Date post: | 22-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | antonio-j-blanco |
View: | 219 times |
Download: | 5 times |
O ESPAZO URBANO
1.- O CONCEPTO DE CIDADE: UNHA CUESTIÓN COMPLEXA 2.- O PROCESO DE URBANIZACIÓNURBANIZACIÓN PREINDUSTRIAL: URBANIZACIÓN INDUSTRIALA URBANIZACIÓN POSTINDUSTRIAL3.-MORFOLOXÍA E ESTRUCTURA URBANACIDADE PREINDUSTRIAL: O CASCO ANTIGOCIDADE INDUSTRIAL: O ENSANCHECIDADE POSTINDUSTRIAL: A PERIFERIA ACTUAL E AS RECEN-TES TRANSFORMACIÓNS4.- AGLOMERACIÓNS URBANASAS ÁREAS METROPOLITANAS: OUTROS TIPOS DE AGLOMERACIÓN URBANACONURBACIÓNREXIÓN URBANA.MEGALÓPOLE5.- PROBLEMAS DAS CIDADES ESPAÑOLAS 6.- PRODUCCIÓN E ORDENACIÓN DO ESPACIO URBANOETAPAS DO PLANEAMENTO URBANO ESPAÑOL7.- O SISTEMA URBANO ESPAÑOLO TAMAÑO DAS CIDADESAS FUNCIÓNS DAS CIDADES ESPAÑOLASA ÁREA DE INFLUENCIA URBANAA XERARQUÍA URBANA ESPAÑOLAAS RELACIÓNS URBANAS NO SISTEMA ESPAÑOL DE CIDADES8.- POBOAMENTO URBANO GALEGO
O ESPAZO URBANO
O CONCEPTO DE CIDADE: UN FENÓMENO COMPLEXO
A dificultade de definir qué é cidade ou a adopción de criterios diversos
que considerados en conxunto permitan unha aproximación ao fenemeno
urbano.
a) Criterios cuantitativos ou estadísticos; é decir, baseados en cifras. No
caso español, o INE considera poboación urbama aos municipios con máis
de 10.000 habs. Limitación deste criterio: contabiliza a población de todo o
territorio municipal e crea ambigüedade (concellos Galego s con población
dispersa e funcións rurais poden superar os 10.000 habs e tamén conta con
pequenas cidades que non chegan a esa población, razón pola que non se
poderían considerar como tal).
b) Criterios cualitativos en base a trzos morfológicos, funcionais,
sociológicos e espaciais.
- Criterio morfológico: Tipo e densidade de edificación; xeralmente en
altura e colectiva.
- Criterio funcional: Actividades económicas asociadas á industria e aos
servizos.
- Criterios sociológicos: Culturalmente asociados á cultura urbana como
formas de vida socialmente máis plurais.
- Criterios espaciais: a amplitude da influencia urbana como organizadora
da contorna.
O PROCESO DE URBANIZACIÓN
Denominamos proceso de urbanización á progresiva concentración na
cidade da poboación, das actividades económicas e das innovacións, así
como á difusión destes procesos cara ó contorno. Tres etapas:
preindustrial, industria e postindustrial.
URBANIZACIÓN PREINDUSTRIAL:
Etapa que se estende desde as primeiras cidades ata a industrialización.
Urbanización modesta cunha taxa do 10% da poboación e cun crecemento
da poboación urbana e semellante ao rural, o tamaño das cidades no
sobrepasa os 5.000-10.000 habitantes. Os factores que favorecían a
urbanización eran estratéxico-militares, económicos e relixiosos. Este
proceso de urbanización preindustrial ten tres etapas:
Orixes: Se fala de cidades en España tras a colonización fenicia e grega do
litoral mediterráneo (s.IX e VIII a.C.); mentras no resto, os asentamentos
indíxenas non pasan do estadio de protourbanización. Corresponde nesta
etapa á romanización o verdadeiro proceso de urbanización, con
motivacións militares de dominación do territorio, administrativas e
económicas. Da mesma maneira, as invasións xermánicas estableceron
unha fase de desurbanización (s.III d.C.).
Idade Media: Nova fase urbanizadora, temprana en Al-Andalus e tardía
nos Reinos cristiás:
-Espacio musulmán: A maioría son asentamentos pre-existentes
revitalizados como centros extratéxicos, administrativos, económicos,
relixiosos e culturais (Zaragoza, Toledo, Granada, Córdoba); sen
embargo, tamen se fundaron cidades novas (Madrid).
-Espacio cristiá: Inicialmente, de vida urbana escasa, a repoboación do
territorio desde o s.X deu orixe á creación de municipios. Sen embargo,
desde os séculos XII e XIII, a reactivación do comercio xerou unha intensa
reurbanización.
