Presentación do blog
A incorporación das TIC ao mundo sanitario
está supoñendo un motor de cambio para a
mellora da calidade, favorecendo o
desenvolvemento de ferramentas dirixidas
a dar resposta en áreas como a da
planificación, a información, a
investigación, a xestión, prevención,
promoción ou no diagnóstico ou
tratamento.
O obxecto desde blog e a amosar como as
novas tecnoloxías permiten aos usuarios
do sistema un novo acceso á sanidade .
Ana y Angela. 2011
Novas tecnoloxías
As novas tecnoloxías permiten establecer unha nova relación coa administración
Sanitaria que facilita a a participación da cidadanía, á información sanitaria e a
axilización dos trámites de acceso á sanidade pública.
A Través da web do Servizo Galego de Saúde – no apartado cidadania- o usuario pode
interactuar coa administración sanitaria e obter información sobre: Citas para consultas e probas nos hospitais
Suscrición persoalizada SMS
Reclamacións e suxestións
Consulta Documento Instrucións Previas
Cambio de médico
Consulta Historia Clínica e Historial Farmacoterapéutico
Trámites Tarxeta sanitaria
Quen se ocupa da miña saúde?
Reintegro de gastos
Xestión de medicamentos extranxeiros
Control de estupefacientes
Liñas de axuda
Ana y Angela. 2011
IANUS historia clínica Permite integrar nun único sistema informático o historial clínico de cada
paciente, independentemente do hospital, centro de saúde ou lugar onde
resida.
Garante o control de acceso ás historias e a confidencialidade dos datos dos
pacientes.
Funcionalidades IANUS:
Amosa toda a información administrativa e clínica.
Permite interconsultas entre servizos incluíndo imaxes
Permite petición probas diagnósticas e o seu seguimento
Xestiona a prescripción de medicamentos e a xeneración de receitas
Ana y Angela. 2011
A tarxeta sanitaria
A tarxeta sanitaria é o documento que acredita ao titular no Sistema
Público de Galicia e o identifica como un único paciente en todos os
sistemas de información clínica do Sergas.
Ana y Angela. 2011
Cita Previa por internet
O servizo de citas por internet do Servizo Galego de Saúde permite pedir cita para o
medico de familia e pediatra e consultar e/ou cancelara a súa próximas citas á través da
súa Web < http://www.sergas.es/ >.
É indispensable que teña a mán a tarxeta sanitaria ao obxecto de que cumprimente
correctamente os datos necesarios para formalizar a cita.
Sistema IVR Dentro das iniciativas que abranguen as novas tecnoloxías da información estase a
impulsar este Canal de Comunicación (IVR), dispoñible, as 24 horas do día, todos os día
do ano, permitindo unha gran absorción de chamadas a calquera hora do día, grazas ao
sistema automático de recoñecemento de voz.
Ana y Angela. 2011
A receita electrónica (e-receita)
A receita electrónica (e-receita) permite que o médico prescriba nunha
sola vez os fármacos precisos e a duración do tratamento, de xeito que o
paciente só ten que acudir á farmacia cada vez que remate un envase
para retirar o seguinte.
Este sistema permite evitar os erros de lectura da letra do médico na
oficina de farmacia e favorece a eliminación progresiva do uso do papel
como soporte.
Ademais garante a protección de todos os datos de carácter persoal
Ana y Angela. 2011
Rede Saúde
Unha aposta decidida polo emprego das tecnoloxías da información na
administracións sanitaria galega
Dous obxectivos:
O primeiro dotar aos profesionais de ferramentas de traballo que lles
axuden a prestar un mellor servizo ao cidadán, que lles axuden a
compartir coñecementos
O segundo obxectivo contempla que nun entorno tan disperso como é a
da Comunidade Galega, as tecnoloxías deben xogar un papel
fundamental para acercar os recursos ao cidadán, facilitando a
accesibilidade ao sistema sanitario público de saúde.
Ana y Angela. 2011
Telemedicina
O gran salto tecnolóxico que se produciu en materia de telecomunicaciones,
sobre todo na última década, promoveu un desenvolvemento dos servizos de
telemedicina, do que aínda tan só vimos o principio.
Aplicacións da telemedicina no campo médico:
Envío de información, buscas bibliográficas, teleconferencias para discutir casos
clínicos médicos, teleformación, monitorización de pacientes a domicilio e
teleconsulta
En principio na Comunidade Autónoma de Galicia as áreas máis implantadas son
a teledermatoloxía e a teleoftamoloxía, aínda que a teleneumoloxía,
teleendocrinoloxía, a teleneuroloxía e o radiodiagnóostico tamén están
implantadas.
Ana y Angela. 2011
Teléfono de atención sanitaria
Facilita información e consellos relacionados coa saúde e coidados
asistenciais sobre situacións que non requiran atención sanitaria urxente.
O teléfono de atención sanitaria 902 400 116
funciona as 24 horas, os 365 días do ano.
Todas as chamadas son atendidas,
en función do motivo da sáu consulta,
por médicos e enfermeiros que responden
as súas dúbidas e facilitarán a información
solicitada.
Ana y Angela. 2011
Redes sociais
O uso das redes sociais permiten chegar aos sectores máis aillados e
facilita o intercambio do coñecemento con outros profesionais, mantén
actualizados aos profesionais de saúde, aparte de contar cunha rede de
apoio conformada por profesionais de saúde de distintos países.
Por outra banda tamén temos as redes que están conformadas por
doentes que buscan unha opinión máis persoal que proveña doutras
persoas que teñan a mesma patoloxía, e sobre todo “apoio emocional”,
consellos baseados na vivencia doutros doentes, do seu entorno familiar,
en definitiva sentirse apoiados por persoas que comparten a mesma
situación.
Ana y Angela. 2011
O futuro das alertas de saúde
Detectar o nivel de azucre no alento, un sistema que avisa ao teu médico
se non tomas as pílulas, detectores de caídas… Aínda son prototipos, pero
avanzan ao futuro das alertas de saúde en enfermos e persoas
dependentes
Estas alertas intelixentes poderían ser de grandísima axuda a enfermos
crónicos, que supoñen máis do 70% do gasto sanitario.
Ana y Angela. 2011
Ana y Angela. 2011