Date post: | 20-Jul-2015 |
Category: |
Education |
Upload: | iria-yanez-martinez |
View: | 122 times |
Download: | 5 times |
O nome de “Románico” déuselle no século XIX (moito tempo despois) porque “recordáballes á arte romana”.
Predomina durante os séculos XI e XII en Europa Occidental.
ARTE ROMÁNICA
RAOUL GABLER, TESTEMUÑA DO GRAN PULO
CONSTRUTIVO A PARTIR DO SÉCULO XI,
DEIXOUNOS ESCRITO ALÓ POLO ANO 1000
“EUROPA CÓBRESE DUNHA BRANCA ROUPA DE
IGREXAS”.
O CAMIÑO DE SANTIAGO VAI SER A VÍA DE
ENTRADA DO NOVO ESTILO, O ROMÁNICO, NA
PENÍNSULA.
A CONSTRUCIÓN ROMÁNICA MÁIS IMPORTANTE NA
PENÍNSULA VAI SER A CATEDRAL DE SANTIAGO.
CARACTERÍSTICAS: CONSTRUCCIÓN EN PEDRAARCOS DE MEDIO PUNTOGROSOS MUROSPOUCA LUZ INTERIORUSO DE CONTRAFORTESESCULTURA E PINTURA CON FUNCIÓN
DIDÁCTICA
Xa dixemos de onde viña o nome de románico “parecido ao romano”, imos ver algúns elementos que teñen unha base romana: sistema abovedado, arco de medio punto, etc, pero iso non nos debe confundir a arte romana coa románica.
Recordamos que os muros van ser reforzados con contrafortes exteriores. Predomina o macizo sobre o oco. Os vanos son pequenos e escasos. De aí, que a luz dos interiores sexa pouca. Son espazos sombríos que nos achegarían ao recollemento espiritual. .
*ARCOS DE MEDIO PUNTO*BÓVEDAS De canón De aresta*CONTRAFORTES EXTERIORES*PILAR CRUCIFORME*PLANTA DE CRUZ LATINA Cimborio Xirola Ábsidas
ELEMENTOS DA ARQUITECTURA ROMÁNICA
OS CAPITEIS PODEN SER DE DIFERENTES TIPOS: os máis habituais son os historiados (esquerda.) e os corintios (dexenerados).
Las diferentes rutas europeas convergen en Puente la Reina (Navarra), localidad que se puede considerar verdadero punto de arranque del Camino de Santiago.
TRES ERAN AS RUTAS DE PEREGRINACIÓN IMPORTANTES NA ÉPOCA: - Terra Santa, para visitar os Santos Lugares da vida de Cristo. Era unha peregrinación fatigosa e, ademais, bastante perigosa.
- Compostela, para visitar as supostas reliquias de Santiago o Maior, discípulo de Cristo, descuberto pouco tiempo atrás.
- Roma, para venerar as reliquias de san Pedro e san Pablo, situadas renas asílicas paleocristianas de san Pedro e san Pablo extramuros, que aínda existían.
A catedral de Xaca (Huesca, s. XI) é un dos primeiros puntos do Camiño de Santiago.
Jaca (Huesca). catedral, portada románica
Neste relevo represéntase A dúbida de Santo Tomás de Aquino. O relevo adáptase ao marco da arquitectura. Cristo aparece con maior tamaño para resaltar a súa figura (perspectiva xerárquica: o máis importante : o máis grande).
Zona do cruceiro, que no exterior se manifesta cun cimborrio, cuberta por cúpula sostida por trompas.
Canzorros
San Isidoro de León. A colexiata de San Isidoro de León destaca, sobre todo polas súas pinturas, a chamada “capela Sixtina do Románico”.Neste enlace de ArteHistoria temos moitas imaxes do interior e do exterior.
Decoración mural na cripta. Trátase do Panteón dos Reis. As pinturas adáptanse á arquitectura.
