+ All Categories
Home > Documents > Biblioxornal 11

Biblioxornal 11

Date post: 25-Mar-2016
Category:
Upload: jose-maria-lores-perez
View: 226 times
Download: 9 times
Share this document with a friend
Description:
Boletín trimestral da Biblioteca
4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A 4º Trimestre 2008 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 11 Outubro 2008: I Mes Internacional da Biblioteca Escolar Alfabetización e aprendizaxe na Biblioteca Escolar O mes no que andamos é o I Mes Internacional da Biblioteca Escolar. Nos últimos dez anos celebramos todos os cuartos luns de outubro o Día Internacional da Biblioteca Escolar; como dixo Henri James, presidente da IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar), esta data “chegou a ser tan importante que creceu ata converterse no Mes Internacional da Biblioteca Escolar”. As Bibliotecas Escolares preséntanse ante a comunidade educativa como lugares de encontro e saber onde se dan a man o pracer da lectura e as inquedanzas por aprender dunha maneira diferente, idea que recolle o lema proposto para este mes: Alfabetización e aprendizaxe na Biblioteca Escolar. O IES “San Paio” da a benvida a cantos iniciades este novo curso, de xeito especial aos que chegades por primeira vez. Para todas e todos está aberta a biblioteca que, grazas ao traballo e aos proxectos dos que nos precederon, este ano quedou integrada no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Isto é un premio que ten que servir de acicate para afrontar novos retos. Agora máis que nunca todas e todos esta- mos convidados á biblioteca, necesitamos facianas novas para acadar novas metas. Mais non podemos es- quecer actuacións que, experimentadas no pasado, deben ter continuidade como o club de lectura ou o tempo específico de lectura nas aulas coas que imos comezar xa. Non podemos escatimar esforzos, espazos e tempo na potenciación das habilidades lectoras se queremos un sistema educativo con calidade porque como afirma Gustavo Martín Garzo non hai vangarda, nin progreso, nin evolución, nin futuro... sen lectura. Festexemos todo o ano á Biblioteca Escolar, non só no mes de outubro e fagámolo coas tres L L L L de Libros, Lecturas e Liberdade! FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO (debuxo e idea orixinal do humorista Gogue Gogue Gogue Gogue) QUE TAL HOXE? E ATOPÁCHELO? QUE VA. BUSCA QUE TE BUSCA NA BIBLIOTECA, E EU NON O ATOPEI POR NINGURES… POIS QUE A MESTRA EMPEÑOUSE EN QUE BUSCÁSEMOS O MÁXIMO COMÚN DIVISOR…
Transcript
Page 1: Biblioxornal 11

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

4º Trimestre 2008 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 11

Outubro 2008: I Mes Internacional da Biblioteca Escolar

Alfabetización e aprendizaxe na Biblioteca Escolar

O mes no que andamos é o I Mes Internacional da Biblioteca Escolar.

Nos últimos dez anos celebramos todos os cuartos luns de outubro o Día

Internacional da Biblioteca Escolar; como dixo Henri James, presidente

da IASL (Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar), esta

data “chegou a ser tan importante que creceu ata converterse no Mes

Internacional da Biblioteca Escolar”.

As Bibliotecas Escolares preséntanse ante a comunidade educativa como lugares de encontro e saber onde

se dan a man o pracer da lectura e as inquedanzas por aprender dunha maneira diferente, idea que recolle o

lema proposto para este mes: Alfabetización e aprendizaxe na Biblioteca Escolar. O IES “San Paio” da a benvida a cantos iniciades este novo curso, de xeito especial aos que chegades por

primeira vez. Para todas e todos está aberta a biblioteca que, grazas ao traballo e aos proxectos dos que nos

precederon, este ano quedou integrada no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Isto é un

premio que ten que servir de acicate para afrontar novos retos. Agora máis que nunca todas e todos esta-

mos convidados á biblioteca, necesitamos facianas novas para acadar novas metas. Mais non podemos es-

quecer actuacións que, experimentadas no pasado, deben ter continuidade como o club de lectura ou o tempo específico de lectura nas aulas coas que imos comezar xa.

Non podemos escatimar esforzos, espazos e tempo na potenciación das habilidades lectoras se queremos un

sistema educativo con calidade porque como afirma Gustavo Martín Garzo non hai vangarda, nin progreso, nin evolución, nin futuro... sen lectura.

Festexemos todo o ano á Biblioteca Escolar, non só no mes de outubro

e fagámolo coas tres L L L L de LLLLibros, LLLLecturas e LLLLiberdade!!!!

FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO FLOREANO EN BUSCA DO GRADUADO NA ESO (debuxo e idea orixinal do humorista GogueGogueGogueGogue)

QUE TAL HOXE?

