Date post: | 21-Jun-2015 |
Category: |
Documents |
Upload: | carlosbabilon |
View: | 305 times |
Download: | 7 times |
O mapa actual de usos do solo permite diferenciar unha serie de
grandes conxuntos
1. Todas as
rexións do
norte peninsular, as
cadesas montañosas e
u oeste da
Meseta están
dominadas por
usos forestais,
prados e
pastos, cunha
escasa proporción de
terras labradas
As condicións climáticas, a pouca calidade de boa parte dos solos, e as pendentes explican esta situación, que estaría reforzada pola
estrutura da propiedade ( grandes latifundios nas devesas occidenatis e pequenas explotacións gandeiras nas rexións do
Cantábrico unidas á existencia de montes públicos e comunais )
2. En cambio, as grandes chairas interiores ( Douro, Texo, Gadiana, Ebro e Guadalquvir), xunto as litorais de menos extensión están ocupadas por terras de cultivo con escasa presenza de pastos e bosques
A agricultura perdeu peso en relación á producción forestal e
gandeira
Desde un punto de vista xeral, as transformacións máis notorias que
experimentaron os usos agrarios foron as seguintes:
Entre os diferentes tipos de cultivo destacamos
Son os cultivos asociados ao secano. Ocupan o 37 % da terra cultivada. Os máis comúns son o trigo, a cebada, a avea e o centeo. Os destinados á alimentación humana ( arroz, trigo ) están perdendo terreno fronte aos usados como forraxe do gando ou para a fabricación de pensos compostos ( cebada, avea, centeo, millo )
É unha árbore propia do clima mediterráneo. Tralos cereais é o cultivo que máis extensión ocupa en España. A súa producción destínase na súa maior parte á producción de aceite e unha pequena parte á fabricación de conservas
A súa área productora concéntrase no sur peninsular, nas campiñas andaluzas e estremeñas, especialmente nas provincias de Jaén e Córdoba
É un cultivo arbustivo de secaño que produce uvas destinadas para o consumo en fresco, aínda que se emprega principalmente para a elaboración do viño
adáptase moi ben ás características do clima mediterráneo; aínda que tamén podemos atopar zonas vinícolas nas zonas de
transición do clima atlántico.
Case a metade da producción se concentra en Castilla- La Mancha, seguida das comarcas de Requena- Utiel (Valencia ), Tierra de Barros ( Badajoz ), Jumilla ( Valencia ), a Rioja, o Penedés….
As froiteiras e as hortalizas
Constitúe un dos cultivos máis importante da agricultura española no que a renta xenerada se refire, constituíndo un puntal vital da balanza comercial. Entre eles podemos destacar
- Os cítricos: son a froita máis cultivada. ( laranxa, limón, mandarina). Comunidade Valenciana
- Froita de horta: amorosos, melón, sandías, melocotóns, cereixas… Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciana, Murcia, A Rioxa, Extremadura. Mazás en Asturias e País Vasco. Plátanos nas Illas Canarias
- Froitos secos: destaca a améndoa. Propia do secano
As hortalizas destacan polos seus altos niveis de produtividade, favorecidos pola ampliación do regadío, polos avances técnicos e polo aumento do seu consumo nos últimos anos
O seu cultivo localízase tantos nas zonas tradicionais minifundistas como en áreas altamente tecnificadas ( Andalucía, Valencia e Murcia )
Cultivos industriais
Requiren unha transformación industrial previa ao seu consumo: xirasol, remolacha, algodón, tabaco…
A súa área de produción principal é a metade meridional da península ( Castela- Amancha, Estremadura e Andalucía ) agás a remolacha ( val do Douro )
As estruturas comerciais dos produtos agrícolas ( páx 27 )
Un dos máis graves problemas do sector agrícola español é a inexistencia de boas canles de comercialización: exportamos produtos pouco industrializados de pouco valor engadido
Os produtos agrarios representan o 17 % das noas exportacións e case o 14 % das importacións
totais
Aínda o sector experimentou nos últimos anos un importante proceso de modernización, seguen a convivir as grandes empresas multinacionais con empresas familiares de carácter cuasi familiar
A penetración
do capital
estranxeiro agrava a situación ao
establecer un nivel de competencia
ao que non poden chegar a maior
parte das pequenas e medianas
empresas familiares