+ All Categories
Home > Documents > Biblioxornal 36

Biblioxornal 36

Date post: 24-Mar-2016
Category:
Upload: jose-maria-lores-perez
View: 233 times
Download: 5 times
Share this document with a friend
Description:
guía de lecturas e filmes para o verán 2014
4
B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A Verán 2014 I.E.S. “San Paio” — Tui Número 36 Lecturas estivais Chegan os calorosos días do verán; chega o tempo das vacacións, do descanso, do encontro coas vellas amizades, dos baños de sol e auga, das lecturas so a pracenteira sombra dunha árbore á beira do mar ou no medio dunha ancestral carballeira... Talvez xa teñas en mente as túas lecturas para esta singradura estival; se tes dúbidas, se aínda non te decidiches para ti é esta pequena guía de suxestións. Venturosas Lecturas!, Felices vacacións! BOUZAS, Pemón, A voz do vento, Xerais, 2014, 400 pp. Recreación novelesca da vida na vila de Cangas no século XVII. A destrución da vila polos piratas, as bruxas e os supostos lascivos aquelarres, as delacións entre vecinos, as actuacións do tribunal inquisitorial... COETZEE, J. M., Mocidade, Rinoceronte 2013, 194 pp. Anos 50. Un mozo quere fuxir a Europa desde Suráfrica; pensa que estudando matemáticas, lendo poesía e aforrando diñeiro, estará preparado para vivir a vida con intensidade e convertela en arte. Mais, cando chega a Londres non atopa por ningures poesía nin romanticismo. Ao contrario, sucumbe a unha vida monótona como programador informático. As aventuras azarosas e sen amor non supoñen un alivio. Novela que retrata a loita dun home novo para atopar o seu camiño no mundo. CRESPO, Juan Ignacio, Las dos próximas recesiones: cómo, dónde y por qué se producirán, Deusto Edics., 2012, 296 pp. Un resumo do que xa levamos de crise e a parte que está por pasar, marcando como final o ano 2017. Coñecer o percorrido da crise será de gran valor para a xestión da nosa economía particular. Nunha linguaxe sinxela, Juan Ignacio Crespo móstranos como evolucionará a economía do mundo na próxima década: desde o receso brasileiro ata unha posible zona de libre comercio coincidente cos límites do antigo Imperio Romano, pasando pola batalla entre China e India polo dominio de Asia. Do mesmo autor tamén resulta interesante a súa última publicación (Como acabar de una vez por todas con los mercados, Deusto Edics., 2014, 304 pp.) onde se comenta o funcionamento e se desmitifican os mercados tanto dende un punto de vista serio e formal coma lúdico e crítico (delincuencia financeira, falsa rumoroloxía,...) Dúas boas lecturas para @s interesad@s pola economía.
Transcript
Page 1: Biblioxornal 36

B O L E T Í N D O E Q U I P O D A B I B L I O T E C A

Verán 2014 I.E.S. “San Paio” — Tui

Número 36

Lecturas estivais Chegan os calorosos días do verán; chega o tempo das vacacións, do descanso, do encontro coas vellas amizades, dos baños de sol e auga, das lecturas so a pracenteira sombra dunha árbore á beira do mar ou no medio dunha ancestral carballeira... Talvez xa teñas en mente as túas lecturas para esta singradura estival; se tes dúbidas, se aínda non te decidiches para ti é esta pequena guía de suxestións.

Venturosas Lecturas!, Felices vacacións!

BOUZAS, Pemón, A voz do vento, Xerais, 2014, 400 pp. Recreación novelesca da vida na vila de Cangas no século XVII. A destrución da vila polos piratas, as bruxas e os supostos lascivos aquelarres, as delacións entre vecinos, as actuacións do tribunal inquisitorial... COETZEE, J. M., Mocidade, Rinoceronte 2013, 194 pp. Anos 50. Un mozo quere fuxir a Europa desde Suráfrica; pensa que estudando matemáticas, lendo poesía e aforrando diñeiro, estará

preparado para vivir a vida con intensidade e convertela en arte. Mais, cando chega a Londres non atopa por ningures poesía nin romanticismo. Ao contrario, sucumbe a unha vida monótona como programador informático. As aventuras azarosas e sen amor non supoñen un alivio. Novela que retrata a loita dun home novo para atopar o seu camiño no mundo. CRESPO, Juan Ignacio, Las dos próximas recesiones: cómo, dónde y por qué se producirán, Deusto Edics., 2012, 296 pp. Un resumo do que xa levamos de crise e a parte que está por pasar, marcando como final o ano 2017.

