Cadernos do Sindicato Nacional de CC OO de Galicia
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
Abril de 2017
Elaboración: Secretaría de Saúde Laboral e Gabinete Técnico Económico
ÍNDICE
PRESENTACIÓN......................................................................................................................................... 5
INTRODUCIÓN ........................................................................................................................................... 9
ACCIDENTES DE TRABALLO
1. Accidentes de traballo con baixa en xornada laboral .........................................................13
Por gravidade e sexo..................................................................................................................14
Por grupos de idade ...................................................................................................................15
Por sectores e sexo.....................................................................................................................17
Por sectores de actividade e gravidade .............................................................................18
Por antigüidade na empresa...................................................................................................20
Segundo o cadro de persoal da empresa...........................................................................21
Por tipo de contrato...................................................................................................................22
Por provincias ..............................................................................................................................24
Por comunidades autónomas.................................................................................................24
2. Accidentes de traballo “in itinere” ..............................................................................................26
3. Accidentes sen baixa en xornada laboral .................................................................................27
ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO
1. Enfermidades causadas polo traballo........................................................................................31
1.1 Enfermidades profesionais..........................................................................................................32
1.1.1. Partes comunicados de enfermidades profesionais.....................................................33
Por sexos.........................................................................................................................................33
Por grupos de idade ...................................................................................................................34
Por sectores...................................................................................................................................36
Por rama de actividade.............................................................................................................37
Por grupo de enfermidade ......................................................................................................38
Por grupo de enfermidade profesional, sexo e sector de actividade.....................40
Por provincias ..............................................................................................................................43
Clasificación por comunidades autónomas......................................................................44
1.1.2. Partes pechados como enfermidade profesional con baixa......................................46
Por sexo...........................................................................................................................................46
Por grupos de idade ...................................................................................................................46
Por grupo de enfermidades profesionais..........................................................................47
Por rama de actividade.............................................................................................................48
1.1.3. Sistema de alertas.......................................................................................................................49
2. Patoloxías non traumáticas............................................................................................................50
Por sexos.........................................................................................................................................50
Por provincias ..............................................................................................................................51
Clasificación por comunidades autónomas......................................................................51
CONCLUSIÓNS..........................................................................................................................................53
5
PRESENTACIÓN
As reformas laborais, en especial a última aprobada polo Goberno do Partido
Popular no 2012, degradaron moito as condicións de traballo. Iso traduciuse no
aumento da sinistralidade nun mercado laboral que, como xa viñamos
denunciando, deixou a prevención de riscos nun segundo plano,.
En Galicia, a deterioración das condicións e da calidade do emprego derivou na
prolongación da xornada de traballo, a menor flexibilidade para adaptar os
horarios e facilitar a conciliación de vida laboral e familiar, a falta de autonomía e a
esixencia de traballar máis rápido ou asumir máis tarefas por menor salario.
Estas condicións afectan de forma moi dura a xente máis nova, pois o noso
mercado laboral incorpora a mocidade moi devagar e en peores condicións. Pero
tamén a poboación maior sae prexudicada por esta situación de alta precariedade,
pois a deterioración física —ligada ao proceso natural de envellecemento—e, polo
tanto, da saúde, agrávase polas circunstancias en que desempeña agora o seu
traballo. Así mesmo, produciuse un considerable aumento da exposición a riscos
de tipo psicosocial, en clara relación coa organización do traballo, que está
desencadeando multitude de trastornos da saúde mental, musculoesqueléticos e
cardiovasculares, entre outros.
Os datos provisionais de accidentes de traballo de 2016 que ofrece este estudo
mostran que a porcentaxe de accidentes con baixa na nosa comunidade aumenta
desde o 2013. A reforma laboral non só non xerou emprego, senón que o pouco
creado é precario, como demostra o feito de que este emprego medra un 6,0 %
pero os accidentes aumentan un 12,3 %.
A deterioración xeneralizada das condicións de traballo reflíctese nunha suba do
7,9 % do índice de incidencia dos accidentes laborais. A relación da precariedade
cos accidentes de traballo con baixa é sinxela: de cada 100 asalariados/as con
contrato indefinido, 2,4 tiveron un accidente de traballo; no caso das persoas
asalariadas con contrato temporal, a porcentaxe elévase a 4,5 %.
Aumenta a sinistralidade tanto en termos absolutos como en termos relativos, e
tamén aumenta o número de enfermidades profesionais e as agravadas a
consecuencia do traballo. Só baixan os accidentes sen baixa e isto débese, en
moitos casos, ao presentismo, é dicir, o medo a perder o traballo por se acoller a
unha baixa.
Porén, os empresarios seguen a falar da alza do absentismo laboral, da fraude.
Mais, seguirían dando as mesmas cifras se descontásemos dese absentismo as
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
6
ausencias xustificadas, vacacións, folgas e baixas por incapacidade? Se ademais
sumamos a infravaloración das enfermidades profesionais, posiblemente as
estatísticas amosarían outra realidade e, ao mellor, a fraude teriamos que buscala
nas mutuas ou no sistema sanitario.
A realidade é que, se o número de afiliados e afiliadas á Seguridade Social coas
continxencias de traballo cubertas representan ao redor de 764.799 persoas en
Galicia e 26.975 sufriron algún tipo de accidente ou enfermidade relacionada co
traballo, resulta que un 3,5 % desa afiliación presenta algún tipo de dano
ocasionado polo traballo. Ademais, nestas cifras non se inclúen os accidentes
sufridos por autónomos sen cobertura para continxencias profesionais, nin o
persoal funcionario das clases pasivas das tres mutualidades (MUFACE, MUGEJU e
ISFAS).
CCOO leva desde o século pasado propoñendo e reclamando que todas as
institucións intensifiquen os esforzos, especialmente a Inspección de Traballo e o
Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, e que a Fiscalía e o Poder Xudicial
fortalezan o seu papel na depuración das responsabilidades na vía penal, porque,
ademais de ser moralmente necesario o resarcimento das vítimas, tamén é un
potente instrumento preventivo.
Pero, a pesar das cifras de sinistralidade e enfermidades profesionais, o
investimento da Xunta de Galicia para a materia de prevención sufriu un recorte
radical: desde o ano 2009, os recursos do ISSGA diminuíron en 4,7 millóns de
euros. Estas decisións abren a porta ao incremento imparable da sinistralidade
laboral na nosa comunidade. Entrementres, as reformas nas competencias e
facultades das mutuas dificultan o acceso ao dereito á incapacidade temporal en
caso de accidente ou enfermidade profesional, o que provoca que os accidentes sen
baixa superen de novo os que si a causan, como xa comentamos.
Tampouco o Goberno cumpre a súa promesa de reforzar o persoal da Inspección
de Traballo e Seguridade Social para fortalecer a loita contra o emprego irregular e
a fraude á Seguridade Social, así como para actuar na prevención de riscos laborais.
Comprometeuse a incorporar persoal inspector e subinspector, en concreto, 22
funcionarios de novo ingreso para desenvolver funcións inspectoras en 2015, 70
en 2016 e 85 este ano. Pero mentiu, non só non cumpriu o seu compromiso de
aumentar o número de inspectores, senón que está baixando: eran 948 en 2015 e
no 2016 baixaron a 943.
Outro motivo importante é que desde que estalou a crise as empresas deixaron de
investir en riscos laborais; ademais, estanse incumprindo convenios colectivos e
non se vixía o cumprimento das empresas de máis de 250 traballadores/as da
7
obriga de subscribir plans de igualdade. Irregularidades, todas elas, fáciles de
detectar se non houbese escaseza de inspectores.
Para acabar, hai que sinalar que este ano 2017 arrincou cun aumento da
sinistralidade laboral. Ponse de manifesto que as condicións de traballo nas
empresas galegas continúan empeorando. Durante os dous primeiros meses
producíronse 4.549 accidentes de traballo con baixa en xornada laboral, 172 máis
que nos mesmos meses do 2016; deles, 4.074 producíronse durante a xornada
laboral e 475 in itinere.
Xesús Castro Baamonde
Secretaría de Saúde Laboral e Medio Ambiente
Sindicato Nacional CCOO de Galicia
9
INTRODUCIÓN
Neste informe recompílanse os datos estatísticos dos accidentes de traballo (con
baixa e sen baixa) e das enfermidades causadas polo traballo en Galicia.
O estudo céntrase, fundamentalmente, no ano 2016 e compárase cos datos do ano
anterior. As fontes utilizadas son as estatísticas do Instituto Galego de Seguridade e
Saúde Laboral (ISSGA) e as do Ministerio de Emprego e Seguridade Social (MEYSS).
Ao longo do informe poden detectarse discrepancias entre as fontes ou entre as
variables de estudo segundo a data de actualización dos datos por parte dos
organismos.
Os accidentes de traballo poden derivar, ou non, nunha baixa laboral. Ocorren
durante a xornada de traballo ou ben ao ir ou volver del; nestes casos
denomínanse accidentes in itinere e analizámolos por separado.
O indicador máis preciso nas análises de sinistralidade é o «índice de incidencia»
porque relaciona o número de accidentes en xornada de traballo con baixa co
número de traballadores/as afiliados en situación de alta nos réximes que teñen
cuberta a continxencia de accidente de traballo.
Por enfermidades causadas polo traballo enténdese as incluídas no cadro de
enfermidades profesionais aprobado polo RD 1299/2006. Tamén, aínda que non
estean catalogadas nese cadro, as que contraia o traballador ou traballadora con
motivo da realización do seu traballo, sempre que se probe que a enfermidade tivo
causa exclusiva na súa execución.
13
1. ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA EN XORNADA LABORAL
Na nosa análise sobre a situación da sinistralidade laboral en Galicia baseámonos
nas estatísticas de accidentes de traballo que ofrece o MEYSS e, sobre todo, nas
publicadas polo ISSGA mais a que este mesmo organismo nos facilitou por
pedimento noso.
Ao longo do informe poden detectarse diferenzas entre os datos do ISSGA e do
MEYSS para o mesmo período e territorio. Isto débese aos diferentes criterios
aplicados na cuantificación dos accidentes de traballo con baixa en xornada
laboral. Canto á información do ISSGA, as variacións explícanse pola entrada de
novos partes desde a publicación dos datos na súa web ata o 9/3/2017 (data de
resposta á nosa consulta).
O período de estudo dos accidentes de traballo céntrase, fundamentalmente, no
ano 2016 e compárase coas cifras do ano anterior. Pero antes ofrecemos unha
visión global da evolución dos accidentes de traballo con baixa en xornada laboral
e da dos índices de incidencia (accidentes por cen mil traballadores/as) para o
período 2008-2016, utilizando os datos do MEYSS.
Cadro 1. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL E ÍNDICE DE INCIDENCIA
ACCIDENTES DE TRABALLO ÍNDICE DE INCIDENCIA
2008 48.795 5.621,0
2009 39.252 4.720,8
2010 35.664 4.376,0
2011 30.437 3.824,9
2012 23.418 3.005,1
2013 22.264 2.956,9
2014 23.342 3.095,2
2015 25.137 3.269,4
2016 24.992 3.189,8
FONTE: elaboración propia a partir de datos do MEYSS
Como reflicte o cadro anterior, no 2014 mudou a tendencia de descenso de
accidentes con baixa en xornada laboral iniciada no ano 2008: no 2014
incrementáronse un 4,8 %, no 2015 intensifícase a suba un 7,7 % e no 2016
permaneceron case estancados porque só baixaron un 0,6 %.
