BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
X lexislaturaNúmero 5530 de xaneiro de 2017
Fascículo 1
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios
1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión
ı 3561 (10/POC-000580)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a opinión do Goberno galego en relación co incremento dos delitos contra a propiedade pri-vada no medio rural e as carencias que presenta a dotación de medios humanos dos corpos e forzasde seguridade en Galicia, e as demandas que vai realizar ao Goberno central ao respecto 10698
ı 3579 (10/POC-000582)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaNúñez Centeno, Aurelio Alfonso e 5 máisSobre a actividade levada a cabo no eido dos transplantes en Galicia no ano 2016 10701
ı 3590 (10/POC-000585)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaSobre as razóns da Xunta de Galicia para non aplicar a normativa comunitaria e permitir o exerciciodo dereito de permuta para os traballadores interinos do persoal laboral dependente dela 10703
ı 3598 (10/POC-000586)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Toja Suárez, María DoloresSobre a opinión da Xunta de Galicia en relación coa valoración que faría na actualidade unha dele-gación da Unión Europea respecto do estado de saneamento das rías galegas, a que realiza o Go-berno galego ao respecto e as actuacións levadas a cabo dende a recepción dos informes da UniónEuropea trala visita dos seus delegados, así como a proposta do sector referida á negociación demedidas de especial protección para as zonas de cultivo de bivalvos 10705
ı 3603 (10/POC-000587)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a información, as análises realizadas e as medidas previstas polo Goberno galego en relacióncos problemas detectados no funcionamento da estación depuradora de augas residuais en probasde Ribeira 10708
ı 3613 (10/POC-000588)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as solucións previstas polo Goberno galego para arranxar os problemas e irregularidadesdetectados nos servizos de catering dos centros escolares 10711
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
10684
X lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
ı 3614 (10/POC-000589)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, LucaSobre a valoración do Goberno galego en relación cos recortes orzamentarios levados a cabo enmateria de cooperación co desenvolvemento e as medidas previstas para garantir a realización dasconvocatorias establecidas no III Plan director 10713
ı 3615 (10/POC-000590)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a valoración do Goberno galego en relación cos datos publicados polo Instituto Galego deEstatística respecto do uso da lingua galega entre a poboación 10716
ı 3616 (10/POC-000591)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en relación coa aplicación das reválidasde 2º de bacharelato establecidas na LOMCE para o curso 2016-2017 10720
ı 3617 (10/POC-000592)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a realización polos técnicos da Xunta de Galicia dalgunha valoración das obras necesariaspara a ampliación do Colexio de educación infantil e primaria Eladia Mariño, do concello de Caba-nas, así como o orzamento e os prazos previstos para a execución do proxecto 10723
ı 3618 (10/POC-000593)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a posible incidencia na preservación do patrimonio audiovisual de Galicia, así como nos ser-vizos de consulta do fondo bibliográfico e de préstamo do fondo audiovisual do Centro Galego dasArtes da Imaxe, dos recortes orzamentarios e de persoal levados a cabo e previstos polo Gobernogalego nel 10725
ı 3619 (10/POC-000594)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a valoración do Goberno galego respecto da cobertura do sistema de axudas para libros detexto e os datos referidos aos alumnos beneficiados 10727
ı 3620 (10/POC-000595)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir o dereito a unha educación públicade calidade no medio rural, así como as súas intencións respecto do pechamento neste de máisescolas e a eliminación de máis especialistas en educación infantil 10729
10685
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
ı 3624 (10/POC-000596)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela, e Torrado Quintela, JulioSobre os datos referidos ás prazas de acollemento de menores existentes en centros públicos enGalicia, as concertadas durante o ano 2016 e os acollementos en familias rexistrados nese ano, asícomo as previsións da Xunta de Galicia respecto da eliminación do acollemento residencial de me-nores de seis anos no actual sistema de protección á infancia e á adolescencia 10731
ı 3627 (10/POC-000597)Grupo Parlamentario de En MareaCuña Bóveda, María de los Ángeles, e Chao Pérez, LucaSobre as medidas previstas polo Goberno galego para fomentar a igualdade no eido do ensino eas súas intencións respecto do financiamento das escolas que segregan o alumnado por razón desexo no futuro 10734
ı 3628 (10/POC-000598)Grupo Parlamentario de En MareaCuña Bóveda, María de los Ángeles, e Chao Pérez, LucaSobre as medidas previstas polo Goberno galego para fomentar a igualdade no eido da creaciónartística e cultural 10740
ı 3629 (10/POC-000599)Grupo Parlamentario de En MareaCuña Bóveda, María de los Ángeles, e Chao Pérez, LucaSobre as previsións do Goberno galego respecto da realización, antes do ano 2018, dun balance daevolución do Plan estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia 2012-2018 10743
ı 3635 (10/POC-000601)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, LucaSobre a opinión do Goberno galego respecto da expulsión dun mozo paraguaio que residiu catorceanos en Santiago de Compostela, así como as medidas específicas desenvolvidas para a atenciónás persoas estranxeiras 10745
ı 3636 (10/POC-000602)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, LucaSobre as razóns do Goberno galego para non realizar en período non lectivo as obras que se estána levar a cabo no CEIP Ramón de la Sagra, da Coruña, os riscos que están a ocasionar para a saúdedo alumnado e a posibilidade de demorar a súa execución ata o vindeiro Nadal ou o verán de 2017
10747ı 3637 (10/POC-000603)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre os datos referidos ao alumnado con discapacidade auditiva matriculado nos centros de en-sino secundario e o cumprimento neles do artigo 7 da Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
10686
X lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
recoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oraldas persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas 10750
ı 3638 (10/POC-000604)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca e 4 máisSobre a información e as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación coa distribuciónpolas asociacións HazteOir e CitizenGo nos centros de ensino de Galicia da publicación titulada¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en el colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual 10753
ı 3639 (10/POC-000605)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a programación do Centro Dramático Galego para o ano 2017 10756
ı 3641 (10/POC-000606)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a situación do profesorado dos conservatorios de música que foi traspasado de secundaria
10758ı 3642 (10/POC-000607)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a situación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo 10760
ı 3653 - 3750 (10/POC-000608)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Toja Suárez, María DoloresSobre os criterios seguidos para a diferenciación das zonas de marisqueo B e D na ría de Ferrol, asúa incidencia no labor das persoas mariscadoras e na calidade do produto, así como as previsiónsda Consellería do Mar ao respecto 10762
ı 3655 (10/POC-000609)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, Eva e 13 máisSobre as razóns da Consellería de Sanidade para non incluír nunha oferta pública de emprego asprazas vacantes cubertas con persoal interino no Sergas e as previsións ao respecto 10765
ı 3712 (10/POC-000610)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máisSobre as condicións de acceso establecidas na convocatoria da Secretaría xeral de Ordenación doTerritorio e Urbanismo, en materia de colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións mu-nicipais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o Plan Hurbeno ano 2016 10768
10687
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
ı 3713 (10/POC-000611)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máisSobre os datos referidos ás axudas concedidas pola Xunta de Galicia ás empresas Viriato e Cara-melo do sector téxtil, a súa posible vinculación ao mantemento do cadro de persoal e as medidasprevistas pola Xunta de Galicia ao respecto 10770
ı 3724 (10/POC-000613)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre medidas para preservar o castro de Montealegre (Domaio) 10772
ı 3727 (10/POC-000614)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre a posición da Xunta de Galicia respecto da decisión do Goberno español de modificar os co-eficientes redutores na idade de xubilación dos mariñeiros que pescan en augas internacionais
10777ı 3728 (10/POC-000615)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre a recuperación da extracción do reló nos bancos marisqueiros 10781
ı 3730 (10/POC-000616)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre os criterios que segue a Consellaría do Mar para conceder axudas para novos acuicultores epara a paralización definitiva en augas interiores 10785
ı 3731 (10/POC-000617)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as medidas impulsadas pola Xunta de Galicia para reclamar do Goberno español un marco deexcepcionalidade da frota de arrastre de gran altura, ao igual que a do cerco conxelador co fin de facilitara renovación das unidades operativas e poder contar coas melloras que ofrecen os rexistros especiais
10789ı 3732 (10/POC-000618)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para reclamar do Goberno central a exclusiónda arte do xeito do plan de recuperación da sardiña, exercer as competencias en augas interioresdesenvolvendo un plan de xestión do xeito propio e adecuado á nosa realidade 10792
ı 3733 (10/POC-000619)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
10688
X lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
Sobre os plans de recuperación da pescada 10796
ı 3734 (10/POC-000620)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre as medidas adoptadas para fomentar o berberecho de Noia 10800
ı 3735 (10/POC-000621)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre o proceso de regularización de embarcacións pesqueiras en Galicia 10805
ı 3729 (10/POC-000622)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as xestións que ten feito a Xunta de Galicia en relación coa reclamación do colectivo socialLong Hope, ante o Estado de Noruega, do recoñecemento do dereito a percibir as súas pensiónsde xubilación ou que se lles devolvan os impostos recadados 10810
ı 3743 (10/POC-000623)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre a reparación dos déficits de persoal e a corrección das deficiencias do servizo de urxenciasdo Novo Hospital de Vigo 10815
ı 3746 (10/POC-000624)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre a cobertura dunha praza de enfermería no centro de saúde da Pobra do Caramiñal 10819
ı 3747 (10/POC-000625)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a aplicación polo Sergas dos protocolos internacionais de actuación relativos á interrupciónvoluntaria do embarazo e á adopción das medidas necesarias que garanten una atención integrale de calidade na atención ás mulleres que precisen un aborto euxenésico 10822
ı 3752 (10/POC-000626)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a creación dun Punto de Atención á Infancia no Concello de Muras 10826
ı 3755 (10/POC-000627)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a actuación da Xunta de Galicia en relación ao desenvolvemento dalgunha campaña arredorda figura de Maruja Mallo 10829
10689
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
1. Procedementos parlamentarios
1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión
A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
- 3561 (10/POC-000580)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre a opinión do Goberno galego en relación co incremento dos delitos contra a propiedade pri-vada no medio rural e as carencias que presenta a dotación de medios humanos dos corpos e for-zas de seguridade en Galicia, e as demandas que vai realizar ao Goberno central ao respectoComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 3579 (10/POC-000582)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaNúñez Centeno, Aurelio Alfonso e 5 máisSobre a actividade levada a cabo no eido dos transplantes en Galicia no ano 2016Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 3590 (10/POC-000585)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, EvaSobre as razóns da Xunta de Galicia para non aplicar a normativa comunitaria e permitir o exerciciodo dereito de permuta para os traballadores interinos do persoal laboral dependente delaComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 3598 (10/POC-000586)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio, e Toja Suárez, María DoloresSobre a opinión da Xunta de Galicia en relación coa valoración que faría na actualidade unha dele-gación da Unión Europea respecto do estado de saneamento das rías galegas, a que realiza o Go-berno galego ao respecto e as actuacións levadas a cabo dende a recepción dos informes da UniónEuropea trala visita dos seus delegados, así como a proposta do sector referida á negociación demedidas de especial protección para as zonas de cultivo de bivalvosComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3603 (10/POC-000587)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
10690
X lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
Sobre a información, as análises realizadas e as medidas previstas polo Goberno galego en relacióncos problemas detectados no funcionamento da estación depuradora de augas residuais en probasde RibeiraComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
- 3613 (10/POC-000588)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as solucións previstas polo Goberno galego para arranxar os problemas e irregularidadesdetectados nos servizos de catering dos centros escolaresComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3614 (10/POC-000589)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, LucaSobre a valoración do Goberno galego en relación cos recortes orzamentarios levados a cabo enmateria de cooperación co desenvolvemento e as medidas previstas para garantir a realización dasconvocatorias establecidas no III Plan directorComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 3615 (10/POC-000590)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a valoración do Goberno galego en relación cos datos publicados polo Instituto Galego deEstatística respecto do uso da lingua galega entre a poboaciónComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3616 (10/POC-000591)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en relación coa aplicación das reválidasde 2º de bacharelato establecidas na LOMCE para o curso 2016-2017Comisión 4ª, Educación e Cultura
- 3617 (10/POC-000592)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a realización polos técnicos da Xunta de Galicia dalgunha valoración das obras necesariaspara a ampliación do Colexio de educación infantil e primaria Eladia Mariño, do concello de Caba-nas, así como o orzamento e os prazos previstos para a execución do proxectoComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3618 (10/POC-000593)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
10691
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
Sobre a posible incidencia na preservación do patrimonio audiovisual de Galicia, así como nos ser-vizos de consulta do fondo bibliográfico e de préstamo do fondo audiovisual do Centro Galego dasArtes da Imaxe, dos recortes orzamentarios e de persoal levados a cabo e previstos polo Gobernogalego nelComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3619 (10/POC-000594)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a valoración do Goberno galego respecto da cobertura do sistema de axudas para libros detexto e os datos referidos aos alumnos beneficiadosComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3620 (10/POC-000595)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre as actuacións previstas polo Goberno galego para garantir o dereito a unha educación públicade calidade no medio rural, así como as súas intencións respecto do pechamento neste de máisescolas e a eliminación de máis especialistas en educación infantilComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3624 (10/POC-000596)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBlanco Rodríguez, Noela, e Torrado Quintela, JulioSobre os datos referidos ás prazas de acollemento de menores existentes en centros públicos enGalicia, as concertadas durante o ano 2016 e os acollementos en familias rexistrados nese ano, asícomo as previsións da Xunta de Galicia respecto da eliminación do acollemento residencial de me-nores de seis anos no actual sistema de protección á infancia e á adolescenciaComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 3627 (10/POC-000597)Grupo Parlamentario de En MareaCuña Bóveda, María de los Ángeles, e Chao Pérez, LucaSobre as medidas previstas polo Goberno galego para fomentar a igualdade no eido do ensino eas súas intencións respecto do financiamento das escolas que segregan o alumnado por razón desexo no futuroComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3628 (10/POC-000598)Grupo Parlamentario de En MareaCuña Bóveda, María de los Ángeles, e Chao Pérez, LucaSobre as medidas previstas polo Goberno galego para fomentar a igualdade no eido da creaciónartística e culturalComisión 4ª, Educación e Cultura
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
10692
X lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
- 3629 (10/POC-000599)Grupo Parlamentario de En MareaCuña Bóveda, María de los Ángeles, e Chao Pérez, LucaSobre as previsións do Goberno galego respecto da realización, antes do ano 2018, dun balance daevolución do Plan estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia 2012-2018Comisión 4ª, Educación e Cultura
- 3635 (10/POC-000601)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, LucaSobre a opinión do Goberno galego respecto da expulsión dun mozo paraguaio que residiu catorceanos en Santiago de Compostela, así como as medidas específicas desenvolvidas para a atenciónás persoas estranxeirasComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 3636 (10/POC-000602)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, LucaSobre as razóns do Goberno galego para non realizar en período non lectivo as obras que seestán a levar a cabo no CEIP Ramón de la Sagra, da Coruña, os riscos que están a ocasionarpara a saúde do alumnado e a posibilidade de demorar a súa execución ata o vindeiro Nadalou o verán de 2017Comisión 4ª, Educación e Cultura
- 3637 (10/POC-000603)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre os datos referidos ao alumnado con discapacidade auditiva matriculado nos centros de en-sino secundario e o cumprimento neles do artigo 7 da Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que serecoñecen as linguas de signos españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oraldas persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegasComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3638 (10/POC-000604)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca e 4 máisSobre a información e as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación coa distribuciónpolas asociacións HazteOir e CitizenGo nos centros de ensino de Galicia da publicación titulada¿Sabes lo que quieren enseñarle a tu hijo en el colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexualComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3639 (10/POC-000605)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a programación do Centro Dramático Galego para o ano 2017Comisión 4ª, Educación e Cultura
10693
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
- 3641 (10/POC-000606)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a situación do profesorado dos conservatorios de música que foi traspasado de secundariaComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3642 (10/POC-000607)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca, e Cuña Bóveda, María de los ÁngelesSobre a situación do Museo de Arte Contemporánea de VigoComisión 4ª, Educación e Cultura
- 3653 - 3750 (10/POC-000608)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPérez Seco, José Manuel, e Toja Suárez, María DoloresSobre os criterios seguidos para a diferenciación das zonas de marisqueo B e D na ría de Ferrol, asúa incidencia no labor das persoas mariscadoras e na calidade do produto, así como as previsiónsda Consellería do Mar ao respectoComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
A Mesa admítea coa corrección de erros formulada no doc. núm. 3750.
- 3655 (10/POC-000609)Grupo Parlamentario de En MareaSolla Fernández, Eva e 13 máisSobre as razóns da Consellería de Sanidade para non incluír nunha oferta pública de emprego asprazas vacantes cubertas con persoal interino no Sergas e as previsións ao respectoComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 3712 (10/POC-000610)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máisSobre as condicións de acceso establecidas na convocatoria da Secretaría xeral de Ordenación doTerritorio e Urbanismo, en materia de colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións mu-nicipais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o Plan Hurbeno ano 2016Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 3713 (10/POC-000611)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máisSobre os datos referidos ás axudas concedidas pola Xunta de Galicia ás empresas Viriato e Cara-melo do sector téxtil, a súa posible vinculación ao mantemento do cadro de persoal e as medidasprevistas pola Xunta de Galicia ao respectoComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
10694
X lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
- 3724 (10/POC-000613)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre medidas para preservar o castro de Montealegre (Domaio)Comisión 4ª, Educación e Cultura
- 3727 (10/POC-000614)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre a posición da Xunta de Galicia respecto da decisión do Goberno español de modificar os co-eficientes redutores na idade de xubilación dos mariñeiros que pescan en augas internacionaisComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3728 (10/POC-000615)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre a recuperación da extracción do reló nos bancos marisqueirosComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3730 (10/POC-000616)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre os criterios que segue a Consellaría do Mar para conceder axudas para novos acuicultores epara a paralización definitiva en augas interioresComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3731 (10/POC-000617)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as medidas impulsadas pola Xunta de Galicia para reclamar do Goberno español un marcode excepcionalidade da frota de arrastre de gran altura, ao igual que a do cerco conxelador co finde facilitar a renovación das unidades operativas e poder contar coas melloras que ofrecen os re-xistros especiaisComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3732 (10/POC-000618)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia para reclamar do Goberno central a exclusiónda arte do xeito do plan de recuperación da sardiña, exercer as competencias en augas interioresdesenvolvendo un plan de xestión do xeito propio e adecuado á nosa realidadeComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3733 (10/POC-000619)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
10695
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
Sobre os plans de recuperación da pescadaComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3734 (10/POC-000620)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre as medidas adoptadas para fomentar o berberecho de NoiaComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3735 (10/POC-000621)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre o proceso de regularización de embarcacións pesqueiras en GaliciaComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3729 (10/POC-000622)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén e 5 máisSobre as xestións que ten feito a Xunta de Galicia en relación coa reclamación do colectivo socialLong Hope, ante o Estado de Noruega, do recoñecemento do dereito a percibir as súas pensiónsde xubilación ou que se lles devolvan os impostos recadadosComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 3743 (10/POC-000623)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre a reparación dos déficits de persoal e a corrección das deficiencias do servizo de urxenciasdo Novo Hospital de VigoComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 3746 (10/POC-000624)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre a cobertura dunha praza de enfermería no centro de saúde da Pobra do Caramiñal
Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 3747 (10/POC-000625)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a aplicación polo Sergas dos protocolos internacionais de actuación relativos á interrupciónvoluntaria do embarazo e á adopción das medidas necesarias que garanten una atención integrale de calidade na atención ás mulleres que precisen un aborto euxenésico
Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
10696
X lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
- 3752 (10/POC-000626)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a creación dun Punto de Atención á Infancia no Concello de MurasComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 3755 (10/POC-000627)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a actuación da Xunta de Galicia en relación ao desenvolvemento dalgunha campaña arredorda figura de Maruja MalloComisión 4ª, Educación e Cultura
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º
10697
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 55. 30 de xaneiro de 2017
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, María Dolores Toja Suárez e Juan Manuel
Díaz Villoslada, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo
152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte
pregunta para a súa resposta oral en Comisión 1.ª, Institucional, de
Administración Xeral, Xustiza e Interior.