Idade Moderna: A urbanización dependeu da situación demografica,
económica e política. Así, no s.XVI (aumento da poboación e expansión
económica) o crecemento urbano é continuado. No s.XVII (crise
demográfica e económica) hai estancamiento. No s.XVIII (fortalecemento
do poder real, recuperación demográfica e económica) reanimouse o
proceso de urbanización.
URBANIZACIÓN INDUSTRIAL
Etapa que se estende desde os inicios da industrialización ata a crise
económica de 1975. A taxa de urbanización amosa gran crecemento. Os
factores son administrativos (división administrativa de 1833) e
económico-sociais (éxodo rural como demanda de mellora dos
transportes), diferenciandose catro fases: Ata mediados do s.XIX a
concentración demográfica era ainda pequena (taxa do 25%) a prol das
capitais nacionais. A mediados do s.XIX crecemento manifesto das
cidades, a taxa de urbanización casi dobrou (40%) provocado polo
crecente incremento das cidades industrializadas. A Guerra Civil et
postbellum (1936-1939) cun crecemento ralentizado, debido aos
problemas de deterioro e abastecemento das cidades, se ben a política
autárquica fomentou os sectores básicos da economía. Finalmente, a etapa
do desenvolvemento (1960-1975) a de maior crecemento económico e
urbano ten como causa principal a expansión industrial unida ao elevado
crecemento natural.
A URBANIZACIÓN POSTINDUSTRIAL
Desde 1975, en España, a crise económica e industrial introduce cambios
no proceso de urbanización. Foron os seguintes: O ritmo de crecemento
urbano descende en dos etapas, na 1ª con estabilización da taxa de
urbanización; na 2ª fase, experimentase un decrecemento urbano.
Cambio de factores da urbanización: A industria perde importancia
como factor de urbanización a favor da relevancia das actividades
terciarias, especialmente en tres áreas:
-As grandes metrópolis (Madrid e Barcelona), centros de innovación, de
localización dos sectores punta e de decisión e xestión.
-As rexións turísticas (Baleares e Canarias).
-As rexións do sur peninsular (Andalucía e Extremadura) cun terciario
pouco desenvolvido.
- No resto a escasa correlación urbanización/tercerización pon de
manifesto o papel que desempeña a industria
Finalmente, experimentase un freo no proceso de crecemento das
maiores cidades a favor das medias e pequenas (20.000-100.000 habs),
pola saturación das grandes urbes. Como resultado temos una
“dispersión da urbanización” ou “urbanización difusa” por todo o
territorio, que nunca cuestiona a primacía das grandes cidades dado o seu
dominio das funcións superiores.
AUTORÍA: Ainara Lizarralde e María Villar
MORFOLOXÍA E ESTRUCTURA URBANA
A morfoloxía urbana refire ao aspecto externo que presenta a cidade pola
influencia do seu emprazamento (unha función da topografía que a súa
vez o é da función para a que se creou a cidade) e a situación (posición
relativa da cidade respecto do seu contorno más amplio). Pódese definir a
morfología urbana como unha conxugación do plano, das superficies
construidas e libres da cidade (rúas, prazas, parques, etc.), da trama
urbana e da súa edificación e dos usos do solo.
Os planos adoptan básicamente tres tipos: irregular (sen formas definidas
con rúas tortuosas e estreitas), radiocéntrico (rúas radiais atravesando
aneles concéntricos), hipodámico ou en cuadrícula (de rúas
perpendiculares entre sí). A trama urbana pode ser compacta ou cerrada
e aberta, segundo a densidade da edificación que pode ser colectiva en
bloques ou individual en vivendas exentas ou acaroadas. Finalmente, as
utilizacións do solo na cidade son múltiples: residenciais, industriais,
comerciais e financieiras, políticas e de equipamento social.
A CIDADE PREINDUSTRIAL: O CASCO ANTIGO
O casco antigo, como parte da cidade urbanizada desde a súa orixe
preindustrial ata a industrialización acumulou elementos dispares. Así, as
características dos cascos antigos das cidades preindustriais son: As
antigas murallas, conservadas ou non, de finalidade militar, fiscal ou
sanitaria; un plano irregular, radiocéntrico, ou en cuadricula; unha
trama cerrada con edificacións unifamiliares sobre os que destacan os
fitos monumentais religiosos e civís; unha multifuncionalidade máis ou
menos formalizada (cfr., barrios gremiais) e unha coexistencia dos
grupos sociais que non impedían a xerarquización respecto do centro
representativo dos estamentos de poder.
