+ All Categories
Home > Documents > A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue...

A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue...

Date post: 25-Aug-2020
Category:
Upload: others
View: 0 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
17
1 A GRAN HISTORIA DE PEREGRINA
Transcript
Page 1: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

1

A GRAN HISTORIA

DE PEREGRINA

Page 2: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

2

Se tamén queres

escoitar a historia:

https://www.youtube.com/watch?

v=4vV4NYQlVr0&t=122s

Page 3: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

3

En Santiago viviu unha vez unha nena chamada Peregrina.

Os seus pais puxéranlle ese nome porque eles se coñeceran facendo o Camiño de Santiago e gustáralles

tanto o destino, que decidiron quedar a vivir alí.

Aos seus pais encantáballes andar. Sen embargo, a Peregrina non lle gustaba nada camiñar. En

realidade, non lle gustaba nada a natureza. Sempre que a súa familia lle dicía de ir pasear, rosmaba e

enfadábase.

Page 4: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

4

Unha noite que estaba especialmente enfadada por ir pasear, o seu avó díxolle a Peregrina que era moi

importante que valorase a natureza. A nena non lle fixo caso e marchou ao seu cuarto a durmir.

Page 5: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

5

O que non sabía era que A NATUREZA estaba escoitando todo isto…

Page 6: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

6

E decidiu darlle unha lección a Peregrina…

Mentres durmía, converteuna nunha pinga de auga e evaporouna ata facela chegar a unha nube.

Page 7: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

7

Unha vez na nube, Peregrina despertou, sen entender que estaba ocorrendo e ao ver ao resto de

gotas, comezou a berrar asustada.

-Só faltabas ti-Dixéronlle. Estamos a punto de caer!-E así foi como as gotas se desprenderon en forma

de chuvia e chegaron ata o cumio dunha montaña.

Page 8: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

8

A nena, agora pinga, decidiu falar coa montaña.

-Por favor, axúdame a regresar a miña casa!-díxolle.

A montaña respondeulle que tiña que seguir o curso dun río para chegar a desembocar nun mar ou

océano. Alí un barco levaríaa de volta a casa.

Page 9: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

9

A nena non entendía: Que é o curso dun río?-Preguntou.

-O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É

dicir, desde onde comeza ata onde remata.

-Algúns son moi loooooongos e outros son curtiños. Isto é ao que chamamos lonxitude do río. O máis

longo de España é o TEXO, sabías? Mírao:

-Non, non o sabía-dixo Peregrina.

Page 10: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

10

-Recoméndoche viaxar por un río con moito caudal. Así terás máis compañía.

-Perdoa…Que é o caudal?-Dixo a pinga.

-O CAUDAL é a cantidade de pingas de auga que viaxades polo río. O máis caudaloso de España é o

EBRO. E é o segundo máis longo despois do Texo.

Page 11: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

11

-Pero debes saber, que non hai o mesmo caudal durante todo o ano. Porque como ves, depende da

chuvia que vos fai caer en min e noutras montañas. A esa variación do caudal ao longo do ano

chamámoslle RÉXIME.

- Se o caudal varía pouco ao longo do ano, dicimos que o réxime é regular e se ten moitas variacións

de chuvia, o seu réxime é irregular.

-De onde eu veño, chove case todos os días.-Dixo Peregrina.

Page 12: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

12

-Gracias pola explicación, pero sigo bastante perdida!-Dixo a pinga. Entón a montaña ensinoulle un

mapa e díxolle: “Isto é para que vexas o percorrido que tes que seguir”:

A montaña seguiu dicindo:

Page 13: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

13

-Agora mesmo estás no nacemento do río e queres chegar ata o final, que é a desembocadura. Neste

camiño, debes saber que o curso do río ten 3 tramos:

-O curso alto,

-O curso medio e

-O curso baixo.

Pero tranquila, dareiche algúns CONSELLOS para facilitarche a viaxe en cada un deles! Isto é o que

debes saber:

Page 14: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

14

-O Curso alto é o tramo do río máis próximo ao nacemento. Aínda que nesta parte o caudal é escaso, a

auga leva unha gran velocidade ao descender da montaña. Así que tes que ter coidado coas pedras e

area que arrastra!

Page 15: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

15

-No curso medio, o caudal crece porque o río recibe a auga dos seus afluentes (auga doutros ríos).

Aquí a auga leva menos velocidade, pero ten coidado con marearte nos meandros! Os meandros son

as curvas que forma o río cando a auga leva pouca velocidade.

E por último…

Page 16: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

16

-O curso baixo leva moita auga (caudal) que vai moi a modo, e conducirate á desembocadura do río.

-E cando chegue á desembocadura? A onde vou ir parar?-Dixo a pinga.

Page 17: A GRAN HISTORIA DE PEREGRINAº EP... · 2020. 8. 15. · -O CURSO dun río é o camiño que segue un río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. É dicir, desde onde comeza

17

CONTINUARÁ…


Recommended