De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 1
A literatura galega entre 1916 e 1936.
Índice
1.- Introdución: contexto histórico e liñas xerais da literatura deste período
2.- A poesía das Irmandades da Fala
2.1.- Noriega Varela
2.2.- Ramón Cabanillas
3.- A poesía galega de vangarda
3.1.- Características xerais das vangardas europeas
3.2.- Características xerais das vangardas en Galicia
3.3 .- Os autores máis representativos
3.3.1.- Manuel Antonio
3.3.2.- Álvaro Cunqueiro
3.4.- Movementos relacionados coas vangardas
3.4.1.- O Neotrobadorismo
3.4.2.- O Hilozoísmo
4.- A prosa galega: Irmandades e grupo Nós
4.1.- Grupos de autores e constantes temáticas
4.2.- Os narradores das Irmandades
4.3.-O grupo Nós
4.3.1.- Características do grupo
4.3.2.- Vicente Risco
4.3.3.- Otero Pedrayo
4.3.4.- Castelao
4.4.- Os novecentistas. Rafael Dieste
4.5.- O ensaio e o xornalismo
5.- O teatro: Irmandades, vangardas e grupo Nós
5.1.- A situación do teatro no inicio do século XX e grupos de autores
5.2.- O teatro das Irmandades
5.3.- O teatro da época das vangardas
5.4.- O teatro do grupo Nós
6.- Antoloxía de textos
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 2
1.- Introdución: contexto histórico e liñas xerais da literatura deste período
O inicio do século XX vén marcado por
unha serie de importantes transformacións
económicas e sociais. Comeza a desapare-
cer a fidalguía rendista que acaparaba a
propiedade das terras, a medida que se vai
consolidando unha burguesía industrial e
financeira. O desenvolvemento acelerado
da industria e do sector dos servizos provo-
ca o crecemento das cidades galegas e un
progresivo éxodo cara a elas da poboación
rural.
A nivel sociolingüístico, o galego conti-
núa a ser a lingua claramente maioritaria da
poboación, aínda que vinculada case exclu-
sivamente aos sectores rural e mariñeiro. O
castelán é o idioma hexemónico da socie-
dade e acapara os ámbitos formais de uso.
O nacemento do movemento nacionalista
marcará un importante camiño de defensa,
promoción e dignificación da lingua galega
e a proxección desta a sectores nos que
aínda non tiña presenza. Reclama unha
autonomía política para Galiza e a oficiali-
zación do galego. Ao redor del se moverán
os principais grupos de autores da literatura
deste período, o das Irmandades da Fala e
o do grupo Nós.
Despois do esplendor da poesía do Re-
xurdimento, o inicio da literatura do século
XX caracterízase por unha continuidade
temática e formal da meirande parte dos
autores das Irmandades, que ofrecen en
xeral poucos elementos novidosos. Simul-
tánea á poesía deste grupo, comeza a de-
senvolverse, a partir da segunda década do
século, unha literatura completamente re-
novadora, marcada pola influencia das van-
gardas europeas, que é encarnada pola
xeración novecentista.
En canto á prosa, destaca de xeito so-
bresaínte a achega dos homes do grupo
Nós, que producen as primeiras novelas
modernas da literatura galega e dan lugar
ás primeiras mostras do ensaio en galego.
Tamén son os principais representantes do
teatro deste período.
2.- A poesía das Irmandades da Fala
Dentro deste contexto histórico, cómpre
salientar o nacemento dun importante mo-
vemento agrarista, dirixido por organiza-
cións como Acción Gallega, liderada por
Basilio Álvarez, que realiza unha loita radi-
cal pola abolición dos foros (contratos que
obrigaban os campesiños a pagar unhas
rendas abusivas polo usufruto das terras) e
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 3
que terá unha gran repercusión na poesía
das Irmandades, especialmente na de Ra-
món Cabanillas.
As liñas poéticas predominantes dentro
deste grupo de autores son as mesmas do
século anterior: o costumismo ruralista, o
historicismo celtista (continuador da poesía
Pondal), o intimismo sentimental (continua-
dor de parte da obra de Rosalía) e a reivin-
dicación cívica (continuadora da poesía de
Curros). Trátase daquela dunha poesía con-
tinuísta, que ofrece poucas novidades a
respecto da do Rexurdimento, na que des-
tacan autores como Noriega Varela, Cre-
cente Vega ou Vitoriano Taibo. O único que
ofrece unha parte da súa obra orixinal e
renovadora e Ramón Cabanillas, o principal
poeta deste grupo.
2.1.- Noriega Varela
A súa obra poética está recollida nun
único volume, Do ermo, que foi aumentando
entre 1904 (1ª edición, co título de Monta-
ñesas) e 1946. Nela, distínguense con cla-
ridade dúas liñas diferentes:
Costumismo ruralista. Enmárcase den-
tro da corrente do descritivismo paisaxista e
de costumes propia da tradición decimonó-
nica: métrica popular, temática rural, esce-
nas costumistas (descrición detallada de
escenas cotiás, costumes, paisaxes, tradi-
cións, personaxes típicos…)[V. texto 1 da
antoloxía].
Lirismo da natureza. Enfatízanse as
cousas humildes da paisaxe, a partir dunha
visión simple e franciscanista da natureza.
Saliéntase a importancia dos pequenos
elementos da natureza (como resultado da
creación divina) fronte á desprezable pre-
senza do elemento humano. Moitos dos
poemas que integran este apartado son moi
breves e de métrica extremadamente sim-
ple; outros, manifestan unha expresión máis
culta e refinada, con emprego de formas
cultas, como o soneto, na que se reflicte
unha influencia dos poetas clásicos latinos
e do saudosismo portugués. [V. textos 2,3
e 4].
