+ All Categories
Home > Education > Arrieiros

Arrieiros

Date post: 20-Jul-2015
Category:
Upload: humberto-martinez
View: 1,090 times
Download: 0 times
Share this document with a friend
35
O Camiño Real era o vieiro histórico que seguían os arrieiros para transportar o viño dende Ribadavia a Pontevedra. Este vieiro convertímolo no eixo do proxecto interdisciplinar do IES de Ponte Caldelas. Camiñando por el, o alumnado vai coñecendo o patrimonio natural e cultural que agroma en cada treito ( arte, etnografía, botánica, formas do relevo,toponimia…)
Transcript
Page 1: Arrieiros

O Camiño Real era o vieiro histórico que seguían os arrieiros para transportar o viño dende Ribadavia a Pontevedra.

Este vieiro convertímolo no eixo do proxecto interdisciplinar do IES de Ponte Caldelas.

Camiñando por el, o alumnado vai coñecendo o patrimonio natural e cultural que agroma en cada treito ( arte, etnografía, botánica, formas do relevo,toponimia…)

Page 2: Arrieiros

Antecedentes da unidade didáctica

O premio do concurso Euroescola do ano 2000

Page 3: Arrieiros
Page 4: Arrieiros
Page 5: Arrieiros

Antecedentes da unidade didáctica

O traballo de recuperación das testemuñas dos últimos arrieiros feito no 2001-02

Page 6: Arrieiros

OBXECTIVOS

• Potenciar o coñecemento deste vieiro e o patrimonio ligado a el entre o alumnado.

• Introducir ao alumnado no uso das técnicas da investigación social ao ter que pescudar en aspectos concretos da temática proposta.

• Propiciar un achegamento á realidade máis próxima sen esquecer a importancia fundamental dos aspectos afectivos ou emocionais. Neste senso é vital redescubrir a paisaxe e as súas claves.

• Denunciar as agresións que padecen estes elementos patrimoniais.

• Favorecer o coñecemento e diálogo interxeracional entre o noso alumnado e os seus maiores.

• Valorar este tipo de elementos culturais e patrimoniais como dinamizadores dunha política de desenvolvemento rural harmónica.

• Recuperar a memoria. Fomentar o orgullo de ser herdeiros dunha cultura secular que no seu proceso de adaptación a un medio complicado foi decantando unhas formas e unha sabedoría que se debe valorar.

• Divulgar entre a comunidade educativa do IES de Ponte Caldelas a defensa do patrimonio como un dos seus trazos de identidade.

Page 7: Arrieiros

Saída feita co alumnado de 1º da ESO en decembro de 2007.

Aprezar a paisaxe de media montaña, disfrutar dun día magnífico entre os pastos do Suído e camiñar por un vieiro de moita historia conseguen despertar a emoción e a implicación do grupo.

Page 8: Arrieiros

Estrutura dos contidos

7.Zona portuaria de Pontevedra: destino do viño do Ribeiro.

5. Ponte Caldelas: unha vila que nace no camiño.•As caldas e o Balneario•A emigración a América e as casas de indianos

4. Os chozos da serra do Suído

6. Área arqueóloxica de Tourón

8. Características técnicas do camiño.

3. O trazado do camiño de Ribadavia a Pontevedra•Relevo•Toponimia

•Restos arqueolóxicos

•Pontes e pontellas•Lendas ...

2. O traballo dos arrieiros. A súa relación cos camiños.

1. Os camiños: tipos e funcións

Page 9: Arrieiros

Introducímolos no tema a base de preguntas que provoquen reflexión. Queremos coñecer que saben e a súa reacción ao falar de algo que sempre estivo aí, pero do que non repararon moito.

Pedímoslles que se informen nas casas, que investiguen preguntando aos maiores.

Escollemos parágrafos de textos que aportan información. As veces son coetáneos dos feitos, outras veces son de tipo historiográfico

Page 10: Arrieiros

Despois de falar dos distintos tipos de camiños,achegámolos ao noso Camiño Real.

A información do recadro pretende que sexa unha información útil para pechar todas as ideas que se foron vertendo.

Page 11: Arrieiros
Page 12: Arrieiros
Page 13: Arrieiros

O camiño pola aldea da Airoa. A Laxe.Fornelos de Montes. Nas proximidades de Verducido. A Lama.