A recuperación do emprego asentouse nunha elevada precariedade que está tendo
un impacto negativo na seguridade e saúde laboral dos traballadores e
traballadoras. En proporción, aumentan máis os accidentes de traballo con baixa
en xornada laboral que a poboación asalariada.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
14
No ano 2016 comunicáronse un 12,3 % máis de accidentes ca no 2013, cando se
rexistraba o número máis baixo de accidentes de traballo da serie analizada. Porén,
segundo os datos da enquisa de poboación activa (EPA), desde o cuarto trimestre
de 2013 ata o mesmo trimestre de 2016, a poboación asalariada só aumentou un
6,0 %.
Pola súa parte, o índice de incidencia, que é un indicador máis preciso ca a simple
comparación de cifras absolutas de accidentes, aumentou un 7,9 % en relación co
ano 2013 ata alcanzar os 3.189,8 accidentes por cada 100.000 afiliacións no ano
2016.
Por gravidade e sexo
No ano 2016, tomando como referencia os datos publicados polo ISSGA,
rexistráronse 24.994 accidentes de traballo con baixa en xornada laboral. O 70 %
sufríronos homes (17.428 accidentes) e o 30 % restante, mulleres (7.566
accidentes).
Segundo a gravidade, os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral no ano
2016 distribúense como segue: 24.441 leves (o 97,79 % do total), 496 graves (o
1,98 %) e 57 mortais (un 0,23 %).
Canto aos accidentes mortais, a forma máis frecuente foron os infartos e outras
patoloxías non traumáticas: 18 accidentes no 2016, o 32 % dos mortais. A seguir
están os choques ou golpes contra obxectos en movemento con 13 accidentes (o
23 % do total); as caídas e golpes con esmagamentos contra obxectos inmóbiles
foron 9 (o 16 %); os esmagamentos por entaladuras e amputacións, 8 accidentes (o
14 %) e os afogamentos e sepultamentos, 6 accidentes (o 11 %).
Cadro 2. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR GRAVIDADE E SEXO
ANO 2016 ANO 2015
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Leves 16.966 7.475 24.441 17.321 7.387 24.708
Graves 407 89 496 322 75 397
Mortais 55 2 57 55 3 58
Total 17.428 7.566 24.994 17.698 7.465 25.163
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
No 2016, o número de accidentes con baixa en xornada laboral é case o mesmo que
o rexistrado no ano anterior: comunicáronse 169 menos ca no 2015, un descenso
que non chega ao 1 %.
A evolución dos accidentes por sexos foi diferente: nos homes producíronse 270
menos ca no 2015 (–1,53 %) fronte a 101 máis nas mulleres (+1,35 %).
15
Atendendo á gravidade, comunicáronse 99 accidentes graves máis ca no 2015
(+24,94 %), 267 leves menos (–1,08 %) e 1 mortal menos (–1,72 %).
Na desagregación por sexos, os accidentes graves subiron en ambos pero de forma
máis acusada nos homes: 85 máis en homes (+26,40 %) e 14 máis en mulleres
(+18,67 %). Os accidentes leves só subiron nas mulleres (88 máis de mulleres
fronte a 355 menos de homes). Canto aos accidentes mortais, no 2016 faleceron 55
homes (cifra que coincide coa de 2015) e 2 mulleres (unha menos ca no 2015).
No 2016, a incidencia dos accidentes nos homes foi máis do dobre ca nas mulleres.
Esa relación empeora conforme aumenta a gravidade dos accidentes de traballo,
chegando a ser a mortalidade por accidente de traballo 27 veces maior nos homes
(ver cadro número 3).
Cadro 3. ÍNDICES DE INCIDENCIA POR GRAVIDADE E SEXO
ANO 2016 ANO 2015
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Leves 4.321,16 1.907,10 3.115,16 4.491,37 1.926,47 3.212,59
Graves 103,66 22,71 63,22 83,50 19,56 51,62
Mortais 14,01 0,51 7,27 14,26 0,78 7,54
Total 4.438,83 1.930,32 3.185,65 4.589,12 1.946,81 3.271,75
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
O índice de incidencia dos accidentes graves con baixa en xornada laboral
aumentou un 22,47 % en relación co ano 2015. Por sexos, o maior incremento dáse
nos homes (+24,15 % nos homes, +16,09 % nas mulleres). Ese índice tende á baixa
en ambos os sexos, tanto nos leves coma nos mortais.
Por grupos de idade
Segundo a información facilitada polo ISSGA,1 o maior número de accidentes
rexístrase nas persoas de 35 a 44 anos: 8.194 no ano 2016, supoñen o 32,50 % do
total de accidentes. A seguir están as persoas de 45 a 54 anos con 6.683 accidentes
(o 26,50 % do total).
Os accidentes de homes superaron os de mulleres en todos os grupos de idade
analizados entre os 16 e os 65 anos. Nas persoas menores de 35 anos, o número de
accidentes de homes triplicou o de mulleres: 5.101 accidentes sufríronos homes de
1 Sempre que citamos a información solicitada ao ISSGA, referímonos á que extraeron o 9/3/2017, como explicabamos na introdución.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
16
entre 16 e 34 anos; a cifra baixa ata os 1.595 nas mulleres. Non obstante, a partir
dos 34 anos a diferenza por sexos vaise acurtando.
Os accidentes con baixa en xornada laboral distribúense de forma moi similar por
sexos cando se superan os 65 anos: 15 accidentes de homes e 16 de mulleres no
2016.
Cadro 4. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SEXO E GRUPOS DE IDADE
ANO 2016 ANO 2015
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Menor de 16 anos 0 0 0 1 0 1
De 16 a 19 anos 112 33 145 114 32 146
De 20 a 24 anos 895 310 1.205 904 278 1.182
De 25 a 34 anos 4.094 1.252 5.346 4.143 1.391 5.534
De 35 a 44 anos 5.877 2.317 8.194 5.954 2.168 8.122
De 45 a 54 anos 4.448 2.235 6.683 4.436 2.214 6.650
De 55 a 65 anos 2.139 1.468 3.607 2.162 1.381 3.543
Maior de 65 anos 15 16 31 14 13 27
Total 17.580 7.631 25.211 17.728 7.477 25.205
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
En comparación co ano 2015, os accidentes con baixa en xornada laboral
aumentaron en todos os grupos de idade analizados, agás entre as persoas
menores de 20 anos (2 accidentes menos) e nas que teñen de 25 a 34 anos (188
accidentes menos). En proporción, o maior incremento de accidentes deuse entre
as persoas maiores 65 anos (+14,81 %).
No caso dos accidentes mortais, o maior número deuse entre as persoas 45 a 54
anos: 23 accidentes no 2016, o 40 % do total dos mortais. A seguir están as persoas
de 55 a 65 anos con 15 accidentes (o 26 % do total).
Cadro 5. ACCIDENTES MORTAIS POR IDADE DO TRABALLADOR/A
ANO 2016 ANO 2015
16-19 anos 0 0
20-24 anos 1 2
25-34 anos 9 6
35-44 anos 10 12
45-54 anos 23 22
55-65 anos 15 16
>65 anos 0 0
Total 58 58
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
En comparación co ano 2015, os accidentes mortais soben en persoas de entre 25 e
34 anos (3 accidentes máis) e nas de 45 a 54 anos (1 accidente máis).
17
Por sectores e sexo
O groso dos accidentes con baixa en xornada laboral ocorren no sector dos
servizos; é lóxico porque tamén é o que xunta máis poboación asalariada. Así pois,
no ano 2016 rexistráronse 12.547 accidentes nos servizos (o 50 % do total), 7.282
na industria (o 29 % do total), 2.901 na construción (o 12 % do total), 1.202 na
agricultura (o 5 % do total) e 1.062 na pesca (o 4 % do total).
A segmentación sexual na ocupación reflíctese tamén na distribución dos
accidentes por sectores. Nos servizos, as mulleres teñen máis peso ca os homes nos
accidentes de traballo, mentres que nos restantes sectores é ao revés.
Os accidentes de mulleres danse mormente nos servizos: no 2016 foron o 76 % dos
accidentes con baixa en xornada laboral sufridos por mulleres fronte ao 39 % de
homes.
Na industria producíronse o 34 % dos accidentes de homes fronte ao 19 % de
mulleres. No sector primario (agricultura e pesca) rexístranse o 11 % de accidentes
dos homes fronte ao 5 % de mulleres. Por último, os accidentes ocorridos na
construción afectan, fundamentalmente, aos homes (o 99 %).
Cadro 6. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E SEXO
ANO 2016 ANO 2015
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura 956 246 1.202 1.023 288 1.311
Pesca 945 117 1.062 899 94 993
Industria 5.853 1.429 7.282 5.883 1.349 7.232
Construción 2.872 29 2.901 3.097 27 3.124
Servizos 6.802 5.745 12.547 6.796 5.707 12.503
Total 17.428 7.566 24.994 17.698 7.465 25.163
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
O aumento dos accidentes en xornada laboral dáse na pesca, na industria e nos
servizos. Só baixan na agricultura (109 accidentes menos ca no 2015, un –8,31 %) e
na construción (223 menos, –7,14 %).
A pesca é o sector en que máis soben os accidentes: 69 máis con baixa en xornada
laboral. Soben en ambos os sexos (46 máis en homes e 23 máis en mulleres) pero,
en proporción, a suba é máis acusada nas mulleres (+24,47 %) ca nos homes
(+5,12 %).
Na industria producíronse 50 accidentes máis e o incremento concentrouse nas
mulleres (80 máis en mulleres fronte a 30 menos nos homes). Nos servizos
producíronse 44 accidentes máis ca no 2015 e o maior incremento tamén se deu
nas mulleres (38 máis nas mulleres fronte a 6 máis nos homes).
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
18
No 2016, o sector de actividade co maior índice foi a construción, con 5.909,67
accidentes por cada cen mil traballadores, superando case no dobre a media dos
índices sectoriais. A seguir, e bastante próximos, están os sectores da industria e da
pesca co 5.885,40 e 5.702,32, respectivamente. A agricultura ocupa o cuarto posto
con 3.709,42 accidentes por cen mil traballadores; por debaixo da media dos
índices sectoriais atópase o sector dos servizos co valor de 2.237,60.
Cadro 7. ÍNDICES DE INCIDENCIA SECTORIAIS POR SEXO
ANO 2016 ANO 2015
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura 5.623,86 1.596,88 3.709,42 6.003,17 1.752,89 3.916,82
Pesca 6.626,46 2.681,64 5.702,32 6.320,75 2.144,65 5.336,99
Industria 6.710,08 3.914,75 5.885,40 6.933,33 3.786,67 6.002,86
Construción 6.441,19 644,30 5.909,67 6.822,94 607,01 6.268,18
Servizos 2.963,18 1.734,69 2.237,60 3.031,97 1.769,28 2.286,97
Total 4.438,83 1.930,32 3.185,65 4.589,12 1.946,81 3.271,75
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por sexos, no 2016, o índice de incidencia dos homes supera o das mulleres en
todos os sectores de actividade pero, sobre todo, na construción (é dez veces maior
ca o das mulleres) e na agricultura (máis do triplo ca o das mulleres). A menor
diferenza dáse nos servizos e na industria.
En comparación co ano 2015, o índice de incidencia baixou en todos os sectores,
agás na pesca. Por sexos, os sectores que experimentan subas nas mulleres son
pesca, industria e construción. No caso dos homes, é a pesca.
Por sectores de actividade e gravidade
Expresado en cifras absolutas, os servizos rexistran o maior número de accidentes
leves, graves e mortais. Porén, en proporción e tomando como referencia os datos
do ano 2016, a industria rexistra a porcentaxe máis elevada de accidentes leves: o
98,4 %. Séguelle de preto o sector dos servizos co 98,3 %.
