonización de posguerra no
século XX.
Identificar as bases do estado do «Welfare State» en Europa.
Analizar a Guerra Fría desde as relacións entre EE.UU. e a URSS.
Reflexionar sobre a evolución da ditadura en España e Galicia..
Analizar as causas e consecuencias do derrubamento da URSS.
Comprender o proceso de constitución da Unión Europea.
MATERIAL CADERNO Recoméndase Caderno de tarefas en tamaño
A4 de folla cuadriculada
LIBRO DE TEXTO History Core Concepts de 4º ESO, de editorial
Oxford
TEMPORALIZACIÓN1ª AVALIACIÓN Do Antigo Réxime á I Guerra Mundial.
Segundo do libro de texto serían os 4
primeiros temas.
2ª AVALIACIÓN Dos Felices 20 e a revolución soviética ata a
Guerra Fría e a descolonización. Temas 5 ao 8
3ª AVALIACIÓN Do mundo de bloques á súa desaparición e
España no século XX. Temas 9 ao 12
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES 2 por avaliación
MODELO DE EXAME
-Unha pregunta de verdadeiro ou falso (1
punto)
-Definición de conceptos (1 punto)
-Relacionar conceptos (1 punto)
-Poñer en orde cronoloxico personaxes ou
eventos historicos (1 punto)
-Unha pregunta de respostas múltiples para
elixir a correcta (1 punto)
-Preguntas de respostas curtas (2 puntos).
-Preguntas sobre documentos historiográficos
(3 puntos)
-Responder a maior cantidade de preguntas
totalmente en inglés suporá a posibilidade de
obter unha cualificación máis alta no exame.
EXERCICIOS DE CLASE
Se se ten algún negativo por non facer
traballos ou deberes, este descontará 0'25 da
nota final.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES 60 % da nota
EXERCICIOS 10 % da nota
CADERNO 20 % da nota
COMPORTAMENTO 10 % da nota
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Os alumnos que suspendan 1 avaliación poderán facer un exame
de recuperación da mesma segundo modelo de exames plantexado. Se ao
final de curso alguén ten unha avaliación suspensa poderá facer unha última
recuperación da mesma. Ter dúas ou máis avaliacións suspensas ao final de
curso suporá que a recuperación final será de toda a materia explicada no
curso.
En setembro examinaranse todos aqueles non aprobados en
xuño. Dadas as características especiais do grupo o exame non será o
mesmo que o do resto de alumnado deste nivel. Ao alumnado coa materia
pendente para setembro facilitaráselle un Plan de Recuperación estival que
consistirá no seguinte:
– Realización das actividades propostas nun caderniño, que
repasará os contidos dados ao longo do curso. A puntuación obtida será un
20 % da nota da proba extraordinaria.
– Un exame sobre a materia explicada ao longo do curso. A nota
representará o 80 % da cualificación de setembro.
1º BACHARELATO NON BILINGÜE
OBXECTIVOS MÍNIMOS
Explica-los feitos máis significativos da Historia do Mundo
Contemporáneo, situándoos adecuadamente no tempo e no espacio, e
destacando a súa incidencia sobre o presente.
Comprender e analiza-lo significado dos acontecementos no contexto
histórico e xeográfico correspondente e no desenvolvemento do proceso
histórico.
Valora-las repercusións dos distintos acontecementos da historia
contemporánea na configuración do mundo actual.
Comprender e interrelaciona-los principais cambios económicos,
sociais, políticos e culturais que configuran a historia dos últimos
séculos.
Comprende-los procesos históricos como o resultado da interrelación de
múltiples factores.
Empregar con propiedade unha terminoloxía básica cuñada pola
historiografía e manexar diversas fontes que lles permitan contrasta-las
informacións.
Identifica-los principais acontecementos e situacións do mundo
contemporáneo a partir dos seus antecedentes históricos e interpreta-
las principais situacións e problemas da historia recente, como o
resultado da interrelación e interdependencia de factores económicos,
sociais, políticos e culturais.
