Date post: | 09-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | edicions-embora |
View: | 237 times |
Download: | 3 times |
Redacción, publicidade e administración: Rúa Galiano, 63 - 1º. 15402 FERROL. Tel.: 981 35 53 53. Fax: 981 35 18 99 Edita: edicións embora | Director: Miguel Toval | Deseño e Maqueta: Jose Farinós | Produción: Bucle Comunicación Departamento comercial: Bucle Comunicación | Depósito Legal: C 4370-2007 | [email protected] | Nº 72 • Ano VI
A información dos espectáculos, os seus horarios e o lugar de celebración dos actos facilítana os organizadores dos mesmos. Edicións Embora declina calquera responsabilidade pola suspensión dos devanditos actos.
GUÍA DE CULTURA, SERVIZOS E OCIO EN FERROLTERRA | xaneiro 201472
narón: encontro internacional de narración oral
José Mercé presenta no Jofre “Mi única
llave”
Lotus String Quartet interpreta Mozart e
Beethoven
Constelaciónsdanza para a familia
2 # xAnEiro 2014
O proceso artístico depende ensencialmente da vontade; no meu caso é un acto político”
“Agora traballo no campo da Publicidade e elaboro pequenas pezas audiovisuais para amigos”
enTreViSTa
TEXTOS: David Dapena | FOTOS: Kiko Delgado
aÍ. Ferrol segue a ser o teu berce. Como o ves social e culturalmente?PV. Véxoo desde a distancia porque xa levo moitos anos fóra. no plano social, obviamente, a crise económica estase a reflectir moito, sobretodo na industria do naval. Culturalmente, salientaría iniciativas privadas como a da sala Súper 8, que programa concertos de grupos musicais foráneos e tamén locais. En Ferrol hai ducias de bandas e penso que non reciben a atención que merecen por parte das institucións. o Concello, en troques de gastar unha morea de cartos nas festas contratando artistas que deberían de estar, no mellor dos casos, retirados, podería organizar, por exemplo, un festival con bandas locais. En calquera caso, a política cultural do actual goberno municipal limitouse, visto desde aquí, ao intento de cargarse o Ateneo Ferrolán, algo que espero non dean acadado.
reFerenTe do audioViSuaL, Con TraBaLLoS de aniMaCión Para direCToreS CoMo TiM BurTon e
ProxeCCiónS no FeSTiVaL de SundanCe, PeQue VareLa reFLexiona, nun BreVe regreSo a FerroL
deSde o LondreS Que a aCoLLeu hai anoS, SoBre o Seu TraBaLLo e o eSTado da Súa Cidade
Peque VarelaaÍ. Cando e por que es consciente de que queres facer cine?PV. Ben, as cousas non funcionan exactamente así. non é que, poñamos por caso, o 12 de outubro de 1992, mentres reventaba un grao ou espinilla fronte ao espello, tivese unha epifanía e decidise adicarme ao cine. A vida dá moitas voltas.
De feito o cinema é unha das miñas ocupacións pero non a miña principal.aÍ. desde o punto de vista artístico cres que a postura intelixente de alguén cos seus traumas ou teimas é poder facer deles
materia creativa? PV. Pois non o sei, os traumas funcionan a nivel inconsciente, polo que non semella doado tomalos coma puntos de partida dun proceso artístico, dun proceso que depende esencialmente da vontade. no que atinxe ás teimas, é certo que actúan moitas veces coma motores da creación, pero non é o meu caso, o meu achegamento ao acto creativo non xorde dunha obsesión, senón dunha toma de conciencia política.