Son pinturas planas, sen volume. De cores vivas. Moi expresivas en ollos e mans. .
ETAPAS CONSTRUTIVAS 1075 -1088. A Catedral románica iníciase, trala destrución da basílica
anterior, co bispado de Diego Peláez. Os mestres desta primeira fase foron o Mestre Bernardo “o vello” e Roberto. As obras céntrase na cabeceira, construíndose parte da xirola e das absidiolas. Trabállase nestas datas nas dúas portadas do transepto: Portada de Acibechería (norte) e Portada de Praterías (sur). A norte centrada no tema de Creación e a sur no tema da Redención. As obras realentizáronse coa destitución de Diego Peláez.
1092 – 1124. O gran pulo construtivo sería a partir do 1100 co bispado de Diego Xelmírez. Os mestres desta segunda etapa son o Mestre Estevo e Bernardo “o xoven”. Constrúese practicamente todo o conxunto catedralicio. Quedan por finalizar os derradeiros tramos das naves lonxitudinais. As obras volven a relantizarse e ata chegan a deterse.
1168 – 1211. O mestre Mateo finaliza a construción da catedral románica mediante a Cripta (salva o desnivel) e o Pórtico da Gloria. A catedral conságrase definitivamente en 1211.
CARACTERÍSTICAS DA CATEDRAL DE SANTIAGO. Planta de cruz latina, de 3 naves. A nave central máis ancha e
elevada que as laterais.
Transepto destacado en planta, de 3 naves. Capelas/absidiolos nos seus brazos.
Cabeceira con xirola/deambulatorio e cinco capelas radiais ao seu arredor.
Cubertas: bóveda de canón, reforzada por arcos faixóns na nave central (que marcan os tramos nos que se divide a nave central) e as laterais cubertas por bóveda de aresta. Absidiolos cubertos por bóveda de cuarto de esfera ao igual que a tribuna. A xirola está cuberta por bóveda de aresta que se dispón en curva.
No centro do cruceiro, o ciborio (moi transformado) disponse sobre trompas.
Alzado: dous niveis.
1º nivel: os tramos quedan articulados polos soportes (piares cruciformes) con
columnas arrimadas que reciben as presións dos arcos faixóns da bóveda.
2º nivel: tribuna, aberto á nave central a través das ventás xeminadas de medio
punto.
Ao exterior a igrexa románica está desvirtuada polos engadidos do XVI e barrocos
(claustro plateresco, fachada do Obradoiro, etc.).
Das súas portadas destacan PLATERÍAS e o PÓRTICO DA GLORIA.
Algunhas das imaxes desta presentación foron tomadas do
blogue do profesor Xosé Antón García (Ies Neira Vilas, Oleiros).
Catedral de Santiago. Portada de Praterías.
Detalles do tímpano esquerdo: Mala herba e muller adúltera.
1070 – 1188.
(Mestre Estevo)
Catedral de Santiago. Portada de Praterías. Detalles do friso:
(Esquerda Expulsión do paraíso). 1070 – 1188.
Catedral de Santiago. Portada de Praterías.
Creación de Adán e Eva. 1070 – 1188.
(Mestre Estevo) (Mestre do año)
O PÓRTICO DA GLORIA
O 23 de febreiro de 1168, o rei Fernando II asigna ao Mestre Mateo unha xenerosa pensión vitalicia para acometer a última etapa da fábrica da basílica románica de Compostela.
El sería o encargado de construír a fachada occidental, resolta cun nártex monumental flanqueado por torres xemelgas.
A estrutura consta de tres pisos: unha cripta, o nártex -onde se atopa o Pórtico da Gloria- e unha galería alta que comunica coa tribuna.
O Pórtico da Gloria é unha obra a medio camiño entre o románico e o gótico. Podemos dicir que é unha obra protogótica.
Do románico pervive a adaptación ao marco arquitectónico, o horror vacui, a fidelidade á narración bíblica, o hieratismo, a xerarquización das personaxes, a solemnidade.