A estes caracteres comúns únense as peculiaridades achegadas ás distintas
sociedades preindustriais: a cidade romana co seu plano regular e rúas en
cuadrícula (cardo/decumanus); a cidade medieval musulmana de plano
irregular e rúas progresivamente estreitas (contrastes público/doméstico;
medina/arrabaldes); a cidade medieval cristiá rodeada de murallas, ainda
que con planos variados e con edificios diferenciados segundo a
xerarquía e representación social (cfr.,igrexas e pazos); a cidade
renacentista tamén de barrios de plano regular arredor de prazas moi
pechadas; e a cidade barroca cunha vocación urbanística de conxunto
(prazas abertas e avenidas en perspectiva).
Entre as modificacións experimentadas no plano do casco antigo da
cidade histórica polo proceso de industrialización destacan as políticas
dirixidas a dar rendibilidade ao solo, como:
a) As reformas interiores do primeiro tercio e mediados do s.XX
facilitadas polas políticas desamortización (reutilización administrativa de
edificios e ampliación do solo edificable), que responde a un crecemento
urbano moi gradual.
b) As reformas de extensión da cidade alén do recinto amurallado por
mor do notable crecemento demográfico paralelo ao proceso de
industrialización, que se concretaron na apertura de Grandes Vías (eixes
de CBD –cfr., Madrid, ou limes entre sectores urbanos –cfr., Oviedo,
León, Vitoria).
Ademáis da densificación da trama e da verticalización da edificación,
no casco antigo, os usos do solo experimentaron terciarización e
socialmente un proceso de segregación por apropiación burguesa da súa
centralidade.
As transformacións, no casco antigo, na época postindustrial (desde
1975) responden ás políticas de rehabilitación integrada cun obxectivo
básico de conservación da morfoloxía tradicional, que se concreta na
peatonalización das rúas e a recuperación de prazas e xardíns como
lugares de encontro e lecer, na rehabilitación de vivendas e na
combinación dos usos solos tradicionais coas actividades culturais e
turísticas.
A CIDADE INDUSTRIAL: O ENSANCHE BURGUÉS
Entre mediados do século XIX e o primeiro tercio do XX a industria
atraeu poboación rural ás principias cidades; nas que rebordaron o casco
antigo creáronse ensanches burgueses e na periferia, áreas industriais,
barrios obreiros e barrios axardinados.
O ENSANCHE BURGUÉS:
O ensanche burgués como resposta ó crecemento das cidades reflicten as
ideas burguesas de orde, hixiene e beneficio. Para isto derrubáronse as
vellas murallas, sustituidas por paseos ou bulevares que diferenciaban a
zona nova da antiga, e adoptouse un plano regular en cuadrícula con rúas
rectilíneas e máis anchas que as do casco antigo, e de trama de baixa
densidade en quinteiros amplos e abertos con grandes xardíns. O uso
residencial foi predominante (os altos prezos explican a exclusividade
social burguesa, máis intensa cara o centro histórico e plena trala
xeralización do ascensor que expulsou ás clases baixas dos pisos superiores
das bufardas). En España, os primeiros ensanches foron os de Madrid e
Barcelona.
Co paso do tempo o ensanche experimentou modificacións derivadas da
consolidación como espacio central ó mellorar a accesibilidade;
concretamente, a densificación da trama e a verticalización da
edificación. Nos usos do solo o ensanche recibiu funcións terciarias, que
se extenderon desde o centro histórico ás rúas principais producíndo unha
división entre a área residencial e o sector terciarizado.
AS ZONAS INDUSTRIAIS E BARRIOS MARXINAIS:
As zonas industriais e os barrios proletariados ofreceron contrastes co
ensanche. As instalacións industriais, que atraeron os servicios ligados ó
ferrocarril (talleres, almacéns, mercados centrais, etc.), establecéronse na
periferia urbana. Todo isto, son externalidades negativas que contribuen
á escasa valoración do solo e en consecuencia, nos barrios marxinais
que acolleran a man de obra traballadora.
No momento da súa creación os barrios obreiros adoptaron un plano
diverso. Predominaban as vivendas de escasas dimensións e calidade
nunha trama pechada e densa. Nos usos do solo mesturábanse
residencias obreiras con industriais, mentras as infraestructuras,
servicios e equipamentos eran escasos. Así, estes barrios eran focos de
infeccións e descontento social.
Na actualidade, estas instalacións industriais, anticuadas ou en crise,
quedaron, como os antigos barrios proletarios, incorporadas á cidade
revalorizando o espacio que ocupan; nas áreas máis apreciadas, as mellor
conectadas, substituiuse o uso industrial por usos terciarios e no caso dos
barrios, pola súa revalorización, a poboación residente.