“Na animación atopo o tipo de
linguaxe axeitada ao que quero
contar”
xAnEiro 2014 # 3
“Agora traballo no campo da Publicidade e elaboro pequenas pezas audiovisuais para amigos”
“ É posible traballar desde Galicia en proxectos que teñen a súa orixe no estranxeiro
enTreViSTa
aÍ. Que supuxo que a túa primeira curtametraxe, “1977”, se proxectase no prestixioso festival de Sundance?PV. Para a curtametraxe supuxo ser seleccionada despois en moitos outros festivais, e que fose vista por moitas persoas en lugares do máis diverso. Tamén despertou moito o interese dos medios de comunicación.aÍ. este traballo non foi admitido aquí e acabou gañando 15 premios
internacionais. Como vives esa falta de apoio ou estímulo no teu propio país?PV. non é tanto falta de apoio, xa que “1977” veuse bastante en Galicia. É verdade que foi rexeitada nun festival senlleiro, pero a xente de “Cortocircuito” son a día de hoxe bos amigos meus. aÍ. Que é o que máis valoras da animación? Quizais que che permíta contar historias complexas de xeito sinxelo, case como un xogo como en “gato encerrado” ou na propia “1977”?PV. Por unha banda, é un traballo que está moi ben pagado (sobre todo no campo da publicidade), pero o fundamental é que na animación atopo o tipo de linguaxe axeitada
Peque Varela ao que quero contar.aÍ. Cando te chaman para colaborar nunha película de Tim Burton supoño que non botas de menos non teres entrado na escola de imaxe e Son de Someso?PV. Ben, a quen chamaron en realidade foi á compañía coa que eu estaba a traballar daquela e, nese sentido, tanto ten que tivera estudado en Someso coma que non. Está claro que en Londres hai moito movemento e tes máis posibilidades de
optar a determinados traballos se resides alí, pero tamén é posible traballar desde Galicia en proxectos que teñen a súa orixe no estranxeiro.aÍ. Por último, en que andas metida a día de hoxe? Que podes adiantar dos proxectos creativos que tes na actualidade?PV. Sigo a traballar no vertixinoso mundo da publicidade, en varios estudios do Soho londinense, e ao mesmo tempo elaboro pequenas pezas audiovisuais que fican no círculo dos amigos e familiares. Pero nun tempo máis ou menos breve haberá novos traballos que espero poder compartir nun círculo máis amplio.
xAnEiro 2014 # 5
MúSiCaSala Súper 8 | 10.01.2014 | 22.30 h | 15 euros
krahe: LaS dieZ de úLTiMaSJaVier krahe VoLVe a FerroL. eSCoiTar a krahe É unha FeSTa. a
irreVerenCia daS SúaS CanCiónS É ProPia de aLguÉn ÁCido e LúCido
Que goZa MaLTraTando (de PaLaBra) aoS Que non PenSan CoMa eL
Krahe empezou a cantar sobre os escenarios aos 35 anos, pero non tiña pensado empezar ata os corenta “porque quería ter tempo de aprender a tocar a guitarra”. o aspecto e a música de Javier Krahe non fan pensar en que teña club de fans, pero ten. Hai xente que non se perde un concerto, que lle regala flores, libros ou chinas; moita que lle escribe. Que riamos con el, todos. Krahe é un escéptico, ademais dun firme defensor da idea de que hai que traballar o menos posible; pero ben. Mide cada palabra, cada verso e cada estrofa das súas cancións, pero non pretende escribir poesía. Ven de publicar o último, que non derradeiro (agardamos): “Las diez de últimas”, unha expresión do tute, e o acompaña do libro “o dereito á pereza”, de Paul Lafargue.
exPoSiCiónCasa da Cultura (Fene) | Ata o 31.01.2014
unha oLLada naTuraLCaLroS SiLVar É un doS MeLLoreS
deBuxanTeS de naTureZa de gaLiCia. aS SúaS
iLuSTraCiónS eSTÁn PreSenTeS naS MeLLoreS
guÍaS e LiBroS deSTa TeMÁTiCa
“Unha ollada natural” recolle trinta cadros e ofrece aos visitantes pinceladas da biodiversidade de Galicia: aves, mamíferos, anfibios, setas, prantas e árbores. Unha selección das ilustracións realizadas por Calros Silvar para guías e libros de natureza. Trátase dunha mostra dunha das mellores mans do debuxo da natureza en Galicia, desta vez cun bo tratamento da entomofauna galega, dende a típica vacaloura aos diversos odonatos.