2.2.- Ramón Cabanillas
Participa de maneira activa no move-
mento nacionalista, sendo membro das Ir-
mandades da Fala e do Seminario de Estu-
dos Galegos e un dos fundadores do Parti-
do Galeguista. Tamén se compromete acti-
vamente co movemento agrarista co que
entra en contacto en Cuba. Ademais da súa
importante produción lírica, escribe teatro (A
man da santiña e O mariscal) e algúns ou-
tros textos de prosa. É o poeta máis rele-
vante deste grupo e o que ofrece aspectos
máis renovadores, entre os que destaca a
incorporación do modernismo á poesía ga-
lega. Recolle influencias moi variadas, que
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 4
vai desde os poetas greco-latinos clásicos
até o saudosismo portugués, pasando polo
modernismo hispano, os autores galegos do
Rexurdimento (sobre todo, Curros e Rosalía)
e a tradición folclórica galega.
A súa obra poética ofrece dous subxéne-
ros con características moi diferentes: a
poesía lírica e a poesía narrativa. A poesía
lírica caracterízase pola súa simplicidade.
Predomina o verso de arte menor, funda-
mentalmente octosílabos con rima asonante
nos versos pares, e un vocabulario e unha
sintaxe sinxelos. Dentro desta modalidade
encontramos tres temáticas:
Poesía costumista. Ofrece unha temática
paisaxista, de descrición de momentos da
vida de aldea do día a día e de costumes e
personaxes típicos, cun interese por trans-
mitir elementos de carácter sensorial. [V.
texto 5]
Poesía intimista. Presenta unha temática
amorosa, de rememoración de vivencias do
pasado, cunha identificación coa natureza
de evidente herdanza rosaliana. A Rosa das
cen follas é a obra máis característica desta
tendencia.[V. texto 6]
Poesía cívica. Aínda que non é a máis
abundante, a temática cívica é sen dúbida a
máis representativa deste autor. Entroncan-
do directamente coa poesía reivindicativa
de Curros Enríquez, Cabanillas móstrase
como un escritor comprometido coa reali-
dade do país para criticar cun extraordinario
radicalismo as inxustizas sociais. Denuncia
a opresión do campesiñado polos compor-
tamentos caciquís da época, representando
os postulados do movemento agrarista da
época. Tamén realiza unha importante rei-
vindicación da identidade nacional de Gali-
za fronte ao poder asoballador de Castela.
A nivel formal, esta poesía caracterízase
por presentar un estilo directo e coloquial e
un ritmo moi marcado e regular que a apro-
ximan ao ton das proclamas políticas. Al-
gúns dos poemas cívicos máis célebres de
Cabanillas son “Acción gallega” (himno da
asociación agrarista do mesmo nome) [V.
texto 8] , “En pé” [V. texto 9], ambos per-
tencentes a Da terra asoballada, un dos
libros máis relevantes desta tendencia, xun-
to con No desterro e Vento mareiro, ou
“Lume no pazo”, este último cunha elabora-
ción estética superior aos anteriores [V.
texto 10].
A poesía narrativa de Cabanillas é moi
diferente da lírica, tanto a nivel temático
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 5
como formal. A gran obra desta modalidade
é Na noite estrelecida, que pasa por ser o
mellor poema narrativo da literatura galega.
Insírese dentro da temática da denominada
“materia de Bretaña”, ofrecendo unha ver-
sión galeguizada da mítica lenda dos caba-
leiros do rei Artur, na que algúns dos episo-
dios máis relevantes da obra, como a apari-
ción da espada Escalibor ou o encontro do
santo grial aparecen localizados en Galiza.
Defende, como na poesía cívica, a identi-
dade nacional do pobo galego, que aparece
caracterizado como un pobo celta de ilustre
pasado. O libro componse de tres sagas ou
partes, denominadas “A espada Escalibor”,
“O cabaleiro do santo grial” e “O soño do
Rei Artur”. Unha das novidades principais
da obra é a introdución de elementos mo-
dernistas, pouco frecuentes na literatura
galega e que se manifestan, entre outras
cousas, polo emprego do verso alexandrino
(verso de 14 sílabas). A nivel formal, este
libro destaca pola súa gran elaboración,
polo seu léxico culto, pola súa sintaxe com-
plexa e pola profusión de recursos retóricos,
entre os que destacan a comparación, a
metáfora e a hipérbole. Na métrica, altér-
nanse os xa citados versos alexandrinos
cos octosílabos e as sextinas rubenianas[V.
texto 7].
3.- A poesía galega de vangarda
3.1.- Características xerais das vangardas europeas
As vangardas son un movemento estéti-
co que produce, no inicio do século XX,
unha profunda renovación nos distintos
campos artísticos. A diferenza da concep-
ción artística tradicional, que intenta repro-
ducir fielmente a realidade, as vangardas
pretenden transformala, reinterpretala, a
partir da visión persoal do artista, case
sempre desde un perspectiva irracional.
Preséntanse de xeito fragmentario, en dife-
rentes movementos ou ismos, que teñen
como características comúns a ruptura radi-
cal coa tradición, o emprego de temáticas
pouco convencionais, unha expresión her-
mética (de difícil interpretación), a defensa
dunha absoluta liberdade creadora, a con-
cepción da arte como una entidade autó-
noma que se debe que valorar en si mesma
e un rexeitamento do sentimental ou do
romántico. Estes movementos expresan a
súa concepción estética en manifestos pro-
gramáticos ás veces moi radicais.
Na literatura, o máis importante é sen
dúbida, o surrealismo, cuxo espírito segue
aínda vivo na arte dos nosos días. Os de-
mais ismos esgotáronse en poucos anos,
representando unas manifestacións de
grande intensidade, mais efémeras. Podes
ver as principais características destes mo-
vementos no cadro da páxina seguinte.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 6
Futurismo Temáticas de exaltación do mundo moderno, dos avances cientí-
ficos e técnicos, da velocidade, da guerra…
Léxico de tipo técnico e abundantes estranxeirismos.
Revolución tipográfica: mestura de distintos tipos e tamaños de
letras, uso de chaves, espazos en branco, signos matemáticos...
Cubismo Fragmentación da realidade, ruptura da liña narrativa, expresión
da simultaneidade…
Mestura de linguas e material heteroxéneo.
Sentido humorístico e lúdico da expresión artística.
Xogo coa disposición tipográfica, creación de imaxes visuais: os
caligramas.
Dadaísmo Rebeldía contra todo tipo de convencionalismo.
Desprezo radical de toda manifestación artística anterior.