O camiño cara Forzáns. Ponte Caldelas Ao seu paso pola Vila de Ponte Caldelas

Page 14: Arrieiros

Estrutura dos contidos

7.Zona portuaria de Pontevedra: destino do viño do Ribeiro.

5. Ponte Caldelas: unha vila que nace no camiño.

•As caldas e o Balneario•A emigración a América e as casas de indianos

4. Os chozos da serra do Suído

6. Área arqueóloxica de Tourón

8. Características técnicas do camiño.

3. O trazado do camiño de Ribadavia a Pontevedra•Relevo•Toponimia

•Restos arqueolóxicos

•Pontes e pontellas•Lendas ...

2. O traballo dos arrieiros. A súa relación cos camiños.

1. Os camiños: tipos e funcións

Page 15: Arrieiros

Explicamos un antigo oficio, o tipo de mercadorías que transportaba, achegámonos a outro tempo e facemos unha inmersión na memoria colectiva dos pobos. É importante que o alumnado comprenda de onde vén e indague preguntando aos maiores para non perder o diálogo interxeracional.

Relacionado con este obxectivo merece salientar a gravación da entrevista que mantivemos co Sr. Antonio, un dos últimos arrieiros, finado uns meses despois. O enlace para ver o vídeo é:

http://www.uvigo.tv/video/2596

Page 16: Arrieiros

Estrutura dos contidos

7.Zona portuaria de Pontevedra: destino do viño do Ribeiro.

5. Ponte Caldelas: unha vila que nace no camiño.

•As caldas e o Balneario•A emigración a América e as casas de indianos

4. Os chozos da serra do Suído

6. Área arqueóloxica de Tourón

8. Características técnicas do camiño.

3. O trazado do camiño de Ribadavia a Pontevedra•Relevo•Toponimia

•Restos arqueolóxicos

•Pontes e pontellas•Lendas ...

2. O traballo dos arrieiros. A súa relación cos camiños.

1. Os camiños: tipos e funcións

Page 17: Arrieiros

Imos facendo un percorrido por etapas. De cada unha delas imos traballando todos aqueles aspectos que o merecen. Sempre hai unha representación cartográfica de apoio coa que traballamos conceptos de xeografía, toponimia, vexetación.

Page 18: Arrieiros

Ponte de Verducido. A Lama

Ponte da Laxe. Fornelos de Montes Pontillón na Laxe. Fornelos de Montes

Ponte Casariños no Suído. Fornelos de Montes

Page 19: Arrieiros

Estrutura dos contidos

7.Zona portuaria de Pontevedra: destino do viño do Ribeiro.

5. Ponte Caldelas: unha vila que nace no camiño.

•As caldas e o Balneario•A emigración a América e as casas de indianos

4. Os chozos da serra do Suído

6. Área arqueóloxica de Tourón

8. Características técnicas do camiño.

3. O trazado do camiño de Ribadavia a Pontevedra•Relevo•Toponimia

•Restos arqueolóxicos

•Pontes e pontellas•Lendas ...

2. O traballo dos arrieiros. A súa relación cos camiños.

1. Os camiños: tipos e funcións

Page 20: Arrieiros

Amais de aprender a ver a paisaxe, valorar os ecosistemas de media montaña, o paso polo Suído vai servirnos para deternos no patrimonio arqueolóxico (mámoas) e no patrimonio etnográfico coa presenza destas construcións tan particulares das áreas de pasto naturais. A parte alta dos concellos de Fornelos, A Lama, Avión, Bearíz, Covelo conservan estes elementos patrimoniais.

O alumno aprende a importancia de revalorizar estas construcións.

Page 21: Arrieiros

Os chozos e currais da aba occidental do Suído. A área de pasto de Campolargo corresponde cun enorme brañal que serve de cabeceira ao río Oitavén.

Page 22: Arrieiros

Estrutura dos contidos

7.Zona portuaria de Pontevedra: destino do viño do Ribeiro.