TeaTroPazo da Cultura | 12.01.2014 | 19.00 h | 9,50 euros
una Jornada ParTiCuLareSTa oBra É a VerSión Que o draMaTurgo CaTaLÁn rodoLF Sirera Fixo da
PeLÍCuLa hoMóniMa Que dirixiu o iTaLiano eTTore SCoLa en 1977 e Que
MoiToS reCordarÁn PoLoS PaPeiS de SoFÍa Loren e MarCeLo MaSTroianni
Ela era Antonietta, a sumisa ama de casa, esposa dun fascista, e Gabrielle o seu veciño, homosexual desafecto ao réxime de Mussolini. A compañía La Pavana adapta o filme á España da posguerra e aproveita a visita de Heinrich Himmler a Madrid en 1940 para xuntar aos protagonistas. Durante esa visita, Antonieta queda soa na casa dedicada ás tarefas domésticas mentres a súa familia se dispón a asistir a un multitudinario recibimento fascista ao xerarca nazi. É entón cando se establece esa fugaz, e para ela desconcertante, relación co veciño ao que apenas coñecía; unha relación que lle mostrará o verdadeiro rostro do mundo no que vive e que, sen dúbida, deixará unha profunda pegada na súa alma.
6 # xAnEiro 2014
MúSiCaTeatro Jofre | 18.01.2014 | 20.30 h | 20 e 18 euros
JoSÉ MerCÉo úLTiMo diSCo de JoSÉ MerCÉ É unha
MoSTra da PureZa do Seu CanTe e o
aChegaMenTo TÉCniCo e inSTruMenTaL doS
SeuS MúSiCoS ao SÉCuLo xxi
o “cantaor” jerezano José Mercé presenta no Jofre o seu último traballo discográfico “Mi única llave” –que produciu o cada vez máis recoñecido Javier Limón–, un disco flamenco con aires do século xxi: “serio, sobrio e profundo”, segundo a propia definición do cantaor. Mercé ofrecerá un concerto impecable, flamenquísimo, de enorme riqueza musical. Todo o disco se sostén sobre a marabillosa voz de José Mercé e, nos acompañamentos, “guitarras, percusións, palmas e pouco máis”.
MúSiCa CLÁSiCaTeatro Jofre | 16.01.2014 | 20.30 h | 12, 8 e 6 euros
LoTuS STring QuarTeTun doS MeLLoreS CuarTeToS de Corda euroPeoS iniCia o ano en
FerroL da Man da SoCiedade FiLharMóniCa FerroLÁ. ForMado en
reaLidade en xaPón inTerPreTarÁ MoZarT, STrauSS e BeeThoVen
o Lotus String Quartet, que os críticos xulgan como a conxunción ideal entre o perefeccionismo nipón e o sentimento musical alemán, está formada polas intérpretes Sachiko Kobayashi (violín), Tomoko Yamasaki (viola) e Chihiro Saito (violoncello) e polo alemán Mathias neundorf (segundo violín). o cuarteto –que ven de acadar os vinte anos de historia- goza dun gran prestixio polas súas interpretacións dos grandes compositores do clasicismo vienés, dos impresionistas franceses e a nova escola de Viena. no programa do concerto do Jofre inclúese o cuarteto de corda número 22 de Mozart, o cuarteto op. 2 de richard Strauss e o cuarteto op.131 de L.V. Beethoven. Comezaron a súa carreira artística ao obter o primeiro premio no Concurso internacional de Música de Cámara de osaka ao que sumaron pouco despois o Premio Menuhin en Londres. Estudaron en xapón e ampliaron seus estudos na Escola Superior de Música de Stuttgart. Con eles colaboran habitualmente recoñecidos músicos de cámara.
