Date post: | 23-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | kalandrakacom |
View: | 271 times |
Download: | 3 times |
MARISANÚÑEZ
ÓSCAR
VILLÁN
Colección
© do texto orixinal: Marisa Núñez, 1999© das ilustracións: Óscar Villán, 1999
© desta edición: Kalandraka Editora, 2012Italia 37 - 36162 Pontevedra
Telf.: 986 860 [email protected]
www.kalandraka.com
Impreso en Gráficas Anduriña, Poio
Cuarta edición: setembro, 2012ISBN: 978-84-8464-126-1
DL: PO-619/01
Reservados todos os dereitos
MARISA NÚÑEZ ÓSCAR VILLÁN
Alá no cabo do mundo, no país onde o vento dá a volta, vivía unha pequena cebra chamada Camila.
Como naquel lugar o vento era tan revirado, Camila tiña que andar con moito coidado para non perder as súas vestiduras.
A súa nai dicíalle sempre que non saíse da casasen o cueiro e os tirantes,pero Camila cada día era máis grande e os tirantes e o cueiro xa empezaban a incomodala.
Camila soñaba con deitarse na herbasen aquelas prendas axustadas.
Tamén soñaba que o vento a levaba a rolos polos campos.