Nun medio de comunicación galego, o día 8 de xaneiro deste ano:
“Es una tendencia que se viene sucediendo en los últimos años, pero se
trata de un problema que se ha agudizado en los últimos meses, en los que,
precisamente, los delitos contra la propiedad privada, entre otros, se han
disparado en gran parte de los Concellos de la Costa da Morte. A día de
hoy, casi la mitad de los nueve puestos que conforman la V Compañía de la
Guardia Civil (que abarca desde A Laracha hasta Corcubión) están bajo
mínimos. La situación es especialmente preocupante en los destacamentos
de Camariñas, Ponteceso, Malpica y Vimianzo, donde apenas se cubren
entre el 30 y el 50% de las plazas existentes. En el puesto camariñán
trabajan tres guardias civiles, de los nueve adscritos. En Vimianzo, cinco
de once. En Malpica, dos de cuatro, aunque el caso más sangrante es el de
Ponteceso, donde según confirmó ayer el alcalde solo hay dos agentes de
siete. En el resto de destacamentos la situación presenta un mejor aspecto.
En Laxe y A Laracha están cubiertos con la práctica totalidad de las
plantillas y en Carballo hay unos cuarenta agentes de servicio.
La causa principal de que algunos puestos estén muy por debajo de los
índices normales de actividad se debe principalmente a las bajas laborales,
vacaciones, turnos de libranza y traslados sin que, según apuntaron varios
profesionales, la Dirección General de la Guardia Civil, a través de la
Subdelegación del Gobierno, haya tomado cartas en el asunto y revertir una
situación que gran parte de los alcaldes de la zona califican de preocupante.
Algunos profesionales, que prefieren mantenerse en el anonimato por
temor a represalias, han asegurado que en determinados fines de semana
hay verdaderos quebraderos de cabeza par cubrir los servicios nocturnos.
Así, para el pasado fin de año estaban previstas dos patrullas para cubrir A
10698
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Laracha, Coristanco y Carballo. Dos de los agentes se pusieron de baja y
una de las patrullas fue anulada a última hora. La que quedó operativa
estaba formada por tres agentes, de los puestos de Carballo y Ponteceso.
Estos guardias civiles permanecieron atentos toda la noche a lo que pudiera
ocurrir, de forma simultánea, en A Laracha, Carballo, Coristanco,
Ponteceso, Malpica, Laxe y Cabana. En las comarcas de Soneira y Fisterra
ocurre tres cuartos de lo mismo: una patrulla para cubrir cuatro, cinco, seis
y hasta siete concellos”.
Isto está a ocorrer en todo o rural de Galicia e o Goberno galego cala, coma
sempre.
Hai redución de horarios e redución de medios persoais e de cadro de
persoal dos corpos da Garda Civil e da Policía Nacional (non digamos xa
da Policía adscrita). Como consecuencia, faltan información sobre os
veciños de cada pobo e vila, presenza no terreo e resposta rápida.
A Garda Civil nacía no século XIX coa fin de protexer o rural, pero cada
vez é máis urbana porque as patrullas o foron abandonando, polo que
tardan horas en chegar e a delincuencia increméntase. Ao que hai que
engadir o tremendo problema da despoboación en Galicia: cada vez hai
menos veciños e veciñas e cada vez son máis vellos. Como consecuencia, a
falta de seguridade tradúcese nunha falta de benestar.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Que opinión ten o Goberno galego sobre o incremento dos delitos
contra a propiedade privada no rural de Galicia?
2. Sabe o Goberno galego que hai destacamentos nos que apenas se
cobren entre o 30 e o 50 % das prazas existentes?
3. Sabe o Goberno galego que hai anos que está a haber redución de
horarios e redución de medios persoais e de cadro de persoal dos
corpos da Garda Civil, da Policía Nacional e da Policía adscrita?
4. Que ten que dicir o Goberno a que as baixas laborais, vacacións,
quendas de libranza e traslados non se cubran?
10699
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
5. Ten esixido ou vai esixir o Goberno á Subdelegación do Goberno do
Estado a solución deste problema de seguridade na nosa Comunidade
Autónoma?
6. Vai esixir o Goberno galego ao Ministerio do Interior que se cubran
as prazas existentes nos Corpos e Forzas de Seguridade na
Comunidade Autónoma para garantir o servizo para a cidadanía?
Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
María Dolores Toja Suárez
Juan Manuel Díaz Villoslada
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 14:04:58
María Dolores Toja Suárez na data 17/01/2017 14:05:05
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 17/01/2017 14:05:13
10700
A Mesa do Parlamento
Aurelio Núñez Centeno, Encarna Amigo Díaz, Marián García Míguez, Marta
Rodríguez Arias, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez e Miguel Tellado Filgueira,
deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
Recentemente veñen de facerse públicas as cifras correspondentes á actividade sanitaria en relación cos transplantes de órganos no Estado Español.
Unhas cifras de récord, que converten ao noso país en líder mundial, como nos últimos vinte e cinco anos, tanto en número de donantes como no total de transplantes.
Alcanzouse unha cifra de 43.4 donantes por millón de habitantes, superando por segunda vez os cen transplantes por millón, e baixando a lista de espera en 196 persoas.
A importante labor dos profesionais de urxencias hospitalarias, xunto coa doación en asistolia son os responsables deste espectacular incremento nas doazóns nestes últimos anos.
Tense tamén incrementado de xeito moi notable o número de doadores de médula ósea, cun aumento destacable na Comunidade Autónoma de Galicia.
Dado que xa están dispoñibles os datos do ano pasado en Galicia, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta en Comisión:
Cal foi a actividade no eido dos transplantes na nosa Comunidade, no ano 2016?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017 Asinado dixitalmente por:
Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 17/01/2017 16:58:52
María Encarnación Amigo Díaz na data 17/01/2017 16:59:00
10701
María Ángeles Garcia Míguez na data 17/01/2017 16:59:07
Marta Rodriguez Arias na data 17/01/2017 16:59:13
Marta María Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 17/01/2017 16:59:26
Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 17/01/2017 16:59:35
10702
Á MESA DO PARLAMENTO
Eva Solla Fernández, deputada do Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro
do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta en Comisión, relativa ao dereito de permuta para
traballadoras e traballadores interinos.
Segundo a Comisión Europea, dende o 2012, son numerosas as denuncias
recibidas neste organismo sobre as diferenzas de trato entre o persoal fixo e o
persoal con contrato de duración determinada que traballa no sector público no
conxunto do Estado Español, o que mostra un grave problema en canto ao
cumprimento da cláusula 4 do Acordo marco anexo á Directiva 1999/70/CE e
polo tanto unha responsabilidade ao non aplicar o Dereito da Unión Europea.
En Galicia, temos constancia de denuncias de traballadores e traballadoras
interinas con traballo no sector público dependente da Xunta de Galicia, que
están sendo discriminadas pola súa condición de traballadoras con contrato de
duración determinada fronte aquelas outras fixas.
Un exemplo, son as solicitudes de traballadoras interinas da Consellería de
Benestar Social, para poder permutar entre elas os postos de traballo que
actualmente ocupan e adaptalos a unha mellor conciliación da súa vida laboral e
persoal, dereito do que actualmente non poden disfrutar.
Estas solicitudes son denegadas de forma automática pola dirección Xeral da
Función Pública en aplicación do establecido no artigo 17 do V Convenio
colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, que non só está obviando
o artigo 15.6 do ET, si non tamén, cometendo nunha grave irresponsabilidade ao
10703
non aplicar o Dereito da Unión Europea, pois o principio de igualdade de trato e
non discriminación é un dos principios xerais do Dereito da UE, polo que a
Directiva debe ser considerada de alcance xeral.
A Comisión Europea ten manifestado en reiteradas ocasións que a mera natureza
temporal do emprego non constitúe por sí soa unha razón obxectiva a efectos da
non aplicación da disposición europea, xa que de ser así, deixaría os obxectivos
da Directiva 1999/70/CE e o Acordo marco carentes de contido, perpetuando
unha situación desfavorable.
Por todos estes feitos, En Marea presenta as seguintes Preguntas para a súa
resposta oral en Comisión:
1.ª) Por que a Xunta non aplica a normativa comunitaria permitindo o
dereito de permuta para traballadoras e traballadores interinos do persoal
laboral dependente da Xunta de Galicia?
2.ª) Por que a Xunta actúa de xeito discriminatorio entre traballadoras ou
traballadores interinos dependentes da propia Xunta respecto de aqueles
fixos?
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2017.
Asdo.: Eva Solla Fernández
Deputada do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Eva Solla Fernández na data 16/01/2017 13:34:57
10704
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Julio Torrado Quintela e María Dolores Toja Suárez, deputado e
deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en
Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo.
As rías galegas supón un dos bens naturais máis relevantes que ten a nosa
Comunidade Autónoma e supón, ademais, unha fonte de riqueza non so de
carácter medioambiental senón tamén económica por ser un recurso dada a
súa produtividade en termos marisqueiros. Froito desto, existe unha gran
preocupación sobre o estado do saneamento das rías galegas, pois os
problemas asociados á contaminación e o mal estado das augas e os fondos
das rías deriva en perdas económicas relevantes por problemas de
extracción e redución tanto de tamaño dos produtos como da súa cantidade.
A Unión Europea advertiu en diversas ocasións dos problemas de
saneamento das rías galegas e a súa repercusión sobre a actividade
extractiva. Froito destas advertencias, e das visitas de delegados/as do
organismo europeo, xa en 2013 produciuse un informe de amoestación,
con avisos de sancións sobre os futuribles fondos Feder, entre outras
cuestións, e España foi sancionada polo estado das rías galegas.
O sector marisqueiro vén manifestando continuamente o seu rexeitamento
ao desleixo da Xunta de Galicia na acción de atención ás rías, en liña co
sinalado pola UE, así como a aposta pola especial protección das zonas en
que se cultivan bivalvos, instando á Xunta de Galicia a negociar a
implantación destas medidas en cooperación coas institucións europeas.
En contra desto, o sector comproba con tristeza como existen promesas
continuamente incumpridas sobre medidas de saneamento, como por
exemplo os 11 millóns de euros que no propio 2013 prometeu o entón
conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández para a ría de Arousa, e
do que non existiu ningunha nova posterior.
Mentres tanto, o sector marisqueiro segue véndose obrigado a parar a súa
actividade durante o ano froito dos problemas xerados por esta
10705
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
contaminación, como se pode comprobar en datos ofrecidos polo propio
sector que apuntan a un descenso de especies, dende 2010 a 2016, época na
que se perdeu máis da metade da produción en produtos como a vieira ou a
volandeira ou o berberecho, e tamén de relevancia na ameixa.
Por todo o exposto, o deputado e a deputada que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Que valoración cree a Xunta de Galicia que faría hoxe unha
delegación da Unión Europea se volvese a visitar as rías galegas para
avaliar o seu estado de saneamento?
2. Que valoración fai a Xunta de Galicia do estado actual das rías
galegas en termos de saneamento e a súa influencia sobre o
marisqueo?
3. Que consideración lle merece á Xunta de Galicia as queixas
continuadas dos colectivos traballadores e traballadoras do sector
marisqueiro que se queixan do estado do saneamento das rías
galegas?
4. Que accións se levaron a cabo dende os informes negativos recibidos
por parte da Unión Europea despois da visita dos seus delegados/as?
5. Que valoración fai a Xunta de Galicia sobre a proposta do sector de
negociar para implantar medidas que consoliden unha especial
protección para as zonas de cultivo de bivalvo?
Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017
Asdo.: Julio Torrado Quintela
María Dolores Toja Suárez
Deputado e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia
10706
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 17/01/2017 17:28:11
María Dolores Toja Suárez na data 17/01/2017 17:28:16
10707
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, María Dolores Toja Suárez, Raúl Fernández
Fernández e María Luisa Pierres López, deputadas e deputado
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión
2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e
Servizos.
En febreiro de 2013, varios eurodeputados do Parlamento europeo viñan a
Galicia para controlar a depuración das rías galegas e concluían que as
zonas nas nosas rías que aínda son moi produtivas están en grave perigo se
non se toman medidas; máis en concreto, con relación á ría de O Burgo,
quedaron impactados polos lodos, que chegaban a uns dous metros de
profundidade e que case “tragan” a un traballador que baixou o día da
visita.
A vixente Lei de augas de Galicia, do 4 de novembro de 2010, e o seu
Regulamento, do 22 de xuño de 2012, foron propostas polo Goberno de
Feijóo e aprobadas polo Parlamento de Galicia so cos votos favorables do
Partido Popular. As dúas normas recollen preceptos relativos ao
saneamento, incluídos novos tributos para saneamento.
A ría de Arousa e os problemas de saneamento e depuración en Ribeira son
outro punto máis nesta “carreira” do Goberno do PP: en xuño de 2009,
Augas de Galicia elaboraba o anteproxecto de construción e explotación da
Edar de Ribeira, presentando a solicitude de cualificación ambiental en
xullo daquel ano.
Dende entón, o Goberno do PP ten feito un “plan” para o saneamento da
ría; un estudo de impacto ambiental e unha promesa electoral do
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de executar o
proxecto de pluviais e fecais en Ribeira, no borde marítimo, cun importe de
3.000.0000 de euros.
10708
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Non obstante, ademais dos problemas co emisario submarino (xulgados
incluídos), do mal funcionamento dos tanques de tormenta e dos sifóns e
dos vertidos ao mar de lixo e de augas non debidamente depuradas (non se
pode esquecer que desembocan nunha zona sita entre os parques naturais
de Corrubedo e das Illas Atlánticas), hoxe hai 475 denuncias por problemas
de salubridade derivados do mal funcionamento da Edar en probas.
Informes técnicos sobre a EDAR din que se observan medicións moi altas
de sulfhídrico nas estacións de bombeo e que, nalgúns casos, se sitúan fóra
de rango.
É importante dicir que, dende o ano 2014, a sociedade estatal ACUAES
iniciaba a obra da depuradora, no marco dun convenio entre os gobernos do
Estado e a Xunta, financiada con fondos Feder.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Ten coñecemento a Xunta de Galicia de todos estes problemas coa
Edar de Ribeira?
2. Sabe o Goberno cal é a orixe de que resulten medicións moi altas de
sulfhídrico nas estacións de bombeo e que, nalgúns casos, se sitúen
fóra de rango?
3. Tense realizado por parte do Goberno algunha análise dos vertidos?
Se a resposta fose positiva, cales foron os resultados das análises?
4. Que medidas correctivas vai levar a cabo o Goberno polo mal
funcionamento da Edar de Ribeira?
Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
María Dolores Toja Suárez
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
10709
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/01/2017 17:33:07
María Dolores Toja Suárez na data 17/01/2017 17:33:13
Raúl Fernández Fernández na data 17/01/2017 17:33:18
María Luisa Pierres López na data 17/01/2017 17:33:23
10710
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para o seu debate
na Comisión 4.ª, sobre os problemas e irregularidades detectadas nos catering
escolares establecidos nos centros educativos galegos.
Menús pouco saudables, comida fría, plásticos de orixe descoñecida nas
comidas como pasou hai unhas semanas no colexio Ánxeles de Brión, son
algúns dos moitos exemplos que se repiten diariamente á hora da comida nas
escolas dos nenos e nenas de Galicia que viron como se despedían ás persoas
ocupadas na cociña para dar negocio a empresas privadas de catering.
Exemplos que son resultado do proceso de privatización do servizo de
comedores escolares que leva a que máis de 2800 alumnas e alumnos galegos
reciban cada día comida de servizos de catering.
Non son casos illados, senón a norma. O 42% dos días hai incidencias
comunicadas polos colexios co servizo de catering. Esas só as comunicadas,
cantas pasan sen que teñamos noticia é unha incógnita. Son cifras que
evidencian o fracaso do modelo privatizador do Partido Popular e cuxas
consecuencias estamos lonxe de poder avaliar. Consecuencias que teñen a ver
coa saúde das nosas fillas e fillos, vencelladas co abandono da dieta atlántica.
Consecuencias, tamén, de abandonar a concepción educativa que, ó noso
entender, debería ter o servizo de comidas nas escolas.
Dende En Marea defendemos a gratuidade total do ensino público, que para
que sexa real debe incluír, tamén, a gratuidade dos chamados servizos
complementarios. Defendemos un modelo de comedor escolar 100% público,
con persoal contratado pola Consellería, elaboración dos menús da man de
10711
profesionais da mesma Consellería e que conte en cada centro educativo
cunha persoa responsable do servizo. Un modelo de comedores que, ademais,
teña en conta o seu potencial como fonte de riqueza dinamizando o comercio
local, toda vez que debería centrarse en alimentos frescos e saudables, que
aposten polo comercio de proximidade, tanto por cuestións de saúde como de
educación alimentaria.
Por estes motivos o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4.ª:
Considera o Goberno galego que a comida precociñada, prequentada e
transportada a grandes distancias, é o mellor xeito de alimentar ós nenos e
nenas dos colexios de Galicia?
Vai dar o Goberno galego algunha solución ós colexios que, como o citado
colexio dos Ánxeles de Brión, padecen servizos de catering que acumulan
decenas de problemas, máis alá da ameaza con suspenderlles o servizo?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 17:46:29
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 17:46:40
10712
Á MESA DO PARLAMENTO
Luca Chao Pérez, deputada pertencentes ao Grupo Parlamentar de En
Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Pregunta para o seu debate na Comisión 1.ª, sobre a
redución orzamentaria da política de Cooperación ó Desenvolvemento como
unha política social e pública.
O Goberno galego leva anos incumprindo reiteradamente os seus
compromisos en cooperación, recortando e poñendo en perigo a calidade da
cooperación galega. De feito, a política de cooperación ao desenvolvemento foi
a política social máis recortada polo Goberno da Xunta, que caeu máis dun
64% desde o ano 2009, ano no que acadou o seu máximo histórico cunha
dotación de 12 millóns de euros e un 0,1% de dedicación orzamentaria.
Precisamos recuperar a política de Cooperación ao Desenvolvemento como
unha política social e pública, con impacto, previsible e transparente, á marxe
da loita partidista, e orientada á loita efectiva contra a pobreza e as
desigualdades.