TeaTroPazo da Cultura | 16, 17 e 18.01.2014 | 20.30 h (xoves e venres), 20.00 h (sábado)| 9,50 euros/día
a ConTar hiSToriaSnarón aCoLLe un ano MÁiS o Seu enConTro de
narradoreS oraiS, no Que ParTiCiPan aCToreS e
“ConTadoreS” gaLegoS, eSPañoiS e LaTinoaMeriCanoS
Félix Albo abre as xornadas co seu “Con cierto sexo”, un concerto onde a delicada música de Carlos orama e os sorprendentes textos de Albo enchen de humor e erotismo o escenario. oswaldo Pai participa na segunda xornada, na que une malabares e historias da tradición oral. o terceiro é o día de Quico Cadaval, Paula Carballeira e a colombiana Carolina rueda, que se chama a si mesma “barroca y·desvergonzada”.
xAnEiro 2014 # 7
danZaTeatro Jofre | 25.01.2014 | 20.00 h | 7 euros
ConSTeLaCioneSunha inTerPreTaCión doS SoñoS de Joan Miró LeVada Á eSCena. iSo
É “ConSTeLaCioneS”, unha PeZa na Que o MoVeMenTo doS BaiLarÍnS,
aS CoreS da PinTura do CaTaLÁn e a LiBerTade CreaTiVa doS arTiSTaS
ConxúganSe nun xogo ProFundaMenTe FerMoSo
“Constelaciones” é a derradeira parte da triloxía que a compañía abriu coa inspiración de El Bosco e continuou coa de Magritte (e coa que visitara os escenarios de Ferrol e narón). Desde fai 18 anos Aracaladanza comparte co público un universo fascinante, desde a mirada de quen, a través da imaxinación e da danza, pode embellecer a realidade e transformala máxicamente. E para convocalo non fai falta máis que pronunciar o propio nome da compañía para que se abran as portas do tesouro. Premio nacional de Teatro para a infancia e a Mocidade 2010 polo seu “compromiso” con ese público e a súa “esixencia estética, artística e técnica”.
danZaTeatro Jofre | 21.12.2013 | 20:30 h | 15 euros
Meu Bena CoMPañÍa eMe 2 eMoCión&arTe eSTrea no
PaZo da CuLTura eSTa CoMedia adaPTada Por
aVeLino gonZÁLeZ e oLga nogueira e dirixida
Por ÁLVaro LaVÍn
Amor, sexo, vida, morte e clases de danza. “Meu ben” está baseada na novela da escritora Elaine Murphy: Amber vive sen preocupacións, recén saída do instituto, ata que sofre una molesta “indixestión”, a súa naire (Lorraine) ataca a un cliente no traballo e mándana ao psiquiatra, e a súa avoa Kay intenta sentirse viva os sesenta mentres coida do seu home enfermo. Tres mulleres de clase media contan a súa historia dun ano extraordinario.
Clínica veterinaria
CANTÓN C/ Carmen, 2 bajoFerrol (A Coruña)T 981 35 11 44 / 630 03 20 21
8 # xAnEiro 2014
PraCereS SoLiTarioSPraCereS SoLiTarioS
enSaio
100 anoS do FerroCarriL FerroL-BeTanZoSUn dos historiadores máis solventes do local en Galicia, Guillermo Llorca, que leva pescudando durante décadas todo o que teña que ver con Ferrol, desde a prensa, a biografía, a vida cotiá, etc., centra agora o seu interese no pasado centenario da chegada do ferrocarril a Ferrol desde a veciña Betanzos. Un proxecto dos anos 60 do século XIX que tardaría medio século en facerse realidade. O que Llorca conta neste breve pero intenso volume é precisamente a intrahistoria do desenvolvemento dese proxecto e a tardanza en facerse realidade en data tan tardía como 1913. Con prólogo dos competentes bibliotecarios de Pontedeume e Neda, Alexandre Caínzos e Manuel Pérez Grueiro, e do arquiveiro do Museo das Mariñas de Betanzos, Alfredo Erias, Llorca analiza polo miúdo os anteriores medios de transporte na cidade (botes, vapores e dilixencias), a situación do tren en Galicia e o desenvolvemento do adiado proxecto para Ferrol, así como os fracasados proxectos ao Porto, Arsenal e A Graña. Ademais, unha intensa ollada aos oficios e vida cotiá que xerou o mundo do ferrocarril na comarca. Todo, con numerosas fotografías, notas de prensa e abundante material gráfico. Unha historia cíclica que ilustra sobre as eivas do mundo do transporte cara Ferrol onte, e explica indirectamente as de hoxe.