OS BARRIOS AXARDINADOS:
Resultado da difusión das ideas naturalistas e hixienistas como un
achegamento campo-cidade, se concretou en dous proxectos: A cidade-
xardín desenvolvida por Ebenezar Howar deu lugar a barrios de vivenda
unifamiliar con xardín, ocupadas polas clases medias ou polo proletariado
(legislación de Casas Baratas, 1911, modificada en 1922). Polo que refire
á Cidade Lineal de Arturo Soria, un intento de superación a segregación
social para a finisecular periferia madrileña, concebiuse como unha gran
rúa (a visión do transporte como axente de estructuración do espacio)
bordeada por casas unifamiliares con horta e xardín.
AUTORIA: IRIA ALVAREZ FERNÁNDEZ DE LAS HERAS E ELENA
PAZ NOVÁS.
A CIDADE POSTINDUSTRIAL: A PERIFERIA ACTUAL E AS
RECENTES TRANSFORMACIÓNS
Os anos posteriores á G.C. foron de postración económica e de escasa
actividade constructora nas cidades, polo que a transformación urbana non
foi significativa. En cambio, desde mediados dos 50 e sobre todo na década
dos 60 (cfr., incremento demográfico e desenvolvemento industrial) a área
urbana tende a ampliarse ás periferias e aos principais eixes de transporte.
Na actualidade, a desconcentración de población, en paralelo á economía
urbana, está dando lugar a unha extensión territorial da “cidade difusa” con
seus imprecisos lindes entre campo/cidade. Así, as perefiferias actuais
(barrios residenciais, áreas industriais e áreas de equipamentos)
estructúranse en periferias caracterizadas por contrastes morfológicos,
funcionais e sociais.
BLOQUES RESIDENCIAIS DA PERFIFERIA
Anque despostan a diversas tipoloxías amosan unha homoxeneidade
social determinada polo prezo do solo e da distancia ao centro urbano.
a) Barrios marxinais e infravivendas ou chabolas: Xor den sobre
solo ilegal (rústico ou verde) e sen planificación urbanística
(deficiencia de materiais e sen servizos elementais). A súa orixe
relaciónase co éxodo rural dos 50, mentras que desde os 60 foron
incorporandosell es dotacións básicas e iniciando a súa renovación
(sustitución por bloques en altura, realoxamento en vivendas sociais
nos prios barrios ou en novas periferias).
b) Barrios en vivendas de protección oficial: Construidos entre os 40
e 60 (modernismo, racionalismo) con axuda estatal e con limitación
de prezo de venda, en trama aberta con edificios de baixa calidade e
con carencia de servizos (cfr., envellecemento prematuro). Foron
obxecto de políticas municipais de rehabilitamento.
c) Polígonos de vivenda de promoción privada: A partir de 1960,
adouptan a trama aberta en bloques-torre entre amplos espazos para
xardíns e aparcamentos, que axiña evoluiron a fórmulas máis
intensivas de edificación alimentando a imaxe de colmenas ou de
barrios dormitorio.
d) Quinteiros pechados: Rexurden na década dos 80-90 como forma
de recuperación a escala urbana a altura e a reordenación en rúas; así
como darlle un uso privado/colectivo ao patio (quinteiro
pechado/quinteiro aberto-praza).
e) Áreas de vivenda unifamiliar: Proliferan tamén desde a década dos
80 a prol do desenvolvemento do transporte público e privado. De
trama aberta con vivendas ailladas ou acaroadas, representan un uso
de solo exclusivamente residencial de clase media na procura de
espazos atractivos (ideoloxía clorofílica).
ÁREAS INDUSTRIAIS E DE EQUIPAMENTO DAS PERIFERIAS
Localízanse nas principais vías de acceso procurando un equilibrio entre a
accesibiliade urbana e o prezo de solo abundante.
a) Áreas industriais: Creadas nas décadas dos 50-60 como polígonos
industriais, planificados ou espontáneos, serraron forte
externalidades (cfr., impacto ambiento e dependencia da población
do contorno), que explican en moitos casos a súa reubicación. Na
actalidade, adoptan a forma de parques empresariais ou tecnológicos
en áreas geográficamente atractivas ou de naves acroadas en
localizacións de menor nivel.
b) Áreas de equipamento: Centros administrativos e educativos,
infraestructuras sanitarias, grandes superficies comercial, froito da
descentralización económica cara á periferia urbana.