Coñecer o percorrido da crise será de gran valor para a xestión da nosa economía particular. Nunha linguaxe sinxela, Juan Ignacio Crespo móstranos como evolucionará a economía do mundo na próxima década: desde o receso brasileiro ata unha posible zona de libre comercio coincidente cos límites do antigo Imperio Romano, pasando pola batalla entre China e India polo dominio de Asia. Do mesmo autor tamén resulta interesante a súa última publicación (Como acabar de una vez por todas con los mercados, Deusto Edics., 2014, 304 pp.) onde se comenta o funcionamento e se desmitifican os mercados tanto dende un punto de vista serio e formal coma lúdico e crítico (delincuencia financeira, falsa rumoroloxía,...)

Dúas boas lecturas para @s interesad@s pola economía.

Page 2: Biblioxornal 36

FERNÁNDEZ, Miguel Anxo, O espido de Gina, Galaxia, 2014, 196 pp. Galicia, década dos 60 do século pasado. A anódina vida da vila de Valdesantos vese alterada pola proxección da película Espida fronte ao mundo. Novela que retrata unha época onde unha boa maneira de fuxir da intolerancia, do conformismo, da rutina e dos "25 anos de Paz" da propaganda oficial, eran as películas do Central e a televisión en branco e negro do café Moderno… FERNÁNDEZ PAZ, Agustín, A viaxe de Gagarín, Xerais, 2014, 280 pp.

Medio século despois da primeira viaxe do home ao espazo exterior, Miguel (de alcume Gagarín) lembra a súa via na Coruña dos sesenta. A súa familia garda segredos que irá descubrindo Miguel. Amor e memoria xunguidos nesta nova obra do mestre da literatura Fernández Paz.

JIMÉNEZ, Juan Ramón, Platero y yo, Anaya, 2014, 304 pp. O centerario da súa publicación é un bo momento para facer unha relectura deste clásico da prosa poética. Acompañado do seu burro, o poeta adulto percorre o seu Moguer natal, o que garda a memoria da súa infancia (chea de tradicións e personaxes propios do ámbito rural) e, polo tanto, o marco tamén da melancolía polo que xa non volverá: un mundo que morre do mesmo modo en que o fai Platero, en silencio. GONZÁLEZ I CATURLA, Joaquím, Todo o verán por diante, Galaxia, 2009, 128 pp. Toni e Raquel, dous rapaces que van ao mesmo instituto, vense enredados

nunha relación sentimental chea de atrancos e dificultades. O mundo dos estudantes novos e as súas inquedanzas: os amigos, os pais, os profesores, os sentimentos, o amor... aparecen

nesta novela. HUIDOBRO, Norma, Tres cines bajo la luna, Abran Cancha, Bos Aires, 2013, 120 pp. En Irina queren atopar a ventá dos seus sonos, ligada a algo descoñecido, apenas intuído... o relato progresa da man do misterio, os recordos de infancia e o mundo onírico. Nesta novela intégranse elementos psicolóxicos, enigmáticos e de intertextualidade literaria que conforman un espazo no que pouco a pouco, superados os medos, descóbrese a verdade nun final vertixinoso.

IGLESIAS, Arturo, Exeria. Nos límites do mundo, AS-PG, 2014, 68 pp. Narración da viaxe dunha galega que no s.IV dende a Gallaecia ata Exipto. Arturo Iglesias recompón unha aventura que nos achega a un tempo e a unha figura de relevancia mundial. Ilustracións de Xosé Tomás LEZCANO, Arturo, Risco segundo Risco, Galaxia, 2013, 124 pp. O 130 aniversario do nacemento de Vicente Risco é bo momento para profundar no coñecemento da súa vida e obra a partir das conversas que Arturo Lezcano e Antón Risco mantiveron sobre a figura de Vicente Risco, un fillo escritor que fala do seu pai escritor.