Reivindicación absoluta do absurdo, do carente de sentido.
Profundo negativismo; máis que propor unha nova estética, des-
trúen toda estética imperante.
Humorismo, gusto polo ridículo.
Surrealismo Negación do mundo real como materia para a arte; antirrealis-
mo. A imaxinación rebélase contra o reinado da lóxica.
A creación ten como punto de partida o mundo onírico (o mundo
dos soños).
A escrita automática como expresión da liberación da razón.
Expresión hermética e multisignificativa.
Creacionismo Supón unha síntese de características variadas doutros move-
mentos de vangarda.
Procura a expresión poética baseada en imaxes, liberadas dos
seus significados habituais.
O poeta é un ser elixido, capaz de captar a esencia da realidade
e reinterpretala desde a súa propia óptica.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 7
3.2.- Características xerais das vangardas en Galicia
Aínda que non existiron escolas vangar-
distas propiamente ditas en Galiza, encon-
tramos importantes mostras deste fenóme-
no na nosa literatura. Os autores máis re-
presentativos forman parte da denominada
xeración novecentista á que pertence Ma-
nuel Antonio, o autor máis salientable deste
movemento. Mais houbo tamén outros poe-
tas importantes, como Álvaro Cunqueiro,
que cultivaron nunha parte significativa das
súas obras, a creación vangardista.
As vangardas galegas ofrecen caracte-
rísticas propias, que as individualizan en
parte das vangardas europeas: non hai
unha renuncia ao compromiso coa realida-
de social e cultural do país, non se produce
unha ruptura total coa tradición literaria e
producen unha literatura menos cerebral,
non totalmente afastada do sentimentalismo.
Ao igual que os europeos, os vangardis-
tas galegos crearon revistas para expresa-
ren a súa literatura, entre as que destacan
Ronsel, Alfar ou Resol, e aproveitaron ta-
mén outras revistas non vangardistas im-
portantes da época, como Anosa terra ou a
revista Nós. A vangarda galega tamén conta
cun interesante manifesto, Máis alá, asina-
do en 1922 por Manuel Antonio e Amado
Carballo, no que se realiza unha crítica ra-
dical contra a tradición literaria galega, se
exalta a liberdade creadora e o individua-
lismo e se fai unha reivindicación do em-
prego do galego.
3.3.- Autores máis representativos
3.3.1.-Manuel Antonio
É a figura máis relevante da vangarda
plena de Galiza. Móvese dentro da órbita do
Creacionismo, movemento que pretende
captar a esencia da realidade e reinterpreta-
la desde a óptica persoal do poeta. Incorpo-
ra tamén caracte-
rísticas expresivas
propias doutras
correntes de van-
garda, como o uso
de terminoloxía de
tipo técnico e de
palabras estranxeiras típico do futurismo ou
a disposición tipográfica non convencional
dos versos, uso de chaves, división en
apartados ou o uso de espazos en branco
propios do cubismo[V. texto 17].
A súa obra componse de cinco poema-
rios breves, Con anacos do meu interior,
Foulas, Sempre e mais dispois, Viladomar e
De catro a catro, entre os que destaca este
último, e una serie de poemas soltos reco-
llidos postumamente na edición da súa obra
completa. Neles, móvese entre o experi-
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 8
mentalismo baseado na tradición e a ruptu-
ra plenamente vangardista.
De catro a catro[V. texto 16]componse
de dezanove poemas escritos durante una
travesía mariña e presentados, segundo se
di no subtítulo da obra, como unhas “follas
sin data dun diario de abordo”, é dicir, como
un diario sentimental dunha travesía mariña
que é unha alegoría dunha travesía a través
da vida. O libro presenta unha estrutura
circular. Ábrese cun poema que serve de
inicio á travesía (“Intencións”), pleno de
optimismo e vitalidade, que precede a unha
serie de poemas centrados no mar, nos que
o pesimismo vai gañando forza progresiva-
mente; para rematar cun derradeiro poema
(“Adeus”) no que o eu lírico volta á terra, á
súa vila natal. As temáticas recorrentes da
obra son:
O mar, preferentemente nocturno ou
crepuscular e os elementos asociados a el:
estrelas, lúa, faros, ronseis, barcos…
A soidade, que se manifesta como
una realidade case corpórea, radical, onto-
lóxica, eterna.
O tempo, que se manifesta en abun-
dantes referencias ao seu decorrer e aos
elementos que o miden (reloxos, almana-
ques...) e, outras veces, a ausencia do tem-
po, marcado por unha forte sensación de
estatismo.
A terra, como contrapunto do mar. Ca-
racterízase pola desilusión, a monotonía e a
saudade.
3.3.2.- Álvaro Cunqueiro
Nos seus primeiros libros de poesía pre-
senta unha estética moi vinculada ao
Cubismo e, sobre todo, ao Surrealismo (Mar
ao norde e Poemas do si e non). O primeiro
deles está composto por poemas breves
agrupados en catro epígrafes: “Porto”, “Mar
outa”, “Illa” e “Terra adentro”. O mar é o
motivo central da obra; é un mar hermético
e abstracto que nos lembra ao da visión de
Manuel Antonio. [V. texto 15]
En Poemas de si e non relata una histo-
ria de amor desde una perspectiva de gran-
de abstracción, con abundancia de metáfo-
ras irracionais e un marcado gusto pola ins-
piración onírica moi propio do Surrealismo.
Predomina o verso libre de extensión longa.
Cunqueiro ten tamén unha importante
achega á poesía neotrobadorista, á que nos
imos referir a continuación.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 9
3.4.- Movementos relacionados coas vangardas
Ademais da denominada “vangarda ple-
na”, representada polos autores que aca-
bamos de ver, na literatura galega desen-
vólvense dúas escolas paralelas ás vangar-
das que se nutren en parte de característi-
cas destas, se ben non se poden considerar
cun criterio estrito como vangardistas xa
que, por un lado, en lugar de romper coa
tradición baséanse en parte nela e, por ou-
tro lado, empregan estrofas tradicionais.
Son o Neotrobadorismo e o Hilozoísmo, que
constitúen a denominada “vangarda mati-
zada”.