O dinamismo das personaxes, a relación entre elas, o detalle e o naturalismo dos rostros e das anatomías, un maior volume, así como o indicios de independencia do marco arquitectónico (unhas figuras máis libres, máis autónomas respecto á arquitectura, respecto o muro ou a columnas) fannos anunciar o gótico. O sorriso de Daniel anuncia a expresión de sentimentos que xa aparecerá na escultura gótica.
O tema da portada monumental do Pórtico da Gloria é a Parusía ou segunda vinda de Cristo á Terra para xulgar aos homes, baseado na Apocalipse de San Xoan.
O arco central está divido polo parteluz/mainel onde aparece representada a árbore de Jessé coa xenealoxía de Cristo. Na base do parteluz aparece unha figura barbada entre as fouces dun león, foi identificada como Hércules (Santiago veu predicar ás terras de Hércules, entendo que as columnas de Hércules estaban no estreito de Xibraltar) ou tamén como Moisés ou Sansón. Na parte superior do parteluz, represéntase a Santiago. Na parte posterior do parteluz aparece unha figura axeonllada, mirando cara o altar, trátase do propio Mestre Mateo que pide perdón pola súa obra (o único arquitecto posible na Idade Media era Deus).
O tímpano correspóndese coa Xerusalén Celeste. Cristo xuíz, mostrando as chagas, rodeado polos Evanxelistas cos seus símbolos (Tetramorfos), os anxos que portan os instrumentos da paixón de Cristo, os benaventurados (que xa contemplan a Xesús na Gloria), os 24 anciáns da Apocalipse cos instrumentos musicais.
No arco lateral esquerdo represéntase o Xuízo Final. Nas claves do arco a cabeza de Cristo e a cabeza do arcanxo Miguel separan os xustos dos pecadores, os primeiros acompañados de anxos, mentres que os segundos aparecen cos demonios.
No arco lateral dereito represéntase o descenso da alma de Cristo aos infernos para recuperar aos xustos do Antigo Testamento e levalos á Gloria. Aparecen Adán, Eva, Abraham, Moisés.
As estatuas columna da parte central representan aos profetas (esquerda) e aos Apóstolos (dereita).
No zócalo aparecen animais salvaxes e fantásticos, representando o mundo pagano e o pecado.
Na contraportada: a reina de Saba, a Sibila Cumana, San Xoán Bautista, Virxilio, etc. Diferentes personaxes que intuíron a “chegada” do Mesías.
A lectura que se pode facer de todo o conxunto pode ser tanto lateral como horizontal. Horizontal: de Adán e Eva ata o Xuízo Final. Vertical: Infernos/mundo Terrenal (Profetas e Evanxelistas)/mundo Celestial (A Gloria).
Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria, arcada central:
Anxos cos instrumentos da paixón. 1168 – 1188.
Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria.
Arco dereito: Anxos portando ós benaventurados.
1168 – 1188.
Catedral de Santiago. Pórtico da Gloria. Mestre Mateo.
Columnas con Profetas e detalle de Daniel. 1168 – 1188.
Comeza a construírse entre mediados do século XII e o século XIII xa avanzado.
É do románico tardío,
continuándose en estilo gótico, e engadidos e modificacións posteriores.
A catedral románica era en orixe un edifico de tres naves con transepto e cabeceira con tripla ábsida. Na actualidade está moi modificada pola construción da xirolaAs naves teñen bóvedas de crucería e arcos apuntados. O cimborrio gótico é de finais do século XV.
A influencia da escola mateana (do Mestre Mateo) vese, sobre todo, na escultura, e, especialmente, na Portada do Paraíso.
A portada do Paraíso (portada occidental) conserva a policromía.
A catedral de Tui comezou a construírse na primeira metade do século XII, polo tanto en pleno románico. Sen embargo, a fachada occidental é gótica, ao igual que o claustro.