LÓPEZ LÓPEZ, Xabier, Cadeas, Xerais, 2013, 408 pp. Un baúl de historias (dos maquis, relatos coloniais do Sahara español, peripecias de músicos de orquestra ligóns, curiosas iniciativas dos emasculados ex–soldados británicos da Commonwealth, ficcións protagonizadas por uns Rafael Dieste ou Manuel Antonio relacionados con Joseph Conrad…) que combina múltiples formatos narrativos (o guión cinematográfico, o artigo histórico–literario, a crónica, o xénero epistolar…) Novela galardonada co Xerais de Novela 2013 e o Fervenzas Literarias 2014 (ao mellor libro de Narrativa de adultos).

P á x i n a 2 N ú m e r o 3 6 – V E R Á N 2 0 1 4

Page 3: Biblioxornal 36

P á x i n a 3 N ú m e r o 3 6 – V E R Á N 2 0 1 4

REIMÓNDEZ, María, Volvo! O regreso de Usha, Xerais, 2014, 128 pp. Á volta das vacacións chegan os nervios co último curso de primaria e a reválida. Mais na vida suceden cousas máis interesantes que as cuestións escolares… Usha ten que enfrontarse a múltiples desafíos.

RIVEIRO COELLO, Antón, Acordes náufragos, Galaxia, 2014, 144 pp. Relatos enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do

vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor tráxico dunha santeira cubana ou mesmo os tratos dunha nena con Valle-Inclán. SANTIAGO, Roberto, El sueño de Iván, S. M., 2011, 222 pp. Novela, tamén levada ao cine, que conta as peripecias do neno Iván García, veciño de Elche, escollido entre millóns de nenos para xogar un partido especial a beneficio de Grissau, un pobo de África arrasado por un terremoto. No encontro enfrontaranse unha selección dos mellores xogadores profesionais contra unha selección internacional de

nenos. Iván deberá concentrarse, esquecendo que o matón do colexio tamén foi elixido, e que a súa grande amiga Paula lle deu un sobrecolledor bico nos labios. SASTURAIN, Juan, Brooklyn & medio, Sudamericana, Bos Aires, 2013, 408 pp. Martín Solari e Ray "Brooklyn" Jackson coñécense accidentalmente e vense implicados en persecucións, atentados, mortes e incendios. Neles crece a amizade e a confianza, así como tamén o desexo de encontrarse coas persoas máis queridas. A organización Certa Xente protexe aos dous colegas, a Brooklyn & medio, da loita contra o tráfico de armas. Unha novela policial que mestura

acción, suspense e humor. SIERRA I FABRA, Jordi, A modelo descalza, Galaxia, 2011, 240 pp. Un xornalista ve na televisión como unha antiga moza, hoxe supermodelo, está acusada

do asasinato do seu actual noivo. Cun formato de novela policial e de intriga abórdanse temas como a tiranía da imaxe perfecta, os trastornos da alimentación ou o tráfico de seres humanos. SOLLEIRO, Samuel, Punk, Corsarias, 2013. Un novo arte-facto iconoclasta e provocador deste ex-alumno do noso centro no que se mestura a poesía de “Nubes de Botswana” e a prosa de “Punk”. “Literatura descarnada na que non hai tabús nin regras e todo se converte en materia ou arxila verbal modelable, mesmo os disfemismos e as imprecacións máis sonoras serven para colorar un discurso revolucionario no psicosocial e alternativo no

estilístico” (Armando Requeixo) TOBERY, Lea (heterónimo de Pere Tobaruela), Vapor, Xerais, 2014, 256 pp. Despois de sobrevivir a un terrible accidente de aviación, Helena vólvese pesimista e