Fomenta-la sensibilidade ante os problemas sociais actuais,
potenciando unha actitude crítica e un sentido responsable e solidario
na defensa dos dereitos humanos, os valores democráticos e o camiño
cara á paz.
Rexeita-las actitudes belicistas e violentas que pugnan polo control dos
recursos socioeconómicos e espaciais do mundo.
Valora-los principios e institucións democráticas, como instrumentos
axeitados para resolve-las discrepancias políticas e nas distintas esferas
da actividade cotiá.
Desenvolve-lo sentido da responsabilidade, polo rigor e a obxectividade
na busca e interpretación da información histórica, así como a
independencia de criterios.
Adoptar unha actitude crítica ante os acontecementos e as situacións da
sociedade actual.
Comprende-la Historia como unha ciencia aberta á información e ós
cambios que brindan as novas tecnoloxías.
LIBRO DE TEXTO “Historia do mundo contemporáneo (Galicia)”.
MATERIAL Editorial Santillana.
TEMPORALIZACIÓN
1ª AVALIACIÓN Desenvolveranse aqueles contidos
relacionados coas unidades 1 á 6, inclusive.
2ª AVALIACIÓN Tratarán os bloques referidos nas unidades 7
á 12, incluídas.
3ª AVALIACIÓN Os contidos das unidades 13 á 17 incluidas.
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES
2 por avaliación
MODELO DE EXAME
No deseño destas probas poderán constar os
seguintes tipos de preguntas.
–Obxectivas para avaliar feitos , conceptos e
competencias.
–Desenvolvemento de temas para avaliar
competencias, a capacidade de expresión,
estructuración, uso do vocabulario específico,
argumentación lóxica, actitudes .
–Confección, análise, interpretación de mapas
históricos, gráficos, imaxes.. ,para avaliar as
destrezas adquiridas.
–Comentario/ análise de textos
EXERCICIOS DE CLASE
Para unha valoración positiva do alumno/a, o
traballo en clases debe ser regular e mostra-
las actitudes indicadas nos obxectivos.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES 80% máximo (8 puntos)
EXERCICIOS 20% maximo (2 puntos)
Non se aplicará a suma media se nalgunha
das probas escritas no se acada a cualificación
de 3,5 sobre 8 ou se acaden menos de 1
punto en actitude e traballo persoal.
COMPORTAMENTO
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Faise unha proba de recuperación e só un por cada período avaliativo
suspenso.
Poderá haber unha proba final de graza en xuño, sempre que o alumno/a
tivera superado o apartado de traballo e actitude das respectivas
avaliacións e se tivera presentado a todas as probas de avaliación, agás
xustificación perfectamente documentada.
O alumnado que de xeito sistemático que, presentándose as probas
escritas, as entregue en branco, non terá a opción da proba de graza de
xuño.
O alumnado que non entregue o caderno de traballo ou o entregue en
blanco non terá opción a proba de graza de xuñoo
O alumnado cos contidos dunha avaliación sen recuperar, tendo as
restantes aprobadas, poderá facer un exame de graza no mes de xuño
sobre os contidos non superados, sempre que cumpra os requisitos
anteriores.
Aqueles/as alumnos/as que non acadoron os obxectivos, non chegando a
superar a materia na convocatoria de xuño, poderán facelo en setembro,
examinándose da totalidade dos contidos traballados ó longo do curso.
1º BACHARELATO BILINGÜE
OBXECTIVOS MÍNIMOS
Explica-los feitos máis significativos da Historia do Mundo
Contemporáneo, situándoos adecuadamente no tempo e no espacio, e
destacando a súa incidencia sobre o presente.
Comprender e analiza-lo significado dos acontecementos no contexto
histórico e xeográfico correspondente e no desenvolvemento do proceso
histórico.
Valora-las repercusións dos distintos acontecementos da historia
contemporánea na configuración do mundo actual.