3.4.1.- O Neotrobadorismo
Está inspirado na recreación da lírica
medieval galego-portuguesa, fundamental-
mente nos esquemas formais (os recursos
paralelísticos, o leixaprén e o refrán) e na
ambientación, no espírito inxenuista e
mesmo no léxico da cantiga de amigo. O
movemento, no que participan un gran
número de autores, iníciase como conse-
cuencia da fascinación que provocou o co-
ñecemento das cantigas trobadorescas a
partir das edicións realizadas entre 1928 e
1933. A contribución neotrobadorista pre-
senta una liña máis conservadora, máis
centrada na simple imitación das cantigas
medievais e outra máis innovadora, que
mestura as formas trobadorescas cun espí-
rito e uns recursos expresivos máis propios
das vangardas.
Dentro do primeiro grupo destaca
Fermín Bouza Brey, autor de Nao Senlleira
e Seitura, que mostra una actitude moi tra-
dicional na reprodución dos esquemas da
lírica medieval e nas composicións de ca-
rácter neopopularista. [V. texto 13]
Na liña máis innovadora destaca Álvaro
Cunqueiro, autor de Cantiga nova que se
chama riveira e de Herba aquí e acolá, nos
que, sen deixar de basearse nos esquemas
paralelísticos da cantiga de amigo, participa
dunha vontade expresiva próxima á lingua-
xe vangardista, con emprego de imaxes e
metáforas irracionais, verso libre e ruptura
da liña discursiva lóxica. [V. texto 14]
3.4.2.-O Hilozoísmo
O Hilozoísmo, tamén denominado Imaxi-
nismo, é una tendencia próxima á vangarda,
que toma como referencia temática principal
a paisaxe galega. Caracterízase pola pre-
sentación humanizada da natureza, conti-
nuando a liña animista de Noriega Varela
(de aí a denominación de Hilozoísmo). Son
de salientar tamén a descrición impresionis-
ta da paisaxe, a abundancia de imaxes e o
gusto polo cosmopolitismo.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 10
O principal escritor desta corrente é
Amado Carballo, autor de Proel e O galo. A
súa poesía ten a mesma vocación da poe-
sía costumista de captar a realidade paisa-
xista e cotiá do país. Como ela, tamén em-
prega estrofas de corte tradicional, sobre
todo as formadas por octosílabos con rima
asonante. Mais os modos de expresión, a
partir de sucesións de imaxes e de recur-
sos metafóricos está moi próxima da expre-
sión vangardista. É de destacar tamén o
uso constante da personificación para des-
cribir os elementos da natureza como dota-
dos de humanidade. [V. textos 11 e 12]
4.- A prosa galega: Irmandades e grupo Nós
4.1.- Grupos de autores e constantes
temáticas
No primeiro terzo do século XX, sobre
todo a partir de 1916, é cando nace e se
consolida a narrativa contemporánea en
lingua galega. Este feito é posible grazas á
aparición dun espazo político e cultural de
carácter galeguista, impulsado polas Irman-
dades da Fala, e á creación de infraestrutu-
ras editoriais que permiten o acceso ao libro
escrito en galego dun número importante de
lectores.
Neste período conviven catro grupos di-
ferentes de autores: o dos narradores que
continúan os modelos de finais do século
XIX, os narradores das Irmandades, os do
Grupo Nós e os novecentistas. Se ben des-
de o punto de vista formal non hai grandes
innovacións estruturais, a nivel temático
obsérvase un notable enriquecemento dos
contidos literarios. Xunto a temáticas máis
tradicionais como os aspectos etnográficos,
o mundo da emigración, o celtismo ou a
reivindicación identitaria e de compromiso
social, aparecen outras máis innovadoras,
como a reconstrución histórica, o humoris-
mo, o esoterismo (moitos relatos sobre o
mundo de ultratumba) ou as narracións fan-
tásticas en xeral.
4.2.- Os narradores das Irmandades
Paralelo ao labor dos continuadores do
século XIX (no que destacan Francisca-
Herrera Garrido e Manuel García Barros) e
con características semellantes a eles, en-
cóntrase o grupo das Irmandades. Cultivan
principalmente a poesía e o teatro, pero
algúns deles tamén desenvolven unha inte-
resante actividade narrativa.
O máis importante é Xosé Lesta Meis,
autor de tres obras narrativas: Manecho o
da rúa, Estebo e Abellas de ouro. Nelas
reflicte a súa experiencia persoal, especial-
mente a de emigrante en Cuba. Ofrece
unha prosa simple e sen artificios, de doada
lectura, que tivo un gran éxito popular na
época. Outro autor salientable á Leandro
Carré Alvarellos. Vinculado desde a súa
creación ás Irmandades, é o fundador da
editorial Lar, na que publicaron os autores
máis importantes deste período. Destaca
tamén como dramaturgo. A súa obra narra-
tiva máis relevante é Nai.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 11
4.3.- O Grupo Nós
4.3.1.- Características do grupo
O grupo créase en 1920 arredor da re-
vista Nós, que lle dá nome e que é un refe-
rente cultural fundamental até 1936. Está
constituído polo denominado grupo de Ou-
rense: Vicente Risco, Otero Pedrayo e Ló-
pez Cuevillas. Con eles colaboran un gran
número de autores, entre os que destacan
Castelao e Losada Diéguez. Todos eles
nacen na década de 1880, comparten o
proxecto das Irmandades, colaboran no
Seminario de Estudos Galegos e conflúen
no Partido Galeguista.
Desempeñan un importante labor na de-
fensa do galego.O grupo esfórzase por
sacar a cultura galega do folclorismo e do
influxo da cultura castelá, tentando, por un
lado, modernizala, tirándolle o exceso de
localismo, ruralismo e costumismo que até
entón a caracterizaba e, por outro lado, uni-
versalizala, ao poñela en contacto directo
coas ideas e os movementos culturais vi-
xentes en Europa. Para tal fin, acollen nas
páxinas da revista Nós traducións, informa-
cións ou noticias do que se fai noutras lite-
raturas, ao tempo que se preocupan por
todos os aspectos da cultura galega. Con
eles, o galego logra a súa madurez literaria
e é empregado en obras de carácter cientí-
fico de todo tipo (historia, etnografía, arque-
oloxía, filosofía, socioloxía...), ademais de
consolidarse en xéneros até entón pouco
cultivados, como a narrativa e o ensaio. De
feito, poden considerarse os creadores da
moderna prosa galega.