O goberno de Feijóo sempre estivo á cola das CC.AA solidarias e o peso da
política de cooperación sobre a totalidade do orzamento galego sempre foi
marxinal, pero aínda así foi gravemente recortada coa escusa da crise. Os
recortes en cooperación ao desenvolvemento dificilmente tiveron impacto no
control do déficit público e sen embargo si afectaron a centos de persoas de
países empobrecidos. Actualmente Galicia destina o 0,04% dos seus
orzamentos á cooperación ao desenvolvemento, a menor dedicación
orzamentaria dos últimos 15 anos. En 2016, mentres 8 CCAA aumentaron a
súa dedicación orzamentaria, en Galicia, malia que este ano aumentou o
orzamento xeral da Xunta, os orzamentos destinados á política de cooperación
ao desenvolvemento seguen estancados.
10713
O raquítico orzamento da coop
ferramenta a través da cal se garante a previsibilidade e estabilidade desta
política pública e social.
Por estes motivos o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 1.ª:
Que valoración fai o Goberno galego das constantes reducións orzamentarias
en materia de Cooperación ó Desenvolvemento?
Vai seguir o Goberno galego asfixiando as ONGD que traballan na
Cooperación ó Desenvolvemento?
Pensa o goberno galego tomar algunha medida para asegurar que se levan a
cabo as convocatorias que o III Plan Director establece?
10714
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 17:51:00
10715
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para o seu debate na Comisión 4.ª, sobre
situación da lingua galega.
No 2016 conmemoraronse cen anos da creación das Irmandades da Fala, cen anos de
reivindicación pola normalización para a lingua galega, cen anos de defensa do idioma do
noso país.
Lamentablemente a conmemoración non pode ir acompañada dunha celebración sobre a
boa saúde do noso idioma. Todo o contrario, nos últimos anos, o goberno do Partido
Popular, que ten a obriga legal de promover e defender a lingua galega, foi o principal
culpable do retroceso do noso idioma. Non só non cumpriu os compromisos previos,
como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, senón que levou a cabo unha
serie de actuacións que van claramente en contra do idioma do país. O Decreto do
plurilingüismo, a reducida presenza na xustiza, na administración e nos servizos
públicos; a desaparición das aulas de Educación infantil en lingua galega; o veto ó seu
uso nas aulas en materias da área científico-técnica ou o obxectivo de redución a 1/3 a
súa presenza no ensino; son só algúns dos exemplos das mesmas.
Todo isto acompañado dunha redución constante do orzamento en materia lingüística. Se
en 2009, cando o Partido Popular chegou ó poder, había un orzamento de 21,5 millóns de
euros, esta partida foi reducida a 15,5 millóns en 2010 e 5.724.478 euros en 2013. O que
supón unha redución de máis do 73% do orzamento (ningún outro departamento da Xunta
sufriu un recorte semellante), que o sitúa en mínimos históricos.
Afogamento orzamentario e actuacións políticas hostís que deixan un efecto claro sobre o
número de falantes do noso idioma: as persoas que falan en galego habitualmente, son
cada vez menos e máis vellas.
10716
Gráfico 1. Idioma habitual en Galicia
Fonte: IGE.eu
Como se pode ver na gráfica precedente, nunha década perdemos algo máis dun 12% de
falantes en lingua galega. O que en números absolutos se traduciu en pasar de 1.112.670
persoas que falaban sempre en galego en 2003, a 789.157 en 2013.
Se nos centramos nos falantes máis novos, únicos garantes da supervivencia do idioma,
a situación aínda é máis alarmante, a última década déixamos un 14% menos de nenos e
nenas que falan normalmente en galego. Os nenos e nenas de 5 a 14 anos que falan só
ou predominantemente en galego pasaron de ser o 40,3% en 2003 a ser o 25,11 en 2013.
10717
Gráfico 2. Idioma habitual en Galicia entre a poboación de 5 a 14 anos
Fonte: IGE.eu
É dicir, os últimos datos achegados polo IGE, alertan da moi negativa situación da lingua
galega e a rápida substitución polo castelán, sobre todo nos ámbitos urbanos e entre a
mocidade e a infancia. É máis: crece o número de rapaces e rapazas que afirman non
saber falar apenas en galego, en 2013 eran xa o 22,7%.
Esta situación, como xa se ten denunciado mesmo dende o Consello de Europa,
evidencia os incumprimentos graves na aplicación efectiva da Carta Europea de Linguas
Rexionais e Minoritarias e a Convención para a Protección das Minorías Nacionais e a
protección necesaria para os falantes de linguas minorizadas.
Dende En Marea pensamos que é urxente darlle a volta a esta situación para o que
requirimos o compromiso dos poderes públicos na defensa do idioma, promovendo
políticas activas que sitúen o galego en todos os espazos da vida cotiá onde está excluída
para garantir o dereito e a liberdade de vivirmos sempre no noso idioma.
10718
Por todos estes motivos o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a seguinte Pregunta
para o seu debate na Comisión 4.ª:
Que valoración fai o goberno galego destes datos?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 17:53:29
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 17:53:33
10719
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para ao seu debate na Comisión 4.ª, sobre a
posta en marcha das reválidas de 2.º de Bacharelato establecidas pola LOMCE e
asumidas polo Goberno galego.
A LOMCE foi a peor lei educativa que tivemos no Estado e como tal é a lei educativa que
está atopando unha maior oposición en todo o país e entre toda a comunidade educativa.
Unha lei nefasta porque o Partido Popular se empeñou en sacala adiante en contra do
criterio de toda a comunidade educativa, en contra da sociedade civil e do resto de
partidos e organizacións sociais e sindicais. A máis contestada porque ata presidentes do
Partido Popular se teñen manifestado en contra da aplicación dunha lei cunha invasión
competencial clara, que normaliza a desigualdade entre o alumnado e abre a porta ás
privatizacións.
Dentro da LOMCE as reválidas son un dos puntos máis criticados polos expertos e pola
comunidade educativa por non ter sentido pedagóxico algún e polas suas perigosas
consecuencias para a cidadanía en formación. Unhas probas que son unha mostra clara
do carácter elitista e segregador do modelo educativo do Partido Popular. Son moitos os
motivos polos que consideramos necesario acabar con este tipo de avaliacións: porque
van en contra da avaliación continua, minusvaloran o esforzo e o rendemento dos e das
estudantes durante os catro anos da ESO e os dous do Bacharelato ó fialo todo a unha
proba. Así, incrementan a posibilidade de fracasar ós alumnos, prexudicando,
especialmente, ó alumnado con problemas de aprendizaxe ou que teñen un estilo de
aprendizaxe non memorístico. Ó mesmo tempo, poñen en dúbida o traballo do
profesorado e anula a súa capacidade para avaliar as titulacións nas que foron
formadores.
10720
Unha lei que xera o caos na educación e sementa de preocupación e incerteza a toda a
comunidade educativa, que non sabe de que, cando nin como terá que examinarse.
Encaramos o final da primeira avaliación escolar sen que as alumnas e alumnos nin os
profesores e profesoras de segundo de bacharelato teñan a menor idea de que van ter
que examinarse dentro duns meses. Esta situación é absolutamente impresentable. Como
impresentable resulta a improvisación constante e o cambio de criterio respecto a estas
probas, que tanto son decisivas para ter un título como deixan de selo.
O goberno no Partido Popular, en cambio, non só non cuestionou ningún dos puntos
desta lei regresiva senón que ten aprobado sen dubidar os decretos encargados de
desenvolvela. Así, o goberno galego ten a curiosa honra de ser unha das poucas
Comunidades Autónomas que non se ten rebelado contra as reválidas.
Dende o Grupo de En Marea consideramos que anular un sistema de avaliación e acceso
á universidade sen ter ben definido un modelo alternativo é unha irresponsabilidade que
deixa en serias dificultades ós protagonistas do noso sistema educativo.
Dende En Marea consideramos que o seu modelo educativo, obsesionado na avaliación
do alumnado, xera un estrés innecesario e ten efectos pedagóxicos contraproducentes.
Por estes motivos o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta para
o seu debate na Comisión 4.ª:
Vai insistir o Goberno galego na aplicación das reválidas de 2º de Bacharelato previstas
para este curso 2016/2017?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 17:56:24
10721
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 17:56:30
10722
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para o seu debate na Comisión 4.ª, sobre a
ampliación do colexio de educación infantil e primaria Eladia Mariño.
Antes de iniciar o proceso electoral o Goberno galego anunciou un superávit para
investimentos na Consellería de Educación e habilitou unha partida para radiografiar as
instalación educativas en Galicia coa fin de detectar as principais necesidades nos
colexios e institutos.
O CEIP Eladia Mariño do Concello de Cabanas, construído na década dos oitenta, foise
adaptando ás novas necesidades e ó aumento de alumnado. Sen embargo, a
comunidade educativa ven enunciando que na actualidade ten carencias de instalacións
básicas para un centro escolar como: salón de actos, biblioteca e aulas suficientes.
Hai máis dun ano que a comunidade educativa de Cabanas agarda o proceso de
ampliación e a día de hoxe descoñecen cando comezarán as obras urxentes.
Ante esta situación, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta
para a súa resposta oral na Comisión 4.ª:
Valoraron os técnicos da Xunta as obras de ampliación?
A canto ascende a actuación proxectada?
Cando está previsto o inicio das obras no centro?
Que prazos manexan na execución da ampliación necesaria?
10723
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 17:58:10
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 17:58:15
10724
Á MESA DO PARLAMENTO
Luca Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para o seu debate na
Comisión 4.ª, sobre a revitalización do CGAI.
O Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) é o único arquivo audiovisual
público do país. Nel consérvanse fondos cinematográficos e fotográficos únicos
que forman parte substancial da memoria audiovisual galega.
Este centro, ademais, desenvolve a importante función de filmoteca dando
acceso ás obras cinematográficas que son discriminadas polos circuítos
comerciais. Deste xeito, o CGAI é unha institución chave no noso tecido
cultural que, como o resto do tecido cultural do país, leva anos sufrindo os
imparables recortes do Goberno galego.
Dos 15 traballadores e traballadoras coas que contaba a institución filmográfica
en 2010, hoxe quedan nove. Do mesmo xeito, se en 2010 o orzamento era de
450.000 euros, hoxe é de 160.000, o que supón unha baixada do 65% en
apenas cinco anos. Recortes orzamentarios e de persoal que supoñen un
grave prexuízo á calidade do servizo (son os propios traballadores e
traballadoras do centro os que teñen alertado da situación precaria na que se
atopan as latas nos corredores do centro sen as medidas de conservación
adecuadas), á preservación do noso patrimonio audiovisual, á difusión da
historia audiovisual de Galicia e á propia supervivencia do sector.
A política de recorte de persoais viuse agravada hai uns meses co despido dun
dos proxeccionistas, posto
proxección técnica e cinematográfica, dando soporte ao conxunto do
10725
audiovisual galego. Do mesmo xeito, tamén se ve ameazada a supervivencia
do servizo de consulta do fondo bibliográfico (ao contemplar a desaparición da
figura da bibliotecaria) e do servizo de préstamo do seu fondo audiovisual,
orientado sobre todo a atender a demanda do mundo educativo.
Ante esta situación, o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a seguinte
Pregunta para o seu debate na Comisión 4.ª:
- Non cre o Goberno galego que se está provocando un grave dano á
preservación do noso patrimonio audiovisual?
- Non considera que esta proposta implica un desmantelamento encuberto do
CGAI?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 18:03:47
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:03:51
10726
Á MESA DO PARLAMENTO
Luca Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para o seu debate na
Comisión 4.ª, sobre a cobertura das axudas para libros de texto.
A Constitución Española de 1978, no seu tan aldraxado artigo 27.4 establece
que: “O ensino básico é obrigatorio e gratuíto”. Ensino que o artigo 3.3 da LOE
(que a LOMCE deixou vixente) define como: “A educación primaria e a
educación secundaria obrigatoria constitúen a educación básica” , reiterando o
principio constitucional no artigo 4.1 da mesma Lei: “O ensino básico ao que se
refire o artigo 3.3 desta Lei é obrigatorio e gratuíto”.
A realidade, lamentablemente, está bastante lonxe do devandito principio
constitucional. Na práctica a gratuidade só atinxe ó acceso aos colexios e
institutos públicos onde non hai que pagar matrícula, pero o resto págase
céntimo a céntimo: os libros, o material, as saídas. Un custo que provoca
diferenzas inaceptables entre o alumnado e que debilita o dereito universal á
educación que vemos con preocupación en cada inicio de curso.
A propia defensora do Pobo, nun detallado informe sobre a materia, ten
admitido que o carácter gratuíto debería facerse extensivo ós libros de texto e ó
material didáctico utilizados para cursar os referidos niveis de ensino
obrigatorio. Só cando todos os servizos educativos, e polo tanto tamén todo o
material educativo necesario para os mesmos, sexan sufragados integramente
con fondos públicos, poderemos falar dun ensino verdadeiramente público e
gratuíto.
10727
Un sistema, que, cómpre recordar, era o que tiñamos en Galicia ata a chegada
ó goberno do Partido Popular en 2009. Nese momento, os libros de texto si que
eran gratuítos, para todos e todas, e por riba non eran de ninguén, prestábanse
pasando duns nenos a outros. Deste xeito, ademais, aprendían o valor da
conservación, da reciclaxe e do respecto. Un sistema que mesmo a Defensora
do Pobo recomendou como o de maior eficiencia e menor custe.
Por estes motivos o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4.ª:
Que valoración fai o goberno galego sobre a cobertura do sistema de axudas
para libros de texto?
Cantos nenos e nenas se beneficiaron do programa de axudas de gratuidade
solidaria en cada un dos cursos implementados?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:05:04
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 18:05:08
10728
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para o seu debate
na Comisión 4.ª, sobre a situación do ensino no medio rural.
Aumento da interinidade, profesorado en prácticas, peche de unidades e
escolas unitarias, fin da gratuidade nos comedores, recortes no transporte,
redución de fondos e prazas docentes, supresión de especialidades... Son só
algúns dos síntomas da asfixia que vén padecendo o ensino público, que
afecta, de xeito específico, ás escolas do medio rural.
ensino de calidade.
A obriga das Administracións públicas é garantir o dereito de todas as nenas e
nenos de Galicia a unha educación cos mesmos estándares de calidade,
independentemente do lugar no que vivan, por iso, será preciso apostar pola
discriminación positiva cara o ensino no rural de xeito que poidamos paliar o
desequilibro territorial. Deste xeito, cómpre mudar radicalmente a lóxica
imperante na política educativa de xeito que se abandone a lóxica economisista
para centrarse nunha óptica dos dereitos. Unha nova visión que deberá
inserirse nunha planificación global do mundo rural, que se encamiñe ó
10729
mantemento de servizos de calidade e xeración de oportunidades económicas
como única vía de frear o despoboamento das vilas e pobos de Galicia.
Ante esta situación, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4.ª:
Que vai facer o goberno galego para garantir o dereito a unha educación
pública de calidade no medio rural?
Vai insistir o goberno galego no peche de escolas unitarias e na eliminación de
especialistas en educación infantil nos centros do rural?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 18:10:17
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:10:22
10730
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Noela Blanco Rodríguez e Julio Torrado Quintela, deputada e deputado
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan
ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión
5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.
Os cambios actuais nos novos perfís dos nenos e nenas do sistema de
protección fan necesario seguir avanzando na consolidación das medidas de
alternativa familiar para os menores do sistema de protección, así como no
apoio ás familias como recurso activo do sistema de protección.
Para iso é necesaria a atención integral das necesidades físicas, afectivas e
emocionais dos nenos e nenas do sistema de protección galego, e poñer á
súa disposición todos os recursos públicos que favorezan o seu
desenvolvemento e autonomía, así como apoiar a todas aquelas familias
galegas que, grazas á súa sensibilidade coa infancia, responsabilízanse do
coidado destes menores ofrecéndolles o seu fogar.
Toda a lexislación tanto a nivel estatal como a autonómica establece a
primacía das medidas de alternativa familiar para todas aquelas persoas
menores que se atopan en situación de desprotección.
A nivel estatal, a actual Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do
sistema de protección á infancia e á adolescencia, establece que nas
actuacións de protección dos menores deben primar as medidas familiares
fronte ás residenciais, as estables fronte ás temporais, e as consensuadas
fronte ás impostas.
Igualmente establece no artigo 21.3 que “co fin de favorecer que a vida do
menor se desenvolva nunha contorna familiar, prevalecerá a medida de
acollemento familiar sobre a de acollemento residencial para calquera
menor, especialmente para menores de seis anos. Non se acordará o
acollemento residencial para menores de tres anos salvo en supostos de
imposibilidade, debidamente acreditada, de adoptar nese momento a
medida de acollemento familiar ou cando esta medida non conveña ao
interese superior do menor. Esta limitación para acordar o acollemento
10731
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
residencial aplicarase tamén aos menores de seis anos no prazo máis breve
posible. En todo caso, e con carácter xeral, o acollemento residencial destes
menores non terá unha duración superior a tres meses”.
Así mesmo, o Código Civil, no artigo 173 bis, tras a modificación realizada
pola mencionada lei, redefine as modalidades de acollemento familiar en
función da súa duración e obxectivos.
Na nosa Comunidade Autónoma, con arranxo ao disposto nos artigos 15.1
e 16.2 da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, e en
aplicación dos principios reitores da actuación dos poderes públicos no
exercicio das funcións de atención e protección á infancia e a adolescencia,
para a adopción da medida de acollemento especifícase que se dará
prioridade á utilización do acollemento familiar sobre o residencial.
Por todo o exposto, a deputada e o deputado que asinan formulan as
seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Durante o ano 2016, que número de prazas concertou o Goberno
galego con centros de menores en Galicia?
2. A data 31 de decembro de 2016, que número de prazas (por rangos de
idade) das concertadas cos centros de menores estaban ocupadas?
3. Cal é o número de prazas (por rangos de idade) coas que conta a nosa
Comunidade Autónoma para menores en centros públicos?
4. Cal foi o número total de acollementos (por rangos de idade) en
familias rexistrados durante o ano 2016 en Galicia?
5. Dos acollementos que se produciron durante o ano 2016, cantos se
produciron en familias extensas?
6. Ten previsto a Xunta de Galicia eliminar a presenza de menores de
seis anos en centros durante a X Lexislatura?
Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017
Asdo.: Noela Blanco Rodríguez
Julio Torrado Quintela
Deputada e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
10732
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Noela Blanco Rodríguez na data 17/01/2017 18:18:50
Julio Torrado Quintela na data 17/01/2017 18:19:01
10733
Á MESA DO PARLAMENTO
Ánxeles Cuña Bóveda e Luca Chao Pérez, deputadas pertencentes ao
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do recollido no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para o seu debate na
Comisión 4.ª, sobre a segregación do alumando en centros financiados con
diñeiro público.
O 25 de novembro recordamos o día contra a violencia machista, unha
violencia que ten as súas raíces na desigualdade entre homes e mulleres, e
contra as cales as Administracións Públicas deben asumir a súa
responsabilidade.
O principio de igualdade tradúcese no eido educativo como coeducación.
Coeducar é educar ás persoas dende a igualdade de valores e a marxe de que
sexan nenas ou nenos.
Na base da desigualdade atópase o androcentrismo que supón a división do
mundo en dúas clases moi ben estruturadas: a masculina de dominio e a
feminina de submisión.
