ELABORANDO PULSEIRAS SOLIDARIAS
Parabéns ao alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela!!! Está
claro que traballar en equipo da moi bo resultado. Con vistas á próxima
celebración do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de decembro),
estableceuse unha comisión que está encargada da elaboración de
pulseiras solidarias. Día tras día, no horario de recreo, estes rapaces e
rapazas xúntanse na entrada do edificio de secundaria, onde teñen
habilitada unha enorme mesa, e alí colocan todos os materiais necesarios:
basicamente fíos de cores e tesouras, e moitísimas ganas e ilusión para
levar a cabo a tarefa. Son moitos os curiosos que alí se achegan e que case
sempre acaban uníndose e esta iniciativa.
E, ademais de pasalo ben charlando uns con outros e aprendendo a
facer este tipo de artesanía, o seu traballo terá consecuencias positivas
noutros ámbitos. As pulseiras estarán á venda e os cartos recadados serán
destinados á Cociña Económica de Ferrol, facendo unha humilde
contribución que terá repercusión nos fogares de algunhas familias que
están atravesar unha difícil situación económica na actualidade.