depresiva, séntese vapor, vive entre a realidade e a fantasía; garda un segredo que vai compartir co seu mozo mais este en lugar de axudala escapa... VEHLMANN, Fabien, GAZZOTTI, Bruno, Solos, Dibbuks, 2014, 160 pp. Narración áxil cargada de intriga e misterio, primeira entrega dunha serie de grande éxito comercial en Francia. Como sería unha cidade sen adultos e poboada só por un grupo de nenos? Non funcionan a radio nin a televisión, hai animais salvaxes por todos lados e un terrorífico personaxe ameaza cada refuxio que os rapaces constrúen. É un pesadelo ou unha estraña realidade? Na súa fuxida coñecen o "clan do tiburón", unha estraña comunidade infantil gobernada por perigosos ideais implantados polo seu líder,

Saúl. Un cómic herdeiro, en temas e estética, dos grandes autores da revista Spirou.

Page 4: Biblioxornal 36

P á x i n a 4 N ú m e r o 3 6 – V E R Á N 2 0 1 4

Un verán de cine ÉRGUESE O VENTO (Kaze tachinu, Hayao Miyazaki, 2013) Filme biográfico que recrea feitos históricos como o terremoto de Kanto de 1923, a Depresión do 29, a epidemia de tuberculose e a entrada de Xapón na Segunda Guerra Mundial. O protagonista, Jiro, soña con voar e deseñar fermosos avións, inspírase no famoso deseñador aeronáutico italiano Caproni. Curto de vista desde neno e por iso incapaz de voar, únese á división aeronáutica dunha compañía de enxeñaría en 1927. O seu xenio pronto é recoñecido e convértese nun dos máis prestixiosos deseñadores aeronáuticos.

O FILLO DO OUTRO (Le fils de l'autre, Lorraine Levy, 2012) Cando vai ingresar no exército israelí, Joseph descobre que non é fillo biolóxico dos seus pais. Ao nacer, no medio da guerra, foi intercambiado accidentalmente por Yacine, o bebé dunha familia palestina que vive nos territorios ocupados de Cisxordania. O mundo derrúbase ao redor destas dúas familias. O rexeitamento, a dúbida, a perda de identidade, os prexuízos de raza e relixión forman unha barreira nas súas vidas que todos deberán intentar superar a través da comprensión, a amizade e a reconciliación nunha atmosfera dominada polo medo e o odio.

AO FÍO DO MAÑÁ (Edge of Tomorrow, Doug Liman, 2014) Adaptación do manga de Hiroshi Sakurazaka. A Terra será ocupada por un grupo de extraterrestres invencibles. Ao Comandante William Cage, un oficial que nunca entrou en combate, encárganlle unha misión case suicida e morre. Entra entón nun bucle temporal, no que se ve obrigado a loitar e morrer unha e outra vez. Pero as múltiples batallas que libra fano cada vez máis hábil e eficaz na súa loita contra os alieníxenas. A súa compañeira de combate é Rita Vrataski, unha guerreira das Forzas Especiais.

A MÁQUINA (The Machine, Caradog W. James, 2013) Inglaterra vive sumida nunha Guerra Fría con China. Por esa razón, o Ministerio de Defensa encarga ao científico Vincent McCarthy desenvolver un supersoldado cibernético. A investigación vese alterada cando un erro informático dá vida á súa

invención, levando ao científico a pedir axuda a Ava, experta en Intelixencia Artificial. NOÉ (Noah, Darren Aronofsky, 2014) Nun mundo estragado polos pecados humanos, Noé, un home pacífico que só desexa vivir tranquilo coa súa familia, recibe unha misión divina: construír un Arca para salvar á creación do inminente diluvio. Todo comeza cando, cada noite, Noé ten o mesmo soño: as visións de morte provocada polo auga, seguidas de nova vida na Terra.

ROMPENEVES (Snowpiercer, Bong Joon-ho, 2013) Adaptación da novela gráfica Le Trasperceneige, escrita por Jean-Marc Rochette e Jacques Loeb. Un errado experimento para solucionar o problema do quecemento global case acabou destruíndo a vida sobre a Terra. Os únicos superviventes foron os pasaxeiros do Snowpiercer, un tren que percorre o mundo impulsado por un motor de movemento eterno.


Recommended