AGLOMERACIÓNS URBANAS
O crecemento urbano e a conexión entre os núcleos xeran aglomeracións
urbanas de diferentes tipos:
AS ÁREAS METROPOLITANAS: Arredor dunha cidade principal e
barcando administrativamente varios municipios interrelacionados
socioeconómicamente, amosan os seguintes trazos:
a) Unha cidade central e a área de influencia de sus funcións urbanas.
b) As relacións de correspondencia (emprego e servizos por oferta de solo
industrial abundante) entra a cidade principal e a población da súa
contorna.
c) Importancia esencial da rede de comunicacións.
d) Predominio dun estilo de vida urbano, xunto a unha grande variedade
social (función da área residencial da población).
e) Unha estructura espacial segundo criterios sociais que responde a
dous modelos (compatibles e diacrónicos): coroas concéntricas e sectores
radiais. (Modelos xeométricos expresivos de Burgess, Hoyt e Ultmann).
A orixe das áreas metropolitanas pode remontarse ao 1º 1/3 do s.XX
(Madrid, Barcelona e Bilbao); máis, a plena metropolitización ten lugar a
partir de 1960, cando a concentración económica (industrial) atraeu á
población agraria da súa propia rexión o das veciñas. Na actualidade (plena
metropolitización), a partir dos 80, as áreas metropolitanas experimentan
gran expansión pola descentralización demográfia e económica paralela á
crecente dotación de infraestructuras e servizos e á especialización
funcional e social a que aquélas dan lugar (cfr., actividades
dinámicas/tradicionais e áreas residenciais de desigual standart).
As transformacións urbanas recentes xeran problemas que o planeamento
urbano trata de resolver; mais por ser éste unha competencia dos concellos
non abonda para afrontar os problemas de alcance metropolitano. Por iso,
as CCAA elaboran planos específicos para as áreas metropolitanas con
directrices xerais de ordenación que deben ser recollidas polos Concellos.
A ordenación da área metropolitana comprende 4 grandes temas:
a) Ordenación dos asentamentos urbanos que evite a densificación
demográfica e constructiva a través da difusión de actividades e
equipamentos cara a cidades medias da área (con conservación dos espazos
de uso agrario e de lecer).
b) Ordenación das actividades económicas coa proposta de
diversificación e modernización (vbgr., atrasar a desaparición das
actividades primarias; afrontar o problema da desindustrialización –
servizos moi esixentes de centralidade nos CBDs e parques empresariais
nas coroas metropolitanas; desconcentrar o sector terciario avanzado).
c) Intervencións en materia de transporte garantindo a interrelación
interna e a conexión co sistema de cidades naciona, europeo e mundial.
d) Ordenación do espazo non urbanizado que sofre a crecente expansión
urbana vs usos agrarios e os espazos de lecer.
OUTROS TIPOS DE AGLOMERACIÓN URBANA
CONURBACIÓN: Continuum urbano, resultado do crecemento sincrónico
e direccional (o factor da fusión adoita ser un eixe urbano)
administrativamente mantéñense independentes. Exemplo, a Costa do Sol.
REXIÓN URBANA: Cidades dispersas forman funcionalmente un espacio
urbano. Esta “nebulosa urbana” ten un carácter máis polinuclear que
bicéfalo. Exemplo, o triángulo Oviedo-Xixón-Avilés.
MEGALÓPOLE: Cando a hiperurbanización alcanza unha escala
suprarexional, está constituida por unha plural tipoloxía de áreas
metropolitanas, rexións urbanas e de cidades dispersas, con diversidade de
funcións e crecementos discontinuos, máis sen fracturas importantes.
Exemplo o eixe mediterráneo Barcelona-Cartaxena.
PROBLEMAS DAS CIDADES ESPAÑOLAS
As cidades e as aglomeracións españolas amosan problemas de diversa
índole.
a) Problemas de vivenda: Dificultades de compra ou aluguer polo
elevado prezo. Necesidade de políticas de planeamento e de vivenda
(rehabilitación de vivenda antiga e vivenda de protección oficial).
b) Problemas de de equipamento (sociais –educativos e sanitarios,
culturais e de lecer como consecuencia dos desequilibrios territoriais
e do dinamismo urbano) e de abastecemento (enerxía, auga; o alto
custo das infraestructuras e a necesidade de promover políticas de
aforro).
c) Problemas de tráfico polas necesidades de abastecemento e dos
desprazamentos residencia-traballo (cfr., horas punta). Inversión
en infraestructuras (vías de circunvalación e grandes superficies de
aparcamento) e política vial (transporte público).
d) Problemas ambientais: Microclima urbano. Contaminación
atmosférica e acústica. Producción e eliminación de RSU.
e) Problemas de delicuencia e de marxinación social: Un contexto
favorable á extensión das lacras sociais pola sobreexposición dos
individuos á publicidade,ao estrés, ao aillamento e amoreamento, ao
desemprego e ao desarraigo dos individuos. As campañas de
prevención e as específicas dirixidas á mocidade.
