+ All Categories

China

Date post: 03-Jul-2015
Category:
Upload: chelo-alvarez-veira
View: 848 times
Download: 2 times
Share this document with a friend
19
China China China China Nome oficial República Popular de China Capital Beijing Superficie 9.600.000 quilómetros cadrados
Transcript
Page 1: China

ChinaChinaChinaChina Nome oficial República Popular de China

Capital Beijing

Superficie 9.600.000 quilómetros cadrados

Page 2: China

Habitantes China é o país máis poboado do mundo cunha poboación estimada en 1.339 millóns (2009) de habitantes, un quinto da poboación mundial. Inclúe aos chinos que viven nas rexións administrativas de Hong Kong e Macao, así como na Provincia de Taiwán.

Densidade de poboación: arredor de 135 persoas por quilómetro cadrado, aproximadamente catro veces máis que a de Estados Unidos

Homes 51,5%

Mulleres 48,5%

Page 3: China

Orixe étnico da poboación 91,6% é de orixe Han,

O resto inclúe 55 minorías étnicas das cales os grupos máis grandes son os Zhuang, Manchú, Hui, Miao, Yygur, Yi, Tujia, Mongoles e tibetanos.

Distribución da poboación A maioría da poboación de China vive no centro e na parte baixa dos vales do Río Amarelo, o Río Yangtze e o Río Perla, e na Planicie Nororiental.

Page 4: China

Principales cidades

Chongqing:27,98 millóns de habitantes (censo 2005)

Shanghai:17,78 millóns de habitantes (censo 2005)

Beijing: 14,92 millóns de habitantes (censo 2005)

Tianjin:10,42 millóns de habitantes (censo 2005)

Guangzhou:9,94 millóns de habitantes (censo 2005)

Hong Kong:6,84 millóns de habitantes (censo 2005)

Page 5: China

Bandeira escudo

Moeda

A moeda oficial de China é o Renminbi, tamén denominado yuan

1 yuan=10 jiao=100 fen.

Page 6: China

División administrativa China está constituída por:

• 23 provincias • Cinco rexións autónomas, • Catro municipalidades directamente baixo a autoridade do Goberno Central • As rexións administrativas especiais de Hong Kong e Macao

As 23 provincias son Anhui, Fujian, Gansu, Guangdong, Guizhou, Hainan, Hebei, Heilongjiang, Henan, Hubei, Hunan, Jiangsu, Jiangxi, Jilin, Liaoning, Qinghai, Shaanxi, Shandong, Shanxi, Sichuan, Taiwán, Yunnan e Zhejiang; as cinco rexiones autónomas son Guangxi, Mongolia Interior, Ningxia, Xinjiang e Tibet; as cuatro municipalidades son Beijing, Chongqing, Shanghai eTianjin.

Page 7: China

Idioma oficial O chino estándar ou Mandarín é o idioma oficial (Putonghua, baseado no dialecto de Beijing).

Tamén se falan moito

• dialecto Yue (cantonés), • Wu (shanghainés) • Minbei (Fuzhou) • Minan ( Hokkien-Taiwanes) • Xiang • Gan • Hakka • Outras linguas minoritarias.

En 1958, a Primeira Asemblea Popular Nacional aprobou a adopción do Pinyin (un esquema para o alfabeto fonético chino) para escribir os nomes e lugares chinos en letras romanas, pero non foi usado popularmente ata fins dos ano 70.

Page 8: China

Xeografía Situada no hemisferio norte mide entre o norte e o sur 5.500 quilómetros e entre os extremos de Este a Oeste 5.200 quilómetros.

O territorio chino equivale case a toda Europa, composta por máis de 30 países, ocupa unha cuarta parte de Asia e representa a decimoquinta parte da superficie continental do Globo Terráqueo.

As partes este e sur do continente chino están bañadas polo Mar Bohai, o mar Amarelo e os Este e Sur de China e separadas por mar, de Xapón, Filipinas, Malasia, Indonesia e Brunei.

A liña costeira conta cunha extensión de máis de 18.000 quilómetros.

Ao longo do litoral chino hai máis de 6000 illas grandes e pequenas, que totalizan 80000 quilómetros cadrados.

A maior dela sé a illa de Taiwan, cunha superficie de 36000 quilómetros cadrados.

Ademais o país conta con máis de 200 illas, co nome xenérico de illas do Mar do Sur de China.

Hai ademais outros arquipélagos importantes,no mar do Este de China, un famoso lugar turístico.

Page 9: China

Clima China é un dos países que atravesan lonxitudinalmente máis zonas climáticas no mundo, presentando todas as zonas climáticas da Terra, agás a zona de tundra e a de terras conxeladas dos polos.

Particularmente as zonas temperada, temperada cálida e subtropical cobren a inmensa maioría do chan chino, enorme área, que co seu clima temperado e grandes contrastes entre as catro estacións do ano, é un lugar idóneo para a subsistencia e o desenvolvemento o home.

As condicións acuíferas tamén introducen enormes diferenzas entre unha rexión e outra. A influencia diferente do monzón estival nas distintas rexións determina que a distribución especial e temporal das condicións acuíferas sexa desigual e se reduza progresivamente dende o sureste cara o noroeste.

No sur de China, influído polo monzón, as precipitacións anuais superan os 1000 milímetros.

A parte noroeste do país, como se encontra no interior do continente eurasiático e pouco influído polo monzón estival, é, con excepción das montañas altas, pouco chuviosa, xeralmente con precipitacións anuais inferiores a 200 milímetros e preséntase desértica ou semidesértica.