Ademais, presentan unha serie de ca-
racterísticas comúns:
Rexeitan o modelo de sociedade en
que viven e adoptan unha postura de elitis-
mo intelectual. Decláranse inadaptados a
esa sociedade mediocre e individualistas.
Teñen unha procedencia social aco-
modada e unha rigorosa formación intelec-
tual
Experimentan unha evolución ideoló-
xica semellante, que os leva desde o indivi-
dualismo e unha concepción algo devalua-
da da cultura galega a respecto das mani-
festacións culturais europeas cara a unha
progresiva identificación e defensa dos ide-
ais do galeguismo, até convertérense nos
principais ideólogos e defensores da causa
nacionalista.
Presentan unha ideoloxía que sinteti-
za o tradicionalismo e o pensamento pro-
gresista e liberal.
4.3.2.- Vicente Risco
É un escritor dunha gran singularidade
que centra o seu interese, por un lado, na
tradición etnográfica galega (costumes, len-
das, actividades tradicionais) e, por outro
lado, no desenvolvemento de temáticas
relacionadas co esoterismo e as culturas
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 12
alleas e no co-
ñecemento e di-
vulgación das
novidades esté-
ticas do seu
tempo.
Presenta unha
evolución ideo-
lóxica contradi-
toria, que se
plasma nas se-
Guintes etapas:
Etapa pregaleguista, previa ao ingreso
nas Irmandades. Dirixe a publicación de
expresión castelá La Centuria. Mostra unha
actitude cosmopolita e individualista, afas-
tada da realidade galega.
Etapa galeguista. Convértese nun dos
principais teóricos do nacionalismo (publica
Teoría do nacionalismo galego) e desenvol-
ve un intenso labor literario e político.
Etapa nacional-catolicista. Afástase do
galeguismo e retoma a súa actitude indivi-
dualista do seu inicio, chegando a mostrar-
se tolerante coa actuación do réxime fran-
quista.
Como narrador, é autor de sete relatos
breves e unha novela. Nalgúns relatos ofre-
ce temáticas relacionadas coa etnografía,
como O lobo da xente, no que trata o mito
da licantropía, ou A trabe de ouro e a trabe
de alquitrán, no que aborda a tradición das
lendas de mouros. Outros relatos veñen
marcados por temáticas moi apartadas da
realidade galega, como Do caso que lle
aconteceu ao doutor Alveiros, narración
fantástica na que trata o mundo de ultra-
tumba e mostra o seu interese polo ocultis-
mo e a exiptoloxía.
A súa obra narrativa máis importante é O
porco de pé, unha novela de carácter satí-
rico cun compoñente moi forte de crítica
social. Nela, narra a historia do inexplicábel
ascenso de don Celidonio, personaxe mate-
rialista, vulgar e inculto, até a alcaldía da
cidade. Supón unha crítica feroz da degra-
dación da sociedade burguesa que só vive
pendente do diñeiro. Tamén aproveita para
burlarse dos intelectuais acomodados, co-
mo o doutor Alveiros, contrapunto de don
Celidonio, encarnación do intelectual sensí-
bel e culto, que acaba cedendo ante a pre-
sión das aparencias e da riqueza. O estilo
da novela destaca pola riqueza e variedade
da linguaxe, o sarcasmo, a ironía, a hipér-
bole e o emprego de enumeracións acumu-
lativas.[V. texto 18]
4.3.3.- Otero Pedrayo
É un dos autores máis prolíficos da litera-
tura galega. Cultiva todos os xéneros e des-
taca polo seu saber enciclopédico e a súa
oratoria privilexiada. É especialmente im-
portante a súa obra narrativa, con títulos
como Os camiños da vida e Arredor de si.
De familia fidalga, culta e liberal, comeza a
súa actividade cultural en Ourense, onde
colabora con Risco e Cuevillas na publica-
ción La Centuria.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 13
Ao igual que os seus compañeiros do
Grupo Nós, toma conciencia da problemáti-
ca do país e ingresa nas filas do galeguis-
mo. Coordina a Sección de Historia do SEG,
participa nas Irmandades e é elixido depu-
tado polo Partido Nacionalista Republicano
en 1931. Posteriormente participará activa-
mente na fundación da editorial Galaxia.
A súa obra narrativa componse de sete
novelas, catro relatos curtos e dous libros
de contos. Caracterízase por unha defensa
da sociedade galega tradicional, moi vincu-
lada á súa condición fidalga (gran parte da
súa vida pasouna no pazo familiar de Tra-
salba). Relacionado con isto, cómpre salien-
tar o seu gusto pola descrición emocional
da paisaxe galega. Por outro lado, destaca
pola súa temática europeísta e polo interese
pola análise psicolóxica dos personaxes. A
nivel estilístico, o máis relevante é a súa
preferencia polos períodos longos, a expre-
sión barroca e o léxico enxebrista.
A narrativa de Otero pode clasificarse en
dous grandes apartados:
a) Narracións históricas. Dentro deste
grupo encóntranse Pantelas, home libre, O
mesón dos ermos ou Os camiños da vida.