Na base da igualdade está o respecto dos dereitos e liberdades fundamentais e
na igualdade de dereitos e oportunidade entre mulleres e ho
do profesorado.
Que di ao respecto a Lei Galega de Igualdade?
10734
En política educativa a Administración garantirá a integración activa do principio
de igualdade evitando comportamentos sexistas e os estereotipos sociais
asociados.
Título I cap I da Lei Galega de Igualdade.
1. Non se admitirán, no centro docente, as desigualdades entre alumnos e
alumnas sustentadas en crezas, prexuízos, tradicións ou prácticas
consuetudinarias transmisoras, directa o indirectamente, dunha distribución
estereotipada de papeis entre os sexos o de una imaxe de dominación de un
sexo sobre o outro en calquera ámbito da vida.
Na anterior lexislatura, en marzo de 2013 O TSXG fixo valer os preceptos da
vixente Lei Orgánica de Educación para invalidar o financiamento público de
prazas en cinco colexios promovidos pola empresa Fomento de Centros de
Ensinanza, ligada ao Opus Dei, e o restante, Aloya, pertence á conservadora
Asociación Fontenova. Ambas entidades decidiron interpoñer un recurso de
casación ante o Tribunal Supremo contra a sentenza do TSXG, recurso que
cinco meses despois lle serviu á Xunta como xustificación para non retirarlles
os fondos públicos e publicou unha orde para seguir inxectando cartos nestes
centros ata 2017.
A decisión, foi valorada por STEG: "evidencia a liña educativa deste Goberno,
que non ten reparos en reducir centos de postos de traballo, investimentos en
recursos, libros de texto ou facer pagar para poder comer nos comedores
escolares no ensino público co argumento da crise, nin en adicar 3 millóns de
euros de todas e todos, para subvencionar a unha empresa educativa contraria
ao espírito da coeducación"
10735
A xuízo do TSXG a retirada dos concertos "respecta a liberdade de
educación así como a libre elección de centro por parte dos pais", tamén
"a liberdade de creación" deste tipo de colexios "por quen adopte un ideario
que opte pola educación diferenciada por razón de sexo". Pero esa liberdade,
vén dicir o tribunal, non pode estar por riba "dos principios e regras vixentes,
que no caso analizado revisten carácter orgánico por partida dobre", tanto
polos preceptos da LOE como polo estipulado na Lei de Igualdade do ano
2007.
O que para a Xustiza é incumprir a lei vixente para o Goberno galego non é
máis que "educación diferenciada" e por iso seguiu a concertar aulas.
Os fondos públicos non deben subvencionar o ensino do alumnado ás familias
que optan pola escolarización segregada.
A LOMCE (2012) ou “ Lei de W ” non ten ningunha consideración polas
novas tendencias educativas nin as necesidades sociais.
Suprimiuse a Educación para a Cidadanía e substituíuse pola asignatura
Educación Cívica e Constitucional, que en palabras do propio Wert, está libre
«de cuestións controvertidas» e borrou do plan de estudos aspectos como a
homosexualidade ou a visión crítica de xénero.
das violencias machistas, dirixida tanto ao profesorado como ao alumnado,
desen
moza.
en
igualdade
10736
- de
acoso ou marxinalidade.
A LOMCE permite aos centros que segregan polo sexo. A Conferencia
Episcopal contribuíu ao desenvolvemento desta lei, participando activamente
na súa redacción e conseguindo que a asignatura de Relixión contabilice
dentro da nota media do alumnado.
A LOMCE é unha lei centralista e reduce as competencias das Comunidades
Autónomas en materia de educación.
As escasas referencias da igualdade
1.- A educación de calidade como soporte da igualdade e a xustiza social.
Non é imaxinable un sistema educativo de calidade no que non sexa unha
prioridade eliminar calquera indicio de desigualdade.
2. Un dos principios nos que se inspira o Sistema Educativo é a transmisión e
posta en práctica de valores que favorezan a liberdade persoal, a
responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, a
igualdade, o respecto e a xustiza, así como que axuden a superar calquera tipo
de discriminación.
3. O desenvolvemento, na escola, dos valores que fomenten a igualdade
efectiva entre homes e mulleres, así como a prevención da violencia de xénero.
4. En ningún caso a elección da educación diferenciada por sexos poderá
implicar para as familias, alumnos e alumnas e centros correspondentes un
trato menos favorable, nin unha desvantaxe, á hora de subscribir concertos
coas Administracións educativas ou en calquera outro aspecto. A estes efectos,
os centros deberán expoñer no seu proxecto educativo as razóns educativas
10737
da elección do devandito sistema, así como as medidas académicas que
desenvolven para favorecer a igualdade.»
5. Os centros elaborarán un plan de convivencia que incorporarán á
programación xeral anual e que recollerá todas as actividades que se
programen co fin de fomentar un bo clima de convivencia dentro do centro
escolar, a concreción dos dereitos e deberes dos alumnos e alumnas e as
medidas correctoras aplicables en caso do seu incumprimento conforme á
normativa vixente, tomando en consideración a situación e condicións persoais
dos alumnos e alumnas, e a realización de actuacións para a resolución
pacífica de conflitos con especial atención ás actuacións de prevención da
violencia de xénero, igualdade e non discriminación.
6.- Competencia do consello escolar: Propoñer medidas e iniciativas que
favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a
igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o artigo
84.3 da presente Lei Orgánica, a resolución pacífica de conflitos, e a
prevención da violencia de xénero. Unha vez constituído o Consello Escolar do
centro, este designará unha persoa que impulse medidas educativas que
fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
No currículo das diferentes etapas da Educación Básica terase en
consideración a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en
todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, e dos valores que sustentan
a democracia e os dereitos humanos, que debe incluír en todo caso a
prevención da violencia de xénero.
Por todo isto, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta
para a súa resposta oral en Comisión:
10738
Ten o goberno galego pensado aplicar algunha medida que fomente
a igualdade no eido do ensino?
Considera o goberno galego compatible a defensa dunha sociedade
igualitaria co mantemento de escolas que segregan ós nenos e nenas?
Vai seguir o goberno galego financiando con diñeiro público escolas que
segregan ó alumnado por razón de sexo?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:20:56
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 18:21:00
10739
Á MESA DO PARLAMENTO
Ánxeles Cuña Bóveda e Luca Chao Pérez, deputadas pertencentes ao
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do recollido no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para o seu debate na
Comisión 4.ª, a prol do cumprimento da lei de igualdade no eido da cultura.
O 25 de novembro recordamos o día contra a violencia machista, unha
violencia que ten as súas raíces na desigualdade entre homes e mulleres, e
contra as cales as Administracións Públicas deben asumir a súa
responsabilidade.
A cultura non é allea a esta fenda da desigualdade, antes ben, todo o contrario.
Hai xa décadas que son máis mulleres que homes entre as persoas licenciadas
na maioría de carreiras universitarias, e especialmente en artes e
humanidades. Con todo, esas licenciadas non obteñen os postos de
responsabilidade nin as recompensas materiais e simbólicas que a súa
formación, o seu talento e o seu esforzo merecen. A experiencia demostra que
cando se aplican criterios obxectivos, as mulleres obteñen resultados iguais ou
mellores que os homes. Pero no mundo da cultura a promoción baséase con
frecuencia en procesos pouco ou nada transparentes, que favorecen a inercia e
o corporativismo masculino. Así se dá o paradoxo de que o sector da ciencia e
a cultura, que debería favorecer a liberdade e creatividade individuais sen
prexuízos de xénero nin de ningún outro tipo, é un dos máis desiguais da nosa
sociedade. Son múltiples os exemplos, e basta botar unha ollada ás persoas
homenaxeadas o día das Letras Galegas (só en tres ocasións recoñeceron a
obra de literatas) ou ós Premios Mestre Mateo (só unha muller ten sido
premiada como mellor directora) cada ano para comprobar a desigualdade
enorme no recoñecemento entre homes e mulleres que se adican á cultura.
10740
Fixémonos por exemplo nos datos do audiovisual: onde só o sete por cen dos
directores, o quince por cento dos produtores e o dez por cen dos guionistas
son mulleres. Do mesmo xeito, só o 20 por cento das personaxes no cinema
son femininas, mentres que no teatro só o 25 por cento son concibidos para
actrices. Ademais, o xeito de representar as mulleres segue a responder
“maioritariamente” ós estereotipos machistas, feito que seguramente debamos
relacionar coa escaseza de directoras quen supoñen só o sete por cento no
audiovisual e dramaturgas, que supoñen o cinco por cento do total.
Xa a lei de igualdade de 2007 foi sensible a esta situación, recollendo no seu
artigo 26 a necesidade de garantir a igualdade no ámbito da creación e
produción artística e intelectual.
Dito artigo establece que as autoridades velarán por facer efectivo o principio
de igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes en todo o
concernente á creación e produción artística e intelectual e á difusión da
mesma. Para o cal se establece que se adoptarán iniciativas destinadas a
favorecer a promoción específica das mulleres na cultura e a combater a súa
discriminación estrutural e/ou difusa mediante políticas activas que promovan a
presenza equilibrada de mulleres e homes na oferta artística e cultural pública.
Ante esta situación, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión:
Ten o Goberno galego pensado aplicar algunha medida que fomente a
igualdade no eido da creación artística e cultural?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
10741
Asinado dixitalmente por:
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 18:26:57
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:27:02
10742
Á MESA DO PARLAMENTO
Ánxeles Cuña Bóveda e Luca Chao Pérez, deputadas pertencentes ao
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do recollido no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta
oral na Comisión 4.ª, sobre o cumprimento do Plan Estratéxico 2012-2018 da
Cidade da Cultura.
A política cultural de lóxica neoliberal que os sucesivos gobernos
conservadores levaron a cabo, deixaron ó longo do noso país varios
“aeroportos sen avións da cultura”, sendo o exemplo de cosmopolitismo
espectacular que é a Cidade da Cultura o máis característico.
Neste tipo de actuacións, o cálculo do custo en relación aos usos sociais é
abandonado en función duns supostos impactos indirectos e un beneficio no
intanxible da marca de rexión. Con todo, estas infraestruturas pronto se
revelaron caras de xestionar, imposibles de rendibilizar e difíciles de manter,
xerando a medio e longo prazo unha imaxe de malgaste e decadencia.
Finamente, estes elefantes brancos da cultura, xeran un gran problema de
sustentabilidade e amortización, posto que restan recursos presentes e futuros
ao noso sistema cultural, á vez que moitas veces son dificilmente reutilizables
para outros usos diferentes dos que foron concibidos.
En 2012, puxeron en marcha un plan estratéxico –dun complexo de edificios
proxectado no 1999- de cuxo nivel de cumprimento e incumprimento nunca se
fixo balance.
Ante esta situación, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión:
10743
Teñen pensado facer un balance sobre a evolución do mesmo antes do 2018,
ano no que en teoría remata o citado plan?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:29:12
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 18:29:17
10744
MESA DO PARLAMENTO
Luca Chao Pérez, deputada pertencente ao Grupo Parlamentar de En
Marea, ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte PREGUNTA para a súa resposta oral na Comisión 1.ª,
sobre a situación das persoas estranxeiras en Galicia
Vai para dous meses que soubemos do caso dun mozo que levaba vivindo 14
anos en Compostela, 14 de 19, é dicir, case toda a súa vida, e que por culpa da
aplicación brutal e inxusta da lei de estranxeiría foi detido e expulsado ó
Paraguai. A razón: unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non
conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder
regularizar a súa situación.
O resultado é un mozo que se atopa nun país no que non ten vínculo familiar
algún dende que a súa familia emigrara a España e no que só viviu os catro
primeiros anos da súa vida. Como el, a súa familia reside en Compostela,
cidade na que xa naceu o seu irmán.
O proceso de expulsión aberto foi convertido nunha resolución firme para
executar de xeito inmediato, que de haber vontade, se podería ter evitado coa
posibilidade, pola vía de arraigo social, de arranxar a súa situación legal en
España.
O caso deste mozo que non só alerta da inhumana política migratoria que
impera nos países europeos, senón das deficiencias do sistema de protección
social, toda vez que na súa situación se mesturan problemáticas de migración
e de exclusión social ante a falta de traballo e os problemas socioeconómicos
graves da súa familia.
10745
En Marea reivindicamos a necesidade de mudar radicalmente a política
migratoria así como abolir a lexislación de estranxeiría que ten claros acenos
racistas, atenta contra os principios democráticos elementais e os Dereitos
Humanos, toda vez que liga a posesión de documentación administrativa ó
respecto dos dereitos. Así, atopámonos con que unha mera falta administrativa
(non ter documentación en regra) sálvase coa expulsión do país ou a privación
de liberdade nos CIEs, en definitiva, deportación e/ou cárcere.
Por todo isto, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta
para a súa resposta oral en Comisión:
- Considera o goberno galego adecuada a expulsión dun mozo que residiu
14 anos entre nós?
- Que medidas específicas de atención ás persoas migrantes ten
desenvolvido o goberno?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:54:22
10746
Á MESA DO PARLAMENTO
Luca Chao Pérez, Ánxeles Cuña e Francisco Casal, deputados
pertencentes ao Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do recollido no
artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte PREGUNTA,
para a súa resposta oral na Comisión 4.ª, sobre a situación das obras no
CEIP Ramón de la Sagra.
novembro as familias afectadas veñen manifestando o seu malestar por unhas
obras que semella non reúnen as condicións mínimas de Seguridade e
Salubridade e que están sendo acometidas meses despois do debido,
afrontando unhas condicións meteorolóxicas adversas.
Cómpre ter presente que que a licitación das obras foi publicada o 15 de xuño,
e adxudicadas o 2 de setembro malia que na ficha descritiva da operación no
programa operativo Feder Galicia 2014-2010 p f “ t
necesidade de acometer as obras en verán antes do inicio do curso escolar
2016-2017”
Por culpa deste retraso as obras están ocasionando un profundo malestar e
preocupación entre as familias que veñen alzando queixas referidas ó acceso
dos materiais en camións polo espazo de xogos dos nenos, ruídos intensos
polos traballos con radiais mentres os nenos estaban nas aulas, problemáticas
respiratorias a causa da gran cantidade de polvo levantado, materiais
almacenados sen ningún control en espazos infantís e a retirada do amianto,
un material que se ten demostrado canceríxeno, de xeito simultáneo ás clases.
Solicitando, reiteradamente, e por acordo maioritario da ANPA, que se
paralicen as obras e se realicen en período non lectivo.
10747
Sen embargo, ignorando o sentir maioritario as obras continúan, ata o punto
de que varias familias decidiron non levar ós seus fillos a clase cando se estea
manipulando o fibrocemento como única forma de garantir a non exposición
dos mesmos.
Por todo isto, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta
para a súa resposta oral en Comisión:
- Cal foi a razón de que as obras non se levaran a cabo no período non
lectivo, o verán pasado?
- Considera adecuado que se realicen obras con claros riscos para a
saúde cos nenos e nenas dentro das aulas?
- Por que non atenden a petición das familias, expresada maioritariamente
nas reunións da ANPA, de levar a cabo os traballos en períodos non
lectivos?
- Por que non se pode facer unha detracción do orzamento para o
próximo verán?
- De non pospoñer toda a obra para o verán, por que razón non se pode
retirar a cuberta (traballos que só van durar 2 semanas) nos próximos
períodos non lectivos de decembro?
- Por que non se pode esperar menos dun mes para acometer eses
traballos no Nadal e así protexer a saúde dos nenos, pero si se podería
esperar no caso de que a climatoloxía fose adversa?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
10748
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:56:15
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 18:56:20
Francisco Casal Vidal na data 17/01/2017 18:56:31
10749
MESA DO PARLAMENTO
Luca Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao
Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro do recollido no artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte PREGUNTA para a súa
resposta oral na Comisión 4.ª, sobre a situación do alumnado con
discapacidade auditiva nos centros de ensino.
A Lei 27/2007, do 23 de outubro, pola que se recoñecen as linguas de signos
españolas e se regulan os medios de apoio á comunicación oral das persoas
xordas, con discapacidade auditiva e sordocegas, é a norma que establece as
medidas e garantías necesarias para que as persoas xordas, con
discapacidade auditiva e sordocegas poidan, libremente, facer uso das lingua
de signos e/ou dos medios de apoio á comunicación oral en todas as áreas
públicas e privadas, coa fin de facer efectivo o exercicio dos dereitos e
liberdades constitucionais, e de maneira moi especial o libre desenvolvemento
da personalidade e o dereito á educación e a plena participación na vida
política, económica, social e cultural.
Dita lei, no artigo 7 establece o xeito no que as Administracións velarán polo
dereito á educación destas persoas, para as que a aprendizaxe non só require
un esforzo extra, senón a mediación de intérpretes profesionais
“Artigo 7. Da aprendizaxe na Formación Regrada.
1. As Administracións educativas disporán dos recursos necesarios para
facilitar naqueles centros que se determine, de conformidade co establecido na
lexislación educativa vixente, a aprendizaxe das linguas de signos españolas
10750
ao alumnado xordo, con discapacidade auditiva e sordocego que, de acordo co
especificado no artigo 5.c) desta Lei, optase por esta lingua. No caso de que
estas persoas sexan menores de idade ou estean incapacitadas, a elección
corresponderá aos pais ou representantes legais.”
Sen embargo, novas aparecidas recentemente nos xornais, alértannos de
carencias importantes que afectan á inclusión do alumnado con discapacidades
auditivas nos nosos centros de ensino secundario, vendo cercenado o seu
dereito a unha educación pública e de calidade.
Por todo isto, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta
para a súa resposta oral en Comisión:
1. Con respecto ao acceso á educación secundaria: cantos alumnos e
alumnas xordas ou con discapacidade auditiva están matriculados
nos nosos centros de educación secundaria?
2. Cantos intérpretes desenvolven a súa labor nos centros docentes de
Galicia?
3. Do total do alumnado con xordeira: cantos deles teñen acceso a
unha intérprete de lingua de signos na aula? Como se xestiona a
solicitude dese recurso? Canto tempo leva a súa tramitación?
4. Nos casos onde a presenza dun intérprete é un feito, do total de
horas lectivas á semana, cantas se cobren co mesmo?
10751
5. Cantos docentes teñen formado parte dos plans de formación para o
profesorado que atende o alumnado xordo, con discapacidade
auditiva e sordocego?
6. Os servizos de interpretación á lingua de signos: asúmeos a
administración educativa ou directamente están externalizados?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 18:59:05
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 18:59:13
10752
Á MESA DO PARLAMENTO
As deputadas Luca Chao Pérez, Ánxeles Cuña Bóveda, Paula
Quinteiro Araújo, Paula Vázquez Verao e o deputado Marcos Cal
Ogando, pertencentes ao Grupo Parlamentar de En Marea, ao abeiro
do recollido no artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a
seguinte PREGUNTA, para a súa resposta oral na Comisión 4.ª,
sobre a difusión nos centros de ensino de Galicia dun folleto homófobo.
Hai unhas semanas as asociacións ultras Hazte Oir e Citizen Go
fixeron chegar a numerosos centros do país, así como noutros lugares
do estado, un panfleto de 48 páxinas titulado “¿Sabes lo que quieren
enseñarle a tu hijo en el colegio? Las leyes de adoctrinamiento sexual,
cuxa ilustración de portada amosa a un neno e a unha nena facendo o
saúdo fascista ante unha bandeira a modo de arco da vella.