Na pesca dáse a proporción máis alta de accidentes graves e mortais: un 5,5 %
foron graves e un 1,1 %, mortais. No extremo oposto, esas porcentaxes eran do
1,5 % e do 0,2 %, respectivamente, tanto nos servizos coma na industria.
19
Cadro 8. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES E GRAVIDADE
ANO 2016 ANO 2015
LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL
Agricultura 1.142 55 5 1.202 1.247 61 3 1.311
Pesca 992 58 12 1.062 947 36 10 993
Industria 7.163 108 11 7.282 7.124 95 13 7.232
Construción 2.811 85 5 2.901 3.038 76 10 3.124
Servizos 12.333 190 24 12.547 12.352 129 22 12.503
Total 24.441 496 57 24.994 24.708 397 58 25.163
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
A pesca é o sector que rexistra o incremento máis acusado tanto de accidentes
leves coma graves. Os leves subiron un 4,75 % (fronte a un descenso do 1,08 % de
media no conxunto de todos os sectores económicos) e os graves, un 61,11 % (de
media, subiron un 24,94 %).
O descenso dos accidentes mortais só se deu na construción (5 homes mortos
menos ca no 2015) e na industria (2 homes mortos menos). Nos restantes sectores
houbo máis mortes ca no 2015.
A agricultura, con dous accidentes mortais máis ca no 2015, é o sector que, en
proporción, rexistra o maior incremento: un 66,67 %. A seguir está a pesca cun
incremento do 20,00 % (2 persoas máis falecidas) e logo os servizos cunha
porcentaxe do 9,09 % (2 accidentes mortais máis).
No 2016, coma no 2015, a pesca volve presentar o índice de incidencia máis
elevado tanto nos accidentes graves coma nos mortais. O índice de incidencia máis
alto dos accidentes leves no 2016 deuse na industria e a seguir na construción; no
ano anterior a construción ocupaba o primeiro posto e a industria o segundo.
No extremo oposto están os servizos, que rexistran o menor índice de incidencia
nos tres graos de gravidade.
Cadro 9. ÍNDICE DE INCIDENCIA DOS ACCIDENTES CON BAIXA POR SECTORES E GRAVIDADE
ANO 2016 ANO 2015
LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL LEVES GRAVES MORTAIS TOTAL
Agricultura 3.524,26 169,73 15,43 3.709,42 3.725,61 182,25 8,96 3.916,82
Pesca 5.326,46 311,43 64,43 5.702,32 5.089,76 193,49 53,75 5.336,99
Industria 5.789,22 87,29 8,89 5.885,40 5.913,21 78,85 10,79 6.002,86
Construción 5.726,33 173,15 10,19 5.909,67 6.095,63 152,49 20,06 6.268,18
Servizos 2.199,43 33,88 4,28 2.237,60 2.259,35 23,60 4,02 2.286,97
Total 3.115,16 63,22 7,27 3.185,65 3.212,59 51,62 7,54 3.271,75
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
20
Por antigüidade na empresa
Da información facilitada polo ISSGA (datos obtidos o 9/3/2017) despréndese que
o 19 % dos accidentes con baixa rexistrados no ano 2016 sufríronos persoas que
tiñan unha antigüidade inferior aos tres meses no seu posto de traballo. Esa
porcentaxe é moi elevada se a comparamos coa distribución da poboación
asalariada, pois un 6 % levaba menos de tres meses traballando na súa empresa
actual.
De feito, case a metade dos accidentes que sufriron as persoas que levaban un ano
ou menos na empresa danse entre as persoas que teñen unha antigüidade inferior
a tres meses.
No extremo oposto, o 47 % dos accidentes con baixa rexistrados no ano 2016
deuse entre persoas cunha antigüidade superior aos tres anos na empresa. Cómpre
destacar que as persoas asalariadas que levaban na súa empresa tres ou máis anos
sobre o total do emprego por conta allea representan arredor do 70 %.
Cadro 10. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR ANTIGÜIDADE NA EMPRESA
ANTIGÜIDADE NA EMPRESA ANO 2016 ANO 2015
Fecha anterior 0 1
Menos de 3 meses 4.765 4.556
De 3 a 6 meses 2.885 2.741
De 6 a 12 meses 2.160 2.010
De 12 a 36 meses 3.581 3.426
Máis de 36 meses 11.820 12.471
Total 25.211 25.205
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
En comparación co ano 2015, diminúen os accidentes en xornada laboral entre as
persoas que levan máis de tres anos no posto de traballo (651 accidentes menos ca
no 2015). Pola contra, producíronse 657 accidentes máis entre as persoas cunha
antigüidade inferior ou igual a tres anos na empresa.
Tamén se deu un número elevado de accidentes mortais entre as persoas con
menor antigüidade na empresa. No ano 2016 morreron 19 persoas que levaban un
ano ou menos no seu posto de traballo (o 33 % das mortes acontecidas no 2016),
das cales, 11 tiñan unha antigüidade inferior a tres meses na empresa.
21
Cadro 11. ACCIDENTES MORTAIS EN XORNADA LABORAL POR ANTIGÜIDADE NA EMPRESA
ANTIGÜIDADE NA EMPRESA ANO 2016 ANO 2015
Menos de 3 meses 11 11
De 3 a 6 meses 4 6
De 6 a 12 meses 4 4
De 12 a 36 meses 9 6
Máis de 36 meses 30 31
Total 58 58
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Canto á evolución dos accidentes mortais destaca que, en comparación co ano
2015, houbo tres mortes máis de persoas cunha antigüidade de un a tres anos na
súa empresa.
Segundo o cadro de persoal da empresa
Unha característica fundamental da nosa estrutura produtiva é o predominio case
absoluto das empresas moi pequenas. Esa peculiaridade tamén se reflicte na
distribución dos accidentes.
Segundo a información solicitada ao ISSGA (datos obtidos o 9/3/2017), o maior
número de accidentes deuse nas empresas de 5 a 25 traballadores/as: 6.676
accidentes no 2016, supuxeron o 26 % do total de accidentes. A seguir están as
empresas de 1 a 4 traballadores/as con 3.217 accidentes (o 13 % do total).
Daquela, o 39 % dos accidentes de traballo en xornada laboral ocorridos no 2016
sufríronos persoas que traballaban en empresas que tiñan entre 1 e 25
traballadores/as.
Cadro 12. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL SEGUNDO O CADRO DE PERSOAL
CADRO DE PERSOAL ANO 2016 ANO 2015
Ningún traballador 1.229 1.211
De 1 a 4 3.217 3.298
De 5 a 25 6.676 6.745
De 26 a 50 3.163 3.174
De 51 a 100 3.120 3.014
De 101 a 250 3.185 3.253
De 251 a 500 1.644 1.631
De 501 a 1.000 1.025 974
Máis de 1.000 1.952 1.905
Total 25.211 25.205
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
22
As empresas con máis accidentes mortais no 2016 foron as que tiñan entre 1 e 4
traballadores/as: os 15 accidentes mortais supoñen o 26 % das mortes ocorridas
en 2016. Un ano antes, as empresas con máis accidentes mortais eran as que tiñan
entre 5 e 25 traballadores/as.
Nas empresas sen traballadores/as e nas que teñen de 1 a 50 producíronse 46
mortes no 2016, o 79 % do total de accidentes mortais. Pola contra, nas empresas
con máis de 500 traballadores e traballadoras non se rexistrou ningún accidente
mortal.
O incremento dos accidentes mortais no 2016 dáse nas empresas sen persoal
asalariado (7 mortes máis ca no 2015), nas que teñen entre 1 e 4 traballadores/as
(3 mortes máis) e nas de 51 a 100 traballadores/as (3 mortes máis).
Cadro 13. ACCIDENTES MORTAIS EN XORNADA LABORAL SEGUNDO O CADRO DE PERSOAL
CADRO DE PERSOAL ANO 2016 ANO 2015
Ningún traballador 9 2
De 1 a 4 15 12
De 5 a 25 12 21
De 26 a 50 10 12
De 51 a 100 7 4
De 101 a 250 3 3
De 251 a 500 2 3
De 501 a 1.000 0 0
Máis de 1.000 0 1
Total 58 58
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por tipo de contrato
A temporalidade ten as súas peores consecuencias na sinistralidade laboral. En
proporción, os traballadores e traballadoras cun contrato temporal sofren máis
accidentes ca as que teñen unha relación estable.
Segundo se desprende dos datos solicitados ao ISSGA (informe xerado o
9/3/2017), o incremento dos accidentes de traballo concentrouse entre os
traballadores e traballadoras cun contrato temporal. No ano 2016, en comparación
co 2015, producíronse 333 accidentes máis entre traballadores/as que tiñan
subscrito un contrato temporal (+3,6 %) fronte a 344 menos baixo a modalidade
dun contrato indefinido (–2,3 %).
23
Cadro 14. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POLO TIPO DE CONTRATO
TIPO DE CONTRATO ANO 2016 ANO 2015
Autónomo 1.228 1.211
Indefinido 14.379 14.723
Temporal 9.604 9.271
Total 25.211 25.205
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Ao cruzar os datos de accidentes de traballo con baixa coa poboación asalariada
indefinida e temporal, constátase que, no ano 2016, o 38 % deses accidentes
sufríronos persoas cun contrato temporal. Tendo en conta que a poboación
asalariada temporal representa o 26 % do total, é evidente que a relación entre os
sinistros e o tipo de contrato non é aleatoria.
A anterior afirmación corrobórase se poñemos en relación o número de accidentes
co número de persoas asalariadas en función do seu tipo de contrato. Así, de cada
100 asalariados con contrato indefinido, 2,4 sufriron un accidente de traballo; pola
contra, esta porcentaxe elévase a 4,5 de cada 100 no caso das persoas asalariadas
con contrato temporal.
Cadro 15. RELACIÓN ENTRE ACCIDENTES DE TRABALLO E POBOACIÓN ASALARIADA. ANO 2016
ACCIDENTES (A) POBOACIÓN ASALARIADA(B) (A/B)*100
Indefinido 14.379 603.400 2,4 %
Temporal 9.604 214.400 4,5 %
Total 25.211 817.900 3,1 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA e da EPA
O 26 % das persoas que faleceron por accidente de traballo en xornada laboral no
2016 tiñan un contrato temporal: morreron 15 persoas con este tipo de contrato
(fronte a 21 no 2015).
Cadro 16. ACCIDENTES MORTAIS POLO TIPO DE CONTRATO
ANO 2016 ANO 2015
Autónomo 8 2
Indefinido 35 35
Temporal 15 21
Total 58 58
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
No 2016, en comparación co ano 2015, morreron 6 persoas máis entre os
autónomos. O número de accidentes mortais entre as persoas que teñen un
contrato indefinido non variou (35 mortes tanto no 2016 coma no 2015) e
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
24
diminuíu entre as persoas que teñen un contrato temporal (6 mortes menos ca no
2015).
Por provincias
A provincia da Coruña rexistra o maior número de accidentes con baixa en xornada
laboral: 11.438 no 2016, o 46 % aproximadamente do total dos rexistrados.
Séguelle Pontevedra con 8.222 (o 33 % do total), Lugo con 2.701 (o 11 %) e, por
último, Ourense con 2.633 (ao redor do 11 %).
En comparación co ano 2015, os accidentes soben na provincia da Coruña, con 122
máis (+1,08 %). Baixan na provincia de Ourense (110 menos, –4,01 %), na de Lugo
(90 menos, –3,22 %) e na de Pontevedra (91 menos, –1,09 %).
