+ All Categories
Home > Education > A organización política

A organización política

Date post: 30-Jun-2015
Category:
Upload: alcoipontevedra
View: 330 times
Download: 4 times
Share this document with a friend
Description:
Presentamos a organización política
11
A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES A ORGANIZACIÓN POLÍTICA. O ESTADO
Transcript
Page 1: A organización política

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA DAS SOCIEDADES

A ORGANIZACIÓN POLÍTICA. O ESTADO

Page 2: A organización política

QUE É O ESTADO

É a forma de organización política dunha sociedade. Ao longo da historia, os estados mantiveron elementos como as leis, a administración de xustiza e un Goberno.

Page 3: A organización política

EVOLUCIÓN

Desde a Prehistoria as persoas agrupáronse formando sociedades ou comunidades nas que viven ou se relacionan. Ao longo do tempo os grupos humanos fóronse facendo máis complexos e deste xeito naceu a política ou conxunto de actividades relacionadas coa organización e co goberno das sociedades humanas.

Page 4: A organización política

MESOPOTAMIA E EXIPTO: PRIMEIRAS FORMAS DE ORGANIZACIÓN POLÍTICA

Os gobernantes (rei ou faraón) dominaban todos os ámbitos da sociedade.

A Administración estaba formada por funcionarios e dependían do rei ou faraón.

O primeiro código de leis o Código de Hammurabi, procede de Mesopotamia e é do século XVIII a. C.

Page 5: A organización política

GRECIA: A POLIS E A DEMOCRACIA

Arredor do século VIII a. C. desenvolveuse en grecia a polis: cidade- estado que abranguía un territorio reducido, coa súa propia organización política e social, institucións, leis, celebracións relixiosas, economía.

As máis representativas son Esparta e Atenas, nesta última xurdiu un novo sistema política, a democracia ou “goberno do pobo”

Page 6: A organización política

A DEMOCRACIA EN ATENAS

OS CIDADÁN

S• Reuníanse en

Asemblea.• Tomaban as

decisións importantes

• Establecían impostos, as celebracións relixiosas, declaraban a paz e a guerra.

OS CIDADÁN

S• Podían ser

elexidos para os cargos públicos.

• Conselleiros, maxistrados, mandos militares.

OS CIDADÁN

S• Eran unha

minoría.• Non eran

considerados cidadáns: as mulleres, os estranxeiros nin os escravos.

Page 7: A organización política

DOS REINOS MEDIEVAIS AO ESTADO MODERNO

En Europa, a organización política dos países evolucionou desde os reinos (na Idade Media) ata os estados modernos (a partir do século XV).

Os monarcas crearon e dirixiron gobernos eficaces e impuxeron leis e institucións en todos os seus territorios e acabaron concentrando nas súas mans case todo o poder, por iso foron denominados absolutistas.

Page 8: A organización política

OS ESTADOS DEMOCRÁTICOS

Os Estados democráticos xurdiron a partir do século XVIII. Estes apóianse en dous principios:

O poder político perténcelle ao pobo, e como é imposible que todos os cidadáns exerzan cargos públicos, elíxense deputados ou congresistas que representan a vontade do pobo (soberanía nacional)Todos os cidadáns

sométense a unha lei fundamental ou Constitución que recolle os seus dereitos e regula a organización política.

Page 9: A organización política

AS DEMOCRACIAS ACTUAIS

Poder lexislativo: elabora as leis,

exérceno as cámaras (Congreso

dos Deputados, Senado, Cortes,

Parlamento)

Poder xudicial: xulga e resolve

conflitos de acordo coa lei. Exérceno os

xuíces e maxistrados.

Poder executivo:

aplicas as leis e toman decisións

políticas. Exérceo o Goberno.

O PODER divídese en tres:

Page 10: A organización política

AS DEMOCRACIAS ACTUAIS

Os cidadáns teñen dereitos políticos:

Elixen aos seus

representan-tes

Pódense crear

libremente partidos políticos.

Todos teñen

dereito a votar

(sufraxio universal)

Page 11: A organización política

TIPOS DE SISTEMAS DEMOCRÁTICOS

TIPOS

• Democracia presidencialista.

• Democracia parlamentaria.

XEFATURA DO ESTADO

• República.• Monarquía

democrática.

TERRITORIO

• Estados centralizados.

• Estados descentralizados.


Recommended