Comprender e interrelaciona-los principais cambios económicos,
sociais, políticos e culturais que configuran a historia dos últimos
séculos.
Comprende-los procesos históricos como o resultado da interrelación de
múltiples factores.
Empregar con propiedade unha terminoloxía básica cuñada pola
historiografía e manexar diversas fontes que lles permitan contrasta-las
informacións.
Identifica-los principais acontecementos e situacións do mundo
contemporáneo a partir dos seus antecedentes históricos e interpreta-
las principais situacións e problemas da historia recente, como o
resultado da interrelación e interdependencia de factores económicos,
sociais, políticos e culturais.
Fomenta-la sensibilidade ante os problemas sociais actuais,
potenciando unha actitude crítica e un sentido responsable e solidario
na defensa dos dereitos humanos, os valores democráticos e o camiño
cara á paz.
Rexeita-las actitudes belicistas e violentas que pugnan polo control dos
recursos socioeconómicos e espaciais do mundo.
Valora-los principios e institucións democráticas, como instrumentos
axeitados para resolve-las discrepancias políticas e nas distintas esferas
da actividade cotiá.
Desenvolve-lo sentido da responsabilidade, polo rigor e a obxectividade
na busca e interpretación da información histórica, así como a
independencia de criterios.
Adoptar unha actitude crítica ante os acontecementos e as situacións da
sociedade actual.
Comprende-la Historia como unha ciencia aberta á información e ós
cambios que brindan as novas tecnoloxías.
LIBRO DE TEXTO “Historia do mundo contemporáneo (Galicia)”.
MATERIAL Editorial Santillana.
TEMPORALIZACIÓN
1ª AVALIACIÓN Desenvolveranse aqueles contidos
relacionados coas unidades 1 á 6, inclusive.
2ª AVALIACIÓN Tratarán os bloques referidos nas unidades 7
á 12, incluídas.
3ª AVALIACIÓN Os contidos das unidades 13 á 17 incluidas.
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES
2 por avaliación
MODELO DE EXAME
-Facer un comentario de documentos
relacionados con feitos históricos (2 puntos).
-Definición de conceptos (1 punto)
-Poñer varios feitos en orde cronolóxico de
máis antigo a máis recente (1 punto)
-Responder unha pregunta curta (2 puntos).
-Completar frases con palabras (1 punto)
-Unha pregunta con varias respostas para
elixir (2 puntos).
-Diferentes afirmación para decidir se son
verdadeiras ou falsas (1 punto)
-Responder a maior cantidade de preguntas
totalmente en inglés suporá a posibilidade de
obter unha cualificación máis alta no exame
EXERCICIOS DE CLASE
Realización de traballos empregando as novas
tecnoloxías.
Lecturas de textos en inglés e audicións.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES 70 % da nota de avaliación
EXERCICIOS 20 % da nota
COMPORTAMENTO10 % da nota.
Se se ten algún negativo por non facer
traballos ou deberes, este descontará 0'25 da
nota final.
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Os alumnos que suspendan 1 avaliación poderán facer un exame de
recuperación da esma segundo modelo de exames plantexado. Se ao
final de curso alguén ten unha avaliación suspensa poderá facer unha
última recuperación da mesma. Ter dúas ou máis avaliacións suspensas
ao final de curso suporá que a recuperación final será de toda a materia
explicada no curso.
En setembro examinaranse todos aqueles non aprobados en xuño.
HISTORIA DE ESPAÑA 2º BACHARELATO
CONTIDOS MÍNIMOS
A crise do Antigo Réxime (1808-1833)
O reinado de Isabel II (1833-1868)
O sexenio democrático (1868-1874)
A monarquía da Restauración (1874-1902)
Transformacións económicas do século xix
Cambios sociais e culturais no século xix
O reinado de Alfonso XIII: a crise da Restauración (1902-1931)
A Segunda República (1931-1936)
A guerra civil (1936-1939)
A creación do Estado franquista (1939-1959)
Consolidación e final do réxime franquista (1959-75)
A transición política e a España democrática
MATERIAL LIBRO DE TEXTO HISTORIA DE ESPAÑA. 2º Bacharelato.
