Date post: | 09-Aug-2015 |
Category: |
Education |
Upload: | infantil-volando-vengo |
View: | 88 times |
Download: | 2 times |
COMO ATRAPAR UNHA ESTRELA
Este ano no CEIP Fontes Baíña estamos
disfrutando moito co proxecto a nivel de
centro: “O Universo”, e en infantil os
corredores transformáronse en túneles
do tempo que transpórtannos ao
espazo…que sorpresa levamos todos!!
Luces, unha nave espacial, estrelas, ata
unha árbore! Para que sería todo iso? Non
comprendíamos nada…
Ata que chegou a profe, apagou todas as
luces é…
…descubrimos as peripecias dun rapaciño que lle
gustaba tanto as estrelas que quería unha para él:
subíndose a unha árbore, pedindo axuda a unha
gaivota, en cohete… e sobre todo
moitísima paciencia, foron algunhas das
cousas que precisou o neno para poder
atrapar unha estrela…
Despois da escoitar o conto o pasamos en grande xogando coas luces e a
oscuridade…
…parecía que estábamos a facer unha viaxe intergaláctica!
E como o ambiente prestábase a iso, algúns nenos e nenas quixemos contar
historias de moitísimo medo!!.... que ben o pasamos!
Finalmente pasamos a representar o
vivido durante esa mañá… pero ás
escuras! Que é como máis nos
gusta….
En Fontes-Baíña, 6 febreiro 2015