IES RICARDO CARBALLO CALERO IMAXE PERSOAL
Con esta presentación pretendemos achegar ao alumnado de 2º de
Bacharelato a familia profesional de Imaxe persoal, en concreto o
CICLO SUPERIOR DE ESTÉTICA
Que conseguirás facendo o ciclo superior de Estética?
Ter unha profesión moderna e dinámica con numerosas oportunidades profesionais.
Ser especialista en tratamentos faciais e corporais obtendo unha ampla formación en novos campos moi demandados actualmente nos tratamentos estéticos.
Obterás o título de Técnico superior de estética
que tamén che permitirá o acceso directo e convalidacións a estudos universitarios*
* Diplomado en Fisioterapia. Diplomado en Enfermería. Diplomado en Podoloxía. Diplomado en Logopedia. Diplomado en Terapia Ocupacional e todas as especialidades de Enxeñería Técnica Industrial
COA FORMACIÓN ACADADA,
CALES SON AS SAÍDAS PROFESIONAIS?
Balnearios e centros spa
tamén te formarás nos tratamentos máis novidosos como a aromaterapia ou chocolaterapia, todo isto combinado coas diversas técnicas de masaxe.
Seredes os profesionais idóneos para exercer o voso traballo nestes centros xa que se adquire una ampla formación en técnicas hidroterápicas e na aplicación da cosmetoloxía propia do termalismo: envolturas de algas, limos, arxilas...
Centros de estética que contan coas
modernas tecnoloxías ao servizo da estética integral como a depilación eléctrica, fotodepilación ou electroestética, que consigue co uso de técnicas eléctricas mellorar a efectividade dos tratamentos estéticos.
Nas que as novas técnicas como a micropigmentación estanse a converter nos últimos tempos nos tratamentos estrela dos mellores centros de tratamento médico-estético
Clínicas de medicina estética
xa que te formas nas terapias que teñen como obxecto conseguir un benestar corporal: masaxe, drenaxe linfática, reflexoloxía..
Centros de masaxe
En empresas
Formando parte dos departamentos de estética de empresas dedicadas ao tratamento da imaxe persoal integral como cine, televisión, teatros …
Laboratorios cosméticos
Sendo parte do equipo de técnicos
de laboratorios cosméticos ou de empresas cosméticas que desenvolvan a súa actividade no ámbito da estética integral.
QUE PODEMOS OFRECER?
A formación necesaria
Para a integración plena e con garantía nas empresas do sector da Imaxe Persoal.
Participar en numerosas actividades complementarias e extraescolares
SPA PAZO DE RILO
COLLEITA DE ALGAS DE USO COSMÉTICO
PARTICIPACIÓN EN EXPOURENSE
TALASO ATLÁNTICO
As instalacións idóneas
Conexión a internet de alta velocidade en todos os espazos do centro, aulas TIC con encerados dixitais e medios audiovisuais.
Aulas-taller espaciosas e ben equipadas
Contamos coas Contamos coas instalacións propias instalacións propias dos establecementosdos establecementos hIdrotermaishIdrotermais
• SAUNA SAUNA • CHORROCHORRO• BAÑO DE VAPOR BAÑO DE VAPOR
• HIDROMASAXEHIDROMASAXE
Realizar o último período da túa formación- FCT- nos mellores balnearios, centros spa e empresas no campo da Estética integral.
Colaboran con nós....
Os mellores centros da comarca dedicados á Estética integral:
Centros Sol Natur, Tcuida, Cellulem block, Inestetic, Beladona....
Guitiriz, Lugo, Laias, Balneario Compostela, Cuntis….
Wellness H2O, Pazo de Rilo,Termas Vilalba, Río do Pozo , Augusta Resort…
A auxe de balnearios e centros spa ten unha repercusión moi favorable na creación de emprego e supuxo nos últimos tres anos, segundo informes da asociación de balnearios, un incremento do cen por cento e as previsións son que continúe así ata o ano 2010 onde empezará a súa consolidación.
ONDE ESTAMOS?
IES Ricardo Carballo Calero de Ferrol Instituto de ensino secundario que imparte,
ademais da ESO e bacharelato os ciclos de Imaxe Persoal
e que está certificado por AENOR como centro que cumpre coas normas internacionais de calidade.
http://centros.edu.xunta.es/iesricardocarballocalero/Atoparás máis información na nosa páxina web
Moitas grazas pola vosa atención
Departamento de Imaxe Persoal IES Ricardo Carballo Calero