auTor: GUiLLErMo LLorCA FrEirE
ediToriaL: EMBorA
PÁxinaS: 176
PreZo: 15 EUroS
BiograFÍa
karLoTTi, un PoeMa CróniCoO pensador Marcos Lorenzo comeza un proxecto denominado “Vividores” no que analiza a traxectoria dunha serie de persoeiros caracterizados por unha vida oposta a convencionalismos e aos medos que caracterizan o noso tempo. Esta primeira achega fala e conta sobre Juan Carlos Valle “Karlotti”, poeta ácrata, represaliado antifranquista, viaxeiro polo Irán do Sha e de Jomeini e do Afganistán talibán nun circo, cabeza visible da Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol e monumento andante á humanidade vitalista.
inFanTiL
o eSTraMBóTiCo PrinCiPiñoA editorial do ferrolán Pablo Zaera atrévese con esta peculiar versión de “O Principiño”, o clásico de Antoine de Saint Exupéry que permite á recoñecida e prestixiosa parella Pinto & Chinto volver acertar. Como adoita. Nesta fermosa edición, recomendable para todo tipo de público, achegan este título clásico dende unha visión amena, coidada e divertida, onde non faltan nin o humor nin un mangado de personaxes do máis extravagantes dese universo único. Unha maneira ideal de atraer posteriores lecturas ao orixinal.
auTor: MArCoS LorEnZo
ediToriaL: AxÓUxErE
PÁxinaS: 222
PreCio: 14 EUroS
auTor: PinTo & CHinTo
ediToriaL: BULULÚ
PÁxinaS: 32
PreCio: 18,90 EUroS
PraCereS SoLiTarioS
xAnEiro 2014 # 9
PraCereS SoLiTarioS
deLiCiaS SonoraS
Lee haZLewood “There’s a dream i’ve been saving 1966-1971” (2013)
Compositor, produtor e barítono de voz inesquecible, con Lee Hazlewood só se pode facer unha cousa, tratar de conseguir toda esa música que creou nos anos 60 e 70 onde se citan o country, pop, lounge e psicodelia. O home que lle fixo a Nancy Sinatra “These boots are made for walking” foi un artista descomunal e hai que dicilo. Farase máis doado con este artefacto de catro CDs editado polo coidadoso selo Light In The Attic que recupera gravacións propias e producións para outros artistas dentro do seu propio selo LHI nos seus anos máis produtivos nos Estados Unidos e Suecia, onde fixo marabillas aínda hoxe pouco coñecidas. Os dous primeiros discos son de Lee en solitario ou en dúo coas súas habituais Suzi Jane Hokom, Nina Lizell ou Ann-Margret. Os outros dous discos inclúen a artistas como Honey Ltd., Sanford Clark ou a International Submarine Band do xenial Gram Parsons. A luxosa caixa, chea de fotos e textos moi coidados, inclúe o DVD “Cowboy in Sweden”. Quizais a grande reedición do pasado ano.
