+ All Categories
Home > Documents > As Sereas

As Sereas

Date post: 14-Mar-2016
Category:
Upload: marichoni-marichoni
View: 220 times
Download: 3 times
Share this document with a friend
Description:
boletín con adaptacións de lendas sobre sereas para nenos/as
2
BIBLIOGRAFIA: diccionario dos seres míticos galegos; Pequena Mitoloxia de galicia; Edición Xerais, Vigo 2001. ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X., ? http://www.amigosdamaruxaina.com/ As Sereas EQUIPO DE BIBLIOTECA C.E.I.P. VICTOR SÁENZ
Transcript

BIBLIOGRAFIA:

diccionario dos seres míticos galegos;

Pequena Mitoloxia de galicia; Edición Xerais, Vigo 2001.

?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Edición

Xerais, Vigo 1999.?Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,

?http://www.amigosdamaruxaina.com/

As Sereas

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

A MaruxainaA Maruxaina vive nas illas dos Farallóns, fronte a

San Cibrao, no concello de Cervo (Lugo). Hai quen di que é boa e que toca unha corna para avisar aos mariñeiros cando hai perigos no mar. E hai quen di que é mala, e que canta para atraer a barcos e tripulantes a un naufraxio seguro.

Como ninguén sabe con certeza como é, os mariñeiros lévana a terra tódolos anos. E alí, no mes de agosto, xúlgana, e uns anos condénana e outros, declárana inocente.

As sereas teñen corpo de muller fermosa, con longos cabelos, e da cintura para abaixo son coma os peixes. Viven en pazos de cristal cheos de riquezas, baixo o mar. Levan un espello e un peite, peitean a súa cabeleira e cantan con voz doce sobre unha rocha. É esta última a característica que mellor as define, pois o seu canto melodioso atrae os mariñeiros ou os navegantes. Mais, con que finalidade os seducían? Hai quen di que o fan para provocar o naufraxio dos mariñeiros.

Pero outras noticias contan que canta, toca o corno ou berra cando vai mal tempo para avisar aos mariñeiros de que non se debe saír ao mar.

Tamén hai sereas noutras partes do mundo: Portugal, Italia, Grecia, Inglaterra, Alemaña.

Lendas

A Serea das Illas MirandasNo mar de Ares, cabo das Illas Mirandas, vivía unha serea coa cor do salmón, vestida con escamas de prata. Pasaba o tempo correndo no mar, xogando cos golfiños e con todos os peixes, falando coas gaivotas e cos corvos mariños, e, ás veces, víana tomar o sol nas praias da ría. O resto do tempo pasábao en soidade nas deshabitadas Illas.

Agora xa non se ve. Din que a sorprendeu un home nunha daquelas praias, que se namorou dela e que a levou vivir lonxe do mar. Ao mellor xa non ten escamas de prata, e a súa pel xa non é da cor do salmón.

Incluso hai quen supón que tivo fillos, e que lles puxo Mariño e Mariña, que son nomes da nostalxia que vén do mar.


Recommended