AUTORÍA ANÓNIMA
PRODUCCIÓN E ORDENACIÓN DO ESPACIO URBANO
Na creación do espacio urbano interveñen diversos axentes sociais:
Propietarios do solo: buscan a revalorización das súas terras
(desecan dedicalas a usos residencias)
Promotores e as inmobiliarias: buscan crear solo urbano e a mayor
edificabilidade posible.
Empresarios industriais
Cidadanía: (con desexos de conseguir vivendas, equipamentos e
servizos)
Poder político: interveñen a través da planificación urbana e a
resolución dos conflictos entre os axentes sociais.
O urbanismo encárgase da ordenación do espacio urbano, tanto nunca
dimensión teórica (teoría do urbanística) como práctica, é decir, o
planeamento urbano. Este último inclúe a totalidade do termo municipal
(solos rústicos e urbanos), e ten como fin proxectar novos espacios para o
futuro crecemento e transformar os existentes en función das demandas
sociais de cada momento histórico.
Etapas do planeamento urbano español:
Inicios do urbanismo: (2º metade do s.XIX): as principais
actuacións aplicáronse nos espacios ocupados pola burguesía, zonas
do casco antigo e os ensanches. Destaca a regularización dos planos,
os plans de saneamento nas cidades e a mellora dos servicios e
equipamentos urbanos.
Urbanismo entre 1900 e 1975:
o Na época da autarquía (1939-1960) leváronse a cabo 3
obxectivos: a reconstrucción das cidades danadas pola guerra
civil, a elaboración de leis sobre a vivenda e a organización de
crecemento urbano.
o Na época do desenvolvemento (1960-1975) creáronse
problemas de vivenda (escaseza de espazos verdes pola
descontrolada edificación (de empresas privadas) e a escasa
calidade da construcción), elimináronse elementos valiosos do
patrimonio histórico-artístico, creceron os problemas
ambientais…
Época postindustrial (desde 1975). Características
o As comunidades autónomas adquiren competencias sobre
ordenación do territorio, urbanismo e vivenda. A súa
legislación é seguida polos concellos, encargados do
planeamento urbanístico. O Plan Xeral de Ordenación Urbana
é o instrumento básico para a ordenación urbana dun
municipio proxectando o desenvolvemento urbano para certo
nº de anos. Os plans parciais concretan o PXOU para cada
área urbana e os plans específicos ordenan aspectos
específicos.
o Dende 1980, destaca a crecente participación da cidadanía na
planificación urbana coa intervención de organizacións
cidadás, así gaña importancia o planeamento desde abaixo e
por pezas.
o Dende 1990, o urbanismo reflicte o desexo dalgunhas cidades
en crise de buscar alternativas e a crecente competencia entre
cidades para atraer investimentos, levándose a cabo plans de
revitalización e plans estratégicos de promoción (que inclúen a
calidade ambiental e o urbanismo sostible.
A modo de conclusión salientar a importancia de integrar o planeamento
urbano nun planeamento de conxunto a través das políticas globais de
ordenación do territorio.
AUTORÍA: JUAN GARCIA e CARLOS ESTÉVEZ
O SISTEMA URBANO ESPAÑOL
O sistema das cidades está formado por dous elementos: as cidades, que
constitúen a rede urbana e as relacións que se establecen entre elas.
O TAMAÑO DAS CIDADES
Establécese mediante a regra rango-tamaño ou relación da producción
dunha cidade e o seu rango no sistema urbano do país.
En España, o mayor tamaño demográfico correspóndelle a sete áreas
metropolitanas. Madrid é a que conta con mayor población e ocupa o
rango número 1 no sistema. Barcelona ocupa o segundo lugar, ainda que
conta con un tamaño maior o que adoita corresponderlle. Despois, cun salto
moi brusco atópanse Sevilla, Bilbao, Málaga e Zaragoza. Tras elas hai un
elevado número de cidades entre 300.000 e 400.000 habitantes.
A distrubución espacial das aglomeracións urbanas polo seu tamaño
demográfico caracterízase por dous trazos 19rincipias:
a) Na península, as grandes cidades dispóñense en forma semianular
na periferia, rodeando un espacio interior pouco urbanizado. As
aglomeracións urbanas da periferia forman catro eixes:
-O eixe setentrional (Eixe atlántico, triángulo asturiano, la Y vasca) é
discontinuo e con dificultades de articulación polo carácter incipiente das
súas áreas metropolitanas.
