Date post: | 29-Jul-2015 |
Category: |
Spiritual |
Upload: | parroquiadostilos |
View: | 211 times |
Download: | 6 times |
BOLETIN PARROQUIALNº 169 - Decembro 2013
PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS
MOTIVACIÓNS ANTE O NADALNa cultura cristiá é ben sabido que en Nadal celebramos o nacemento de Xesús,que vén precedido polo Advento, preparación a este gran acontecemento.
Nos últimos anos a cultura e os costumes cristiáns están a ser incluídas nomundo do consumismo. Xa non se fala de Nadal como tal senón das vaca-cións de inverno. Xa non se espera o Nadal, festa dun gran arraigo familiar,senón como días de lecer liberados de todo contexto relixioso. Nos folletosdas grandes áreas comerciais aproveitase a festa de Nadal invitando a unconsumismo, malo de por si e levando a gastos extras que superan as posi-bilidades de moitas familias.
Ós nenos/as se lles ofrece a posibilidade de escribirlle a papá Noel, ao quese representa de cor vermello e subindo, cal ladrón, polas ventás da casa.Como este costume non chega para ilusionar e vender ofértase días despoisa chegada dos Reis Magos.
¿Onde queda o Nadal? ¿Que queda do Nadal? A presenza de Xesús deNazaret vaise relegando, pouco a pouco, a un puro interese comercial.
Para unha vivencia máis profunda de Nadal, convídovos a vivir os días deAdvento como preparación ambiental e persoal do nacemento de Xesús.
Convídovos a que sexan días profundos deamor na familia e fóra dela. Nestes temposen que tantas persoas e familias o están apasar mal, fagámolos partícipes do granamor de Deus: Xesús, faise un de nós, paraque nos convertamos en amor para osdemais, especialmente cos máis desfavore-cidos.
XA VEMOS A CATEDRAL
A todos: “ Paz e Ben”.Na anterior comunicación quedabamos ás portas de Sarria. Este día, despoisde rezar na belísima igrexa románica, de tomar un café e prepararnos paraunha etapa dura polo percorrido e pola climatoloxía, puxémonos a camiñar.Todos sabemos que hai cousas no camiño que non se poden programar eque, cando un se pon a peregrinar, debe aceptar as dificultades de todo tipoque poidan aparecer. Foi esta unha etapa dura, pero chegamos a Palas deRei. A semana seguinte, día 16, volvemos a Palas de Rei, fomos a igrexa,rezamos, cuñamos as credenciais, tomamos un café e, a camiñar. Unha mañáfría e moi soleada, anticipo dunha fermosa etapa en tempo de outono.Chegamos a Melide e, como tiñamos previsto, xuntámonos a comer nunhapulpería. Tamén é bo compartir en torno a unha mesa todas as experienciasde quince quilómetros e máis cousas. Ó chegar ós Tilos, quedamos citadospara o día 23, esta sexta etapa, alargámola oito quilómetros máis coa fin dedeixar menos recorrido para a última. Xuntámonos na Igrexa de Melide pararezar, pero estaba ocupada e fomos a unha capela ó lado da igrexa. Despoisdos trámites de rigor, cun tempo precioso, fomos percorrendo as terras deMelide e Arzúa, disfrutando dunha natureza que te invitaba a ser máis segui-dores de S. Francisco. O sábado 30, cunha etapa de dezaoito quilómetros, deFerreiros a Lavacolla, quedamos ás portas de Santiago de Compostela.
O día 14 de Decembro celebraremos o final do camiño na Catedral deSantiago. Na misa de 12, presidida polo Deán da Catedral, D. Segundo Pérez,a parroquia representada polos peregrinos, o coro parroquial e cantos queiradescelebrar, xunto co Apóstolo e con Francisco de Asís, darémoslle grazas ó Señor
por tantas e tantas cousasdas que El é o facedor.
Quedades convidados,incluso se o desexades,a camiñar con nós estesdez últimos quilóme-tros; de calquera xeitoesperámosvos na Cate-dral.
Remato co mesmosaúdo do comezo: “Paz
e Ben”.