MúSiCa
anTón Seoanee aS eSQueCidaS raÍCeS de MiLLadoiro
Recuperar un espazo moi esquecido da música galega a mediados dos anos 70 e valoralo con xustiza histórica. Eis unha das claves deste “De Voces Ceibes a Milladoiro” co cal o músico e médico ferrolán Antón Seoane axusta contas co pasado e coa impresión de que as cousas xorden da nada. O libro editado con mimo e riqueza gráfica por Galaxia percorre dentro da música galega a dialéctica entre Voces Ceibes e a aposta pola tradición do Movemento Popular da Canción Galega. Centrado nos anos 1973 e 1978, xusto antes da gravación do primeiro disco de Milladoiro, amósanse os pasos na creación da tradición moderna da música popular galega por parte da banda, da que beberían en décadas posteriores ducias de grupos. Todo narrado con fascinante pluma por Seoane. O fito do festival do Sar en 1973, o traballo de recuperación de instrumentos, a viaxe iniciática a Bretaña a ver a Alan Stivell, a formación de Roi Xordo ata a unión con Faíscas do Xiabre para dar lugar a Milladoiro percorren o traballo, xunto con visións sociolóxicas e históricas de grande interese. O traballo conta tamén cun documental do mesmo nome. A sorpresa é que o libro acompáñao un CD escintilante. Temas da época regravados ou gravados por vez primeira baixo a dirección de Seoane, compositor de boa parte das músicas. Con el cantan textos propios ou de Rosalía, Ferrín, Celso Emilio ou Cunqueiro compañeiros de andaina, desde Pilocha e Rodrigo Romaní ata Bibiano ou Miro Casabella, sen faltar outros camaradas de Milladoiro ou a magnífica voz da ferrolá Laura Amado. Libro e disco que por si sós serían recomendables, xuntos resultan imbatibles.
horarioS
Fundación Caixa galiciaLuns a venres: de 12.00 a 14.00 h e 16.00 h a 21.00 h.Domingos e festivos: 12.00 a 14.00 h.
Centro Cultural Torrente BallesterMartes a domingo: (incluído festivos) de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.Luns pechado.
Centro Cultural Carvalho CaleroLuns a venres:de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 21.00 h.
ateneo Ferrolán (oficina provisoria por obras)Luns a venres:de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 19.30 h.real Coro Toxos e FrolesLuns a venres:de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 20.00 h.Sábados: de 12.00 a 14.00 h.
galería SargadelosLuns a sábado:de 09.00 a 21.00 h.
Casa das Palmeiras de neda: De luns a domingo: de 17.30 a 19.30 h.
Casa da Cultura de Valdoviño:De luns a venres: de 16.00 a 18.00 h.Luns e mércores tamén en horario de mañá:de 10.00 a 13.00 h.
Casa da Cultura de Fene:De luns a venres: de 16.00 a 21.30 h.Martes e xoves tamén en horario de mañá:de 10.00 a 12.30 h.
17 VenreS
FerroL
MÚSICA Trashnos. Sala Súper 8. 22.30 h
narón
enContro InternACIonAl de nArrACIón orAl oswaldo Pai. Café teatro do Pazo da Cultura. 20.30 h
18 SÁBado
FerroL
MÚSICA José Mercé. Son´s do Jofre. Teatro Jofre. 20.30 hMÚSICA Zamaramandi. Sala Súper 8. 22.30 h
2 xoVeS
FerroL
dAnZA Feliz danza. Mundo Danza. Teatro Jofre. 19.30 h
3 VenreS
FerroL
MAxIA asombrosamente increíble Mago Luis Boyano. Teatro Jofre. 20.00 h
10 VenreS
FerroL
MÚSICA Javier krahe en concerto. Presentación do disco “Las diez de últimas”. Sala Súper 8. 22.30 h
11 SÁBado
FerroL
MÚSICA Super F+ Bourbon Queen. Sala Súper 8. 22.30 h
12 doMingo
narón
teAtro una jornada particular. La Pavana. Pazo da Cultura. 19.00 h
16 xoVeS
FerroL
MÚSICA Lotus String Quartet. Sociedade Filharmónica Ferrolá. Teatro Jofre 20.30 h Monólogo Luís Zahera. Sala Súper 8. 22.30 h
narón
teAtro Con cierto sexo. Félix Albo. Café teatro do Pazo da Cultura. 20.30 h
narón
enContro InternACIonAl de nArrACIón orAl Contada colectiva. Carolina rueda, oswaldo Pai, Quico Cadaval e Paula Carballeira. Pazo da Cultura. 20.00 h
19 doMingo
FerroL
teAtro osiño. Trompicallo Teatro. Teatro Jofre. 18.00 h
24 VenreS
FerroL
MÚSICA The Last fact. Sala Súper 8. 22.30 h
narón
teAtro Meu ben. EME2 Emocion&arte. Pazo da Cultura. 20.30 h
25 SÁBado
FerroL
dAnZA Constelaciones. Aracaladanza. Teatro Jofre. 20.00 h MÚSICA no Quartet. Sala Súper 8. 22.30 h
narón
teAtro Meu ben. EME2 Emocion&arte. Pazo da Cultura. 20.00 h.