Trátase dunha campaña claramente homófoba e violenta que atenta
contra a lexislación vixente do noso país. En primeiro lugar contra a
propia Constitución española que no seu artigo 14 consagra a
igualdade das persoas ante a lei sen que poda prevalecer
discriminación algunha por razón de nacemento, raza, sexo relixión,
opinión ou calquera outra condición persoal ou social. E, por outra
banda, contra a “Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a
non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e
intersexuais en Galicia”.
Consideramos que dita publicación é contraria aos principios do
proxecto educativo do noso país, que deben nacer de valores como o
respecto, a tolerancia e a non discriminación por motivos de
10753
nacemento, raza, sexo, opinión, relixión ou calquera outra condición ou
circunstancia persoal ou social.
É inadmisible que unha opción ideolóxica concreta poña en cuestión
dereitos fundamentais que deben gozar de especial protección,
máxime nas escolas do país, como entidades formadoras de persoas
libres e iguais en espazos que deben ser libres de imposicións
ideolóxicas e relixiosas.
A propia valedora do pobo, nun informe realizado o ano pasado sobre
a situación das persoas LGTBI en Galicia denunciou a pervivencia de
situacións de discriminación por razón da orientación sexual ou
identidade de xénero, especificadas nas esolas en situacións de acoso
ou bullying homofóbico ou transfóbico.
Parece evidente que as consecuencias do rechazo social son maiores
no caso dos menores, xa que están en fase de desenvolvemento da
súa personalidade. Por iso é necesario formar ás familias e á
sociedade en xeral na existencia e normalización da diversidade, e
niso, os centros de ensino teñen unha importancia capital.
Por todo iso e coa preocupación de que unha plataforma minoritaria
como Hazteoir.org poida ocasionar un dano irreparable no alumnado
dos centros educativos,o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a
seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 4.ª.
1) Ten o goberno galego constancia de cantos centros recibiron o
citado panfleto?
2) Vai tomar o goberno galego alguna medida para evitar a difusión
desta propaganda homófoba?
10754
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 19:05:34
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 19:05:57
Paula Vázquez Verao na data 17/01/2017 19:06:06
Paula Quinteiro Araújo na data 17/01/2017 19:06:13
Marcos Cal Ogando na data 17/01/2017 19:06:22
10755
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a súa resposta oral na Comisión 4.ª,
sobre a programación do Centro Dramático Galego para o 2017.
Este próximo ano por fin queda liberada a obra de Valle-Inclán de xeito que será posible
traducir a obra do dramaturgo ó galego. Dacordo con esa coxuntura, O Centro Dramático
Galego estreará o próximo 31 de marzo un espectáculo dobre no que se adaptarán dúas
pezas de Valle-Inclán: As galas do defunto e A filla do capitán. Deste xeito, a unidade de
teatro público montará dúas das tres obras que conforman Martes de Carnaval,
desbotando así a terceira pata desta triloxía de Valle, Los cuernos de don Friolera.
Este anuncio, incardinado na presentación de toda a programación do Centro Dramático
Galego ata o outubro do 2017, deixa en evidencia que toda a produción do CDG para o
ano 2017 (polo menos ata outubro) queda reducida a unha obra que, aínda que se tratará
dun espectáculo dobre, vai ser unha única montaxe cunha única estrea e cunha única xira
por Galicia. Montaxe que, ademais, vai contar cun elenco moi reducido, conformado
unicamente por dez intérpretes, sendo un volume de contratación totalmente insuficiente
por parte dun Centro Dramático que debería recuperar o seu papel como teatro nacional
para o noso país.
Ante esta situación, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta
para a súa resposta oral na Comisión 4.ª:
- Que valoración fai o goberno da Xunta de que o Centro Dramático Galego só poda
levar a cabao unha producción anual?
10756
- Considera o goberno suficiente a dotación orzamentaria que recibe o Centro
Dramático Galego?
- Teñen previsto revitalizar o Consello Asesor do Centro Dramático Galego?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 19:10:43
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 19:10:55
10757
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a súa resposta na Comisión 4.ª, sobre a
situación do profesorado dos conservatorios de música que viña traspasado de
Secundaria.
Tras meses de loita xudicial o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de dar a razón
ós profesores e profesoras de música asociados en APMAEGAL, Asociación de
Profesores de Música e Artes Escénicas de Galicia, que denunciaran o traspaso ilegal de
profesores do corpo de Secundaria, que teñen aprobadas a súa oposición ao corpo de
Secundaria, aos Conservatorios de Música, onde nin aprobaron a correspondente
oposición nin entraron polas canles establecidas pola propia Administración para exercer
no Corpo de Música e Artes Escénicas.
Un traspaso que se veu producindo durante seis anos e que actualmente implica a uns 26
docentes de Secundaria que imparten clases nos conservatorios galegos. Un
procedemento que repercutiu tanto nas profesoras e profesores interinos como nos
substitutos con anos de antigüidade que viron perder o seu traballo.
Por todo isto, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta para a
súa resposta na Comisión 4.ª:
- Ten pensado o goberno da Xunta de Galicia respectar a sentenza do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia?
- Que vai facer cos 26 docentes que deberán abandonar a docencia nos
Conservatorios?
10758
- Vai compensar dalgún xeito ós docentes interinos e substitutos que durante seis
anos padeceron as consecuencias da aplicación dunha orde ilegal?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 19:11:57
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 19:12:04
10759
Á MESA DO PARLAMENTO
Lucha Chao Pérez e Ánxeles Cuña Bóveda, deputadas pertencentes ao Grupo
Parlamentar de En Marea, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da
Cámara, presentan a seguinte Pregunta, para a súa resposta na Comisión 4.ª, sobre a
situación do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
Coñecida a previsión orzamentaria en materia de cultura do goberno para 2017 quedan
en evidencia dúas cousas: que non hai ningún interese en recuperar o nivel de
investimento social que tiñamos antes da crise, e que as decisións de gasto afondan nun
modelo cultural centralizador na Cidade da Cultura que está afogando todo o sistema
cultural de Galicia.
Neste ano, os orzamentos prevén dedicar 9.092.989 euros á Cidade da Cultura, cantidade
exactamente igual ca do ano pasado. Unha cifra que supón o 14,2% de todo o orzamento
cultural, un de cada tres euros que se dedican ó fomento das actividades culturais e a
metade de todo o que este goberno destina á atención de bibliotecas, arquivos, museos e
equipamentos culturais.
Unha das consecuencias desta recentralización orzamentaria é o que está pasando co
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, do que a Xunta é membro do seu patronato, e
Feijóo presidente de honra, o segundo centro de arte contemporánea de Galicia e todo un
exemplo da potencialidade transformadora de espazos que ten a cultura. Estamos falando
dun espazo simbólico que foi quen de convertir un lugar de represión nun centro de arte
contemporánea.
Sen embargo, o Museo leva xa demasiado tempo traballando nunha situación moi
complicada, cuns orzamentos ao límite do razoable para un centro das súas dimensións e
características.
10760
Estas son as razóns que o propio director do Museo acaba de facer públicas para explicar
a súa intención de abandonar o cargo. Deste xeito a política cultural do Partido Popular
deixa languidecer un espazo de gran valor patrimonial e que supuxo a transformación dun
lugar de represión, para seguir soterrando unha gran parte dos investimentos da cultura
galega nese aeroporto sen avións que supón a Cidade da Cultura.
Por todo isto, o Grupo Parlamentar de En Marea, presenta a seguinte Pregunta para a
súa resposta oral en Comisión:
- Cantos fondos vai destinar a Secretaria xeral de Cultura no vindeiro ano para
garantir a viabilidade do proxecto?
- Ten a Secretaría xeral de Cultura algún plan para garantir a viabilidade do
MARCO?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 17/01/2017 19:14:11
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 17/01/2017 19:14:16
10761
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Pérez Seco e María Dolores Toja Suárez, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do
disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a
seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 8ª.
As zonas de marisqueo na Ría de Ferrol están separadas por liñas imaxinarias, en
4 zonas diferentes, A, B, C e D, de modo que nalgunha delas, non se pode
mariscar, noutras, pódese pero ese marisco ha de pasar un tempo en batea (onde
se perde aproximarante un 20 % da captura).
Estas zonas están separadas por liñas imaxinarias que determina Intecmar a partir
de puntos e marcas en terra e que non sempre se corresponden coa realidade,
porque se os mariscadores están na embarcación, sobre ou preto da liña
imaxinaria, pódense atopar con que se tiran o raño para un lado, é zona B e para
outro C, ou incluso o que é realmente incomprensible que nun lado sexa zona B e
no outro D (zona de exclusión que non sirve nin para a batea de depuración) sen
haber zona de transición entre as zonas (Gal 03/06 e Gal 03/07) co
correspondente perigo para a saúde pública (presenza de bacterias fecais, posible
presenza de norovirus, e outras bacterias e virus causantes de enfermidades).
Ante esta situación o deputado e a deputada que asinan formulan as seguintes
preguntas:
1ª) Que criterios de diferenciación de zonas se utilizan que permitan a situación
limítrofe de zonas B e D, considera a Consellería que esta situación facilita a
labor dos mariscadores e garante a calidade do produto?
2ª) Valora a Consellería do Mar realizar algún tipo de modificación desta
situación?
Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017
10762
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 18/01/2017 10:28:28
María Dolores Toja Suárez na data 18/01/2017 10:28:46
10763
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Manuel Pérez Seco e María Dolores Toja Suárez, deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, solicitan a esa
mesa se proceda a realizar unha corrección de erros advertida no documento
con número de rexistro 3653, no parágrafo introdutorio do documento onde di:
“José Manuel Pérez Seco e María Dolores Toja Suárez deputado e deputada
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, …”, debe dicir:
“José Manuel Pérez Seco, María Dolores Toja Suárez e Julio Torrado Quintela,
deputados e deputada pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia …”. A tales efectos achégase sinatura do deputado.
Pazo do Parlamento, 19 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Jóse Manuel Pérez Seco na data 19/01/2017 12:07:27
María Dolores Toja Suárez na data 19/01/2017 12:07:39
Julio Torrado Quintela na data 19/01/2017 12:07:49
10764
Á MESA DO PARLAMENTO
Eva Solla Fernández, Manuel Lago Peñas, Carmen Santos Queiruga, Luís
Villares Naveira, Antón Sánchez García, Marcos Cal Ogando, Ánxeles Cuña
Bóveda, Davide Rodríguez Estévez, Paula Quinteiro Araujo, Paula Vázquez
Verao, Francisco Casal Vidal, Magdalena Barahona Martín, Juan José
Merlo Lorenzo e Luca Chao Pérez, deputadas e deputados do Grupo
Parlamentario de En Marea, ao abeiro do artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión,
relacionada coa necesidade dunha OPE extraordinaria no SERGAS.
Nos últimos anos, colectivos en defensa da sanidade pública, partidos políticos e
sindicatos teñen advertido da negativa repercusión que a amortización de prazas
no SERGAS e o abuso de contratos temporais tiñan para a calidade asistencial.
Non só perdemos en torno a 1.800 profesionais nas dúas últimas Lexislaturas, se
non que a precariedade se ten instalado entre as fileiras dos servizos sanitarios.
Contratos que a duras penas duran unha semana, un día ou mesmo unhas horas
da xornada laboral. Chamadas sen antelación a persoal non pertencente ás
listaxes pool. Postos habitualmente cubertos con contratos temporais.
Pero ademais, unha elevada existencia de interinidades que , inexplicablemente,
non teñen causado a convocatoria pública de estas prazas vacantes.
Este feito, non só imposibilita a estabilidade no emprego e a mellora conseguinte
da calidade asistencial sanitaria, se non que ten sido protagonista dunha sentenza
do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que fallou en contra da concatenación
contractual practicada no SERGAS noutros servizos sanitarios de España.
10765
A reclamación da recuperación de prazas amortizadas na nosa sanidade pública
non é incompatible coa solicitude de que tamén as prazas vacantes poidan ser
ofertadas.
Entendemos que sendo obvia a necesidade de recuperar os pranteis destruídos,
resulta aínda máis necesaria a oferta das prazas que cubertas de xeito precario
para rematar cunha situación non só inxusta dende o punto de vista laboral, se
non que afecta directamente á asistencia prestada.
Por todos estes feitos, En Marea presenta as seguintes preguntas para a súa
resposta oral en Comisión:
1.- ¿Cal é o motivo que esgrime a Consellería de Sanidade para non ter
ofertado estas prazas?
2.- ¿Consideran que manter a temporalidade nestes postos resulta menos
custoso economicamente que resultaría a estabilidade nos mesmos?
3.- ¿Son conscientes da afectación na calidade asistencial que supón esta
precariedade?
4.- ¿Son conscientes da vinculación da sentenza do Tribunal de Xustiza da
Unión Europea?
5.- ¿Ten pensado a Consellería ofertar agora ditas prazas cubertas con
contratos e fomentar así a estabilidade laboral?
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2017.
Asinado dixitalmente por:
10766
Eva Solla Fernández na data 18/01/2017 10:39:34
José Manuel Lago Peñas na data 18/01/2017 10:39:43
Carmen Santos Queiruga na data 18/01/2017 10:39:56
Magdalena Barahona Martín na data 18/01/2017 10:40:10
Paula Vázquez Verao na data 18/01/2017 10:40:26
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 18/01/2017 10:40:31
Juan José Merlo Lorenzo na data 18/01/2017 10:40:34
Antón Sánchez García na data 18/01/2017 10:40:39
Luca Chao Pérez na data 18/01/2017 10:40:43
Paula Quinteiro Araújo na data 18/01/2017 10:40:47
Luis Villares Naveira na data 18/01/2017 10:40:52
Francisco Casal Vidal na data 18/01/2017 10:40:56
David Rodríguez Estévez na data 18/01/2017 10:41:00
Marcos Cal Ogando na data 18/01/2017 10:41:04
10767
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, Juan Manuel Díaz Villoslada e Patricia Vilán
deputados e deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión
1ª.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publicou no DOG
nº 116 do 20 de xuño de 2016 a Resolución do 15 de xuño de 2016, da Secretaría
Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se abre o prazo de
presentación de solicitudes, en materia de colaboración entre a Xunta de Galicia
e as corporacións municipais, para a realización de obras con cargo ao
financiamento extraordinario para o Plan Hurbe no ano 2016.
Tal e como se expón no argumentario, O Plan Hurbe nace como resposta á
necesidade da humanización das vilas de Galicia, as grandes e as pequenas que
máis o precisen, atendendo á realidade sociodemográfica de cada unha delas,
procurando un desenvolvemento equilibrado que permita a equiparación nas
mellores condicións coas rexións europeas máis avanzadas.
Os programas do actual Plan Hurbe 2014-2017 son:
. Programa de equipamentos públicos
. Programa de humanización de rúas
. Programa de urbanización e mellora de espazos públicos
Para poder participar no marco do Plan Hurbe, ábrese un prazo de presentación
de solicitudes para que os concellos galegos que estean interesados poidan facer
as súas solicitudes, que comeza a partir do día seguinte ao de publicación.
As solicitudes presentadas valoraranse por orde de entrada no Rexistro Xeral da
Xunta de Galicia, para os efectos de comprobar a súa adecuación aos requisitos
previstos nesta resolución, e, en particular, aos obxectivos do Plan Hurbe 2014-
2017, dentro do límite das dispoñibilidades orzamentarias.
10768
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Ante esta situación as deputadas e o deputado que asinan preguntan:
1ª) Considera o Goberno galego axeitado este tipo de convocatorias públicas sen
concorrencia competitiva, impedindo a igualdade de condicións ao acceso de
todos os concellos galegos que cumpran os requisitos esixidos?
2ª) Considera o Goberno galego que os equipamentos públicos como a
humanización de rúas, ou a urbanización e mellora de espazos públicos non son
unha necesidade dos concellos galegos?
Pazo do Parlamento, 17 de xaneiro de 2017
Asinado dixitalmente por:
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 18/01/2017 18:11:17
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 18/01/2017 18:11:25
Patricia Vilán Lorenzo na data 18/01/2017 18:11:38
10769
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Begoña Rodriguez Rumbo, Xoaquín Fernández Leiceaga e Abel Losada Álvarez,
deputada e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión
3ª.
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia presentou nesta cámara
diversas iniciativas que perseguían o apoio da Xunta de Galicia ao sector téxtil
galego, considerado un sector de desenvolvemento estratéxico en varias das
nosas comarcas.
O día 4 de novembro de 2014, a Comisión de Industria do Parlamento de Galicia
aprobou unha proposición non de lei presentada polo Grupo Socialista, na que lle
reclamaba á Xunta apoio ao sector téxtil galego incluíndoo na próxima Axenda
de competitividade industrial galega, e o apoio cada ano aos proxectos de
dinamización e renovación dos talleres a partir de 2015.
Xa naquel momento, se reclamou unha atención específica sobre a comarca de
Ordes, comarca con 40.000 veciños e veciñas que viven, fundamentalmente,
dos sectores agrogandeiro e téxtil, cun número importante de empregos derivados
do sector da confección.
Nos derradeiros meses do ano 2016, temos visto na prensa diversas noticias que
nos preocupan de xeito alarmante, como son as do inicio dos procesos de
liquidacións da industrias do téxtil: Viriato e Caramelo, cos conseguintes
despedimentos das persoas empregadas en ambas empresas, 289 segundo os
datos publicados nos xornais.
Ante esta situación a deputada e os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas para a súa resposta oral:
1ª) Cal é a cantidade total que teñen recibido estas dúas empresas dos fondos da
Xunta de Galicia?
10770
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
2ª) Que condicións se lle esixiron para a concesión das axudas?
3ª) Tiñan algún compromiso para o mantemento do cadro de persoal?
4ª) Que medidas pensa adoptar a Xunta de Galicia para que estes fondos
investidos teñan unha repercusión positiva, ben mantendo os empregos ou ben
devolvendo as contías recibidas?
Pazo do Parlamento, 18 de xaneiro de 2018
Asinado dixitalmente por:
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 18/01/2017 18:09:03
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 18/01/2017 18:09:23
Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/01/2017 18:09:32
10771
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Montserrat Prado Cores, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luis Bará
Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a
seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á adopción de
medidas demandadas polo Pleno da Corporación Municipal de Moaña para
preservar o Castro de Montealegre (Domaio).
É unha realidade que a Cultura Castrexa, entendida como conxunto de
comportamentos técnicos, sociais, artísticos, económicos e relixiosos que
caracterizan unha sociedade humana concreta, supón a etapa da protohistoria do
que hoxe é Galiza. Son moitas as manifestacións desta cultura que podemos atopar
ao longo do noso territorio e mesmo en zonas do norte de Portugal e oeste de
Asturias. Polo que a súa conservación e estudio, debería ser un compromiso das
administración para poder avanzar no coñecemento do que hoxe somos.
A comarca do Morrazo conta con varios asentamentos desta cultura, sendo
un referente o Castro de Montealegre-Domaio, non só porque foi un dos primeiros
escavados e publicados cientificamente en Galiza, senón tamén pola súa tipoloxía,
pola súa situación xeográfica, polos seus petróglifos, polos achados e, moi
especialmente, pola conservación excepcional dalgún dos restos mobles atopados.