-O eixe mediterráneo Girona-Cartaxena), que é o máis dinámico.
-A rede urbana andaluza que se dispón o longo dun dobre eixo: Val do
Guadalquivir e eixe litoral.
-O eixe do Val do Ebro cunha función de corredor de comunicacións
Cantábrico-Mediterráneo.
b) As grandes metrópolis concéntranse no nordeste, onde se localizan os
catro polos de de actividade económica (Madrid, Barcelona, Bilbao e
Valencia) e Zaragoza, que ocupa unha posición estratégica como lugar de
encrucillada.
AS FUNCIÓNS DAS CIDADES ESPAÑOLAS:
Entendemos por funcións as actividades socioeconómicas que desempeñan
as cidades cara ó exterior. Poden clasificarse:
a) Cidades primarias. Teñen unha especialización en actividades do
sector primario.
b) Cidades secundarias. Nun casos están especializadas na industria;
noutros, na construcción.
c) Cidades terciarias. Están especializadas en servicios, que poden ser
comerciais, administrativos, culturais, sanitarios, relixiosos ou turísticos.
A ÁREA DE INFLUENCIA URBANA:
Polas funcións que desempeñan cara o exterior, as cidades considéranse
lugares centrais que abastecen a unha área de influencia. Así, o xeógrafo
alemán Chistaller elabora unha Teoría dos lugares centrais (1933) de
acordo coa variedade e coa calidade das funcións que desempeñan e
adxudícalles unha área de influencia. O resultado é un territorio
organizado como unha malla hexagonal. Se se compara este sistema co
español, ten un certo parecido:
-Madrid estende a súa influencia por toda España.
-Na periferia sitúanse os núcleos que lle seguen en influencia (Barcelona,
Valencia, Sevilla, A Coruña e Bilbao).
-A unha distancia intermedia están Burgos, Zaragoza, Murcia, Granada
e despois os núcleos de influencia menor.
A XERARQUÍA URBANA ESPAÑOLA:
O tamaño demográfico, as funcións e a extensión da área de influencia
dan lugar a unha organización jerárquica do sistema de cidades:
a) Metrópolis. A súa población supera os 250 000 habitantes.
Desempeñan funcións especializadas no sector terciario e na industria.
A súa área de influencia é ampla.
-As metrópolis nacionais son as áreas metropolitanas de Madrid e
Barcelona. A súa población supera os 4 millóns de habitantes e contan
coas funcións máis diversificadas. A súa área de influencia esténdese por
todo o país.
-As metrópolis rexionais son as áreas metropolitanas de Valencia,
Sevilla, Bilbao, Málaga e Zaragoza. A población supera os 500 000
habitantes. Ademáis da área de influencia regional, manteñen relacións de
intermediación coas metrópolis nacionais.
-As metrópolis subrexionais ou rexionais de segunda orde (Valladolid,
Oviedo, A Coruña,Vigo, Murcia, Alacant…). A súa poboación está entre
500 000 e 250 000 habitantes.
b) Cidades medias. A población está arredor dos 250 000 – 50 000
habitantes. As súas funcións son principalmente terciarias, pero menos
especializadas (comercio e servicios de ámbito provincial).
c) Cidades pequenas ou vilas. Astorga, Pola de Siero… Teñen menos de
50 000 habitantes. As súas funcións administrativas (educación secundaria)
e comerciais (nodos de transporte) son moito menos especializadas.
AS RELACIÓNS URBANAS NO SISTEMA ESPAÑOL DE CIDADES:
As relacións interurbanas dun sistema poden ser unidireccionais (que
implican dependencia dun núcleo respecto a outro) ou recíprocas (que
supoñen integración). Ambas poden ser directas entre un núcleo e outro,
ou indirectas, a través de centros intermedios. De acordo con estas
relacións:
-Madrid mantén relacións intensas coas demáis metrópolis.
-Barcelona ten unha influencia xeral máis debil, aínda que intensa no
sector oriental.
-O maior grao de integración dase no cuadrante nordeste, con cinco
metrópolis principais.
-No resto do sistema o grao de integración é máis reducido e incompleto.
AUTORÍA: SUSANA JUSTO ÁLVAREZ e SANDRA RODRÍGUEZ
PÉREZ
O POBOAMENTO URBANO EN GALICIA
A comunidade galega posúe unha taxa de urbanización inferior á media
nacional, que se explica, aparte da súa posición periférica, en causas
históricas e de orde socioeconómica.