Esta última é unha das grandes achegas de
Otero á literatura galega. Narra, cunha certa
visión nostálxica, a decadencia de dúas
familias nobres do século XIX, que simboli-
zan o traspaso de poder da fidalguía rural á
nacente burguesía urbana; e, con iso, a
desaparición da sociedade rural tradicional
galega, dominada polos fidalgos e polo cle-
ro. Consta de tres partes: “Os señores da
terra”, “A maorazga” e “O estudiante”.
b) Narracións psicolóxicas. Dentro deste
grupo encóntranse Escrito na néboa, Deva-
lar e Arredor de si. Esta última obra, fun-
damental na narrativa de Otero, é unha no-
vela de tese, con vocación de ensaio, que
plasma a evolución do Grupo Nós. A través
do seu protagonista, Adrián Solovio, álter
ego do autor, narra o proceso de concien-
ciación galeguista experimentado por Otero
e os seus compañeiros de grupo.[V. texto
20]
4.3.4.- Castelao
A pesar de formar parte activa da empre-
sa colectiva de Nós, Castelao presenta di-
verxencias considerábeis a respecto dos
membros do grupo: fronte á procedencia
social acomodada, o pensamento de base
cristiá, a visión tradicional do pasado e o
culturalismo elitista dos membros do grupo
de Ourense, Castelao caracterízase, res-
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 14
pectivamente, por presentar unha extrac-
ción social popular, un pensamento laico,
unha visión progresista do mundo e un
compromiso activo coas clases populares.
Castelao é un autor cuxa importancia re-
borda os límites da literatura. Desenvolve
un labor político fundamental na organiza-
ción do nacionalismo galego e na defensa
da lingua galega e das liberdades sociais.
Traballa nas Irmandades da Fala e no Se-
minario de Estudos Galegos e é un dos
fundadores do Partido Galeguista, polo que
é elixido deputado nas Cortes de Madrid en
1931 e 1936. Redacta e promove o Estatuto
de Autonomía para Galiza, que será refe-
rendado en plebiscito en 1936. Durante a
guerra e a ditadura, defende desde o exilio
americano a causa republicana, convertén-
dose en embaixador da República ante o
mundo e formando parte do goberno no
exilio e nun símbolo da resistencia galega
contra o franquismo.
A partir
dos anos vin-
te, Castelao
convértese na
principal figu-
ra da arte ga-
lega, tanto na
súa faceta de
pintor, como
nas de carica-
turista e ilus-
trador de li-
bros, sendo tamén un pioneiro do deseño
publicitario galego. Destacan neste campo
os seus álbums gráficos Álbum Nós, Atila
en Galicia, Galicia mártir, Milicianos ou De-
buxos de negros, a maioría deles centrados
na represión da ditadura franquista e nas
duras condicións de vida das clases popula-
res de Galiza.
A súa produción narrativa iníciase con
Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete,
historia fan-
tástica de ca-
rácter crítico
e humorístico
que conta as
vivencias dun
esqueleto no
mundo de ul-
tratumba.
En 1926
publica Cou-
sas, un con-
xunto de rela-
tos moi bre-
ves de carác-
ter popular, acompañados por un debuxo e
narrados cun estilo sintético, grandes doses
de humor, lirismo e vocación de compromi-
so coas clases traballadoras que presentan
unha temática moi variada: emigración, mi-
seria do campesiñado, crenzas populares,
traxedias humanas...[V. texto 21]
Nesta mesma liña, escribe Retrincos, un
conxunto de cinco relatos algo menos bre-
ves, de carácter autobiográfico, nos que
evoca lembranzas da súa infancia e da súa
mocidade, cunha boa dose de humorismo e
de nostalxia.
Os dous de sempre constitúe a súa úni-
ca novela. Está estruturada ao redor de
dous personaxes antitéticos, Pedro, que se
move unicamente por instintos primarios e é
materialista, conformista e falto de talento e
Rañolas, un eivado e de orixe miserábel
que é xeneroso e idealista e loita desespe-
radamente por mellorar como ser humano.
A narración, que vai alternando as historias
de ambos os personaxes, con grande va-
riedade de espazos, constrúese mediante
unha acumulación de escenas autónomas
que lembran a fórmula narrativa de Cousas.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 15
4.4.- Os novecentistas. Rafael Dieste
Os novecentistas son un grupo de auto-
res nacidos no inicio do século XX, repre-
sentando, por tanto, unha promoción poste-
rior aos autores das Irmandades e do Grupo
Nós e que desempeñan un importante labor
de renovación das letras galegas. Destacan
pola súa actividade poética, moi relacionada
co mundo das vangardas, mais tamén dei-
xan achegas interesantes no xénero narra-
tivo.
O autor máis destacado na expresión en
prosa desta xeración, á que tamén perten-
cen Bouza Brey, Amado Carballo e Filgueira
Valverde, é Rafael Dieste. É autor dun único,
mais fundamental, libro de narrativa: Dos
arquivos do trasno. Trátase dun libro de
relatos breves no que combina o popular,
con argumentos ás veces próximos ás len-
das e emprego de recursos propios da na-
rrativa oral (como as interpelacións ao lector)
co culto, co uso de artificios técnicos de
ruptura do discurso narrativo. Por outro lado,
mostra tamén unha síntese entre o cotián,
con temáticas vinculadas á súa realidade
próxima, e o fantástico, mostrando un gusto
polo misterio e polas narracións de asuntos
sobrenaturais.[V. texto 19]
4.5.- O ensaio e o xornalismo
O ensaio en lingua galega nace e conso-
lídase no inicio do século XX, grazas ao
labor das Irmandades da Fala e do grupo
Nós. É de conti-
do eminente-
mente político e
cultural; defen-
de as teses do
autogoberno ga-
lego e procura a
divulgación e
análise dos dis-
tintos sectores
da cultura gale-
ga, así como
das novidades
da cultura europea. As súas canles de difu-
sión son os medios de prensa escrita, en
especial, A nosa terra e a revista Nós.
Os traballos máis importantes neste
campo son os desenvolvidos polos homes
do Grupo Nós. Destaca sobre todos eles o
libro Sempre en Galiza. Nel, Castelao reco-
lle a teoría política elaborada ao longo de
varios anos. Supón o fundamento teórico
principal do nacionalismo galego, no que se
realiza unha defensa radical da identidade
nacional de Galiza, baseada na súa reali-
dade histórica, xeográfica, económica, lin-
güística, cultural... fronte ao modelo centra-
lista do Estado.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 16
Vicente Risco, nos seus ensaios Nós os
inadaptados, Teoría do nacionalismo galego
e Mitteleuropa estuda a evolución ideolóxica
do seu grupo xeracional e toca temáticas
como o nacionalismo, o celtismo, o atlan-
tismo, a tradición galega, o cosmopolitismo,
as filosofías orientais a sociedade centroeu-
ropea.