Page 10: China

Agricultura A agricultura foi tradicionalmente o pilar económico de China e segue sendo un sector de gran importancia na economía nacional que sostén á maior parte da poboación

O 44% da poboación activa traballaba neste sector en 2002

Tan so o 16,7% da superficie total de China está cultivada, situada sobre todo na súa parte oriental, nas chairas das zonas monzónicas .

Case a metade da terra é de regadío.

Os cultivos máis importantes son arroz, trigo, millo e soia.

Tamén algodón, cacahuete, colza, cana de azucre e remolacha.

Page 11: China

Industria A industria china empezou a desenvolverse a principios da década de 1950 no século pasado.

Despois, nos anos 80 empezou a aplicar unha política de reforma e apertura ao exterior , que nestes momentos fai que dende 1996 China encabeza a lista mundial das producións de aceiro, carbón, cemento, fertilizantes e televisores.

A enerxía nuclear e a espacial tamén obtiveron importantes avances.

Entre as industrias pesadas destacan os asteleiros e a fabricación de locomotoras, material rodante, tractores, maquinaria mineira, equipos para xerar enerxía e maquinaria para prospeccións e refinado de petróleo.

As petroquímicas fabrican fibras sintéticas, plásticos e produtos farmacéuticos.

A industria téxtil é a maior do mundo e da traballo a máis de 4 millóns de empregados

Page 12: China

Vexetación A causa da gran variedade climática e topográfica, China é rica en diferentes especies vexetais.

Os bosques , que ocupan o 20,6% do territorio conserváronse xeralmente nas rexións máis inhóspitas.

Ao sur do val de Xi Jiang pódense atopar densas selvas tropicais chuviosas, formadas por especies perennes de folla ancha, mesturadas con palmeiras

Unha extensa rexión de vexetación subtropical esténdese ao norte do val do Yangtzé e ao oeste da meseta Tibetana. Esta rexión é moi rica en especies como a encina, ginkgo, bambú, pino, azalea e camelia. Tamén se poden atopar bosques con laureiros e magnolias, e bambú.

A maior altitude dominan as coníferas e os pastos de montaña.

Na zona oriental da fronteira con Mongolia aparecen pradeiras ou estepas cubertas con herbas resistentes á sequía.

As rexións máis áridas do noroeste caracterízanse por macizos de plantas herbáceas separados por extensas áreas estériles.

Na parte alta do Tibet hai vexetación de tundra.

Page 13: China

Animais Os diversos hábitats de China fan posible a vida dunha ampla variedade de fauna, dende especies árticas ata numerosas especies tropicais no sur.

Algunhas especies, xa estinguidas noutros lugares, aínda sobreviven en China, como o gran peixe poliodóntido do río Yangtzé, especies de crocodilos e salamántigas, o panda xigante e o cervo de auga chino.

No sur tropical hai distintos tipos de primates, como o xibón e o macaco ,

En áreas lonxanas hai algúns exemplares de grandes carnívoros, como osos, tigres e leopardos.

Nas terras altas do oeste hai antílopes, gacelas, cabalos salvaxes, venados e outros ungulados.

As aves son moi diversas e engloban faisáns, pavos reais , loros, garzas,…

Ademais dos animais domésticos máis comúns pódese encontrar o búfalo de auga, o camelo e o yak

A vida mariña é abondosa, especialmente ao longo da costa sureste e comprende platixa, bacallau, atún, sepia, cangrexo, gambas, camaróns e golfiños.

Os ríos de China conteñen gran variedade de carpas, salmón, troita, esturións, siluro e golfiño de río.

Son moi frecuentes as piscifactorías no interior da China.

Page 14: China

Minerais A causa da súa diversidade xeolóxica, China posúe unha gran variedade de recursos minerais.

As principais rexións mineiras son Manchuria, a península de Liaodong e as terras altas do sur.

China está dotada tamén de recursos enerxéticos: carbón, petróleo.

As reservas e petróleo estímanse en máis de 20.000 millóns de toneladas, están consideradas as segundas do mundo, despois de Arabia Saudí.

Tamén hai gran cantidade de minerais metálicos como de ferro, aluminio e outros.

Outros recursos son fosfatos, sal e talco.

Page 15: China

Relixión O número de devotos a relixións en China é estimado en máis de 100 millóns de persoas, a maioría dos cales seguen o Budismo.

Outras relixións importantes son o Taoismo, o Islam e o Cristianismo, tanto na súa forma católica coma protestante.

Page 16: China

Cultura As metas educativas do goberno comunista chino foron fomentadas por outros medios ademais da educación formal. Durante as décadas dos 60 e 70, considerouse que as obras de teatro, a ópera, a literatura popular e a música tiñan capacidade de ser utilizados como elementos educativos e polo tanto promocionados.

A partires dos 70 houbo intercambios culturais estranxeiros, comezou a entrar literatura estranxeira e traducíronse numerosas obras literarias ao chino.

Tamén na música se notou a influencia do exterior,

Hai un forte control de todas as expresións culturais por parte do goberno.

Page 17: China

Algúns símbolos

Panda xigante. Considerado un tesouro nacional. So viven pouco máis de 1000 no seu hábitat natural.

Mu Dan ou Peonia. Considerada como a flor favorita dos chinos. Outras plantas e ornamento moi queridas son a azalea, o rododendro, a camelia, a gardenia, o hibisco, crisantemo, etc.

Page 18: China

Paxaro.O Ibis vermello da península de Shaanxi é tamén un tesouro nacional. So existen uns 1.500 desta ameazada especie.

Gingko de China. É a árbore máis antiga do mundo, apareceu na Idade Xurásica, arredor de 160 millóns de anos atrás.

Page 19: China

Recommended