Circular: 19/2004
Data: / /2004
Asunto: Realización de antibiograma a todos os casos de tuberculose con confirmación bacteriolóxica (cultivo positivo). Orixe: División de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde e Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Ámbito: Servizos/unidades de microbioloxía dos hospitais da rede galega de atención sanitaria de utilización pública, Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia, Unidades de tuberculose; Delegacións provinciais da Consellería de Sanidade, Direccións provinciais do Sergas; Xerentes de Atención primaria e dos hospitais da rede galega de atención sanitaria de utilización pública.
REALIZACIÓN DE ANTIBIOGRAMA A TODOS OS CASOS DE TUBERCULOSE CON CONFIRMACIÓN BACTERIOLÓXICA (CULTIVO
POSITIVO).
En 1997 desígnase como Laboratorio de seguimento de micobacterias
de Galicia ao laboratorio do Servicio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario
de Santiago de Compostela, que con data de 27 de marzo de 2001 se declara
formalmente, polos directores xerais da División de Asistencia Sanitaria e de
Saúde Pública, como Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia.
As súas funcións son, entre outras, a realización dos antibiogramas aos
grupos de enfermos definidos ata o de agora no programa (retratamentos,
abandonos recuperados, quimioprofilaxes, VIH, UDVP, persoal sanitario,
1
contacto cun enfermo con tuberculose resistente, fracaso terapéutico, ingreso
en cárceres, e outros factores -nenos menores de 4 anos-), a realización dos
controis de calidade periféricos e a creación e mantemento dun cepario en
Galicia.
No ano 2001, seguindo as directrices da OMS e englobado dentro do
proxecto global de vixilancia de resistencias no mundo, realizouse en Galicia un
estudio co obxectivo de coñecer a situación das resistencias de Mycobacterium tuberculosis aos fármacos de primeira liña e valorar os posibles factores
asociados e/ou grupos de risco. Os resultados, que amosaron unha baixa
prevalencia de resistencias aos fármacos antituberculosos en Galicia,
detectaron a existencia de casos de tuberculose con resistencia a fármacos de
primeira liña fóra dos grupos de especial risco inicialmente seleccionados, o
que apoia a necesidade de ampliar a realización de antibiogramas a todos os
casos diagnosticados.
Na mesma liña se pronuncia a Comisión Galega para a Avaliación do
Manexo da Tuberculose Resistente a Fármacos (creada pola Orde da
Consellería de Sanidade, do 25 de xaneiro de 2001) que, como comisión
asesora da Dirección Xeral de Saúde Pública, emite a recomendación de
realizar antibiogramas a todos os casos de tuberculose diagnosticados na nosa
Comunidade Autónoma.
A Organización Mundial da Saúde (OMS), se os recursos do país o
permiten, tamén recomenda unha vixilancia continua das farmacorresistencias
realizando cultivo e tests de sensibilidade a fármacos de todos os pacientes
con tuberculose.
Polo tanto, e seguindo tamén as liñas de actuación formuladas no plan
de saúde de Galicia 2002-2005 para mellorar o diagnóstico microbiolóxico da
tuberculose en Galicia díctanse as seguintes
INSTRUCCIÓNS
2
1. A partir do 1 de xullo de 2004 realizarase, en todos os casos de tuberculose
de Galicia, un antibiograma da cepa de Mycobacterium tuberculosis illada
no momento do diagnóstico, para coñecer a súa sensibilidade aos fármacos
máis frecuentemente utilizados no tratamento da tuberculose (isoniazida,
rifampicina, estreptomicina, etambutol e pirazinamida).
2. Os laboratorios de microbioloxía dos hospitais da rede galega de atención
sanitaria de utilización pública, deberán realizar a partir do 1 de xullo de
2004, as seguintes tarefas:
2.1. Aplicar os métodos básicos e mínimos de uso rutineiro, seguintes:
2.1.1. Microscopía directa.
2.1.2. Cultivo en medios sólidos e/ou líquidos.
2.1.3. Identificación do complexo M. tuberculosis. Nos casos nos que
non se considere oportuno a realización desta proba, polo pequeno
número de cepas illadas, enviaranse ao laboratorio do seguinte
nivel dentro da área sanitaria correspondente.
