A Educación Infantil ten unha complexidade para o traballo telemático, suxerimos as seguintes recomendacións:
➢ Falar moito con eles.
➢ Establecer unha rutina diaria (poñer día, mes, ano, a comida do día, os contos que imos ler, a roupa do do día seguinte... ).
➢ Xogar con plastilina.
➢ Rasgar papel.
➢ Cortar con tesoiras.
➢ Debuxar (contos, o que vemos pola fiestra, amigos, familia, o que facemos cada día....)
➢ Xogar cas pinzas da roupa (agrupalas por cores, facer series, sostelas nun pano...)
➢ Abrir e pechar cremalleiras, abotonarse.
➢ Enfiar macarons con la.
➢ Xogar a buscar palabras que comencen pola a, b,c....
➢ Leer contos e facer preguntas comprensivas.
➢ Xogar a contar con fabas, garavanzos, facer sumas e restas sinxelas.
➢ Axudar nas tarefas diarias.
➢ Tansvasar líquidos.
➢ Xogar con conceptos básicos:
arriba / abaixo
dentro / fóra
lonxe / preto
xunto a
algo / nada
algúns
pouco / moito
no medio
ao carón
ao redor
encima/ enriba de
ancho / estreito
máis /menos
enteira
máis preto / máis lonxe
varios
esquina
diante / detrás
diferente / igual
antes / despois
no centro
nunca/ sempre
separado / xunto
grande/mediano/pequeno
alto/ baixo
longo/curto
de pé/ sentado/deitado
suave/aspero
posición de fronte/ de costas
groso/ delgado
mais ..que/ menos..que
duro/ brando
a través de
estirado / encollido
fila
case
par
1º / último
nunca/ sempre
➢ https://www.pequeocio.com/manualidades-infantiles/ nesta páxina tedes moitas manualidades para facer cos vosos fillos e fillas
➢ Facer as segintes fichas:
LECTO-ESCRITURA
LÓXICA-MATEMÁTICA
OS CASTELOS
CON GOMETS OU DEBUXANDO AS FOMAS XEOMÉTRICAS