5. Ponte Caldelas: unha vila que nace no camiño.

•As caldas e o Balneario•A emigración a América e as casas de indianos

4. Os chozos da serra do Suído

6. Área arqueóloxica de Tourón

8. Características técnicas do camiño.

3. O trazado do camiño de Ribadavia a Pontevedra•Relevo•Toponimia

•Restos arqueolóxicos

•Pontes e pontellas•Lendas ...

2. O traballo dos arrieiros. A súa relación cos camiños.

1. Os camiños: tipos e funcións

Page 23: Arrieiros

A chegada do camiño á vila de Ponte Caldelas vai permitirnos falar da orixe dun núcleo de poboación. Un río, un camiño, unha ponte, trasfega diaria de mercadorías, a necesidade de controlar esta trasfega, a aparición de aloxamentos de avituallamento son ingredentes suficientes para alumear o nacemento dunha vila.

Se a isto engadimos a existencia de augas quentes podemos falar da importancia dos balnearios na paisaxe rural galega.

O interese de revitalizar o antigo balneario pon en contacto o pasado e a actualidade presente

Page 24: Arrieiros

A arquitectura da vila non pasa desapercibida para ninguén. Os magníficos exemplos de casas indianas serve para falar do fenómeno da emigración galega a América, do contraste que causaba esta arquitectura naquel tempo e o concepto de urbanismo.

Page 25: Arrieiros

Estrutura dos contidos

7.Zona portuaria de Pontevedra: destino do viño do Ribeiro.

5. Ponte Caldelas: unha vila que nace no camiño.

•As caldas e o Balneario•A emigración a América e as casas de indianos

4. Os chozos da serra do Suído

6. Área arqueóloxica de Tourón

8. Características técnicas do camiño.

3. O trazado do camiño de Ribadavia a Pontevedra•Relevo•Toponimia

•Restos arqueolóxicos

•Pontes e pontellas•Lendas ...

2. O traballo dos arrieiros. A súa relación cos camiños.

1. Os camiños: tipos e funcións

Page 26: Arrieiros

O paso por Tourón permite abordar o estudo da arquitectura pacega da fidalguía galega e, sobre todo, a arte rupestre.

A realidade de Tourón, aportando exemplos tan dispares no tempo, racha coa ríxida compartimentación académica dos programas oficias. Esta liberdade é un dos atractivos dos proxectos interdisciplinares .

Page 27: Arrieiros

O IES de Ponte Caldelas coa súa denuncia do calamitoso estado do contorno dos petroglifos de Tourón, no ano 2003,contribuiu para que o PRODER, o Concello de Ponte Caldelas e a Consellería de Cultura impulsaran a creazón deste Parque Arqueolóxico.

Page 28: Arrieiros

Estrutura dos contidos

7.Zona portuaria de Pontevedra: destino do viño do Ribeiro.

5. Ponte Caldelas: unha vila que nace no camiño.

•As caldas e o Balneario•A emigración a América e as casas de indianos

4. Os chozos da serra do Suído

6. Área arqueóloxica de Tourón

8. Características técnicas do camiño.

3. O trazado do camiño de Ribadavia a Pontevedra•Relevo•Toponimia

•Restos arqueolóxicos

•Pontes e pontellas•Lendas ...

2. O traballo dos arrieiros. A súa relación cos camiños.

1. Os camiños: tipos e funcións

Page 29: Arrieiros

Chegamos a Pontevedra. Estudamos a orixe da vila. Comparamos o plano antigo co da Pontevedra actual. Tratamos de identificar zonas, analizamos o seu desenvolvemento. Falamos da importancia do porto, do comercio na Baixa Idade Media, do viño como porduto de exportación…

Page 30: Arrieiros

Mención especial ao barrio mariñeiro da Moureira de Pontevedra.

Page 31: Arrieiros

Estrutura dos contidos

7.Zona portuaria de Pontevedra: destino do viño do Ribeiro.

5. Ponte Caldelas: unha vila que nace no camiño.

•As caldas e o Balneario•A emigración a América e as casas de indianos

4. Os chozos da serra do Suído

6. Área arqueóloxica de Tourón

8. Características técnicas do camiño.

3. O trazado do camiño de Ribadavia a Pontevedra•Relevo•Toponimia

•Restos arqueolóxicos

•Pontes e pontellas•Lendas ...