A distribución do índice de incidencia por provincias difire bastante da das cifras
absolutas. O maior índice de incidencia dáse tamén na provincia da Coruña, pero o
segundo posto ocúpao Ourense e a seguir están Pontevedra e Lugo.
Por outra banda, o índice de incidencia experimenta descensos nas catro
provincias galegas.
Cadro 17. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS
ANO 2016 ANO 2015
ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA ACCIDENTES ÍNDICE DE INCIDENCIA
A Coruña 11.438 3.359,53 11.316 3.391,34
Lugo 2.701 2.847,29 2.791 2.995,25
Ourense 2.633 3.339,80 2.743 3.519,42
Pontevedra 8.222 3.040,47 8.313 3.145,17
Galicia 24.994 3.185,65 25.163 3.271,75
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por comunidades autónomas
Na clasificación por comunidades autónomas, e utilizando os datos do MEYSS,
Galicia é a sexta con máis accidentes con baixa en xornada laboral; só está por
detrás de Cataluña, Andalucía, Madrid, Comunidade Valenciana e País Vasco.
Na distribución dos índices de incidencia por comunidades autónomas, Galicia
ocupa o décimo quinto lugar con 3.189,8 accidentes con baixa en xornada laboral
por cada cen mil traballadores/as. O maior índice dáse en Baleares con 4.829,3 e o
menor en Madrid con 2.734,6.
25
Cadro 18. ACCIDENTES CON BAIXA EN XORNADA LABORAL E ÍNDICE DE INCIDENCIA POR CCAA
ACCIDENTES EN XORNADA ÍNDICES DE INCIDENCIA
Cataluña 85.234 3.197,5
Andalucía 80.240 3.724,4
Madrid 70.049 2.734,6
Valencia 41.976 2.974,1
País Vasco 25.770 3.438,0
Galicia 24.992 3.189,8
Canarias 23.164 3.653,6
Castela e León 22.781 3.225,0
Castela-A Mancha 21.652 4.103,8
Baleares 18.273 4.829,3
Murcia 15.134 3.438,5
Aragón 13.566 3.118,2
Asturias 10.128 3.484,6
Estremadura 9.741 3.573,6
Navarra 7.567 3.402,9
Cantabria 5.098 2.997,3
A Rioxa 3.501 3.532,6
Melilla 594 3.347,0
Ceuta 591 3.326,2
Total 480.051 3.302,0
FONTE: elaboración propia a partir de datos do MEYSS
O índice de incidencia total rexistrado en Galicia está por debaixo da media estatal.
Porén, o índice dos accidentes mortais está moi por riba desa media.
Cadro 19. ACCIDENTES MORTAIS E ÍNDICE DE INCIDENCIA POR CCAA
ACCIDENTES MORTAIS EN XORNADA ÍNDICES DE INCIDENCIA
Andalucía 80 3,71
Cataluña 66 2,48
Galicia 57 7,27
Madrid 54 2,11
Valencia 41 2,90
País Vasco 30 4,00
Castela e León 29 4,11
Castela-A Mancha 28 5,31
Murcia 21 4,77
Aragón 17 3,91
Canarias 13 2,05
Estremadura 11 4,04
Asturias 7 2,41
A Rioxa 7 7,06
Navarra 6 2,70
Cantabria 5 2,94
Baleares 4 1,06
Ceuta e Melilla — —
Total 476 3,27
FONTE: elaboración propia a partir de datos do MEYSS
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
26
No tocante aos accidentes mortais en xornada, Galicia rexistrou un índice de
incidencia de 7,27 accidentes mortais por cada cen mil traballadores/as, mentres
que a proporción acadada no conxunto do estado foi do 3,27. Na clasificación por
comunidades autónomas, Galicia presenta o índice máis elevado.
En número de accidentes mortais, Galicia é a terceira comunidade autónoma con
maior número, despois de Andalucía que é a comunidade con máis accidentes
mortais (80 no 2016) e Cataluña (66 accidentes mortais)
2. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’
No ano 2016 rexistráronse un total de 2.800 accidentes in itinere: 1.731 de
mulleres (o 62 % do total) e 1.069 de homes. En comparación co ano 2015, este
tipo de accidentes sobe un 1,27 % pero a evolución por sexos é diferente: nas
mulleres soben o 4,34 % e nos homes baixan o 3,35 %.
Expresado en valores absolutos e en comparación co ano 2015, son 72 accidentes
máis in itinere nas mulleres e 37 menos nos homes. Daquela, as mulleres tamén
son as máis prexudicadas neste tipo de accidentes.
No ano 2016, as mulleres son maioría nos accidentes leves (o 62 % do total) e nos
graves tamén, pero a distribución é máis homoxénea (o 51 % do total). Pola contra,
os accidentes mortais producíronse todos en homes.
Cadro 20. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’ POR SEXO E GRAVIDADE
ANO 2016 ANO 2015
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Leves 1.031 1.697 2.728 1.081 1.613 2.694
Graves 33 34 67 22 43 65
Mortais 5 0 5 3 3 6
Total 1.069 1.731 2.800 1.106 1.659 2.765
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
A distribución dos accidentes in itinere por provincias no ano 2016 foi a seguinte:
1.271 na Coruña (45 % do total), 1.066 na de Pontevedra (38 %), 233 na de Lugo
(8 %) e 230 na de Ourense (outro 8 %). En todas as provincias galegas hai máis
mulleres que sofren ese tipo de accidentes ca homes.
En comparación co ano 2015, os accidentes in itinere soben na provincia de Lugo
(16 máis, un 7,37 %) e na da Coruña (63 máis, un 5,22 %). Nas outras provincias
baixan: 32 menos na provincia de Ourense (–12,21 %) e 12 menos na de
Pontevedra (–1,11 %).
27
Cadro 21. ACCIDENTES DE TRABALLO ‘IN ITINERE’ POR SEXO E PROVINCIA
ANO 2016 ANO 2015
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
A Coruña 455 816 1.271 436 772 1.208
Lugo 85 148 233 97 120 217
Ourense 80 150 230 107 155 262
Pontevedra 449 617 1.066 466 612 1.078
Galicia 1.069 1.731 2.800 1.106 1.659 2.765
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Dos cinco accidentes mortais in itinere acontecidos no 2016, 3 rexistráronse na
provincia de Pontevedra, 1 na da Coruña e o outro na de Lugo. En Ourense e en
Lugo non houbo accidentes mortais in itinere no 2015 e as provincias da Coruña e
de Pontevedra rexistraron 3 cada unha.
3. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL
No ano 2016, segundo os datos facilitados polo ISSGA, rexistráronse en Galicia
39.406 accidentes de traballo sen baixa en xornada laboral; son 417 menos ca no
2015 (–1,05 %).
En comparación co ano 2015, os accidentes sen baixa diminuíron en todas as
provincias galegas agás en Pontevedra (131 accidentes máis, +0,86 %).
Cadro 22. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL POR PROVINCIAS
ANO 2016 ANO 2015
A Coruña 16.332 16.395
Lugo 3.720 4.015
Ourense 3.931 4.121
Pontevedra 15.423 15.292
Total 39.406 39.823
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por sectores, soben na industria (347 accidentes máis, +2,88 %) e na agricultura
(26 accidentes máis, +2,42 %). Nos restantes sectores, baixan.
Cadro 23. ACCIDENTES SEN BAIXA EN XORNADA LABORAL POR SECTORES
ANO 2016 ANO 2015
Agricultura 1.101 1.075
Pesca 939 1.067
Industria 12.399 12.052
Construción 4.687 4.984
Servizos 20.280 20.645
Total 39.406 39.823
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
31
1. ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO
A información que achegamos sobre as enfermidades causadas polo traballo no
período xaneiro-decembro de 2016 extráese mormente do Observatorio das
continxencias profesionais da Seguridade Social (MEYSS). Os datos
correspondentes ao ano 2015 de enfermidades profesionais (en diante, EEPP) que
manexamos neste informe están tirados das estatísticas que ofrece o Instituto
Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA); eliximos esa fonte porque a
información estatística para ese ano está moi pouco desagregada no Observatorio
das continxencias profesionais da Seguridade Social.
A cobertura das enfermidades causadas polo traballo no sistema da seguridade
social realízase a través de dúas situacións:
— Un recoñecemento automático da enfermidade profesional. Segundo o artigo
157 da LXSS (Lei xeral da seguridade social), un traballador/a ten dereito a
cobertura por enfermidade profesional se esa enfermidade foi contraída a
consecuencia do traballo nas actividades que se especifican no cadro de EEPP
aprobado polo RD 1299/2006 e está provocada pola acción dos elementos ou
substancias que se indican no dito cadro.
— O artigo 156.2 da LXSS, nos seus apartados e e f, recoñece que serán consideradas
como continxencia profesional aquelas enfermidades non incluídas na relación de
EEPP, que contraia o traballador/a con motivo da realización do seu traballo,
sempre que se probe que a enfermidade tivo causa exclusiva na súa execución.
Tamén as enfermidades ou defectos anteriormente padecidos polo traballador/a
que se agraven como consecuencia da lesión constitutiva do accidente.
O sistema de notificación CEPROSS (comunicación de EEPP na seguridade social)
achega desde o ano 2007 información das patoloxías sufridas por traballadores/as
que están incluídas no cadro de EEPP.
En xuño de 2010 creouse o ficheiro PANOTRATSS (comunicación de patoloxías non
traumáticas causadas polo traballo), que recolle as patoloxías non traumáticas
causadas ou agravadas polo traballo que non teñen a consideración de
enfermidade profesional.
Segundo a información proporcionada polas aplicacións CEPROSS e PANOTRATSS, no
2016 comunicáronse 1.983 patoloxías causadas polo traballo: 1.373 partes de
enfermidades profesionais e 610 partes de patoloxías non traumáticas causadas ou
agravadas polo traballo.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
32
Cadro 1. ENFERMIDADES CAUSADAS POLO TRABALLO. ANO 2016
TOTAL % SOBRE O TOTAL
Enfermidades profesionais 1.373 69,24 %
Patoloxías non traumáticas causadas polo traballo 610 30,76 %
Total enfermidades causadas polo traballo 1.983 100,00 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos de CEPROSS e PANOTRATSS
O 31 % das enfermidades causadas polo traballo son patoloxías non traumáticas
causadas ou agravadas polo traballo, é dicir, enfermidades provocadas polo
traballo pero que non están recollidas no cadro de EEPP.
1.1. Enfermidades profesionais
Neste apartado analizamos as enfermidades profesionais tirando dos datos
estatísticos da aplicación CEPROSS para Galicia no ano 2016. Na medida do posible,
faremos unha comparación coas cifras do ano 2015; os datos para este ano
extráense, sobre todo, dos boletíns estatísticos do Instituto Galego de Seguridade e
Saúde Laboral (ISSGA).
Cómpre aclarar que poden darse pequenas variacións entre os datos que publica o
ISSGA e os do MEYSS. Por exemplo, a primeira fonte dá a cifra de 1.224 partes
comunicados de EEPP en Galicia para o ano 2015 mentres que a publicada polo
Ministerio é 1.221.
No Informe CEPROSS-PANOTRATSS 2015 dise:
Un parte comunicado é un expediente de enfermidade profesional que foi tramitado pola entidade xestora ou colaboradora que asume a cobertura de continxencias profesionais conforme a normativa vixente e supuxo a existencia dunha visita do traballador a un facultativo que diagnostica unha enfermidade profesional catalogada no cadro de enfermidades profesionais recollido no RD 1299/2006.