1. O PROCESO DE URBANIZACIÓN:
A Idade de Ferro deu lugar ó poboamento castrexo, mais será coa
dominación romana, cando se inicia un verdadeiro proceso de
urbanización. Dentro da organización da antiga Gallaecia romana, as
villae, eran asentamentos de carácter rural con funcións administrativas e
comerciais. Por riba da administración das vilas, os conventus,
representados polas cidades de Lugo, Astorga e Braga, organizaban os
núcleos con menor entidade e a densa armazón de comunicacións.
Durante a Idade Media, as sucesivas invasións dos suevos, musulmáns e
normandos influíron na perda do poder socioeconómico das cidades. A
mediados do s. VIII, levouse a cabo un proceso de repoboación urbana
en núcleos como Lugo, Tui e Ourense, mais o renacemento propiamente
urbano rexístrase nos s. XII e XIII con dous eixes de urbanización: o
camiño de Santiago e a liña de costa.
A Idade Moderna caracterízase polo crecemento demográfico e a súa
concentración maioritaria en emprazamentos costeiros (cfr.., colonización
americana e novos cultivos) e en xeral seguindo as pautas do poboamento
medieval: múltiples células espalladas polo rural. No s. XIX a
modernización do sector pesqueiro coa implantación de conserveiras (de
orixe catalana) son os efectos dunha burguesía emerxente.
Ata a metade do s. XX, Galicia non contaba cunha rede de asentamentos
urbanos, que serán, en parte, consecuencia directa de investimentos
económicos externos (cfr.., Citroen); sen embargo, as políticas de
desenvolvemento non lograrán disminuir os desequilibrios rexionais ao
xerar dinamismo en sectores moi puntuais como o eixo Ferrol- Tui.
2. O SUBSISTEMA URBANO GALEGO
Galicia presenta un sistema urbano desarticulado, cunha notable carencia
de asentamentos intermedios entre as sete cidades e as vilas organizadas
do medio rural. Actualmente, caracterízase polo acusado desequilibrio,
tanto demográfico como funcional, entre as provincias occidentais e
orientais: o Corredor Atlántico concentra máis do 60% da poboación
total, máis do 70% do emprego non agracio e arredor do 80% da renda
rexional.
Dentro da xerarquía urbana galega predomina o policentrismo ( modelo de
organización territorial composto por dúas ou máis cidades centrais e un
conxunto de cidades intermedias que funcionan como subcentros). Os seus
compoñentes son:
2 metrópoles rexionais (Vigo e A Coruña), que sustentan os servicios
máis cualificados, un desenvolvido sector terciario e un sistema
empresarial competitivo.
5 cidades medias ( Ourense, Santiago, Ferrol, Lugo e Pontevedra) exercen
un papel equilibrador cunha certa especialización no sector servicios.
Un numeroso conxunto de vilas de tamaño variable, que contan con
equipos sanitarios, educativos, de ocio... a nivel da comarca.
3. AS SETE CIDADES GALEGAS
Cada unha das cidades galegas exercen un papel diferenciador na
organización do territorio:
A Coruña: Cidade portuaria de gran tradición comercial e financieira (ata
ser considerada a cidade de negocios de Galicia). As actividades
administrativas, xudiciais e militares ocupan, asimesmo, gran parte da súa
poboación.
Vigo: Porto de gran importancia, ocupa o primeiro posto nacional en canto
a flota pesqueira. A instalación de varios estaleiros, da industria
conserveira, ou químicas, unidas a súa función comercial explican que a
súa area de influencia se extenda ó norte de Portugal.
Santiago: As raíces relixiosas e artísticas, fomentan a actividade turística.
Conta cunha das universidades máis antigas e de maior tradición en
España. Tamén podemos salientar a función comercial e de comunicacións
terrestres e aéreas.
Ferrol: Baseou o seu desenvolvemento na función militar e na industria
naval; en consecuencia, ás sucesivas crises dos estaleiros e a falta de
diversificación sumírona na recesión demográfica e no estancamento do
seu crecemento urbano.
Pontevedra: O esplendor económico e demográfico dos ss XV e XVI,
gracias as actividades comerciais e pesqueiras, deu paso dende no s.XIX a
funcións esencialmente administrativas.
Lugo: Única cidade importante cunha extensa área rural que presenta unha
clara especialización administrativa con complementarias funcións
comerciais, sanitarias e educativas.
Ourense: Terceira cidade de Galicia por volume demográfico (cfr..,o seu
desenvolvemento nas dous últimas décadas en relación co retorno de
emigrantes), a administración e o comercio son as funcións principais,
malia a condición de nó de comunicacións ferroviarias e por estrada que
posibilitan a instalación de industrias téxtiles, alimentarias,etc.
AUTORÍA: NOELIA CAMPOS, BEATRIZ FREAZA
e Mª RITA GAYOGALIÑANES