Date post: | 30-Mar-2016 |
Category: |
Documents |
Upload: | biblioteca-publica-da-coruna-miguel-gonzalez-garces |
View: | 231 times |
Download: | 4 times |
Iv
CerTame de debuXo ( EnTroido-2º12)
Concurso de dibujo
(Carnaval-2o12)
PARTICIPANTES
Poderán participar todos os artistas que
teñan entre 6 e 14 anos.
CATEGORIAS
Establécense as seguintes categorías:
A) categoría: 6 a 9 anos.
B) categoría: 10 a 14 anos.
CONDICIÓNS TÉCNICAS
Tema
O tema das obras será O ENTROIDO. Non se admitirán
traballos con contidos violentos, sexistas e racistas ou que
incidan nunha convivencia intolerante en calquera dos
seus aspectos. As obras deberán ser inéditas.
Formato
Só se poderá presentar unha obra por participante. O
tamaño dos orixinais non poderá exceder en ningún caso a
medida de DIN-A4 (210 x 297 mm.) en formato horizontal
ou vertical, podendo ser os orixinais en branco e negro ou
cor. Técnica e estilo libre (incluído o infográfico).
PRESENTACIÓN DE TRABALLOS E
DOCUMENTACIÓN
Todas as obras deberán ser orixinais. No dorso delas
aparecerá o título e irán asinadas cun pseudónimo. As
obras enviaranse debidamente protexidas indicando o
nome do concurso e a categoría na que se presentan.
Incluirase outro sobre pequeño rotulado co pseudónimo e
no interior achegaranse os datos do autor (nome, dirección
e teléfono de contacto). A organización velará pola
conservación e o bo estado das obras, non
responsabilizándose dos danos fortuítos de manipulación,
transporte ou envío que puidesen xurdir.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
As obras pódense presentar a partir da difusión destas
bases, sendo a data máxima de presentación o 17 de
FEBREIRO
LUGAR DE PRESENTACIÓN
Todas as obras se presentarán na Biblioteca Pública
da Coruña Miguel González Garcés de luns a
venres de 8:30h. a 20:20h., e sábados de 10h. a 13:50h.,
ou ben serán enviadas por correo certificado a mesma
dirección: Rúa Miguel González Garcés, nº 1—15008 A
Coruña
Bases do
certame
PREMIOS Os participantes consideraranse sometidos á resolución do xurado. O xurado poderá declarar desertos os premios se o
considerase oportuno, quedando facultado para resolver calquera outra incidencia que puidese producirse.
Os premios serán:
1ª categoría
Material de lectura infantil e Diploma deseñado por David Pintor 2ª categoría
Material de lectura infantil e xuvenil e Diploma deseñado por D. Pintor
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios realizarase o venres 24 de febreiro 2012, no Salón de Actos da Biblioteca ás
18:30h.
PROPIEDADE DAS OBRAS PREMIADAS
As obras premiadas serán propiedade dos autores. Os traballos seleccionados exporanse na Biblioteca
dende o venres 17 de febreiro de 2012.
DEVOLUCIÓN DAS OBRAS
As obras non premiadas (incluídas as utilizadas na exposición) poderán recollerse unha vez finalizada a
exposición. ACEPTACIÓN DAS BASES
A participación neste concurso supón a total aceptación das bases
XURADO O xurado estará presidido polo debuxante
SIRO ou persoa en quen delegue, e estará
composto por profesionais entendidos no tema.
A resolución do xurado será inapelable