Se cando se realiza a comunicación telemática existe baixa laboral por incapacidade temporal o parte permanece no que se denomina estado aberto, pasando a situación de pechado no momento en que finalice a incapacidade temporal. Os partes pódense pechar por algunha das seguintes causas:
• Alta por curación e/ou alta laboral
• Alta con proposta de incapacidade permanente
• Alta con proposta de cambio de traballo
• Falecemento
• Lesións permanentes non invalidantes
• Sen baixa laboral
• Outras causas. Neste apartado inclúense as situacións de cualificación do
parte como accidente de traballo ou enfermidade común aínda cando o
traballador continúe de baixa médica laboral.
33
1.1.1. Partes comunicados de enfermidades profesionais
As mutuas e entidades xestoras comunicaron, a través da aplicación CEPROSS, 1.373
partes de EEPP no ano 2016; son 149 máis ca no ano 2015 (+12,17 %).
Cadro 2. PARTES COMUNICADOS DE EEPP CON BAIXA E SEN BAIXA
ANO 2016 ANO 2015 VARIACIÓN ANUAL
Con baixa 815 674 +20,92 %
Sen baixa 558 550 +1,45 %
Total 1.373 1.224 +12,17 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
No ano 2016, o 59,36 % das declaracións de EEPP foron con baixa laboral fronte ao
55,07 % no 2015. Polo tanto, os expedientes con baixa laboral aumentaron máis
que os sen baixa: 141 máis con baixa (+20,92 %) e 8 máis sen baixa laboral
(+1,45 %).
Malia ese incremento, persiste a infradeclaración de EEPP. É máis, o número de
partes comunicados con baixa é inferior ao de 2008, cando se alcanzou a cifra máis
alta da serie analizada (cadro 3).
Cadro 3. PARTES COMUNICADOS DE EEPP CON BAIXA E SEN BAIXA
CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL
2008 913 323 1.236
2009 861 412 1.273
2010 803 385 1.188
2011 682 562 1.244
2012 591 476 1.067
2013 521 483 1.004
2014 588 536 1.124
2015 674 550 1.224
2016 815 558 1.373
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
No ano 2008, as declaracións de EEPP con baixa representaban o 74 % sobre o total
de partes. No 2016, en comparación co ano 2008, rexistráronse 98 partes menos (–
10,73 %).
Por sexos
No ano 2016, a distribución dos partes comunicados de EEPP foi bastante similar
por sexos: 693 partes de homes (representan o 50,47 % do total de partes) e 680
de mulleres.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
34
En comparación co ano 2015, as declaracións de EEPP incrementáronse algo máis
nas mulleres ca nos homes: 75 partes comunicados máis nas mulleres (+12,40 %)
fronte a 74 máis homes (+11,95 %).
Cadro 4. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR SEXOS
ANO 2016 ANO 2015 VARIACIÓN ANUAL
Homes 693 619 +11,95 %
Mulleres 680 605 +12,40 %
Total 1.373 1.224 +12,17 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
A porcentaxe de partes comunicados de EEPP con baixa sobre o total é máis alta nas
mulleres ca nos homes: o 64,12 % nas mulleres (fronte ao 59,67 % no 2015) e o
54,69 % nos homes (fronte ao 50,57 % no 2015).
No 2016 rexistráronse entre as mulleres 75 expedientes máis de EEPP ca no ano
2015, todos con baixa laboral. Nos homes, declaráronse 66 partes máis con baixa
laboral ca no 2015 (+21,09 %) fronte a 8 máis sen baixa laboral (+2,61 %).
Cadro 5. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR SEXOS CON E SEN BAIXA
ANO 2016 ANO 2015
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Con baixa 379 436 815 313 361 674
Sen baixa 314 244 558 306 244 550
Total 693 680 1.373 619 605 1.224
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por grupos de idade
O maior número de partes de EEPP rexístrase nas persoas entre 40 e 44 anos (248
partes no 2016). A seguir están as persoas de 35 a 39 anos (243 partes no 2016) e
as que teñen entre 45 e 49 anos (223 partes no 2016).
No ano 2016, o 4,73 % dos partes comunicados de EEPP correspondían a menores
de 30 anos (7,43 % no 2015), o 77,13 % a persoas de 30 a 54 anos (79,00 % no
2015) e o restante 18,14 % a persoas de 55 ou máis anos (13,56 %).
No ano 2016, en comparación co ano 2015, sobe o número de partes comunicados
de EEPP nas persoas entre 35 e 49 anos (98 partes máis ca no 2015) e entre as que
tiñan entre 55 e 64 anos (85 partes máis). Por grupos quinquenais de idade, o
maior incremento dáse nas persoas de 55 a 59 anos.
Pola contra, nos restantes tramos de idade diminuíron as comunicacións de EEPP.
35
Cadro 6. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR GRUPOS DE IDADE
GRUPO DE IDADE ANO 2016 ANO 2015 VARIACIÓN ANUAL
Menores de 20 anos 0 1 –100 %
De 20 a 24 anos 16 27 –40,74 %
De 25 a 29 anos 49 63 –22,22 %
De 30 a 34 anos 140 145 –3,45 %
De 35 a 39 anos 243 214 +13,55 %
De 40 a 44 anos 248 216 -14,81 %
De 45 a 49 anos 223 186 +19,89 %
De 50 a 54 anos 205 206 –0,49 %
De 55 a 59 anos 187 116 +61,21 %
De 60 a 64 anos 61 47 +29,79 %
De 65 ou máis anos 1 3 –66,67 %
Total 1.373 1.224 +12,17 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
No ano 2016, o 59,36 % dos partes comunicados de EEPP comportaron unha baixa
laboral. Porén, a distribución por grupos de idade varía bastante.
A maioría do partes comunicados de EEPP foron con baixa en todos os grupos de
idade analizados, agás entre as persoas maiores de 60 anos que a maioría foron
sen baixa laboral (ver o cadro 7).
A porcentaxe máis alta dáse entre as persoas de 40 a 44 anos (o 63,31 % dos partes
comunicados nesa franxa de idade foron con baixa); séguelle a franxa de 35 a 39
anos cunha porcentaxe do 62,55 % e a de entre 20 e 24 anos co 62,50 %. Pola
contra, o peso dos partes comunicados con baixa queda por baixo da media no
tramo de 25 e 29 anos e no de 50 ou máis anos.
Cadro 7. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR GRUPOS DE IDADE CON E SEN BAIXA. ANO 2016
GRUPO DE IDADE CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
Menores de 20 anos 0 0 0 0
De 20 a 24 anos 10 6 16 62,50 %
De 25 a 29 anos 29 20 49 59,18 %
De 30 a 34 anos 86 54 140 61,43 %
De 35 a 39 anos 152 91 243 62,55 %
De 40 a 44 anos 157 91 248 63,31 %
De 45 a 49 anos 133 90 223 59,64 %
De 50 a 54 anos 111 94 205 54,15 %
De 55 a 59 anos 109 78 187 58,29 %
De 60 a 64 anos 28 33 61 45,90 %
De 65 ou máis anos 0 1 1 0,00 %
Total 815 558 1.373 59,36 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
36
Por sectores
A industria é o sector que rexistra máis partes comunicados de EEPP: 688 no 2016,
que representaban o 50 % sobre o total das declaracións. A seguir sitúanse os
servizos con 561 comunicacións (o 41 % dos partes comunicados), a construción
con 80 (o 6 %), a agricultura con 24 (o 2 %) e, por último, a pesca con 20 (o 1 %).
Cadro 8. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR SEXOS E SECTORES. ANO 2016
SECTOR HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura 14 10 24
Pesca 18 2 20
Industria 440 248 688
Construción 80 0 80
Servizos 141 420 561
Total 693 680 1.373
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
A maioría das persoas empregadas no sector dos servizos son mulleres; nos
restantes sectores hai máis ocupados ca ocupadas. Evidentemente, esa diferenza
nos sectores de actividade tamén se reflicte na repartición sectorial das
declaracións de EEPP.
O 75 % dos partes de EEPP comunicados nos servizos corresponden a mulleres. Nos
restantes sectores, é maior o número de partes de homes.
Nas mulleres, o sector con máis partes comunicados de EEPP é, con diferenza, o dos
servizos: o 62 % dos partes comunicados de mulleres proveñen dese sector. A
seguir, a industria xunta o 36 % dos partes comunicados e o sector primario
(agricultura e pesca) non chega ao 2 %. Na construción non se comunicou ningún
parte de enfermidade profesional.
No caso dos homes, o sector con máis comunicacións de EEPP é a industria que
concentra o 63 %. Despois están os servizos cunha porcentaxe do 20 %, a
construción co 12 % e, por último, o sector primario co restante 5 % dos
expedientes.
Como se ve no cadro 9, a maior proporción de partes comunicados de EEPP con
baixa sobre o total dáse na agricultura (o 79,17 % dos partes comunicados foron
con baixa) e a menor na industria (un 57,99 % de partes con baixa). Os partes
comunicados con baixa nos restantes sectores (pesca, construción e servizos)
representan ao redor do 60 %.
37
Cadro 9. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR SECTORES CON E SEN BAIXA. ANO 2016
SECTOR CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)+100
Agricultura 19 5 24 79,17 %
Pesca 12 8 20 60,00 %
Industria 399 289 688 57,99 %
Construción 48 32 80 60,00 %
Servizos 337 224 561 60,07 %
Total 815 558 1.373 59,36 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
No ano 2016, en comparación co ano 2015, soben os partes comunicados de EEPP
na industria (124 partes máis), nos servizos (44 máis) e na agricultura (1 máis).
Pola contra, baixan na construción (20 partes menos) e mantéñense na pesca.
Os partes de EEPP con baixa laboral incrementáronse en todos os sectores, agás na
construción (6 comunicacións menos ca no 2015). Na industria comunicáronse 99
partes máis, 42 máis nos servizos, 5 máis na agricultura e 1 máis na pesca.
Por rama de actividade
A actividade con máis comunicacións de partes de EEPP con baixa, tanto de homes
(o 61 %) coma de mulleres o (35 %) foi a industria manufactureira.
Cadro 10. PARTES COMUNICADOS DE EEPP CON BAIXA POR RAMA DE ACTIVIDADE E SEXO. ANO 2016
RAMA DE ACTIVIDADE HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 22 9 31
Industrias extractivas 10 0 10
Industria manufactureira 230 152 382
Subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 1 0 1
Subm. de auga, activ. saneamento, xestión de residuos e descontaminación 1 5 6
Construción 48 0 48
Comercio; reparación de vehículos de motor e motocicletas 23 55 78
Transporte e almacenamento 13 13 26
Hostalaría 3 24 27
Información e comunicacións 0 8 8
Actividades financeiras e de seguros 0 0 0
Actividades inmobiliarias 0 0 0
Actividades profesionais, científicas e técnicas 3 5 8
Actividades administrativas e servizos auxiliares 8 45 53
Admón. pública e defensa; seguridade social obrigatoria 4 24 28
Educación 1 8 9
Actividades sanitarias e de servizos sociais 10 74 84
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 2 0 2
Outros servizos 0 13 13
Actividades dos fogares 0 1 1
Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais 0 0 0
Total 379 436 815
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
38
As seguintes ramas con máis partes con baixa nas mulleres son a de actividades
sanitarias e servizos sociais con 74 comunicacións (representan o 17 % dos partes
con baixa de mulleres) e o comercio con 55 partes (o 13 %). Porén, no caso dos
homes, a construción é a segunda rama de actividade con máis notificacións de
EEPP con baixa (48 partes, representan o 13 % dos partes con baixa de homes),
séguelle o comercio con 23 partes (o 6 % do total de partes con baixa) e o sector
primario con 22 partes (o 6 %).