2.2. Garantir o mantemento de todos os illamentos de micobacterias neles
realizados (cepario).
2.3. Enviar ao Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia
(Servicio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de
Santiago), a primeira cepa de M. tuberculosis, illada no momento do
diagnóstico da enfermidade.
3
3. Así mesmo, o Laboratorio de referencia de micobacterias de Galicia, levará
a cabo:
3.1. A realización dos antibiogramas de todos os casos con cultivo positivo
diagnosticados en Galicia, para manter unha estreita vixilancia das
resistencias na nosa comunidade e adoptar as medidas necesarias para
o correcto manexo clínico dos enfermos.
3.2. A realización das probas de tipificación molecular (RFLP-IS6110), que
se solicitaban ao Departamento de microbioloxía da Universidade de
Zaragoza, nos seguintes grupos: casos de tuberculose multirresistente,
casos en persoal sanitario, casos de recidivas, casos en colectivos
escolares ou laborais e casos onde se sospeite contaminación do
cultivo no laboratorio.
3.3. Asumirá a realización do control de calidade do resto dos laboratorios
de microbioloxía dos hospitais da rede galega de atención sanitaria de
utilización pública.
3.4. E por último, manterá un rexistro actualizado do traballo realizado
usando o soporte informático definido pola Dirección Xeral de Saúde
Pública.
Santiago de Compostela, de xuño de 2004
O director xeral de Saúde Pública O director xeral da División de
Asistencia Sanitaria Asdo.: Jorge Suanzes Hernández Asdo.: Francisco López Rois
4
Anexos:
UNIDADES DE MICROBIOLOXIA DOS HOSPITAIS DA REDE GALEGA DE ATENCIÓN SANITARIA DE UTILIZACIÓN PÚBLICA.
Provincia da Coruña:
- Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo.
- Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
- Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
Provincia de Lugo:
- Complexo Hospitalario Xeral-Calde.
- Hospital da Costa.
- Hospital Comarcal de Monforte.
Provincia de Ourense:
- Complexo Hospitalario de Ourense.
- Hospital Comarcal de Valdeorras.
Provincia de Pontevedra:
- Complexo Hospitalario de Pontevedra.
- Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.
- Hospital do Meixoeiro.
- Policlínico de Vigo (POVISA).
- Hospital Nicolás Peña.
LABORATORIO DE REFERENCIA DE MICOBACTERIAS DE GALICIA
Responsable:
Mª Luisa Pérez del Molino Bernal. Enderezo:
Servicio de Microbioloxía.
5
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela
UNIDADES DE TUBERCULOSE
UTB da Coruña
Responsables:
Mª Isabel Ursúa Díaz Daniel Díaz Cabanela
Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo As Xubias, 84 15006 A Coruña
UTB de Santiago
Responsables:
Victoria Túñez Bastida José Paniagua López
Enderezo: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago A Choupana, s/n 15706 Santiago de Compostela
UTB de Ferrol
Responsable:
Emilio Vázquez García-Serrano Enderezo:
Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos Estrada de San Pedro de Leixa, s/n 15405 Ferrol
UTB de Lugo
Responsable:
6
Antón Penas Truque
Enderezo: Complexo Hospitalario Xeral-Calde Hospital de Calde Calde s/n 27004 Lugo
UTB de Ourense
Responsables:
Abel Rodríguez Canal Mª Amparo Castro-Paz Álvarez-Buylla
Enderezo: Complexo Hospitalario de Ourense Centro de Especialidades. 1ª andar, consulta nº 11 Rúa Concello s/n 32005 Ourense
UTB de Pontevedra
Responsables:
Luis Anibarro García Adnar Abdelkader Hassan
Enderezo: Complexo Hospitalario de Pontevedra Hospital Provincial Loureiro Crespo, 2 36071 Pontevedra
UTB de Vigo
Responsables:
Rafael Vázquez Gallardo Alberto Fernández Villar
Enderezo: Hospital Nicolás Peña
7