10772
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
As novas obras que se están a executar pola Axencia Galega de
Infraestruturas no desdobramento do Corredor do Morrazo, en concreto no
subtreito-1, e que afectan de cheo ao Castro, de Montealegre están a xerar un gran
descontento entre a veciñanza de Moaña. Unha situación moi similar a das obras
de construción do Corredor onde a Administración rexeitou a proposta da
corporación local e de diversos colectivos socias para que o trazados desprazara
cara o norte para que non discurrira por debaixo do Castro. Agora, reiteradamente
veñen de ser requiridas as correspondentes aclaracións a Axencia Galega de
Infraestruturas por parte do goberno municipal de Moaña. E a AXI informa que
todas e cada unha das accións que se están a levar a cabo contan co beneplácito e
control por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Algo, cando menos
sorprendente, xa que as actuacións previstas nese punto implican a construción
dun segundo falso-túnel e a desaparición da parte do Castro que supón o acceso ao
mesmo pola zona sur.
Para os veciños e veciñas de Moaña resulta intolerable que os criterios do
trazado troncen un poboado destas características e con toda a legalidade se poida
desbaratar un dos bens de máis valor do noso patrimonio cultural. Dando
constancia da súa importancia os numerosos obxectos que se atoparon durante as
diferentes escavacións realizadas. Como pobo implicado na protección do noso
patrimonio cultural esiximos que as actuacións que se leven a cabo no Castro só
deben ir encamiñadas a súa catalogación e conservación e, ademais, deben rematar
coa posta en valor do mesmo para o uso gozo dos veciños e veciñas.
Estes foron algúns dos argumentos expostos no Pleno do 25 de novembro
de 2016 do concello de Moaña onde se lle solicitaba a Dirección Xeral de
Patrimonio:
10773
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Primeiro: que se facilite ao concello de Moaña todos os informes
elaborados dende a Dirección Xeral de Patrimonio con respecto ás obras que se
están a desenvolver no Castro de Montealegre de Domaio e, especialmente, os
condicionantes establecidos para que a Axencia Galega de Infraestruturas poida
levar adiante as obras previstas de desdobramento do Corredor do Morrazo.
Segundo: que se indique que medios de control e supervisión da Dirección
Xeral de Patrimonio, materiais e humanos, se están exercendo sobre a actuación en
curso.
Terceiro: que se leve a cabo un estudio profundo do Castro, ampliando ao
máximo a zona de análise e escavación, co único fin de catalogar e protexer tan
valioso ben.
Cuarto: que se manteña intacta a estrutura das construcións castrexas e que
se dote ao complexo dun aula de interpretación do castro.
Quinto: que se aplique o rigor e a esixencia que cabe agardar do organismo
que ten por finalidade velar polo mantemento e conservación do noso patrimonio,
especialmente cando se trata de protexer un ben cuns valores históricos, artísticos
e etnolóxicos tan importantes como os do Castro de Montealegre.
Estas son as razóns que levan a formular as seguintes preguntas para a súa
resposta oral en comisión:
10774
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1.- Cales son as razóns de que non se desviase o trazado do Corredor cara o
norte, tal como reclamou a Corporación e diversos colectivos sociais para salvar a
afección ao Castro de Montealegre? Porque non se fixo co desdobramento?
2.- Xa se lle deu resposta a Moción aprobada pola Corporación Municipal
de Moaña? En que termos? Van levar a cabo a ampliación da zona de análise e
escavación, e van estudar, catalogar e protexer todo o Castro?
3.- Van comprometer a dotación dunha aula de interpretación do Castro?
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 19/01/2017 10:16:46
10775
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ana Pontón Mondelo na data 19/01/2017 10:17:00
Olalla Rodil Fernández na data 19/01/2017 10:17:02
Xose Luis Rivas Cruz na data 19/01/2017 10:17:06
Noa Presas Bergantiños na data 19/01/2017 10:17:11
Xosé Luis Bará Torres na data 19/01/2017 10:17:19
10776
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Montserrat Prado Cores, Xosé Luís Rivas Cruz, Ana Belén Pontón Mondelo,
Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luís Bará Torres, deputadas
e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa
resposta oral na Comisión 8ª, relativa á decisión inxusta do Goberno español de minorar
os coeficientes redutores da idade de xubilación.
O Real Decreto 1311/2007, de 5 outubro establecía novos criterios para
determinar a pensión de xubilación do Réxime Especial da Seguridade Social dos
Traballadores do Mar, dun modelo instaurado nos anos 70 para a Mariña Mercante que se
baseaba en aplicar un coeficiente redutor na idade de xubilación en función da zona que
navegase o barco. Zonas que viñan reguladas a través dunha Ordenanza de Traballo da
Mariña Mercante do 20 de maio de 1969.
Este vello modelo, completamente desfasado, tivo que ir modificándose para
actualizar os coeficientes redutores aplicábeis á pesca, incluíndose novas actividades que
estaban excluídas como o marisqueiro, os percebeiros, bateeiros, etc. Este criterio caduco
foi substituído por un novo baseado no tipo de buque, sen chegar aínda ao fondo da
cuestión: o dereito a reducir a idade mínima de xubilación naquelas actividades
profesionais de natureza penosa, tóxica, perigosa e insalubre nas que se acusen elevados
índices de morbilidade ou sinistralidade, así como aquelas que impliquen unha continua
separación familiar e alonxamento do fogar.
Aínda así, con esta nova normativa até finais do 2015, a frota galega que faena en
augas internacionais (cefalopodeiros, palangreiros, arrastreiros, etc) estaban considerados
10777
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
“conxeladores” polo que se lles aplicaba o coeficiente máximo de 0,40. Isto é, que con 25
anos enrolado un tripulante tería dereito a se xubilar aos 55 anos.
O pasado ano, o Goberno español (Dirección da Mariña Mercante, dependente do
Ministerio de Fomento), a través dunha orde interna, modificou a aplicación destes
coeficientes, de xeito que agora unicamente considera buques “conxeladores” aquelas
embarcacións que teña una eslora de máis de 70 m e capacidade superior ás 1.000 TRB.
O resto, dadas as súas menores dimensións, pasan a ser considerados buques
“fresqueiros” sen teren en conta nin a actividade, nin a zona de pesca, nin as condicións
de vida a bordo, aplicándoselles unha rebaixa no coeficiente de 0,40 ao 0,25-0,35, o que
evidencia unha absoluta miopía por parte deste departamento de “secano”, pois a nosa
frota faena no Índico, Pacífico, Atlántico Sul, Atlántico Norte e Ártico.
Esta medida afecta basicamente á Galiza, primeira potencia pesqueira do Estado,
e cun tipo de frota que é, “curiosamente”, a que resulta penalizada. Con esta medida
vense afectados os traballadores da frota palangreira, a frota cefalopodeira e o resto da
frota arrastreira que non alcance as novas condicións establecidas por Madrid con
independencia de que pesque nas Malvinas, en NAFO ou en calquera outro mar do
mundo. Prexudícase así a milleiros de mariñeiros galegos que verían aumentada a súa
vida laboral e sufrirían unha grave discriminación a respecto daqueles buques que
cumpran as condicións de tamaño: atuneiros e algúns arrastreiros de fondo, que verán
como desenvolvendo a mesma actividade, no mesmo caladoiro e en peores condicións de
habitabilidade, verán diminuídos os seus dereitos de xubilación polo tamaño do barco.
Esta decisión do Goberno español resulta inasumíbel e surrealista para os tempos que
corren.
Por todo o exposto formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral na
10778
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Comisión 8ª:
-Que opinión lle perece esta actuación de modificar os coeficientes redutores,
mediante unha circular interna, sin información nin comunicación algunha ao sector
afectado?
-Dado que a inmensa maioría dos mariñeiros afectados son galegos, tense dirixido
o Goberno español á Xunta de Galiza para informarlle desta modificación?
-Ten realizado o Goberno galego algunha actuación diante da decisión do
Goberno español de modificar os coeficientes redutores na idade de xubilación dos
mariñeiros que faenan en augas internacionais?
-De ser positiva a resposta, en que data se produciu, e en que ten consistido?
-Vai facer algo para defender os dereitos dos mariñeiros galegos afectados por
esta medida?
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Xosé Luís Rivas Cruz
Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luís Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
10779
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 19/01/2017 10:29:22
Xose Luis Rivas Cruz na data 19/01/2017 10:29:26
Ana Pontón Mondelo na data 19/01/2017 10:29:32
Olalla Rodil Fernández na data 19/01/2017 10:29:34
Noa Presas Bergantiños na data 19/01/2017 10:29:39
Xosé Luis Bará Torres na data 19/01/2017 10:29:44
10780
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luís Rivas Cruz,
Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luís Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG),
ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a
súa resposta oral na Comisión 8ª, relativa a saber que medidas pensa adoptar a Xunta
de Galicia para volver a recuperar a extracción do reló nos bancos marisqueiros.
Os rexistros de captura de reló entre os anos 2001 e 2005 demostran que era unha
especie importante para o marisqueo en Galicia pola cantidade de quilos extraídos, máis
de 1.400.000 quilos pero sobre todo polos ingresos que chegaron alcanzar máis de
2.500.000 euros.
Esta situación mudou cando se constatou que esta especie acumulaba unha grande
cantidade de chumbo prohibíndose a súa extracción. Dende entón diversas foron as
reclamacións do sector, e de algúns grupos políticos demandando da Xunta de Galicia os
estudos pertinentes para poder analizar en profundidade a problemática deste bivalvo e
buscar a maneira de poder volver a extraer este molusco dado que supoñía unha perda
irreparable para os ingresos de centos de mariscadores e en maior medida a partir do ano
2012 en que tivo lugar os efectos devastadores da Marteilia que acabou cos bancos
marisqueiros do berberecho na ría de Arousa, Pontevedra e Vigo.
Neste contexto no ano 2014 e ante a presión do sector a Consellaría do Mar tras
as mostraxes realizados trasladaba a opinión pública que nalgúns bancos marisqueiros os
índices de acumulación de chumbo non alcanzaba os limites autorizados pola UE en
10781
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
exemplares de tamaño inferior aos 35 milímetros, co cal era procedente autorizar o seu
consumo con todas as garantías sanitarias.
Pero as marxes de tamaño e o control e a responsabilidade de seleccionar que
individuos eran aptos e cales se desbotaban era tan complexo que o sector considerou
que non era viable optando por un acordo entre sector e Consellaría que tiña o seu reflexo
na campaña do 2015 onde se publicaba unha resolución que autorizaba a extraer 15
quilos de reloxito para compensar as perdas por mortaldade e redución de topes e
resembrar nunhas zonas determinadas pola Consellaría, a cambio abonábanse un total de
25 euros por capazo.
Pero agora resulta que un estudo levado polo grupo Ecotox da Universidade de
Vigo no que se avalía o risco que supón o consumo deste bivalvo e os resultados obtidos
todo indica que a inxesta deste produto non representa perigo para a saúde o que abre
unha porta a posibilidade de recuperar a súa extracción e comercialización.
Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa
resposta oral na Comisión 8ª:
1.- Como é posible que se sexa o sector, unha vez máis o que tome a iniciativa
para buscar unha solución a extracción do reló e non a Consellaría do Mar? Vai
comprometer medidas para comprobar que é inocuo para o ser humano?
2.- Que tipo de medidas pensa adoptar antes estes novos e esperanzadores datos?
Vamos ter unha solución de cara a vindeira campaña?
3.- Os bancos levan pechados dende o ano 2008 perdendo as/os mariscadoras/es
anualmente máis de 2,4 millóns de euros. Non vai asumir responsabilidades?
10782
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4.- O modelo de coordinación da investigación, das prioridades e sobre todo dos
resultados salta polos aires. Dunha vez por todas se van adoptar medidas para que as
competencias e os diferentes centros estean centrados na realidade do País? Como pensa
enfrontar esta dispersión de recursos e obxectivos?
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luís Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luís Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Pontón Mondelo na data 03/11/2016 11:04:03
Olalla Rodil Fernández na data 03/11/2016 12:16:09
Xose Luis Rivas Cruz na data 03/11/2016 12:16:13
María Montserrat Prado Cores na data 03/11/2016 12:16:17
10783
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Noa Presas Bergantiños na data 03/11/2016 12:16:23
Xosé Luis Bará Torres na data 03/11/2016 12:16:27
10784
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luís Rivas Cruz,
Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luís Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión 8ª, relativa a coñecer os criterios da
Consellaría do Mar das axudas para novos acuicultores e para a paralización definitiva
en augas interiores.
Nos orzamentos deste 2016 ían incluídos 18 millóns de euros para poder
cumprir os compromisos do Goberno galego coa acuicultura intensiva en cuestións tan
importantes como:
- Inversión produtivas en proxectos de acuicultura: 8.000.000 euros.
- Fomento de novas empresas acuícola: 2.000.000 euros.
- Para o asesoramento de explotacións acuícolas: 380.000 euros.
- Para reducir a cantidade de auga utilizada e os elementos contaminantes e
químicos: 4.700.000 euros.
- Para asegurar as poboacións acuícolas: 800.000 euros
- Medidas de Saúde e benestar animal: 1.500.000 euros
- Para a reconversión dos sistemas de xestión e avaliación ambiental: 300.000
euros.
10785
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Medidas que quedaron no caixón despois de que o sector rexeitara
contundentemente o anteproxecto de Lei de Acuicultura. E incluso a pregunta do BNG a
titular de Mar chegou a afirmar que ditos investimentos non se levarían a cabo.
Días despois da eleccións galegas o DOG publicaba unha serie de ordes polas
cal se destinaban uns 28 millóns de euros para o fomento da pesca e a acuicultura
sustentable.
Entre elas é de destacar os 400.000 euros para paralización definitiva de
embarcacións que traballen en augas interiores. As axudas para tripulantes de 300.000
euros cando queden sen actividade por paralización definitiva.
Ou as axudas de fomento de novas empresas que practiquen unha acuicultura
sostible, os novos acuicultores que creen por primeira vez unha micro ou empresa
acuícola no prazo dun mes e que non estean acumulando outras actividade económica
en materia de acuicultura na data de presentación da solicitude. Para estes novos
emprendedores existe un fondo de 2.000.000 de euros. Con uns requisitos: modelo
formativo en actividades de cultivo de placton e cría de especies acuícolas, produción de
alimento vivo, xestión de produción de engorde de especies acuícolas, etc claramente
orientados a un sector determinado.
Aos que hai que sumar os servizos de asesoramento de carácter técnico,
científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura con 380.000
euros
Uns investimentos superlativos sen vinculación coa realidade do sector, sen
alternativas de axudas as mariscadoras a pé de xeito que quedan novamente
discriminadas con respecto ao marisqueo a flote na paralización da actividade. Sen
comprometer axudas para ao igual que na acuicultura se poida ter unha cobertura por
mal tempo, compensacións por catástrofes naturais, por cambios repentinos na calidade
10786
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
e cantidade de augas ou por enfermidades. Axudas que non van no camiño de garantir a
produción de semente propia ou para garantirlle un salario mínimo e unha maior
profesionalidade se non que vai para implementar un modelo de acuicultura que o sector
pesqueiro ten rexeitado contundentemente.
Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa
resposta oral na Comisión 8ª:
1.-Cales son os criterios para establecer axudas a paralización definitiva da
actividade en augas interiores? Que colectivo considera a Consellaría do Mar que debe
abandonar a actividade? Cantas solicitudes se teñen presentado a esta convocatoria? Cal
é a razón? Non contempla outras alternativas para que as embarcacións non acaben no
despezamento ou nas rotondas?
2.- A que segmento van destinadas as axudas de novos acuicultores? Cal é o
importe máximo? Cantas solicitudes se teñen presentado? E que proxectos?
3.- O sector rexeitou o anteproxecto de Lei de Acuicultura. Estas axudas van no
sentido contrario do que prometeu a conselleira e o presidente da Xunta: paralización e
diálogo có sector. Dialogouse có sector para apoiar esta liña de axudas?
4.- A quen vai destinada os servizos de asesoramento técnico, científico,
xurídico, ambiental ou económico? Cantas solicitudes se presentaron? Quen o solicitou?
Cales son os problemas do sector que se van solucionar?
Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2016
10787
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luís Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luís Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Pontón Mondelo na data 04/11/2016 13:00:57
Olalla Rodil Fernández na data 04/11/2016 13:01:03
Xose Luis Rivas Cruz na data 04/11/2016 13:01:08
María Montserrat Prado Cores na data 04/11/2016 13:01:13
Noa Presas Bergantiños na data 04/11/2016 13:01:16
Xosé Luis Bará Torres na data 04/11/2016 13:01:21
10788
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz,
Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luis Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, sobre as medidas impulsadas pola
Xunta de Galiza para reclamar do Goberno español un marco de excepcionalidade da
flota de arrastre de gran altura, ao igual que a do cerco conxelador, que facilite a
renovación das unidades operativas e poder contar coas melloras que ofrecen os
rexistros especiais.
Ven de publicarse o Real Decreto 790/2015, de 4 de setembro, polo que se
modifica o Real Decreto 1549/2009, de 9 de outubro, sobre ordenación do sector
pesqueiro e a adaptación ao Fondo Europeo de Pesca, referido a flota atuneira que opera
en caladoiros de larga distancia, rexistrada no censo da flota pesqueira operativa como
cerco conxelador.
Considerando as especiais características desta flota que a fan aconsellable
acometer unha regulación específica para facilitar a construción de novas unidades
pesqueira. E encima ven xustificada na evidencia da rendibilidade económica a largo
prazo e a boa situación dos bancos pesqueiros alí onde faenan.
Estas medidas son complementarias a outras de abandeiramento, de rexistros
especias ou vinculación das súas construcións con estaleiros da UE. Medidas todas
importantes para defender e por en valor un segmento importante da flota de gran altura
10789
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
do Estado español e que xa quixeramos contar con este tipo de iniciativas por parte do
Goberno galego e obter tanta receptividade e tantas melloras por parte de Madrid.
Estas son as razóns que nos levan a formular a seguinte pregunta para a súa
resposta oral na Comisión 8ª:
“Que medidas impulsou a Xunta de Galiza para reclamar do Goberno español
un marco de excepcionalidade da flota de arrastre de gran altura, ao igual que a do cerco
conxelador, que facilite a renovación das unidades operativas e poder contar coas
melloras que ofrecen os rexistros especiais?”
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2016
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
10790
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ana Pontón Mondelo na data 07/11/2016 18:03:53
Olalla Rodil Fernández na data 07/11/2016 18:03:57
Xose Luis Rivas Cruz na data 07/11/2016 18:04:02
María Montserrat Prado Cores na data 07/11/2016 18:04:06
Noa Presas Bergantiños na data 07/11/2016 18:04:10
Xosé Luis Bará Torres na data 07/11/2016 18:04:13
10791
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz,
Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luis Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión 8ª, sobre as medidas adoptadas pola
Xunta de Galiza para reclamar do Goberno central a exclusión da arte do xeito do plan
de recuperación da sardiña, exercer as competencias en augas interiores desenvolvendo
un plan de xestión do xeito propio e adecuado a nosa realidade.