Fernández Ros, J. M. e outros. Editorial:
Obradoiro Santillana. Proxecto A Casa do
Saber ISBN: 978-84-9972-588-8
TEMPORALIZACIÓN
1ª AVALIACIÓN Os temas 1 ó 9 do libro de texto. Dos seis
primeiros temas (o primeiro bloque) farase tan
só un repaso con incidencia especial naqueles
feitos que se consideran máis relevantes para
o estudio da época contemporánea.
2ª AVALIACIÓN Os temas referidos ós acontecementos
históricos acaecidos na España da
Restauración, a II República e a Guerra civil
(bloques III). Polo tanto os temas
comprendidos entre o 10 e o 14.
3ª AVALIACIÓN Estudio dos feitos ocorridos durante o
franquismo e a transición, ou o que é o mesmo
os temas 15 ó 17
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES
2 por avaliación
MODELO DE EXAME
As probas estrutúranse seguindo o modelo
das probas de acceso á Universidade:
composición dun texto de carácter histórico a
partires dun ou varios documentos (textos,
fotografías, gráficas, mapas...).
EXERCICIOS DE O alumnado fará exercicios en clase que serán
CLASE tidos en conta á hora da nota da avaliación,
por canto que a non realización dos mesmos
suporá acumular negativos.
Tamén se entregarán exercicios similares ás
probas de exame que o alumno deberá
realizar na casa e devolver resoltos no prazo
de tempo que se determine.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES 80 % a nota da avaliación.
EXERCICIOS A nota media dos exercicios de comentarios a
facer na casa será o 20% da nota de
avaliación. De non entregar os comentarios na
data fixada suspenderase a avaliación.
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
De cada avaliación suspensa os alumnos terán a oportunidade de facer un
exame de recuperación. Malia isto ó final de curso haberá unha
recuperación final na que:
- Os alumnos que teñan aínda unha avaliación suspensa poderán volver a
recuperala.
- Aqueles que teñan dúas ou máis deberán facer un exame no que serán
avaliados da totalidade dos contidos explicados na clase durante o curso.
Aqueles/as alumnos/as que non superen a materia na convocatoria de
xuño, poderán facelo en setembro, examinándose da totalidade da
materia explicada ó longo do curso en clase.
XEOGRAFÍA 2º BACHARELATO
CONTIDOS MÍNIMOS
España en Europa e no mundo.
O territorio español.
O medio natural e as súas paisaxes.
A poboación española e o proceso de urbanización.
O aproveitamento económico do territorio.
MATERIAL LIBRO DE TEXTO Como fonte de consulta de contidos
conceptuais, mapas e gráficos Xeografía 2.
Editorial Anaya
TEMPORALIZACIÓN
1ª AVALIACIÓN Temas comprendidos nos bloques de
coñecemento de “España no mundo” e
“Natureza e ambiente en España”. É dicir os
temas 1 a 4.
2ª AVALIACIÓN Temas comprendidos entre o 5 ao 8, incluídos.
Son aqueles que se refiren ó bloque de
coñecementos de “Espacio e actividade
económica” e ”Poboación”
3ª AVALIACIÓN Temas referidos a “Sistema urbano” e
“Organización e ordenación territorial e España
en Europa”. Numericamente son temas do 9
ao 12.
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES
1ª Avaliación: Unha proba.
2ª Avaliación: Unha proba
3ª avaliación: Unha proba
MODELO DE EXAME
Axustaranse ó modelo establecido polo grupo
de traballo da CIUG para as probas de acceso
á Universidade.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
EXAMES
A nota do exame é o 100% da nota de
avaliación.
Considérase que un alumno supera
positivamente a avaliación cando a súa nota
na mesma non sexa inferior a 5 puntos.
Para superar a materia en xuño hai que
aprobar tódalas avaliacións.