Por último, Otero Pedrayo, ofrece un en-
saio de tipohistórico, xeográfico, de viaxes e
de evocación biográfica. En Ensaio histórico
sobre a cultura galega presenta unha sínte-
se do desenvolvemento histórico e cultural
de Galiza a través da súa historia.
A revitalización da prensa escrita en ga-
lego no inicio do século XX é decisiva como
canle de comunicación do ensaio, da litera-
tura e de cultura e da política en xeral.
Ademais da prensa local e das revistas ilus-
tradas, cobra especial importancia a prensa
literaria e cultural. Os políticos e intelectuais
galeguistas, conscientes da importancia
deste medio para espallar o seu pensamen-
to, crean publicacións de orientación política,
como A nosa terra, ou cultural, como Nós e
as revistas de perfil vangardista.
A nosa terra é o principal órgano de ex-
presión das Irmandades e do Partido Gale-
guista entre 1916 e 1936. Nela colaboran os
principais intelectuais da época. A pesar da
súa vocación política, inclúe tamén achegas
literarias e ensaios de crítica.
A revista Nós é creada en 1920. Preten-
de modernizar o discurso literario en todos
os xéneros, prestando especial atención á
narrativa. Un dos seus obxectivos é pór a
cultura galega ao mesmo nivel das culturas
europeas, accedendo directamente a elas,
sen o intermedio do castelán. Emprega con
normalidade o galego en disciplinas que até
entón estaban monopolizadas polo castelán.
As revistas de vocación vangardista son
basicamente literarias, a meirande parte
delas bilingües, que recollen o movemento
de renovación das artes a nivel europeo en
xeral e galego en particular. Destacan Alfar,
Ronsel, Cristal ou Resol.
5.- O teatro: Irmandades, vangardas e grupo Nós
5.1.- A situación do teatro no inicio do século XX e grupos de autores
No comezo do século, encontramos
unha serie de autores que integran o de-
nominado “teatro rexional”. As súas obras
caracterízanse pola brevidade, a temática
popular e a reivindicación agraria e por
unha dramaturxia pouco elaborada. Entre
os seus principais logros figura a creación
da Escola Rexional de Declamación co
dobre obxectivo de crear un viveiro de
actores e fomentar a produción teatral. O
autor máis destacado deste grupo é
Lugrís Freire. A súa obra A ponte é a pri-
meira en empregar a prosa en teatro. É de
contido reivindicativo: critica as inxusti-
zas cometidas polos caciques contra a
poboación. A partir da segunda década do
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 17
século, aparecen tres grupos de maior
importancia: os autores das Irmandades
da Fala, o denominado teatro das vangar-
das e o dos autores do Grupo Nós.
5.2.- O teatro das Irmandades
As Irmandades intentan revitalizar o te-
atro galego e sacalo dunha situación pro-
blemática pola falta de grupos profesio-
nais estables, carencia de apoio institu-
cional, desvalorización deste xénero por
parte das clases urbanas galegas e a cre-
cente competencia do cinema.
As Irmandades da Fala entendían o te-
atro como un importante vehículo peda-
góxico e de intervención social. Desde os
dramas costumistas até os histórico-
reivindicativos ou as pezas máis urbanas
e refinadas, este grupo de autores de-
sempeña un papel importantísimo no fo-
mento do teatro galego. Crean o Conser-
vatorio Nazonal do Arte Gallego, que se
estrea coa obra de Cabanillas A man da
santiña, que supón unha modernización
do xénero, ao renunciar a moitos dos tópi-
cos do teatro popular e presentar por pri-
meira vez a lingua galega en boca das
clases altas.
O teatro das Irmandades presenta
unha corrente máis conservadora, basea-
da en temáticas costumistas, na que se
integran autores menores como San Luís
Romero e Prado Lameiro, e outra algo
máis renovadora, na que se inclúen os
principais autores: Ramón Cabanillas,
Antón Villar Ponte, Armando Cotarelo e
Carré Alvarellos.
Ademaisd’ A man da santiña, que aca-
bamos de citar, Cabanillas é o autor da
obra cume do teatro deste grupo: O Ma-
riscal, escrita en colaboración con A. Villar
Ponte. Nela, ofrece unha reconstrución do
pasado na que o mariscal Pardo de Cela
se erixe en símbolo da resistencia galega
fronte ao poder central de Castela durante
na época dos Reis Católicos.
A. Villar Ponte é autor dun gran número
de pezas dramáticas, entre as que se po-
den destacar Almas mortas ou A patria do
galego. Político e fundador das Irmanda-
des, exerce ademais como actor, como
crítico e como tradutor ao galego de va-
rias obras do teatro universal.
Outro autor destacable é Armando Co-
tarelo. Primeiro director do Seminario de
Estudos Galegos, é autor de numerosas
obras que abordan a temática rural e
mariñeira, a comedia sentimental e a re-
construción histórica. Na súa produción
destacan Beiramar, Trebón e Hostia.
Por último, podemos citar a Leandro
Carré Alvarellos. Narrador e director da
editorial Lar, destaca polo seu labor teatral.
Dirixe a Escola Dramática da Coruña e é
actor, escenógrafo e crítico teatral; é autor
ademais dun gran número de obras de
temática máis ben tradicional, como Tole-
rías ou O pecado alleo.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 18
5.3.- O teatro da época das vangar-
das
Aínda que non existe un teatro de natu-
reza vangardista en Galiza, algúns escrito-
res como Xaime Quintanilla, Álvaro de las
Casas ou Rafael Dieste modernizan o xéne-
ro, fuxindo do historicismo, o costumismo e
o tradicionalismo.
O máis importante deles é Rafael Dieste,
autor dunha das obras máis importantes e
máis representadas deste período: A fiestra
valdeira. Con ela, ábrese unha nova ten-
dencia de realismo simbolista que, con
grande rigor estético, trata unha temática
popular afastándose dos personaxes tópi-
cos e do costumismo.
A peza é unha historia sobre a identidade
persoal, que se pode extrapolar á realidade
colectiva. A acción desencadéase a partir
da seguinte situación: o autor do retrato dun
vello mariñeiro enriquecido na emigración
brasileira decide pintar como fondo, a través
dunha fiestra, unha escena do porto da vila.