Por grupo de enfermidade
O cadro de EEPP foi aprobado polo Real decreto 1299/2006. Inclúe unha listaxe de
enfermidades recoñecidas como profesionais e os traballos e substancias que
expoñen ao risco de contraelas.
A listaxe contén seis grupos de EEPP:
— Grupo 1: EEPP causadas por axentes químicos
— Grupo 2: EEPP causadas por axentes físicos
— Grupo 3: EEPP causadas por axentes biolóxicos
— Grupo 4: EEPP causadas pola inhalación de substancias e axentes non
comprendidos noutros apartados
— Grupo 5: EEPP da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos
nalgún dos outros apartados
— Grupo 6: EEPP causadas por axentes carcinóxenos
A maior concentración de EEPP dáse no grupo 2 (EEPP causadas por axentes físicos):
o 72 % das que se comunicaron no 2016. O 58,47 % dos partes de EEPP do grupo 2
foron con baixa.
En proporción, o grupo 3 (EEPP causadas por axentes biolóxicos) é o que rexistra
máis partes con baixa ca sen baixa: o 87,50 % deles foron con baixa. Pola contra, no
grupo 1 (EEPP causadas por axentes químicos) son minoría os partes con baixa: o
47,37 %.
39
Cadro 11. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR GRUPOS DE ENFERMIDADE. ANO 2016
GRUPO CON BAIXA
( )
SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
Grupo 2 580 412 992 58,47 %
Grupo 4 96 79 175 54,86 %
Grupo 5 64 38 102 62,75 %
Grupo 3 56 8 64 87,50 %
Grupo 1 18 20 38 47,37 %
Grupo 6 1 1 2 50,00 %
Total 815 558 1.373 59,36 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Como reflicte o cadro 12, o maior número de partes comunicados de EEPP
encádrase no grupo 2 (as causadas por axentes físicos), tanto nos homes coma nas
mulleres. Nese grupo están o 68,69 % das EEPP de homes e o 75,88 % de mulleres.
Cadro 12. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR GRUPOS DE ENFERMIDADE E SEXO. ANO 2016
GRUPO HOMES MULLERES TOTAL
Grupo 2 476 516 992
Grupo 4 152 23 175
Grupo 5 30 72 102
Grupo 3 8 56 64
Grupo 1 25 13 38
Grupo 6 2 0 2
Total 693 680 1.373
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Cómpre destacar a diferente incidencia das EEPP nos grupos 3 e 4 entre homes e
mulleres, como reflexo do distinto encadramento duns e outras por sectores. É
significativo o peso das enfermidades causadas por axentes biolóxicos nas
mulleres: o 8,24 % do total de partes de EEPP comunicados de mulleres pertencen
ao grupo 3 fronte ao 1,15 % no caso dos homes.
O segundo grupo con máis partes de EEPP nos homes é o 4 (as causadas por
inhalación de substancias) con 152 partes; representan o 21,93 % do total de
partes de homes (a porcentaxe baixa ata o 3,38 % nas mulleres).
No caso das mulleres, o grupo que ocupa a segunda posición é o 5 (enfermidades
profesionais da pel) con 72 partes, o 11 % do total de comunicados.
No ano 2016 —en relación co 2015— rexístranse máis partes en todos os grupos
de EEPP agás no 1 (10 partes menos). En cifras absolutas, o maior incremento dáse
no grupo 2 con 69 partes máis; a seguir, o grupo 4 con 55 partes máis, o grupo 5
con 22 partes máis, o grupo 3 con 12 partes máis e, por último, o grupo 6 con 1
parte máis.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
40
Cadro 13. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR GRUPOS DE ENFERMIDADE. ANO 2016
GRUPO ANO 2016 ANO 2015 VARIACIÓN ANUAL
Grupo 2 992 923 +7,48 %
Grupo 4 175 120 +45,83 %
Grupo 5 102 80 +27,50 %
Grupo 3 64 52 +23,08 %
Grupo 1 38 48 –20,83 %
Grupo 6 2 1 +100,00 %
Total 1.373 1.224 +12,17 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Por grupo de enfermidade profesional, sexo e sector de actividade
Nos partes comunicados do grupo 1 (EEPP causadas por axentes químicos), o
66 % corresponden a homes e o 34 % a mulleres.
O 47,37 % dos partes comunicados do grupo 1 comportaron unha baixa laboral. A
porcentaxe foi maior nos homes ca nas mulleres: 56,00 % nos homes fronte ao
30,77 % nas mulleres.
Por sectores, os partes de EEPP do grupo 1 concentráronse na industria (18 partes
no 2016), nos servizos (17 partes) e na construción (3 partes). Por sexos e sector, o
maior número de declaracións nos homes prodúcese na industria, mentres que nas
mulleres é nos servizos.
Cadro 14. PARTES COMUNICADOS DE EEPP DO GRUPO 1. ANO 2016
HOMES MULLERES
SECTOR CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL
Agricultura 0 0 0 0 0 0
Pesca 0 0 0 0 0 0
Industria 9 7 16 2 0 2
Construción 3 0 3 0 0 0
Servizos 2 4 6 2 9 11
Total 14 11 25 4 9 13
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
A maioría dos partes correspondentes ao grupo 2 (EEPP causadas por axentes
físicos) corresponden ás mulleres cun 52 %; o restante 48 % son de homes.
Neste grupo 2, o 58,47 % dos partes foron con baixa, cunha proporción máis
elevada nas mulleres (62,98 %) ca nos homes (53,57 %).
Nos homes, a industria é o sector que rexistra máis declaracións de EEPP causadas
por axentes físicos: 286 partes (o 60 % dos partes no conxunto de sectores). Nas
41
mulleres, en cambio, é o sector dos servizos (290 partes, o 56 % sobre o total de
partes de mulleres encadrados no grupo 2).
Cadro 15. PARTES COMUNICADOS DE EEPP DO GRUPO 2. ANO 2016
HOMES MULLERES
SECTOR CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL
Agricultura 10 0 10 4 1 5
Pesca 10 8 18 1 0 1
Industria 152 134 286 141 79 220
Construción 34 23 57 0 0 0
Servizos 49 56 105 179 111 290
Total 255 221 476 325 191 516
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
As EEPP causas por axentes biolóxicos (grupo 3) danse mormente nas mulleres:
56 partes de mulleres fronte a 8 de homes. O 87,50 % das declaracións deste tipo
de enfermidades foron con baixa, tanto nos homes coma nas mulleres.
Os partes comunicados do grupo 3 nos homes concéntranse nos servizos (8 partes,
dos cales 7 son con baixa). Nas mulleres comunicáronse 56 partes: 54 nos servizos
(49 con baixa) e 2 na agricultura (os dous sen baixa).
Cadro 16. PARTES COMUNICADOS DE EEPP DO GRUPO 3. ANO 2016
HOMES MULLERES
SECTOR CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL
Agricultura 0 0 0 0 2 2
Pesca 0 0 0 0 0 0
Industria 0 0 0 0 0 0
Construción 0 0 0 0 0 0
Servizos 7 1 8 49 5 54
Total 7 1 8 49 7 56
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
As enfermidades profesionais causadas por inhalación de substancias (grupo 4)
danse mormente nos homes e no sector da industria: no ano 2016, o 71 % dos
partes do grupo 4 foron de traballadores da industria.
O 54,86 % dos partes ligados ao grupo 4 comportaron baixa laboral, cunha
porcentaxe máis elevada nos homes (56,58 %) ca nas mulleres (43,48 %).
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
42
Cadro 17. PARTES COMUNICADOS DE EEPP DO GRUPO 4. ANO 2016
HOMES MULLERES
SECTOR CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL
Agricultura 2 1 3 3 0 3
Pesca 0 0 0 1 0 1
Industria 73 52 125 4 5 9
Construción 6 6 12 0 0 0
Servizos 5 7 12 2 8 10
Total 86 66 152 10 13 23
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
O groso dos partes comunicados de EEPP da pel (grupo 5) danse nas mulleres:
comunicaron 72 partes no ano 2016 e representaban o 71 % dos comunicados no
grupo 5.
Por sexos e sector, algo máis da metade dos partes comunicados no grupo 5
producíronse en traballadoras dos servizos: 55 no 2016, que representaron o 54 %
sobre o total de expedientes de EEPP da pel. En cambio, nos homes, o sector con
máis partes é a industria (11 partes) aínda que lle segue moi de preto os servizos
(10 partes).
Nas mulleres, o 66,67 % dos partes comunicados de EEPP da pel foron con baixa; a
porcentaxe nos homes foi do 53,33 %.
Cadro 18. PARTES COMUNICADOS DE EEPP DO GRUPO 5. ANO 2016
HOMES MULLERES
SECTOR CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL
Agricultura 0 1 1 0 0 0
Pesca 0 0 0 0 0 0
Industria 7 4 11 10 7 17
Construción 5 3 8 0 0 0
Servizos 4 6 10 38 17 55
Total 16 14 30 48 24 72
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
No 2016 comunicáronse dous partes de EEPP causadas por axentes carcinóxenos
(grupo 6). Son os dous partes de traballadores da industria, e un deles foi con
baixa laboral.
43
Cadro 19. PARTES COMUNICADOS DE EEPP DO GRUPO 6. ANO 2016
HOMES MULLERES
SECTOR CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL CON BAIXA SEN BAIXA TOTAL
Agricultura 0 0 0 0 0 0
Pesca 0 0 0 0 0 0
Industria 1 1 2 0 0 0
Construción 0 0 0 0 0 0
Servizos 0 0 0 0 0 0
Total 1 1 2 0 0 0
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Por provincias
A provincia coa cifra máis alta de partes comunicados de EEPP é Pontevedra con
749, o 54,55 % de todos os rexistrados en Galicia no 2016. A seguir está a provincia
da Coruña con 348 partes (o 25,35 % do total), Ourense con 197 (o 14,35 %) e, por
último, Lugo con 79 (o 5,75 %).
Cadro 20. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR PROVINCIAS. ANO 2016
PROVINCIA CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
A Coruña 222 126 348 63,79 %
Lugo 47 32 79 59,49 %
Ourense 121 76 197 61,42 %
Pontevedra 425 324 749 56,74 %
Total 815 558 1.373 59,36 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
En proporción, a provincia con máis partes de EEPP con baixa é a Coruña: 222, o
63,79 % do total dos comunicados na provincia. No extremo oposto está
Pontevedra, coa porcentaxe máis baixa das catro provincias galegas: un 56,74 %.
Hai máis comunicacións de EEPP de homes ca de mulleres nas provincias de
Ourense (o 56,35 %), Lugo (o 54,43 %) e Pontevedra (o 52,47 %). Pola contra, na
provincia da Coruña teñen máis incidencia as EEPP en mulleres (o 58,05 % dos
partes).
Cadro 21. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR PROVINCIAS E SEXO. ANO 2016
PROVINCIA HOMES MULLERES TOTAL
A Coruña 146 202 348
Lugo 43 36 79
Ourense 111 86 197
Pontevedra 393 356 749
Total 693 680 1.373
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
44
A industria rexistra o maior número de partes comunicados de EEPP en todas as
provincias galegas agás na Coruña, onde son os servizos.