A cualificación da terceira avaliación será a
que se obteña como media aritmética de esta
coas das 1ª e 2ª avaliación.
Na terceira avaliación poderanse incluir
contidos das avaliacionas anteriores
A nota final será o resultado da media
aritmética das cualificacións das tres
avaliacións que compoñen o curso.
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Serán mediante unha proba escrita..
Faise unha proba de recuperación por cada avaliación.
Poderá haber unha proba final de graza en maio, sempre que o
alumno/a se tivera presentado/a a todas as probas de avaliación.
O alumnado que de xeito sistemático que, presentándose as probas
escritas, as entregue en branco, non terá a opción da proba de graza de
maio.
O alumnado cos contidos dunha avaliación sen recuperar, tendo as
restantes aprobadas, poderá facer un exame de graza no mes de maio
sobre os contidos non superados, sempre que cumpra os requisitos
anteriores.
Aqueles alumnos que non superen a materia na convocatoria de maio
poderán facelo en setembro, superando unha proba na que serán
examinados da totalidade da materia desenvolvida, seguindo o modelo de
exame proposto ao longo do curso.
Para estes efectos orientaráselles sobre un plan de traballo
individualizado a realizar durante o verán coa finalidade de que o/a
alumno/a poida acadar os obxectivos mínimos fixados e desenvolver
as competencias básicas de forma satisfactoria.
HISTORIA DA ARTE 2º BACHARELATO
OBXECTIVOS MÍNIMOS
Comprender e valorar a evolución na concepción da arte e os cambios da
súa función social ao longo da historia.
Valorar as obras de arte como un documento ou testemuña dunha época e
da súa cultura.
Utilizar diferentes métodos de análise para o estudo e interpretación da
obra de arte de xeito que permitan o seu coñecemento, proporcionen a
adquisición e comprensión da linguaxe artística.
Recoñecer e caracterizar as manifestación artísticas máis destacadas dos
principais artistas e estilos da arte occidental, situándoos no tempo e no
espazo, e valorando os seus cambios, permanzas e influenzas.
Coñecer, valorar e disfrutar do patrimonío artístico, contribuíndo á sua
conservación como fonte de riqueza e como legado que debe transmitirse
á xeracións futuras, evitando a súa degradación e destrución.
Coñecer os distintos estílos artísticos, os seus autores/as caracterizando
as súas peculiaridades a través das súas obras máis representativas.
Contribuír á formación e ao desenvovlemento do gusto persoal e á
capacidade crítica, e a aprender a expresar sentimentos e ideas propias
ante a contemplación de obras artísticas.
Indagar e obter información de fontes diversas sobre aspectos
significativos da historia da arte, coa fin de comprender a variedade das
súas manifestacións ao longo do tempo.
Localizar e analizar as principais obras artísticas da arte occidental tendo
en conta: o estilo, período histórico-artísticos, autoría, escola e cronoloxía.
Coñecer o contexto histórico, político e relixioso dos principais estilos
artísticos.
Coñecer e utilizar correctamente o vocabulario propio da materia.
MATERIAL LIBRO DE TEXTONon hai.
TEMPORALIZACIÓN1ª AVALIACIÓN Traballaranse as unidades didácticas da 1 á 6
2ª AVALIACIÓN Traballaranse as unidades didácticas 8 á 10
3ª AVALIACIÓN Traballaranse as unidades didácticas 11 á 14
METODOLOXÍA DE
NÚMERO DE EXAMES
Unha proba escrita por avaliación
MODELO DE Estas probas serán similares ás que realiza
AVALIACIÓN EXAME ata agora a CIUG (parte gráfica e parte
conceptual), seguindo as pautas do grupo de
traballo no presente curso e utilizando o
mesmo baremo.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL EXAMES
A nota da avaliación será o 100% da nota de
exame.Superará a avaliación o alumnado que
obteña unha nota non inferior a 5 puntos.