No ano 2015 trasladábase as confrarías o Plan de xestión para o arte do xeito
que a Federación de confrarías elaborou onde se realizaba un reparto das 200 ton de
sardiña que o Segepesca lle ofrece a nosa flota do xeito en función de meses de
actividade.
Neste plan tamén se contemplaba que se lle denegue a solicitude de cambios
temporais desta modalidade as embarcacións que soliciten o xeito de forma temporal e
que se viña autorizando provisionalmente cada ano como alternativa para poder
subsistir. En anos anteriores autorizábase provisionalmente o xeito por que representaba
unha pesquería que pasaba desapercibida e supoñía unha alternativa para capear os
baixos ingresos.
Tamén é salientable a proposta dunha Comisión de Control para implantar un
réxime sancionador para aquelas embarcacións que non transmitan os datos ou non
cumpran os topes establecidos.
10792
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Con estas medidas estábase a igualar a pesca de subsistencia, artesanal coa pesca
industrial e trouxo como consecuencia que os pescadores do xeito que teñan permex e
non pesquen quedarán sen o seu dereito de poder pescar para poder sobrevivir. Un
auténtico suicidio para unha flota que se compón de máis de 416 embarcacións
autorizadas de pequeno tamaño, e de outras moitas que utilizaban provisionalmente este
arte cando outros recursos non lles permitía subsistir e que constitúen un modelo de
aproveitamento do recurso, de escasos ingresos e menor incidencia sobre o conxunto do
recurso pero de vital importancia para a supervivencia de moitas familias que
conforman as comunidades costeiras do noso País.
Este ano, dado que as 200 ton era unha cantidade abusiva para as 315
embarcacións que teñen permex para o xeito, rebaixárona a 175 ton e si esta cantidade é
totalmente inadmisible tivemos que aturar o despropósito dunha serie de resolucións
como a do 5 de agosto onde se estableceu unha redución da cota diaria de 30
quilos/tripulante. E outra o 5 de setembro onde esta cota diaria, despois de reunida a
Comisión de seguimento do xeito, e solicitado o correspondente aumento, tiñan a ben
aumentar a cota diaria a 60 quilos/tripulante a bordo.
Estas son as razóns que levan a formular as seguintes preguntas para a súa
resposta oral na Comisión 8ª:
1.- Que medidas adoptou a Xunta de Galiza para reclamar do Goberno central a
exclusión da arte do xeito do plan de recuperación da sardiña que ten por finalidade
regular o arte do cerco? E para exercer as súas competencias
2.- Considera razoable sometelo a unha cota de 175 ton para todo o ano? E
sometelo a unha cota individual? Que vai pasar con quen non utilice o permex? Que vai
pasar con quen non teña alternancias para poder sobrevivir?
10793
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3.- Considera que unha embarcación con 1 ou 2 tripulantes a bordo pode
sobrevivir con 30 quilos/día/tripulante embarcado? Sabe canto ten que pagar o
propietario dunha embarcación dedicada ao xeito de seguro/botiquín, marpol/faros e
sinais, certificados, seguridade, etc? Sabe a canto foi o quilo de sardiña no mes de
agosto? E no mes de setembro?
4.-Como se explica que a consellaría renuncie as súas competencias en augas
interiores e delegue noutro organismo a proposta do plan do xeito?
5.- Bruxelas estivo a punto de prohibilo por consideralo unha arte esquilmadora
de mamíferos e aves. Con estas medidas non está abocada a súa desaparición? Ten algo
que ver o mal estado do stock coa actividade desenvolvida polo xeito? Non debería ser
esta arte exemplo de sostibilidade e emprego? Fai algo para que sexa así?
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
10794
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Ana Pontón Mondelo na data 07/11/2016 18:37:15
Olalla Rodil Fernández na data 07/11/2016 18:37:20
Xose Luis Rivas Cruz na data 07/11/2016 18:37:25
María Montserrat Prado Cores na data 07/11/2016 18:37:29
Xosé Luis Bará Torres na data 07/11/2016 18:37:30
Noa Presas Bergantiños na data 07/11/2016 18:37:34
10795
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz,
Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luis Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 8ª, relativa a coñecer o balance que
realiza a Xunta dos peches da pescada levados a cabo no ano 2016.
A pescada é a especie principal de determinadas artes no litoral de Galicia. Leva
dende o ano 2005 con medidas de regulación. Xa daquela a UE publicaba o
Regulamento nº 2166/2005 de medidas de recuperación da pescada sur. O seu
obxectivo era: reconstituír as poboacións de pescada nos próximos 10 anos. Exercer o
control das capturas e das descargas. Mellorar e delimitar a súa explotación,
Unha década despois podemos comprobar como este recurso segue sen estar
recuperado e a actividade cada vez está menos regulada. No ano 2014 estableceuse un
Tac de 10.409 ton. O ano pasado sufriu unha rebaixa do 15%. E este ano a caída é nada
máis e nada menos que do 22% quedando en 6.946 ton. Iso si, mentres a nosa
conselleira Quintana valora o enorme esforzo negociador do Ministerio pois a proposta
inicial era de diminuír a 60,2%.
Isto fainos reflexionar sobre o modelo de xestión dunha pesquería estratéxica
como a da pescada, das medidas que se veñen impondo dende a Comisión europea, da
xestión realizada polo Magrama e a inactividade por parte da Xunta de Galiza, que é
incapaz de definir unha estratexia para conseguir o mantemento da actividade da nosa
flota e blindar o emprego que xera.
10796
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
O panorama é desolador: unhas cotas moi inferiores as que precisan para manter
a actividade na volanta, desenvolvendo a pesca do arrastre en condicións
discriminatorias con respecto a flota lusa, tanto nos dereitos de pesca como nos días de
actividade, como das artes empregadas. Non se teñen valorado si funcionan as actuais
zonas de veda ou si hai que modificalas para preservar a cría e os desoves. E ningunha
medida se ten adoptado para mellorar a venda en lonxa e que as capturas alcancen
mellores prezos
A isto temos que sumar este ano o peche para artes menores o 27 de agosto,
onde o sector tivo que solicitar un adiantamento da cota para poder facer fronte a unha
medida desproporcionada, levada a cabo con total improvisación que deixou ao pairo a
unhas 400 embarcacións galegas. Este ano as artes menores contaron cunha cota inicial
de 882 ton as que se lle sumaron unha parte das sobrantes do ano 2015 alcanzando as
1.000 ton. E pechouse sen ter en conta sequera a posibilidade de que se pode adiantar
ata un 10% da cota do 2017 o que evidencia a lonxanía de quen nos goberna e os
prexuízos que ditas medidas lle causan ao sector.
Dende Bruxelas fálasenos de que o stock está en boas condicións, alcanzando o
RMS esquecendo as baixadas consecutivas dos últimos anos e cunhas previsións
desoladoras. O CIEM recomenda para o próximo ano unha redución do 24,5% o que
evidencia unha xestión calamitosa con un Goberno galego ausente, incapaz de
desenvolver medidas alternativa para garantir a actividade, os ingresos e o mantemento
do emprego con situacións discriminatorias e medidas de peche abusivas.
Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa
resposta oral na Comisión 8ª:
1.- Que balance realiza dos plans para a recuperación da pescada levados a cabo
10797
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
dende o ano 2005? Está recuperado o caladoiro? Garantido a actividade da flota de
arrastre? Da flota da volanta?. Que medidas levou a cabo a Xunta de Galiza para
impedir que sega a diminuír as posibilidades de capturar pescada para a nosa flota? E
para mellorar as zonas de veda e desove? E para garantir uns prezos dignos que
permitan a viabilidade da actividade?
2.- Cal é a política de investigación levada a cabo? Colaborou o sector para
facilitar a información precisa? Creouse unha comisión integrada polo sector, parte
científica e administración para avaliar o seguimento e resultados do plan de
recuperación da pescada? Que medidas vai desenvolver para que cambie a tendencia de
que cada ano haxa menos cotas?
3.- Que análise ten realizado do sector do arrastre e da volanta? Que futuro lles
ten deseñado? Como se pode tolerar a discriminación do arrastre litoral con respecto a
flota lusa?
4.- Considera razoable o peche para artes menores? Trasladoulle as queixas da
Xunta de Galiza ao Goberno estatal? Demandou outro modelo que tome medidas antes
de ordenar o peche? É este un modelo de control do esforzo pesqueiro acaído aos
tempos que corren? Quen vai asumir a responsabilidade de tanto desatino? Para que
sirve a Xunta de Galiza se non é quen de defender un sistema que garanta un control
real das capturas e a adopción de medidas sen atropelar ao sector? Non debería dimitir
alguén por tanta irresponsabilidade e improvisación?
Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
10798
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Pontón Mondelo na data 08/11/2016 11:03:05
Xose Luis Rivas Cruz na data 08/11/2016 11:03:10
Olalla Rodil Fernández na data 08/11/2016 11:03:14
María Montserrat Prado Cores na data 08/11/2016 11:03:17
Noa Presas Bergantiños na data 08/11/2016 11:03:19
Xosé Luis Bará Torres na data 08/11/2016 11:03:23
10799
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Montserrat Prado Cores, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luis Bará
Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa ás medidas a levar a cabo
para fomentar o berberecho de Noia
A situación actual do marisqueo na ría de Muros-Noia é calamitosa: paralización
das compras por parte das empresas de transformación neste inicio de campaña; caída
das capturas con respecto ao ano pasado; continuidade nos vertidos sen control ao
estuario; escurantismo e falta de información por parte do cabido sobre a evolución da
campaña; peches administrativos por períodos de biotoxinas, riadas, etc, etc. O que
trouxo consigo unha caída alarmante nos prezos de primeira venda, provocando a
alarma entre as mariscadoras e os mariscadores que ven como a campaña vai avanzando
e os ingresos quedan moi por debaixo dos do ano pasado, o que os fai buscar as causas
desta precariedade e demandan solucións para modificar esta realidade.
Nos últimos anos o marisqueo en Galiza está a padecer unha falta absoluta de
medidas para enfrontar os graves problemas que padece: caída no número de
mariscador@s, esgotamento dos bancos marisqueiros, segue sendo unha materia
pendente o tan comprometido saneamento integral da ría, a posibilidade de que @s
mariscador@s gozaran de algún tipo de cobertura durante os períodos de mal tempo e
temporais foron eliminados polo goberno Feijóo, o seguimento e control dos peches
administrativos dos infaunais está moi alongado do realizado para o mexillón
cultivado; o que ten provocado peches precipitados, a comercialización de determinadas
10800
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
partidas sen as garantías necesarias, a destrución dalgunhas partidas,... E por
conseguinte o malestar d@s mariscador@s por obrigal@s a tirar as capturas ao mar,
despois de toda unha xornada de traballo, denuncias nos tribunais por tanta
improvisación e sentenzas onde a confraría tivo que indemnizar @s mariscador@s por
todas estas irregularidades.
Galiza carece dun proxecto de País para o marisqueo. A día de hoxe os
colectivos de mariscador@s carecen de alternativas para acceder a semente de moluscos
no caso de mortaldades, riadas, etc. A aposta da Conselleira por esta ferramenta ten a
súa radiografía no minicriadeiro de Camariñas que despois de investir 1.284.000 euros
para mellorar renovar estas instalacións, a día de hoxe segue paralizado e cos danos do
temporal do inverno ano 2013. Todo un exemplo!. Ou a hachery do Testal. Un proxecto
escurantista do que o Cabido non da explicacións.
Como tampouco se conta con ferramentas que impidan a propagación do
parasito Marteilia cochillia que leva devastando os bancos da ría de Arousa dende o ano
2012. Que se propagou a ría de Pontevedra e Vigo e nada sabemos das medidas que
adoptou a Consellaría do Mar para impedir que este parasito chegue a ría de Muros-
Noia, o que provocaría unha auténtica catástrofe para os 1.600 mariscadores que viven
principalmente do berberecho.
No eido da comercialización tamén comprobamos a falta dunha política
comercial clara, de aposta polos nosos produtos do mar, o que ten provocado o
desabastecemento do mercado en determinados períodos, por peches administrativos,
mal tempo, mortaldade, etc. A competencia con berberecho procedente doutros estados,
como é o caso do holandés, que nos últimos anos ten desprazado ao galego da rede
maiorista das grandes cadeas de distribución, desenvolvendo unha estratexia de baixos
prezos.
10801
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Todas estas variantes teñen sumido ao marisqueo que se leva a cabo na ría de
Muros-Noia nunha actividade moi vulnerábel, que apenas conta con recursos e medidas
para enfrontar as situacións adversas que está a vivir a cotío.
@s mariscadores/as integrantes de Plademar Muros-Noia mantiveron unha
xuntanza co BNG, trasladándonos toda esta problemática e buscando solucións que
melloren as súas rendas e consecuentemente que dignifique a súa actividade e a súa
vida.
O BNG apoia as iniciativas d@s mariscadores/as no camiño de fomentar a
calidade do berberecho da ría de Muros-Noia, o seu cultivo, así como a súa elaboración,
tratamento e distribución para poder ofrecerlle ao consumidor un produto singular,
natural e de calidade.
Polas razóns expostas formúlanse as seguintes preguntas para a súa contestación
oral en comisión:
1. Ten previsto o Goberno galego realizar algunha actuación (calidade,
comercialización, transformación, distribución) para fomentar o berberecho de
Noia?
2. Vai tomar medidas a Consellaría do Mar para regularizar o prezo do
berberecho?
3. Que accións vai realizar para impedir a chegada e proliferación de patóxenos
como a Marteilia cochilla a ría de Muros-Noia?
4. Non coida que con denominacións como os de “produto galego de calidade” e
denominación de orixe “berberecho de Noia” o produto, @s consumidores/as e
10802
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
@s mariscadores/as sairían beneficiad@s?
5. Por qué non ten impulsado as mesmas?
Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2016
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 21/11/2016 18:15:11
Ana Pontón Mondelo na data 21/11/2016 18:15:15
Olalla Rodil Fernández na data 21/11/2016 18:15:17
Xose Luis Rivas Cruz na data 21/11/2016 18:15:21
Noa Presas Bergantiños na data 21/11/2016 18:15:24
10803
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Xosé Luis Bará Torres na data 21/11/2016 18:15:28
10804
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Montserrat Prado Cores, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luis Bará
Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a
seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa a coñecer a
posición do Goberno galego diante das desproporcionadas medidas levadas a
cabo pola Garda Civil no porto de Aguiño, entre as que están decomisar tres
embarcacións do percebe por utilizar motores con maior cabalaxe, para garantir
maior seguridade no desenvolvemento da súa actividade, que o que figura na
documentación da embarcación.
Volve ser motivo de preocupación e alarma social a situación de
numerosas embarcacións que quedaron sen regularizar polos diferentes
procedementos levados a cabo dende a Lei 9/2007, de 22 de xuño, e que tivo a
súa macabra visualización nas actuacións levadas a cabo pola Garda Civil, na
porto de Aguiño ao proceder a decomisar tres lanchas que se adican á extracción
de percebe. Quedando os seus titulares imposibilitados de poder traballar e
sobrevivir por unha falta administrativa e por unha inadaptación da potencia dos
motores que vai en detrimento da seguridade da actividade, dun mellor e máis
seguro acceso ao recurso, repercutindo directamente na seguridade e mellorando
as medidas de auxilio e salvamento da propia tripulación, pero sobre todo que é
10805
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
unha medida que non ten incidencia ningunha no esforzo pesqueiro, dado que o
mesmo está regulado mediante unha cota diaria.
Unha norma que pretende actualizar a inscrición no rexistro de buques, no
caso de cabalos e GT´s, establécese a través da aportacións de baixas, escasas
neste momento que se ten convertido nun negocio especulativo, ao cal os
mariñeiros non están dispostos a pagar cantidades abusivas para intentar
regularizar a potencia das súas embarcacións, imprescindible para poder traballar
con dignidade en actividades como o percebe.
Unha normativa que leva moitos anos intentando regularizar o sector pero
que malia as últimas modificación de tolerancia de CV e GT´s quedaron
excluídos moitas embarcacións por estar incluídas en procesos de regularización
anteriores, por teren desistido do procedemento establecido a través da Lei
9/2007 ou por non ter a oportunidade de iniciar a tramitación dado a
complexidade e o excesivo burocratismo deste procedemento.
Un procedemento que se eterniza, que non acaba de comprender a
realidade e as necesidades da flota galega e que antepón o concepto de
administración centralista a axilidade administrativa e a necesidade de solucionar
os problemas do sector dunha vez. Neste contexto encontrámonos coa actitude da
propia da Xunta de Galiza que renuncia a reclamar as competencias propias en
ordenación do sector, que fai o papel sucursalista, delegando en Madrid as
decisión, sen que esta desenvolva nin unha iniciativa por buscar alternativas, a
pesares das diversas iniciativas trasladas a este Parlamento para buscar solución
as principais problemáticas que está a sufrir, sobre todo as pequenas
10806
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
embarcacións que desenvolven unha actividade regulada e controlada. A Xunta
nada fixo para impedir tanta burocracia máis alá que marear papeis.
A última actuación esta da Garda Civil, que se atreve a requisar tres
embarcacións por non se axustar o cabalaxe ao que figura na documentación.
Unha medida desproporcionada que impide que os traballadores do mar poidan
contar coa súa ferramenta imprescindible para poder conseguir o seu sustento
diario.
Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a
súa resposta oral en comisión:
1.- En que situación se atopa o proceso de regularización de
embarcacións pesqueiras na Galiza? Cantas embarcacións galegas están
pendentes de regularizar? Cales son as causas? Cantas quedaron fora do
procedemento impulsado pola Lei 9/2007? Cando vai reclamar un procedemento
áxil que permita a regularización de todas as embarcacións pesqueiras?
2.- Non considera desproporcionada as medidas levadas a cabo pola
Garda Civil no porto de Aguiño? Trasladoulle as queixas do Goberno galego ao
Subdelegado do Goberno?. Que medidas adoptou para garantir que os
percebeiros poidan volver a faenar?
3.- Que medidas propón a administración para que poidan conseguir GT´s
a un prezo razoable? E CV´s para todas aquelas embarcacións que supoña maior
seguridade e non incremente o esforzo pesqueiro?
10807
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4.- O procedemento actual non lle parece excesivamente burocrático? Non
sería máis práctico e prestaríase un mellor servizo ao sector se reclamaran a
transferencia de competencias para a regularización de embarcacións e rexistro
de buques?
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Bará Torres
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 01/12/2016 16:42:01
Olalla Rodil Fernández na data 01/12/2016 16:42:06
Xose Luis Rivas Cruz na data 01/12/2016 16:42:11
Noa Presas Bergantiños na data 01/12/2016 16:42:15
10808
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Xosé Luis Bará Torres na data 01/12/2016 16:42:18
Ana Pontón Mondelo na data 01/12/2016 16:42:22
10809
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luís Rivas
Cruz, Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luís Bará
Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a
seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 8ª, relativa a saber as
xestións levadas a cabo pola a Xunta de Galiza para colaborar nas xestións levadas
a cabo polo colectivo Long Hope contra o Estado noruegués na reclamación dos
seus dereitos.
