XEODOME .
DESMONTE DA CÚPULANO CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO
Durante os días 27 e 28 de novembro de 2014 fomos ao CIFP Politécnico de
Santiago a desmontar a cúpula geodésica.
XEODOME .
ACHAFRANAR AS TESTAS DAS PEZAS
Para evitar que a soldadura dos nós impedise que a madeira se axustase ao
mesmo, realizamos un chaflán na testa das pezas
XEODOME .
REDONDEAR AS ARESTAS DAS PEZAS
Para dar un mellor aspecto ás pezas e evitar posibles cortes cos cantos vivos
pásaselles un redondo nas arestas coa tupí.
XEODOME .
AMPLIACIÓN DE TRADES
Para facilitar o encaixe entre pezas de madeira e nós metálicos ampliamos o diámetro dos trades, para iso axudámonos dun persoal adaptado ás distintas pezas.
XEODOME .
CALIBRADO DAS PIEZAS
Para facilitar a adherencia dos produtos de acabado pasáronse as pezas na calibradora (Carpintaría KIKO. Ortigueira).
XEODOME .
PREPARACION DAS PIEZAS PARA DAR ACABADO
Para poder aplicar o acabado por todas as caras á vez, optimizando así o tempo de aplicación, colocáronselle 2 parafusos nunha cabeza e un na outra, facilitando así o xiro das pezas.
XEODOME .
APLICACIÓN DE FONDO
Aplicamos unha man de fondo con pistola, ao ter colocado os parafusos podiamos
rotar as pezas e darlles ao catro caras á vez.
XEODOME .
REPASADO DOS NÓS
Repasamos as arestas dos nós coa amoladora e un disco de lija, para evitar
cortes.