2. O traballo dos arrieiros. A súa relación cos camiños.

1. Os camiños: tipos e funcións

Page 32: Arrieiros

Terminamos a unidade como a comezábamos. Falamos do camiño, pero abordando agora os seus aspectos técnicos e construtivos.

Percorremos as técnicas construtivas dende as calzadas romanas ás estradas da era da revolución industrial.

Queremos que comprendan o esforzo dos nosos antergos.

Queremos que comprendan o salto tan tremendo que se vive na actualidade que sumiu no esquecemento uns vieiros noutro tempo animados.

Page 33: Arrieiros

Feira antiga dos arrieiros en ForzánsAutor: Ch. L.

Fecha de publicación: 20/9/2008

A segunda edición da Feira Antiga do Camiño dos Arrieiros, homenaxe aos vellos oficios, desenvolverase durante a xornada de hoxe no campo da festa da parroquia de Forzáns, Ponte Caldelas.Organizada pola Asociación Cultural O Torreiro, da devandita parroquia, está prevista a participación duns trinta postos que acollerán outros tantos oficios en proceso de desaparición pero de gran importancia no pasado económico da Galicia rural.(…)

PONTEVEDRAEl Camiño dos Arrieiros aspira a los premios de la Fundación Barrié

Autor del comentario: la voz | ponte caldelas

La ADR del Proder de Pontevedra ha presentado a los Premios de la Fundación Barrié el proyecto del Camiño dos Arrieiros do Ribeiro, que atraviesa la comarca desde Ourense por Ponte Caldelas. Éste será uno de los puntos del orden del día de la cita del Proder de esta tarde, en la que también se aprobarán las ayudas a seis proyectos.(…).

Parágrafo procedente do documento de Estratexias de desenvolvemento da ADR de Pontevedra “La Ruta dos Arrieiros discurre sobre un Camiño Real, atravesando los municipios de Pontevedra y Pontecaldelas, siendo utilizada en la antigüedad para transportar vino desde O Ribeiro a Pontevedra. Ligado a esta ruta existe una importante tradición cultural estimulada desde el I.E.S. Pontecaldelas, impulsando un proyecto que pretende potenciar el conocimiento del contorno natural, geográfico y cultural; recuperar las tradiciones y costumbres populares; y fomentar en el alumnado el aprecio por lo propio como forma de profundizar en su identidad, contemplando también objetivos pedagógicos.”

Page 34: Arrieiros

El 70% del proyecto de recuperación integral del Camiño dos Arrieiros está ya ejecutadoAutor: La Voz

Fecha de publicación: 31/10/2007

Técnicos del Ministerio de Medio Ambiente se desplazaron ayer hasta O Carballiño para analizar con el regidor local, Carlos Montes, el estado del proyecto de recuperación del Camiño dos Arrieiros, iniciado hace meses.(…)Hasta el momento ya se han afrontado los trabajos de limpieza y reafirmado de la mayoría del recorrido del Camiño dos Arrieiros, cuya recuperación repercutirá en las comarcas carballiñesas y de O Ribeiro «no rescate da súa memoria histórica, cultural e medioambiental, sendo este un percorrido único en Galicia», explica el alcalde.Supone además un nuevo recurso para completar la potencialidad de la zona en materia de ecoturismo y turismo balneario y una posible base para el desarrollo de proyectos de cooperación interterritorial para extender la rehabilitación del trazado del camino medieval en otros municipios, además de cumplir los objetivos del Ministerio de Medio Ambiente.

FERROLLa Fundación Maciñeira recuperará una antigua ruta hacia As Pontes.La institución tiene previsto señalizar el Camiño dos ArrieirosEl centro arqueológico expondrá rocas, minerales y fósiles del OrtegalAutor del comentario: la voz | ferrol Fecha de publicación: 01/09/2005

La Fundación Federico Maciñeira de Ortigueira tiene previsto acometer durante la próxima temporada de otoño los trabajos de señalización de un tramo del Camiño dos Arrieiros, que antiguamente unía el municipio con el de As Pontes, actuación que se enmarca dentro del proyecto de creación de una red de rutas de senderismo por la comarca del Ortegal denominado Seguindo os pasos dos celtas.

Page 35: Arrieiros

MOITAS GRAZAS


Recommended