Mariñeiros galegos que traballaron na mariña mercante norueguesa, piden o
pagamento das súas pensións de xubilacións ó país nórdico. A defensa e
reclamación de dereitos exposta publicamente pola asociación Long Hope acada
xa un extenso percorrido institucional. O seu presidente Juan Lores Názara e o seu
portavoz Alberto Paz Viñas conduciron esta loita ata as altas institucións de
Noruega mantendo reunións co seu defensor do pobo, embaixador de España en
Noruega, embaixador da UE en Noruega, cabeceiras dos sindicatos máis
representativos do país como a L.O.
Estiveron tamén coas altas institucións españolas do Ministerio de
Exteriores, Ministerio de Traballo en Madrid, embaixada de Noruega no Estado
español na que mantiveron unha reunión co seu embaixador.
10810
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Mantiveron encontros no Parlamento de Galicia con AGE, BNG, e PSOE,
así mesmo foron invitados por Paloma Rodríguez deputada do PSOE ó Congreso
dos Deputados para establecer liñas de actuación pertinentes.
Viaxaron a Luxemburgo unha representación de Long Hope a unha vista
oral no Tribunal de Xustiza do caso Wieland C/465/14 caso similar entre
mariñeiros austríacos contra armadores holandeses.
A loita polas pensións dos nosos mariñeiros que traballaron en Noruega
non cesa. No eido da política reclamando, entre outras, ao Goberno español para
que adopte as medidas legais que correspondan e interpoña ao abeiro do artigo 33
do Convenio Europeo de Dereitos Humanos unha demanda contra o Reino de
Noruega, que incumpre o Convenio Europeo de Dereitos Humanos.
En todo este peregrinar non foron quen de conseguir que o presidente da
Xunta de Galicia os recibise a pesares de que o Grupo parlamentar Popular ten
apoiando diversas iniciativas como a presentada polo BNG xa no ano 2010, nin
teñen conseguido o apoio institucional do Goberno galego nin este ten levado a
cabo ningunha xestión política que eles coñezan.
Antes da eleccións a consellaría do Mar púxose en contacto co colectivo
Long Hope e trasladoulle unha proposta de convenio para sufragar os gastos nos
que incorra a Asociación na defensa dos seus fins, sen trasladarlle nin unha só
compromiso para mediar diante do Goberno do Estado ou de asumir como propia
esta reclamación.
Para o colectivo Long Hope esta era a maneira de facelos calar e non
denunciar unha vez máis o desleixo da Xunta de Galiza e do Goberno central por
10811
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
un problema de dereitos fundamentais, o dereito duns traballadores a cobrar unha
pensión de xubilación.
Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a
súa resposta oral na Comisión 8ª:
1.- Que xestións ten levado a cabo a Xunta de Galiza para colaborar co
colectivo social Long Hope, que está impulsando unha denuncia contra o Estado
noruegués para reclamar o recoñecemento do dereito a percibir as súas pensións
de xubilación ou que se lle devolvan os impostos recadados?
2.- Que xestións levou a cabo para instar ao Goberno do Estado a que poña
unha demanda interestatal contra Noruega diante do Tribunal Europeo de Dereitos
Humanos por incumprimento do Convenio Europeo de Dereitos Humanos
vulnerando a prohibición de discriminación por nacionalidade en materia de
seguridade social ao esixir a residencia aos nosos traballadores do mar emigrantes
embarcados nos seus buques?
3.- A vergoñenta aptitude da administración galega, de mirar para outro
lado considera que se pode agochar con un convenio para sufragar os gastos que
este colectivo leva asumindo dende hai anos? Cartos a cambio de silencio?
Publicidade para tapar as vergoñas?
4.- Estamos ante un problema de dereitos humanos, onde os nosos
concidadáns teñen que buscarse a vida mentres a Xunta de Galiza no fai nada,
10812
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
xustificándose que é competencia do Estado. Non hai quen defenda os dereitos
fundamentais das/os galegas/os?
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2016
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luís Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luís Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Pontón Mondelo na data 03/11/2016 12:50:13
Olalla Rodil Fernández na data 03/11/2016 12:50:19
Xose Luis Rivas Cruz na data 03/11/2016 12:50:24
María Montserrat Prado Cores na data 03/11/2016 12:50:28
10813
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Noa Presas Bergantiños na data 03/11/2016 12:50:30
Xosé Luis Bará Torres na data 03/11/2016 12:50:35
10814
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Montserrat Prado Cores, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil
Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luis Bará
Torres, deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 5ª, relativa ás deficiencias do servizo
de urxencias do Novo Hospital de Vigo.
O proceso de construción do Novo Hospital de Vigo estivo envolto desde o seu
inicio polo escándalo, a polémica e a sospeita.Cambio de modelo, modificación do
proxecto, con importante redución, licitación, multiplicación do orzamento..
Coa posta en funcionamento, púxose ao descuberto con toda claridade a folla de
ruta marcada, a peor faciana do Partido Popular ao servizo dos poderes económicos a
costa dos petos d@s cidadáns.Foi unha actuación temeraria, sen garantías, con múltiples
deficiencias, sen os equipos precisos, sen rematar as obras, sen contar c@s
traballadores/as. Unha actuación temeraria que pon en risco a saúde e a vida dos doentes
e a seguridade dos profesionais.
Foron múltiples as denuncias das deficiencias existentes realizadas por
usuari@s, profesionais e organizacións sindicais.
Máis dun ano despois de terse posto en funcionamento seguen as deficiencias,
as irregularidades e as denuncias. Profesionais do servizo seguen a denunciar as
deficiencias existentes que consideran graves e que afectan ao normal desenvolvemento
do traballo e á atención e seguridade d@s doentes, sen que as mesmas sexan tidas en
conta pola dirección.
10815
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
As/os profesionais denuncian:
A falta de persoal, que afecta a todas as categorías, e a
precariedade de moitos contratos, unha altísima eventualidade( 50%), moit@s
con unha altísima rotación nos contratos. A negativa de dotar do persoal
imprescindíbel para ofrecer un servizo de calidade.
Non se cumpren as ratios recomendadas desde a Sociedade de
Enfermería de Urxencias e Emerxencias, nin en camas de observación, nin en
“boxes”. En consultas, triaxe ou zona de atención xinecolóxica non hai
auxiliares na quenda de noite.
Mal funcionamento dos circuítos tanto asistenciais como de
probas diagnósticas, mala distribución tanto arquitectónica como de espazos(
distancias demasiado largas e circuítos pouco operativos, masificación de
espazos, demoras na realización de probas diagnósticas, acumulo de doentes
pendentes de resultados, demoras nos ingresos en planta e nos traslados a
domicilio ou outros centros).
Risco para a seguridade do doente e vulneración de dereitos
básicos (zonas comúns saturadas, falta de aseos, ausencia de baño adaptado
boxes de aillamento insuficientes).
Por todo isto formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral na
Comisión 5ª:
-Vai en algún momento a Xunta atender as demandas d@s profesionais da
10816
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
sanidade pública de Galiza?
-Ten realizado algunha actuación para resolver as deficiencias denunciadas
reiteradamente polo persoal no Novo Hospital de Vigo? De ser así cando e en que
consistiron?
-Coida o Goberno galego que o servizo de urxencias do Novo Hospital de Vigo,
coa interminábel lista de deficiencias detectadas está en condicións de prestar un
servizo sanitario con garantías tanto para @s doentes como para o persoal?
-Parécelle que o cadro de persoal do servizo é suficiente para atender a altísima
demanda diaria?
-Ten intención de dotar de máis persoal o servizo tal como demandan os
profesionais?
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Bará Torres
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
10817
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 19/01/2017 11:37:56
Olalla Rodil Fernández na data 19/01/2017 11:38:01
Xose Luis Rivas Cruz na data 19/01/2017 11:38:06
Noa Presas Bergantiños na data 19/01/2017 11:38:11
Xosé Luis Bará Torres na data 19/01/2017 11:38:15
Ana Pontón Mondelo na data 19/01/2017 11:38:23
10818
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Xosé Luís Rivas Cruz, Ana Belén Pontón Mondelo, Montserrat Prado
Cores, Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños e Luís Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á cobertura dunha
praza de enfermeira no centro de saúde da Pobra do Caramiñal.
Os recortes que o Goberno galego está aplicando en materia de sanidade
están provocando un deterioro continuado do sistema sanitario público, recortes
que se están aplicando dun xeito xeralizado, tanto na atención hospitalaria como
en atención primaria, e en todo o territorio galego.
Dentro dos recortes, o persoal é dos principais afectados, sendo
sistemática a redución de profesionais, o que significa maior carga de traballo e
que a calidade asistencial tamén se vexa afectada.
O 24 de outubro comeza a campaña de vacinación antigripal 2016 para
persoas maiores de 60 anos ou pertencentes a grupos de risco.
Na Pobra do Caramiñal esta campaña realízase no centro de saúde coa
petición de cita previa, e son as enfermeiras e enfermeiros os encargados de
administrar as doses.
10819
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
A ausencia non cuberta dunha enfermeira por vacacións regulamentarias,
deixa sen atender ás veciñas e veciños asignados a un doutor e a unha doutora
que exercen no centro de saúde local.
Esta ausencia provoca que as persoas deberán agardar até o 24 de
novembro para recibir a vacina.
O BNG ten reclamado en diversas ocasións a necesidade de garantir o
servizo a través da cobertura das prazas de persoal para garantir un dereito
fundamental como é a saúde e para que a atención sanitaria que se preste sexa de
calidade,é preciso contar co persoal necesario.
No convencemento de que non hai asistencia sanitaria sen profesionais
suficientes que a presten, formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta
oral en comisión:
-Ten o Goberno galego coñecemento da situación?
-Qué accións realizou ou pensa realizar o Goberno galego para cubrir a
praza de enfermeira do centro de saúde da Pobra para que os veciños e veciñas
reciban a atención sanitaria que precisan?
-Pensa o Goberno galego seguir aplicando recortes en materia de sanidade
que están provocando un deterioro continuado do sistema sanitario público?
Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2016
10820
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asdo.: Xosé Luís Rivas Cruz
Ana Belén Pontón Mondelo
Montserrat Prado Cores
Olalla Rodil Fernández
Noa Presas Bergantiños
Luís Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xose Luis Rivas Cruz na data 29/12/2016 12:25:23
Ana Pontón Mondelo na data 29/12/2016 12:25:32
María Montserrat Prado Cores na data 29/12/2016 12:25:36
Olalla Rodil Fernández na data 29/12/2016 12:25:41
Noa Presas Bergantiños na data 29/12/2016 12:25:45
Xosé Luis Bará Torres na data 29/12/2016 12:25:49
10821
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Olalla Rodil Fernández, Ana Belén Pontón Mondelo, Xosé Luís Rivas Cruz,
Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños e Xosé Luís Bará Torres,
deputados e deputadas do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto de A Coruña con data de 20 de
xullo do ano 2015, entregou no rexistro do Complexo Universitario da Coruña un
escrito dirixido ao Xerente do complexo e ás directoras médica e de enfermaría, no que
describía:
• Como debería de ser a atención ás mulleres que teñen un aborto no 2º trimestre
da xestación, segundo os protocolos internacionais (Conferencia Internacional sobre
Poboación e Desenvolvemento, O Cairo 1994 e a súa revisión posterior en Nova York
1999).
• Como non se estaban a cumprir os mínimos que marcan os protocolos, polo
que instaba ás autoridades responsábeis a que tomasen as medidas oportunas para
garantir unha atención integral e de calidade na atención ás mulleres que precisaban un
aborto no 2º trimestre do seu embarazo.
Sen obter resposta algunha por parte da administración, denunciaron ante os
medios de comunicación esta situación organizando varias mobilizacións, unha delas
diante do Rexistro do CHUAC, onde rexistraron centos de escritos instando ás
autoridades sanitarias a adoptar un protocolo que garanta a atención especializada ás
mulleres.
10822
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Nos días posteriores á mobilización, foron moitas as testemuñas de mulleres que
denunciaron violencia obstétrica non só na área sanitaria da Coruña, senón en outros
puntos do país. Moitas delas aseguraron ter expulsado o feto no baño da propia
habitación hospitalaria soas, sen acompañamento de ningún profesional sanitario.
Outras, denunciaron como o sistema sanitario galego denegaba a interrupción no país,
derivando a unha clínica privadas doutro territorio do Estado.
Un deses casos sucedeu na Mariña. Esta muller denunciou ao SERGAS no
Xulgado, tras quedar sen útero após terlle sido practicado un aborto euxenésico nunha
clínica privada madrileña coa que a Xunta de Galiza mantén un convenio para
desenvolver interrupcións do embarazo.
Na sentenza ditada polo Xulgado nº2 de Lugo sinálase “a neglixencia médica”
coa que se actuou “en todas partes” e ao longo de todo o proceso, desde o atraso á hora
de autorizar o aborto (na semana 22) até a derivación da muller a Madrid. Ademais, o
maxistrado considera na súa decisión que a “neglixencia denunciada pasa os estándares
do tolerábel, do irreprochábel” por mor da “lentitude, falta de reflexos, ignorancia,
inoperancia, ineficacia temeraria e falta de sensibilidade” coa que actuou o persoal
médico que a atendeu no Hospital da Costa (Burela). O SERGAS foi condenado a
pagar 270.000 €.
Este caso pon en evidencia as precarias condicións nas que se levan a cabo os
abortos a partir do segundo trimestre de xestación na Galiza pondo en risco a saúde das
mulleres que se someten a eles, como reflicte a propia sentenza xudicial, e reaviva de
novo o debate arredor do dereito ao aborto coas debidas garantías na rede sanitaria
pública galega.
Por todo o dito formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en
10823
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
comisión:
1. Que protocolo segue actualmente o SERGAS perante unha interrupción
voluntaria do embarazo? Cal no caso dun aborto euxenésico durante o segundo trimestre
de xestación?
2. Pensa o SERGAS recorrer a sentenza xudicial que o condena por neglixencia
no caso denunciado por unha muller que perdeu o útero despois dun aborto nunha
clínica privada madrileña á que foi derivada na semana 22 de xestación?
3. Abriu unha investigación interna para coñecer que pasos se deron neste
proceso? E nos casos denunciados en A Coruña e Ferrol?
4. Cantos e cantas profesionais se declaran obxectoras de conciencia
actualmente no SERGAS? Cantas, pola contra, practican interrupcións do embarazo de
acordo coa lexislación?
Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2016
Asdo.: Olalla Rodil Fernández
Xosé Luís Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luís Bará Torres
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
10824
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
Olalla Rodil Fernández na data 02/11/2016 10:23:45
Xose Luis Rivas Cruz na data 02/11/2016 10:24:36
María Montserrat Prado Cores na data 02/11/2016 10:24:42
Noa Presas Bergantiños na data 02/11/2016 10:24:44
Xosé Luis Bará Torres na data 02/11/2016 10:24:48
Ana Pontón Mondelo na data 02/11/2016 10:24:52
10825
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón
Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Xosé Luis Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
Despois das eleccións municipais de 2015 e logo de se constituír a nova
corporación no Concello de Muras un grupo de familias da localidade solicitaron por
escrito ao goberno municipal a creación dunha gardaría infantil.
Desde ese momento o goberno de Muras traballou na abertura dun Punto de
Atención á Infancia localizado na escola e no que foron investidos máis de 70.000 euros
para a adaptación das instalacións ás necesidades das crianzas. O obxectivo da
corporación era abrir o PAI para o curso 2016-2017 cun número de prazas máximo de
20.
Para o inicio da actividade é preciso que a Xunta de Galiza, a través da
Consellaría de Política Social, emita o informe pertinente. Así as cousas, o Concello de
Muras leva agardando desde o 22 de xuño de 2016 a resposta da Consellaría que, até o
momento, non se pronunciou, nin sequera cando o alcalde, Manuel Requeijo, solicitou
unha xuntanza co conselleiro para tratar este e outros temas relativos á súa área de
traballo.
Os servizos de atención á infancia son fundamentais para garantir o dereito á
conciliación da vida laboral e familiar. Asemade, no rural do país tórnanse tamén nun
elemento chave para mellorar as condicións de vida e contribúen a fixar poboación en
10826
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
espazos atinxidos por un forte despoboamento e avellentamento poboacional.
Por todo o exposto, formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral
en comisión:
- Cales son as razóns polas que a Consellaría de Política Social aínda non se
pronunciou sobre o Punto de Atención á Infancia do Concello de Muras?
- Cando ten previsto o goberno galego visitar as instalacións e emitir o informe
necesario para a abertura do PAI en Muras?
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017
Asdo.: Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Xosé Luis Bará Torres
Noa Presas Bergantiños
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
10827
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Olalla Rodil Fernández na data 19/01/2017 12:28:15
Xose Luis Rivas Cruz na data 19/01/2017 12:28:20
Noa Presas Bergantiños na data 19/01/2017 12:28:24
María Montserrat Prado Cores na data 19/01/2017 12:28:27
Xosé Luis Bará Torres na data 19/01/2017 12:28:31
Ana Pontón Mondelo na data 19/01/2017 12:28:35
10828
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón
Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Xosé Luis Bará Torres,
deputadas e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego
(BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte
Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
A Real Academia Galega de Belas Artes homenaxea en 2017 a pintora
viveirense Maruja Mallo na segunda edición da conmemoración do Día das Artes
Galegas que o pasado ano acolleu a figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A pintora, nada en Viveiro (A Mariña) en 1902 foi elixida pola Academia
debido á “importancia” da súa obra no marco do surrealismo mais tamén polo seu
vangardismo e participación na defensa dos dereitos das mulleres. María Zambrano
chegou a afirmar que Mallo “cometeu un dos erros máis destrutivos e imperdoábeis: ser
libre”.
Maruja Mallo viviu en Madrid, onde se formou como pintora, tempo no que
mantivo relación con artistas como Salvador Dalí, Federico García Lorca, José Ortega y
Gasset, María Zambrano, Rafael Alberti ou Pablo Neruda, entre outros.
Alén do Estado español e como parte das experiencias recollidas durante a súa
estadía en París cunha bolsa para a ampliación de estudos coñeceu Max Ernst, René
Magritte, Joan Miró, Giorgio de Chirico e outros), e participou en parladoiros con
André Breton e Paul Éluard.
10829
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Maruja Mallo tería que exiliarse despois do golpe de estado fascista en 1936
pola súa fervente defensa da II República. Tras un breve paso por Portugal viaxou a
América onde pasaría os seus últimos anos entre Arxentina e Estados Unidos.
Por todo o exposto, formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral
en comisión:
- Ten programada algunha campaña ou actividade a Xunta de Galiza con motivo
da homenaxe a Maruja Mallo no Día das Artes Galegas 2017?
- Planificou a Consellaría de Educación algunha campaña dirixida a socializar a
figura de Maruja Mallo entre o estudantado galego?
Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2017
Asdo.: Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Xosé Luis Bará Torres
Noa Presas Bergantiños
Ana Belén Pontón Mondelo
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
10830
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Asinado dixitalmente por:
Olalla Rodil Fernández na data 19/01/2017 12:34:11
Xose Luis Rivas Cruz na data 19/01/2017 12:34:16
María Montserrat Prado Cores na data 19/01/2017 12:34:20
Xosé Luis Bará Torres na data 19/01/2017 12:34:21
Noa Presas Bergantiños na data 19/01/2017 12:34:25
Ana Pontón Mondelo na data 19/01/2017 12:34:28
10831
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727