Cadro 22. PARTES COMUNICADOS DE EEPP POR PROVINCIAS E SECTOR. ANO 2016
SECTOR A CORUÑA LUGO OURENSE PONTEVEDRA
Agricultura 7 7 3 7
Pesca 1 0 0 19
Industria 142 38 141 367
Construción 32 8 5 35
Servizos 166 26 48 321
Total 348 79 197 749
FONTE: elaboración propia a partir de datos do ISSGA
No ano 2016, en comparación co ano 2015, soben os expedientes de EEPP nas
provincias de Pontevedra (88 máis), Ourense (48 máis) e A Coruña (19 máis). En
proporción, o maior incremento dáse na provincia de Ourense: un +32,21 %.
Pola contra, na provincia de Lugo rexistráronse seis partes menos ca no ano 2015,
o descenso foi do 7,06 %.
Clasificación por comunidades autónomas
Galicia ocupa a sexta posición por volume de expedientes, por detrás de Cataluña,
Valencia, País Vasco, Madrid e Navarra.
Cadro 23. PARTES COMUNICADOS DE EEPP DISTRIBUÍDOS POR GRUPO DE ENFERMIDADE E CCAA. ANO 2016
GRUPO 1 GRUPO 2 GRUPO 3 GRUPO 4 GRUPO 5 GRUPO 6 TOTAL
Cataluña 163 2.635 107 101 191 2 3.199
Valencia 40 2.834 28 77 108 3 3.090
País Vasco 63 2.511 12 114 128 10 2.838
Madrid 62 1.000 445 69 96 1 1.673
Navarra 54 1.407 7 41 70 1 1.580
Galicia 38 992 64 175 102 2 1.373
Aragón 15 1.097 26 26 77 1 1.242
Castela e León 31 759 48 87 59 7 991
Murcia 13 866 13 20 61 2 975
Andalucía 40 633 63 49 65 3 853
Baleares 12 472 5 19 33 0 541
Castela-A Mancha 49 342 21 40 53 2 507
Asturias 23 369 18 28 30 1 469
Canarias 27 361 3 12 44 1 448
A Rioxa 9 346 1 10 12 0 378
Cantabria 5 312 11 13 8 0 349
Estremadura 11 126 44 8 10 0 199
Ceuta e Melilla 0 18 3 2 2 0 25
Total 655 17.080 919 891 1.149 36 20.730
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
45
Os 1.373 expedientes de EEPP comunicados en Galicia representan o 6,62 % dos
rexistrados en España. A táboa anterior amosa a distribución das EEPP por grupo de
enfermidade e comunidade autónoma.
Galicia é a cuarta comunidade autónoma coa maior porcentaxe de partes de EEPP
con baixa laboral: o 59,36 % das comunicacións na nosa comunidade foron con
baixa. Na media estatal, esa porcentaxe é inferior: un 48,12 % dos partes
comunicados foron con baixa.
As comunidades que superan a Galicia en porcentaxe son Madrid (un 64,26 % de
partes foron con baixa), Andalucía (63,54 %) e Castela-A Mancha (59,37 %).
Entre as comunidades autónomas con menor proporción de enfermidades
profesionais con baixa destaca Valencia, onde os partes comunicados con baixa só
representan o 30,16 % do total de comunicacións, ou A Rioxa cuxa porcentaxe é do
34,66 %.
Cadro 24. NÚMERO DE PARTES COMUNICADOS DISTRIBUÍDOS POR GRUPO DE ENFERMIDADE E CCAA. ANO 2016
CON BAIXA (A) SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
Madrid 1.075 598 1.673 64,26
Andalucía 542 311 853 63,54
Castela-A Mancha 301 206 507 59,37
Galicia 815 558 1.373 59,36
Ceuta e Melilla 14 11 25 56,00
Cataluña 1.756 1.443 3.199 54,89
Asturias 253 216 469 53,94
Canarias 221 227 448 49,33
Estremadura 98 101 199 49,25
Navarra 764 816 1.580 48,35
Murcia 461 514 975 47,28
Cantabria 161 188 349 46,13
Baleares 239 302 541 44,18
Castela e León 434 557 991 43,79
País Vasco 1.238 1.600 2.838 43,62
Aragón 540 702 1.242 43,48
A Rioxa 131 247 378 34,66
Valencia 932 2.158 3.090 30,16
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
46
1.1.2. Partes pechados como enfermidade profesional con baixa
Por sexo
No ano 2016 pecháronse 704 partes como enfermidade profesional en Galicia. Ao
contrario do que aconteceu cos partes comunicados, a maior porcentaxe dos
pechados corresponde a mulleres, 371 (o 52,70 % do total), fronte a 333 de homes.
Na distribución por provincias, hai máis partes pechados de mulleres que de
homes na Coruña e Pontevedra. Na provincia de Lugo coincide o número de partes
pechados por sexos e en Ourense son maioría os de homes.
Cadro 25. PARTES PECHADOS COMO ENFERMIDADE PROFESIONAL CON BAIXA POR PROVINCIAS E SEXO. ANO 2016
NÚMERO DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)
PROVINCIA HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
A Coruña 84 108 192 134,44 96,60 113,16
Lugo 24 24 48 102,25 72,50 87,38
Ourense 55 45 100 58,16 76,47 66,40
Pontevedra 170 194 364 66,63 70,86 68,88
Total 333 371 704 84,90 79,14 81,87
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
A duración media dos procesos de enfermidade profesional é de 81,87 días en
Galicia fronte aos 68,31 días na media estatal. Por sexos, de media dura máis nos
homes ca nas mulleres: 84,90 días nos homes e 79,14 nas mulleres.
Na distribución por provincias, a duración media máis elevada dáse na Coruña,
tanto en homes (134,44 días) coma en mulleres (96,90 días). Pola contra, a menor
duración corresponde á provincia de Ourense con 66,40 días.
Por grupos de idade
O maior número de partes pechados como EEPP con baixa nas mulleres dáse entre
os 40 e 44 anos. Nos homes, o grupo de idade con máis partes é o comprendido
entre os 35 e 39 anos.
O 4,83 % dos partes pechados como EEPP con baixa no ano 2016 atangueu a
persoas menores de 30 anos; o 78,27 % tiñan entre 30 e 54 anos e o restante
16,90 %, máis de 54 anos.
Hai máis partes pechados de mulleres que de homes en todos os grupos de idade,
agás entre os 35 e 39 anos.
47
Cadro 26. PARTES PECHADOS COMO EEPP CON BAIXA POR GRUPOS DE IDADE E SEXO. ANO 2016
NÚMERO DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)
GRUPO DE IDADE HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Menores de 20 0 0 0 — — —
De 20 a 24 4 5 9 39,00 31,20 34,67
De 25 a 29 7 18 25 73,86 60,56 64,28
De 30 a 34 32 37 69 89,53 94,32 92,10
De 35 a 39 79 51 130 74,06 64,45 70,29
De 40 a 44 59 77 136 70,98 77,53 74,69
De 45 a 49 54 56 110 79,81 80,79 80,31
De 50 a 54 43 63 106 106,33 94,08 99,05
De 55 a 59 45 49 94 100,87 66,31 82,85
De 60 a 64 10 14 24 127,50 111,86 118,38
De 65 ou máis 0 1 1 — 101,00 101,00
Total 333 371 704 84,90 79,14 81,87
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Existe unha correlación entre a idade e a duración media dos procesos: a máis
idade corresponden procesos máis longos. Como se ve no cadro anterior, a
duración media máis baixa concéntrase nas persoas menores de 30 anos.
Por grupos de enfermidades profesionais
O grupo 2 (EEPP por axentes físicos) abrangue o maior número de partes pechados
en ambos os sexos: 229 partes de homes (o 69 % do total nos homes) e 276 partes
de mulleres (o 74 % dos pechados de mulleres).
Cadro 27. PARTES PECHADOS COMO EEPP POR GRUPOS DE ENFERMIDADE. ANO 2016
NÚMERO DE PARTES PECHADOS DURACIÓN MEDIA (EN DÍAS)
GRUPOS HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
Grupo 2 229 276 505 91,92 91,30 91,58
Grupo 4 68 9 77 69,47 125,89 76,06
Grupo 5 16 43 59 56,19 40,77 44,95
Grupo 3 7 39 46 11,00 31,28 28,20
Grupo 1 12 4 16 82,08 13,75 65,00
Grupo 6 1 — 1 539,00 — 539,00
Total 333 371 704 84,90 79,14 81,87
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Nota:
Grupo 1: EEPP causadas por axentes químicos
Grupo 2: EEPP causadas por axentes físicos
Grupo 3. EEPP causadas por axentes biolóxicos
Grupo 4: EEPP causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados
Grupo 5: EEPP da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos outros apartados
Grupo 6: EEPP causadas por axentes carcinóxenos
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
48
O segundo grupo con máis partes pechados difire dependendo dos sexos. Nas
mulleres é o grupo 5 (EEPP da pel) e nos homes é o grupo 4 (EEPP causadas por
inhalación).
A maior duración nos procesos de EEPP con baixa dáse no grupo 6 «axentes
carcinóxenos» e no grupo 2 «axentes físicos». Os procesos máis curtos
corresponden ao grupo 3 «axentes biolóxicos».
Por rama de actividade
O maior número de partes pechados como enfermidades profesionais con baixa
dáse na industria manufactureira, tanto nos homes coma nas mulleres. Nesa rama
encádranse o 62 % dos partes pechados de homes e o 35 % dos partes pechados de
mulleres.
Cadro 28. PARTES PECHADOS COMO EEPP CON BAIXA POR RAMA DE ACTIVIDADE E SEXO. ANO 2016
RAMA DE ACTIVIDADE HOMES MULLERES TOTAL
Agricultura, gandaría, silvicultura e pesca 13 11 24
Industrias extractivas 8 0 8
Industria manufactureira 208 130 338
Subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado 1 0 1
Subm. de auga, activ. saneamento, xestión de residuos e descontaminación 1 4 5
Construción 42 0 42
Comercio; reparación de vehículos de motor e motocicletas 22 51 73
Transporte e almacenamento 12 10 22
Hostalaría 4 22 26
Información e comunicacións 0 9 9
Actividades financeiras e de seguros 0 0 0
Actividades inmobiliarias 0 0 0
Actividades profesionais, científicas e técnicas 2 2 4
Actividades administrativas e servizos auxiliares 5 37 42
Admón. pública e defensa; seguridade social obrigatoria 4 18 22
Educación 1 5 6
Actividades sanitarias e de servizos sociais 9 59 68
Actividades artísticas, recreativas e de entretemento 1 0 1
Outros servizos 0 12 12
Actividades dos fogares 0 1 1
Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais 0 0 0
Total 333 371 704
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
A marcada segmentación sexual na ocupación nótase, obviamente, na distribución
dos partes pechados por ramas e sexos. Despois da industria manufactureira, as
seguintes ramas con máis partes pechados como enfermidades profesionais nas
49
mulleres son: actividades sanitarias e de servizos sociais (59 partes); comercio (51
partes) e actividades administrativas e servizos auxiliares (37 partes).
No caso dos homes, a continuación da industria manufactureira destacan as
seguintes ramas: construción (42 partes), comercio (22 partes), sector primario
(13 partes) e transporte e almacenamento (12 partes).
1.1.3. Sistema de alertas
O sistema CEPROSS contén un «servizo de alertas» que ofrece a posibilidade de
detectar aquelas empresas que superaron os límites de alerta establecidos. É dicir,
localiza posibles «focos de risco» de enfermidades profesionais, para facilitar unha
maior eficiencia nas accións de preventivas.