... A SANTIAGOO Plan Pastoral diocesano para o curso2013-2014 céntrase no testemuño“Polos seus froitos coñecerédelos”
que vén sendo un reto para unha evan-xelización permanente a través daactuación de cada cristián, pero taméndo anuncio persoal para que os que nosrodean poidan experimentar a forza doEvanxeo.Non podemos gardar para nós as pala-bras de vida eterna que recibimos noencontro con Xesucristo.É necesario redescubrir cada vez máisa urxencia e a beleza de anunciar aPalabra para que chegue o Reino deDeus... Todos nos decatamos da nece-sidade de que a luz de Cristo iluminetodos os ámbitos da humanidade: afamilia, a escola, a cultura, o traballo,o tempo libre e os outros sectores davida social.A misión de anunciar a Palabra deDeus é un cometido de todos os discí-pulos de Xesucristo, como consecuen-cia do seu bautismo. Ningún crente enCristo pode sentirse alleo a esta res-ponsabilidade.Polo testemuño facemos crible aPalabra e non parecerá unha utopía.
PARROQUIA VIVA
1.- Primeiro domingo de Advento.8.- Festa da Inmaculada Concepción.9.- Reunión de grupo de liturxia, ás20,30.11.- Reunión de Catequistas, ás 20,3014.- Misa. Remate da peregrinaciónna Catedral, ás 12.15.- Celebración comunitaria da Peni-tencia, ás 11. Despois da misa de 12 ogrupo coral Aleceia ofrecerá un con-certo de villancicos.18.- Reunión do grupo de Cáritas, ás20,30. 25.- Nadal. Só haberá misa ás 12.29.- Festa da Sagrada Familia.
META DO CAMIÑO
Seique nunca se acaba de peregrinarata chegar á casa do Pai. Por iso dici-mos que imos sempre de camiño.A experiencia do “Camiño” acabasendo unha experiencia de vida, cadarecuncho e cada costa simula osmomentos de dificultade e escuridade,así como cada outeiro, cada regato oucada vista panorámica, simbolizan aabundancia e a louzanía dos manan-ciais de auga fresca que salta ata avida eterna.Pero tamén o encontro con un mesmona soedade interior ou na escasezasuficiente dunha mochila case baleira,vólvense riqueza liberadora na abun-dancia dos froitos do Espírito quehabita en nós.Unha experiencia modesta e humildena fraxilidade dos nosos pés; o desexodun bo camiño para o irmán que con-nosco vai; a mansedume dunha natu-reza que humaniza a mesma vida; atemperanza que modera o instinto deser superior; o gozo que xorde do nosointerior cando desde o monte divisa-mos a Catedral; a paz que se sente aoentrar apoiado no caxato polo parteluzdo Pórtico da Gloria.Esta é Compostela ao final do Camiñoe esta a paz que inspira o encontro doespírito coa pedra modelada polo pasodo tempo e o camiño trillado dos pere-grinos aos que acompañou o nosoFrancisco de Asís en contacto coanatureza do Camiño, que tan bela-mente rezou no Canto das Criaturas,
CÁRITASSe queres axudar ó teu próximo,podes colaborar con Cáritas de dife-rentes xeitos:
Entregando alimentos non pere-cedoiros.
Ofrecendo produtos de hixienepersoal ou para o fogar.
Facendo unha aportación econó-mica, o día dedicado a Cáritas, nacolecta; tamén nas boetas que hai aolado das portas de entrada na igrexa.
Achegándote á reunión mensual,os últimos mércores de mes oupoñéndote en contacto con calqueramembro do grupo.Hai moitas formas de axudar e decomprometerse cos irmáns máisdesfavorecidos.“Cada vez que axudedes a un deste
pequenos, axudádesme a min”, di oSeñor.
PEREGRINOS...O noso Arcebispo, D. Julián, convóca-nos e un Sínodo Diocesano baixo olema: Renovados en Comuñón desde
Cristo e dinos “non quixera que ningún
diocesano se sentise alleo a este aconte-
cemento”.
¿Por que celebrar agora o noso sínododiocesano?
• Porque debemos deixarnos evanxelizarpor Cristo para sermos evanxelizadores.
• Porque necesitamos saír das nosas iner-cias, escoitar, discernir e xuntos interro-garnos.
• Porque seguimos a chamada de Cristoa sermos sal e luz na nosa sociedade.
• Porque queremos escoitar a tantas per-soas que silenciosamnete abandonan avivencia da súa fe na Igrexa.
• Porque hai máis de cen anos que nonrevisamos sinodalmente a nosa dinámi-ca pastoral.