26 doMingo
FerroL
Monólogo david guapo. Teatro Jofre. 20.00 h
30 xoVeS
FerroL
MÚSICA aldaolado. Sala Súper 8. 22.30 h
narón
teAtro Sobre o desamor e outras mariconadas. Viriscrón. Café teatro do Pazo da Cultura. 20.30 h. a
exPoSiCiónS
FeneUnHA ollAdA nAtUrAl debuxos de Calros Silvar. Casa da Cultura de Fene, ata o 31 de xaneiro.
FerroLrItA gUtIÉrreZ Fotografía. Ateneo Ferrolán, ata o 31 de xaneiro.
IMeldo CorrAl. PAISAxIStA dAS IrMAndAdeS Pinturas de imeldo Corral (Ferrol, 1889-1976). Fundación Novacaixagalicia, ata o 11 de xaneiro.
Jorge JUAn Y SAntACIlIA Y SU VínCUlo Con Ferrol Fundación Novacaixagalicia, ata o 11 de xaneiro.
o VIÑo e o MAr. ríAS BAIxAS Fundación Novacaixagalicia, ata o 25 de xaneiro.
AFlUenteS 94. oS AnoS CIrCUlAreS Pintura. C.C. Torrente Ballester, ata o 28 de febreiro.
En xaneiro…
e en febreiro…
Máis información en: www.padroadodacultura.esfacebook/padroadodeculturaconcellodenaron
draMa
domingo12/01la pavana
Una jornada particular
coMEdia
xoves16/01unahoramenos
con cierto sexo
narración oral
venres17/01encontro internacional de narración oral
oswaldo Pai
narración oral
sábado18/01encontro internacional de narración oral
contada colectiva
coMEdia
venres24/01eme 2 emoción&arte
Meu ben
tEatro contEMPoránEo
xoves30/01viriscrón
Sobre o desamor e outras mariconadas
tEatro cláSico
sábado01/02ron lalá
En un lugar del Quijote
coMEdia
xoves13/02teatro do adro
as mil vidas de Matías Houseman
tEatro contEMPoránEo
sábado15/02a escola da noite
novas diretrizes em tempos de paz
coMEdia
sábado22/02abrapalabra creacións escénicas
as do peixe
02 xovesdanza Gratuíto
19:30 horas
Feliz danzaMundo danza
03 venresMaxia 7 €
20:00 horas
asombrosamente increíble
16 xovesMúsica clásica 12/8/6 €**
20:30 horas
lotus stringQuarteten concerto
28 sábadoson’s do joFre 18/20 €*
20:30 horas
josé Mercéen concerto
19 domingoteatro inFantil 5 €
18:00 horas
osiñotroMpicallo
25 sábadodanza FaMiliar 7 €
20:00 horas
constelacionesaracaladanza
26 domingociclo de Monólogos 15 €***
20:00 horas
david guapo
información e venda de entradas: t 981 944 245 | www.ferrol.es/axendacultural | taquilla teatro Jofre y C.C. torrente Ballester
11/11/13 ao 28/02/14 Exposición afluentes 94. os anos circulares
axenda outros espazos
axenda teatro Jofre
C. C. Torrente ballester Capela do C.C. Torrente ballester
Programa cultural Xaneiro 2014
/ferrolcultura
*18 € anticipada **Zonas a/b/C ***12 € anticipada