A nota da terceira avaliación será a media
aritmética obtida coa nota media das dúas
probas e a cualificacións das outras dúas
avaliacións.
Para aprobar a materia será condición
indispensable ter aprobadas tódalas
avaliacións.. A nota final será a nota media das
tres avaliacións
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
Serán mediante unha proba escrita..
Faise unha proba de recuperación por cada avaliación.
Poderá haber unha proba final de graza en maio, sempre que o alumno/a
se tivera presentado/a a todas as probas de avaliación.
- O alumnado que de xeito sistemático, presentándose as probas escritas,
as entregue en branco, non terá a opción da proba de graza de maio.
- O alumnado cos contidos dunha avaliación sen recuperar, tendo as
restantes aprobadas, poderá facer un exame de graza no mes de maio
sobre os contidos non superados, sempre que cumpra os requisitos
anteriores.
Aqueles alumnos que non superen a materia na convocatoria de maio
poderán facelo en setembro, superando unha proba na que serán
examinados da totalidade da materia desenvolvida, seguindo o modelo de
exame proposto ao longo do curso.
Para estes efectos orientaráselles sobre un plan de traballo individualizado
a realizar durante o verán coa finalidade de que o/a alumno/a poida
acadar os obxectivos mínimos fixados e desenvolver as competencias
básicas de forma satisfactoria.
XEOGRAFÍA E HISTORIA DE GALICIA 2º BACHARELATO
CONTIDOS MÍNIMOS
Coñecer os procesos máis salientables da conformación xeográfica e
histórica de Galicia.
Entender o presente dende unha perspectiva histórica que atenda,
especialmente, á historia contemporánea.
Aplicar as técnicas propias e específicas das ciencias sociais.
Contextualizar cronolóxicamente e espacialmente o espazo xeográfico e
os feitos e procesos históricos, interrelacionando as variables económicas,
políticas, sociais e culturais.
Asimilar que o patrimonio natural, cultural, histórico e artístico de Galicia
ten características propias, coa consecuente necesidade de participar
activamente na súa defensa.
MATERIAL LIBRO DE TEXTO Non hai
TEMPORALIZACIÓN
1ª AVALIACIÓN Temas 3 ao 6
2ª AVALIACIÓN Temas 7 ao 9
3ª AVALIACIÓN Temas 1 e 2.
METODOLOXÍA DE AVALIACIÓN
NÚMERO DE EXAMES
Presentarase un traballo por trimestre.
MODELO DE EXAME
Unidade 4: “A revolta irmandiña e o pleito
Tavera-Fonseca: un exemplo de litixio
medieval en Galicia”. 1º trimestre
Unidade 8: “Os mestres da II República: un
estudo sobre os mestres e mestras galegas e
a súa represión”. 2º trimestre
Unidade 2: “A PAC e o sector primario galego:
estudo da problemática”. 3º trimestre
Os traballos trimestrais contarán cun mínimo de 10
folios, escritos a ordenador con letra Times New
Roman tamaño 12 e interlineado 1,5. Estarán
escritos a unha soa cara e contarán con portada,
índice e bibliografía. Esta última, así como as
fontes de traballo necesarias para o curso, serán
indicadas polo docente. Non se admitirán traballos
que non cumpran tales normas.
EXERCICIOS DE CLASE
Valórase a participación activa e a entrega de
exercicios propostos.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
% NA NOTA GLOBAL
TRABALLOS 70 % da nota
EXERCICIOS 30 % da nota
PROCEDEMENTO DE RECUPERACIÓN
No caso de suspenderse a materia, é dicir, non entregar e/ou realizar os
traballos trimestrais nin as actividades diarias, realizarase un proceso de
recuperación que consistirá, en primeiro termo, na repetición dos traballos
coas indicacións docentes pertinentes. En caso de seguiren constando
como SUSPENSO, o estudante acudirá á convocatoria extraordinaria de
setembro, onde realizará un exame da materia vista durante o curso. Este
exame de setembro será o 100% da nota final.