E ATOPÁCHELO? QUE VA. BUSCA QUE TE BUSCA NA BIBLIOTECA, E EU NON O ATOPEI POR NINGURES…

POIS QUE A MESTRA EMPEÑOUSE EN QUE BUSCÁSEMOS O MÁXIMO COMÚN DIVISOR… …

Page 2: Biblioxornal 11

P á x i n a 2 N ú m e r o 1 1 – 4 º t r i m e s t r e 2 0 0 8

VISITAS Á BIBLIOTECA Como xa é habitual nestas datas e aproveitando a chegada de novo alumnado, a maioría de

1º da ESO, programaremos visitas por grupos e co acompañamento dos vosos titores e tito-

ras para que coñezades de primeira man a biblioteca do centro onde agora estudades. Apro-

veitaremos para explicarvos como están clasificados os libros, como se poden atopar, as con-

dicións de préstamo ... Tamén visitaremos a Biblioteca Pública Municipal.

A TUA OPINIÓN É IMPORTANTE PARA ADQUIRIR OS NOVOS FONDOS DA BIBLIOTECA

Nas próximas datas todos os grupos do instituto seredes consultados polos vosos titores para que nos digades que materiais (libros, cómics, revistas, CDs, DVDs...) botades en falta na biblioteca e conectan mellor cos vosos gustos e apetencias. Por favor poñede sempre o autor ou autores e o título do libro, da revista, da película, do CD, DVD... E comprobade que o que pedides non está xa na biblioteca. Tentare-mos, na medida na que o permita o orzamento, satisfacer as vosas peticións.

DISCULPADE AS MOLESTIAS

O pasado curso comezamos a xestionar a catalogación dos fondos da biblioteca co programa MEIGA. Neste curso damos un paso máis e tamén realizamos os préstamos, renovacións e devolucións con este novo programa no que están integradas un gran número de bibliotecas galegas. Os fondos teñen un no-vo número de rexistro e os usuarios tamén temos novo número. A necesidade de comprobar e anotar estes novos números vai ocasionar unha maior lentitude no despacho dos préstamos pero, ao final, ga-ñaremos coa xubilación do anterior programa de xestión, sen ter paralizado o normal funcionamento da biblioteca. Por iso solicitamos e agradecemos a vosa comprensión. Xuntos seguiremos mellorando e fa-cendo avanzar a nosa biblioteca.

AS NOVAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN, TAMÉN NA BIBLIOTECA Pronto estarán ao voso dispor na biblioteca ordenadores con acceso a Internet e

ao catálogo de fondos. Primarase o uso informativo sobre o lúdico. Utilicemos

de maneira responsable e solidaria estes novos recursos para que cheguen ao

maior número de usuarios posible, sobre todo a aqueles que non dispoñen dou-

tro lugar para o seu manexo.

FALEMOS DE CIFRASFALEMOS DE CIFRASFALEMOS DE CIFRASFALEMOS DE CIFRAS • GALEGOS, OS PENÚLTIMOS: O último barómetro de hábitos de lectura sitúa a galegos (51,2%) e estremeños (49,5%)

á cola no índice de lectores. • ANALFABETOS DO SÉCULO XXI: No mundo 774 millóns de adultos (1 de cada 5) non saben ler nin escribir

e 75 millóns de nenos viven excluídos dos sistemas escolares. • Nº DE LIBROS POR UNIVERSITARIO: España 23 , Harvard 1423. • O ÉXITO DE THE BOY IN THE STRIPED PYJAMA : máis de tres millóns de libros vendidos en trinta idiomas diferentes.

Cantos serán os espectadores da película?

Page 3: Biblioxornal 11

P á x i n a 3 N ú m e r o 1 1 – 4 º T r i m e s t r e 2 0 0 8

O NOSO HORARIO

No cadro recollemos o horario en que a biblioteca permanece aberta con profesorado encargado da mesma. Fóra dese horario debedes dirixirvos aos profesores de garda no Centro se tedes que facer algunha consulta urxente. Como vedes están cubertas case todas as horas lectivas de se-gunda a sexta inclusive (9.35 – 14.25) e todos os recreos.

Para préstamos, renovacións e devolución de libros están reservados to-dos os recreos.

LEMBRA: • Aforra tempo: non esquezas o teu número de lector ou lectora.

• Cada cousa no seu lugar: cando collas un libro nos andeis, fíxate onde está para, cando remates, reintegralo ao seu sitio ou, se tes dúbida, entrégallo a persoa encargada da biblioteca, non o coloques ao chou pois dificultarías a súa busca no futuro.

• Coida o material: os fondos da Biblioteca son de todos, usa deles e axuda a conservalos en bo estado para que os que veñan no futuro poidan seguir gozando deles como ti o fas.

• Cumpre os prazos: os préstamos teñen unha duración de 15 días, pa-sado ese tempo debes renovar o préstamo ou devolvelo.

• Respecta o traballo dos teus compañeiros: evita as aglo-meracións e todo tipo de actividades que dificulten a concentración e traba-llo dos usuarios. Mantén o máximo silencio na Biblioteca.