Cadro 29. TOTAL DE EMPRESAS QUE SUPERARON OS LÍMITES ESTABLECIDOS NO 2016
GRUPO 1 GRUPO 2 GRUPOS 3 GRUPO 4 GRUPO 5 GRUPO 6 SUMA TOTAL
EMPRESAS
Madrid 0 11 48 1 2 0 62 47
Galicia 1 14 8 11 5 1 40 34
Cataluña 1 19 8 1 6 0 35 30
País Vasco 0 15 0 6 2 5 28 24
Andalucía 0 3 9 1 2 2 17 15
Navarra 1 18 0 1 1 1 22 15
Castela-A Mancha 1 2 2 1 1 2 9 8
Castela e León 0 1 1 3 0 3 8 8
Murcia 0 6 0 1 0 2 9 8
Asturias 0 6 2 0 0 0 8 6
Aragón 0 3 1 0 0 1 5 5
Valencia 0 6 0 0 0 2 8 5
Cantabria 0 4 1 0 0 0 5 4
Baleares 0 2 0 0 0 0 2 2
Canarias 0 1 0 0 0 1 2 2
Estremadura 0 1 0 0 0 0 1 1
A Rioxa 0 1 0 0 0 0 1 1
Total 4 113 80 26 19 20 262 215
FONTE: elaboración propia a partir de datos do CEPROSS
Nota:
Grupo 1: EE. PP. causadas por axentes químicos
Grupo 2: EE. PP. causadas por axentes físicos
Grupo 3. EE. PP. causadas por axentes biolóxicos
Grupo 4: EE. PP. causadas por inhalación de substancias e axentes non comprendidos noutros apartados
Grupo 5: EE. PP. da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos outros apartados.
Grupo 6: EE. PP. causadas por axentes carcinóxenos.
No ano 2016, 34 empresas superaron en Galicia os límites de sinistralidade;
representan o 16 % do total das empresas detectadas en España. Na clasificación
por comunidades autónomas, Galicia é a segunda co maior número de empresas
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
50
que superaron os límites de sinistralidade, só está por detrás de Madrid (47
empresas).
Pola contra, as comunidades autónomas con menor número de alertas no 2016
foron A Rioxa, Estremadura, Canarias e Baleares.
As alertas desas 34 empresas detectadas en Galicia producíronse en 40 EEPP. Polo
tanto, existen empresas onde as alertas orixinaron máis dunha enfermidade
profesional.
O maior número de empresas que superaron os límites de sinistralidade
encádranse nas seguintes actividade económicas: corte, tallado e acabado da pedra
(8 empresas) e actividades hospitalarias (6 empresas).
2. PATOLOXÍAS NON TRAUMÁTICAS
Os datos manexados de patoloxías non traumáticas corresponden aos expedientes
comunicados a través do sistema PANOTRATSS en Galicia no ano 2016. A análise é
bastante limitada porque, no momento de elaborar este informe, só dispoñiamos
do número de partes comunicados distribuídos por sexo, por provincias e segundo
causaran ou non baixa laboral.
Por sexos
No ano 2016 comunicáronse 610 partes de patoloxías non traumáticas en Galicia.
A incidencia da declaración é maior nos homes ca nas mulleres: 328 partes
corresponderon a homes (o 53,77 % dos partes) e os restantes 282 foron de
mulleres.
O 91,97 % dos partes comunicados foron con baixa laboral. Por sexos, esa
proporción é algo máis elevada nas mulleres ca nos homes: 92,55 % fronte a
91,46 %, respectivamente.
Cadro 30. PARTES COMUNICADOS DE PATOLOXÍAS NON TRAUMÁTICAS. ANO 2016
HOMES MULLERES TOTAL
Con baixa 300 261 561
Sen baixa 28 21 49
Total 328 282 610
FONTE: elaboración propia a partir de datos do PANOTRATSS
51
Por provincias
O maior número de partes comunicados de patoloxías non traumáticas
corresponde, con diferenza, á provincia da Coruña: 444 no 2016, representan o
72,79 % do total dos comunicados na comunidade. Séguenlle moi de lonxe os 70
partes de Pontevedra (o 11,48 %), Lugo con 69 (o 11,31 %) e, por último, Ourense
con 27 (o 4,43 %).
O número de partes comunicados de homes é superior ao de mulleres nas
provincias de Ourense (o 59,26 %), A Coruña (o 55,63 %) e Pontevedra (o
52,86 %). Pola contra, na provincia de Lugo hai máis partes de mulleres (o
59,42 %) ca de homes.
A maior porcentaxe de baixas laborais por patoloxías non traumáticas deuse na
provincia da Coruña, co 94,59 %; a seguir está a provincia de Lugo cun 89,86 %,
Pontevedra cun 84,29 % e, por último, Ourense cun 74,07 %.
Cadro 31. PARTES COMUNICADOS POR PROVINCIAS E SEXOS. ANO 2016
CON BAIXA SEN BAIXA
HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERES TOTAL
A Coruña 231 189 420 16 8 24
Lugo 27 35 62 1 6 7
Ourense 11 9 20 5 2 7
Pontevedra 31 28 59 6 5 11
Total 300 261 561 28 21 49
FONTE: elaboración propia a partir de datos do PANOTRATSS
Clasificación por comunidades autónomas
Na clasificación por comunidades autónomas, e tomando como referencia as cifras
absolutas, Galicia é a cuarta con máis declaracións de patoloxías non traumáticas
(610 partes no 2016); está por detrás de Cataluña (982 partes), Madrid (712
partes) e Comunidade Valenciana (691 partes).
Se cinguimos a análise aos partes comunicados con baixa, Galicia ocupa a segunda
posición (561 partes con baixa) e só estaría por detrás de Madrid (579 partes con
baixa).
Galicia é a comunidade autónoma coa porcentaxe máis alta de partes comunicados
con baixa laboral sobre o total das declaracións de patoloxías non traumáticas: o
91,97 % das declaracións foron con baixa no 2016, porcentaxe que baixa ata o
64,18 % na media estatal.
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
52
Cadro 32. PARTES COMUNICADOS DISTRIBUÍDOS POR CCAA. ANO 2016
CON BAIXA
( )
SEN BAIXA TOTAL (B) (A/B)*100
Cataluña 547 435 982 55,70 %
Madrid 579 133 712 81,32 %
Valencia 313 378 691 45,30 %
Galicia 561 49 610 91,97 %
Aragón 307 291 598 51,34 %
Andalucía 306 137 443 69,07 %
Castela-A Mancha 244 49 293 83,28 %
Castela e León 169 108 277 61,01 %
País Vasco 123 151 274 44,89 %
Murcia 152 62 214 71,03 %
Canarias 82 36 118 69,49 %
Baleares 47 65 112 41,96 %
Navarra 62 44 106 58,49 %
Asturias 53 40 93 56,99 %
Estremadura 51 18 69 73,91 %
A Rioxa 29 26 55 52,73 %
Cantabria 12 9 21 57,14 %
Ceuta e Melilla 9 4 13 69,23 %
Total 3.646 2.035 5.681 64,18 %
FONTE: elaboración propia a partir de datos do PANOTRATSS
53
CONCLUSIÓNS
A recuperación do emprego asenta nunha elevada precariedade que está
provocando un impacto negativo na seguridade e saúde laboral dos traballadores e
traballadoras.
No ano 2016 comunicáronse un 12 % máis de accidentes con baixa en xornada
laboral ca no 2013, cando se rexistraba o menor número dese tipo de accidentes
desde o comezo da crise. En proporción, aumentaron máis os accidentes de
traballo con baixa en xornada laboral (+12 %) que a poboación asalariada (+6 %).
Os accidentes de traballo con baixa en xornada laboral mantiveron unha tendencia
ascendente nos anos 2014 e 2015, mentres que no 2016 permaneceron case
estancados porque só baixaron un 0,6 %.
No ano 2016, tomando como referencia os datos publicados polo ISSGA,
rexistráronse 24.994 accidentes de traballo con baixa en xornada laboral. O 70 %
dese tipo de accidentes sufríronos os homes.
En comparación co ano 2015, o descenso dos accidentes de traballo con baixa en
xornada laboral concentrouse nos homes e, por sectores, na agricultura e na
construción. Porén, soben nas mulleres (+1,35 %) e, por sectores, na pesca
(+6,95 %), na industria (+0,69 %) e nos servizos (+0,35 %).
Canto á gravidade, subiron os accidentes graves (+24,94 %) e producíronse 57
accidentes mortais, só houbo unha morte menos ca no ano 2015. A situación foi
especialmente tráxica na pesca, sector que volve a presentar o índice de incidencia
máis elevado tanto nos accidentes graves coma nos mortais e no que perderon a
vida 12 homes (no 2015 faleceron 10 homes).
A gravidade da situación apréciase na súa verdadeira dimensión cando nos
comparamos coas restantes comunidades autónomas: Galicia presenta o índice de
incidencia máis elevado nos accidente mortais e, en cifras absolutas, é a terceira
comunidade con máis accidentes mortais.
Os traballadores e traballadoras con menos antigüidade no seu posto traballo
teñen máis papeletas para sufriren un accidente de traballo. Un dato: o 19 % dos
accidentes con baixa en xornada laboral que se rexistraron no 2016 sufríronos
persoas que tiñan unha antigüidade inferior a tres meses no seu posto de traballo,
unha porcentaxe moi elevada en relación coa poboación asalariada exposta a esa
situación.
A nosa estrutura produtiva caracterízase polo predominio case absoluto das
empresas moi pequenas. Esa peculiaridade tamén se reflicte na sinistralidade
laboral. No 2016, o maior número de accidentes de traballo con baixa en xornada
Informe de sinistralidade laboral en Galicia en 2016
54
laboral dáse nas empresas que teñen entre 5 e 25 traballadores e traballadoras
(abranguen o 26 % dos accidentes totais) e a seguir destacan as empresas que
teñen entre 1 e 4 traballadores/as co 13 % do total de accidentes.
As persoas con contrato temporal tamén corren máis riscos de sufrir un accidente
ca as que teñen unha relación estable: o 38 % dos accidentes con baixa en xornada
laboral rexistrados no 2016 danse entre persoas que teñen un contrato temporal;
esa porcentaxe queda moi por riba da representación que ten a poboación
asalariada temporal no emprego por conta allea. No 2016 incrementouse o número
de accidentes entre as persoas cun contrato temporal, mentres que o das
indefinidas baixou.
No ano 2016 rexistráronse un total de 2.800 accidentes de traballo con baixa in
itinere (o 62 % corresponderon a mulleres). A suba deste tipo de accidentes tamén
se concentrou nas mulleres (72 máis nelas fronte a 37 menos nos homes). No que
atangue aos accidentes mortais, houbo 5 mortes e eran todos homes.
Ata aquí os accidentes de traballo que causaron unha baixa: máis de 27.700 no
2016, dos cales 2.800 foron in itinere.
Tamén é moi significativo o número de accidentes sen baixa en xornada laboral:
39.406 no 2016 (fronte a 39.823 no 2015). Daquela, a maioría dos accidentes de
traballo rexistrados en 2016 non causaron unha baixa.
Segundo a información proporcionada polas aplicacións CEPROSS E PANOTRATSS, no
2016 comunicáronse 1.983 enfermidades causadas polo traballo, das cales o 31 %
son patoloxías non traumáticas causadas ou agravadas polo traballo.
Segue sendo preocupante a infradeclaración de enfermidades profesionais. No
2016 declaráronse 1.373 enfermidades profesionais en Galicia (680 en mulleres e
693 en homes) pero desas só o 59 % causaron baixa; oito anos antes esa
porcentaxe estaba no 74 %.
Nos casos de enfermidades profesionais causadas por axentes carcinóxenos (grupo
VI) chama a atención que o ano pasado só se recoñeceran dous casos en homes, dos
cales un deles non causou baixa (os dous partes estaban encadrados na industria).