A familia do mariñeiro considérao inapro-
piado porque pon en evidencia as súas ori-
xes humildes. Despois de longos debates
entre os personaxes, a imaxe acaba sendo
restituída. [V. texto 22]
5.4.- O teatro do Grupo Nós
Ao igual que na narrativa e no ensaio, os
homes do Grupo Nós son o principal expo-
ñente do teatro galego da época. Conse-
guen dotar o xénero dramático de madurez
e universalidade, realizando unha estiliza-
ción estética dos elementos escénicos e
aproximándose a modos de expresión sim-
bolistas e expresionistas. Prestan unha
grande atención ao proceso da representa-
ción teatral, integrando numerosos elemen-
tos escénicos que até o momento non foran
apenas utilizados nas funcións teatrais: mú-
sica, danza, iluminación, efectos escéni-
cos…
A obra máis coñecida e representada
deste período é, sen dúbida, Os vellos non
deben de namorarse, de Castelao. Foi es-
crita de maneira interrompida entre 1931 e
1939 e non foi estreada até 1941, no exilio
americano, na cidade de Buenos Aires,
constituíndo un acontecemento cultural de
primeira magnitude. En tres actos de gran-
de simetría, seguidos por un epílogo, pre-
senta tres versións diferentes dunha mesma
historia: un vello paga coa morte o seu na-
moramento dunha rapariga nova. Os tres
vellos representan distintos sectores da
sociedade da época: un burgués de forma-
ción universitaria (D. Saturio), un fidalgo en
decadencia
(D. Ramón) e
un labrego ri-
co (Sr. Fuco).
As tres mo-
zas perten-
cen a un es-
trato social in-
ferior ao dos
vellos. Apare-
cen caracteri-
zadas negati-
vamente; é a
súa desho-
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 19
nestidade e o seu materialismo o que pro-
voca a desgraza dos vellos. A peza consti-
túe, en palabras do autor, unha farsa pen-
sada para odivertimento, desprovista de
intención moralizadora.[V. texto 23]
Outra obra importante deste grupo é O
bufón d’ el-Rei, de Vicente Risco. Trátase
dun drama de carácter simbolista centrado
na reflexión sobre a natureza humana e
sobre as paixóns que condicionan o com-
portamento ético das persoas. Situada na
Idade Media, conta a historia dun bufón que
delata por celos os amores ilícitos do caba-
leiro Guindamor pola raíña, sen saber que o
cabaleiro é o seu propio irmán. Supón unha
loita entre forzas opostas, representadas
por Guindamor, nobre e fermoso, e o bufón,
plebeo, deforme e cruel, pero dunha extra-
ordinaria intelixencia. [V. texto 24]
Otero Pedrayo tamén escribe algunhas
obras de importancia neste período: A laga-
rada e Teatrodemáscaras.
A primeira é unha peza situada no Ribei-
ro durante a vendima. Constitúe un drama
rural: o asasinato dun labrego vello e rico
como resultado dun enredo de amores e
promesas incumpridas. Fronte ao teatro
realista, introduce digresións líricas e ele-
mentos simbolistas.
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 20
6.- Antoloxía de textos
“Fale meu bisavó”
O que a Galicia mal queira
pode vivir sosegado:
fun o vinteoito á feira
e non vin unha monteira,
nin un dengue colorado.
Quezais alguén me non crea:
os sombreiros de Sevilla
están de moda na aldea,
e n'hai bonita nin fea,
que non chufe coa toquilla.
Pon medo, así eu teña a Dios:
na vida dos meus avós
un mantelo ¡era un tesouro!,
e menos dunha onza de ouro
non se mercaba un dos bos.
Agora campa o percal,
i algunhas, que nin pra sal
teñen un carto no peto,
visten ¡que meten respeto!,
i hastra se enfouzan con cal [... ]
É unha breve pucharquiña
sobre un enorme penedo.
Sen fatuidade urbana
míranse naquel espello
as froriñas dun carpazo,
a ramaxe dun esvedro,
linda pastora de Anaigo,
i as estreliñas do ceio.
É unha breve pucharquiña
sobre un enorme penedo.
“Toda humilde belleza me namora”
Vago xirón de brétema, atavío
soberbio de irta xesta, reidora,
fulgurante doíña de rocío
(pazo do sol e lágrima da aurora);
raiola de lunar que bica o río,
flor mareliña que entre espiñas chora,
ou das redes da a araña un tenue fío,
toda humilde belleza me namora.
É un vermiño de luz o amigo caro
do meu nume saudoso... Antes reparo
na nudez adorable dunha estrela
que nas rosas dos vales, que sorríen,
que nos mantos dos pinos, que se engríen,
que nas blondas do mar, que se rebela.
111 2
3
444
222
333
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 21
Camiño, camiño longo, Camiño, camiño longo.
camiño da miña vida, A choiva, a neve e as silvas
escuro e triste de noite, enchéronme de friaxe,
e triste e escuro de día... cubríronme de feridas...
¡camiño longo ¡vereda torta,
da miña vida! ti onde me levas!
Vereda, vereda torta Vereda, vereda fonda
en duras laxes aberta, de fontes tristes, sin ágoa;
arrodeada de toxos, sin carballos que den sombra,
crebada polas lameiras... ninchouzas que den pousada...
¡camiño longo ¡vereda fonda,
da miña vida! ti cando acabas!
555 666
777
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 22
En pé
888 999
111000
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 23
11
111333
111444
15
Noite mareira
No ébano xélido
do skating da ría,
voltexando ledas
esvaraban as luces da vila.
No fío da praia
as dornas durmidas,
debruzadas carón da marea
nun soño de illas.
Nas ponlas do vento
o trebón pousado
era un monstro de negro plumaxo
que agoira os naufraxios.
Unha lúa verde
penduraba no mouro silencio
un longo sorriso
deesquelete vello.
12
111111
111333
111555
111222
De3300104 Lingua Galega e Literatura II. A literatura galega entre 1916 e 1936 24
111666 111777
111888