• Un lugar para cada cousa:::: a Biblioteca non é lugar axeitado para

comer ou beber.

Axúdanos a mellorar a Biblioteca!!!!

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

9.35-10.25 Aberta Aberta Aberta Aberta

1º RECREO Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

10.45-11.35 Aberta Aberta Aberta Aberta

11.35-12.25 Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

2º RECREO Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

12.45-13.35 Aberta Aberta Aberta Aberta Aberta

13.35-14.25 Aberta Aberta Aberta Aberta

ANALFABETOS DO SÉCULO XXI: No mundo 774 millóns de adultos (1 de cada 5) non saben ler nin escribir

Page 4: Biblioxornal 11

P á x i n a 4 N ú m e r o 1 1 – 4 º t r i m e s t r e 2 0 0 8

ADEUS A RAMIRO FONTE

O pasado día 11 de outubro finou, víctima dun cancro, Ramiro Fon-te. No curso 1983-84 fora profesor de Lingua e Literatura Galegas no noso instituto, actualmente exercía de director do Instituto Cer-vantes de Lisboa. Membro correspondente da Real Academia Gale-ga. Poeta, narrador, ensaísta, crítico e estudioso da literatura gale-ga, formou parte dos poetas do Colectivo Cravo Fondo. Lembrémolo coa lectura dalgunha das súas obras. Na biblioteca podedes atopar as novelas Aves de paso e As regras do xogo ou a súa produción poética en Designium (Premio da Crítica e Premio Losada Diéguez de creación), Pasa un segredo (Premio da Crítica Española) ou A rocha dos proscritos.

PASARON CINCUENTA ANOSPASARON CINCUENTA ANOSPASARON CINCUENTA ANOSPASARON CINCUENTA ANOS En maio cumpríronse cincuenta anos da morte de Juan Ramón

Jiménez, premio nobel de literatura en 1956. O instituto celebra

esta efeméride escollendo unha das súas poesías como poesía

do mes de outubro. Juan Ramón foi

un dos máis sobranceiros poetas es-

pañois do século XX. A súa obra en

prosa Platero y yo, na que enlaza

fantasía e realismo baixo o tema do

paso do tempo, foi, despois do Qui-

xote, o libro español traducido a máis

linguas. Interesado pola poesía gale-

ga, traduciu algúns poemas de Rosa-

lía e Curros Enríquez. Del podedes

atopar na biblioteca: Antología para

niños y adolescentes, Antolojía (sic)

poética e Platero y yo.

NOBEL FRANCÉS Jean-Marie Gustave Le Clézio é o galardoado co nobel de literatura 2008. Nado en Niza, aos 23 anos revelouse como un

gran escritor coa publicación da súa primeira obra Le procès verbal (1963), que obtivo o Premio Renaudot e que supón xa

unha ruptura coa literatura precedente. A partir dese momento a súa produción incrementarase cada

ano. La Fièvre (1965), Le Déluge (1966), L’ Extase matérielle (1967), Terra Amata (1967), Le Livre

de Fuites (1970), La Guerre (1970), Lullaby (1970), Voyages de L’ autre Côté (1975), Mondo et au-

tres histoires (1978), Desert (1980), Le Chercheur d’or (1985), Hasard (1999) e L’ Africain (2004)

son algúns dos títulos do seu extenso catálogo narrativo que acada case as cincuenta obras publicadas .

A súa última novela, Ritournelle de la faim, apareceu nas librarías francesas o pasado día 2 de outu-

bro. A Academia Sueca na adxudicación do Nobel definiuno como ''escritor da ruptura, da aventura

poética e da éxtase sensual''. Na Biblioteca atoparedes: Mondo e outras historias (premio á tradución

do Ministerio de Cultura, 1989 e premio Ramón Cabanillas, 1989) e Desierto. Le Clézio, para quen

escribir “é escoitar o ruído do mundo”, enterouse da concesión do nobel mentres lía.

UN INGLÉS NA ACADEMIA GALEGAUN INGLÉS NA ACADEMIA GALEGAUN INGLÉS NA ACADEMIA GALEGAUN INGLÉS NA ACADEMIA GALEGA

O hispanista John Rutherford, profesor en Oxford, traductor ao inglés de Castelao e Méndez Ferrín, engaiolado pola cultura de Galicia, polo seu sentido do humor e pola maneira galega de entender a vida, ingresou como acadé-mico honorario na Galega co discurso “O fermoso sorriso de Daniel”, inspirado na figura do profeta no pórtico da gloria compostelán. Dedicado á divulgación da cultura galega no mundo anglosaxón, considera que os galegos non valoramos de maneira suficiente a nosa propia cultura e, firme defensor do galego “expresión da identidade dun pobo que non pode perderse, temos que facer todo o que poidamos” afirma: “podemos ser perfectamente trilingües, eu falo os tres idiomas (galego, español, inglés) e non é difícil”

Juan Ramón Jiménez, nun billete das antigas pesetas


Recommended